9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA mocidade ponteareá faise oír no X Foro de Participación Infantil Parlamento...

    A mocidade ponteareá faise oír no X Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia-Unicef

    Representantes de ‘Mentes Novas’ participaron neste encontro xunto con nenos, nenas e adolescentes de consellos locais de once municipios

    Traballar a fondo para garantir o benestar da cidadanía en xeral e da infancia e mocidade en particular. Esa foi unha das reclamacións que fixeron os representantes do Consello da Infancia e Mocidade de Ponteareas, ‘Mentes Novas’, durante a súa participación este martes en Santiago no X Foro Infantil Parlamento de Galicia-Unicef, xunto a nenos, nenas e adolescentes dos consellos locais de participación de Moeche, Teo, Ames, Viveiro, Moaña, Tomiño, Redondela, Nigrán, Castrelo de Miño, Cabanas e Burela. A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, e o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, acompañaron aos rapaces e rapazas ponteareás durante o encontro.

    A representante de ‘Mentes Novas’, Sabela Montero, subiuse á tribuna do Parlamento Galego para expor as preocupacións da infancia e da mocidade pola pobreza e desigualdade e a urxencia de construír un estados de benestar. “Porque ver xente vivindo na rúa, pedindo esmola, é algo tan habitual que acabamos pasando ao seu carón como se foren mobiliario urbano, e chegar ata este punto é moi grave. Porque cada vez son máis as familias que non poden pagar un aluguer, poñer a calefacción, facer unha compra minimamente saudábel ou pagar os recibos, porque os prezos non paran de subir. E estamos falando de dereitos básicos, non de caprichos ou luxos”, explicaba Sabela a todas e todos os participantes. 

    Na súa voz ‘Mentes Novas’ reclamou “mellorar as condicións laborais, eliminando a desigualdade de soldos que aínda existen entre homes e mulleres, adaptando os postos de traballo para facelos accesíbeis a todas as persoas e garantindo un salario digno para chegar a fin de mes”. Sabela Montero aseguraba que se nenos, nenas e adolescentes tiveran na súa man as ferramentas que teñen as e os dirixentes “non deixaríamos marchar do país a xente nova que se ve na obriga de emigrar porque aquí non hai futuro” ao tempo que reclamaba unha mellor repartición dos recursos que existen. “Para rematar coa pobreza é preciso que centredes os vosos esforzos en facer políticas que beneficien a toda a poboación”, recalcaba a voceira.

    Durante o encontro a vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia, Elena Candia, agradeceu o compromiso de todas e todos os participantes “porque cremos de veras na participación infantil e adolescente, xa que a vosa opinión conta e debería contar aínda máis”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.