Venres, 9 Maio de 2025

Plataforma veciñal para a defensa da Fonte de Troncoso, un primeiro paso para a conservación do patrimonio

Din que todo camiño comeza por un primeiro paso e, dende esa perspectiva, a constitución dunha plataforma veciñal que poña voz á desfeita que se está a facer coa Fonte de Troncoso de Mondariz Balneario, obra do arquitecto Antonio Palacios e que podería ser cualificada, sen temor a equivocarnos, de atentado ao patrimonio, é un primeiro paso e, como tal, o máis importante.

Despois da acción de limpeza da Fonte de Troncoso do pasado mes de agosto, na que participaron medio cento de veciñas e veciños, as persoas que asumiron a coordinación da acción comunitaria convocan, o vindeiro sábado 21 de setembro ás 11 h na propia Fonte, a unha asemblea fundacional aberta a toda a cidadanía que queira participar na defensa do patrimonio e a cultura de Mondariz Balneario.

Segundo a portavoz da acción veciñal Mar Cendón esta asemblea esta dirixida “a marcar a liña de traballo da plataforma veciñal e sumar mais xente a reivindicación”.

“Son moitas as persoas que por redes sociais ou persoalmente se achegan a nós ofrecendo a súa axuda ” di a portavoz “ queremos que esta asemblea sexa o inicio do fin do abandono da Fonte de Troncoso, que nos escoiten no Concello e na Xunta, e que teñan ben claro que non imos parar ate ver a Fonte en condicións”, asegura a portavoz da veciñanza.

A situación da Fonte de Troncoso, chegou xa á Universidade de Vigo que, mediante un acordo da Xunta de Facultade de Historia, súmase tamén ás esixencias veciñais para a preservación do patrimonio de Mondariz Balneario, instando aos órganos competentes “a que apliquen as medidas de urxencia que conten a Lei 5/2016 a fin de evitar o colapso e a ruína inminente da obra arquitectónica modernista de Antonio Palacios”.

En todo caso e a modo de conclusión, que á veciñanza de xeito espontáneo sexa a que se teña que mobilizar para evitar a desaparición dun ben patrimonial de primeira orde como a Fonte de Troncoso, obra do arquitecto Antonio Palacios, di ben pouco das administracións publicas que terían que ser as primeiras en poñer todos os medios necesarios para a defensa do patrimonio histórico, artístico e cultural desta terra e que forma parte da nosa propia identidade como pobo.

Carmela Silva amosa a súa indignación polo triple crime machista de Valga

A presidenta da Deputación de Pontevedra amosou esta mañá a súa condena, repulsa, e indignación ante o triplo crime machista acometido en Valga. “Todas e todos sentímonos moi conmocionadas e indignadas –manifestou Carmela Silva– porque a noticia terrible de Valga golpéanos como sociedade: o asasinato de Sandra, Alba e Elena. Tres asasinatos machistas, tres feminicidios”.

Silva amosou a súa solidariedade e a do goberno provincial coa familia e amizades das tres vítimas. “Dende a Deputación de Pontevedra –declarou a presidenta– queremos estar ao lado de Valga, ao lado da familia de Sandra, Alba, Elena, deses dous nenos de 5 e 8 anos, e dicirlle que non hai dereito, que é unha inxustiza, que é insoportable e non hai palabras para poder definir toda esta dor que sentimos”. Deste xeito, a presidenta e o goberno provincial sumaranse mañá á concentración convocada ás 12.00 pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

Silva: “Estamos fartas de hipocresía. Queremos que se recoñeza alto e claro que existen as violencias machistas. Queremos un compromiso contundente de que non se pacte con aqueles que as negan”

A presidenta instou ás e aos dirixentes políticos a manter un firme compromiso coa igualdade e contra as violencias machistas. “As mulleres que creemos na igualdade estamos moi afectadas.

Queremos que se recoñeza alto e claro que existen as violencias machistas e queremos o compromiso contundente de que non se vai pactar con quen as nega”, asegurou Silva. “Hoxe algúns irán a Valga e farán declaracións condenando os feminicidios. Os mesmos que pactan con Vox, con aqueles que negan a violencia machista e a eles me dirixo para dicirlles que xa está ben. Estamos fartas de hipocresía”.

Desde o coñecemento do asasinato a tiros de Sandra, da súa nai Elena e irmá Alba, as bandeiras das sedes da Deputación de Pontevedra na cidade do Lérez e en Vigo ondean a media hasta.

Ademais, o goberno de Carmela Silva adianta para esta mesma noite a iluminación de violeta do Pazo provincial e da Sede de Vigo prevista para o día 20 de setembro, con motivo da campaña ‘EmerxenciaFeminista’ á que a Deputación de Pontevedra aprobou sumarse no pasado Pleno.

Arrancan as obras de mellora da seguriade na contorna das rúas Vigo e Celta na Guarda

0
Nota de prensa – 16 de setembro de 2019

Arrancan as obras da mellora da seguridade no entorno da rúa Vigo e Celta na Guarda 

O concelleiro de Vías e Obras no Rural, Miguel Español e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, visitaron esta mañá o arranque das obras na Rúa Vigo. No entorno destas rúas da parroquia de Salcidos, A Guarda conta con numerosas instalacións e equipamentos públicos coma o Centro de Saúde, o Conservatorio de Música, o Pavillón Municipal, o IES A Sangriña, o CEIP A Sangriña, o Estadio Municipal da Sangriña, lugares que son frecuentados por milleiros de persoas, na súa maioría rapaces e rapazas, para asistir a estes equipamentos.

Coa posta en marcha deste proxecto se pretende mellorar estes desprazamentos peonís, mellorando a seguridade dos usuarios, peóns e tamén a circulación de vehículos, coa construción dunha glorieta no coñecido coma «cruce dos bechos».

As obras realízanse na Rúa Vigo, dende o enlace coa PO-552 ata o Conservatorio e o enlace coa Rúa Celta, sendo esta actuación unha primeira fase, que se pretende ampliar en futuros proxectos para dar continuidade á humanización da totalidade destas dúas rúas.

O Proxecto de mellora da seguridade no entorno da rúa Vigo e Celta, conta cun orzamento de 588.235,29 euros, dos cales 500.000 apórtaos a Deputación de Pontevedra e 88.235 € o Concello da Guarda.

Todos os proxectos aprobados, tal e como informou a presidenta da institución provincial, correspóndense con obras completas que melloran a calidade de vida da veciñanza, dan cumprimento á normativa vixente sobre seguridade viaria, foron aprobados polo órgano competente do concello e contan con terreos de titularidade municipal.

Ademais, para a valoración de todos eles, tamén se tiveron en conta criterios como a poboación, a extensión da rede viaria municipal, a densidade de poboación e a calidade e madurez dos proxectos, sendo o proxecto presentado pola Guarda, un dos que acadou as mellores puntuacións.

O Porriño, empresarios da Granxa e Zona Franca, retoman o proxecto da escola infantil no polígono industrial

A alcaldesa do Porriño, Eva García e directivos da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial da Granxa anunciaron a intención de retomar o proxecto de dotar á zona industrial dunha escola infantil. Nun recente encontro acordouse elixir a parcela 256-C sobre a que, o pasado 4 de setembro, Zona Franca solicitou do Concello de Porriño que confirmase se había posibilidade de darlle ese uso.

A proposta xa conta cos informes favorables da arquitecta e do secretario do Concello do Porriño polo que administración municipal e empresarios do polígono poden reemprender as xestións para acadar fondos económicos para a construcción da gardería.

O proxecto experimentou un pulo transcendental a partires da implicación do Consorcio da Zona Franca que cede a parcela e solicitou o cambio de uso sobre o que veñen de informar favorablemente os servizos técnicos municipais.

Agora corresponde ós empresarios do Polígono solicitar novamente a subvención da Xunta de Galicia. Cómpre salientar que renunciaran á que tiñan concedida de 200.000 euros ao non ser quen de acometer e rematar o proxecto anterior na data esixida pola administración autonómica que é o vindeiro 31 de outubro.

Así mesmo corresponderá a Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial a execución da obra e o seguimento da actividade.

Nigrán encarga ao director de teatro Diego Valeiras a posta en escena da Cabalgata de Reis 2020

0

O Concello de Nigrán busca abrir, o 2020, cunha Cabalgata de Reis convertida no que ten que ser esa data para os máis pequenos e pequenas, unha festa da ilusión. Para iso nada mellor que contar con profesionais das artes escénicas, domo Diego Valeiras, para que lle dean forma a esa viaxe máxica que, cada ano, “emprende a Estrela de Oriente para guiar aos Magos a todas as casase cumprir os desexos dos máis cativos e cativas e tamén dos maiores que aínda temos agochado ese neno e nena no noso maxín”.

O alcalde de Nigrán, Juan González, reuníase coas entidades veciñais para dar a coñecer o proxecto, reunión na que estaba acompañado polas concelleiras de Turismo e Educación.

“Buscamos unha cabalgata diferente na que participe todo Nigrán e que se convierta nunha viaxe chea de seres máxicos, de soños e de ilusión para tod@s os nen@s de Nigrán”, sinala Juan González.

Precisamente con ese obxec tivo, os preparativos para a cabalgata 2020 “comezan con máis antelación que nunca e buscamos que entidades culturais, veciñáis, deportivas e centros educativos se unan para cumplir os desexos dos máis cativos”, declara o alcalde de Nigrán.

Abrindo esta comitiva, a Estrela de Oriente no su carro de nubes vai guiando coas bengalas ao séquito de dormilóns que pouco a pouco van entrando en sono, vestidos cos seus pixamas e a súa almofada favorita desfilarán como seguindo a Hamelim cara o mundo dos soños, acompañados polas súas durmideiras.

Unha vez durmidos, os seres máxicos do fondo mariño emerxen das augas do mar de inúndan a mente das nenas e nenos, Hipocampos de luz, baleas brancas voadoras, peixes alados mezclados con seres mitolóxicos, logo os músicos anuncian o Séquito Real de Melchor, que entre redes prateadas e antorchas acompañan a carroza do rei Melchor.

De seguido un grupo de músicos e malabares coralinos anuncia o Séquito do Rei Gaspar que mantendo as redes prateadas de auga mariña e alumeados por antorchas anuncian a chegada da carroza do Rei Gaspar.

Por último outro grupo de animación xunto co Séquito do Rei Baltasar e tamén alumeando con antorchas anuncia a chegada da carroza real do Rei Baltasar.

Todo cheo de música e cancións máxicas do Nadal.

Hossam Ramzy

Esta semana nos hemos enterado de la triste desaparición de Hossam Ramzy, el ‘Embajador Egipcio del Ritmo’. A muchos no les sonará el nombre, pero seguro que cuando escuchen su música, la cosa podrá empezar a cambiar.

https://youtu.be/jA1ysAt2PMQ

Nacido en el Cairo en 1953 en el seno de una familia adinerada, fue un percusionista de excepción, dando a conocer la música de su país alrededor de todo el mundo.

A medidados de los años 70 se trasladó a Inglaterra y comenzó a moverse en ambientes de música de jazz y música ltina y empezó a mostrar sus abilidades con los sonidos de percusión. Su sonido, llegó a oídos de Peter Gabriel y lo llamó para que tocara en su álbum ‘Passion’ al cual pertenece el tema anterior y a partir de ahí comenzó a trabajar y colaborar con numerosos músicos cómo con Robert Plant y Jimmy Page de Led Zeppelin.

Colaboró también en numerosas bandas sonoras cómo Stargate, Wings of a Dove, The Saint, The Hunchback of Notre Dame, Stealing Beauty, The Last Temptation of Christ, Stardust, Prince of Persia: The Sands of Time, Conan The Barbarian 3D y The Dictator.

https://youtu.be/SFCaobsBAOw

Como premios indicar que ganó en 1999 junto a Phil Thormton el Premio New Age Voice Award por mejor álbum de música contemporánea con Immortal Egypt.

Sin duda, un gran músico que nos ha dejado, pero cómo solemos decir en estas ocasiones, al menos nos quedará para su recuerdo, su música.

Ponteareas investirá máis de 37.000 € na reparación de beirarrúas no casco urbano

A concellería de Vías e Obras do concello de Ponteareas, que dirixe Chus Garrote, informa que se ven de adxudicar por 37.299,15 € (IVE incluído) o contrato do proxecto de reparación de beirarrúas en distintos puntos do centro urbano. Esta adxudicación supón un aforro de 13.077,9 € para as arcas municipais respecto ao prezo de saída de licitación.

A través dun procedemento aberto simplificado o concello recibíu dez propostas que a unidade técnica procedeu a valorar priorizando aquelas que cos mesmos servizos e garantías de calidade ofreceran mellor prezo.

O concello actuará en tramos de máis de cinco rúas donde se realizarán traballos de destoconados de árbores, reparación do firme ou substitución de baldosas entre outros traballos

Financiado a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra permitirá a intervención de reparación en máis de cinco rúas de Ponteareas, rúa Virgen de la Luz, rúa Daniel Ojea Sarmiento, rúa dos Mestres, rúa La Orotava e rúa das Mimosas, entre outras actuacións en diferentes tramos.

Entre os traballos que se realizarán está o destoconado de árbores para paliar os danos ocasionados polas raíces, demolición e levantados de firmes, reposición de pavimentos en baldosa hidráulica ou substitucións de bordillos entre outros traballos.

Estas actuacións engádense ás de mantemento, financiadas con fondos propios, que a concellería de Vías e Obras realiza ao longo de todo o ano dentro da partida de reparación de infraestruturas e outros bens naturais que no terceiro trimestre superaba xa os 100.000 €.

O Goberno de Redondela cualifica de “irresponsable” a pasividade ao anterior goberno do PP nos accesos ao novo Colexio Igrexa

0

O goberno de Redondela cualificoude “grave irresponsabilidade” a actuación do anterior goberno do PP no que atinxe aos accesos ao novo Colexio Igrexa “cun expediente que levaba paralizado dende facía máis dun ano” nunha actitude que a alcaldesa Digna Rivas, non dubida en cualificar como “unha falta de respecto aos veciños e veciñas de Chapela e a toda a comunidade escolar”.

Non entende a alcaldesa redondelá como “sabendo dende o 2015 que o colexio ía facerse neses terreos e que, polo tanto, precisaría de accesos dignos, o goberno do PP, facendo gala dunha alarmante imprevisión, non fixo nada nun tema que era de estricta competencia municipal”.

Digna Rivas considera unha “auténtica desfachatez” que o PP busque agora colgarse medallas ao asegurar que gracias a eles hoxe está funcionando o novo Colexio Igrexa cando a realidade é que foi un convenio “entre Audasa e a Xunta de Galicia”. Curiosamente, o que si era competencia municipal, que eran os accesos, “foron incapaces de realizalos”.

“O anterior goberno do PP enganou, sobre este tema, á Xunta de Galicia, á veciñanza, á comunidade escolar e a oposición municipal”, asegura Digna Rivas

A primeira medida adoptada polo actual Goberno, foi manter unha xuntanza con Educación para expoñer a realidade da situación e buscar alternativas “provisionais y de urxencia para que o curso escolar puidera comezar e mentres se retoma todo o proxecto de cara a que, á maior brevidade posible, o centro poida contar cuns accesos axeitados, cómodos e seguros”.

Este Goberno, afirmou Digna Rivas, acometerá de inmediato a modificación puntual das Normas Subsidiarias para, a partir de aí, desenvolver todos os trámites precisos como son un proceso de expropiación e a correspondente dotación orzamentaria “trámites que aseguraba o PP que estaban en marcha, cando o certo é que todo o proceso estaba paralizado”.

É impresentable, di a alcaldesa de Redondela, “que agora téntese botar á culpa da situación a un goberno que leva pouco máis de dous meses no Concello, cando o PP enganou sobre este tema á Xunta de Galicia, á veciñanza, á comunidade escolar e a oposición municipal”.

Digna Rivas asegurou non querer entrar en “polémicas estériles” xa que o importante agora é “darlle solución a un tema prioritario para a comunidade escolar e as veciñas e veciños de Chapela, un tema que xa tiña que estar solucionado e que non o está pola irresponsabilidade e falta de xestión do anterior goberno do PP”.

Redondela retoma o proxecto de ‘Cidade Amiga da Infancia’ para que sexa unha “ferramenta útil para a mocidade”

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada polo concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa e a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros, recibiu na Casa do Concello a Gloria del Río, vicepresidenta de UNICEF Comité Galicia e Marta Andrade, responsable de Sensibilización e Políticas de Infancia en UNICEF Galicia, de cara a estudar a situación en que se atopa o proxecto de Ciudades Amigas de la Infancia.

Cómpre lembrar que o Concello de Redondela adheriuse a esta iniciativa “pola presión dos grupos que daquela formábamos a oposición xa que o Goberno do PP non tiña interese algún”, apunta a alcaldesa Digna Rivas.

De feito, esa falta de interese do anterior goberno quedou constatada ao longo da xuntanza ao constatarse que UNICEF enviara, no mes de abril, unha circular para que o Concello de Redondela formalizase a inscrición de cara a participar nun encontro de nenos e nenas representantes dos distintos municipios que formaban parte do proxecto Ciudades Amigas de la Infancia. Dita comunicación volveuse a remitir no mes de maio e Redondela declinou a asistencia a este encontro.

“É triste –sinalou a alcaldesa Digna Rivas– que Redondela, o cuarto municipio da provincia de Pontevedra, fora o único municipio que, contando co nomeamento de Ciudad Amiga de la Infancia, non participou nese evento, impedindo que os nosos nenos e nenas tiveran a oportunidade de intercambiar experiencias e coñecementos con a mocidade doutros municipios”.

“Queremos Cidade Amiga da Infancia sexa unha ferramenta efectiva de participación da infancia e da mocidade na vida do seu municipio”, apunta Digna Rivas

Por parte do Concello de Redondela explicóuselle tanto a Gloria del Río como a Marta Andrade, que o proxecto “estaba totalmente paralizado dende marzo ou abril deste ano, antes das eleccións, noutra mostra máis de incapacidade do anterior goberno do PP” que se limitou a contratar a unha empresa externa para que desenvolvera o proxecto, “pero que, por parte do Concello, amosouse o máis absoluto desinterese por facer desta idea, unha ferramenta efectiva para a mocidade e a infancia”.

Agora, o Concello de Redondela retoma a iniciativa porque “pertencer a Cidades Amigas da Infancia, va máis aló dun diploma e unha praca –asegura Digna Rivas–, queremos que sexa unha ferramenta efectiva de participación da infancia e da mocidade na vida do seu municipio”.

Digna Rivas é clara ao afirmar que o actual equipo de Goberno “quere transmitir á mocidade que as institucións e a política, valen para algo e para iso, a infancia e a mocidade teñen que comprobar que as ideas que achegan ás reunións, os proxectos e as iniciativas que presentan, son tidas en conta, que serven para algo e que se plasman en feitos reais”, sinala a rexedora local.

En novembro, en que se celebra o día das Cidades Amigas da Infancia, o Goberno local espera ter todo o proxecto en marcha e que “nenos e nenas teñan o protagonismo e a participación activa que merecen na vida do seu concello”. “Para moitos, a infancia e a mocidade son o futuro de Redondela. Para este goberno son xa o presente, que é ben diferente”, conclúe Digna Rivas.

Ponteareas reforzará a cooperación entre Policía Local e Garda Civil

A Xunta Local de Seguridade de Ponteareas celebrou onte unha reunión extraordinaria a petición do alcalde Xosé Represas de cara a afondar na necesidade de colaboración entre a Policía Local e a Garda Civil e expoñer a situación da policía ponteareá que, na actualidade conta tan só con seis axentes activos e seis auxiliares “claramente insuficiente para atender tres turnos diarios de traballo, sete días á semana”, sinalou Represas.

Na Xunta Local de Seguridade participaron, ademáis do alcalde que a presidiu, o vicesecretario xeral e o asesor da Subdelagación do Goberno en Pontevedra, a xefa da unidade de Violencia de Xénero, o capitán xefe da Garda Civil da 1ª comandancia de Tui, o brigada comandante da Garda Civil do posto de Ponteareas e o secretario municipal, ademais do oficial da Policía Local e do concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Roberto Mera.

O alcalde explicou que das 22 prazas de axentes que existen en plantilla, 12 están vacantes, 3 están de baixa médica prolongada e un atópase en prácticas na Academia de Policía. A maioría das vacantes débense a xubilacións, excedencias e traslados a outros concellos que se produciron no último ano.

Represas lembrou que as prazas de axentes non se poden cubrir de forma inmediata en interinidade e requiren procesos lentos de selección e formación que se poden demorar até un ano e medio. Na actualidade Ponteareas ten convocadas cinco prazas para axentes que se prevé incorporar a mediados de 2020 e a intención é convocar outras cinco nos vindeiros meses que se incorporarían ao Concello en 2021.

Á vista da situación os representantes da Subdelegación do Goberno e Concello, así como os mandos da Garda Civil e da Policía Local, acordaron reforzar a colaboración entre os dous corpos de seguridade para aproveitar con eficacia os recursos humanos dispoñibeis e garantir altos niveis de seguridade en Ponteareas.

Na reunión facilitáronse tamén os datos sobre o índice de delitos en Ponteareas, salientando que se confirma e consolida a tendencia á baixa iniciada xa nos últimos tempos.

Vinte equipos de toda Galicia disputan en Goián o ‘IV Campionato Galego Inclusivo’

0

Máis de 20 equipos de toda Galicia disputarán mañá sábado, 14 de setembro, o ‘IV Campionato Galego Inclusivo’, que terá lugar no río Miño, ao seu paso pola parroquia tomiñesa de Goián, á altura do embarcadoiro accesible instalado recentemente polo Concello.

A proba, que é tamén a sexta do calendario de Slálom de Motonáutica, é organizada polo Club Sen Amarras en colaboración co Concello e a Federación Galega de Motonáutica. Así o comunicaron durante a presentación do campionato Pedro Nunes e Fina Pereira, membros do Club Sen Amarras, acompañados polo concelleiro de Deportes, Fran Campo, no salón de plenos.

A proba comezará ás 11:00 h e a entrega de trofeos será ás 14:00 h. Segundo especificaron os organizadores, o campionato constará de diferentes probas, sendo a principal o percorrido dun circuíto marcado con bollas que as embarcacións terán que superar nun tempo non maior a 4 minutos.

Martín Fiz apadriñará a ’15k do Atlántico 2019′ da Guarda

0

Martín Fiz, o emblemático atleta que ten acadado numerosos éxitos a nivel internacional na especialidade de maratón, será o padriño e tamén participará na 15K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño da Costa, que se disputará o vindeiro 29 de setembro, cun percorrido polos Concellos de Oia, O Rosal e A Guarda.

Martín Fiz foi Campión de Europa de Maratón en Helsinki ’94; Campión do Mundo de Maratón en Goteborg ’95; mellor atleta español en 1995 e subcampión do mundo de maratón en Atenas ’97.

Fiz ten amáis a honra, dende o 2018, de ser o primeiro atrleta do mundo en gañar, na categoría de veteranos, os seis maratóns máis importantes do mundo – Tokio, Boston, Berlín, Chicago, Nueva York e Londres– coñecidos como os Six Majors o World Marathon Majors.

En 2018 sufriu un accidente de tráfico, atropelado por un vehículo nun paso de peón e tivo que ser hospitalizado con catro costelas rotas, sen embargo, a súa capacidade de superación lle levaron a acadar todas as esixencias e no mes de xaneiro logrou un novo rexistro mundial na distancia de 10 quilómetros en ruta para maiores de 55 anos.

Martín Fiz foi distinguido co Premio Príncipe de Asturias no 1997 co equipo español de maratón e tamén lle entregaron a medalla de ouro da Real Orden de Mérito Deportivo concedida polo Consello Superior de Deportes. En Vitoria, a súa cidade natal, organiza todos os anos un maratón que leva o seu nome.

Ademais da presenza de Martín Fiz, a organización teñen previsto realizar unha serie de actividades paralelas.

A 15K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño da Costa está deseñada para ser un evento familiar, no que non faltará unha andaina, unha ruta a cabalo que terá lugar o día 28, conferencias e tamén un concerto musical.

A xornada do día 29 será intensa para os atletas, que partirán de Oia, pasarán polo Rosal e terminarán na Guarda.

As inscricións para poder realizar o percorrido xa se poden realizar na páxina web championchipnorte.com.

‘Terra con mar de fondo’, o documental que homenaxea á xente do mar en Xinzo

Este domingo, día 15 de setembro, o Centro Cultural de Xinzo desenvolverá un completo programa de actividades co que se quere homenaxear e poñer en valor ás xentes do mar de Xinzo, unha parroquia de interior que, históricamente, mantivo unha estreita vinculación co mar.

Así, dende ás 11:30 horas, o Centro Cultural Xinzo acollerá concertos, xantar, monólogo e a presentación do documental dirixido por Cristina Maró. Esta iniciativa do Centro Cultural Xinzo pretende salientar o importante papel que xogou para a economía local este sector e foi xa impulsada pola anterior directiva da man de Samuel Leirós.

A pesares de non estar ubicados na beira do mar, a xente de Xinzo supliron a distancia con doses de emprendemento, forza de vontade e moita capacidade de traballo.

Armadores, mariñeiros, peixeiras e carrexonas, empregadas das fábricas de conserva… os e as veciñas de Xinzo coñecen todas as tarefas vinculadas ao mundo do mar e froito desta ampla experiencia e coñecemento do sector fundaron empresas que medraron ata ser coñecidas dentro e fóra da península.

Iberconsa, Hiperxel, Fernández Ibañez, González Parada, Saferpa, Iberport, Comercial Ibáñez, Pescados Jabacho… son algunhas das empresas que crearon veciños e veciñas de Xinzo.

A directiva do Centro Cultural salienta que un 80 % das familias de Xinzo estiveron vinculadas laboralmente ao mar que tamén foi o primeiro que deu oportunidade de emprego ás mulleres, motivo polo que o Centro Cultural quixo render esta homenaxe que durará todo o día con diferentes actividades.

Ás 11:30 horas será a recepción para que as 12:00 horas todos e todas as presentes desfruten da música da Banda de Música Xuvenil de Xinzo. Ao remate procederase á ofrenda floral no monumento á Peixeira.

O grupo de baile do Centro Cultural Xinzo actuará ás 13:30 horas xusto antes de que teña lugar o xantar cun menú, como non podía ser doutro xeito, a base de produtos do mar.

Ás 17 horas a soprano Beatriz Fandiño acompañada ao piano de Yolanda Represas actuará no auditorio do Centro Cultural Xinzo para dar paso á presentación do documental ‘Terra con mar de fondo’ da xornalista Cristina Maró da produtora Que+Ver.

Baixo a ollada desta comunicadora farase un percorrido pola pegada que o mar deixou na parroquia. Cristina Maró recolle testemuños e deixa nas mans dos protagonistas o relato desa actividade económica que se desenvolvía nunha terra á que as ondas do mar chegaban en forma de negocio e modo de vida.

Unha cuncha atopada no ano 56 no lugar de Liñar da Raíña no monte comunal delata o camiño que as xente do mar en Xinzo percorrían para ir a Vigo e Redondela.

Para rematar esta xornada de reencontro coas orixes desta xente emprendedora o monologuista Cándido Pazó porá en escena ‘Cousas con mar de fondo’ ás 18:15 horas.

Tomiño acolle, o domingo 14, o ‘Acto Cívico 2019’ adicado a José María Gude Méndez

0

O domingo 14 de setembro, tomiño pechará as Festas do Alivio coa celebración do Acto Cívico 2019, que este ano está adicado a José Mª Gude Méndez, Pepe Gude, (Calvos de Randín, 1951), mestre dende 1977 no colexio chamado daquela “do Mosteiro”.

Da súa man comezaron as excursións didácticas de recollida do patrimonio etnográfico, seguindo unha liña de traballo agora consolidada. Pertence a unha xeración de mestres involucrados no ensino práctico, na valorización do saber popular e no coñecemento das tradicións do rural.

Pepe Gude dedicou, a ese aspecto, enormes esforzos recollendo a memoria popular que materializou en obras como Mitos e lendas de Tomiño ou Val de Tebra, unha historia por escribir.

Desempeñou un papel activo na formación da conciencia como pobo, dignificando tradicións coma as danzas e músicas propias, as celebracións agrarias, etc. Foi promotor do grupo Airiños de Tebra e na actualidade preside a Asociación de Coches Clásicos do Baixo Miño.

O Acto Cívico pecha un amplo calendario de actividades que o Concello de Tomiño tiña programado para estas Festas do Alivio de cara a ofrecer, totalmente de balde, cine familiar, teatro, música e contos para toda a familia, que foron os auténticos protagonistas.

Entre as moitas actividades desenvolvidas, voltaba a tomiño A Caixiña de Mistos, o cinema máis pequeno do mundo e que o pasado ano fixo as delicias dos máis cativos. Unha vella caravana na que os pequenos poderán gozar da proxección de curtametraxes de todo o mundo que recibiron numerosos premios; unha pequena caravana habilitada como cinema na que elixirán as historias que queren ver e poderán participar en xogos e actividades. Ademais tiveron a oportunidade de gozar da actuación de Tana.

Case sen descanso, o mércores chegaba «Bailando cos contos», da compañía Baobab Teatro, un espectáculo no que nenas e nenos gozaron dunha historia creada fiando diferentes contos relacionados co baile e música tradicionais e vellas cantigas.

A música convertíase en protagonista onte, xoves 12, con «Martiña soñadora», de Urdime. Un espectáculo no que peques e grandes aprenderon cousas moi interesantes sobre a música, gozando de cancións orixinais con ritmos brasileiros, portugueses; rock and roll e blues con fermosas letras en galego.

ACiP denuncia o corte dun vial en Guillade pola caída de dous postes de alumeado

Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, denunciou hoxe a situación que se vive no barrio de Mourigade, na parroquia de Guillade “na que un vial está cortado, dende hai máis dunha semana, pola caída de dous postes de alumeado público co perigo de descarga eléctrica para as e os viandantes”, asegura o seu portavoz Juan Carlos González Carrera.

González Carrera asegura que, dende ACiP, levase tempo advertindo sobre o que cualifican de “abandono” do alumeado público nas parroquias con “cableado fóra de normativa o chamado cable “espido” de aluminio que pode provocar descargas eléctricas ao pasa por zonas onde o arbolato toca devandito cableado”.

Lamenta o portavoz independente que se estean a dar situacións “que provocan que haxa veciños de primeira e de segunda nas parroquias algo que, para o noso grupo, é intolerable”, asegura.

ACiP adiantou a súa intención de denunciar estes feitos ante a Conselleria de industria “xa que ten competencias para obrigar ao Concello a que as liñas de iluminación público cumpran a normativa vixente” e recalca que “mentres que os veciños temos que cumprir coas nosas obligacións o Concello incumple as súas”.

Juan Carlos González Carrera esixirá ao goberno municipal “que tome cartas no asunto de xeito urxente e repoña a Iluminación pública no barrio de Mourigade, na parroquia de Guillade.

Mondariz prepara a terceira edición do ‘Trail Orixes’

0

Por terceiro ano consecutivo Mondariz acollerá a celebración do ‘Trail Orixes’, una proba que se celebrará o día 10 de novembro e que permitirá aos e ás participantes percorrer os montes e sendeiros do municipio combinando, dese xeito, o deporte e a posta en valor da riqueza natural e paisaxística de Mondariz.

Dende a organización animan a todos os corredores e corredoras a inscribirse nesta proba, xa que, explican, “é unha proba que está consolidada dentro do calendario de probas galegas e cada vez son máis os corredores de fora de Galicia que se animan a participar nela, o ano pasado viñeron corredores dende Salamanca, Madrid, León, Portugal…”

“Estamos a preparar o circuito por onde pasa cada proba para que todo este preparado o 10 de novembro”, sinala a Asociación Deportiva Mondariz, organizadores do evento. “A gran riqueza paisaxística do noso concello fai deste trail unha proba única, como pode ser atravesar polos Pasos do Dragón.

A inscrición realizarase a través da páxina web https://championchipnorte.com/ coas condicións e prazos que figuran en devandita páxina. Pode accederse a través da sección INSCRIPCIÓN na web http://admondariz.org/es/

A carreira consta de tres probas: MARATÓN: 46 km, TRAIL: 25 km e MINITRAIL: 16 km e cómpre salientar que a cota de inscrición irá incrementándose a medida que se aproxime a data do evento.

Ata o quince de setembro

  • Maratón 46km: 22 euros
  • Trail 25km: 18 euros
  • MiniTrail 16km: 13 euros

Do 16 de setembro ao 15 de outubro

  • Maratón 46km: 24 euros
  • Trail 26km: 20 euros
  • MiniTrail 14km: 14 euros

Dende o 16 de outubro ao 7 de novembro

  • Maratón 46km: 27 euros
  • Trail 26km: 22 euros
  • MiniTrail 14km: 16 euros

Alfonso Porto presidirá a comisión xestora da agrupación local do PSdeG-PSOE de Ponteareas

Alfonso Porto presidirá a comisión xestora, nomeada pola Comisión Executiva Federal do PSOE tal e como determinan os estatutos federais e o regulamento de desenvolvemento de ditos estatutos, que rexerá a agrupación local de Ponteareas tras a dimisión da Secretaria Xeral, Chus Garrote, e a sua Executiva.

O presidente da xextora, Alfonso Porto Prego, contará amais como vogais con Vanesa Fernández Soage, Rubén Pérez Prego, Francisco de Asís Candeira Mosquera, Delfín Domínguez Cerdeira, Maripaz Boente Campos e Inés Vidal Rodríguez.

Os principais obxetivos desta comisión xestora, seran entre outros, representar ao Partido Socialista de Ponteareas e convocar a Asemblea de afiliados nun plazo máximo de noventa días para elexir a nova comisión executiva Local do PsdeG-PSOE.

O talento, a música e as emocións, protagonistas da Gala do Deporte de Élite da Deputación

A escalinata exterior do Pazo da Deputación foi escenario, na tarde de onte, da primeira Gala do Deporte de Elite que impulsou a institución provincial para render homenaxe e recoñecer ás figuras dos e das deportistas de alto nivel e promesas do deporte. “Sodes heroínas e heroes. Sodes un exemplo e queremos, con este acto, rendervos unha homenaxe de toda a provincia. Unha homenaxe a vós e ás vosas familias, polo seu compromiso, por non renderse nunca”, manifestou Carmela Silva.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, con Begoña Fernández e Terio Carrera, condutora e condutor do acto

A presidenta da Deputación, acompañada das deputadas e dos deputados provinciais e de alcaldes, alcaldesas, concelleiros e concelleiras, da man do condutor e condutora do acto, Terio Carrera e Begoña Fernández, e co acompañamento musical de Two Mirror e a actuación das/os ximnastas rítmicas de Treboada, participou activamente nun emotivo acto no que se rendeu homenaxe a máis de 112 deportistas que acadaron a categoría DepoDan e a máis de 71 DepoPromesa, que reciben, deste xeito, apoio da institución provincial para participar en competicións deportivas. “Os vosos éxitos son os éxitos deste territorio. Vivimos no paraíso e vós sodes o mellor deste paraíso”, asegurou Silva.

“Sodes heroínas e heroes. Sodes un exemplo e queremos, con este acto, rendervos unha homenaxe de parte de toda a provincia”, asegurou Carmela Silva

Como presidenta, pero sobre todo como nai dun deportista de alto nivel, Carmela Silva falou da capacidade das persoas deportistas para xestionar o éxito e os fracasos e apostar por unha forma de vivir e relacionarse co mundo. “Son nai dun deportista de elite e teño vivido en primeira persoa bágoas, temor a non conseguir os obxectivos. Teño vivido fracasos e éxitos; renuncias do meu fillo a saír coas súas amigas e amigos, a non comer o que lle apetece. Téñoo visto chorar cando se lesionaba e estaba no momento máis importante da súa carreira e ter que volver a comezar de novo…”.

A presidenta provincial fixo fincapé tamén na importancia do escenario escollido para a homenaxe: no espazo público, “o espazo que é da xente e onde está a xente. Queríamos estar na rúa para que todas e todos vos escoitaran xa que nesta administración facemos todo o que podemos para apoiar o deporte, porque é a nosa obriga e o voso dereito”.

Na Gala do Deporte de Élite atopábanse, entre outros, deportistas como Pablo Graña, Jenifer Casal, Tamara Echegoyen, Solange Pereira, Nico Rodríguez, Martín Wizner, José Antonio Saavedra, Pablo Dapena, Susana Alonso, Raquel Meaños, Rodrigo Conde, Carla Frieiro, Antonio Serrat, Pedro Ameneiro e Paloma e Paula González Esteban. Moitos e moitas deles e delas tiveron a oportunidade de compartir as súas experiencias e vivencias. Outros e outras, como os piragüistas Rodrigo Germade, Teresa Portela, Antia Jácome, Sergio Vallejo ou Adrián Siero non puideron estar presentes no acto por compromisos deportivos, en concreto por estar participando no Test Olímpico.

Ademais, no transcurso da Gala tamén participaron iconas do deporte pontevedrés como Carlos Pérez (atleta nas Olimpíadas de México 1968), Franco Cobas e José Luis (remeiros en México 1968), así como, Álvaro Pino e Cristina Fernández. Tanto o exciclista, gañador da Volta Ciclista a España en 1986, como a exárbitra internacional relataron experiencias da súa traxectoria deportiva e remarcaron a importancia do esforzo, do sacrificio e do traballo que hai detrás dos éxitos. Un esforzo “extra” para as mulleres, tal e como relatou Cristina Fernández, quen asegurou que “hai que loitar moito para chegar, pero tamén seguir loitando para manterse”.

O acto rematou no interior do Pazo cun ágape para celebrar o talento do deporte de elite da provincia e poñer en valor a proxección dos novos valores deportivos da provincia de Pontevedra.

En Ponteareas o tempo de comedor será tamén para “aprender xogando”

A tenente de alcalde e concelleira de Ensino, Cristina Fernández, reuníuse no día de onte coas familias usuarias do comedor e con representantes da Asociación de Nais e Pais do CEIP Fermín Bouza Brey para presentarlles o novo proxecto do servizo do comedor escolar contratado que cumpre cos requisitos esixidos pola concellería de Ensino na licitación centrados, sobre todo, en acadar un tempo de comedor de aprendizaxe, de boa convivencia e de hábitos de vida saudables.

Este ano a concellería insistíu na importancia de que a empresa adxudicataria traballe co obxectivo de implantar bos hábitos nutricionais, de promover a vida activa e os hábitos de respecto ao medio ambiente, reciclaxe e aproveitamento dos recursos así como promover a cooperación, igualdade e piares básicos dunha boa convivencia.

No horario do comedor, o alumnado non só reporá os seus folgos cunha alimentación saudable se non que tamén disporá de tempo de lecer no que aprender de xeito lúdico coas divertidas actividades didácticas que desenvolverá a empresa contratada a través de obradoiros e xornadas.

Cristina Fernández recórdalle aos pais que aínda quedan prazas libres no servizo de comedor e que existe flexibilidade á hora de facer uso dese servizo podendo beneficiarse en días alternos ou consecutivos e en diferentes tramos de tempo.

Aula matinal

Ademais, Fernández tamén se reuníu no CEIP Ramiro Sabell con todas as familias interesadas no servizo de aula matinal que se oferta en todos os centros públicos tanto do centro urbano como das parroquias para informar sobre o servizo de aula matinal para o que tamén aínda quedan prazas tanto no centro urbano como nos centros do rural.

Co novo servizo de aula matinal nas aulas do CRA e dos Ceips do rural, a concellería de Ensino aumenta o apoio ás familias facilitando a concialiación laboral e familiar con accións útiles e de calidade nas que o alumnado ademais de estar atendido con persoal cualificado, poida aprender e descubrir.

O goberno do Rosal reúnese coas comunidades de augas ao abeiro do programa #AVeciñanzaConta

0

O goberno Municipal do Rosal, encabezado por Ánxela Fernández Callís, mantivo dentro do programa #AVeciñanzaConta, unha reunión coas Comunidades de augas de Traídas Veciñais. Ademais da alcaldesa, na xuntanza participaron as concelleiras Sara Vicente, responsable da área de Medio ambiente, e Sabela Rodríguez, amais do concelleiro Germán Fernández.

A reunión permitiu ao goberno municipal ter un primeiro contacto con membros de todas as Traídas Veciñas e sentar as bases do inicio dun Estudo para a elaboración dun Plan de Apoio ás Traídas de Augas Veciñais por parte do Concello.

“As Comunidades de Augas veciñais traballan e están involucradas na xestión dun ben tan esencial e necesario como é a auga. A auga é un elemento inherente á vida das persoas. Podemos prescindir de moitas cousas, mais nunca poderemos prescindir da auga” sinalou a alcaldesa do Rosal. 

Ángela Fernández Callis subliñou que “contar con veciñanza implicada na xestión dun ben tan importante e vital  conleva non só a necesidade dun recoñecemento pola nosa parte senón tamén dunha colaboración estreita e constante que responda a criterios obxectivos na xestión e que teña unha perpectiva de mellora que traballe non só na solución dos problemas cotiás que xorden senón tamén na previsión do medio e longo prazo”.

Por ese motivo o Concello realizará un estudo pormenorizado e detallado da situación de cada unha das Comunidades de augas “co obxectivo de poder artellar e executar nun futuro próximo un Plan Anual de apoio ás Traídas de Augas Veciñais que responda a criterios obxectivos e que mellore progresivamente a realidade das mesmas”.

Para realizar este proxecto, visitarase e farase unha análise da situación de todas e cada unha das Traídas Veciñais.

“No noso Concello contamos cun grande capital humano tamén neste ámbito, con moitos veciños que levan anos implicados no mesmo –afirmou a rexedora local–
Demos inicio a un proxecto para nós fundamental no que temos moitas ganas de traballar. Por outro lado, con esta reunión tamén sentamos o xerme para a concreción do Consello Municipal das Augas, un órgano consultivo no que traballaremos man a man tamén no ámbito da auga”.

Desde o Concello agradeceron a “boa disposición a colaborar e a traballar conxuntamente amosada por parte dos membros das Comunidades de Augas”.

Este sábado regresan os ‘Contos Contados’ á Biblioteda da Guarda

0

Este sábado día 14 de setembro a Biblioteca Pública Municipal da Guarda retoma as sesións de Contos Contados cun contacontos sobre igualdade e diversidade a cargo de Bego Bras, que terá lugar ás 11:30 h da mañá.

Sabela é, en aparencia, unha nena coma outra calquera: chea de soños, valente, aventureira, alegre… pero se afondamos na súa historia descubrimos que hai moi pouco tempo que se chama así, antes era Daniel. Por medio de contos, cancións e teatro loitamos pola concienciación da identidade e igualdade de xénero.

Despois do contacontos os asistentes poderán desfrutar do obradoiro teatral Como se ergue un neno pola mañá. É unha nena?

Esta actividade pertence ao Programa Ler Conta Moito 2019: Igualdade e Violencia de Xénero. Está organizada pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración co CIM Centro de Información á Muller da Guarda. O seu obxectivo é a dinamización da lectura que promova a igualdade entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero.

Por medio de contos, cancións e personaxes queremos achegar ás crianzas a conciencia de que se se quere, pódese. Sen importar xénero, raza, aspecto físico, clase social… As trabas poñémonolas nós mesm@s a causa da nosa inseguridade e baixa autoestima.

Con esta serie de contos de unha hora de duración preténdese, dunha maneira lúdica e divertida, facer ver que, se se ten un obxectivo claro que alcanzar, non hai ningún impedimento para que o consigas, só precisas vontade. ​

A Deputación estende a mobilidade e seguranza á renovada estrada Ponteareas-As Neves-Salvaterra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto aos alcaldes das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, e Ponteareas, Xosé Represas, e o alcalde accidental de Salvaterra, Ernesto Groba, visitaron esta mañá a renovada EP 4006 que transcorre por Ponteareas, As Neves e Salvaterra. A actuación acometida, que ascende a preto de 570.000 euros, segue os principios de mobilidade centrados na recuperación do espazo público para as persoas.

Carmela Silva asegurou que a estrada aposta polo modelo de mobilidade e seguranza viaria da Deputación de Pontevedra. “É unha obriga ética das administracións recuperar o espazo público para as persoas e situalas no centro das decisións”, destacou a presidenta provincial. Deste xeito, tal e como afondou Silva, o modelo de mobilidade da Deputación céntrase na seguridade das persoas, no calmado do tráfico e no compromiso co planeta. “Ao ano no mundo morren 7 millóns de persoas por contaminación atmosférica así que dende o local temos que tomar medidas e manter un compromiso firme co planeta”, destacou a presidenta.

A reforma da EP-6004 trátase “dunha actuación moi relevante, que abrangue case 13 quilómetros dunha vía que articula esta parte tan importante do territorio que temos que impulsar a todos os niveis, xa que non é posible manter poboación no territorio e crear crecemento económico sen recursos”, asegurou Carmela Silva.

Neste senso, a presidenta amosou o seu compromiso para seguir investindo nesta parte da provincia e adiantou que “temos xa proxectos redactados que axiña imos converter en realidade”.

Pola súa banda o alcalde accidental de Salvaterra, Ernesto Groba, destacou a importancia da actuación desenvolvida para a seguridade da xente e a redución da velocidade dos vehículos. Tamén neste aspecto incidiu o alcalde das Neves quen aproveitou para agradecer á Deputación “o seu interese por esta zona do sur, xa que o equilibrio é necesario en todo o territorio”. Finalmente, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, amais de insistir na seguranza viaria tamén subliñou a repercusión medioambiental da actuación, “xa que a redución da velocidade implica que contaminemos menos”.

A actuación desenvolvida na EP 4006 esténdese entre Ponteareas, As Neves e Salvaterra e enlaza coa autovía A-52. En concreto, a obra consistiu no fresado e reposición de firme en varios treitos da estrada (49.425 m2), para o que se necesitaron unhas 5.800 toneladas de formigón bituminoso, 290 toneladas de betún asfáltico, e na execución de microaglomerado en frío (48.300 m2). Amais tamén se levou a cabo o pintado da estrada, renovouse a sinalización horizontal e impulsáronse actuacións do Plan Móvese.

Ponteareas participara na ofrenda floral das Festas do Pilar de Zaragoza cunha alfombra de flores

A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, vén de ser convidada polo Concello de Zaragoza para participar na festa da Virxe do Pilar onde a delegación ponteareá fará unha ofrenda floral, confeccionando unha alfombra de flores como as que se fan na vila do Tea con motivo da festa do Corpus.

A prensa da capital aragonesa recolle hoxe este feito ao falar da presentación do programa das festas e sinalar que “Este ano, como novidade, o Concello convidou á Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas (Pontevedra) para participar nas Festas do Pilar coa elaboración, o día 12 de outubro, dunha alfombra de flores que reproducirá algo tan característico da Basílica do Pilar como é unha das cúpulas de tellas de cores e a imaxe da Virxe no medio”.

A alfombra farase na Praza do Pilar, diante da Delegación do Goberno e a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi calcula que estea rematada cara ás 10:30 horas para goce da cidadanía.

A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, agradeceu ao Concello de Zaragoza, e á Sociedade Municipal Zaragoza Cultural que dirixe Sara Fernández Escuer, “o facer posible que podamos ofrece á Virxe do Pilar nosa alfombra floral”.

Salvaterra de Miño mellora a accesibilidade da Casa de Cultura

O Concello de Salvaterra de Miño ven de contratar a instalación dunha plataforma salva escaleiras de cara garantir a accesibilidade á Casa da Cultural ás persoas con mobilidade reducida. A alcaldesa Marta Valcárcel sinalou que non se pode esquecer que o edificio da Casa de Cultura “funciona como centro multiusos onde se realizan numerosas actividades”.

O financiamento da obra faise a través da subvención da Consellería de Presidencia, Administracións e Xustiza para a creación ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servicios municipais, ao que se engaden fondos propios do Concello para un importe total de 13.992 €.

Con esta obra o Concello pretende instalar unha plataforma salva escaleiras Nexo–PTC V65 para dotar de accesibilidade a Casa de Cultura e que todas as persoas poidan acceder aos servicios, cursos e dotacións que alí se encontran.

Ao longo do ano son moitas as persoas que se desprazan ata a Casa de Cultura para participar en distintos cursos. Amais, nese edificio atópase a escola de música, a biblioteca municipal e son moitos os grupos de baile e corais que utilizan dita instalación.

“Dada a antigüidade do centro –explica a alcaldesa Marta Valcárcel– faise preciso mellorar o seu equipamento”. Amais, engade a rexedora local, “e coa intención de mellorala accesibilidade preténdese adquirir este salva escaleiras para que tódalas persoas con dificultades de mobilidade poidan acceder a tódalas plantas do edificio sen problema, para conseguir así unha accesibilidade total”.

Esta plataforma estará instalada nun prazo non superior a dous meses e conta cun sistema de tracción mediante piñon cremalleira, brazos de protección, rampas de acceso e plataforma motorizadas, mando de presión, cun ancho de 45 cm e unha capacidade máxima de carga de 250 kg.

Conta con sistemas de seguridade con dispositivos anticolisión e aplastamento, micros de seguridade de final de percorrido, limitador de velocidade, plataforma e rampas de acceso a piso antideslizantes e brazos e bandexas de acceso de plataforma automáticos con bloqueo durante o percorrido.

Tui aposta pola inserción laboral co Foro de Emprego ‘Emprega Tui’

0

O Concello de Tui organiza o próximo 17 de setembro un Foro de Emprego que baixo a denominación de ‘EMPREGA Tui’ ten como obxectivo achegar a realidade do mercado laboral a todas aquelas persoas que se atopan en busca de emprego e que queiran coñecer da man de expertos en selección o seu grao de empregabilidade, atendendo aos perfís profesionais e habilidades persoais que estes requiren en la selección de persoal de cada empresa.

Identificaranse os postos de traballo máis demandados non mercado laboral e desvelásense os aspectos clave mellor valorados nos procesos de selección. Todo iso de maneira vivencial e a través de casos prácticos e exemplos reais da contorna laboral.

EMPREGA TUI contará coa presenza de varias empresas líderes no seu sector que permitirán acercar a realidade laboral aos asistentes que coñeceran que tipos de perfiles son os que están a demandar e as exixencias claves para a súa cobertura.

Emprega Tui busca achegar a realidade do mercado laboral as persoas que están buscando emprego

Ademais o Eures Transfronteirizo colabora na realización deste Foro no que entre os principais obxectivos do mesmo estaría en primeiro lugar, coñecer empresas líderes no seu sector localizadas no noso entorno, mediante breves exposicións nas que se detalla a súa filosofía corporativa e como son os procesos de selección, co fin de proporcionar información útil ás persoas demandantes de emprego.

Dar a coñecer as necesidades e requisitos das empresas á hora de realizar unha contratación e facilitarlle ás persoas desempregadas claves que lle axuden a superar con éxito os procesos de selección. As empresas participantes son: Quick Up, Adecco, Utingal, Alonarti, Star servicios e Grupo Marsan.

O número de prazas é limitado e serán cubertas por rigoroso orde de solicitude. As persoas interesadas en asistir poderán solicitar a súa inscrición ben a través do enderezo de correo electrónico [email protected] o ben telefonicamente en los números: 664 552 493, 629706 436 e 98660 16 51 ou en persoa na segunda planta del Centro de Formación municipal del Concello de Tui en Guillarei.

O foro realizarase o próximo 17 de setembro na aula da UNED de Tui na rúa Antero Rubín en horario de 8:45 h a 14:00 h

Coa realización deste foro o Concello de Tui reafirma o seu compromiso co emprego “creando oportunidades para o encontro e facilitando a participación de todas as partes implicadas no mercado laboral, nun territorio situado estratexicamente e coa intención para dar resposta ás necesidades de recrutamento da área de influencia do Concello de Tui, o que permitirá reducir paulatinamente o número de persoas desempregadas no Municipio”, sinala o executivo local.

Salceda regula a concesión de ‘Honores e Distincións’

O Boletín Oficial de Pontevedra publicou o pasado martes o inicio do período de exposición pública do que será o primeiro Regulamento de Honores e Distincións do do Concello de Salceda de Caselas, encargado de regulara concesión tanto das diversas distincións como o proceso de denominación de espazos públicos, rúas, edificios públicos, sendas ou prazas, entre outros.

O Regulamento agora en período de exposición pública, busca establecer un sistema máis participativo para os distintos nomeamentos como poden ser os de fillo ou filla predilecto/a, fillo ou filla adoptivo/a, salcedense distinguido ou distinguida, alcalde ou alcaldesa honorario, ou as persoas e entidades premiadas na Gala do Deporte, así como as condecoracións como ‘medalla do Concello’ ou ‘Cronista oficial da vila’.

Cómpre lembrar que o Concello de Salceda celebra anualmente, con motivo das festas do Cristo, o acto de nomeamento de salcedenses distinguidos/as, no que se nomean tres persoas polos seus méritos en diferentes campos da vida social.

Ata o de agora esta distinción víñase facendo a proposta do Equipo de Goberno. De agora en adiante e con este regulamento, dita distinción pasará a realizarse dunha maneira reglada e definida, incluíndo a aprobación plenaria das persoas propostas para o recoñecemento. O equipo de goberno (MS e PSOE) busca deste xeito garantir un maior consenso nos nomeamentos que se realicen, así como unha maior participación nas propostas.

O Regulamento foi aprobado inicialmente na sesión plenaria do 30 de agosto cos votos a favor dos grupos de Goberno e a abstención do Partido Popular, e a partir de onte conta con un prazo de exposición pública de 30 días onde tanto a veciñanza como os colectivos e asociacións poderán achegar as súas aportacións para proceder á aprobación definitiva do documento unha vez rematado o prazo de alegacións.

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, xunto co resto do equipo de goberno presentaron o regulamento co obxectivo de que os procesos deste tipo “vólvanse o máis participativos e consensuados posible, e que as persoas homenaxeadas dun ou doutro xeito polo Concello sexan representativas dunha ampla maioría da sociedade”.

Redondela organiza un curso práctico de manexo de equipos para movemento de materiais

0

A Concellería de Xuventude do Concello de Redondela en colaboración coa Xunta de Galicia vén de organizar un curso práctico de manexo de equipos de traballo para o movemento de materiais. Nesta acción formativa, as e os participantes poderán adquirir coñecementos no manexo de diversa maquinaria utilizada no sector laboral como pontes-guindastre, plataformas e carretas elevadoras.

A inscrición estará aberta ata o vindeiro 17 de setembro e os interesados e interesadas –que deberán ter entre os 16 a 30 anos de idade– poden formalizala a través dos rexistros municipais onde deben presentar a solicitude xunto a unha copia do DNI e o certificado de empadroamento. A listaxe de admitidos e admitidas publicarase o día 19 de setembro tanto na páxina web do Concello de Redondela como no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

As actividades lectivas comezarán o vindeiro 23 de setembro, rematando o 30 de outubro para completar un total de 50 horas lectivas. As clases impartiránse de luns a xoves e hai un total de 30 prazas que serán distribuídas en dous grupos de 15 persoas que, ao remate do curso, recibirán un diploma válido para o seu acceso ao mercado laboral no sector no que centraron a súa formación.

A actividade lectiva, sinala o Goberno local de Redondela, está dirixida a que mozos e mozas “poidan adquirir coñecementos técnicos para acceder a un sector no que habitualmente, hai grande demanda de traballadores e traballadoras cualificados”.

Cursos da AFG sobre o nematodo do piñeiro e xestión de xuntas reitoras de montes veciñais

A Asociación Forestal de Galicia está a desenvolver este outono un amplo programa formativo en temáticas nas que teñen manifestado interese as persoas e comunidades de montes socias. As próximas actividades programadas son un curso sobre o nematodo do piñeiro, en Salvaterra do Miño, e outro sobre xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes, no Rosal.

O curso do nematodo do piñeiro abordará a situación da praga no sur de Pontevedra e o seu impacto no mercado da madeira. Desenvolverase en Salvaterra do Miño este venres 13 de setembro ás 16 horas, no centro cultural de Alxén. Poderán asistir á actividade, que é gratuíta, propietarios forestais, representantes de comunidades de montes, técnicos, empresas do sector e calquera persoa interesada.

Ao día seguinte, o sábado 14 de setembro, desenvolverase no Rosal un curso sobre xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes. A actividade terá lugar na Casa do Monte de Santa Mariña do Rosal ás 10 horas.

O obxectivo do curso sobre xestión de xuntas reitoras é revisar os aspectos básicos de cara a mellorar o funcionamento das comunidades. A acción formativa aborda as seguintes cuestións, entre outras: organización e administración da comunidade, lexislación aplicable, planificación da xestións dos recursos do monte e réxime fiscal ó que están sometidas as comunidades de montes.

Ambas actividades permitirán que as persoas asistentes actualicen os seus coñecementos para impulsar unha mellora na xestión forestal e organizativa dos seus montes.

Os cursos, que contan co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), son gratuitos, pero é precisa a inscripción previa, ben a través do e-mail [email protected], ben a través dos teléfonos 986 660 864 ou 618 752 220.

Aberta a inscrición para os 15K do Atlántico

0

A 15K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño dá Costa vivirá o próximo día 29 unha edición moi especial. A proba atlética, entre Oia e A Guarda cun paso polo Rosal, xa ten as inscricións abertas e ademais desvela un amplo programa de actividades. A través da web championchipnorte.com, ou directamente dende esta ligazón, pódense formalizar os datos para tomar parte na competición. O percorrido, co mar como gran protagonista, é un dos grandes alicientes.

Tres concellos acollerán a proba que xa se pode considerar como unha das máis emblemáticas destas características en Galicia. Desde que se instaurou por primeira vez, non parou de crecer. Ese é un do motivos polos que en cada edición ofrécense novos alicientes.

Os organizadores programaron diversas actuacións musicais, a tamén tradicional marcha a pé, o servizo gratuíto de transporte e a atención permanente ao deportista. Entre as novidades inclúense un roteiro a cabalo, que se celebrará o día 28, e tamén unha conferencia a cargo de Fernando Javier Costas.

A 15K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño dá Costa ten previsto realizar máis iniciativas nun evento para todas as idades. A gran festa do atletismo na comarca viguesa espera superar o rexistro histórico de participantes e seguir crecendo.

Priegue celebra este sábado o ‘II Certame de acordeóns’

0

O Centro Cultural “O Torreiro” de Priegue en colaboración co Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra celebra este sábado 14 de setembro o “II Certame de Acordeóns” no que participarán os grupos de arcodeóns Brisas de Bouzas, o grupo de acordeóns do CV Matamá e o da Tataraña de Vigo.

O Certamé rematará coa actuación dos mestres acordeonistas Jaime Vilas, Alberto Leboso, Manuel Olegario e o gran acordeonista local e Premio Grammy, Roberto Comesaña.

Novo horario de inverno no Museo do Mar da Guarda

A partires desta fin de semana (15 de setembro) o Concello da Guarda modificará os horarios do Museo do Mar e, ao mesmo tempo, realizarase o peche do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz. En canto á zona de parque público do Castelo de Santa Cruz permanecerá aberta durante o mes de setembro en horario de 10:00 h a 20:00 h e a partires do mes de outubro de 10:00 h a 19:00 h.

O Museo do Mar, incluído na Rede de Museos Municipal, pasa xa ao horario de inverno e estará aberto os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.

Museo do Mar

O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.

Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: ‘Xentes do mar’, ‘Lendas de mar’, ‘Mulleres do mar’ e ‘Tesouros vivos’.

Centro de Interpretación

O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz conta con paneis informativos que facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado pola fortaleza de A Guarda no sistema de fortalezas abaluartadas transfronterizas.

Taxas de acceso

  • 1 € adulto
  • 0,50 € menores de 14 anos
  • Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).

A Deputación leva o seu compromiso coa transición ecolóxica ao ‘Barbeira Season Fest’ de Baiona

A Deputación de Pontevedra revalidará o seu compromiso co medio ambiente cara á transición ecolóxica no Barbeira Season Fest, o festival que dará prioridade á ecoloxía, a cultura e a economía circular e que se desenvolverá o vindeiro 21 de setembro na praia de Barbeira de Baiona.

As deputadas Ana Laura Iglesias e Raquel Giráldez estiveron hoxe en Baiona na presentación dos contidos do festival, un evento especialmente comprometido coa redución dos plásticos –non se permitirá o seu uso no recinto e un dos escenarios leva por nome Escenario Cero Plásticos–, ao que a institución provincial levará material das súas campañas de sustentabilidade e igualdade.

No primeiro caso, a Deputación reforzará o seu compromiso neste eido con material de Experiencias Sostibles, a iniciativa coa que este verán sensibilizou á poboación sobre as consecuencias do plástico no medio ambiente e a saúde e coa que repartiu máis de 100.000 elementos, entre eles bolsas de tea ou vasos biodegradables feitos con fécula de millo e pataca.

A institución provincial achegará ao festival, que se celebrará o 21 de setembro, materiais das súas campañas de sustentabilidade e igualdade

No evento, a institución provincial tamén repartirá material das campañas de igualdade #LEMBRAEUDECIDOTIRESPECTAS e #CONTACOMIGOEURESPÉCTOTE, para previr agresións sexuais categorizadas como violacións en cita e agresións por submisión química. Os folletos das campañas teñen contidos diferenciados para mozos e mozas, e amosan con claridade os límites nas relacións entre adolescentes, facendo fincapé en que estas agresións son un delito e que a culpa nunca é da vítima.

O Barbeira Season Fest ten un cartel musical conformado por Los Punsetes, La Habitación Roja, Cecilio G. Cariño, Boyanka Kostova, La Bien Querida, Zeltia Irevire, Thomas Dylan & Balea, Axolotes Mexicanos, Manu TF Dj e Paula Docampo Dj. Os concertos estarán determinados polas mareas, de xeito que os que se prevé que atraerán máis público celebraranse con marea baixa.

Amais, incluirá outra serie de actividades enfocadas a promocionar o Camiño de Santiago, en concreto ao itinerario portugués pola costa, que ten en Baiona un dos seus puntos de interese. Toda a programación está enfocada a acadar un ambiente acolledor e familiar, con diversidade de actividades para todos os públicos.

Tui quenta motores para o ‘Festival Moteiro Eurocidade’

0

A cidade de Tui prepárase para vivir para unha fin de semana cargada de actividades coa celebración do ‘Festival Moteiro Eurocidade’ que se celebrará nas antigas instalacións da Can-fran do 20 ao 22 de Setembro baixo a organización do Motoclub Os de Sempre Tuy.

O evento, de entrada gratuíta, contará entre os seus puntos fortes con concertos, festival de DJ’s, ampla oferta gastronómica, exhibicións de acrobacias de Placido Stunt 666 (coa súa Harley Davidson) e Tania72 (Piloto de R3), exposición de vehículos, atraccións e animación infantil, feira de artesanía, ambientación musical con charangas, zona de acampada para os asistentes, roteiro desafío, entre outros.

Venres 20

As actividades programadas arrincan na xornada do venres día 20 de setembro ás 19:00 h coa apertura do recinto e ás 20:00 h empezarase coa inscrición de moteiros, que terá un custo de 25€, para os que queiran comer e cear co cátering da organización.

A partir das 22:00 h terán lugar os concertos de rock a cargo dos grupos RMS e Versión Beta. Continuará a noite coa primeira noite do Tui Fest, un festival de DJ’s con animación e gogós, no que se contará coa participación de The Happiness Frequency: Djane Percy+ MC Barbarella Vocal, Juan Alcaraz, DJ Charlie, Dani Villa, Rodri Veigas, Krash e Gabri Domínguez.

Sábado 21

Na xornada do sábado día 21 de setembro contarase ao longo do día coa Escola de Pilotos Jorge Lorenzo Competición, cos seus novos pilotos. A partir das 11:30 h terá lugar a saída do Roteiro para coñecer a comarca realizando un paseo en moto.

Ás 16:30 h realizarase a primeira actividade de “ stun” co acróbata Plácido 666 co seu Harley Davidson.

Ás 17:30 h realizarase un segundo roteiro en moto para coñecer a comarca.

Ás 20:00 h a piloto de R3 Tania72 demostrará aos asistentes a súa destreza sobre as dúas rodas nunha exhibición moi interesante.

Ás 23:00 h realizarase a segunda actividade de “ stun” co acróbata Plácido 666 co seu Harley Davidson.

Continuará a noite sobre as 23:00 h coa segunda noite do Tui Fest, un festival de DJ´ s con animación e gogós, no que se contará coa participación de The Happiness Frequency: Djane Percy+ MC Barbarella Vocal, Juan Alcaraz, DJ Charlie, Dani Villa, Rodri Veigas, Krash e Gabri Domínguez.

Ás 00:00 h terá lugar o concerto rock tributo a AC/ DC, onde os asistentes poderán escoitar as mellores versións deste mítico grupo de culto do rock, interpretados pola banda tributo ASI/SE.

Domingo 22

Na xornada do domingo día 22 de maio realizarase a bendición de motos antes de tomar a saída para a Roteiro Desafío que terá lugar ás 11:30 h. A Roteiro Desafío é un roteiro de orientación e aventura na que cada participante terá que utilizar un mapa para cubrir as 6 casas, facéndose fotos para recibir un premio final á foto con máis interacción.

Ao longo da mañá contarase con amenización musical con charangas, animación e unha comida popular na que se ofertará churrasco, polbo, bocadillos, entre outros.
Finalizará a xornada cun concerto acústico a cargo do grupo El Patio a partir das 22:00 h.

«15k do Atlántico» da Guarda

0

O vindeiro 29 de setembro regresa unha das probas deportivas con maior número de participantes na Comarca do Baixo Miño, a 15k do Atlántico, que este ano trae moitas novidades coma unha ruta en patíns, charlas, ruta en cabalo, unha obra de teatro, a tradicional andaina e, como non podería ser doutra forma, a carreira.

As inscricións para participar na 15k do Atlántico seguen abertas na web www.bancomediolanum15kseries.com contando xa con máis de 200 inscritos na modalidade de carreira. As inscricións pechan o 25 de setembro.

A Carreira partirá como cada ano dende o Campo de Fútbol de Oia, percorrendo parte do trazado do Camiño Portugués da Costa pasando polo Rosal ata chegar ao Porto da Guarda, onde estará a liña de meta.

Este ano contarase con actividades complementarias como una Ruta Cabalar que terá lugar o sábado 28 de setembro ás 17:00 h e que percorrerá os municipios da Guarda, O Rosal e Oia con chourizada para os participantes ao remate. As inscricións para a Ruta Cabalar están abertas a un prezo simbólico de 5 € en www.multisportdacosta.com ou no teléfono 627 419 528.

Tamén contarase este ano cunha novidade, a representación teatral de ‘O veleno, ¿So ou con leite’ a cargo do grupo oiense Os Melhores do Ghrupo, que terá lugar o domingo 29 de setembro ás 19:00 h na esplanada do Mosteiro de Oia.

A Concellería de Medio Ambiente de Ponteareas “reta” á cidadanía a participar na Carreira de Orientación

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, convida a toda a cidadanía a participar na Carreira de Orientación que terá lugar o vindeiro domingo 22 de setembro. Cun custe de inscrición case que simbólico, 4 euros para adultos e 3 € para nenos e nenas, todas as persoas participantes colaborarán coa protectora de animais Os Biosbardos que recibirán o importe das inscricións.

A Carreira de Orientación, dirixida por Toxo Aventura, levará aos participantes polo centro urbano de Ponteareas contribuíndo ao coñecemento do noso patrimonio natural, histórico e arquitectónico pero tamén desvelará recunchos singulares.

Ademais a proba servirá para fomentar a concienciación de respecto ao medio ambiente e a importancia de non consumir máis plásticos dos imprescindibles convidando aos participantes a retornar o vaso de plástico que se entrega coa inscrición compensando esta acción cun euro de volta e entregando a Os Biorbardos tres euros no caso dos adultos e dous no caso dos menores.

A inscrición pódese facer de xeito individual ou en grupo (equipos), e existirán catro categorías diferentes: Toxiños (iniciación para nenas/os, se son menores de 9 anos deberán ir acompañados de un adulto), Toxos (adultos ou nenas/os con maior dificultade física e técnica), Toxeiras (categoría só pensada para persoas con altos coñecementos en Orientación) e Chorimas (categoría aberta para persoas con discapacidade).

A proba dará comezo ás 10:30 dende a Praza Maior, e consistirá en atopar, en orde, unha serie de puntos (denominadas balizas), espalladas polo entorno urbano do Concello. Para iso disporán dun mapa específicamente creado para este tipo de carreiras, e aínda que non se trata dunha proba competitiva, o equipo/persoa gañador será aquel que faga correctamente o seu percorrido no menor tempo posible.

Os participantes contarán para isto cunha tarxeta electrónica que lle facilitará a organización, para comprobar que o percorrido é válido. Cabería salientar tamén que esta proba terá horarios de saída escalonados, de xeito que ningunha persoa/equipo sairá ao mesmo tempo que outra co mesmo percorrido.

Ao rematar a carreira, a organización disporá dun pequeno avituallamento para tódolos participantes, onde poderán comprobar en tempo real os resultados.

Rosa Covelo adianta que se trata dunha actividade “apta para todas as idades” e fai extensivo o convite ás familias “que poden participar como equipo”.

Os ‘teixugos’ Luís Fernández e Manu Ochoa, na Copa do Mundo de Slalom de Praga

0

Luís Fernández, en canoa, e Manuel Ochoa, en kaiak, –ámbolos dous do Club Deportivo Miño-Os Teixugos de Tomiño– formaron parte do equipo nacional que acudiu esta semana a última Copa do Mundo de Slálom celebrada na cidade checa de Praga entre 6 ao 8 de setembro. Luís e Manu foron os únicos galegos que a Federación Española de piragüismo convocou para esta competición.

O venres 6 tiveron lugar as mangas clasificatorias, nas que cada deportista gozou de dúas oportunidades para poder entrar nas semifinais.

En C1 masculino cincuenta e cinco canoístas de todo o mundo intentaron estar entre os trinta mellores para acceder a semifinais. Luís fixo unha primeira baixada algo lenta, e na porta 16 penalizou con 50 segundos, quedando fóra; na repesca fixo unha baixada rápida, con tempo de entrar en semifinais, pero un toque no remonte da porta 11, con dous segundos de penalización, deixárono fóra. Na clasificación final do evento Luís rematou trixésimo quinto.

En K1 masculino, a máis numerosa das categorías con 78 deportistas participantes, acadaban praza en semifinais os corenta mellores. Manuel fixo os seus dos intentos para conseguilo, facendo dúas baixadas correctas, sen fallos nin penalizacións, pero lentas, lonxe das súas marcas, quedando fóra. Rematando a Copa no posto cincuenta e un.

Para Manuel esta é a última competición da tempada 2019, na que acadou éxitos tales como o subcampionato de España absoluto ou o bronce por equipos no Campionato do Mundo sub-23. Despois dun breve e merecido descanso comezará a preparar xa a tempada 2020.

Luís, pola súa banda, formará parte da selección española que participará no Campionato do Mundo a celebrar do 25 ao 29 de setembro na canle da Seu D´Urgell, unha competición de gran importancia, pois nela se decidiran as prazas para Tokio 2020. Luís pode acadar resultados históricos para o piragüismo galego,  pois é bo coñecedor desta canle onde leva adestrando moitos anos xa.

Zona Franca e Secretaría de Estado de Comercio colaborarán nas políticas de internacionalización para as empresas galegas

O delegado do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades acordou esta mañá coa Secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez, un marco de colaboración para fortalecer entre ambos os organismos as políticas de internacionalización do tecido empresarial galego así como desenvolver accións conxuntas para captar investimentos estranxeiros.

O Delegado fixo fincapé en que “traballamos para fomentar o desenvolvemento económico empresarial, con independencia do sector xa que esa é a mellor maneira de lograr unha economía que resista aos momentos de incertezas”. Xiana Méndez resaltou esta colaboración con Zona Franca “na que poñeremos en común todos os servizos que temos na Secretaría Xeral e o ICEX con prográmalo de Zona Franca”.

Neste sentido, Regades explicou que a aposta de Zona Franca pola internacionalización pivota sobre catro aceleradoras e que estas son programas formativos de carácter práctico, nos que se ofrece un asesoramento personalizado ás pemes para que poidan desenvolver o seu plan de internacionalización. Ademais, David Regades subliñou que “son programas nos que fomentamos o networking e as empresas atopan á súa disposición un equipo de expertos en novos mercados”.

Xiana Méndez valorou moi positivamente estes programas xa que segundo dixo “están pensados por e para as pemes que son as que se atopan maiores dificultades para acceder a mercados exteriores”. “Estes programas -engadiu-, poñen á empresa no centro para facela crecer profesionalizando o seu acceso a mercados internacionais”

ViaExterior, a aceleradora multisectorial

Un dos programas centrais do CZFV, e ao que se referiu o Delegado, é a aceleradora multisectorial ViaExterior, cuxa terceira edición arrinca o vindeiro venres, 13 de setembro.

“ ViaExterior consolidouse xa como a ferramenta para promover, acelerar e aumentar a probabilidade de éxito no acceso de pemes a mercados exteriores. Ata a data, 40 empresas recibiron asesoramento e formación personalizada a través deste programa duns 6 meses de duración; pero imos continuar: a partir desta mesma semana, outras 20 pemes poderán participar en ViaExterior para desenvolver o seu plan de internacionalización” dixo David Regades quen engadiu que nesta edición unha empresa xa madura como é Cafés Candeas incorporarase ao programa como empresa tractora.

Das 20 pemes que foron seleccionadas o Delegado destacou a súa capacidade creativa xa que son empresas que desenvolven produtos sumamente interesantes como pode ser un ximnasio portátil de apenas un quilo de peso, empresas de rexeneración de chans para a agorindustria, empresas do sector alimentario propio de Galicia como o porco celta ou lácteos ou empresas de centros de lecer de escapismo. Nesta ligazón pódese consultar a listaxe completa.

Empresas vitivinícolas, do sector cultural, naval e pesqueiro

Máis aló de ViaExterior, o Consorcio de Zona Franca ofrece a posibilidade de participar noutras aceleradoras de carácter sectorial. Neste sentido, a primeira que se puxo en marcha é VinoExterior, enfocada ás empresas do sector vitivinícola, e para a que aínda está aberto o prazo de inscrición, ata o 20 de setembro.

Neste caso, o programa finaliza cunha misión comercial inversa, onde as empresas seleccionadas terán a oportunidade de reunirse con importadores e prescritores do sector vitivinícola.

O CZFV tamén traballa para que as empresas do sector cultural e creativo accedan a novos mercados. A previsión é abrir a convocatoria de CulturaExterior antes de que finalice o ano. Esta nova aceleradora sectorial arrincará a principios de 2020.

Doutra banda, o Delegado, David Regades, indicou que “debido ao interese nas actividades de internacionalización do Consorcio por parte das empresas do sector naval e pesqueiro, xa estamos a traballar no lanzamento dunha aceleradora específica para elas”.

Máis apoios á internacionalización

O Consorcio dispón doutros programas de apoio á internacionalización. Os Mércores de Zona Franca son xornadas dun só día e abertas a todas as pemes, nas que se explican oportunidades de negocio en mercados específicos, feiras, estratexias e promoción internacional. Os detalles do calendario de xornadas pode consultarse a través de www.videoexterior.com

Por outra banda, o CZFV ofrece recursos de carácter audiovisual a través de VideoExterior, un portal formativo no que as empresas descobren novas experiencias de internacionalización.

O ‘Miúdo Fest’ chega ao ‘Territorio Cultural As Pedriñas’ de Mos

0

As instalacións do CSCD As Pedriñas, en Tameiga, Mos, esta vindeira fin de semana o ‘IV Miúdo Fest’, Festival para persoas de mediana estatura. As entradas para o festival que conta co apoio da Deputación de Pontevedra e a Comunidade de Montes de Tameiga, pódense retirar na cantina do CSDC As Pedriñas a un prezo de 5 € anticipada e 8 € na taquilla.

Durante o sábado 14, a partir das 17 h, as persoas asistentes poderán desfrutar das actuacións musicais dos grupos A Banda dos Insectos, Elephants Yard e A Gramola Gominola facendo de mestre de cerimonias o ukeleleautor Antón Ke.

Ademais poderán estampar as súas própias camisetas do Festival no obradoiro de serigrafía que impartirá a artesana Ana Mirou. Cada asistente deberá traer a súa própia camiseta.

O domingo 15 continúan as actividades a partir das 16 h coa Brincadeira Miudiña, con xogos tradicionais e a música de Cé Orquesta Pantasma.

O festival rematará coa actuación do Mago Marco.

Esta fin de semana arrancan as Festas das Mercedes da Guarda

0

A Asociación Cultural O Percamino da Gándara organiza un ano máis as Festas das Mercedes, cunha ampla programación que arranca xa este sábado día 14 de setembro con música, actividades deportivas, verbena, gastronomía e moito máis.

A programación para este sábado día 14 de setembro inclúe a IV Baixada de Carrilanas, que terá lugar ás 16:00 h dende a Pobra ata a bisorca, contando nesta edición cun total de 15 inscritos.

Pola noite do sábado terá lugar o XIX Serán a partires das 21:00 h na Praza dos Seixiños organizado polo Grupo de Gaitas A Boalleira e obsequiarase aos asistentes con chocolate e biscoito.

Na xornada do domingo día 15 de setembro celebrarase ás 17:00 h o II Concurso degustación de repostería e tortillas con premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría e ás 20:00 terá lugar a actuación teatro musical de «A chavola de Coiro Vello».

A programación de festexos na Gándara continuará a vindeira fin de semana coa XXXIII Festa da Zorza e a XIX Carreira Pedestre Julia Vaquero, ademais de unha ampla programación con actuacións musicais, verbenas, xogos populares, entre outras.

Nigrán remata a renovación da contorna do Pavillón Municipal de Deportes

0

O Concello de Nigrán rematou as obras de acondicionamento das beirarrúas na contorna do pavillón, unha actuación na que se invisten 73.000 euros a cargo do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra. Estas comprenden as rúas Gondomar, Arquitecto Palacios e Cidade de Vigo, todas en moi mal estado e inaccesibles debido a antigüidade da loseta hidráulica (nunca se repuxera dende a construción do pavillón).

Os traballos, a cargo de Construcciones Vale S.L., consistiron en levantar a actual beirarrúa e os seus cantos  de cemento para pavimentar todo con granito –losetas de 40 x 60 cm e cantos de granito mecanizado de 10 x 20 cm–. Ademais, substituirase a sinalización vertical (en moi mal estado de conservación).

O conxunto rematouse no día de hoxe coa instalación de tres novas farolas  na rúqa Gondomar, fronte do pavillón, para ofrecer unha mellor iluminación e un remate axeitado a un espazo urbano.

As obras comprenderon as rúas Gondomar, Arquitecto Palacios e Cidade de Vigo, as tres moi deterioradas debido á antigüidade das losetas

As tres farolas ‘mega dra-1004’ de 9,5 metros de altura e con forma de gran vela está formada por base de fundición de 2,5 metros de altura con acanaladuras decorativas e xeometría tronconónica; o fuste en acero galvanizado con forma de vela que incorpora tensores e 3 grandes proxectores equipados con tecnoloxía LED.

“Trátase dunha zona moi transitada, no corazón de Panxón, e pola situación do propio pavillón e da praia e consideramos máis apropiado facer as beirrarúas en pedra, en consonancia co resto da contorna, o remate con estas tres grande farolas en forma de vela veñen a reforzar o carácter urbano e mariñeiro do centro de Panxón”, sinala o alcalde, Juan González, quen recalca que, ademais de reacondicionar o propio pavillón, nesta zona “xa se renovou o parque infantil, instalouse un novo espazo deportivo e dotouse toda a rúa de  iluminación LED”.