12.8 C
Pontevedra
Domingo, 26 de Marzo de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondela'Redondela MercaNaCasa', iniciativa para reactivar o comercio local durante o confinamento do...

    ‘Redondela MercaNaCasa’, iniciativa para reactivar o comercio local durante o confinamento do COVID-19

    A Concellería de Emprego do Concello de Redondela vén de poñer en marcha unha iniciativa que, baixo o nome de ‘Redondela MercaNaCasa’ busca reactivar o comercio local durante o estado de alarma provocado pola crise sanitaria do coronavirus. ‘Redondela MercaNaCasa’ parte do convencemento da existencia de numerosos establecementos redondeláns “que poden ofrecer os seus produtos e servizos a domicilio”.

    Deste xeito, explica a concelleira de Emprego, María Castro, “conséguese que, por unha banda, as veciñas e veciños non teñan que abandonar o confinamento, co risco sanitario que iso supón, para mercar produtos. Doutra banda, as compras realízanse no pequeno comercio do municipio que vén de sufrir un duro golpe coa obriga de peche establecida polo estado de alarma”.

    Do que se trata, apunta pola súa banda a alcaldesa Digna Rivas, é de “coordinar aos comercios locais que estean en disposición de ofrecer os seus produtos ou servizos a domicilio e que, ao mesmo tempo, a veciñanza saiba a que establecementos pode recorrer en caso de precisar un determinado servizo”.

    O comercio local, engade Rivas, “enfróntase a tempos complicados e a nosa obriga como administración máis próxima á cidadanía, é habilitar os mecanismos que fagan máis doada esta situación”. É preciso, afirma a alcaldesa de Redondela “reinventarse” nos tempos complexos e “administración e tecido comercial e empresarial traballar xuntos e coordinados para que o impacto negativo desta crise, sobre as nosas empresas e comercios, sexa o menor posible”.

    Para poñer en marcha a iniciativa o Concello vén de habilitar un enderezo de correo electrónico, redondelamercanacasa@redondela.gal ao que, os negocios interesados deberán remitir datos como o nome do establecemento; logotipo, ou páxina web, se teñen; teléfono e persoa de contacto; enderezo electrónico; produtos e servizos que ofrecen; de que xeito queren interrelacionarse coa cidadanía (por teléfono ou correo electrónico); modo de facer chegar o pedido ao cliente; métodos de pagamento e o consentemento a poder utilizar estes datos.

    Para resolver as dúbidas que se poidan presentar, habilítanse tamén dous números de teléfono, operativos de luns a venres e de 9 h a 14 horas: 986 402 664 e 986 400 300.

    Esta é, conclúe Digna Rivas, “a primeira dunha serie de medidas que o Goberno local adoptará, en colaboración cos interlocutores económicos e empresariais de Redondela, para non só minimizar o impacto da crise do coronavirus na economía local, senón tamén a súa reactivación unha vez remate o actual estado de alarma”

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS