8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona incentiva a creatividade literaria no confinamento co certame de relato curto...

    Baiona incentiva a creatividade literaria no confinamento co certame de relato curto ‘O Enxeño Engaiolado’

    A iniciativa, coa que o Concello de Baiona quere celebrar o Día do Libro, está dirixida ás persoas maiores de 16 años e manterá aberta a recepción de traballos ata o 24 de xuño

    O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura e do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal que xestiona Miriam Costas, vén de convocar o certame de relato curto ‘O Enxeño Engaiolado’, unha iniciativa coa que se busca celebrar o Día do Libro 2020 incentivando, dende o confinamento, a creatividade literaria.

    Quere así o Concello, darlle un especial relevo a esta data significativa das letras universais que conmemora o falecemento, un 23 de abril de 1616, de tres das súas grandes figuras: Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega.

    Lembra Miriam Costas que precisamente en situacións de confinamento xurdiron grandes creacións artísticas “Cervantes, Oscar Wilde, Unamuno ou Miguel Hernández, escribiron algunhas das súas grandes obras en cárceres ou privados de libertade” e agora, “esta situación de corentena obrigada pola emerxencia sanitaria do COVID-19, –engade a concelleira de Cultura– é un bo momento para amosar a nosa capacidade de creación literaria”.

    O certame está aberto á participación de todas as persoas maiores de 16 anos que deberán presentar un relato breve cunha extensión comprendida entre 1.500 e 4.000 palabras, escrito a dobre espazo en Arial de 12 puntos.

    Os orixinais que deberán ser inéditos, poden estar escritos en galego ou castelán, e deberán ter como tema central ou colateral a biblioteca, o libro ou a lectura.

    Os orixinais enviaranse por correo electrónico ao enderezo biblioteca@baiona.org en formato PDF e asinados cun pseudónimo. Nun correo aparte co mesmo pseudónimo, enviarase outro arquivo cos datos persoais do autor ou autora (nome e apelidos, DNI e teléfono)

    O prazo para presentación de traballos, que se abrirá o 24 de abril, permanecerá aberto ata o 24 de xuño do 2020.

    O xurado, composto por especialistas no ámbito bibliotecario e literario, concederá tres premios consistentes en cheques-libraría canxeables en librerías de Baiona ata o 31 de decembro de 2020. O primeiro premio consistirá nun vale de 300 €; o segundo premio, 200 € e, finalmente, o terceiro premio, 100 €.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.