11.6 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaA Biblioteca de Baiona pon ao dispor de usuarios e usuarias un...

    A Biblioteca de Baiona pon ao dispor de usuarios e usuarias un amplo abano de recursos online

    Ás plataformas de acceso a libros e recursos dixitais engádense iniciativas propias dirixidas a todas as franxas de idade co fin de facer máis doados os días de confinamento polo COVID-19

    A Biblioteca de Baiona, dependente da Concellería de Cultura que xestiona Miriam Costas Iriarte, desenvolve nestes días unha intensa actividade de cara a proporcionar, a usuarios e usuarias, recursos online que suplan o peche “físico” das instalacións por mor da alerta sanitaria do coronavirus.

    Ante a imposibilidade de préstamo físico, sinala Miriam Costas, “a biblioteca ofrece outras alternativas tanto a través das redes sociais coma doutras plataformas de libro dixital como poden ser www.galiciale.gal ou EBiblio”.

    Trátase de manter a actividade da biblioteca case que “en vivo” ofertando actividades e iniciativas tanto en colaboración con outras bibliotecas municipais, caso da ‘Hora do Conto’ que se desenvolve diariamente de luns a venres ás 17 horas, como iniciativas propias da biblioteca como ‘Lomo Sapiens’ ou ‘Xoves Universitarios’.

    ‘Lomo Sapiens’, é unha actividade que mestura a imaxinación e a literaturas, xa que cada usuario ou usuaria ten que enviar unha divertida frase, poema ou incluso historia, confeccionada cos lombos dos libros que poida ter na súa casa. Pola súa banda, ‘Xoves Universitarios’ está dirixida a espertar o interese pola historia e o patrimonio de Baiona, ofrecendo unha publicación relacionada coa historia do municipio a través de recursos documentais ou bibliográficos.

    A crise do COVID-19 non paraliza a actividade, senón que agudiza a imaxinación á hora de realizar actividades. Boa mostra diso é o ‘Cubramos as redes con libros infantís’ para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril) e no que as persoas usuarias enviaban ás redes da biblioteca imaxes daqueles libros que, por diferentes motivos, marcaron o seu gusto pola lectura.

    Nesa mesma liña, trabállase en actividades encamiñadas á celebración, o vindeiro 23 de abril, do Día Internacional do libro.

    A estas iniciativas engádese o labor interno de procura de recursos de lectura que fai a biblioteca baionesa porque, asegura a súa responsable, Cristina Vilar, “unha biblioteca é algo vivo e dinámico e o noso labor como bibliotecarias, é atopar e analizar novos recursos para os nosos usuarios e usuarias”.

    Por último, a concelleira de Cultura, Miriam Costas, lembra que “a biblioteca, pese ao peche das instalacións, segue mantendo a través do teléfono ou do correo electrónico biblioteca@baiona.org o servizo de información e referencia aos nosos lectores”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.