11.1 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona reparte material de protección á Garda Civil, Protección Civil, GES Val...

    Baiona reparte material de protección á Garda Civil, Protección Civil, GES Val Miñor e Centro de Saúde

    A entrega de material faise a maiores do distribuído xa entre o persoal que atende os servizos esenciais do Concello

    O Concello de Baiona fixo entrega esta semana de diversos lotes de material de protección destinado a aquelas persoas que desenvolven o seu labor en traballos esenciais para a cidadanía, como son a Garda Civil, Protección Civil, GES do Val Miñor e persoal do Centro de Saúde. A entrega deste material, sinala o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, responde a “criterios de solidariedade con aqueles e aquelas que, por obriga, teñen que estar a pe de rúa atendendo ás necesidades das veciñas e dos veciños”.

    O material entregado esta mañá, distribúese a maiores do xa entregado no seu momento ao persoal municipal que atende os servizos básicos do Concello e que “teñen a enorme responsabilidade de que, nesta difícil situación, todo siga a funcionar”.

    En concreto, á Garda Civil fíxoselle entrega de 100 luvas, 50 mascarillas, desinfectante para as mans, amais de outras mascarillas de tela confeccionadas por unha veciña, “que é unha boa mostra da capacidade solidaria das nosas xentes”, dixo Carlos Gómez.

    Doutra banda, a Protección Civil fíxoselle entrega de 60 mascarillas, (dez delas de tela confeccionadas polas anteditas veciñas) e desinfectante para as mans. Ao GES Val Miñor entregóuselle traxes de protección antisalpicaduras, 50 mascarillas e xel desinfectante.

    Finalmente ao Centro de Saúde de Baiona, se lle fixeron chegar batas de liquido desinfectante para os solos.

    “Sabemos que é unha achega modesta –asegura o alcalde Carlos Gómez– pero trátase de material que precisan. É un xeito de darlles as grazas polo traballo que están a desenvolver velando pola nosa seguridade e a nosa saúde”.

    Carlos Gómez quixo transmitir tamén unha mensaxe esperanza á veciñanza ao sinalar que “o único xeito de parar isto e saír con ben desta crise, é que cada un cumpra, con responsabilidade, co seu cometido”. “O da cidadanía, da que me sinto especialmente orgulloso –engadiu o rexedor local–, é quedarse na casa para que aqueles que, por obriga, teñen que estar nas rúas, poidan realizar o seu traballo do mellor xeito posible”.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.