O Concello da Guarda anima a toda a poboación a participar en varias actividades a través das que, veciñas e veciñoas, poidan compartir as súas experiencias, pensamentos e emocións durante a situación tan atípica que estamos a vivir provocada pola crise sanitaria do COVID-19.
Creación de curtametraxes
Esta iniciativa do Concello guardés anima á veciñanza a gravar e compartir nas redes sociais “a túa propia curtametraxe de temática libre”. Os únicos requisitos para a súa elaboración serán que dure como máximo 3 minutos e que a graves dentro do recinto da túa casa. Comparte nas túas redes sociais coa etiquera #NaCasaEstamosDeCine.
As 10 curtametraxes de maior calidade –apunta o Concello da Guarda– “serán proxectadas nun acto no Centro Cultural cando todo isto remate”.
Fotografía
Fotografía aquilo que máis te guste da túa casa: o que miras desde a túa ventá, algún recuncho especial para ti, ás túas mascotas, etc. Comparte nas túas redes sociais coa etiqueta #MiñaCasiñaMeuLar
O/a artista que levas dentro
Grava un vídeo ou audio no que mostres as túas habilidades artísticas bailando, tocando un instrumento, facendo un monólogo, contando un chiste, cantando, etc. Comparte nas túas redes sociais como #ArtistaQueLevasDentro
Cóntame un conto
Grava un vídeo ou audio contando o que che apeteza: unha historia antiga da Guarda, un conto ou simplemente comparte o que estás a vivir neste momento. Comparteo nas túas redes sociais coa etiqueta #ContameUnConto
As creacións en calquera dos apartados, poden seguir compartíndose ata que finalice o Estado de Alarma