3.5 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaAxuda psicolóxica fronte ao coronavirus na Guarda

    Axuda psicolóxica fronte ao coronavirus na Guarda

    O Programa de educación e apoio familiar (PEAF) do Concello da Guarda, informa de que a partir do 7 de abril retomarase a asistencia psicolóxica aos menores e as súas familias na modalidade de atención telefónica. A situación de confinamento pode xerar efectos emocionais negativos, e o que busca esta iniciativa é “minimizar o seu impacto, prestando especial atención á prevención e aos coidados relacionados coa saúde emocional, tratando de reducir ao máximo as situacións de risco que, neste contexto actual, poidan acontecer”.

    Como un dos colectivos máis vulnerables, consideramos primordial que as familias do PEAF sigan atendidas, tendo en conta máis que nunca as súas necesidades, acompañando e cooperando ao máximo neste momento que todos e todas estamos vivindo.

    Axuda psicolóxica para o persoal traballador

    A evolución da situación actual pode influír no estado emocional das persoas, o que pode dar lugar a condutas de alerta pouco eficaces a nivel persoal e social. Por este motivo o Concello da Guarda pon a disposición dos profesionais que estean traballando nestes momentos no ámbito sanitario, educativo, Forzas e Corpos de seguridade ou atención a persoas “unha acción encamiñada a promover un afrontamento psicolóxico adecuado a esta situación de crise”.

    Este recurso está destinado a dar apoio e ferramentas que axuden a soportar as situacións de intenso traballo, esgotamento físico e emocional e elevada incerteza que esta situación está provocando, coa intención de poder axudar a xestionar o malestar psicolóxico actual, previndo o desenvolvemento de problemas psicolóxicos futuros

    Os e as profesionais que sintan un nerviosismo abafante, unha tristeza persistente ou outras reaccións prolongadas que afecten negativamente ao seu desempeño laboral ou relacións interpersoais, poden consultar cun profesional da saúde mental que o Concello porá a súa disposición dun xeito gratuíto.

    Os teléfonos a través dos cales podes contactar para solicitar unha cita de asistencia psicolóxica son o 680 187 937 (educación familiar) e o 986 614 507 (servizos sociais), de luns a venres en horario de 10 h a 14 horas.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.