Venres, 16 Maio de 2025

O alumnado de ‘La Inmaculada’ de Ponteareas debuxa o seu agradecemento ao persoal dos servizos básicos

O CPR Plurilingüe ‘La Inmaculada’ de Ponteareas e baixo o título ‘O noso vector de ilusión’ puxo en marcha unha fermosísima iniciativa: facer chegar o agradecemento a todos e todas os que, diariamente, expoñen a súa saúde saíndo a rúa para que á cidadanía non lle falten os servizos básicos. Trátase dunha iniciativa explicada nunha carta do propio colexio que nos, pola súa fermosura, o seu significado e mensaxe que transmite, transcribimos na súa integridade:

O noso VECTOR DE ILUSIÓN

Dende o CPR Plurilingüe “La Inmaculada” de Ponteareas quixemos contribuír á saída desta crise sanitaria, impulsando unha vez máis na nosa comunidade educativa os valores que día a día transmitimos nas aulas. A empatía, a solidariedade e o respecto puxéronse de manifesto de inmediato cando decidimos poñer en marcha este proxecto ao que chamamos ESTAMOS XUNTOS NISTO.

A idea era facer chegar unha mensaxe de gratitude a todos aqueles que cada día poñen a súa vida en risco, para garantir o bo funcionamento dos servizos máis esenciais da nosa sociedade, e de alento aos nosos maiores, desgraciadamente situados en primeira liña do tráxico paso que deixa este virus.

[su_image_carousel source=”media: 14501,14500,14499″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

Para iso, botamos man do noso ben máis prezado, os alumnos e alumnas do Centro, hoxe inxustamente chamados vector de contaxio, que baleiraron as nosas aulas, silenciaron os nosos parques e viron a súa alegría cruelmente embotellada nos fogares que os manteñen confinados.

A implicación de todos eles foi inmediata e, dando renda solta á súa imaxinación, crearon cartas, debuxos, poemas, contos… e impregnaron en cada trazo a tenrura, a inocencia e a ilusión que atesoura a nenez e que nos arrebatou o coronavirus.

E toda esta manifestación de amor contida nos centos de traballos realizados foi entregada, polo persoal do concello, aos principais protagonistas na loita contra o COVID19 no noso pobo (Persoal Sanitario, Policía Local, Garda Civil, Bombeiros, Protección Civil, Persoal de Tendas de alimentación, Persoal de limpeza, Farmacéuticos…), así como aos usuarios da Residencia de Maiores Santa Ana, que representan ao grupo de poboación máis vulnerable nesta pandemia, símbolo dunha vida de traballo e sacrificio, e que reciben un novo golpe inesperado, esta vez privados da calor dos seus seres máis queridos.

Aquilo que comezou como un proxecto educativo, rematou sendo unha vía de escape aos nosos desexos, esperanzas, soños, inseguridades, medos e frustracións, facendo que nos sintamos enormemente satisfeitos pola felicidade coa que os destinatarios acolleron as mensaxes dos nosos alumnos e alumnas, demostrando sentirse moi arroupados e agradecidos.

E este sentimento facémolo extensivo a todos os cidadáns de Ponteareas e do resto de poboacións para que sigamos unidos, esperando nas nosas casas ata que nos permitan recobrar a nosa ansiada liberdade.

E que outra cousa poderían contaxiar os nosos pequenos, se non esperanza?

‘O que ves desde a xanela’, concurso da Deputación para que as crianzas debuxen os lugares que ven dende a súa casa

Se o pasado ano o primeiro concurso de debuxo infantil ‘Descubre a túa provincia’ permitiu que as nenas e nenos amosaran a través das súas obras lugares emblemáticos da nosa contorna e a súa riqueza turística, a Deputación de Pontevedra propón desde este luns ás crianzas un novo reto artístico nestes días de confinamento. A institución convoca o certame de debuxo online ‘O que ves desde a túa xanela’, dirixido ás nenas e aos nenos de ata 14 anos de idade, que lles anima a debuxar aquelas paisaxes que estes días lles chaman a atención desde as súas fiestras ou balcóns, ou tamén aqueles lugares da provincia onde compartiron experiencias coas súa familia ou amizades, e aos que lles gustaría volver cando esta pandemia sanitaria termine. O concurso establece tres categorías, a primeira ata os 6 anos de idade, a segunda de 7 a 11 anos e a terceira, de 12 a 14 anos (incluídos).

A novidade con respecto ao concurso do pasado ano é que neste caso a participación é online. Así, as crianzas poderán enviar ata o 31 de maio os seus debuxos a través dun formulario dispoñible na web da Deputación (www.depo.gal/o-que-ves-desde-a-tua-xanela), pero tendo en conta as dificultades para imprimir que algunhas poden ter desde casa, terán dúas opcións, ou ben mandar directamente a fotografía ou imaxe escaneada do debuxo (en formato pdf jpg ou png) ou, se teñen medios, imprimir a lámina coa creatividade do concurso que está dispoñible na web, facer nela o debuxo e fotografalo para remitilo tamén a través do mesmo formulario.

Os debuxos deben ser manuais, coa técnica que desexen (de forma separada ou mesturada): lapis, ceras, témperas ou acuarelas e o formato ten que ser un folio tamaño DIN-A4 en posición vertical ou horizontal. Xunto aos traballos, as e os participantes deberán enviar ao citado formulario os datos persoais do pai/nai ou titor legal, da nena/o, idade, localidade onde reside, teléfono e correo electrónico. As obras deberán ter tamén un lema, unha frase co que a autora ou autor titulará o seu traballo. Só se admitirá un traballo por participante.

En todos os casos as e os autores do mellor debuxo recibirán como premio unha experiencia turística que poderán desfrutar con toda a súa familia. Na primeira categoría será unha visita guiada polo Castelo de Soutomaior e a súa participación no xogo “Detectives no Castelo”, mentres que na segunda tamén será unha visita guiada polo Castelo de Soutomaior e, no caso da terceira, unha experiencia pola Ruta do Viño Rías Baixas.

O xurado estará integrado por profesionais da Deputación, que valorarán tanto a orixinalidade do debuxo coma a súa calidade, tendo presente a idade da autora ou autor. A decisión sobre as obras gañadoras terá lugar o 1 de xuño e o xurado comunicarallo ás e aos premiados o mesmo día, a través dunha chamada telefónica e/ou da publicación na páxina web da Deputación de Pontevedra. De seguido, os debuxos gañadores expoñeranse nunha galería na páxina web da institución provincial (www.depo.gal), xunto a outros traballos seleccionados.

La economía después del COVID-19

En los últimos 12 años hemos visto tambalearse nuestro sistema económico en dos ocasiones. La primera fué en 2008 con la crisis bancaria y financiera. La segunda es ahora, en 2020, con una pandemia universal cuyas consecuencias económicas y sociales aun estamos lejos de poder valorar, pero que posiblemente sean bastante más graves que las de 2008 y la de 1929.

Se preguntarán ustedes que tiene que ver una crisis financiera, con una crisis sanitaria como la actual. La diferencia de estas dos últimas crisis, con respecto a otras anteriores, es que en ambos casos son crisis estructurales, que sirven para cuestionar los tres pilares ideológicos del neoliberalismo, el sistema económico que ha regido la vida de este planeta en el último medio siglo. Esto es, que los mercados eran eficientes por naturaleza y tenían capacidad para autoregularse, algo que quedó desmontado con la crisis de 2008; que la busqueda del beneficio y del bienestar individual debía primar por encima de cualquier otra consideración y que el crecimiento, la globalización y la liberalización eran la solución a todos nuestros problemas. Bien, pues ha bastado que aparezca un bicho cuyo tamaño se mide en nanometros, para todo el sistema se resquebraje y amenaze con derrumbarse como un castillo de naipes.

La respuesta de los gobiernos, o de gran parte de ellos ha consistido en confinar a la población y limitar la actividad económica al mínimo esencial. Que yo sepa es la primera vez en la historia de la humanidad, que se acomete un experimento de este tipo. Desde siempre ha habido guerras, epidemias, crisis y demás que han afectado al sistema económico, pero nunca hasta ahora se había decretado la paralización de la economía por ley. A nivel sanitario, parece que las medidas funcionan, tal y como indican las cifras de desescalada en España e Italia. Pero a nivel económico, la cosa no es tan sencilla. La economía está formada por una red de hilos y si el agujero es grande, no es tan fácil volverla a poner en marcha. De cuanto se prolongue este estado de hibernación, dependeran muchas de las consecuencias futuras, y en primer lugar y antes que nada, que el sistema económico no pase de la hibernación al fallecimiento y de ahí al rigor mortis.

Lo que los gobiernos no han visto hasta ahora, o no quieren ver, es que nos enfrentamos a una crisis sistémica, esto es, a una quiebra del paradigma que sustenta nuestro actual sistema económico. Un sistema económico no es más que el conjunto de respuestas que una sociedad da a sus problemas económicos, en un momento dado y lo que esta crisis ha venido a demostrarnos, es que nuestro sistema actual, basado en los tres pilares mencionados: competitividad, crecimiento y beneficio individual ya no es capaz de dar una respuesta adecuada a problemas globales que nos afectan a todos, como la contaminación, las pandemias, el cambio climático, la pérdida de biodiversidad, la escasez de recursos, las mareas negras y un largo etcétera.

No tengo nada contra el sistema capitalista, aunque este no sea un término muy válido para definir el actual sistema económico, en el que el 90 % del PIB está en manos del estado y de grandes corporaciones. Unas empresas que al contrario de lo que ocurriría en un sistema capitalista, no están en manos de sus dueños, sinó de un grupo de ejecutivos profesionales, que se comportan como sus propietarios, pero sin asumir ninguno de sus riesgos, y que llevaron en 2008, a que los estados tuvieran que rescatar la banca, mientras ellos continuaban cobrando sus estratosféricos sueldos y no perdían ni un céntimo, ya que las empresas no eran suyas. Como digo, no tengo ninguna cuenta que ajustar con el capitalismo. Todo lo contrario. A fecha de hoy, y pese a todos sus errores y barbaridades, el capitalismo ha sido el sistema más avanzado, eficiente y justo, que ha habido nunca jamás y el que ha permitido sacar a más gente de la pobreza. Ha sido el capitalismo el que nos ha llevado del carro de bueyes y los barcos de vela y madera del siglo XVIII, a la comunicación instantánea, la informática y los viajes espaciales de la actualidad. Pero por desgracia ya no da más de sí, y por sus propias características es absolutamente incapaz de lidiar con problemas globales como los citados anteriormente; asi que lo único que queda por hacer, es escribirle una carta de despido agradeciéndole los servicios prestados y desearle lo mejor.

Si hay algo que está muy claro, es que nosotros necesitamos al planeta Tierra, pero la Tierra no nos necesita a nosotros para nada y puestos a tener una guerra con ella, llevamos todas las de perder.

Puede que a muchos de ustedes esto que estoy escribiendo les parezca exagerado y dirán que la humanidad y el capitalismo han salido de muchas crisis. Si eso es cierto, pero ninguna de esta magnitud y que altere tan profundamente nuestro sistema y nuestra forma de vida. Y lo que es más preocupante, creo que la actual crisis no será una excepción, sinó la primera de las muchas que nos sacudirán en los próximos años. Las habrá sanitarias como la actual, ecológicas, medioambientales, de escasez de recursos etc. En una sociedad globalizada, que explota al máximo los limitados recursos del planeta y donde los bienes y las personas se desplazan de un lugar a otro, la situación actual, puede acabar convirtiéndose en la normalidad del futuro. Para los más escépticos, que continuen pensando que exagero ahí van una serie de cuestiones, que nuestros dirigentes económicos y políticos se verán obligados a responder en los próximos meses:

  1. ¿Que va a pasar con el pequeño comercio? Y esta pregunta tan genérica comprende no sólo la cantidad de ellos que se verán obligados a cerrar definitivamente por falta de ingresos. También me refiero a todos los cambios que se verán obligados a efectuar los escasos supervivientes, una vez pase la pandemía. ¿Estará la gente dispuesta a ir a un bar, en el que habrá de estar entre mamparas, atendido por un camarero con aspecto de astronauta y a más de 2 metros de sus amigos, o en ese caso preferirá quedarse en casa? ¿Estará dispuesto el dueño a acometer semejante inversión o decidirá cerrar? ¿Si se obliga a las tiendas de ropa a desinfectar cada prenda que se pruebe un cliente, seguirá siendo rentable la tienda o sólo quedarán las grandes cadenas que se puedan permitir mantener grandes stocks? ¿Que garantías habrá de que si compras el producto por internet este cumpla la normativa a la que se obligue a los comercios físicos, o al no poder garantizarse eso, se prohibirá la compra online?
  2. ¿Que va a pasar con el comercio internacional? ¿Estarán las empresas y familias dispuestas a comprar productos del exterior, sobre todo de paises que se han visto muy afectados, caso de China, Europa, USA o ganará el miedo y las economías girarán hacia la autarquía y el proteccionismo? En el caso de todas las grandes compañias que externalizan parte de su producción y compran distintos componentes en varios países y lo montan en una planta, por ejemplo las automovilísticas, ¿podrán seguir haciéndolo? ¿Se les exigiran medidas adicionales de seguridad? ¿Serán economicamente viables esas medidas? ¿O como en el caso de las tiendas de ropa, o los bares las grandes multinacionales optarán por el cierre? A todo esto, ¿para que va a querer la gente coches y otros bienes de inversión, si no puede salir de casa?
  3. ¿Que va a pasar con el turismo, las líneas aereas, los hoteles, los erasmus, los viajes del inserso y un largo etcétera. ¿Se podrá seguir viajando libremente, o se limitarán los viajes a altos cargos públicos y empresariales que puedan alegar una necesidad inexcusable?
  4. ¿Que va a pasar con los estados? Hasta ahora las medidas tomadas se han dirigido a compras de emergencia, avales de créditos a las empresas y en algunos casos a enviar cheques a la ciudadanía o hablar de rentas mínimas. A corto plazo está bien. Pero ¿como se van a financiar esas medidas? La pregunta es pertinente, sobre todo si la paralización económica se prolonga o esta situación se convierte en cíclica y esta, u otras crisis se suceden de forma reiterativa en el tiempo. Si la economía se paraliza, los estados recaudan menos impuestos. Si recaudan menos, la deuda pública perderá su eficacia como herramienta, ya que no se dejará dinero a quien no ofrezca grandes garantías. A todo esto, ¿podrán aguantar los estados una segunda, o una tercera crisis de esta magnitud? ¿Qué pasará si no lo hacen? ¿Y la UE, sobrevivirá a esta crisis o se disolverá como un azucarillo en un vaso de agua?

Dirán ustedes que ofrezco muchas preguntas y ninguna respuesta. Sigo creyendo que la respuesta a los actuales problemas está en ir a un mundo estacionario, sin crecimiento económico, tal y como planteé en mi último libro, La próxima crisis global. Un mundo que se olvide de conceptos como moda o tendencia, que produzca sólo aquellos bienes que realmente necesita y que procure reutilizar al máximo, tal y como hace la naturaleza. Un mundo más pobre en términos de consumo, en el que si que creo que debe haber una renta vital mínima por persona, que represente su parte de riqueza en la sociedad. Ahora bien, no creo que esa renta deba ser un subsidio, que se de a cambio de nada, tipo el bono patriótico venezolano, el PER andaluz, o la que plantea ahora Pablo Iglesias. La historia ha demostrado que una renta así, sólo sirve para la compra de votos. La renta mínima debe ir ligada a una serie de obligaciones y servicios sociales, tal y como planteaba R. Theobald a finales de los años 60, en su libro The Guaranteed Income, de manera que no sea percibida como una limosna que otorga un determinado político. La primera de las obligaciones es que los ciudadanos que la perciban mantengan una transparencia fiscal absoluta. La segunda, la prestación de servicios sociales. ¿Es Vd. economista? Pues va a dar varias horas de matemáticas a los niños de su comunidad. ¿Jardinero? Deberá mantener y cuidar x jardines? ¿No tiene Vd. formación? Su primera obligación será formarse y a partir de ahí hablaremos.

Quizás esta sea una de las últimas oportunidades que nos ofrezca el planeta para que demos un giro de 180º a nuestro sistema económico. Para que olvidemos la competitividad extrema y primemos la cooperación, para que dejemos de ver el crecimiento económico como un dios al que hay que sacrificarlo todo, incluidas las personas. En definitiva, para que vayamos a un sistema económico más pobre en términos de consumo, que satisfaga necesidades reales, en vez de crearlas. Tenemos que ser capaces de fijar un nivel de vida que sea sostenible con el planeta, ceñirnos a él y prescindir de todo lo superfluo; porque si hay algo que está muy claro, es que nosotros necesitamos al planeta Tierra, pero la Tierra no nos necesita a nosotros para nada y puestos a tener una guerra con ella, llevamos todas las de perder.

Xesús Fraga, «Virtudes (e misterios)

‘Virtudes (e misterios)’ é, cando menos, unha desas novelas peculiares nas que a ficción parece deixarlle paso ao relato veraz e contrastado sen por iso perder a súa capacidade de entretemento que é, á postre, unha das finalidades de calquera novela. Esa mistura entre realidade e ficción, aínda que sería máis correcto falar de “realidade ficcionada”, valeulle a Xesús Fraga a concesión dun premio da categoría do Blanco Amor. E iso xa é dicir moito.

A pesar do título, que parece centrar a nosa atención nun dos personaxes principais da trama, a avoa do protagonista, o certo é que a historia esténdese ao longo de tres xeracións dunha mesma familia que se viron marcadas por un elemento común: a emigración. De primeiras, por parte dun avó que marcha a Venezuela e que desaparece por completo das súas vidas; despois, por parte da súa dona, Virtudes, que ve en Londres a mellor oportunidade de progreso e de alicerzar un futuro que se lle escapa no entorno inmediato. Máis tarde, Virtudes verase acompañada pola súa filla maior e, co tempo, verá nacer ao seu neto, o relator da historia, á beira do Támesis. Asistimos, xa que logo, a toda unha saga familiar que se espalla ao longo da segunda metade do século pasado e os primeiros anos do actual, e que mesmo garda para o final unha sorpresa que, de non ser pola veracidade dos feitos, mesmo parecería algo novelesca de máis.

Destacaría dous elementos que considero esenciais dentro da trama. O primeiro é o papel da muller galega como verdadeiro celme familiar. A cotío vémolo dende a perspectiva das “viúvas de homes vivos”, que dicía Rosalía; aquí vémolo ademais, dende o outro lado. A afouteza de Virtudes e de Isabel, a súa filla, soportan o peso da narración con resignación e bravura. O segundo sería a evolución da sociedade betanceira en todo este tempo; a bisbarra da Cidade dos Cabaleiros e, en menor escala, A Coruña, son o centro neurálxico no que as personaxes desenvolven as súas vidas. Mesmo no que lle dan pulo ás súas arelas, incluso cando estas se perfilan dende alén da fronteira. O retorno ás veces soñado, que se pode transformar nunha realidade moi distinta da imaxinada, debúxase a través do contraste entre as dúas sociedades, a británica e máis a betanceira, con meridiana claridade.

Nesta novela, que mesmo poderiamos chamar hiperrealista, o que fai o autor vén sendo, no fondo, un recoñecemento a ese enorme corpus de familias galegas que comparten algunha galla na emigración, centrándose na que mellor coñece, a europea. Pero Xesús Fraga, amais de escritor e tradutor, é tamén xornalista. E iso déixase notar dunha maneira moi clara ao longo de todo o relato. Esa linguaxe directa e sen adobíos, ese coidado polos detalles máis nimios, esa visión global aínda falando de miudezas, ese xeito de enfatizar e contrastar os datos, denotan un amplo dominio dos recursos xornalísticos ata o punto de que poderiamos considerar o libro coma unha longuísima reportaxe. E a pesar das grandes diferencias que hai entre ambas as dúas linguaxes, a literaria e a puramente informativa, consegue acadar un equilibrio que non sempre é doado e co que fai da lectura algo ameno e, por momentos, transcendente.

Xesús Fraga

Virtudes (e misterios)

Galaxia

Christophe, el rubio rebelde de la música francesa

Debo de reconocer, que no conocía demasiado la música de éste icono de la múscia francesa, y es que la mayor parte de los cantantes de nuestro país vecino son unos grandes desconocidos en nuestro país. ¿Tan altos son los pirineos? ¿Será por el idioma? La verdad es que no conozco la causa exacta, algún dia investigaremos un poco sobre el tema.

El caso, es que el poco conocimiento que tenía de su música era gracias a que a en los años ’70, un jovencisimo músico llamado Jean Michel Jarre, colaboró con él gracias al productor común de ambos, Francis Dreyfus, aunque, curiosamente, no en los teclados por lo que es archiconocido el Sr. Jarre, sino por las letras de las canciones.

Jarre colaboró en al menos tres tabajos, que llevan por título “Les Paradis Perdus”, “Lest Mots Bleus” y “Olympia”, todo ello entres los años 1973 y 1975.

Todo estos viene a que el pasado día de 17 de Abril, con 74 años, el cantante francés falleció por un enfisema pulmonar, quizás que agrabado por el, por desgracia archiconocido coronavirus COVID19 ya que dio positivo.

Su verdadero nombre era Daniel Vevilacqua y nació en 1945 a las afueras de París. Desde muy joven le fascinó la música, sus primeros ídolos fueron Edith Piaf y Gilbert Bécaud. Más tarde se pasaría al blues y se vio influenciado, sobre todo, por John Lee Hooker y, más tarde, su influencia decisiva fue Elvis Presley.

Fundó su primer grupo llamado Danny Baby Et Les Hooligans con el que, en 1963, grababa su primer trabajo en solitario: Reviens Sophie, un trabajo inspirado en la música negra estadounidense que pasó totalmente desapercibido.

Sin embargo, en 1965 saltaría a la fama con una balada titulada Aline que, a la postre, se convertiría en uno de los primeros éxitos del verano en Francia, un disco del que vendió más de un millón de copias y que se acabaría convirtiendo en clásico de la música pop.

En 1967 firmó la banda sonora de la película La Route de Salina, su única intervención en el mundo del cine.

Los comienzos de los 70 no fueron demasiado fructíferos, cayó su popularidad durante algún tiempo y se dejó bigote y melena, pero a raíz de su unicón con el productor Francis Dreyfus, volvió a recuperar la popularidad y temas como Le Dernier des Bevilacqua hicieron que volviera al estrellato, uno de los picos de su carrera que hizo que agotara entradas en el Olympia de Paris.

Su carrera continuó, publicando trabajaos sin una gran recpercusión hasta el año 1983 donde volvió a reucpear protagonismo con la balada Succes Fous, aunque fue catalogado como un cantante mediano.

Su carrera musical continuó hasta la actualidad, aunque es cierto que consagró esencialmente a sus colecciones de discos raros, gramolas y de grandes películas.

Melómano consumado, se mantuvo al corriente de las novedades musicales, a fin de mantenerse notablemente actualizado en su propia música.

Perfeccionista hasta la manía, podía pasar un año trabajando sobre el sonido de una simple partitura para batería.

Sirva éste pequeño comentario como homenaje a uno de los grandes de la música francesa y para despedirnos, lo hacemos con las palabras de Jean Michel Jarre.

“Es un miembro de mi tribu, de mi familia que se va”

https://www.bfmtv.com/static/nxt-video/embed-playerBridge.html?video=6150217762001&account=876450610001

Redondela pon en marcha a Mesa de Asesoramento Económico e Reestruturación do Comercio

0

Dispoñer de plans e ferramentas que, unha vez rematado o estado de alarma, contribúan a reactivación económica do municipio á maior brevidade posible, é o obxectivo da Mesa de Asesoramento Económico e Reestruturación do Comercio de Redondela que este pasado venres celebrou a súa primeira reunión telemática, unha xuntanza na que participaron o Goberno local, partidos políticos e representantes da Asociación de Empresarios, da Confraría de Pescadores, dos sindicatos, do sector do taxi e da Federación de Asociacións Veciñais, amais de Axentes de Emprego e Desenvolvemento local.

Esta primeira reunión serviu, asegurou o Goberno local, “para escoitar as primeiras impresións e propostas dos participantes de cara a poder realizar un análise detallado dos posibles futuros que se poden presentar e as medidas a adoptar”.

Así, a Mesa ten prevista xa unha segunda reunión dentro dos próximos 10 días para xa “sobre propostas concretas, comezar a traballar nas medidas que contribúan a que Redondela recupere o seu pulso social e económico á maior brevidade posible”.

Nese sentido, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, sinalou a necesidade “de traballar todos xuntos, na mesma dirección e cun obxectivo común que non é outro que a dinamización económica do municipio”.

O Equipo de Goberno fixo especial fincapé no feito de que mentres está en vigor o estado de alarma “é o momento idóneo para comezar a traballar coa vista posta no día despois”. Polo tanto, e dende esa perspectiva, do traballo desta Mesa de Asesoramento Económico, deberán saír medidas concretas “para implementar un plan de choque que contribúa a recuperación económica no menor tempo posible”.

Insistiu a alcaldesa Digna Rivas, no feito que “ninguén quedará atrás” polo que tamén se deseñarán medidas específicas “encamiñadas á xeración de emprego e a inserción laboral das persoas que, por desgraza, perderon os seus empregos nesta crise”.

Preténdese, polo tanto, a elaboración dun documento de traballo “flexible e aberto no que se poidan ir propoñendo e desenvolvendo novas accións co fin último da dinamización laboral, económica e comercial de Redondela”.

Unha acción conxunta de toda a sociedade

Non debe ser, asegurou a alcaldesa, “a labor do Goberno en solitario, senón unha acción conxunta da sociedade redondelá porque o obxectivo que se busca é o beneficio colectivo de toda a cidadanía”.

A propia composición desta Mesa de Asesoramento Económico e Reestruturación do Comercio, afirma o Equipo de Goberno, “inclúe á totalidade dos veciños e veciñas de Redondela a través dos seus representantes sociais, políticos, sindicais ou laborais”.

Espazos públicos e paseos fluviais limpos en Nigrán para que os nenos e nenas gocen do desconfinamento

0

O Concello de Nigrán abriu hoxe os espazos públicos e naturais do municipio (excluídos parques de entretemento con elementos de xogo e instalacións deportivas) para os paseos de menores de 14 anos e, precisamente con este fin, esta pasada semana levaba a cabo a limpeza do paseo do Río Muíños e Nespereira (Porto do Molle), xa que os que se atopen a menos dun ratio de 1 km. desde o seu domicilio poderán acudir a este lugar.

Mediante unha cartelería específica o Concello recompila sendeiros, prazas ou praias abertas a este uso incidindo sempre que só poderán ser empregados cumprindo cos requerimentos que establece o Ministerio de Sanidade, así o controlará a Policía Local, que vixiará que non se sobrepase en ningún caso o ratio de 1 km desde a casa familiar e tamén que á praia non se acceda con cans.

“Apelamos á responsabilidade da cidadanía para que cumpran estrictamente o que fixa a lei, cada familia deberá cinguirse a 1 km de máxima distancia da súa casa, así que cada quen deberá empregar o espazo natural que lle corresponda”, subliña o alcalde, Juan González.

[su_image_carousel source=”media: 14465,14464,14463,14461,14460″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

“Durante todo este tempo do estado de alarma os traballos dos operarios municipáis reducíronse ao mínimo e para temas urxentes, polo que non se realizaron desbroces, así que desde o luns continuaremos coas concesionarias Brocoli e Cespa estas limpezas de sendeiros co obxectivo de que o paseos sexan totalmente practicables e se atopen nun estado óptimo”, incide o rexedor. “Son lugares abertos, en contacto coa natureza, e por tanto moi idóneos “.

Desde o Concello inciden na propia cartelería nestas premisas que todos deben cumprir desde este domingo:

  • Poderán saír con un adulto responsable ata tres menores de 9:00 a 21:00 horas e como máximo unha hora. De non ser o adulto o pai/nai ou titor legal deberá levar consigo unha autorización.
  • A distancia non debe superar en ningún caso 1 kilómetro desde o domicilio onde viva o menor. Aplicacións como Google Maps ou https://1km.geomatico.es permiten contrastar distancias.
  • É obrigatorio manter unha distancia de seguridade con terceiros de como mínimo 2 metros e menores con síntomas de coronavirus ou situación de aillamento domiciliario por esta cuestión non poden saír.
  • Os menores poderán levar consigo un xoguete, incluído bicicleta, balón ou patinete, pero en ningún caso poderán acceder a espazos recreativos como instalacións deportivas ou parques con elementos de xogo (columpios, tobogáns…).
  • Recoméndase evitar as horas punta e empregar espazos naturais abertos que estean a menos de 1 km. do domicilio.

Un saúdo,

María Villar

Responsable de Comunicación Concello de Nigrán

A Deputación financia máis de 125.000 horas de servizo de Axuda no Fogar para as persoas máis vulnerables

A Deputación de Pontevedra apurou ao máximo os prazos para que os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes dispoñan xa nas súas contas correntes dos 2.370.564 euros que fan posible que preto de 1.200 persoas maiores que viven soas e sen apoio familiar dispoñan do Servizo de Axuda Familiar (SAF) nunhas condicións de idoneidade. A día de hoxe , con máis de 6 meses de adianto sobre o calendario habitual, están feitas as transferencias aos 52 concellos nos que a institución financia o servizo.

Esta axilidade administrativa permitiu que xa se estean a prestar, atendendo ás necesidades agravadas polo Estado de Alarma, un total de 125.717 horas de Servizo de Axuda no Fogar ás persoas máis vulnerables e que 110 profesionais estean encargándose sobre o terreo do correcto funcionamento do servizo (10 técnicos/as superiores, 48 técnicos/as medios e 42 administrativos/as).

Despois do acordo do Comité de Seguimento Covid19, presidido por Carmela Silva, a Deputación convocou as subvencións o pasado 24 de marzo, acolléndose ás excepcionalidades recollidas no Real Decreto de declaración do Estado de Alarma, no que se permite a continuación dos procedementos relacionados cos servizos básicos. Ademais as bases deste ano modificáronse para que os concellos reciban o adianto do 100% das cantidades asignadas. A presidenta provincial amosou a súa satisfacción polos resultados desta iniciativa, toda vez que sen esta achega extraordinaria da Deputación, que se fixo chegar nun tempo récord, a meirande parte dos municipios non disporían de tantas horas de SAF, nin tampouco do persoal necesario para xestionalo nuns momentos nos que a atención ás persoas vulnerables non pode agardar.

A Deputación, que reforzou este programa substantivamente nos últimos anos, asigna 1.179.002 euros a cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios encargado de dirixir o servizo (os 110 profesionais contratados polos concellos) e 1.291.561,90 euros para sufragar a prestación directa do SAF nos domicilios por parte de persoal especializado. Ademais, para atender ás necesidades específicas causadas pola pandemia, autorizouse a compra de máscaras, produtos de desinfección (lixivia, alcol e similares), xabóns, xel hidroalcohólico, crema hidratante e produtos similares para a súa utilización durante o servizo.

O Servizo de Axuda no Fogar que subvenciona a Deputación é a modalidade básica, é dicir, a que se presta ás persoas que, aínda precisando de apoio para realizar as actividades da súa vida diaria, non teñen declarada a situación legal de dependencia e, por tanto, non poden beneficiarse do Sistema de Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD). Sen embargo, cómpre non esquecer que son persoas maiores, con disfuncións e que lles impiden un correcto desempeño da súa vida cotián, en situación económica precaria e que carecen doutra rede de apoio.

O Concello de Salceda apoia ao comercio local

O Concello de Salceda de Caselas está a desenvolver diversas iniciativas coas que quere amosar o seu apoio incondicional ao comercio local “nesta situación especialmente complexa para o sector”, afirma o Goberno local. Así, as plataformas de comunicación das que dispón o Concello (páxina web e redes sociais) serven de medio para informar á veciñanza sobre os establecementos que permanecen abertos ao público ou aqueles que ofrecen servizo a domicilio. Ámbolos dous listados actualízanse coas solicitudes que achegan dende os propios comercios, conseguindo deste xeito unha guía de enorme utilidade para a veciñanza que a pode consultar dende os seus domicilios.

A concelleira de Comercio e tenenta de alcalde, Verónica Tourón, non dubidou en animar á veciñanza “a non esquecerse do comercio local, nin agora nin cando remate esta situación”. Tourón lembrou que en Salceda “existe unha ampla variedade de comercios que fan que non sexa necesario desprazarse a grandes superficies ou a internet”.

“Cando todo isto remate, –asegurou– debemos volver aos comercios locais con máis forza que nunca, pois ese será o inicio da recuperación da nosa vila”.

O Concello, a través da Concellaría de comercio, mantén ademais unha comunicación constante coas dúas asociacións de comerciantes existentes no municipio (ACISA e Tabernanova), nun exemplo de traballo conxunto que proporcione os mellores resultados para a poboación.

Tamén dende o CDL do Torrón se ofrece un servizo de asesoramento a persoas autónomas e PEMES, que se centra fundamentalmente nos temas relativos a tramitación de ERTES, prestacións por desemprego, prestacións extraordinarias, subvencións, etc, todos eles vinculados coa actual situación.

O sector do comercio estase a ver beneficiado tamén polas medidas económicas establecidas dende o Concello, que supoñen a anulación da taxa de terrazas ou a suspensión das taxas da praza de abastos e de mercado ambulante. Ademais o departamento de tesourería traballa xa no estudo para as medidas que poidan afectar ás taxas de recollida de lixo ou servizo de vado daqueles establecementos obrigados a permanecer pechados durante o estado de alarma.

O Concello quixo agradecer tamén as iniciativas privadas de apoio ao comercio, como a que está a levar a cabo Electra Alto Miño, que está establecendo medidas para rebaixar o coste eléctrico e outros servizos de negocios pechados ou con servizo moi disminuído, como a suspensión do cobro da fibra óptica ou a rebaixa da potencia eléctrica.

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda de Caselas é consciente que o traballo que se realiza dende o equipo de Goberno, “tal vez non sexa o máis popular, solo agardamos que sexa o máis eficaz. Esa é a miña gran preocupación e responsabilidade”.

O alumnado do Conservatorio de Música da Guarda continúa coa súa formación de xeito telemático

0

Dende o pasado 13 de marzo e despois de manterse unha reunión entre o equipo do profesorado do Conservatorio de Música Elemental da Guarda e a Concelleira Delegada María Elena Baz, acordouse a suspensión das clases presenciais, manténdose as mesmas en activo de xeito telemático a través de videochamadas nas cales o profesorado está a impartir clases continuando cos mesmos horarios antes da activación do estado de alarma.

Deste xeito se trata de acadar certa normalidade con respecto á formación musical dos alumnos e alumnas do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, cun contacto directo cos seus profesores, compañeiros e compañeiras de clase e, como non podía ser doutro xeito, cos instrumentos.

Tal e como se manifestou dende a dirección do Conservatorio, esta experiencia está a dar moi bos resultados, cunha valoración moi positiva, tanto por parte dos alumnos coma por parte do equipo do profesorado.

O Rosal pon en marcha #eudebuxonacasa, xogo dirixido a nenos e nenas para estes días de confinamento

0

O Concello do Rosal continúa a propoñer novas iniciativas para facer o tempo de confinamento na casa máis levadío para toda a familia. Este venres 24 ponse en marcha un novo xogo, nesta ocasión dirixido máis especificamente a toda a poboación infantil do municipio. Trátase de #eudebuxonacasa, un xogo de debuxo pensado para que nenos e nenas recollan nas súas ilustracións como é o seu día a día durante este tempo de corentena en casa, as actividades que fan, como pasan o tempo… e todo o que se lles ocorra.

Novamente non se trata dun concurso, senón dun xogo aberto co que se busca facilitar un recuncho para que todos os nenos e nenas se expresen a través do debuxo. Todos os pequenos e pequenas que queiran participar poderán remitir o seu debuxo por correo electrónico a [email protected], indicando no asunto ‘Eu debuxo na casa’ e incluíndo como datos o nome, apelidos e idade do autor ou autora da imaxe.

Os debuxos recibidos irán publicándose nas redes sociais do Concello (Facebook e Twitter), así como na súa páxina web. A participación no xogo supón a aceptación das bases do mesmo, así como o permiso ao Concello para publicar o debuxo co nome e idade do autor ou autora en web e redes, así como para arquivalo na súa base de datos.

Nigrán aposta pola eficiencia enerxética no Campo Municipal de Condomínguez substituíndo as luminarias por led

0

O Concello de Nigrán ven de sustituír os 30 focos que iluminan o terreo de xogo do Campo Municipal de Condomínguez por nova tecnoloxía LED, investindo nelo un total de 6.700 euros que serán rápidamente recuperados grazas ao importante aforro enerxético que supón este troco. Paralelamente, ven de fornecer con 8 toneladas de caucho o céspede artificial desta instalación e da de Vilariño, ademáis de cepillarse cadanseu céspede con maquinaria da Deputación de Pontevedra.

“Queremos que cando os equipos poidan volver a adestrar se atopen cunhas instalacións melloradas, os clubes xa perderon a tempada e, polo menos, cando regresen darlles a benvida coas súas peticións cumpridas”, indica o alcalde, Juan González, quen aposta pola renovación LED en toda a iluminación pública do municipio por “sostibilidade ambiental e tamén económica”.

Un gran número das antigas luminarias de Condomínguez, de vapor de sodio, estaban fundidas e, ao carecer de aillamento, presentaban múltiples avarías coincidindo cos días de choiva, polo que esta mellora era unha demanda da ED Val Miñor, que emprega estas instalacións municipais durante todo o ano, sendo esencial unha boa iluminación para desenvolver dun xeito óptimo os adestramentos (especialmente no inverno, cando as horas de luz natural se reducen drásticamente). Así, estes focos foron substituídos por outros novos tipo LED de 200 W cada un, o que supón un importantísimo aforro no consumo enerxético.

“Supoñen un importante aforro enerxético, xa que a reducción da potencia de consumo será entre de o 51 % e o 80 %, o que ao mesmo tempo implica diminuír as costas de funcionamento das instalacións de iluminación pública e, sobre todo, permítelle ao Concello optimizar o gasto enerxético neste ámbito”, conclúe o rexedor.

Baiona colabora cos centros escolares do municipio achegando as tarefas ao alumnado que o precisa

0

O Concello de Baiona está a colaborar cos distintos colexios do municipio na labor de facer chegar as tarefas escolares ao alumnado que o precisa “seguindo sempre os criterios marcados polos titores e titoras”.

Son os centros escolares, explica o Goberno local, “os que fan chegar á Concellería de Educación o material de cada alumno para que, posteriormente, sexan tanto a Policía Local coma Protección Civil do Val Miñor os encargados de achegalos aos domicilios”.

En todo caso, explica o alcalde de Baiona, Carlos Gómez “son os centros escolares e máis concretamente os titores e titoras, os que coñecen as necesidades concretas de cada un dos nenos e nenas e a nosa tarefa, como administración máis próxima á cidadanía, é simplemente facerlle chegar dito material”.

A entrega do material non queda cinguida aos nenos e nenas que cursan os seus estudos en centros do municipio, senón que tal e como explica o alcalde de Baiona, “tamén se lles proporciona aos alumnos e alumnas, empadroados en Baiona pero que cursan os seus estudos en centros doutros municipios limítrofes”.

Coa colaboración da Policía Local e Protección Civil conséguese que o alumnado que non dispón de medios informáticos ou conexión a internet, poida seguir as tarefas programadas polo centro escolar ao mesmo tempo que todos os seus compañeiros e compañeiras.

“Trátase de que ninguén quede atrás por falta de medios. A nosa obriga é poñernos a disposición dos centros escolares para que os nosos nenos e nenas, dentro da situación atípica que nos tocou vivir, poidan continuar os seus estudos da mellor maneira posible”, conclúe o rexedor local.

A Deputación celebra o seu primeiro pleno telématico que da luz verde ás novas medidas para paliar a crise do COVID-19

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, comunicou hoxe á Corporación provincial, no primeiro pleno telemático da súa historia, que convocará aos alcaldes e alcaldesas da provincia a fin de “avaliar cos concellos a situación que están a vivir e as consecuencias da crise sanitaria xerada polo Covid19”. Silva confirmou que o vindeiro mércores, 29 de abril, manterá unha primeira reunión cos alcaldes e alcaldesas dos 52 concellos de menos de 20.000 habitantes, e que convocará un segundo encontro en próximos días co resto dos municipios.

A sesión plenaria comezou cun minuto de silencio en homenaxe ás vítimas do coronavirus, despois da intervención da presidenta provincial que mostrou o pesar da corporación polas persoas falecidas e trasladou “enerxía e o desexo de mellora” ás que están enfermas. Asemesmo, Carmela Silva fixo un recoñecemento a todas as persoas como o persoal sanitario, que, desde os seus traballos, “nos está a coidar a todas e a todos”. Igualmente tivo palabras de agradecemento para os concellos, “que están a traballar en primeira liña coa cidadanía”, ás funcionarias e funcionarios da Deputación “polo seu compromiso público e inxente traballo”, é a toda a corporación provincial con referencia expresa ao grupo popular. “Non coincidiremos en todo, pero quero agradecer e destacar a súa altura de miras que me emociona”. A presidenta tamén anunciou que remitirá hoxe a todas as deputadas e deputados o documento de traballo que recolle as máis de 180 medidas adoptadas pola institución nestes 40 días, destinadas aos concellos, ás empresas, á cidadanía e aos sectores produtivos, sociais, culturais e deportivos da provincia.

Pola súa banda, o vicepresidente César Mosquera compartiu na súa intervención plenaria o seu recoñecemento ao bo comportamento que está a ter a sociedade e tamén as administracións e os seus traballadores e traballadoras no que cualificou como “unha catástrofe sanitaria, social e económica”. Destacou que é fundamental seguir o principio de solidaridade e subliñou que, ante a ausencia de material, é preciso repartir os medios dos que se dispón segundo as prioridades, ademais de non crear expectativas de que os que non teñen competencias vaian resolver ningunha situación, xa que iso, dixo, pode levar ao “caos”. “Os responsables –en relación ás autoridades do Estado– deben actuar con clareza, determinación e prudencia, e a sociedade e os sectores económicos deben ter moita paciencia”, subliñou.

En canto á Deputación, Mosquera agradeceu a actuación do grupo do PP por “arrimar o ombro” nas actuacións do Goberno provincial e transmitiu a súa confianza en que non se rompa a unidade de acción. Destacou que o traballo e a toma de decisións da institución provincial dependerán da evolución da crise sanitaria, xa que a día de hoxe aínda se descoñece se a Deputación vai ter máis ou menos fondos para este exercicio: “Non sabemos se nos van restar fondos dos anticipos do Estado ou haberá fondos extraordinarios”, recalcou, para engadir que haberá que ser prudentes nas decisión para non ter “resultados contraditorios” e non “comprometer a capacidade da Deputación”.

Finalmente, o voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, sumouse aos principios e conviccións da presidenta relativos á crise. Ao respecto, indicou que “non imos engadir nada máis, porque nos sumamos a todas as palabras da nosa presidenta que hoxe é a nosa presidenta”. Ademais, brindou “unidade e respecto”, destacando a importancia da unidade institucional e da cidadanía para conter a pandemia do coronavirus, e apostou por “exercer un principio de confianza” na Deputación

Respecto ao pleno, a corporación aprobou todos os puntos da orde do día por unanimidade, entre eles a nova medida que a Deputación destina a familias e empresas, o pago fraccionado dos tributos “case a carta”, un novo servizo ao través do ORAL para facilitar o fraccionamento personalizado, sen xuros, do pago das cotas do IBI, o IAE e o IVTM, unha vez se domicilien os abonos. A medida beneficiará ás veciñas, veciños e empresas daqueles concellos que teñan delegadas na Deputación as competencias do pago e recadación tributaria. Amais, a institución tamén prestará o seu asesoramento aos concellos, na tramitación dos expedientes necesarios para a modificación das súas ordenanzas fiscais en relación coas medidas que decidan adoptar. Esta actuación de flexibilización sen xuros do pago enmárcase na batería de medidas, postas en marcha pola Deputación, como os anticipos aos concellos do Fondo Extraordinario de Liquidez, dotado con 21 millóns de euros. Cara á veciñanza reforzáronse os servizos de atención telefónica e telemática ao través da oficina virtual; prorrogouse o calendario fiscal e o período de pagamento voluntario; ampliáronse os prazos para pagos, notificacións, requirimentos, audiencias e recursos, e estableceuse sistema de identificación para a realización de trámites urxentes e inaprazables, a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal).

O pleno tamén aprobou a modificación das bases do Plan de Remodelación e Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse) pola que se prorroga o prazo para o remate das 31 obras previstas nos concellos, cun montante total de 11 millóns de euros, e que supón un dos maiores impulsos á obra pública na provincia. O acordo, que permite un respiro importante aos concellos, consiste nunha prórroga de 11 meses, polo que se amplía ata o 31 de maio de 2021. Ao mesmo tempo, o prazo de xustificación administrativa continuará a ser de catro meses dende o remate da obra, polo que pasa ao 30 de setembro de 2021. Deste xeito, a Deputación aposta polo máximo legal permitido en materia de subvencións ao obxecto de despexar incógnitas aos 31 concellos beneficiarios destas obras, con proxectos na súa maioría de mellora da seguridade viaria e humanización dos espazos públicos.

Na sesión plenaria tomou posesión como nova deputada provincial Ana María Mejías, que substitúe na corporación a Isaura Abelairas.

EU Son do Porriño denuncia a falta de transparencia nas medidas adoptadas polo Goberno en relación co COVID-19

O Grupo municipal de EU Son do Porriño lamentou hoxe a “falta de transparencia e ausencia de información” sobre as medidas que está a desenvolver o Goberno local porriñes con respecto ao coronavirus. Na pasada semana, o grupo municipal de Esquerda Unida xa manifestara o seu “malestar” pola ausencia de reunións ou Plenos para dar conta, ao resto dos grupos da Corporación, das xestións realizadas e as medidas adoptadas nesta crise.

A formación que encabeza Pedro Ocampo asegura ofrecer “todo o apoio nesta primeira fase da crise” pero tamén aclara que a xestión “ten que facerse sempre con total transparencia e facendo partícipe ao resto da Corporación de todas as medidas e decisións que se tomen seguindo as pautas dadas dende o Goberno estatal”.

En datas pasadas, EU pediu explicacións “de xeito formal” vía Sede Electrónica do Concello e, aseguran, “nun comunicado á prensa e en redes sociais e convócannos informalmente e sen orde do día, a unha reunión para o luns 27, todo isto a través do wahtsapp por parte do Xefe de Gabinete”.

Lamenta EU Son do Porriño ter que irse enterando das accións do Concello pola prensa e polas redes sociais, medios polos que tiveron coñecemento “da compra duns pen drive para que as rapazas e rapaces poidan conectarse ás súas clases en liña dende a casa, do custe da entrega de artigos de primeira necesidade a algunhas familias que están a pasalo mal e ata sabemos dunha posible partida económica para apioar á hostelería e o comercio da nosa vila”.

Da partida anunciada para o comercio e hostelería, asegura EU, “a única información da que dispoñemos é a facilitada por representantes destas actividades económicas que están a vivir unha situación moi difícil e sen perspectivas de que poida cambiar ata dentro de moito tempo”.

“Nin un documento, nin unha negociación con asociacións ou colectivos implicados; ningunha reunión cos grupos municipais da Corporación; só o trato directo de representantes destes colectivos cun ou outro concelleiro e coa alcaldesa que quedaron en promesas de palabra e contradicións nos feitos”, afirma a Esquerda Unida engadindo que todo este xeito de actuar é “por non facer as cousas como toca: transparente, con información, participación dos colectivos afectados e coa vista posta no ben común. O contrario é a política municipal de sempre e impropia de institucións democráticas”.

Advirten á alcaldesa Eva García de la Torre, que así “non se pode actuar nunca e menos nunha situación tan excepcional como a que estamos a vivir e que, de diferentes xeitos, se vai alongar no tempo cambiando a vida normal para sempre. Isto non vai de apuntarse os tantos nin de feitos consumados deixando ao resto dos grupos da corporación a un lado”.

Remata sinalando Esqueda Unida Son que agora “o que a xente agarda de toda a corporación, tanto goberno como oposición, é que se poña de acordo nun proxecto para O Porriño que queremos ser”.

#FaiPonteConNós, campaña de apoio ao comercio local e hostalería de Ponteareas

O Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Promoción Económica, que dirixe a nacionalista Eva Gil, puxo en marcha nas redes sociais Instagram e Facebook unha campaña baixo o hastag #FaiPonteConNós para apoiar ao comercio e hostalaría local durante o estado de alarma e na fase seguinte de recuperación.

Eva Gil, Concelleira de Promoción Económica de Ponteareas

As primeiras iniciativas van dirixidas a incentivar o consumo no comercio e hostelaría da localidade. Por unha banda, creouse un directorio de actividades en funcionamento durante o estado de alarma, onde se detallan os servizos e produtos que se ofrecen, se o establecemento conta con entrega a domicilio, etc. Conforme se produza a desescalada da pandemia e outros establecementos poidan abrir a listaxe irase actualizando. Para figurar neste directorio os establecementos interesados deben solicitalo á concellaría a través do correo [email protected] ou no teléfono 673855422

Ao mesmo tempo, a concellaría de Promoción Económica convocou o concurso ‘EU CREO NA CASA’, para dar a coñecer e premiar a creatividade da veciñanza durante o período de confinamento e, ao mesmo tempo, apoiar ao comercio e hostelaría local na súa recuperación económica.

No concurso establécense 12 categorías: artes plásticas, fotografía, conto infantil, relato, poesía, cómic, artes escénicas, xogos, cociña e receitas. As persoas participantes poden concursar en todas elas.

As creacións poderán ser compartidas desde o martes 28 até a finalización do estado de alarma e débense plasmar en textos, vídeos e fotografías, figurando neles de forma visible o hashtag #FaiPonteConNós.

Outorgaranse dous premios de 50 euros por cada categoría para os participantes que obteñan maior número de “gústame”. O resto de concursantes participarán nun sorteo de 440 vales de 20 euros. Deste xeito os premios ascenden a un importe total de 10.000 euros que se traducirán en ingresos para o comercio e hostelaría local por ese importe, ademais dun incentivo para un maior consumo nese sector.

As bases completas do concurso e sorteos poden consultarse na páxina web do concello www.ponteareas.gal e nas redes sociais da concellería de Promoción Económica. Os vales só poderán ser empregados nos establecementos hostaleiros e comerciais, incluidos os postos do Mercado Municipal, que se adhiran a esta iniciativa incribíndose a través do correo eléctronico [email protected] ou no teléfono 673 855 422. O prazo de inscrición rematará cando conclúa o estado de alarma.

A concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, adianta que haberá “máis medidas e iniciativas municipais para apoiar ao sector comercial e hostaleiro de Ponteareas e axudalo a superar esta grave crise”.

Areeiro segue alertando sobre os patóxenos favorecidos pola humidade en froiteiras e plantas hortícolas

Despois das recomendacións desta semana sobre as viñas, a Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario relativo a diferentes froiteiras e plantas hortícolas. Principalmente os avisos e recomendacións que traslada a institución provincial, afectan a kiwis, maceiras, marmeleiros, froiteiras de óso, cítricos, plantas de horta, buxos e camelias.

Deste xeito, no que atinxe ao kiwi, as precipitacións e temperaturas máximas máis baixas que se rexistrarán estes días continuarán a xerar condicións favorables ás bacterioses, polo que haberá que continuar coas aplicacións de cobre ou Bacillus subtilis . Pola súa banda, no caso da maceira, as condicións meteorolóxicas previstas tamén favorecen ao patóxeno causante do moteado, polo que cómpre facer revisións periódicas na procura de síntomas.

O aviso da EFA refírese tamén nesta ocasión ao marmeleiro, onde comezaron a observarse claramente os síntomas da Entomosporium macculatum. De non controlala, esta patoloxía pode provocar unha defoliación prematura das árbores que dificulta a madureza dos marmelos. De momento en ningún caso se observaron danos, pero Areeiro suxire permanecer alerta ante a proximidade dun novo período de choivas.

En canto ás froiteiras de óso, apreciouse a aparición en árbores de diferentes predios dalgunhas enfermidades fúnxicas pola presenza de varios patóxenos. Dado que está previsto que volvan as choivas, é de esperar que continúen avanzando estes patóxenos, polo que a EFA sinala que é conveniente tratar con funxicidas que non se laven ca choiva no caso de que xa haxa danos de gravidade.

No que atinxe aos cítricos, que nesta época están en brotación, favorecida pola climatoloxía actual, a Estación Fitopatolóxica apunta que os brotes tenros favorecen a aparición de insectos chupadores como a psila africana (Trioza erytreae), as moscas brancas, pulgóns ou cochinillas. Neste senso, a EFA sinala que se a presenza de gromos afectados é aínda escasa, situación máis frecuente nestes momentos, unha boa medida de contención é ir eliminándoos e destruíndoos. Tamén a instalación de trampas engomadas amarelas nos bordos de onde hai cítricos contribúe a reducir os adultos que poden chegar a eles.

A citada climatoloxía está a provocar xa danos importantes nalgunhas plantas de horta, desde todo tipo de verduras ata cebolas, pementos ou patacas, por caracois e babosas. Nestes casos, ademais dos remedios naturais e mecánicos que se poidan estar adoptando, Areeiro subliña que está xustificado o uso dalgún produto a base dunha das dúas únicas materias activas autorizadas fronte a estes animais: fosfato férrico ou metaldehido. Amais, recomenda non esquecer o mantemento da protección das plantas fronte aos diversos fungos que lles poden afectar para evitar os danos á colleita que poden producir debido ás precipitacións desta primavera.

Tamén suxire non descoidar a vixilancia da Cydalima perspectalis no caso do buxo, porque as eirugas desta especie fan niños nos que se agochan. Nas fincas visitadas esta semana, observouse unha nova sebe moi sombría onde aínda quedaban eirugas alimentándose e causando danos, cando o máis habitual nas plantas controladas é a presenza de crisálides.

Por último, o aviso da EFA refírese á camelia. Areeiro detectou a presenza cada vez máis notoria de brotes e sinala que nesta época débese eliminar o ápice e as últimas follas das plantas para controlar o seu desenvolvemento. Con esta práctica elimínase tamén parte das follas onde se están a situar as colonias dos pulgóns. Porén, se son demasiados brotes os afectados non será suficiente con esta operación e neste caso Areeiro apunta que pode ser preciso aplicar un tratamento para evitar danos.

Hai que lembrar que mentres permaneza o estado de alarma decretado polo COVID-19, a EFA reduce os percorridos polos cultivos da provincia fronte ao que é a rede de seguimento habitual, que está formada polas parcelas de seguimento da propia Estación Fitopatolóxica, outras fincas visitadas e os datos aportados por técnicos e viticultores.

Unha persoa detida no Porriño por un presunto delito de violencia de xénero

A Policía Local do Porriño deu conta da detención, na tarde do pasado mércores, dun home acusado dun presunto delito de violencia de xénero. Unha patrulla acudiu a un domicilio da localidade no que unha muller reclamaba a presenza policial a consecuencia dunha discusión coa súa parella.

Os axentes desprazados ao lugar, unha vez constatados os feitos, activaron o protocolo por violencía de xénero, asegurando a integridade da suposta vítima víctima e procedendo á detención do presunto autor, parella da denunciante.

O detido, identificado como J.P.G., foi trasladado inicialmente ás dependencias da Policía Local do Porriño e posteriormente posto a dispoción do xulgado de garda.

OVALMI reúnese cos concellos do Val Miñor buscando apoio para iniciativas que axuden aos empresarios tras o COVID-19

0

A Asociación de Empresarios do Val Miñor mantivo os pasados días 18 e 20 de abril, reunións co alcalde de Gondomar e a concelleira de Comercio na que tamén estaban presentes diferentes asociacións e varios empresarios da hostalería do municipio. O motivo desta xuntanza non era outro que a procura de solucións que permitan diminuír o impacto da crise á que se enfronta este sector, unha vez que se permita a apertura dos seus negocios.

Os empresarios adiantan que este tipo de reunións “manteranse no tempo e estenderanse ao resto dos sectores produtivos, co fin de buscar solucións aos problemas que se lles están presentando ou que se poidan presentar ao longo deste ano tan complicado”.

Desde OVALMI, aseguran ser conscientes que todos os empresarios “pasarán e están a pasar por momentos moi complicados durante estes meses” pero, matizan que a hostalería é o sector no que terá unha maior incidencia, “xa que a súa apertura está prevista que se produza en último lugar e a súa data non está aínda clara, pero non se prevé que sexa de maneira próxima no tempo”.

“Somos conscientes que aínda que se levante o confinamento, os clientes terán medo a saír de casa durante unha tempada, –aseguran os empresarios do Val Miñor –por esta razón estamos a barallar a posibilidade de crear unha plataforma de venda online para os pequenos negocios do Val Miñor”.

Preténdese, con esta acción, evitar na medida do posible a compra en grandes plataformas como Amazon “e que os pequenos comercios poidan empezar a vender”.

A Asociación pediu vía rexistro do Concello de Nigrán, “que non se cobren as terrazas aos establecementos hostaleiros este ano e que se expoña unha redución ou exención en taxas como o lixo, IBI e outras, para os establecementos que non puideron abrir ou que sufriron graves perdas nos seus ingresos por mor da declaración do estado de alarma en España”.

Estas iniciativas exporanse, de igual maneira, na reunión que se manterá o 24 de abril co Concello de Baiona.

Ao longo destes días, desde OVAMI xestiona a compra de máscaras de protección, pantallas e demais material que permita garantir “que todos os empresarios poden traballar coa maior seguridade posible”.

“Moitos dos nosos asociados –afirma OVALMI– atopábanse con graves problemas á hora de conseguir EPI’s para poder desenvolver o seu traballo de forma segura, por esta razón estamos a tentar conseguir todo aquilo que necesiten, ao mellor prezo posible”.

A través das súas redes sociais, OVALMI, lanzou unha campaña de apoio aos negocios do Val Miñor, “Merca nos negocios do Val Miñor!! Entre todos manteremos vivo ou noso pobo”.

OVALMI, quere poñer de relevo “o gran esforzo” que están a facer tanto os seus asociados como o resto de empresarios nestes momentos tan convulsos e incertos e dar as grazas aos concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar “pola súa colaboración e a súa boa disposición á hora de buscar solucións para tentar paliar as graves consecuencias económicas producidas polo COVID-19”.

O Concello de Salceda fai aprovisionamento de máscaras cirúrxicas homologadas para distribuír entre a cidadanía

O Concello de Salceda recibirá, ao longo da vindeira semana, un pedido de 5.000 máscaras homologadas cuxa compra xestionouse con distintos provedores durante estas dúas últimas semanas. Na mesma liña, o Goberno de Salceda solicitou á Vicepresidencia da Xunta de Galicia outro lote de 4.500 máscaras coa mesma finalidade.

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, sinala que a adquisición destas 9.500 unidades de máscaras de protección “faise para o momento en que se comecen a flexibilizar as medidas do estado de alarma e a veciñanza poida saír, de xeito controlado, ás rúas, e as autoridades sanitarias establezan a recomendación ou obrigatoriedade de empregalas, atendendo deste xeito aos 9.170 veciños e veciñas de Salceda”.

Ata agora, engade a alcaldesa, “atendéronse a aquelas persoas que pola súa actividade e exposición precisan unha especial protección”.

Compre lembrar que, ao longo destas últimas semanas, o Concello xa puxo a disposición da poboación máis exposta máis de 3.000 máscaras (protección civil, policía local, traballadoras do servizo de axuda no fogar, persoal de recollida de lixo e servizos de mantemento, persoal sanitario e das residencias de maiores, etc) e, do mesmo xeito, distribuíronse entre as e os traballadores/as e autónomos/as máis de 1.000 máscaras seguindo os protocolos de reparto establecidos dende o goberno do Estado, a través da policía local e protección civil.

O Concello de Salceda disporá das máscaras ao longo desta semana despois dun longo traballo para conseguilo, dadas as dificultades que teñen moitas empresas provedoras para contar con máscaras homologadas. En todo caso, lembran dende o equipo de goberno e o comité de seguemento do COVID 19, do que forma parte o persoal sanitario, que a día de hoxe segue vixente o estado de alarma e as persoas que teñen que permanecer nos seus domicilios non precisan deste tipo de protección.

As múltiples noticias sobre reparto masivo de mascarillas ás que estamos asistindo nas últimas semanas, conlevan o serio risco de que a poboación sinta unha falsa sensación de seguridade por levar unha mascarilla, esquecendo as medidas fundamentais que realmente garanten a seguridade: manter a distancia social mínima e extremar as medidas de hixiene, pois a día de hoxe ningún organismo sanitario estableceu a obrigatoriedade (nin sequera a recomendación) do emprego masivo de mascarillas por parte da cidadanía. Cando sexa preciso e se conte con material suficiente, o Concello organizará o reparto con tódalas garantías sanitarias, evitando situacións que poidan propagar en maior maneira o virus, como pode ser o reparto masivo porta a porta por parte de numerosas persoas”.

‘Fame de Experiencias’, medalla de prata nos ‘TV&Film Awards Festival’ de New York

Novo recoñecemento internacional, e xa van tres, para a campaña ‘Fame de experiencias’ coa que a Deputación de Pontevedra promoveu en 2019 o destino Pontevedra Provincia. O audiovisual, producido pola empresa Esmerarte, vén de alzarse coa medalla de prata nos TV&Film Awards Festivals de New York. A Deputación e o destino foi a única representación de todo o Estado en obter o podium na modalidade de ‘Turismo’ do prestixioso festival internacional, despois de lograr entrar, xunto con Madrid, entre os 15 finalistas de entre os 50 países que competían. Trátase do terceiro recoñecemento a esta campaña, que primeiro obtivo en FITUR o premio ao mellor audiovisual, impoñéndose a 60 candidaturas e, despois en Berlín no Certame The Golden City Gate.

Para Carmela Silva esta medalla de prata nos TV & Film Awards Festivals pon en valor, “o traballo ben feito desta administración, mostra que imos no bo camiño, e premia a creatividade e talento do audiovisual da nosa provincia”. En New York, o feito de situarse entre os 15 finalistas xunto a destinos como Azerbaijan, Nova Zelanda, Dinamarca, Serbia, Grecia, Chile, Suíza, Singapur, Portugal, Noruega, Finlandia, Francia ou a propia cidade de Madrid, era xa para a presidenta da Deputación “un auténtico premio”.

Carmela Silva: “Representa que iamos ben encamiñados e que agora temos que seguir traballando para que despois desta situación de confinamento sexamos capaces de reinventarnos para seguir sendo un destino turístico con grande potencialidade”

Agora, esta medalla “nos sitúa como o único destino estatal en acadar o podium e temos unha excelente oportunidade de difundir o noso destino en novos mercados e representantes da industria audiovisual, influencers, cineastas e directores creativos de todo o mundo”. A presidenta da Deputación amosou a súa “enorme alegría” e subliñou que o recoñecemento manifesta o “acerto da promoción dun destino sostible, ligado ao territorio, que pon en valor a natureza, a proximidade, as persoas que forman parte do conglomerado turístico, a gastronomía, a viticultura e todas as produtoras e produtores”. Xunto a este feito, para a presidenta o galardón no festival internacional de New York tamén significa “que iamos ben encamiñados e que agora temos que seguir traballando para que despois desta situación de confinamento sexamos capaces de reinventarnos para seguir sendo un destino turístico con grande potencialidade”.

O vídeo ‘Fame de experiencias’, promove a gastronomía de excelencia da provincia de Pontevedra, poñendo en valor ás persoas produtoras e ao produto de excelencia e de calidade que se xera nunha contorna única: Rías Baixas.

A plataforma ‘#euquedonacasa’ do Concello do Rosal ofrece unha morea de novidades para afrontar o confinamento

0

Continúan crecendo as propostas colgadas na plataforma ‘#euquedonacasa’ do Concello do Rosal para desfrutar en familia deste tempo de confinamento con actividades sinxelas e divertidas, pero tamén para dar resposta a algunhas das dúbidas en materia de emprego, de medidas de protección de contaxios por COVID-19, axudas económicas ou de impostos autonómicos que foron xurdindo nas últimas semanas.

Así, nos últimos días incorporáronse a esta web novas propostas para entreter con experimentos as horas de lecer durante a corentena, probas sinxelas con elementos que se poden atopar na casa e feitos paso a paso cos que os nenos e nenas desfrutarán creando efectos ópticos, facendo unha lámpada de lava, pasas bailarinas ou experimentando co que lle pasa a un óso cando se mete nun líquido como o vinagre. Moitas novidades tamén no apartado de manualidades, con novas e entretidas ideas como a creación de flores con CD’s, facer unha galiña de papel, decorar ovos, facer figuras con noces, decorar unha camiseta de xeito personalizado ou facer papel reciclado se xeito sinxelo.

Novidades tamén no apartado de receitas, con pratos sinxelos cos que nenos e nenas poden ir introducíndose na cociña e nos que introducir novos alimentos sans de xeito diferente. Así, na plataforma poden atoparse receitas para facer gofres sans, ruliños de grelos con tetilla, espaguetes con brócoli, rabo de tenreira ou unha torta de queixo fría, todos pratos para chucharse os dedos. O recuncho de lectura inclúe tamén unha nova referencia, a de Baía Edicións, que pon a disposición do público varios libros para descargar de balde dende a súa web para ler durante o confinamento facendo un uso responsable.

Lembra que acabamos de poñer en marcha un novo xogo, #nacasaperoenforma, no que se pide a todos os veciños e veciñas que envíen fotografías facendo deporte na casa: imaxes que recollan situacións cómicas, levantamentos de pesos orixinais, lugares impensables, retos imposibles… que se irán publicando nas redes sociais do Concello. E continuamos co xogo #desdeamiñaventá, con fotos tomadas desde as fiestras dos rosaleiros e rosaleiras amosando as marabillosas paisaxes que se poden atopar no Rosal. Para participar en calquera dos xogos hai que enviar a información a [email protected] cos requisitos indicados nas bases de ambas iniciativas, dispoñibles na web.

Importantes tamén as recomendacións, que conta cun vídeo por cortesía de Sabine Pfister para mellorar o estado de ánimo nestes días de confinamento practicando o ioga da risa. No apartado de medio ambiente pódese atopar recomendacións coas que diminuír o consumo e facilitar a reciclaxe, pero tamén todos os elementos e pasos necesarios para facer cousas como xabón ou desodorizante caseiro.

O apartado de emprego segue a dar resposta ás cuestións máis urxentes relativas a ERTEs, oficinas de emprego, subsidios ou prestacións durante o estado de alarma, pero tamén recomendacións ou boas prácticas nos centros de traballo para a prevención de contaxios; as medidas adoptadas polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones; información sobre as políticas económicas e laborais aprobadas pola Xunta de Galicia ante o coronavirus; as axudas económicas da Consellería de Economía, Emprego e Industria ante a pandemia; ou información sobre a suspensión de prazos para a presentación dos impostos autonómicos relacionados con transmisións patrimoniais, actos xurídicos documentados e de sucesións.

Todas as veciñas e veciños poden contribuír a enriquecer esta plataforma municipal e interactiva achegando as súas ideas, suxestións ou inquedanzas a través do correo electrónico [email protected].

Empresas de Nigrán súmanse á iniciativa do Concello de agasallar aos nenos e nenas nos seus aniversarios

0

O Concello de Nigrán suma cada vez a máis empresas solidarias e doazóns para colaborar nos efectos do Covid-19, ben mediante axuda as persoas en especial situación de vulnerabilidade ou ben para o festexo dos ‘aniversarios de balcón’.

Así, unha das últimas iniciativas solidarias para engrosar o agasallo dos aniversarios dos cativos que organiza o Concello é a entrega dun vale dunha hora por parte do parque de entretemento Indiana Bill (para cando este volva a estar operativo) ademais dunha bolsa de chuches regalada por ‘Lambetadas’, na Ramallosa tamén.

[su_image_carousel source=”media: 14373,14374,14371,14372,14370,14369,14368″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

A maiores, o Concello recibíu esta semana un paquete anónimo cunha carta de agradecemento que contiña preto de medio cento de broches de fieltro coa forma do corazón da campaña municipal ‘Paciencia, Cariño e Calma’, tamén para os aniversarios.

Os agasallos a nenos constan sempre de libros e dunha mochila de Aqualia, no caso dos bebés é unha caixa de ‘apego’ que contén diferente material (un álbum de fotos, un polviño-axóuxere, un medidor…). Ademais, a Policía Local de Nigrán aporta a este paquete un ‘Diploma’ Especial Quédate en Casa’ valorando o bo comportamento e actitude durante o confinamente.

“As mostras de solidariedade son infinitas e sería imposible nomear a todas as persoas e empresas. Estamos moi orgullosos do comportamento do texido social e empresarial de Nigrán nesta grave crise sanitaria”, subliña o alcalde, Juan González.

A Deputación encarga un protocolo específico no ‘Príncipe Felipe’ para regular as saídas dos e das menores

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presidiu hoxe unha nova xuntanza do Comité de Seguimento do COVID19 no Príncipe Felipe, no que a preparación da medida anunciada polo Goberno de España para permitir as saídas controladas dos e das menores de 14 anos foi o asunto principal. Con esa previsión, Silva encargou a elaboración dun Protocolo específico para regular, ao detalle, o xeito en que se van efectuar eses paseos por parte das nenas e nenos do Centro.

O Comité de Seguimento e o director, Manuel Cendón, quedaron encargados de dar forma ao protocolo unha vez que se aprobe o Real Decreto. O documento establecerá a adaptación da norma estatal a un Centro que, polas súas características require de pautas específicas. Na xuntanza recalcouse que o protocolo deberá ser exhaustivo: “Non debemos correr ningún risco que bote por terra o magnífico traballo feito ata o de agora, así que é a nosa obriga facer todo o posible para seguir así”, destacou Silva.

Carmela Silva aplaudiu o esforzo e dedicación de todo o persoal do Príncipe Felipe e tamén o “comportamento exemplar” das rapazas e rapaces durante todo o confinamento. “Os máis cativos están a darnos leccións dunha gran responsabilidade”. A presidenta aproveitou a xuntanza para informar de que no marco da potente campaña da Deputación con motivo do Día do Libro, que se celebra mañá, Príncipe Felipe tamén vai formar parte co agasallo dun exemplar de literatura infantil e xuvenil para cada un dos e das menores internos.

Asemade, vaise desenvolver unha campaña nas Redes Sociais da Deputación inserindo citas literarias que os nenos e nenas acheguen baixo a etiqueta “PrincipiñxsDosLibros”. Só unha hora despois de poñer a campaña en marcha, a práctica totalidade dos e das menores residentes xa amosaron as súas preferencias literarias con cómics, contos clásicos, novelas de misterio, etc.

Ademais de todo elo, valorouse a progresiva chegada de material de protección para todo o persoal, o cumprimento das normas de prevención e, finalmente, a gran acollida que tivo a medida de implantar o servizo de teleconferencia na sala de televisión para facilitar o contacto das nenas e dos nenos coas súas familias. Un cambio que, en palabras do persoal, “foi todo un acerto porque para eles e elas non é o mesmo velos pola pantalla do móbil que por un monitor de televisión e, de feito, houbo moita emoción, especialmente, por parte dos máis pequenos”.

Baiona incentiva a creatividade literaria no confinamento co certame de relato curto ‘O Enxeño Engaiolado’

0

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura e do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal que xestiona Miriam Costas, vén de convocar o certame de relato curto ‘O Enxeño Engaiolado’, unha iniciativa coa que se busca celebrar o Día do Libro 2020 incentivando, dende o confinamento, a creatividade literaria.

Quere así o Concello, darlle un especial relevo a esta data significativa das letras universais que conmemora o falecemento, un 23 de abril de 1616, de tres das súas grandes figuras: Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega.

Lembra Miriam Costas que precisamente en situacións de confinamento xurdiron grandes creacións artísticas “Cervantes, Oscar Wilde, Unamuno ou Miguel Hernández, escribiron algunhas das súas grandes obras en cárceres ou privados de libertade” e agora, “esta situación de corentena obrigada pola emerxencia sanitaria do COVID-19, –engade a concelleira de Cultura– é un bo momento para amosar a nosa capacidade de creación literaria”.

O certame está aberto á participación de todas as persoas maiores de 16 anos que deberán presentar un relato breve cunha extensión comprendida entre 1.500 e 4.000 palabras, escrito a dobre espazo en Arial de 12 puntos.

Os orixinais que deberán ser inéditos, poden estar escritos en galego ou castelán, e deberán ter como tema central ou colateral a biblioteca, o libro ou a lectura.

Os orixinais enviaranse por correo electrónico ao enderezo [email protected] en formato PDF e asinados cun pseudónimo. Nun correo aparte co mesmo pseudónimo, enviarase outro arquivo cos datos persoais do autor ou autora (nome e apelidos, DNI e teléfono)

O prazo para presentación de traballos, que se abrirá o 24 de abril, permanecerá aberto ata o 24 de xuño do 2020.

O xurado, composto por especialistas no ámbito bibliotecario e literario, concederá tres premios consistentes en cheques-libraría canxeables en librerías de Baiona ata o 31 de decembro de 2020. O primeiro premio consistirá nun vale de 300 €; o segundo premio, 200 € e, finalmente, o terceiro premio, 100 €.

A Concellería de Educación convoca o concurso de debuxo ‘Ponteareas dende a ventá’

A concellería de Educación do Concello de Ponteareas, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, vén de poñer en marcha o concurso de debuxo ‘Ponteareas dende a ventá’, iniciativa dirixida ao alumnado de primaria que “pretende recoller as sensacións dos nosos nenos e das nosas nenas sobre a pandemia do COVID-19”, explica Cristina Fernández.

O tema dos debuxos deberá estar relacionado con Ponteareas, coa súa veciñanza e coa situación de confinamento na primavera deste ano 2020 por mor do COVID-19. A concellería suxire que usen como marco unha fiestra na que se poden asomar e reflectir o que lles gustaría mirar dende ela ou o que lles faría ilusión ver. Os debuxos deberán conter unha frase do autor ou autora en galego que non exceda das vinte palabras e que exprese os seus sentimentos nesta etapa na que están privados de asistencia presencial nas escolas.

O alumnado interesado poderá consultar as bases na páxina web do concello na pestaña Ensino, ‘bases ensino’ ou directamente na ligazón https://ponteareas.gal/servizos/ensino/bases-ensino/

Os traballos poderán enviarse por correo electrónico a [email protected] ou por WhatsApp no número de teléfono 673 080 865 dende hoxe ao día 8 de maio de 2020.

Un xurado composto por deseñadores/as e creadores/as ponteareáns/as elixirá quince traballos que formarán parte dos calendarios de sobremesa do ano 2021 que a concellería repartirá entre o alumnado de infantil e primaria dos centros educativos de Ponteareas no Nadal deste ano, ademais de formar parte de distintas actividades que programará o Concello. Todas e todos os que participen recibirán un diploma de recoñecemento.

Na páxina web do Concello publicaránse os resultados ao longo da segunda quincena de maio logo de terllo comunicado aos e ás seleccionadas.

Redondela xestiona a compra de 50.000 máscaras cirúrxicas homologadas para distribuír entre a cidadanía

0

O Concello de Redondela recibirá, ao longo desta semana, un pedido de 50.000 máscaras homologadas cuxa compra xestionouse con distintos provedores durante estas dúas últimas semanas. Unha vez que o Concello redondelán teña estes elementos de protección, serán distribuídos entre a cidadanía buscando, dese xeito, o procedemento máis apropiado segundo as normas de prevención e salubridade.

Na mesma liña, o Goberno de Redondela solicitou á Vicepresidencia da Xunta de Galicia outro lote de 20.000 máscaras coa mesma finalidade.

Cómpre lembrar que, ao longo destas últimas semanas, o Concello xa puxo a disposición da poboación mais vulnerable, máis de 3.000 máscaras homologadas que son distribuídas polas farmacias do municipio e, do mesmo xeito, distribuíronse entre as e os traballadores/as e autónomos/as máis de 1.000 máscaras “co fin de que poidan desenvolver as súas actividades coas garantías sanitarias básicas”.

A alcaldesa Digna Rivas subliñou o feito de que, se o Concello dispón das máscaras ao longo desta semana “significa que vén traballando dende hai bastante tempo para conseguir este material, dadas as dificultades que teñen moitas empresas provedoras para contar con máscaras homologadas”.

En todo caso, Rivas lembra que, a día de hoxe “segue vixente o estado de alarma e as persoas que teñen que permanecer nos seus domicilios non precisan deste tipo de protección”. A adquisición destas 50.000 unidades de máscaras de protección, engade a alcaldesa de Redondela, “faise coa vista posta no momento en que se comecen a flexibilizar as medidas do estado de alarma e a veciñanza poida saír, de xeito controlado, ás rúas”.

O Equipo de Goberno, matiza Digna Rivas, centrou ata o de agora os seus esforzos “nas persoas que, por motivos laborais ou estado de vulnerabilidade precisan, agora mesmo e de xeito urxente, máscaras de protección homologadas”.

A Biblioteca Municipal de Tui celebra o Día do Libro ‘Tui Le’ coa distribución de libros no mercado municipal

0

A Biblioteca Pública Municipal de Tui promove unha iniciativa para achegar os libros á cidadanía co gallo da celebración mañá xoves, 23 de abril, do Día do Libro, unha data para a que estaba programada a undécima edición de ‘Tui Le’, unha xornada de actividades arredor do libro e a lectura que organizan anualmente as bibliotecas escolares dos colexios e institutos de Tui xunto coa Biblioteca Municipal tudense (unha iniciativa á que este ano tiña previsto sumarse tamén a Biblioteca Municipal de Valença).

Asi pois para a celebración desta data e favorecer que esta celebración poida chegar a un maior número de persoas, dende a Biblioteca Municipal tudense promóvense dúas iniciativas

  1. A distribución de libros de balde a todos os lectores interesados, así haberá un carro con libros ofrecidos pola Biblioteca Municipal na Praza de Abastos tudense para que aqueles interesados poidan coller un exemplar e gozar posteriormente coa súa lectura na casa. Os promotores solicitan aos interesados que garden as distancias de seguridade, usen luvas e non manipulen os libros para garantir unhas medidas hixiénicas mínimas. Estes carros quedarán a disposición dos interesados ata esgotar as existencias. Esta actividade é posible gracias á colaboración da concellería de Comercio e Mercado.
  2. Para celebrar Tui Le, o encontro anual das bibliotecas escolares do noso concello que iba a realizarse o venres 24 de abril, haberá a través das redes sociais do Concello de Tui o acceso a unha mensaxe que cada centro bibliotecario ofrecerá para conmemorar esta data e lembrar a todos que a lectura é unha boa alternativa para este tempo de confinamento.

Con estas dúas propostas a Biblioteca Municipal e a concellería de Cultura do Concello de Tui procuran ideas para continuar traballando a prol do libro e a lectura dende o convencemento que é unha ferramenta básica para o desenvolvemento persoal e social.

Plataforma ‘Galicia Le’

Tamén a Biblioteca Municipal lembra as posibilidades que na rede existente para o acceso de balde a numerosos recursos bibliográficos a disposición de todos. Lembramos que os nosos socios ou calquera cidadán pode acceder a ‘Galicia Le’ (https://www.galiciale.gal/).

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o ‘Catálogo galego’ e outro que aloxa o ‘Catálogo en castelán’. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademais, desde un lector de libro electrónico.

Tomiño rexistra o dobre de solicitudes para o baleirado de fosas sépticas durante o confinamento

0

No Concello de Tomiño incrementouse o número de baleirados de fosas sépticas dende a declaración do estado de alarma polo Covid-19. Á falta do reconto final que se fará tras o confinamento, rexistráronse 26 baleirados durante o período dos cales 2 foron dobles. Comparativamente, no mesmo período do ano 2019, houbo 15 baleirados; practicamente a metade dos producidos este último mes.

Asemade, durante o período de confinamento rexistráronse 10 novos usuarios, número elevado comparado con outros períodos similares nos que, de media, súmanse de 3 a 5 novos usuarios ao mes. Este incremento produciuse, problablemente, debido á maior presenza das persoas nos seus fogares, o que aumenta o gasto e tamén as taréfas de mantenemento das fosas.

O servizo de baleirado préstase con operarios municipais, dúas veces por semana, martes e xoves, normalmente. O concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez, agradeceu “a boa disposición” dos operarios municipais que realizan os baleirados, así coma o do técnico de medioambiente, que se ocupa de xestionar a parte administrativa correspondente para a execución dos mesmos.

O BNG de Redondela cualifica de “neglixente” a xestión da Xunta no CAPD de Chapela

0

O BNG de Redondela chamou hoxe a atención sobre o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Chapela, dependente da Consellería de Política Social, que, segundo a formación nacionalista, converteuse dende o inicio da pandemia “nun dos centros máis afectados pola extensión da enfirmade” chegándose a un ‘pico’ “de setenta contaxiados e contaxiadas entre persoal e usarios e usuarias, dúas das cales acabaron finando”.

Para o portavoz nacionalista, Xoán Carlos González, estes datos fan patente “a neglixente xestión da xefatura territorial da Xunta de Galiza” que, asegura, “abandoou á súa sorte aos traballadores e traballadoras na loita contra a expansión da epidemia, “só mitigada polo compromiso dos profesionais co apoio da dirección do centro”, afirman. Sinalan que entre o propio persoal titular, e aquel que conformaba as bolsas de traballo, instalouse o medo.

Á mala xestión sumouse o intento de silenciar o pasamento de dous dos usuari@s. “A requerimento dos grupos, a alcaldía de Redondela interesouse pola situación do persoal e usuarios e usuarias do centro. Dende a propia Xunta, negóuselle información á máxima representante da veciñanza redondelá cando xa había un falecido, ao que se sumou outro nos seguintes días”, apunta o voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González.

Consideran que se trata “dun acto inhumano, evitando recoñecer casos do CAPD de Chapela, por teren finado no hospital. Dende a Xunta desvinculouse a dous cidadáns falecidos, do que era o seu fogar. Exiximos que se disculpen ante as familias e os traballadores e traballadoras”.

Este descontrol e xestión deficitaria, entenden que debe levar á asunción de responsabilidades políticas na Consellaría de Política Social. “Podemos atoparnos nun dos episodios máis escuros na nosa bisbarra, en relación á xestión da epidemia motivada polo COVID-19”, afirman na nota emitida dende o BNG.

O PP de Ponteareas solicita ao Concello axudas para os gastos fixos dos autónomos mentres dure o confinamiento

O Grupo Municipal do PP de Ponteareas presentou un “engadido” as medidas que no seu momento solicitaron ao Concello e que foron recollidas nun borrador elaborado polo Goberno local e remitido aos grupos da oposición. Agora, o PP, que agradece que se recolleran “parte das medidas que solicitamos”, fan un engadido a maiores “para mellorar o documento”.

A portavoz municipal e presidenta local do PP, Belén Villar, agradece que o Goberno local “cambiase de opinión” e acceda a que a administración local “arrime o ombreiro”.

En todo caso, Villa solicita “unhas bases máis definidas”. Pide a concelleira popular que se distinga entre as axudas “ás empresas que están totalmente pechadas e aquelas que funcionan pero miraron reducidos os seus ingresos”. Dada esa distinción, a portavoz do PP propón “unha axuda cun máximo de 700 euros mensuais para os que están pechados e 350 euros para os que  están con actividade”, explica.

Por outra banda, os populares consideran necesaria “unha simplificación na tramitación das axudas” e que non lles sexan solicitados “tantos requisitos” como esixe o Goberno local. Tampouco coinciden en que se limiten as axudas “a empresarios que teñan ou non traballadores ao seu cargo”. Belén Villar avanza que serán temas “a tratar na próxima reunión” e que esperan que o Goberno local “valore facer estas pequenas matizacións”.

As Bibliotecas municipais de Redondela participan no vídeo de 31 bibliotecas galegas para conmemorar o Día do Libro

0

As persoas responsables das bibliotecas, que están pechadas por mor da pandemia da COVID-19, son as protagonistas e as caras visibles deste audiovisual, que quere mostrar que estes centros seguen a traballar e a buscar novas formas de contactar co público lector. A acción enmárcase dentro das actuacións cooperativas que está a poñer en marcha un grupo de traballo formado por 31 bibliotecas públicas municipais pertencentes á Rede de Bibliotecas de Galicia. Desde marzo, abren novas canles para compartir experiencias e fomentar a participación, mesmo en tempos de confinamento.

O vídeo conmemorativo do Día Internacional do Libro é unha destas iniciativas. Nel aparecen as propias persoas encargadas das bibliotecas.

O espírito do vídeo é amosar a proximidade do servizo bibliotecario, aínda que as bibliotecas non estean abertas ao público. A ritmo da música de Guadi Galego (‘Chea de vida’) e Migallas (‘O libro máxico’), as bibliotecarias e bibliotecarios, un a un, van intercambiando libros en pequenas pezas realizadas desde as súas propias casas, simbolizando un traballo en rede cooperativo e de axuda común.

Outra iniciativa posta en marcha por este grupo ao comezo do estado de alarma é o deseño dun banco de recursos baixo o nome de #horadoconto, que consiste en recomendar unha lectura. As escollas fanse públicas de luns a venres a través das redes sociais e páxinas web municipais. Cada día, unha das bibliotecas é a responsable de realizar dita recomendación, en diferentes formatos, xéneros e idiomas. A proposta ten como propósito fomentar a lectura e o contacto cos libros.

As bibliotecas públicas municipais que conforman esta iniciativa son dos concellos de: Antas de Ulla, Arteixo, A Pobra do Caramiñal, As Pontes, Baiona, Boiro, Caldas de Reis, Chantada, Chapela-Redondela, Coirós, Corcubión, Miño, Mondariz Balneario, Narón, Noia, O Pino, O Saviñao, Ordes, Oroso, Portonovo, Redondela, Rianxo, Ribadavia, Rois, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Santa Comba, Sober, Teo, Xermade e  Xinzo de Limia.

O Servizo de Emprego de COGAMI atende a 3.356 persoas con discapacidade dende o inicio do confinamento

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) da Confederación Galega de Persoas coan Discapacidade (COGAMI) atendeu a un total de 3.356 persoas con discapacidade dende o 16 de marzo, o primeiro día no que pecharon todas as oficinas situadas nas sete cidades galegas e puxo en marcha o teletraballo, tralo establecemento do estado de alarma.

O cadro de persoal desta área de emprego, formado por 40 profesionais de orientación laboral e axentes de emprego, continúa mantendo o contacto con todas as persoas inscritas na base de datos que manexan a través do contacto telefónico ou o envío de correos electrónicos, no caso de non poderse establecer a comunicación telefónica.

A través destes contactos, faise un seguimento ás persoas usuarias deste servizo do SIL para actualizar a base de datos que actualmente contempla a 18.521 persoas inscritas como demandantes deste servizo. Estes contactos serven para coñecer tamén cal é a situación laboral actual que contemplan, moitas delas confirmaron estar nun ERTE, outras teñen medo porque contan cun contrato laboral temporal e cren que non será renovado e outras, agradecen poder compartir con outra persoa os temores que están vivindo.

A situación que actualmente viven as empresas está incidindo directamente nos datos de inserción. A pesares da caída do 80% na xestión de ofertas de emprego que chegan dende as empresas, COGAMI rexistra só unha baixada do 10% das insercións laborais con respecto ao primeiro trimestre do ano anterior. “Temos que seguir traballando na busca de oportunidades laborais para persoas con discapacidade”, apunta a coordinadora do SIL, Mary Carmen Ínsua. “Son momentos complexos para as empresas e tamén para o noso colectivo. Nós estamos aquí traballando e prestando servizos gratuítos de orientación laboral especializada en persoas con discapacidade coa finalidade de lograr a inclusión laboral”.

O SIL de COGAMI: orientación cara ao emprego

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral de COGAMI está a disposición das persoas con discapacidade que buscan traballo e tamén das empresas que requiran do seu servizo, como xa leva facendo dende que iniciou en 1996.

É colaborador do Colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia e ten autorización como Axencia de Colocación co número 1200000003. Este servizo, se ben está situado nas sete cidades galegas, o equipo de 40 profesionais en orientación laboral e axentes de emprego desprázase tamén ás zonas rurais para atender as demandas destas zonas.

Nigrán canaliza co profesorado a realización de fotocopias e entrega a domicilio para o alumnado sen medios técnicos

0

O Concello de Nigrán, ante o inicio da terceira avaliación e con elo maior demanda de tarefas ecolares, canaliza directamente co profesorado a realización de fotocopias e posterior entrega a domicilio para todos aqueles alumnos sen medios técnicos. Así, son os propios titores os que facilitan ao correo electrónico da Concellería de Educación os documentos que precise cada estudante en concreto indicando a dirección de entrega e un contacto telefónico para poder achegarllo persoalmente desde o Concello.

O servizo, presentado xa ás direccións de todos os centros educativos públicos de Nigrán e xa en marcha desde este luns, pretende solventar deste xeito as carencias de cada familia e evitar as desigualdades no eido educativo. “Non queremos que as familias sen medios técnicos sexan, aínda por riba, as máis prexudicadas deste parón da ensinanza presencial, por iso garantimos que durará mentres non haxa clases presenciais”, indica o alcalde, Juan González.

A propia edil de Educación, Marina Vidal, comezou o luns pasado a realización de fotocopias e as está a entregar diariamente nos domicilios de Nigrán que os titores lle indican. Durante todo o tempo que dure o confinamente será ela quen se ocupe directamente de levar adiante o servizo.

A listaxe de ‘pacientes de coronavirus’ indigna a Movemento Salceda

A publicación nun medio de comunicación dunha listaxe de ‘pacientes coronarivus’ de centros de saúde do sur sa provincia, entre eles o de Salceda de Caselas, amais de espertar a indignación de Movemento Salceda e persoal sanitario, lévanos tamén a facer unha fonda reflexión sobre o COVID-19 e a ética da información. Nunha situación de gravísima crise sanitaria é cando os medios de comunicación maior responsabilidade deben adoptar á hora de publicar determinadas información e, en todo caso, esas teñen que ser meridianamente claras para que non ofrezan ningún tipo de dúbida.

Salceda ten, nestes momentos, 7 persoas contaxiadas –bastante lonxe das 39 que asegura o xornal en cuestión–, todas elas con síntomas leves e confinadas nos seus domicilios e, no que as residencias atinxe, non se deu ningún caso positivo. Así consta nos datos que, cada dous días, trasládanse ao Comité de Seguimento formado pola alcaldesa de Salceda, a xefa de servizo do Centro de Saúde de Salceda, a concelleira de Sanidade e o portavoz do grupo municipal do PP.

Publicar unha listaxe de ‘pacientes coronavirus’ na que non se especifica se se fai referencia a persoas contaxiadas, persoas en corentena ou persoas que se lles realizou a proba –independentemente do resultado da mesma–, non contribúe, nin de lonxe, a ofrecer ningún tipo de información válida e si, en cambio, en crear un alarmismo innecesario na poboación –sobre todo na de idade máis avanzada– amais poñer en entredito os datos que posúen os e as profesionais dos centros de saúde, punta de lanza nesta batalla.

A ‘Ethical Journalism Network’ (Rede de Xornalismo Ético), unha páxina que debería ser de lectura obrigada para todas e todos os profesionais, ofrece nestes días unha magnífica guía titulada ‘7 puntos para cubrir unha pandemia’. Chama a atención o EJN sobre un principio deontolóxico aplicable, específicamente, en casos de crises extremas como é, tristemente, a do COVID-19.

Fai fincapé especial sobre o concepto ‘Humanidade’ e sinala textualmente que as e os profesionais debemos ter en conta que o que publiquemos pode ser ferinte polo que recomendan encarecidamente “que debemos ser conscientes do impacto das nosas palabras, datos e imaxes na vida dos demais”.

Recomenda, un pouco máis adiante “ser sensibles cos recordos e emocións das familias dos e das afectadas”.

Unha listaxe como a publicada, con ambigüidades claras e datos confusos, non é nin de lonxe unha práctica ética recomendable. Négome a pensar, como xornalista con case que catro décadas de profesión ás costas, que un medio publique informacións deste tipo co ánimo de que se ‘fagan virais’ (que se di agora) e quero, prefiro e desexo atribuílo a un erro que, sendo humanos como somos, tamén é posible.

O novo aspecto da contorma do Auditorio e Praza de Abastos de Ponteareas comeza a tomar forma

O goberno de Ponteareas (BNG-PSOE) asegurou hoxe que as obras de humanización da rúa Fernández Vega na contorna do auditorio-praza de abastos “afrontan a súa fase final coa colocación do pavimento e remate de arquetas, sumidoiros e instalacións eléctricas”.

A empresa adxudicataria procede nestes días á colocación do solado, pavimentos de granito e rematado do formigón de cor. No día de onte comezouse coa colocación das instalacións eléctricas e procederase a continuación coas instalacións de regadío para logo seguir coa colocación do mobiliario urbano e a apertura total dos accesos.

Na pasada semana ademais rematáronse os traballos para reparar unha importante rotura da tubaxe de saneamento situada no lateral esquerdo da praza de abastos descuberta durante as obras de humanización. Unha empresa especializada realizou estes traballos que requiren actuar a varios metros de profundidade.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote, sinalaron que nas vindeiras semanas estarán rematadas estas obras enmarcadas na estratexia ‘Ponteareas, hábitat saudable’ financiadas cos fondos de desenvolvemento rexional da Unión Europea (fondos FEDER) que custean o 80% e cos fondos propios do concello que se fai cargo do 20%.

“Este espazo entre o auditorio e a praza de abastos será un espazo de convivencia que dará a benvida a toda a veciñanza unha vez que superemos esta situación temporal de estado de alarma. Precisamente esta situación provocou o retraso no subministro do mobiliario urbano que será colocado en canto chegue”.

O tramo entre o auditorio municipal e a praza de abastos é agora unha plataforma única coa estética dunha praza aínda que manterá a circulación de vehículos. Éstes deberán subir á plataforma e circular a tan só 20 km/h, garantindo así a seguridade dos peóns. O obxectivo da actuación foi converter esa zona comercial con grande movemento de persoas nun amplo espazo peonil atractivo, agradábel e seguro, con mobiliario urbano como bancos, nova iluminación e arborado de certo porte.

A Deputación anticipa ao Concello de Ponteareas preto dun millón de euros do fondo extraordinario de liquidez do ORAL

A Deputación de Pontevedra vén de autorizar ao concello de Ponteareas o anticipo de 916.962,50 euros do novo Fondo Extraordinario de Liquidez do ORAL, dotado con 21 millóns de euros, unha das medidas do goberno provincial para dotar de máis recursos aos municipios para facer fronte ás necesidades da veciñanza nesta situación de crise sanitaria xerada polo COVID-19. Trátase da cantidade aproximada que o concello de Ponteareas obterá por toda a recadación tributaria deste ano, tomándose como referencia a de 2019. O diñeiro é adiantado en 48 horas ao concello pola institución provincial a coste cero, a pesar de que o Servizo ORAL, no que Ponteareas ten delegadas as competencias para o cobro e taxas e tributos, aínda non recadou nada do correspondente a este ano 2020.

Trátase do sexto concello da provincia, despois de Arbo, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Catoira e Cuntis en acollerse a este Fondo do ORAL para inxectar liquidez municipios, anticipos que ata hoxe suman un adianto por parte da Deputación de 1,8 millóns de euros. Con esta iniciativa, respéctase a autonomía municipal e se dá resposta ás necesidades das vilas e pobos para que poidan enfrontar á crise.

A solicitude de Ponteareas chegou este luns e xa se elaborou a autorización para ingresar de forma inmediata o anticipo excepcional de taxas e prezos públicos que lle corresponden atendendo ao recadado no 2019. Así, da cantidade de 916.962,50 euros, a meirande parte (806.411 euros) corresponde ao anticipo da futura recadación deste ano pola taxa de recollida de lixo e o resto aos tributos polos postos da praza de abastos, postos públicos, vaos e utilización de dominio público por reserva da vía pública.

O Fondo de Liquidez do Servizo ORAL forma parte da batería de medidas postas en marcha polo goberno da Deputación de Pontevedra, a raíz do Estado de Alarma, polo coronavirus para achegar recursos de xeito útil, próximo, rápido e eficaz aos concellos máis pequenos da provincia. Amais, no pleno que se celebrará este venres día 24 levarase tamén á aprobación un plan específico de pagos personalizados que posibilitará á cidadanía e ás empresas o abono fraccionado en varios meses, sen xuros, das cotas do IBI, o IAE, e o IVTM. Amais, ao través do ORAL, a institución provincial tamén prestará o seu asesoramento e colaboración aos concellos, na tramitación dos expedientes necesarios para a modificación das súas ordenanzas fiscaisen relación coas medidas que, na súa potestade tributaria, decidan adoptar.

Ao Fondo do ORAL hai que engadir as axudas extraordinarias; a modificación das Axudas de Emerxencia para poder obter o 100% desde o primeiro momento; a do Plan de Servizos Básicos Comunitarios e o SAF; e o cambio da Liña 2 do Plan Concellos que os municipios da provincia poden agora destinar á crise sanitaria. Todas estas medidas supoñen poñer a disposición dos concellos máis de 28 millóns de euros.

O Monte Real Club de Iates anuncia o aprazamento do ‘Trofeo Repsol-Regata de Primavera’

0

O Monte Real Club de Iates decidiu aprazar a unha data aínda por determinar o Trofeo Repsol – Regata de Primavera que se ía a disputar entre o 1 e o 3 de maio. O aprazamento vén motivado pola situación xurdida por mor da crise sanitaria do Covid-19 e como consecuencia das restricións derivadas do Estado de Alarma, publicadas no Real Decreto 463/2020.

O artigo 10.3 do citado Real Decreto prohibe todo tipo de actividades deportivas e de lecer como «probas e exhibicións náuticas», que inclúe todas as actividades referentes a regatas ou probas e exhibicións náuticas mentres dure o Estado de Alarma.

Desde o Monte Real Club de Iates lamentamos enormemente esta situación pero entendemos que é responsabilidade do club cumprir coas restricións ditadas polas autoridades para facer fronte a este problema de saúde mundial.

Catorce concellos da provincia contarán de xeito inmediato con mestras e mestres composteiros

Catorce dos concellos adheridos ao Plan Revitaliza recibirán de maneira inmediata subvencións da Deputación para contratar quince mestres e mestras composteiras que se farán cargo dos centros de compostaxe e do control dos composteiros individuais de cada municipio. Este venres a Xunta de Goberno aprobará a axuda económica para este exercicio, que ascende a preto de 300.000 euros, e supón o 100% do salario para os oito meses que restan do ano.

A incorporación do persoal técnico para a compostaxe nos concellos está prevista para o 15 de maio, sen prexuízo de que se poidan producir retrasos motivados polo estado de alarma ou pola decisión dos propios gobernos locais. Segundo explica o vicepresidente César Mosquera, a Deputación decidiu retomar o proceso selectivo que quedara paralizado na fase de concurso no mes de marzo pola emerxencia sanitaria levantando a suspensión de prazos de forma motivada, xa que o servizo de tratamento de residuos, no que se inclúe a compostaxe, está considerado esencial.

Hai que lembrar que nestes momentos están activos todos os centros de compostaxe da provincia dependentes do Revitaliza. Estes son atendidos por un servizo básico de mestras e mestres composteiros da Deputación que realiza os labores de control do proceso –medicións de temperatura, enchido, impropios…-, así como de mantemento das garantías sanitarias. Durante as semanas do estado de alarma a equipa do Revitaliza ten constatado un aumento moi significativo das achegas de residuos orgánicos nos composteiros. De feito, tense contabilizado que o nivel de enchido tense duplicado como media e case cuatriplicado nalgúns centros de compostaxe comunitaria.

As e os mestres composteiros que se incorporen como persoal interino municipal por programa pasarán a reforzar o servizo provincial. Os concellos que pasarán a contar con mestras e mestres composteiros para traballar seguindo as indicacións do plan de compostaxe son Vilaboa, Bueu, Cangas e a Mancomunidade do Morrazo na comarca do Morrazo; Illa de Arousa, O Grove e Valga na zona do Salnés; A Guarda e Tui no Baixo Miño; Mondariz e As Neves no Condado; Gondomar no Val Miñor; e Poio e Ponte Caldelas na comarca de Pontevedra.

Para a concesión das subvencións aos concellos que este venres aprobará a Deputación, tivéronse en conta diferentes parámetros, principalmente, a experiencia acumulada no tratamento dos residuos orgánicos a través da compostaxe tanto nos centros de compostaxe comunitaria (CCC) como a través de composteiros individuais de exterior (COIN), ademais da realización doutras accións destinadas a fomentar a separación en orixe da FORM e a reciclaxe do resto das fraccións. Tamén se valorou a posibilidade de que os concellos teñan posibilidade de acadar o tratamento progresivo da totalidade da fracción orgánica de residuos municipais por medio de composteiros.

As subvencións para a contratación do persoal técnico aos concellos non se limitará a este exercicio de 2020, senón que se prorrogará durante dous anos máis aínda que con menor contía económica. Así, no 2021 a Deputación achegará o 50% (179.858,25 euros) e no 2022 unha partida de 107.914,95 euros (30%), facendo un total de 575.546,40 euros nos tres anos. O custe máximo por cada membro do plantel técnico será duns 28.800 euros.

Trátase da segunda vez que a Deputación facilita a contratación de persoal aos concellos adheridos ao plan de compostaxe provincial, tendo outorgado na primeira convocatoria axudas para a contratación de trece postos técnicos. As quince novas prazas c con peubriranse con persoal preparado en compostaxe, chamando en primeiro lugar ás persoas que forman parte da vixente bolsa de emprego e, en segundo lugar, da lista creada tras o proceso de selección realizado este ano pola Deputación.

Tui reforza a súa aposta pola recollida selectiva no rural con 40 novos colectores

0

O Concello de Tui recibiu no día de onte corenta novos colectores para a recollida selectiva que se van distribuír polas parroquias. Coa adquisición deste novos contedores, que están fabricados con material reciclado refórzase a recollida e envases lixeiros nas parroquias logo de detectar un incremento importante no volume deste tipo lixo e a demanda destes colectores para o seu depósito.

Ao longo deste ano, segundo avanza o alcalde, Enrique Cabaleiro, “realizaranse novas adquisicións de colectores para seguir estendendo a recollida selectivo e atender así as demandas da veciñanza neste senso”.