12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareas#FaiPonteConNós, campaña de apoio ao comercio local e hostalería de Ponteareas

    #FaiPonteConNós, campaña de apoio ao comercio local e hostalería de Ponteareas

    As primeiras iniciativas consisten nun concurso de creatividade con 10.000 euros en premios-vales de compra e un directorio de establecementos abertos durante o estado de alarma

    O Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Promoción Económica, que dirixe a nacionalista Eva Gil, puxo en marcha nas redes sociais Instagram e Facebook unha campaña baixo o hastag #FaiPonteConNós para apoiar ao comercio e hostalaría local durante o estado de alarma e na fase seguinte de recuperación.

    Eva Gil, Concelleira de Promoción Económica de Ponteareas

    As primeiras iniciativas van dirixidas a incentivar o consumo no comercio e hostelaría da localidade. Por unha banda, creouse un directorio de actividades en funcionamento durante o estado de alarma, onde se detallan os servizos e produtos que se ofrecen, se o establecemento conta con entrega a domicilio, etc. Conforme se produza a desescalada da pandemia e outros establecementos poidan abrir a listaxe irase actualizando. Para figurar neste directorio os establecementos interesados deben solicitalo á concellaría a través do correo promocioneconomica@ponteareas.gal ou no teléfono 673855422

    Ao mesmo tempo, a concellaría de Promoción Económica convocou o concurso ‘EU CREO NA CASA’, para dar a coñecer e premiar a creatividade da veciñanza durante o período de confinamento e, ao mesmo tempo, apoiar ao comercio e hostelaría local na súa recuperación económica.

    No concurso establécense 12 categorías: artes plásticas, fotografía, conto infantil, relato, poesía, cómic, artes escénicas, xogos, cociña e receitas. As persoas participantes poden concursar en todas elas.

    As creacións poderán ser compartidas desde o martes 28 até a finalización do estado de alarma e débense plasmar en textos, vídeos e fotografías, figurando neles de forma visible o hashtag #FaiPonteConNós.

    Outorgaranse dous premios de 50 euros por cada categoría para os participantes que obteñan maior número de “gústame”. O resto de concursantes participarán nun sorteo de 440 vales de 20 euros. Deste xeito os premios ascenden a un importe total de 10.000 euros que se traducirán en ingresos para o comercio e hostelaría local por ese importe, ademais dun incentivo para un maior consumo nese sector.

    As bases completas do concurso e sorteos poden consultarse na páxina web do concello www.ponteareas.gal e nas redes sociais da concellería de Promoción Económica. Os vales só poderán ser empregados nos establecementos hostaleiros e comerciais, incluidos os postos do Mercado Municipal, que se adhiran a esta iniciativa incribíndose a través do correo eléctronico promocioneconomica@ponteareas.gal ou no teléfono 673 855 422. O prazo de inscrición rematará cando conclúa o estado de alarma.

    A concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, adianta que haberá “máis medidas e iniciativas municipais para apoiar ao sector comercial e hostaleiro de Ponteareas e axudalo a superar esta grave crise”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.