Domingo, 26 Xaneiro de 2025

Adenco organiza un curso de ‘fototrampeo’, un xeito de estudar a fauna sen interferir

O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de anunciar a organización dun curso de ‘fototrampeo’, “unha ferramenta ou técnica moi útil –sinalan os ecoloxistas– para coñecer a fauna silvestre que habita un determinado territorio sen case interferencia no Medio”.

Así, nos últimos meses, o Grupo Ecoloxista ADENCO ten instalado varias cámaras de fototrampeo no Condado, que deron grande información sobre as especies que nos rodean.

Pero, coa intención de ampliar coñecementos, traballar con método e ter resultados extrapolables no futuro, Adenco organiza un máis que interesante curso de oito horas de duración aberto as persoas asociadas e non asociadas a Adenco. 

O curso terá lugar o vindeiro sábado 5 de outubro no Centro Cultural de Ribadetea, de 10 h a 14 h e de 16 h a 20 h, cunha parte teórica e outra práctica, gratuíto para a xente asociada ao colectivo e cun custo de 20 € para a xente non socia. A docencia corre a cargo de BioLearn, unha empresa cunha ampla experiencia neste campo.

Para apuntarse, simplemente é preciso enviar un correo electrónico a [email protected], para reservar a praza. O importe para as persoas non asociadas, aboarase o propio día do curso.