Tag: n-120
O BNG presenta en Covelo unha iniciativa para mellorar as estradas N-120 e N-559
O Pleno do Concello de Covelo debaterá este venres unha iniciativa do BNG para instar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a adoptar as medidas necesarias para mellorar o estado das estradas N-120 e N-559, que actualmente son empregadas como alternativa ao túnel de Folgoso.
A subdelegada do Goberno da a coñercer ao Concello de Ponteareas o proxecto de mellora da N-120 ao seu paso por Xinzo, Arnoso e Areas
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote reuníronse hoxe coa subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, nun encontro no que Larriba avanzoulles a redacción do deseño de trazado de mellora da seguridade viaria da N-120 ao seu paso polas parroquias de Xinzo, Areas e Arnoso. Na xuntanza tamén participaron o xefe da Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra, Pablo Domínguez, un representante da empresa redactora do proxecto de trazado e membros da plataforma pola mellora da seguridade viaria da N-120.
O Mitma encarga o proxecto de mellora da seguridade viaria da N-120 en Ponteareas
O Ministerio de Tranportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) formalizou este pasado luns o contrato para a redacción de proxectos de varias estradas de Galicia, entre elas figura o proxecto de mellora da seguridade viaria na N-120 ao seu paso polas parroquias de Xinzo, Areas e Arnoso.
Luz verde para que o treito da N-120 que pasa por Cans sexa de titularidade municipal
Eva García, alcaldesa de O Porriño solicitará á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia unha entrevista para abordar a inminente cesión ao Concello do tramo da N-120 ao seu paso por Cans, unha vez que o Ministerio de Fomento manifestou por carta a súa disposición de “abordarla satisfactoriamente”.
Font cualifica de “ridícula” a petición do PP para reclamar a variante de Ponteareas
O voceiro do grupo socialista da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, cualificou hoxe de "ridícula" a moción na que o PPdeG reclamaba ao Goberno central "que habilite máis orzamento" para a variante de Ponteareas e a mellora da seguridade viaria da N-120. López Font reprochou aos populares que presenten...
O Pleno da Deputación debaterá unha moción de apoio ás reivindicacións da Plataforma N-120
O Pleno da Deputación provincial debaterá, este luns 4 de marzo, unha moción, presentada pola deputada Belén Villar, para instar ao Goberno central a manter os proxectos da Variante-Circunvalación de Ponteareas e a mellora da seguridade na N-120. Villar agarda que todos teñan a oportunidade de sumarse a esta reivindicación:...