10.8 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaDeputación e Seo BirdLife lanzan #AvesDesdeCasa, acción de sensibilización medioambiental para o...

    Deputación e Seo BirdLife lanzan #AvesDesdeCasa, acción de sensibilización medioambiental para o confinamento

    Proponse crear en familia un “caderno de campo” para debuxar as especies observadas desde as fiestras, así como compartilas nas redes sociais

    A Deputación de Pontevedra, en colaboración con Seo BirdLife, vén de poñer en marcha a acción #AvesDesdeCasa, unha iniciativa de sensibilización medioambiental para facer máis levadíos os días de confinamento polo COVID19. Deste xeito, a través desta acción proponse crear un familia un “caderno de campo” no que as nenas e os nenos poden debuxar as especies observadas desde as fiestras, así como compartir a través de redes sociais con #AvesDesdeCasa. Para facilitar a observación, a institución provincial editou unha lámina ilustrada para coñecer as especies máis comúns que se poden observar nestas datas na provincia de Pontevedra.

    Está demostrado que a conexión coa natureza ten un papel importante no benestar mental das persoas, facendo que se sintan máis relaxadas e tranquilas. Deste xeito, mediante esta actividade de observación de aves, preténdese impulsar o vínculo entre a cidadanía e a natureza, animando á veciñanza da provincia a rexistrar nun “caderno de campo” todas as especies que observan coa axuda da lámina editada pola Deputación de Pontevedra, na que se inclúen as especies máis habituais nestas datas como son os pardais comúns, as rulas turcas, gaivotas de patas amarelas, pombos torcaces, merlos comúns, paporrubios comúns, lavandeiras brancas, estorniños negros anduriñas comúns e cirrios comúns. Este caderno de campo, que debe incluír a data de observación, a hora, condicións climáticas e aves identificadas, pódese elaborar en familia, implicando ás nenas e nenos para que debuxen as especies observadas e as compartan a través de redes sociais empregando o hasthag #AvesDesdeCasa.

    Nestas datas de comezo de primavera, as aves manteñen unha intensa actividade, ben por cuestións reprodutivas ben pola delimitación do seu territorio. Así, mediante a acción #AvesDesdeCasa a cidadanía pode desfrutar da natureza sen saír da casa, xa que debido ao confinamento e á escasa actividade humana, as aves que se atopan na provincia están a ocupar as rúas e prazas das vilas e pobos, sendo posible escoitalas e observalas en maior medida. Tamén, a través desta actividade, ponse en valor a importancia das aves como bioindicadoras da calidade de vida, pois está demostrado que as contornas que albergan grande número de aves son máis saudables.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.