12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui aposta pola inserción laboral co Foro de Emprego 'Emprega Tui'

    Tui aposta pola inserción laboral co Foro de Emprego ‘Emprega Tui’

    O Concello de Tui organiza o próximo 17 de setembro un Foro de Emprego que baixo a denominación de ‘EMPREGA Tui’ ten como obxectivo achegar a realidade do mercado laboral a todas aquelas persoas que se atopan en busca de emprego e que queiran coñecer da man de expertos en selección o seu grao de empregabilidade, atendendo aos perfís profesionais e habilidades persoais que estes requiren en la selección de persoal de cada empresa.

    Identificaranse os postos de traballo máis demandados non mercado laboral e desvelásense os aspectos clave mellor valorados nos procesos de selección. Todo iso de maneira vivencial e a través de casos prácticos e exemplos reais da contorna laboral.

    EMPREGA TUI contará coa presenza de varias empresas líderes no seu sector que permitirán acercar a realidade laboral aos asistentes que coñeceran que tipos de perfiles son os que están a demandar e as exixencias claves para a súa cobertura.

    Emprega Tui busca achegar a realidade do mercado laboral as persoas que están buscando emprego

    Ademais o Eures Transfronteirizo colabora na realización deste Foro no que entre os principais obxectivos do mesmo estaría en primeiro lugar, coñecer empresas líderes no seu sector localizadas no noso entorno, mediante breves exposicións nas que se detalla a súa filosofía corporativa e como son os procesos de selección, co fin de proporcionar información útil ás persoas demandantes de emprego.

    Dar a coñecer as necesidades e requisitos das empresas á hora de realizar unha contratación e facilitarlle ás persoas desempregadas claves que lle axuden a superar con éxito os procesos de selección. As empresas participantes son: Quick Up, Adecco, Utingal, Alonarti, Star servicios e Grupo Marsan.

    O número de prazas é limitado e serán cubertas por rigoroso orde de solicitude. As persoas interesadas en asistir poderán solicitar a súa inscrición ben a través do enderezo de correo electrónico p.i.emprego@tui.gal o ben telefonicamente en los números: 664 552 493, 629706 436 e 98660 16 51 ou en persoa na segunda planta del Centro de Formación municipal del Concello de Tui en Guillarei.

    O foro realizarase o próximo 17 de setembro na aula da UNED de Tui na rúa Antero Rubín en horario de 8:45 h a 14:00 h

    Coa realización deste foro o Concello de Tui reafirma o seu compromiso co emprego “creando oportunidades para o encontro e facilitando a participación de todas as partes implicadas no mercado laboral, nun territorio situado estratexicamente e coa intención para dar resposta ás necesidades de recrutamento da área de influencia do Concello de Tui, o que permitirá reducir paulatinamente o número de persoas desempregadas no Municipio”, sinala o executivo local.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.