21.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA Xunta sanciona á residencia de maiores de Ponteareas por prestar servizos...

    A Xunta sanciona á residencia de maiores de Ponteareas por prestar servizos a persoas desatendidas pola propia administración autonómica

    “Recibimos unha penalización por protexer a saúde dunhas persoas que desatende a Xunta de Galicia aínda que son a súa competencia”, denuncia a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera

    O Concello de Ponteareas “lamenta profundamente” as sancións impostas pola Xunta de Galicia á residencia de maiores do municipio. O Goberno autonómico alude que o centro “acolle a usuarias e usuarios dependentes candos as prazas son para persoas con autonomía”, pero o que “non consideran é que estas persoas non teñen outra alternativa asistencial”, denuncia a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera. A edil explica que “levan tempo agardando por unha praza nun centro especializado dependente da Consellería de Política Social do Goberno galego que non termina de chegar”, e que, “para protexer a súa saúde”, no Concello decidiuse mantelas dentro do servizo, malia non ser “a nosa competencia”.

    A administración local destina en torno a 2 millóns de euros a xestión de recursos impropios que son deber do Goberno galego

    “A resolución de asignación de praza non depende do Concello, senón da Xunta. Curiosamente o Goberno galego é a causa de que se produza a situación que a súa vez denuncia como motivo de infracción”, afirma a concelleira. Ademais lembra que a administración local destina en torno a 2 millóns de euros a servizos impropios para resolver necesidades que son competencia da Xunta. Por todo isto, dende o Concello solicitan “o arquivo do expediente sancionador”, e lembran que o obxectivo das institucións públicas “debe estar na procura do benestar social das persoas”.

    Esta sanción, “aínda que a máis grave”, non é a única imposta á residencia. A Xunta engadiu tres faltas máis ás que o Concello respondeu con sendas alegacións. O importe total que reclaman dende Política Social é de 10.003 euros.

    A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, solicitou en máis dunha ocasión unha reunion coa Consellería de Política Social para solucionar esta e outras problemáticas. Lembra que en Ponteareas “sempre teremos a man tendida coa Xunta para mellorar o benestar da veciñanza”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.