16.8 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránEmpresas de Nigrán súmanse á iniciativa do Concello de agasallar aos nenos...

    Empresas de Nigrán súmanse á iniciativa do Concello de agasallar aos nenos e nenas nos seus aniversarios

    Os paquetes para os nenos e nenas suman agora un vale do parque infantil Indiana Bill de 1 hora para cando retome a actividade e chuches de ‘Lambetadas’. Ademais, unha persoa anónima entregou broches de fieltro coa forma do corazón da campaña ‘Paciencia, Cariño e Calma’

    O Concello de Nigrán suma cada vez a máis empresas solidarias e doazóns para colaborar nos efectos do Covid-19, ben mediante axuda as persoas en especial situación de vulnerabilidade ou ben para o festexo dos ‘aniversarios de balcón’.

    Así, unha das últimas iniciativas solidarias para engrosar o agasallo dos aniversarios dos cativos que organiza o Concello é a entrega dun vale dunha hora por parte do parque de entretemento Indiana Bill (para cando este volva a estar operativo) ademais dunha bolsa de chuches regalada por ‘Lambetadas’, na Ramallosa tamén.

    A maiores, o Concello recibíu esta semana un paquete anónimo cunha carta de agradecemento que contiña preto de medio cento de broches de fieltro coa forma do corazón da campaña municipal ‘Paciencia, Cariño e Calma’, tamén para os aniversarios.

    Os agasallos a nenos constan sempre de libros e dunha mochila de Aqualia, no caso dos bebés é unha caixa de ‘apego’ que contén diferente material (un álbum de fotos, un polviño-axóuxere, un medidor…). Ademais, a Policía Local de Nigrán aporta a este paquete un ‘Diploma’ Especial Quédate en Casa’ valorando o bo comportamento e actitude durante o confinamente.

    “As mostras de solidariedade son infinitas e sería imposible nomear a todas as persoas e empresas. Estamos moi orgullosos do comportamento do texido social e empresarial de Nigrán nesta grave crise sanitaria”, subliña o alcalde, Juan González.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.