9.6 C
Pontevedra
Domingo, 3 de Decembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoCursos da AFG sobre o nematodo do piñeiro e xestión de xuntas...

    Cursos da AFG sobre o nematodo do piñeiro e xestión de xuntas reitoras de montes veciñais

    A Asociación Forestal de Galicia está a desenvolver este outono un amplo programa formativo en temáticas nas que teñen manifestado interese as persoas e comunidades de montes socias. As próximas actividades programadas son un curso sobre o nematodo do piñeiro, en Salvaterra do Miño, e outro sobre xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes, no Rosal.

    O curso do nematodo do piñeiro abordará a situación da praga no sur de Pontevedra e o seu impacto no mercado da madeira. Desenvolverase en Salvaterra do Miño este venres 13 de setembro ás 16 horas, no centro cultural de Alxén. Poderán asistir á actividade, que é gratuíta, propietarios forestais, representantes de comunidades de montes, técnicos, empresas do sector e calquera persoa interesada.

    Ao día seguinte, o sábado 14 de setembro, desenvolverase no Rosal un curso sobre xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes. A actividade terá lugar na Casa do Monte de Santa Mariña do Rosal ás 10 horas.

    O obxectivo do curso sobre xestión de xuntas reitoras é revisar os aspectos básicos de cara a mellorar o funcionamento das comunidades. A acción formativa aborda as seguintes cuestións, entre outras: organización e administración da comunidade, lexislación aplicable, planificación da xestións dos recursos do monte e réxime fiscal ó que están sometidas as comunidades de montes.

    Ambas actividades permitirán que as persoas asistentes actualicen os seus coñecementos para impulsar unha mellora na xestión forestal e organizativa dos seus montes.

    Os cursos, que contan co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), son gratuitos, pero é precisa a inscripción previa, ben a través do e-mail afgxinzo@asociacionforestal.org, ben a través dos teléfonos 986 660 864 ou 618 752 220.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.