Venres, 16 Maio de 2025

O voluntariado de Ponteareas ofrecerá tutoriais de calceda a través da súa canle de YouTube

A voluntaria ponteareá Azucena de la Fuente Mateo ofrecerá titoriais de calceta a través da canle de YouTube ‘Voluntariado Ponteareas’ e a través da conta de instagram @voluntariadomedioambiental, nunha iniciativa que busca que mocidade e maiores únanse “para aprender a confeccionar prensas e creacións coas las doadas polo comercio local «calceta»”.

O primeiro vídeo de presentación da iniciativa, xa está disponible no enlace da canle de Youtube.

Cada dous días, tanto en YouTube coma en Instagram, haberá novas sesións nas que ir aprendendo diferentes puntos e técnicas de calceta, pero ademais, a mocidade participante tamén irá amosando os seus progresos e os maiores achegarán contidos para dar conta dos seus coñecementos de calceta.

Os titoriais tamén serán difundidos por WhatsApp para que todas e todos, en calquera momento do día, poidamos compartir a experiencia.

Este proxecto, que pretende unir a toda a cidadanía a través dunha actividade multixeracional na que uns aprenden dos outros, empregará ao final da coarentena todas as creacións que queiran achegar os e as participantes para adornar as rúas e prazas de Ponteareas.

A calceta relaxa, fomenta a creatividade e a mobilidade e coordinación das mans, obriga a pensar continuamente estimulando as conexións neuronais e pódese practicar en calquera espazo, ademais de recuperar unha artesanía que se transmitía de xeración en xeración e pór en valor esta materia prima.

As e os intereasdos en unirse ás clases só teñen que chamar ao teléfono 687 764 516

A Guarda da conta do Plan de Formación de Xuventude e Voluntariado durante a emerxencia do COVID-19

0

O Concello da Guarda vén de dar a coñecer entre as veciñas e veciños o Plan de formación para a mocidade e as persoas voluntarias de Galicia, impulsado pola Xunta de Galicia, coa finalidade de ofrecer opcións en materia de voluntariado e de educación non formal durante esta situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.

O plan está conformado por 18 cursos en liña, cun total de 1250 prazas, orientados á formación básica en materia de voluntariado, así como á formación especializada e específica en lingua de signos, coidado ambiental (facendo especial fincapé no ámbito da reciclaxe na casa), novas tecnoloxías ou voluntariado en situacións de emerxencia.

No ámbito da xuventude, as accións formativas centraranse no eido dixital, a comunicación, o tempo libre e técnicas de mellora emocional. Poderán inscribirse a estes cursos persoas mozas de entre 16 e 35 anos.

Os formularios de inscrición estarán dispoñibles na páxina web de Voluntariado a partir do vindeiro mércores 8 de abril. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de abril, salvo esgotamento de prazas. Se nalgún curso houbese prazas máis alá do 13 de abril, a inscrición permanecería aberta ata dous días antes de que comece dito curso.

Cursos ofertados

Desta maneira, poñeranse en marcha un total de 11 cursos de formación dirixidos á xuventude: Fotografía dixital; Oratoria: formación en comunicación; Xestión do estrés; Crea a túa páxina web; Influencers dixitais; Xestión do tempo para o estudo; Educación en valores no tempo libre; Orientación vocacional; Escape Room educativo analóxico e dixital; Obradoiro de gravación de vídeo e Futuro en igualdade.

Pola súa banda, os sete cursos que se desenvolverán no ámbito do voluntariado son: Acción voluntaria en situacións de emerxencia, Lingua de signos, Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias; Voluntariado e transformación social; Aprendizaxe reflexiva a través da acción voluntaria; Curso básico de voluntariado; e Educación e voluntariado ambiental.

As interesadas e interesados poden ampliar a información na Omix da Guarda no 986 610 000 ou no enderezo electrónico [email protected]

Nigrán agradece á Subdelegación do Goberno e Brilat a “celeridade”na desinfección da residencia Serge Bellavista

0

O Concello de Nigrán agradece publicamente á Subdelegación de Goberno de Pontevedra e á brigada Brilat a celeridade e bo facer na desifección o pasado sábado da residencia de maiores Serge Bellavista, ubicada en Priegue, onde o día 1 de abril o test do covid-19 arroxara un resultado postivo nunha anciá que estivo totalmente asintomática. Ante a petición do Concello e da residencia de realizar unha desinfección das instalacións a resposta foi inmediata e o traballo inmellorable.

[su_image_carousel source=”media: 13857,13856,13855″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

“Desde a propia dirección da residencia nos trasladaron o agradecemento e o bo facer e trato da Brilat porque se atenderon as súas demandas de xeito inmediato”, sinala o alcalde, Juan González, quen aclara que os tests realizados o 3 de abril a todo o persoal do centro e residentes arroxaron un resultado negativo, mesmo no caso da anciá que o día 1 dera un suposto positivo.

“Podemos estar tranquilos, hoxe por hoxe na residencia Serge Bellavista non hai ningún positivo e a súa profesionalidade quedou máis que patente, así que desde o Concello de Nigrán trasladamos tamén os nosos parabéns á dirección e traballadores pola súa magnífica labor protexendo aos seus maiores”, indica o alcalde de Nigrán, Juan González.

A alcaldesa do Rosal agradece o labor “da gran maioría responsable e respectuosa” que queda na casa

0

Ante o comezo da cuarta semana de confinamento provocada pola crise sanitaria do COVID-19 e ante a case total certeza de que o Estado de alarma vaise prolongar, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís quixo enviar unha mensase “de agradecemento e ánimo no meu nome e no de toda a Corporación” a toda a veciñanza.

Na carta dirixida á veciñanza, agradece a alcaldesa rosaleira, o labor “desa gran maioría responsable e respectuosa que estades antepoñendo o interese colectivo actuando con total solidariedade ficando na casa”. Esa actitude é fundamental e así o explica Fernández Callís cando sinala que “se os datos comezan a arroxar certa luz é grazas a todos e todas vós”.

Non se esquece Ánxela Fernández “do gran labor que están a desenvolver todas e todos os profesionais dos servizos esenciais, que fan que poidamos levar esta situación da mellor maneira, aos grandes profesionais do ámbito sanitario e a todas e todos os profesionais do Concello que están a traballar cun grao de implicación máximo nestes intres”.

Pese ao confinamento, explica a alcaldesa do Rosal, o traballo no Concello “é durante as 24 horas” poñendose á disposición sempre das autoridades competentes “e tomando decisións diarias en colaboración coas mesmas; transmitíndovos toda a información, medidas e cambios desde o primeiro minuto; atendendo a todas as demandas dos veciños e veciñas; en comunicación directa co ámbito educativo e en colaboración constante co noso Centro de Saúde”.

Este traballo permitiu, engade Ánxela Fernández, que o Concello puidera “dar resposta a todas as emerxencias sociais crecentes derivadas da situación de confinamento desde a área de servizos sociais e coa colaboración e experiencia de asociacións e de organismos como a Cruz Vermella, Protección Civil e a propia Policía Local na entrega de bens básicos. Sen ir máis lonxe, nesta última semana duplicouse a entrega de alimentos”.

Os esforzos realizados na recollida de lixo, as tarefas de desinfección de colectores e de lugares especialmente sensibles como o mercado de abastos, as medidas adoptadas para axilizar o pago a provedores, a suspensión do pago de taxas e impostos municipais, son repasadas polo miúdo na carta enviada á veciñanza na que tamén se da conta da colaboración con profesionais da psicoloxía para facilitar recomendacións coas que afrontar o confinamento. Nesa mesma liña, a alcaldesa repasa as múltiples iniciativas desenvolvidas para facer máis doada a complicada situación.

“Desde a xestión política e pública é o momento da sensatez, da suma, da honestidade, da implicación máxima e da responsabilidade”, engade a alcaldesa do Rosal, que lembra as dúas prioridades “nas que compartimos o noso esforzo, ocupación, preocupación e dedicación” que son, explica, “en primeiro lugar a saúde das persoas e, en segundo lugar, as consecuencias socioeconómicas de toda esta realidade que nos tocou vivir”.

Chama Fernández Callís a “valorar todas aquelas pequenas cousas do noso día a día que adoitan pasar desapercibidas, as persoas que sentimos preto e que queremos. Reflexionemos e pensemos conscientemente na grande importancia que ten a defensa e a aposta clara pola nosa sanidade pública”.

Remata o seu escrito sinalando que “se queremos recuperar a normalidade canto antes é o momento de ser responsables, respectuosos, de manter a calma e de sacar o mellor de nós para superar esta loita e reto colectivo que temos por diante e do que xa estamos a aprender moito das cousas importantes das nosas vidas”.

A aposta tecnolóxica da Deputación permite manter a atención cidadá e desenvolver proxecto “para que nada pare”

O forte impulso que o goberno da Deputación de Pontevedra ven dando desde fai cinco anos ás novas tecnoloxías está a demostrar nestes tempos de crise sanitaria e confinamento a súa utilidade, convertendo o desenvolvemento das TIC na principal ferramenta para poder manter activa a prestación de servizos públicos cara á cidadanía, así como a posta en marcha de numerosas actividades e iniciativas.

O traballo remoto, o emprego, a formación, o emprendemento, o turismo, a cultura ou o entretemento poden así manter o seu ritmo habitual coas ferramentas telemáticas que en momentos tan complexos como estes convértense en indispensables. Ademais, a aposta pola implantación das TIC da institución provincial está tamén a permitir que os concellos da provincia, a través dos servizos tecnolóxicos implantados pola Deputación, poidan manterse activos.

Dende a declaración do estado de alarma, a Deputación de Pontevedra aproveitou o desenvolvemento tecnolóxico destes anos para estender a atención telemática á cidadanía e o teletraballo entre a meirande parte do seu persoal traballador así como nos concellos da provincia. Así, aproximadamente 6.150 persoas están a poder seguir prestando os seus servizos tanto nos concellos como na institución provincial de xeito remoto, evitando a paralización completa da actividade en ditas administracións.

Tamén de xeito interno aproveitáronse as novas tecnoloxías para implantar a firma dixital, que permite a continuación dos trámites administrativos a distancia. Igualmente se puxeron en marcha as Xuntas de Goberno e plenos de forma telemática, implantando un sistema tecnolóxico para que as deputadas e deputados participen de xeito activo e poidan exercer o seu dereito de voto con todas as garantías. Esta mesma medida tamén se fixo extensiva aos concellos e entidades locais, para que poidan seguir celebrando Xuntas de Goberno e Plenos pese ao confinamento, con total seguridade para os membros das corporacións locais da provincia.

Por áreas, a aposta polas novas tecnoloxías da Deputación nos servizos de Cohesión Social permitiu reforzar e axilizar a tramitación de máis de 4 millóns de euros en axudas aos concellos da provincia, ao servizo de teleasistencia domiciliaria, e a atención das nenas e nenos de Príncipe Felipe. En canto á teleasistencia, intensificáronse os seguimentos telefónicos das persoas usuarias que non contan con apoio familiar ou social. No que respecta a Príncipe Felipe fíxose un reforzo dos equipamentos informáticos, con ata 100 novos PC e 160 monitores, para que os e as menores poidan seguir as tarefas escolares, contacten coas súas familias e teñan máis opcións de entretemento por Internet con plataformas de televisión como Disney+ e Netflix.

Tamén no emprego e na formación estase a apostar polas iniciativas on line. Como a teleformación para completar as tres horas de formación ao profesorado que quedaban por impartir no marco do proxecto DepoEmprende na Escola, ESO e FP. Nesta área tamén se está a levar un especial control e comunicación diaria, de xeito telemático, coas persoas que se atopan realizando os programas Erasmus+ pola Unión Europea.

A aposta polo emprendemento tampouco se detivo estes días e, grazas ás novas tecnoloxías, a Deputación de Pontevedra está a poder prestar servizos neste campo. Así, o coworking de Barro e SmartPeme están a funcionar adaptándose ás peculiares circunstancias que trouxo consigo o coronavirus. Deste xeito, en canto ao coworking de Barro o 13 de abril botará a andar a súa quinta edición pero de forma online, a través dunha plataforma BlackBoard Collaborate, facilitando que as persoas emprendedoras poidan lanzar as súas ideas empresariais. Xunto á plataforma, tamén se habilitarán outras canles de comunicación, ben a través do Skype ou doutras opcións de videochamada ata que se retome a modalidade presencial.

En canto a SmartPeme dispúxose un plan de acción para fomentar o traballo remoto e obradoiros de formación online, que están a encher todas as prazas, De feito, un plan de continxenxia revisa a diario en función da evolución da crise sanitaria e seguen a prestarse asesoramentos telemáticos que nestas primeiras semanas bateu records en canto a empresas que soicitaron este Servizo. Tamén lanzouse “Covid Makers SmartPeme”, unha iniciativa para apoiar ás persoas emprendedoras que están a fabricar material sanitario.

No campo cultural a Deputación de Pontevedra lanzou unha chea de iniciativas on line para encher o confinamento de entretemento. Así, ao abeiro do Día do Libro convídase á cidadanía a converter abril no mes da cultura, cunha viaxe literaria arredor do mundo para compartir e gozar dos libros. Tamén celebrou, con propostas a través das redes sociais, o Día Mundial do Teatro e o Día das Artes. Amais, no Museo de Pontevedra elaborouse unha programación de visitas virtuais para amenizar a situación e promover e por en valor un dos recursos culturais máis importantes de Galicia, así como se impulsou a iniciativa “O Museo en familia”, para animar ás nenas e nenos a realizar actividades formativas e de lecer na casa con obradoiros relacionados coa exposición de Leopoldo Nóvoa e a faceta teatral de Castelao, e unha actividade para que nenas e nenos participen como comisarios dunha exposición virtual con debuxos, xoguetes e contos das súas propias casas.

Tamén a través das redes sociais se impulsou a iniciativa “Aves desde a casa”, buscando a sensibilización medioambiental nestes días de confinamento. Trátase dunha iniciativa en colaboración con Seo BirdLife que propón crear en familia un caderno de campo con debuxos das aves máis comúns na provincia nestas datas. Do mesmo xeito, a través das redes sociais, xurdiu desde a área de Turismo a iniciativa #21Days21Destinations, para divulgar as marabillas da provincia de Pontevedra, que está a ter unha enorme participación e un xogo de preguntas para demostrar os coñecementos sobre as Rías Baixas.

Precisamente, no eido do turismo, son numerosas as iniciativas virtuais que a Deputación de Pontevedra está a poñer en marcha en materia de novas tecnoloxías. Deste xeito, a presidenta mantivo un encontro telemático coa Secretaría do Estado de Turismo e coas entidades que integran a Rede Estatal de Destinos Turísticos Intelixentes, para afondar no impacto da COVID-19 no turismo e elaborar estratexias comúns para potenciar o sector turístico trala saída da crise. Ademais, tamén se vai impartir formación SICTED on line para que as empresas que están participando no Plan de Calidade poidan seguir o proceso con éxito.

As tres universidades galegas consensúan coa Consellería non retomar as clases presenciais neste curso 2019/2020

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Eduardo López, e os reitores das tres universidades galegas, Antonio López (USC), Manuel Reigosa (UVigo) e Julio Abalde (UDC) reuníronse esta mañá por videoconferencia. No marco desta xuntanza consensuouse, tal e como solicitaron os tres reitores, manter o calendario académico sen retomar as clases presenciais neste curso 2019/2020.

Esta decisión tómase tras confirmar o Goberno central que o Estado de Alarma se vai prorrogar ata o 26 de abril e que aínda podería alongarse máis. En calquera caso, a conselleira informou aos tres reitores de que desde a Secretaría Xeral de Universidades se lles enviarán unhas instrucións comúns para asegurar a calidade do ensino virtual. Así mesmo, acordouse xuntarse novamente a finais de abril para definir tanto o calendario como o modelo de avaliación, en función da evolución da alerta sanitaria. O obxectivo é consensuar unhas condicións comúns que aseguren a equidade de todo o alumnado galego, independentemente da universidade na que curse os seus estudos.

Por outra banda, Carmen Pomar solicitou aos tres reitores que poñan en coñecemento tanto da Consellería como da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia as modificacións que se fagan nas guías docentes e que estuden de forma minuciosa coa ACSUG as posibilidades para abordar as prácticas en funcións das particularidades de cada titulación.

Todas as partes coincidiron na necesidade de tomar todas as decisións no marco dun consenso e coordinación que permita ofrecer a maior certeza ao alumnado.

ABAU extraordinaria

Por outra banda, a conselleira informou aos reitores da ampliación das datas para a proba extraordinaria da ABAU ata o 17 de setembro, despois de que Galicia e outras CCAA o solicitasen na última Comisión Delegada de Política Universitaria.

Con este novo calendario, a conselleira reuniuse tamén esta mañá con membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG, con representación das tres universidades) para fixar as datas da ABAU extraordinaria, que en Galicia se celebrará os días 15, 16 e 17 de setembro.

Cómpre lembrar que, nunha reunión mantida o pasado 30 de marzo, a Consellería e a CIUG acordaron fixar nos días 7, 8 e 9 de xullo as datas da convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia para este ano. Nas próximas semanas, e en función do que se acorde a nivel estatal, afondarase tamén no modelo de exame que, segundo coinciden CIUG e Consellería, debería ser similar ao habitual para darlle tranquilidade ao alumnado, que vén traballando sobre un determinado tipo de exercicios para preparar as probas.

As Bibliotecas de Redondela animan aos nenos e nenas a participar no concurso ‘Un poema na túa voz’

0

As Bibliotecas de Redondela lembran aos nenos e nenas que aínda poden participar no concurso ‘Un poema na túa voz’ organizado por Gálix, e dirixido á rapazada con idades comprendidas entre os 6 e 14 anos.

A situación de confinamento provocada pola crise sanitaria mundial do COVID-19, fixo que Gálix modificase as bases do concurso para que, os nenos e nenas poidan participar dende as súas casas.

So teñen que facer unha grabación da lectura dun poema en galego e remitila ao enderezo de correo electrónico [email protected]. As bases do concurso, pódense consultar nesga ligazón. O prazo límite para a presentación dos traballos será o xoves 9 de abril.

O sector do taxi amosa o seu interese polo ‘Transporte a demanda no rural’ proposto polo Concello de Redondela

0

O Goberno local de Redondela vén de dar traslado aos grupos da oposición da súa proposta para implantar no municipio un “servizo de taxi baixo demanda”, iniciativa pensada para conseguir unha comunicación fluída e eficiente das parroquias cos núcleos urbanos tanto de Redondela coma de Chapela.

A proposta foi moi ben acollida polos representantes do sector do taxi, aos que se lle trasladou a idea no pasado mes de febreiro e que ven, na iniciativa, un xeito de impulsar e mellorar o transporte entre parroquias ademais de dinamizar o propio sector.

A idea é que os usuarios e usuarias poidan contratar o servizo previamente e que os vehículos sexan compartidos por varias persoas e, incluso, as e os profesionais do taxi podería prestar servizos regulares, todos os días a mesma hora e con idénticos recorridos para maior facilidade dos usuarios e usuarias.

Este sistema, segundo a alcaldesa Digna Rivas, permitiría poñer en marcha “un modelo de transporte urbano respectuoso co medioambiente” e que ademais permitirá “a conexión das parroquias cos núcleos urbanos e cos seus servizos e competencias administrativas”. A alcaldesa de Redondela puntualizaba que a iniciativa permitiría a implantación dun sistema de transporte baixo demanda “naqueles puntos do rural onde non poden chegar os autobuses de liña, ben pola baixa demanda de usuarios ou polas características das estradas”.

Financiamento e ámbito de utilización

O servizo estaría financiado polo Fondo Europeo a través do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020 e dentro dunha liña específica dedicada ao transporte urbano sustentable entre parroquias.

Para a súa tramitación precísase do visto e prace do resto de grupos políticos da Corporación Municipal, sendo o primeiro paso a realizar a contratación da realización dun informe que estableza a viabilidade do proxecto e as características esenciais do mesmo.

En canto a outros aspectos como o ámbito de utilización este quedaría restrinxido ao transporte entre parroquias do municipio. No documento que se elabore, tamén terán que figurar as características dos vehículos que poidan prestar ese servizo como, por exemplo, que teñan unha serie de adaptacións mínimas en materia de accesibilidade e que sexan vehículos de baixas emisións de CO2.

Xoán Babarro, «Teño oito anos e quero ser youtuber»

Conmemoramos o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil colocando neste particular andel o último traballo de Xoán Babarro, un dos nosos clásicos do xénero con máis de medio cento de títulos ás costas. Nesta ocasión o que nos ofrece é unha novela na que, tal e como desvela o título, asistiremos ás andanzas dun neno que, con só oito anos, soña con ser “youtuber”. Pero como non conta coa infraestrutura (nin a idade) necesarias para tal menester, decide comezar a practicar escribindo unha especie de diario no que nos dá conta das súas inquedanzas.

Antón, que así se chama o protagonista, atende ás indicacións dunha profesora disposta a axudarlle a cumprir co seu soño, aínda que o primeiro paso sexa este de iniciarse na escrita. Dende o piso da cidade onde habita, ata a vida na aldea dos avós, Viladonda, o neno vai debuxando un entorno afable e agarimoso no que teñen cabida tanto as súas andainas como as descricións das persoas que o integran. E para iso manexa con soltura unha enorme dose de imaxinación. Probablemente sexa este un dos elementos máis salientables da narración, que se adobía con animais que reinan na horta da avoa por tempadas, medias noces convertidas en auténticos barcos piratas, soldados xigantes dunha galaxia afastada que “okupan” os montes en forma de aeroxeradores, nubes forzudas atadas con papaventos, e un verdadeiro derroche de fantasía en cada páxina.

Redundando nesta idea, Babarro axúdase de numerosos recursos non estrictamente narrativos, como os elementos gráficos, que axudan a facer a lectura aínda máis axil. Abundan os cambios de tipografía, a inclusión de símbolos con distintas funcións, a integración de liñas ou pequenas ilustracións na propia narración, e outros recursos cos que sorprender constantemente ao lector. E abofé que, se esa é a súa intención, acada o seu cometido.

Tamén sorprende a capacidade do autor para meterse na cabeza dun nenos de oito anos e escribir como el o faría. Son moitas as narracións para nenos que tratan de emular o seu xeito de redactar ou de contar, pero non sempre se resolve tal cuestión con habilidade. Construcións sintácticas complexas e un vocabulario máis propio dun adulto, acostuman a ser as principais grallas nestas tentativas. Ao meu entender, esta proposta de Babarro é unha honrosísima excepción e, por momentos, semella que realmente estivese contada por un neno de oito anos. E iso resulta enormemente meritorio.

E para rematar, as fermosas ilustracións de Luz Beloso, un dos nosos grandes referentes neste eido, que por momentos parecen integrarse perfectamente no texto, coma se formasen parte del. A única mágoa é a teima da editorial de prescindir na colección “Árbore”, na que está editado, das cores, pois coñecendo á ilustradora, estou seguro de que lle darían unha nova vida ao libro.

Xoán Babarro

Teño oito anos e quero ser youtuber

Ilustracións de Luz Beloso

Galaxia

A Brilat colabora na desifección da ‘Residencia Monte Tecla’ da Guarda

0

As xestión realizadas polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, posibilitaron que o pasado venres 3 de abril, integrantes da Brilat trasladáranse á Guarda para realizar tarefas de desinfección na residencia da terceira idade, Monte Santa Tecla.

Esta operación forma parte da Campaña de desinfección masiva das residencias e centro de maiores que as Forzas Armadas están realizando en coordinación coa delegación do Goberno en Galicia.

[su_image_carousel source=”media: 13817,13816,13815″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Dende o concello da Guarda e a dirección co centro de maiores agradeceron o traballo realizado, “que se suma ao protocolo de seguridade e prevención que se realiza dende a propia residencia. Dende que comezou o estado de alarma o concello ven prestando especial atención a este centro ao que ofreceu a súa total colaboración”.

Asi mesmo a direccción do centro quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade aos familiares dos usuarios e ao resto da cidadanía, informando que, nestes intres, non hai caos de contaxio e que se están a tomar todas as medidas de prevención posibles para cuidar dos nosos maiores.

‘Desde a miña ventá’, un xogo proposto polo Concello do Rosal nas redes sociais, no que as fotografías son protagonistas

0

Dende o Concello do Rosal queremos propoñer novas ideas coas que facer os días de confinamento máis levadíos. Por este motivo ponse en marcha o xogo ‘Desde a miña ventá’, un xogo co que se busca implicar a toda a veciñanza e, a través de fotografías, levar uns intres de diversión a todas as casas. Todas as persoas do Rosal que queiran participar terán que facer unha fotografía amosando o que se ve dende a súa fiestra e enviala por correo electrónico a [email protected] poñendo nome e apelidos, teléfono e localización. Cada día o Concello colgará no seu perfil de Facebook unha das imaxes recibidas para que, mediante os comentarios, entre todos os veciños e veciñas adiviñen onde pode estar situada esa ventá.

Para poder participar, todas as fotografías deberán cumprir unha serie de requisitos mínimos. Así, en cada imaxe debe aparecer unha paisaxe do Rosal e as marxes da ventá ou o marco da fiestra dende a que se fai.

Non se aceptarán imaxes nas que saian persoas en primeiro plano, soamente paisaxes exteriores, nunca do interior da vivenda. E, para que sexa máis divertido, deberán ser zonas recoñecibles pero sen ser evidentes: as fotos poden dar pistas, pero nunca ser demasiado explícitas para poder xogar entre todas e todos un bo rato! O envío da fotografía suporá a aceptación e cesión de dereitos da mesma para a utilización no xogo por parte do Concello do Rosal, que se reserva a propiedade sobre futuros usos (arquivo, exposicións…).

A segunda parte do xogo terá lugar nas redes sociais. As persoas que queiran participar poden deixar o seu comentario na publicación tentando adiviñar o barrio ou a zona onde está tomada a fotografía, pero non se poderá dicir nunca o nome da persoa propietaria da vivenda nin se consentirán comentarios ofensivos ou de mal gusto.

“Todas e todos a xogar!”, anima o Concello que preside Ánxela Fernández Callís.

A Biblioteca de Baiona pon ao dispor de usuarios e usuarias un amplo abano de recursos online

0

A Biblioteca de Baiona, dependente da Concellería de Cultura que xestiona Miriam Costas Iriarte, desenvolve nestes días unha intensa actividade de cara a proporcionar, a usuarios e usuarias, recursos online que suplan o peche “físico” das instalacións por mor da alerta sanitaria do coronavirus.

Ante a imposibilidade de préstamo físico, sinala Miriam Costas, “a biblioteca ofrece outras alternativas tanto a través das redes sociais coma doutras plataformas de libro dixital como poden ser www.galiciale.gal ou EBiblio”.

Trátase de manter a actividade da biblioteca case que “en vivo” ofertando actividades e iniciativas tanto en colaboración con outras bibliotecas municipais, caso da ‘Hora do Conto’ que se desenvolve diariamente de luns a venres ás 17 horas, como iniciativas propias da biblioteca como ‘Lomo Sapiens’ ou ‘Xoves Universitarios’.

‘Lomo Sapiens’, é unha actividade que mestura a imaxinación e a literaturas, xa que cada usuario ou usuaria ten que enviar unha divertida frase, poema ou incluso historia, confeccionada cos lombos dos libros que poida ter na súa casa. Pola súa banda, ‘Xoves Universitarios’ está dirixida a espertar o interese pola historia e o patrimonio de Baiona, ofrecendo unha publicación relacionada coa historia do municipio a través de recursos documentais ou bibliográficos.

A crise do COVID-19 non paraliza a actividade, senón que agudiza a imaxinación á hora de realizar actividades. Boa mostra diso é o ‘Cubramos as redes con libros infantís’ para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril) e no que as persoas usuarias enviaban ás redes da biblioteca imaxes daqueles libros que, por diferentes motivos, marcaron o seu gusto pola lectura.

Nesa mesma liña, trabállase en actividades encamiñadas á celebración, o vindeiro 23 de abril, do Día Internacional do libro.

A estas iniciativas engádese o labor interno de procura de recursos de lectura que fai a biblioteca baionesa porque, asegura a súa responsable, Cristina Vilar, “unha biblioteca é algo vivo e dinámico e o noso labor como bibliotecarias, é atopar e analizar novos recursos para os nosos usuarios e usuarias”.

Por último, a concelleira de Cultura, Miriam Costas, lembra que “a biblioteca, pese ao peche das instalacións, segue mantendo a través do teléfono ou do correo electrónico [email protected] o servizo de información e referencia aos nosos lectores”.

Nigrán fai unha achega adicional de alimentos cárnicos e outros produtos ás familias máis vulnerables do municipio

0

O Concello de Nigrán emprendeu onte un reparto especial a domicilio para familias vulnerables a base fundamentalmente de alimentos cárnicos (polo e lombo de porco) pero tamén de productos menos cotiás como café, cacao ou fariña. En total, o Concello adquiríu no pequeno comercio do municipio 1.000 € nestas compras destinadas a 55 familias e que se suman ao reparto ordinario semanal de produtos non perecedoiros e ao extraordinario da semana pasada a base de froitas, ovos e verduras e produtos de hixiene corporal e limpeza.

O Concello garante que durante todo o periodo que se manteña o estado de alarma o seu equipo de axuda ante o Covid-19 realizará esta labor e estas entregas adicionais, así como o servizo de compras de alimentos ou menciñas a persoas con recursos pero que non se poden desprazar dos seus fogares (teléfono especial 986383930 de 9:00 h a 14:00 horas de luns a venres) ou entrega de libros e DVD da Biblioteca Municipal (peticións no 986 383 288 de 10:00 h a 12:00 h de luns a venres).

“Este é un envío especial para os que máis o precisan, normalmente se entregan produtos non perecedoiros, como estivemos a facer sempre, pero dadas as circunstancias consideramos imprescindible realizar compras completas para que ninguén teña que desprazarse ao supermercado e para garantir á mellor alimentación de toda a unidade familiar, xa que os menores destas se ven privados do comedor escolar”, sinala o alcalde, Juan González

Deste xeito, o equipo composto polo propio goberno municipal entregou onte nos domicilios 26 polos, 18 medios polos, 10 kg de peitugas e 250 filetes de lombo, todo elo mercado nunha carnicería local; así como outro tipo de productos adquiridos nun pequeno establecemento local (55 kg de azucre, 45 kg de fariña, 30 kg de cacao, 33 kg de café…) Todo elo foi transportado en dúas Citroën Berlingo novas cedidas para este uso por Aqualia (unha vez se supere esta crise sanitaria se engadirán á actual frota do Servizo Municipal de Augas ).

Solidariedade

O Concello de Nigrán subliña especialmente a “solidariedade das empresas de Nigrán e da comarca porque durante estes días están a recibir múltiples doazóns destinadas a estas familais, como as realizadas por Ovos El Rancho ou Patacas J. A. Blanco, as realizadas desde Panaderias como Yahoma, Copena, La Flor de Nigrán ou o Estanco de Priegue (entregou todos os seus productos destinados á máquina de vending)”.

“Somos un municipio solidario e se está a demostrar nestes intres coas doazóns diarias das empresas e os prezos especiais que están a facer nas compras, estamos moi agradecidos”, subliña González.

Tomiño pon en marcha ‘En Familia’, unha ferramenta online para as familias durante o confinamento

0

‘Adivina canto te quero’, un conto en formato vídeo da educadora infantil Quelly Rodríguez, ou a canción dos dediños en familia, coa compañía Migallas Teatro, son dúas das interesantes propostas do programa online ‘En Familia’ posto en marcha polo Concello de Tomiño na súa páxina web, co propósito de axudar durante a cuarentena na crianza das fillas e fillos.

Manualidades sobre como facer un peto o unha carreira de animais; xogos de mesa e de palabras; vídeos sobre as banderas do mundo ou unha magnífica galería con máis de 2.000 fotos do Museo de Historia Natural de Nova Yorke figuran tamén entre os recursos propostos pola ferramenta dixital.

O Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Tomiño vén de por en marcha este programa online, co fin de acompañar ás familias confinadas na casa, cunha serie de recursos e ferramentas de apoio educativo e de orientación no acompañamento a nenos e nenas durante este tempo de convivencia familiar.

“Pretendemos, a través de distintas propostas, facilitarvos tarefas para realizar cos vosos pequenos e pequenas, e así aproveitar esta situación para compartir tempos e fortalecer vínculos de maneira positiva. Agardamos que sexa un espazo dinámico no que poder compartir ideas, inquedanzas, propostas que axuden a enriquecer este tempo de agarda”, explica a concelleira de Benestar, Cristina Martínez.

Entre o contidos que se colgan na páxina web do Concello, pódense atopar actividades lúdicas cunha dimensión educativa, e unha serie de consellos ou trucos para afrontar de maneira constructiva a situación de confinamento no fogar. “Desde unha perspectiva positiva podemos aproveitar o momento para introducir certas rutinas na vida dos nosos pequenos e pequenas, coa intención de que se manteñan no tempo”, comenta a concelleira.

Asimesmo, as familias dispoñen dun enderezo de correo electrónico no que contactar para calqueira dúbida, preocupación ou propostas que queiran compartir: [email protected].

Neste espazo súbense periódicamente unha serie de actividades e pautas para aproveitar o momento de convivencia no fogar. As propostas están divididas en dúas áreas; por un lado, para nenos e nenas até os 6 anos de idade, e por outro, para cativos e cativas de entre 6 e 13 anos. Para o 1º tramo de idade, hai contos para ver e escoitar, cancións para aprender e entender, actividades socioeducativas e trucos. Para o segundo, xogos, manualidades, e aplicacións virtuais coma un percorrido pola galería dos dinosaurios do Museo Americano de Historia Natural con 2160 fotografías.

A alcaldesa Sandra González quere agradecer a todas as persoas que facen posible esta nova sección da web municipal, “achegando a súa experiencia e creatividade na elaboración do material didáctico”, entre eles, Tamara e Bea Campos, do grupo Migallas Teatro; Raquel Quelly Rodríguez, monitora do programa Medrando en Familia; Karina, monitora da actividade extraescolar “Emociónate”, de Lingoreta, e os técnicos municipais Iago Piñeiro e Isabel Ayán.

A Concellería de Ensino de Redondela colabora cos colexios para achegar as tarefas escolares aos fogares que carezan de internet

0

A Concellería de Ensino do Concello de Redondela, vén de poñerse ao dispor dos centros educativos de Redondela de cara a facilitar que, aqueles nenos e nenas que non teñen conexión a internet nas súas casas ou non dispoñan de ordenador, poidan desenvolver as tarefas que, dende os diferentes colexios e institutos, propón o profesorado para este tempo de confinamento obrigado polo COVID-19.

Para esa tarefa de intermediación, a Concellería que dirixe Olga García Ballesteros, púxose en contacto co persoal docente de cada centro para que este remita, ao correo de Ensino, as tarefas correspondentes que, unha vez imprimidas, fanse chegar aos domicilios dos nenos e nenas para que poidan seguir o ritmo de traballo dos seus compañeiros e compañeiras.

Trátase, explica García Ballesteros, “de eliminar a fenda entre o alumnado que dispón de internet e ordenador, e aquel que non o ten, de xeito que poidan desenvolver o traballo ao mesmo tempo”.

Nesa liña, a alcaldesa Digna Rivas, recalca que se trata de unha iniciativa dirixida “só aos que non dispoñan de equipo informático ou conexión á rede” polo que non é aplicable aos que carecen, por exemplo, de impresora xa que “os exercicios propostos, segundo explicou o profesorado, non necesitan ser impresos”, aclara Rivas.

Redondela estrea páxina de Facebook para establecer “unha canle de comunicación entre a Administración e a cidadanía”

0

O Concello de Redondela conta, dende o pasado mércores 1 de abril, cunha nova páxina de Facebook (https://www.facebook.com/redondelaconcello), que o Goberno local busca que sexa unha “canle de información aberta e dinámica entre a cidadanía e a administración local”.

O departamento de Novas Tecnoloxías procedeu á creación deste novo Facebook, xa que o anterior equipo de Goberno non puxo a disposición do Concello o acceso ao perfil do Concello de Redondela ao considerar que era un perfil “privado”, a pesar da denominación institucional e de que gran parte do seu contido e información procedían do Concello de Redondela.

Neste sentido, hai que indicar que o perfil de Facebook do Concello de Redondela foi creado polo departamento de Novas Tecnoloxías antes do 2010, e sempre estivo vinculado a unha conta de correo electrónica corporativa da Administración Local, aínda que fose xestionado polo persoal de libre designación da anterior corporación municipal dende o 2011 ata o 2019.

Non se pon en dúbida que a posta en funcionamento da rede social demorouse no tempo, con todo, o obxectivo era acadar que a nova rede social fose xestionada por persoal funcionario do Concello para, dese xeito, conseguir un dobre obxectivo. Por unha banda garantir a súa continuidade no tempo e por outra banda, un uso obxectivo e imparcial da rede social.

O Goberno local salientou a importancia de utilizar os medios que as novas tecnoloxías poñen ao alcance da sociedade e que permiten unha maior participación veciñal na xestión municipal.

Axuda psicolóxica fronte ao coronavirus na Guarda

0

O Programa de educación e apoio familiar (PEAF) do Concello da Guarda, informa de que a partir do 7 de abril retomarase a asistencia psicolóxica aos menores e as súas familias na modalidade de atención telefónica. A situación de confinamento pode xerar efectos emocionais negativos, e o que busca esta iniciativa é “minimizar o seu impacto, prestando especial atención á prevención e aos coidados relacionados coa saúde emocional, tratando de reducir ao máximo as situacións de risco que, neste contexto actual, poidan acontecer”.

Como un dos colectivos máis vulnerables, consideramos primordial que as familias do PEAF sigan atendidas, tendo en conta máis que nunca as súas necesidades, acompañando e cooperando ao máximo neste momento que todos e todas estamos vivindo.

Axuda psicolóxica para o persoal traballador

A evolución da situación actual pode influír no estado emocional das persoas, o que pode dar lugar a condutas de alerta pouco eficaces a nivel persoal e social. Por este motivo o Concello da Guarda pon a disposición dos profesionais que estean traballando nestes momentos no ámbito sanitario, educativo, Forzas e Corpos de seguridade ou atención a persoas “unha acción encamiñada a promover un afrontamento psicolóxico adecuado a esta situación de crise”.

Este recurso está destinado a dar apoio e ferramentas que axuden a soportar as situacións de intenso traballo, esgotamento físico e emocional e elevada incerteza que esta situación está provocando, coa intención de poder axudar a xestionar o malestar psicolóxico actual, previndo o desenvolvemento de problemas psicolóxicos futuros

Os e as profesionais que sintan un nerviosismo abafante, unha tristeza persistente ou outras reaccións prolongadas que afecten negativamente ao seu desempeño laboral ou relacións interpersoais, poden consultar cun profesional da saúde mental que o Concello porá a súa disposición dun xeito gratuíto.

Os teléfonos a través dos cales podes contactar para solicitar unha cita de asistencia psicolóxica son o 680 187 937 (educación familiar) e o 986 614 507 (servizos sociais), de luns a venres en horario de 10 h a 14 horas.

Nigrán reúne a animadores e educadores infantís para lanzar vídeos de entretemento para as nenas e nenos

0

O Concello de Nigrán reuníu aos especialistas en entretemento infantil do municipio para lanzar desde este sábado a través das redes sociais do consistorio (Facebook Concello De Nigrán, youtube e na web www.nigran.es) pequenos vídeos con contidos exclusivos destinados aos cativos. A iniciativa encádrase na campaña municipal ‘Paciencia, Cariño e Calma’ que pon o punto de mira nos pequenos da casa, os que máis ríxidamente sufren o confinamento.

Así, o dúo de animadoras Nanda e Ana de ‘ Voltereta e Volvoreta’, as especialistas en animación á lectura e ocio infantil Carla e Loreto de ‘Donde Viven los Cuentos’, o paiaso Peter Punk (Isaac Rodríguez) e o Mago Rei Midas con Valeria Varitas elaboraron pezas de cadansúa especialidade (cada un por separado, incluso os dúos) para facer o confinamento dos nenos as súas familias máis levadeiro. Contos, manualidades, shows e trucos de maxia ou números cómicos concentran o contidos destes vídeos que comezarán a divulgarse o sábado e que se suman á iniciativa lanzada a inicios de semana polo Concello de Nigrán para promover os aniversarios ‘de balcón’ (O Concello avisa a través das redes sociais para que os veciños saian a cantarlle no seu día e, ademais, lles agasalla cunha sorpresa).

[su_image_carousel source=”media: 13773,13774,13775″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

“Queremos ofrecer contidos de calidade aos nenos para que pasen mellor estes días e, ao mesmo tempo, apoiar aos especialistas de Nigrán que traballan con eles porque precisamente nestes intres que non poden desenvolver a súa actividade son imprescindibles”, sinala o alcalde, Juan González. Nigrán conta con 2.675 menores de idade e, deles, 2.186 teñen menos de 14 anos ou 14, colectivo infantil ao que se dirixen especialmente estas propostas.

Paciencia, Cariño e Calma

O Concello de Nigrán lanzou a inicios de semana a campaña ‘Paciencia, Cariño e Calma’ para volver a facer visibles aos nenos e nenas nas rúas do municipio. O goberno local insta ás crianzas a debuxar un corazón baixo este lema e a pegalo nas súas xanelas ou balcóns e nas redes sociais co hashtag #NigranQuedaNaCasa. O modelo de ilustración está dispoñible na web municipal e no facebook oficial Concello De Nigrán (para todo aquel que prefira simplemente imprimilo).

As veciñas do Porriño confeccionan elementos de protección para Policía Local, profesionais da sanidade e atención domiciliaria

Un grupo de veciñas da parroquia porriñesa de Cans fixeron entrega ao Concello do Porriño dun lote de traxes de protección confeccionados por elas mesmas para a súa utilización por parte das traballadoras e traballadores do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Nestes día o persoal do SAF está a prestar unha importantísima tarefa de apoio a persoas maiores, discapacitadas ou que estean soas.

[su_image_carousel source=”media: 13787,13786,13784,13783″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Por outra banda outro grupo de mulleres porriñesas, entre elas a propia Eva García, alcaldesa do municipio, están a confeccionar cos seus propios medios e nas súas casas, tanto patróns para os EPIs coma mascariñas de protección de dous tipos que entregan periódicamente á Policía Local e ás e aos profesionais sanitarios que están a traballar no Centro de Saúde.

Tanto o material para os EPIs (traxes de protección) como para as mascariñas procede de doazóns de empresas porriñesas ás que o Concello agradece a súa desinteresada colaboración.

De vagariño faise mellor o camiño

De sobra é coñecido que pasamos por unha situación totalmente inusual, excepcional e imprevista e como tal temos que actuar de xeito igual de excepcional para o que viña sendo o noso “normal” xeito de vida. E o primeiro e primordial é tomarnos a vida dun xeito máis pausado, reflexivo e empático (isto é especialmente importante).

O Goberno, os medios informativos e incluso a sociedade civil está a empregar dun xeito moi habitual o símil de “estado de guerra”. Se realmente estamos convencidos de que isto é o máis parecido a un proceso bélico, ¡¿realmente a alguén en momentos así se lle pasaría pola cabeza pensar en se a volta ás clases vai a ser a tempo de rematar o curso, de poder avaliar ou de ter ferramentas para promocionar ao seguinte curso?! ¡Sería de tolos!, ¿non si?. Pois sexamos coherentes, sensatos e empáticos:

  • O primeiro co alumnado que está a ser a pata máis feble deste proceso no que dificilmente se está a medir dun xeito preciso as consecuencias que lles está a carrexar todo isto. Quizais non afloren en moitos casos ata pasado un tempo e agardemos que non sexan de moita importancia.
  • O segundo cas familias que están pasando por infinidade de realidades distintas e igual de estresantes nos seus diversos escenarios diversos, que importante verba en calquera circunstancia e moito máis agora)
  • O terceiro cos mestres e equipos directivos que están a vivir unha circunstancia igual de nova e excepcional e se atopan cal tripulación dun pesqueiro no medio dunha treboada e sen parte meteorolóxico co que guiarse de cando e por onde virán ventos máis amigables.
  • E por último non quero ser menos empático coa administración pese a que nestes momentos deberan e deben ser o faro que nos serva de guía. Entendo que a situación lles estea desbordando como a calquera outro pese a que se lles presupón que teñen que ter os arrestos para facer o posible para levarnos a bo porto a toda a poboación.

Está ben claro que as cousas son sempre mellorables e que nalgún momento haberá que sentarse e avaliar cales decisións foron erradas ou acertadas e responsabilizar a quen corresponda pero agora, tal e como “veñen dadas”, o que toca é sumar e tratar de arrimar e aportar solucións máis que críticas. E se é preciso facer algunha crítica, que sexa para xustificar o porqué dalgunha achega que sirva de solución a algún problema concreto. Nós, as familias, estamos preparadas para arrimar o ombreiro e aportar a nosa análise da situación no ámbito do ensino pois o estamos a vivir dun xeito moi directo. Gostaríanos que se nos escoitase e tivese máis en conta e que non se nos mire coma ao inimigo se non coma a observadores privilexiados de realidades que a propia tempestade impide ver a quen tenta manter o rumbo da nave.

As nosas achegas non tenta sacar as cores a ninguén se non dotar de ferramentas á administración e reforzar as propias consideracións que ben seguro as propias direccións de centros e mestres estarán achegando. Non estamos para denunciar se non para aportar datos que sirvan para, dun xeito construtivo e colaborativo, atopar solucións para un futuro próximo e facer do noso ensino público unha versión mellorada de si mesmo.

E falamos dun futuro próximo porque estamos convencidos de que o presente curso xa deu de si todo o que pode dar e temos que pornos a traballar TODOS XUNTOS en artellar un vindeiro curso tamén excepcional pois terá que recuperar o lapso de tempo que esta crise nos está a arrebatar. Canto antes asumamos esta ineludíbel realidade, antes atoparemos o mellor xeito de enfrontarnos a outro curso atípico tendo moi en conta que temos que estar preparados para unha posíbel repetición de escenario.

Dende a Fanpo e por extensión dende todas as federacións que integran a Confederación de Anpas Galegas estamos agardando cos brazos abertos que se nos teña en conta e se nos escoite non máis que a ninguén pero tampouco menos pois coma di o slogan de moda: Disto sairemos todos xuntos, pero de vagariño para non atropelarnos e sen máis demoras para non chegarmos tarde. Asemade estamos non só abertos á unión de tódas as partes implicadas e axentes sociais para facermos unha petición conxunta á Consellaría en pro de comezar a programar o vindeiro curso nos seus diversos escenarios posibles.

Os Mercados de abastos de Redondela reinvéntase para facer fronte ao COVID-19

0

A crise provocada polo COVID-19 e o cambio de hábitos provocado polo confinamento da poboación para evitar contaxios, vén de facer que os mercados de abastos de Redondela e Chapela adoptasen medidas para adaptase á nova situación. Así, distintos comerciantes de ámbalas dúas prazas de abastos veñen de poñer en marcha o servizo de compra telefónica mediante encargo e o servizo a domicilio co obxectivo de facilitar aos veciños e veciñas a adquisición de produtos de primeira necesidade dende os seus fogares.

O sistema de compra realízase a través de teléfono. Os distintos postos que se sumaron a este servizo facilitaron os seus números de contacto dende os que recibirán os pedidos dos seus clientes e recollerán os datos necesarios para facer chegar a domicilio dos seus produtos. As mercadorías tamén poden ser recollidas no propio mercado evitando colas innecesarias ou tempos de espera máis dilatados do recomendado. Os teléfonos poden consultarse na páxina web do Concello de Redondela.

Os e as comerciantes dos mercados de abastos que manteñen a súa actividade habitual, no horario matutino normal, están a seguir todos os protocolos establecidos polas autoridades sanitarias para garantir as compras seguras durante este período de estado de alarma. 

Os dous edificios que albergan os mercados do municipio son desinfectados asiduamente tanto no seu interior, coma en el exterior dentro das actuacións sobre espazos públicos que se están a levar a cabo no Concello de Redondela.

Ademais da finalidade de asistir aos propios veciños, moitos deles clientes habituais, quérese promover a compra de produtos de calidade de primeira necesidade no comercio local.

Ponteareas aclara que os concellos “non dispoñen de datos oficiais sobre contaxios a nivel municipal”

O Concello de Ponteareas vén de aclarar hoxe á cidadanía que os Concellos “non dispoñen de datos oficiais sobre contaxios no ámbito municipal”. Desde o Goberno local do BNG e PSOE explican que “os datos sobre contaxios tenos o SERGAS e a súa política informativa, que en ningún caso cuestionamos, consiste en dar información por áreas sanitarias, en ningún caso por Concellos”.

O propio Sergas confirmou oficialmente á Concelleira de saúde, Cristina Fernández, que os datos por concellos non se facilitan. Neste sentido, a concelleira nacionalista apela á responsabilidade dos cidadáns e “non formular ao Concello esixencias de información da que carecemos, creando un alarmismo innecesario”.

O Concello advirte ademais que os mapas de Galicia con supostos casos detectados que están circulando por redes sociais “son informacións non oficiais e sen fonte coñecida e contrastada, en definitiva, auténticos bulos que non se deben propagar nin estender irresponsabelmente”.

Por último, desde o goberno do BNG e PSOE, a través da responsable de Saúde aclara que “o Concello de Ponteareas en ningún caso vai dar información sobre esta crise e sobre persoas ou lugares afectados que non sexan oficiais, compartidos polas autoridades competentes”, e engade que “a veciñanza debe ser consciente de que Ponteareas é un concello onde se están tomando todas as medidas de prevención necesarias e insta a toda a poboación a seguir colaborando xuntos na procura de salvar esta situación o antes posible e co menor número de afectados”.

‘Cruz Vermella Responde’, a resposta fronte ao COVID-19 para persoas en situación de vulnerabilidade

Desde o comezo desta crise, Cruz Vermella Española no Condado asegurou o mantemento dos seus programas esenciais e intensificou a súa actividade coas persoas máis vulnerables a crise sanitaria desatada polo COVID-19.

Desde a entidade mantiveronse e mantéñense activos programas como o da Campaña Especial de Seguimento, a través da que o persoal da Cruz Vermella desenvolve un seguimento telefónico a máis 9.000 persoas usuarias dos seus programas na provincia, identificadas como especialmente vulnerables ante o COVID-19, para informar, axudar e detectar posibles necesidades.

No que fai referencia ao Condado e Paradanta, a Cruz Vermella realizou máis de 800 chamadas ás 350 persoas de ámbalas dúas comarcas que participan habitualmente nas actividades organizadas pola entidade. Nestas tarefas estiveron traballando oito voluntarios e voluntarias da asemblea de Ponteareas.

No que fai referencia ao servizo de Teleasistencia, a Cruz Vermella do Condado sinala que as persoas beneficiarias seguen gozando do mesmo de igual modo que o facían antes do decreto do Estado de Alarma.

A Cruz Vermella do Condado, con base en Ponteareas, desenvolve tamén os traballos de distribución e entrega de alimentos e produtos farmacéuticos. Con esa actuación as familias en risco de exclusión social ven cubertas as súas necesidades básicas en alimentación, hixiene persoal e de fogar.

Nestas accións, a entidade atende a máis de 35 familias da comarca desde o inicio do estado de alarma. Ademais, un equipo de 12 voluntarios e voluntarias están especialmente preparados e formados para atender os recados e xestionar a compra das persoas máis vulnerables.

Doutra banda, realizanse campañas de Comunicación e Sensibilización en todas as canles da Cruz Vermella, poñendo ademais ao dispor de toda a sociedade un Curso Aberto e Gratuíto sobre o COVID-19 desenvolvido por Cruz Vermella, e que a día de hoxe xa foi realizado por 200.000 persoas en todo o país.

Finalmente, no que a Cruz Vermella da Mocidade fai referencia, as e os 21 menores que habitualmente atendense dende esa sección de Cruz Vermella seguen recibindo apoio educativo, formativo e de lecer a través do programa de Éxito Escolar de Cruz Vermella que agora será virtual. Do mesmo xeito tamén se seguen a facer seguimentos e se atenden as demandas que lles fan chegar ás familias á Cruz Vermella.

A Crua Vermella do Condado sinala que se manteñen en estreito contacto e coordinación “con outras organizacións, asociacións veciñais, culturais e concellos da zona, para atender os casos de extrema vulnerabilidade”.

A Cruz Vermella en Ponteareas xa está a formar a novos voluntarios e voluntarias que decidiron unirse á institución para axudar nestes momentos difíciles.

Carmela Silva insta a Feijóo a convocar ás deputacións para adoptar medidas ante as previsión sobre o pico da pandemia

Ante as novas previsións da Xunta de Galicia sobre a evolución da crise sanitaria na comunidade autónoma, que situarían o pico da pandemia ao longo deste mes de abril, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, instou hoxe ao presidente Feijoo a que convoque telematicamente, no prazo máis breve posible, ás catro deputacións galegas “para que, ante estas previsións, as administracións provinciais, que traballan e coñecen o día a día dos seus territorios, poidan anticiparse en tomar as decisións e novas medidas que correspondan”.

Nunha carta que remitiu ao presidente galego, “co ánimo e co afán de cooperación”, a presidenta provincial trasladou a preocupación, inquietudes e temores que moitas familias, concellos, persoal sanitario, de atención a maiores, ou de Ong, están a achegar á Deputación de Pontevedra en relación coa pandemia do COVID19. Na misiva, Silva lembra a Feijoo que, como administracións públicas de ámbito provincial, “este anunciado repunte nos obriga a ter a máxima información posible sobre os nosos territorios, para poder avaliar adecuadamente a situación e poder tomar decisións de forma anticipada. É fundamental, sinala, coñecer, se existen, os plans de continxencia autonómicos para UCIs , hospitais e centros de maiores, que son neste momento as grandes preocupacións que temos e que se nos trasladan”.

Neste sentido, Carmela Silva apelou ao presidente da Xunta a dar respostas acertadas, “e sobre todo coordinadas”, ante o incremento da incerteza social, unha vez coñecida a información ofrecida polo executivo autonómico sobre a maior virulencia do virus. “É por iso, engade, que para aportar información fiable gustaríanos que estudases a posibilidade de convocar vía telemática as catro Deputacións galegas para que nos poidas trasladar información e así poder ter respostas que permitan mensaxes unitarias sobre as medidas que está a adoptar a Administración Autonómica, que é a que ten as competencias en sanidade, dependencia e política social”.

A presidenta da Deputación de Pontevedra remata o seu escrito mostrando unha vez máis “o noso afán de colaboración e expresar que consideramos que é imprescindible que o Presidente de todas as galegas e galegos lidere unha información transparente e marque as liñas de coordinación de todas as administracións públicas, para transmitir tranquilidade ao conxunto da cidadanía”.

A Guarda convida á veciñanza a tomar parte na iniciativa ‘Participa compartindo’

0

O Concello da Guarda anima a toda a poboación a participar en varias actividades a través das que, veciñas e veciñoas, poidan compartir as súas experiencias, pensamentos e emocións durante a situación tan atípica que estamos a vivir provocada pola crise sanitaria do COVID-19.

Creación de curtametraxes

Esta iniciativa do Concello guardés anima á veciñanza a gravar e compartir nas redes sociais “a túa propia curtametraxe de temática libre”. Os únicos requisitos para a súa elaboración serán que dure como máximo 3 minutos e que a graves dentro do recinto da túa casa. Comparte nas túas redes sociais coa etiquera #NaCasaEstamosDeCine.

As 10 curtametraxes de maior calidade –apunta o Concello da Guarda– “serán proxectadas nun acto no Centro Cultural cando todo isto remate”.

Fotografía

Fotografía aquilo que máis te guste da túa casa: o que miras desde a túa ventá, algún recuncho especial para ti, ás túas mascotas, etc. Comparte nas túas redes sociais coa etiqueta #MiñaCasiñaMeuLar

O/a artista que levas dentro

Grava un vídeo ou audio no que mostres as túas habilidades artísticas bailando, tocando un instrumento, facendo un monólogo, contando un chiste, cantando, etc. Comparte nas túas redes sociais como #ArtistaQueLevasDentro

Cóntame un conto

Grava un vídeo ou audio contando o que che apeteza: unha historia antiga da Guarda, un conto ou simplemente comparte o que estás a vivir neste momento. Comparteo nas túas redes sociais coa etiqueta #ContameUnConto

As creacións en calquera dos apartados, poden seguir compartíndose ata que finalice o Estado de Alarma

Aplausos

Durante estos días solamente se meciona una palabra, que ya no voy a decirla aquí por lo menos de momento. También vamos a dejar de lado la crítica a los que todos ya imagináis, no es momento para ello.

En estos tiempos convulsos que estamos viviendo debemos de remar todos en el mismo sentido; hay que luchar para revertir esta situación y que podamos volver a disfrutar de nuestra libertad de poder salir al aire libre sin miedo, sin temor, ni a a las autoridades ni sobre todo a ése ser invisible a los ojos humanos que esta sesgando la vida de mucha gente y que nos ha modificado nuestra forma de vivir de una forma totalmente radical.

No podemos venirnos abajo y hay que seguir luchando, por eso es de agradecer gestos como los que se miran en nuestros balcones.

Durante estos días, una iniciativa ha invadido los hogares de muchos españoles, todas las noches la gente sale a su balcones a aplaudir para agradecer la enorme labor que están ejerciendo nuestros sanitarios, médicos, enfermeros, celadores, técnicos… Todos ellos hacen un trabajo fundamental, el luchar por perservar la vida de cada una de las personas que enferman, pero además de la labor médica, ejercen una que aún resulta tan o más importante, una labor de apoyo moral, de confianza, de ánimo, porque el enfermo se encuentra sólo, sin familiares a su lado que lo acompañen, solamente la de las personas que lo están cuidando, y eso es también muy importante para salir adelante.

Pero tampoco nos podemos olvidar de la labor que hacen las personas que trabajan en la limpieza y desifectando todos los lugares, tanto en edificios cómo en las calles, ni de las fuerzas de seguridad, ni el trabajo que hacen todos los dependientes de las tiendas de comestibles, kioskos, farmacias, que también están exponiendo su salud y la de los suyos para seguir prestando un servicio a la sociedad para poder seguir satifaciendo sus necesidades básicas, pero no podemos dejar de lado a todas esas personas que andan con sus camiones y furgonetas repartiendo esa mercancía para que podamos acceder a ella, ni de todas las empresas y sus trabajadores que dentro de sus posibilidades siguen trabajando para no parar el engranaje de todo, ni de todos los agricultores y ganaderos que siembran y cuidan sus campos y mantienen sus granjas para que podamos seguir teniendo comida en los mercados (algunos igual piensan que la leche se reproduce en el brick y los vegeles crecen e los refrigeradores del super) por eso, mi aplauso para todos ellos, porque cada uno, pone su pequeño grano de arena, unos más visibles, otros menos, pero la suma de todos van a servir para que salgamos adelante.

Y para animarnos todos un poco, unas recomendaciones musicales para llevar mejor estos momentos, así que esta semana os recomendamos por un lado, un proyecto de nuestra tierra, Spiritu (986), un único trabajo, pero algo diferente dentro del folk gallego y por otro lado, Argonauta, el proyecto de Miguel Angel Vera, uno de los grandes pianistas de nuestro país, un disco hermoso para degustar en momentos cómo los que estamos vivendo. Música para quedarse en casa y disfrutar.


Spiritu (986)

Spiritu (986)

¿Qué es ‘Spíritu (986)’? Pues es un proyecto gallego formado por Anxo Lorenzo (gaitero nacido en Moaña), Carlos Mariño y Pedro González y solamente sacaron éste disco allá por el año 2000. La verdad, que no hay demasiado información sobre el mismo, en algún lugar, he leído que fue el proyecto de fin de carrera, pero lo que si puedo asegurar, es que estamos ante un trabajo diferente, una fusión entre lo tradicional (la gaite) y lo actúal (la electrónica), pero realizada con mucha maestría.

No es fácil encontrar trabajo de fusión de música tradicional gallega con la electrónica más actúal, pero éste proyecto lo hacía y de maravilla, aquí nos vamos a encontrar, por supuesto, gaitas, panderetas, canciones gallegas, pero al mismo tiempo, unos ambientes electrónicos que hace de éste trabajo algo único.

La verdad, que después de haber conocido éste proyecto por un casual, una pena que no hayan seguido por ésta camino y nos hayan hecho disfrutar de más obras cómo ésta.


Argonauta

Arborescente

2018

Miguel Angel Vera, conocido por todos nosotros como ‘El Argonauta’ nos presenta su nuevo trabajo, lleva por título ‘Arborescente’.

Segundo trabajo del compositor y en sus propias palabras, ‘Arborescente’ es un camino hacia el interior de nuestra mente, de nuestros recuerdos, de nuestros olvidos, de lo que quisimos hacer y nunca hicimos, porque la mente mandaba sobre el corazón. Un viaje íntimo y personal donde cada espectador podrá disfrutar a través de la música y de su imaginación.

La verdad, que después de a ver disfrutado de los nueve tema que componen éste disco, puedo dar fé de las palabras del compositor, y es que estamos ante un precioso trabajo, donde el piano, instrumento principal, pero no único, va haciendo que nuestra imaginación vuele, que vaya a esos recuerdos, que profundice en nuestro interior, pero que al mismo tiempo, nos ilumina para ver nuestro futuro.

Desde un comienzo, con el precioso ‘Pulsar’, por el intimisimo ‘Roger’ dedicado al batería del proyecto y fallecido tristemente, o ‘Spacious’, un tema que incluye sonidos de la naturaleza, o el sorprendete ‘Parsons’ donde el ritmo parece apoderarse de nuestro vieje y finalizando con ‘Instantes’ donde el piano vuelve a cobrar el protagonismo absoluto para terminar éste colorido viaje.

Estamos ante uno de los grandes pianistas de nuestro país y éste trabajo es muestra de su buen hacer, un disco muy hermoso para disfrutar y para dejar volar a nuestra mente.

Nigrán tínguese de azul para concienciar á cidadanía sobre o autismo

0

Un ano máis o Concello de Nigrán uniuse á Fundación Menela para tinguirse de azul, esta pasada noite, coincidindo co Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Nesta ocasión celébrase baixo o lema ‘Podo aprender. Podo traballar’, dous eixos claves para a inclusión e mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias: a educación e o emprego.

Juan González: “As súas saídas son por saúde e por suposto que non teñen que levar ningún distintivo para exercer o seus dereitos”

Nesta situación, marcada pola crise sanitaria do Covid-19, o Concello de Nigrán subliña o dereito a saídas terapéuticas deste colectivo e acompañantes (instrucción do 19 de marzo de 2020 do Ministerio de Sanidade). “As súas saídas son por saúde e por suposto que non teñen que levar ningún distintivo para exercer o seus dereitos, amosemos todos comprensión e respecto e non prexulguemos a ninguén desde o balcón”, indica o alcalde, Juan González.

No marco desta campaña que en Nigrán promove a Fundación Menela (xestiona un centro de atención a persoas con este trastorno en Priegue ) o movemento asociativo e o Concello súmanse á iniciativa mundial Light It Up Blue (#LIUB), promovendo a iluminación en azul de edificios e monumentos emblemáticos do noso país, como mostra de solidariedade coas persoas con TEA e as súas familias.

O Concello de Ponteareas apoia o traballo da protectora de animais Os Biosbardos cunha achega de 5.000 euros

Os orzamentos do Concello de Ponteareas, que entraron en vigor o pasado mes de marzo recollen unha partida de 5.000 euros destinada á protectora de animais de compaña ‘Os Biosbardos’. É o segundo ano que se dá este apoio económico á protectora e a intención do Goberno, segundo explicou o Alcalde Xosé Represas, é mantela nos vindeiros anos.

Para poder facer efectivo nas vindeiras semanas o pagamento desa cantidade asignada, os responsabeis da protectora e o alcalde asinaron o correspondente convenio. A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, lembra que “a Asociación Protectora Os Biosbardos de Ponteareas realiza unha labor de asistencia e de acollemento de animais abandonados, en concreto cans e gatos, e conta con persoal voluntario para desenvolver a súa actividade de protección e defensa dos animais”.

O alcalde fixo un recoñecemento especial ao “intenso labor de toda a asociación e, en especial, ao voluntariado e ás persoas con responsabilidades directivas” que ven garantindo desde hai anos un axeitado coidado e atención dos animais abandonados.

Os Biosbardos dispensa os coidados necesarios e encárgase dos animais mentres non son adoptados, unha labor que só é posíbel grazas a dedicación do seu voluntariado, socios e socias e doazóns de particulares. Neste sentido, Represas advertíu que “ninguén pode pensar que a nosa aportación é dabondo para atender todas as necesidades da protectora, por iso fago un chamamento á veciñanza a continuar e intensificar as súas achegas económicas para reforzar o apoio que esta asociación precisa”.

Nas últimas semanas, como xa demos conta en Comarcas na Rede, Os Biosbardos advertíu das dificultades que conlevará a imposibilidade de instalar durante o estado de alarma o posto informativo e de venda de materiais cos que financiaba parte da súa actividade.

Baiona reparte material de protección á Garda Civil, Protección Civil, GES Val Miñor e Centro de Saúde

0

O Concello de Baiona fixo entrega esta semana de diversos lotes de material de protección destinado a aquelas persoas que desenvolven o seu labor en traballos esenciais para a cidadanía, como son a Garda Civil, Protección Civil, GES do Val Miñor e persoal do Centro de Saúde. A entrega deste material, sinala o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, responde a “criterios de solidariedade con aqueles e aquelas que, por obriga, teñen que estar a pe de rúa atendendo ás necesidades das veciñas e dos veciños”.

O material entregado esta mañá, distribúese a maiores do xa entregado no seu momento ao persoal municipal que atende os servizos básicos do Concello e que “teñen a enorme responsabilidade de que, nesta difícil situación, todo siga a funcionar”.

En concreto, á Garda Civil fíxoselle entrega de 100 luvas, 50 mascarillas, desinfectante para as mans, amais de outras mascarillas de tela confeccionadas por unha veciña, “que é unha boa mostra da capacidade solidaria das nosas xentes”, dixo Carlos Gómez.

Doutra banda, a Protección Civil fíxoselle entrega de 60 mascarillas, (dez delas de tela confeccionadas polas anteditas veciñas) e desinfectante para as mans. Ao GES Val Miñor entregóuselle traxes de protección antisalpicaduras, 50 mascarillas e xel desinfectante.

Finalmente ao Centro de Saúde de Baiona, se lle fixeron chegar batas de liquido desinfectante para os solos.

“Sabemos que é unha achega modesta –asegura o alcalde Carlos Gómez– pero trátase de material que precisan. É un xeito de darlles as grazas polo traballo que están a desenvolver velando pola nosa seguridade e a nosa saúde”.

Carlos Gómez quixo transmitir tamén unha mensaxe esperanza á veciñanza ao sinalar que “o único xeito de parar isto e saír con ben desta crise, é que cada un cumpra, con responsabilidade, co seu cometido”. “O da cidadanía, da que me sinto especialmente orgulloso –engadiu o rexedor local–, é quedarse na casa para que aqueles que, por obriga, teñen que estar nas rúas, poidan realizar o seu traballo do mellor xeito posible”.

Nigrán facilita mamparas protectoras de metacrilato para o posto principal da Garda Civil no Val Miñor

0

O Concello de Nigrán facilitou hoxe ao Posto Principal da Guarcia Civil en Baiona tres mamparas de metacrilato deseñadas e confeccionadas a medida polo propio edil de Seguridade, Rubén Rial, quen se desprazou persoalmente esta mañá a instalalas na oficina especializada en violencia de xénero e na de demáis denuncias. Estas pantallas son unha efectiva medida de hixiene e protección ante o Covid-19 que beneficia tanto aos axentes como aos veciños de todo o Val Miñor que se teñen que desprazar ao cuartel a efectuar denuncias.

“Sabemos que os diferentes corpos e forzas de seguridade e o persoal sanitario son os colectivos máis expostos ao contaxio e desde o Concello de Nigrán estamos a colaborar en todo o que supoña mellorar a súa protección”, incide o alcalde, Juan González.

As empresas adxudicatarias das obras públicas de Redondela cesan na súa actividade

As empresas adxudicatarias que realizaban obras para Concello de Redondela veñen de paralizar, dende onte, a súa actividade para dar cumprimento ao decreto do Goberno da nación de paralización dos servizos non esenciais. A paralización das obras foi precedida pola retirada da maquinaria e o valado das zonas de traballo.

O Equipo de Goberno de Redondela, que supervisou o cese das actividades, velará “por desenvolver todas aquelas medidas para facer fronte ao COVID-19 e que permitan volver á normalidade á maior brevidade posible”.

A alcaldesa Digna Rivas quixo, en nome do Equipo de Goberno, agradecer “a colaboración da enorme maioría das persoas que respectan as normas de confinamento”, unha situación que Rivas recoñece “que non é doada, pero que veciños e veciñas cumpren con enormes doses de solidariedade e responsabilidade”.

Entre as obras que se atopan en estado de suspensión, están as de rehabilitación e recuperación do cemiterio de Eidos, un lugar de enorme valor tanto histórico coma patrimonial, e que está sendo obxecto de traballos que seguen “rigorosamente” os criterios marcados por Patrimonio.

O Rosal suspende a solicitude de prazas no CPI, CRA María Zambrano e Galiña Azul ata o remate do estado de alarma

0

O Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 recolle a suspensión de todos os prazos administrativos, incluídos os de solicitude de praza ou renovación de matrícula nos centros de ensino. Neste sentido, lémbrase que no CPI Manuel Suárez Marquier e no CRA María Zambrano paralizouse o período de matriculación que xa estaba aberto e que se reabrirá xusto coa reanudación das clases no centro escolar.

Galiña Azul do Rosal

Pola súa banda, na escola infantil Galiña Azul están suspendidos polo momento os procesos tanto de solicitude de prazas como de renovación de matrícula, que aínda non se iniciaran antes de decretarse o estado de alarma. En canto haxa nova información relativa a estes procesos trasladarase aos veciños e veciñas, comunicando as datas de inicio e fin de prazo para calquera das solicitudes.

CRA María Zambrano

Ademais da información relativa ás matrículas, dende o Concello do Rosal queremos aproveitar para agradecer a colaboración da dirección e do profesorado da escola infantil Galiña Azul nestes intres, que xenerosamente doaron ao Concello todos os alimentos perecedoiros que tiñan no seu inventario. Todos estes alimentos, principalmente iogures, serán empregados pola área de Servizos Socias para repartir entre aquelas familias que se atopan nunha situación de emerxencia social durante estes días de confinamento.

Deputación e Seo BirdLife lanzan #AvesDesdeCasa, acción de sensibilización medioambiental para o confinamento

A Deputación de Pontevedra, en colaboración con Seo BirdLife, vén de poñer en marcha a acción #AvesDesdeCasa, unha iniciativa de sensibilización medioambiental para facer máis levadíos os días de confinamento polo COVID19. Deste xeito, a través desta acción proponse crear un familia un “caderno de campo” no que as nenas e os nenos poden debuxar as especies observadas desde as fiestras, así como compartir a través de redes sociais con #AvesDesdeCasa. Para facilitar a observación, a institución provincial editou unha lámina ilustrada para coñecer as especies máis comúns que se poden observar nestas datas na provincia de Pontevedra.

Está demostrado que a conexión coa natureza ten un papel importante no benestar mental das persoas, facendo que se sintan máis relaxadas e tranquilas. Deste xeito, mediante esta actividade de observación de aves, preténdese impulsar o vínculo entre a cidadanía e a natureza, animando á veciñanza da provincia a rexistrar nun “caderno de campo” todas as especies que observan coa axuda da lámina editada pola Deputación de Pontevedra, na que se inclúen as especies máis habituais nestas datas como son os pardais comúns, as rulas turcas, gaivotas de patas amarelas, pombos torcaces, merlos comúns, paporrubios comúns, lavandeiras brancas, estorniños negros anduriñas comúns e cirrios comúns. Este caderno de campo, que debe incluír a data de observación, a hora, condicións climáticas e aves identificadas, pódese elaborar en familia, implicando ás nenas e nenos para que debuxen as especies observadas e as compartan a través de redes sociais empregando o hasthag #AvesDesdeCasa.

Nestas datas de comezo de primavera, as aves manteñen unha intensa actividade, ben por cuestións reprodutivas ben pola delimitación do seu territorio. Así, mediante a acción #AvesDesdeCasa a cidadanía pode desfrutar da natureza sen saír da casa, xa que debido ao confinamento e á escasa actividade humana, as aves que se atopan na provincia están a ocupar as rúas e prazas das vilas e pobos, sendo posible escoitalas e observalas en maior medida. Tamén, a través desta actividade, ponse en valor a importancia das aves como bioindicadoras da calidade de vida, pois está demostrado que as contornas que albergan grande número de aves son máis saudables.

O BNG de Redondela demanda da Xunta medidas en defensa das mariscadoras

0

O BNG de Redondela súmase as advertencias das confrarías da Enseada San Simón, como as de Cesantes e Arcade, sobre a grave crise económica que está a sufrir o sector marisqueiro. “Obrigan a que as mariscadoras e mariscadores manteñan a súa actividade, cando non teñen a quen vender, posto que o seu principal cliente, a restauración pechou”, sinala o responsábel local de Redondela, Anxo Lusquiños.

Moitas destas traballadoras deixaron de acudir aos areais, posto que non lles é rendíbel económicamente, e outras por responsabilidade posto que teñen medo de contaxiarse e contaxiar aos seus. “O sector atópase abandoado polas administracións”, denunica Anxo Lusquiños. “Dun lado, o Goberno de Sánchez, manteno como un sector prioritario. Pola súa banda o goberno de Feijóo, evita calquera formulación xurídica que permita o peche da actividade”.

Consideran dende o BNG que só en Redondela estas medidas afectan a 200 traballadoras e traballadores, ás que habería que sumar outras 150 en Arcade e 100 en Vilaboa. En toda a Ría, poderíase chegar ata 700 afectadas e afectados”,

Demandan dende o Bloque Nacionalista Galego, que a Consellaría do Mar, poña todos os recursos necesarios para que o colectivo de mariscadoras e mariscadores, dispoñan de axudas de carácter extraordinario, decretando o peche da actividade marisqueira.

O servizo municipal de augas de Ponteareas da conta cas medidas “excepcionais” durante a crise sanitaria

O Concello de Ponteareas informa das medidas adoptadas pola empresa xestora do servizo municipal de augas, VIAQUA, con motivo do estado de alarma. No marco desta situación temporal ampliarase o período de pago voluntario e non se executará ningunha acción de reclamación de recibos unha vez teña vencido o pago. Ademais, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, informa que non se executarán as accións derivadas de reclamacións en curso nin cortes de subministro por impago quedando anulados ata novo aviso.

Tamén quedan suspendidas as reclamacións vía telefónica e paralízase a presentación dos expedientes por vía xudicial e a execución de sentencias.

O servizo municipal de auga desenvolverá traballos básicos que inclúen as operacións de prestar servizo a novos solicitantes domésticos que o requiran e causas urxentes. Os teléfonos de atención ao cliente non presenciais son para as avarías o 900 201 250 e para atención aos clientes o 900 201 230.

A Biblioteca de Ponteareas celebra mañá o Día do Libro Infantil da mán de Isabel Blanco e Luz Beloso

A Concellería de Cultura e a Concellería de Lingua, dirixidas ámbalas dúas por Fernando Groba, convida a todas as familias a desfrutar do día do libro infantil da man da biblioteca pública municipal. A través do facebook de Cultura e Turismo Ponteareas veñen propondo, nestes días de quedar na casa, distintas actividades lúdicas e educativas que mañá, día do libro infantil, se centrarán nos máis miúdos e miúdas dos fogares.

A escritora e poetisa Isabel Blanco en colaboración coa ilustradora Luz Beloso visitará mañá as redes sociais de Cultura e Turismo Ponteareas para descubrir un fragmento do libro ‘María Vinyals’.

Nas redes sociais de Cultura e Turismo Ponteareas realizánse a diario propostas de películas, documentais e actividades para toda a familia. Nestes días destaca a achega da veciña Laura Fernández que xa nos achegou o libro da escritora ponteareá Susana Lamela ‘Do dereito e do revés’ e tamén o libro titulado ‘Un becho moi estraño’.

Ademais, o curso de escrita creativa, impartido por María Lado, segue a desenvolverse por whatsap con gran aceptación dos inscritos que durante dúas horas escriben e se divirten guiados polas propostas da profesora.

A biblioteca pública municipal segue atendendo as dúbidas dos seus usuarios a través do teléfono 986 660 765 ou do enderezo electrónico [email protected]

A Deputación intensifica as medidas de desinfección no ‘Principe Felipe’, habilita novos espazos médicos e contrata a outras 6 persoas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, supervisou hoxe na reunión do Comité de Seguimento específico de Príncipe Felipe, a adaptación dos protocolos do Centro de Menores, “que están en permanente actualización”, ás novas ordes ministeriais de Sanidade publicadas esta pasada semana para os centros de servicios sociais e de carácter residencial.

Igualmente, no encontro da presidenta provincial coas direccións dos centros da Cidade Infantil, deuse conta das medidas de prevención para, se fose necesario, dimensionar o centro “anticipándose ás previsións da evolución da crise sanitaria que, segundo informou onte a Xunta de Galicia, situarían o pico da pandemia ao longo deste mes de abril”. Silva insistiu en que “estamos a facer un seguimento diario da crise en todos os servizos pero Príncipe Felipe é a nosa liña prioritaria de atención desde o primeiro día”.

De feito, enmarcado nesas previsións, nos próximos días chegará ao recinto un novo reforzo de equipos EPI, que se engadirán aos xa existentes que xa están preparados para poder enfrontar calquera suposto dun posible contaxio no Centro, que se trataría nos mini hospitais xa establecidos no recinto, así como de diverso material sanitario para a protección e seguridade do persoal e de menores residentes. Precisamente hoxe se coñeceu o resultado negativo da proba de coronavirus dunha traballadora do Centro que estaba en illamento preventivo.

Cara ás novas previsións, tamén reforzáronse as medidas de desinfección e limpeza, incrementouse a carga de lavandería, e habilitáronse novos espazos médicos en Agarimo e na Escola Fogar para evitar traslados á enfermería do Centro. A Deputación de Pontevedra tamén reforzou o persoal de Príncipe Felipe, coa contratación de catro persoas técnicas e outras dúas para labores de vixilancia

Aos nenos e nenas achégaselles persoalmente aos seus domicilios os kits diarios de alimentación, de hixiene, do subministro da medicación e, ás familias que non dispoñen de acceso a internet, o material escolar necesario

Seguimento do 50 menores do Centro de Día

Na reunión do Comité, tamén se coñeceron os datos de seguimento dos 50 nenas e nenos do Centro de Día que, desde que se decretou o Estado de Alarma, están a convivir coas súas familias. Neste caso, e por iniciativa propia da Deputación de Pontevedra aínda que non está recollido nos protocolos, o persoal de Príncipe Felipe está a facer un seguimento telefónico diario de cada un deles e delas. Amais, cada semana se lles achega persoalmente aos seus domicilios os kits diarios de alimentación, de hixiene, do subministro da medicación, e ás familias que non dispoñen de acceso a internet, o material escolar necesario.

Estes repartos se están a facer ao longo de seis concellos da provincia, onde residen as 50 nenas e nenos do Centro de Día, con carácter xeral de forma semanal, pero atendendo tamén aquelas situacións extraordinarias que poida xurdir fora desta planificación semanal.

Na reunión do Comité de Seguimento tamén se decidiu remitir unha comunicación á Xunta de Galicia para poder ter coñecemento das previsións da administración autonómica, como responsable e competente nos centros de menores, cara á situación destas nenas e nenos do Centro de Día unha vez remate o Estado de Alarma, e á propia evolución da crise sanitaria.

O PP de Ponteareas, partidario de cancelar o pago de impostos de autónomos e empresas

O Grupo Municipal do PP de Ponteareas lamentou hoxe que o Goberno local “non teña en consideración aos grupos da oposición”, aos que, aseguran os populares, “nin consulta nin informa das medidas que se adoptan ante o Estado de Alarma no que nos atopamos”.

Ante a petición dos populares de cancelar impostos locais, o Goberno local publicou na web do consistorio un anuncio conforme pospoñíanse 15 días, medida cualificada de “parche” xa que, aseguran, “se os autónomos e empresarios non teñen ingresos porque foron obrigados a pechar, deberiamos axudarlles cancelando eses impostos”.

O PP considera que o Goberno local ten que dispoñer dun Fondo Especial Covid-19 destinado á axuda para este colectivo que actualmente ten os seus negocios pechados. “O remanente de Tesourería, por exemplo, podería utilizarse para esta emerxencia. Lembremos que a día de hoxe moitos autónomos acaban de abonar a súa cota cando levan máis de 15 días de perdas na súa actividade”.

Por outra banda o PP manifesta que lle gustaría participar na elaboración dese ‘Plan económico de reactivación económica’ que propón a Alcaldía de Ponteareas do que, aseguran, “non temos ningunha información”.

A Xunta estuda cos touroperadores galegos as medidas para reactivar o sector e minimizar o impacto do COVID-19

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, perfilou cos representantes dos principais touroperadores galegos as medidas que a Xunta impulsará para favorecer a recuperación do sector e minimizar o impacto que terá nel a crise sanitaria provocada polo coronavirus. O encontro enmárcase da rolda de contactos que o Goberno galego mantén cos distintos axentes turísticos para avaliar o actual escenario e deseñar accións para facer fronte aos seus efectos.

Durante un encontro por videoconferencia con responsables das empresas Abramar, CN Travel, Interrías e Tee Travel, e na que tamén estivo presente o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; o responsable de Cultura e Turismo destacou que o Goberno galego ten en planificación un investimento de máis de 25 millóns de euros para, entre outras medidas, deseñar accións de promoción unha vez remate a crise, conceder axudas directas ao sector ou o desenvolver novos produtos turísticos.

Precisamente, Román Rodríguez recompilou as achegas dos principais touroperadores galegos co obxectivo coñecer as súas necesidades e telas en conta á hora de poñer en marcha as distintas iniciativas que se porán en marcha para favorecer a recuperación do sector. Neste sentido, incidiu na necesidade de manter unha intensa colaboración público-privada para traballar de xeito conxunto no día despois da crise sanitaria, impulsando medidas de reactivación no curto, medio e longo prazo.

O conselleiro lembrou que, desde o comezo da crise, a Xunta estivo en contacto permanente cos distintos representantes do sector turístico coa finalidade de avaliar as súas necesidades máis urxentes e perfilar medidas que permitan paliar o impacto desta situación, tendo en conta que o turismo representa en Galicia o 10% dos postos de traballo.

Primeiras accións en marcha

Entre as iniciativas postas en marcha por parte do Goberno galego no eido turístico destaca o Plan de teleformación a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) que aspira a chegar a máis de 2.000 persoas. Esta acción ten como obxectivo mellorar as competencias os profesionais do sector a través dunha decena de relatorios interactivos sobre aspectos como a xestión dixital, a comunicación e o marketing en liña.

Os dous primeiros cursos celebrados xa esgotaron as súas prazas e este mes están programados outros oito que permitirán proporcionar aos participantes ferramentas prácticas de xestión para dirixir un establecemento de restauración incrementando a calidade dos servizos prestados a turistas e cidadáns.

Aplausos no Rosal a todas e todos os profesionais esenciais para combater o coronavirus

0

Homenaxe no Rosal a todas e todos os profesionais que cada día saen á rúa para combater o COVID-19, para velar polo benestar da veciñanza en plena crise sanitaria ou para garantir os produtos de primeira necesidade en pleno estado de alarma. Membros de Protección Civil, Garda Civil e do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) da Guarda reuníronse onte na Praza do Calvario e acenderon as súas sirenas para visibilizar o seu agradecemento a todos aqueles servizos esenciais que colaboran día a día en plena emerxencia sanitaria.

Uns aplausos mutuos que se sumaron aos que se escoitaban desde balcóns e fiestras e que se fixeron extensibles tamén a todas as forzas e corpos de seguridade e a outro dos eixos vertebradores nesta loita contra o coronavirus, o persoal sanitario. Un xesto importante co que tamén se quixo homenaxear ao sector da alimentación, que está a desempeñar un papel clave e leva traballando a pleno rendemento dende o inicio da crise para garantir que toda a cidadanía dispón do necesario nestes intres.

Agradecemento tamén a todas as veciñas e veciños que achegan cada día o seu gran de area sendo responsables, quedando na casa e cumprindo todas as medidas de seguridade necesarias para tentar frear a expansión do COVID-19.