12.4 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda da conta do Plan de Formación de Xuventude e Voluntariado...

    A Guarda da conta do Plan de Formación de Xuventude e Voluntariado durante a emerxencia do COVID-19

    Estará formado por 18 cursos en liña, cun total de 1.250 prazas, orientados á formación básica e especializada

    O Concello da Guarda vén de dar a coñecer entre as veciñas e veciños o Plan de formación para a mocidade e as persoas voluntarias de Galicia, impulsado pola Xunta de Galicia, coa finalidade de ofrecer opcións en materia de voluntariado e de educación non formal durante esta situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.

    O plan está conformado por 18 cursos en liña, cun total de 1250 prazas, orientados á formación básica en materia de voluntariado, así como á formación especializada e específica en lingua de signos, coidado ambiental (facendo especial fincapé no ámbito da reciclaxe na casa), novas tecnoloxías ou voluntariado en situacións de emerxencia.

    No ámbito da xuventude, as accións formativas centraranse no eido dixital, a comunicación, o tempo libre e técnicas de mellora emocional. Poderán inscribirse a estes cursos persoas mozas de entre 16 e 35 anos.

    Os formularios de inscrición estarán dispoñibles na páxina web de Voluntariado a partir do vindeiro mércores 8 de abril. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de abril, salvo esgotamento de prazas. Se nalgún curso houbese prazas máis alá do 13 de abril, a inscrición permanecería aberta ata dous días antes de que comece dito curso.

    Cursos ofertados

    Desta maneira, poñeranse en marcha un total de 11 cursos de formación dirixidos á xuventude: Fotografía dixital; Oratoria: formación en comunicación; Xestión do estrés; Crea a túa páxina web; Influencers dixitais; Xestión do tempo para o estudo; Educación en valores no tempo libre; Orientación vocacional; Escape Room educativo analóxico e dixital; Obradoiro de gravación de vídeo e Futuro en igualdade.

    Pola súa banda, os sete cursos que se desenvolverán no ámbito do voluntariado son: Acción voluntaria en situacións de emerxencia, Lingua de signos, Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias; Voluntariado e transformación social; Aprendizaxe reflexiva a través da acción voluntaria; Curso básico de voluntariado; e Educación e voluntariado ambiental.

    As interesadas e interesados poden ampliar a información na Omix da Guarda no 986 610 000 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS