14.3 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeUltimas NoticiasAs empresas adxudicatarias das obras públicas de Redondela cesan na súa actividade

    As empresas adxudicatarias das obras públicas de Redondela cesan na súa actividade

    O Equipo de Goberno, que supervisou o cese da actividade laboral, salientou o “alto grao de responsabilidade da veciñanza que cumpre coas normas de confinamento”

    As empresas adxudicatarias que realizaban obras para Concello de Redondela veñen de paralizar, dende onte, a súa actividade para dar cumprimento ao decreto do Goberno da nación de paralización dos servizos non esenciais. A paralización das obras foi precedida pola retirada da maquinaria e o valado das zonas de traballo.

    O Equipo de Goberno de Redondela, que supervisou o cese das actividades, velará “por desenvolver todas aquelas medidas para facer fronte ao COVID-19 e que permitan volver á normalidade á maior brevidade posible”.

    A alcaldesa Digna Rivas quixo, en nome do Equipo de Goberno, agradecer “a colaboración da enorme maioría das persoas que respectan as normas de confinamento”, unha situación que Rivas recoñece “que non é doada, pero que veciños e veciñas cumpren con enormes doses de solidariedade e responsabilidade”.

    Entre as obras que se atopan en estado de suspensión, están as de rehabilitación e recuperación do cemiterio de Eidos, un lugar de enorme valor tanto histórico coma patrimonial, e que está sendo obxecto de traballos que seguen “rigorosamente” os criterios marcados por Patrimonio.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.