Luns, 7 Xullo de 2025

A Guarda acolle, este sábado, o V Campionato Galego Inclusivo Salalom de Motonáutica

0

O martes día 18 de agosto de 2020 a Casa dos Alonso foi o escenario elixido para acoller a Presentación do V Campionato Galego Inclusivo Slalom de Motonáutica, unha proba deportiva que terá lugar o sábado 22 de agosto a partires das 11:00 h no Porto da Guarda.

Neste acto de presentación estiveron presentes Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda; Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes; José Fernández Prado, Presidente da Federación Galega de Motonáutica; Carlos Estévez Gómez, Vogal da Xunta Directiva da Federación Galega de Motonáutica e Marcos Casaleiro Pousadela, Vogal da Xunta Directiva da Federación Galega de Motonáutica e deportista participante no campionato.

José Fernández Prado, Presidente da Federación Galega de Motonáutica, quixo agradecer o apoio do Concello da Guarda para a realización desta proba deportiva, amosando a boa disposición e colaboración prestada sempre coa Federación.

Carlos Estévez Gómez, Vogal da Xunta Directiva da Federación Galega de Motonáutica, explicou que debido á pandemia da Covid-19 a participación vai ser un pouco inferior con respecto a de anos anteriores, agardando chegar aos 10 equipos, cun protocolo especial con uso de mascaras obrigatorio por parte dos participantes e a desinfección da embarcación entre cada exercicio. Carlos explicou que o funcionamento desta proba consiste en facer un percorrido entre boias, recollendo ao inicio unha pelota e facendo o percorrido nun tempo previamente marcado, existen bonificacións e penalizacións que ao final das probas van a outorgar as puntuacións de cada parella ou equipo participante. A proba terá inicio ás 11:00h da mañá no Porto da Guarda e a iso das 14:00h realizarase a entrega de premios, trofeos elaborados pola Asociación Avelaíña.

Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes, agarda que o tempo acompañe aos participantes este vindeiro sábado e que deste xeito podan gozar do entorno, da natureza e do mar.

Marcos Casaleiro Pousadela, Vogal da Xunta Directiva da Federación Galega de Motonáutica e deportista participante no campionato aproveitou a súa intervención para realizar un convite a toda a xente que o desexe a iniciarse no mundo da motonáutica, destacando que é unha experiencia moi boa, unha proba deportiva integradora que axuda ás persoas a achegarse ao mundo do mar e da navegación a motor.

Pechou este acto de presentación Antonio Lomba Baz, alcalde da Guarda, quen explicou que nesta época difícil que nos toca vivir, onde é complicado realizar probas deportivas, o Concello da Guarda estará sempre coa inclusión e co deporte, convidando tamén a toda a xente que o desexe a que empregue a gamela a vela adaptada ‘A Roncadeira’, para sentir o pracer da navegación, que se poña en contacto co Club Alagua, que xestiona dita embarcación. Rematou o edil co optimismo de facer este tipo de eventos deportivos, para continuar coas actividades anuais, moitas das cales se tiveron que suspender pola Covid-19.

Tomiño ampliará e optimizará a rede de saneamento cun investimento de máis de 100.000 euros

0

O Concello de Tomiño levará a cabo en breve dúas obras de saneamento cun investimento de 110.000 euros. Trátase, en primeiro lugar, da construción dun novo emisario da EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) situada en Goián, coma resultado dunha esixencia de Aguas de Galicia que se leva anos tramitando, co fin de evitar o pago do canon que se vén abonando á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, por consideralo abusivo. Neste sentido, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, lamenta que nin Aguas de Galicia nin á confederación, asuman o custe das obras (55.000 euros), polo que o Concello vese na obriga de solventalas con fondos propios.

No último pleno, celebrado no mes de xullo, aprobouse un expediente de modificación de créditos que permitirá dispor dos 55.000 euros que custarán as obras, a intervención será contratada en breve co propósito de tela operativa o antes posible.

As obras, consistentes na instalación dunha tubaxe ao longo duns 200 metros, cara ao Miño, onde chegarán os vertidos unha vez sexan tratados na estación depuradora.

Por outra banda, a Concellería de Servizos Públicos vai acometer novas obras de saneamento en distintos barrios do termo municipal, cun investimento previsto de 50.000 euros, co fin de levar o servizo a unhas 20 vivendas. Trátase de pequenos grupos de casas que quedaron ao marxe do saneamento por diferentes razóns e que demandan o servizo dende hai tempo, tendo nalgúns casos, problemas coas fosas sépticas.

Estes investimentos permiten facer enganches para grupos de vivendas, próximos aos colectores e ir ampliando así a rede municipal.

Na actualidade, un 60 % do total de unidades familiares existentes en Tomiño, contan co servizo público de saneamento e está previsto seguir ampliándoo progresivamente.

Mentres, e para afrontar a problemática derivada da amplitude xeográfica do municipio (106 m2) e da gran dispersión existente, o Concello pon a disposición da veciñanza dende hai tres anos, un servizo de baleirado de fosas sépticas. Así, a concellería subvenciona unha parte do custe do baleirado, co obxectivo de, por una lado, tentar axudar ás vivendas que non teñen acceso á rede de saneamento, e por outro, evitar verteduras ilegais, ter un censo dos verquidos e identificar problemas de contaminación.

O plan ‘Deporemse’ da Deputación, “cámbialle a cara” ao Porriño entre o colexio, instituto e pavillón de deportes

O Concello do Porriño está a poñer en valor a súa zona de equipamentos escolares e deportivos coa humanización executada no marco do Plan de Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse) da Deputación de Pontevedra. Os deputados provinciais Carlos López Font e Santos Héctor, acompañados pola alcaldesa, Eva García de la Torre e representantes municipais, visitaron hoxe a contorna, que loce un aspecto totalmente renovado de cara ao comezo do novo curso escolar.

As obras do plan DepoRemse, cun importe de 410.598 euros, están financiadas ao 85% pola Deputación e a un 15 % con fondos propios do Concello e teñen como ámbito de actuación a rúa Doantes de Sangue, unha zona de especial tránsito ao acoller o colexio Xosé Fernández López , o Instituto de Ensino Secundario, a escola infantil e a área deportiva do pavillón municipal.

Os traballos están na súa última fase de execución e consisten na rehabilitación do firme en toda a rúa Doantes de Sangue, así como a adaptación dos pasos de peóns e beirarrúas existentes ao modelo de mobilidade da Deputación. O proxecto inclúe tamén a pavimentación do camiño existente que comunica esta rúa con Doutor Paz Varela e a colocación de novas beirarrúas na rúa Fernández Areal. Así mesmo, os traballos supoñen a eliminación de zonas de estacionamento para ampliar as beirarrúas, o acondicionamento das zonas de estacionamento do bus escolar, coa ampliación desta área e o alongamento das beirarrúas, así como o aumento da iluminación nos pasos peonís e a mellora dos niveis de iluminación do viario. Por último, as obras inclúen tamén o redeseño de toda a sinalética na zona de actuación.

O deputado provincial Carlos López Font cualificou a actuación como “exemplar” e destacou a transformación desta zona para a mellora da calidade de vida da veciñanza do Porriño, “onde as persoas van ocupar aqueles espazos que antes ocupaban os coches”. Neste senso, destacou que o proxecto elixido polo Concello “coincide plenamente e se axusta á idea que temos neste goberno provincial dunha mobilidade segura e transformadora”. “O DepoRemse –engadiu Font– busca unha mobilidade e seguridade propia dos tempos en que vivimos e humanizar contornas. Neste caso, temos un dos mellores exemplos porque nesta zona están o instituto, o centro escolar, a escola infantil e o pavillón e máis abaixo, onde finaliza a actuación, comunicamos con edificios públicos como a Tesourería da Seguridade Social, o Centro de Saúde e os Xulgados. Polo tanto estamos nun entorno no que habitan persoas, no que veñen moitas crianzas e persoas maiores á estas instalacións, e o cambio que vexo é absolutamente radical. Será unha maior satisfacción cando dentro duns días comece o curso escolar e os pais e nais poidan ter unha maior seguridade viaria cos seus fillos e fillas nesta contorna”. López Font destacou a excepcional relación da Deputación co Concello do Porriño, materializada en investimentos de 8 millóns de euros no municipio desde o ano 2015, entre eles o Plan Concellos que permitiu realizar máis dunha vintena de obras e sufragar actividades culturais, amais da liña de emprego, que permitiu nestes anos contratar a 147 traballadores e traballadoras.

Pola súa banda, a alcaldesa Eva García de la Torre, agradeceu a colaboración da institución provincial desde hai cinco anos e destacou que as obras visitadas “abarcan o ámbito que máis servizo público dá á cidadanía e que necesitaba dunha nova mirada” dentro da filosofía das cidades sostibles. “Necesitamos –engadiu– que a Deputación siga mirando para os concellos, siga apostando por este tipo de actuacións e por subvencionar plans que fagan as cidades máis humanas. Nós queremos ser unha alternativa residencial en toda a comarca. Pero para iso temos que facer no Porriño zonas máis pensadas para os cidadáns e menos para os vehículos”. García sinalou que esta obra “é o primeiro paso para ver que o concepto de cidade que compartimos vai facéndose realidade. En certo modo, palía un pouco o abandono da Xunta”.

‘Para sempre, Malévich’, baseada nun texto de Diego Giráldez, estrearase no Porriño e Tui

Cando en febreiro de 2020 se daba no Porriño a claqueta final da rodaxe da curtametraxe ‘Para sempre Malévich’, pouco podían os seus responsables prever o que se lles viña enriba. O proxecto, que adapta a obra do escritor galego Diego Giráldez, tiña todo para funcionar: un elenco de contrastado talento, unha obra literaria detrás recoñecida por crítica e público, un proxecto de sensibilización arredor da diversidade funcional e unha listaxe de certames aos que se presentar. E chegou marzo e derrubouno todo.

Da pandemia, o sector cultural e máis concretamente o audiovisual, posiblemente foron os máis afectados. Un impacto aínda maior, se cabe, no mundo da curtametraxe, xa habitualmente precario. E neste sentido, ‘Para sempre Malévich’ non era unha excepción.

[su_image_carousel source=”media: 19265,19264,11746,11745,11744,11743,11742″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

O proxecto, que comezou a forxarse en xullo de 2019, buscaba adaptar os textos de ‘Galería de Saldos’ de Giráldez e converterse ao mesmo tempo na ópera prima dos seus creadores: o director e guionista Antón Veiga e o director de fotografía Mateo Hernández.

A obra que por fin se estrea conta con Iria Sobrado como actriz protagonista dunha historia na que a súa personaxe, a galerista de arte Mara, coñece a Berthram, un tratante de arte cego, quen é interpretado polo actor do grupo de teatro da ONCE Valacar, Felipe Cotelo.

Making of realizado por Andrea Mariño, encargada da foto fixa durante a rodaxe

Foi precisamente o compromiso dos creadores por contar cun actor invidente o que atraeu a atención dos medios no momento da rodaxe. E o que lle abriría as portas á obra para participar en festivais de curtametraxe de todo o territorio, pero poñendo un especial

interese en Cans, que pechaba a súa inscrición a poucos días de se iniciar a rodaxe. Toda unha maratón de filmación en 4 días para chegar á data de peche de inscricións. E non exenta de contratempos, coma calquera rodaxe. O que, naquel momento, era o normal

Banda sonora de Para sempre, Malévich, composta e interpretada por Eladio Santos

A curta consegue, finalmente, chegar a pequenas salas de toda Galicia, adaptada a todos os condicionantes dos novos tempos:salas moito máis reducidas. Aforos moi acotados. Sen apertas nin bicos. Moi lonxe do que podían ter na cabeza cando comezaron o proxecto, pero pensando en que, se cadra, agardar máis para estreala lles roubase tamén iso.

As estreas dan inicio, como non podía ser doutro xeito, no Porriño o día 20 de agosto no Pub Bumba, un dos escenarios da rodaxe nese xa, afastado febreiro. Continuarán o 21 de agosto en Tui, no Bar Pancho; o 26 en Santiago de Compostela, no Eme Club; o 27 en La Casa de Arriba de Vigo; e o 28 en A Coruña, na libraría Fiandón.

Todo isto sempre que a pandemia o permita e non os persiga, de novo, a maldición de Malévich.

Ponteareas énchese de música de Brahms Mozart, Ysaÿe e Shostakovich nas vindeiras xornadas do ‘Festival Groba’

Mañá mércores teremos a ocasión de gozar coa música de Ysaÿe interpretada por Josef Spacek e das partituras de Cassadó intepretadas por Anastasia Kobekina. Dan man de Federico Colli escoitaremos a música de Shostakovich e por último chegará ao auditorio municipal as creacións de Rachmaninov.

O xoves día 20 a Orquestra de Cámara Galega deleitará ao público coas obras de Stamitz, Holstz e, como non, do mestre Groba e poderemos gozara do clarinetista Spyros Fakiolas.

O venres, Ponteareas vivirá a ocasión única de contar co afamado trompetista Esteban Batallán, encargado de clausurar esta oitava edición. Todo o programa pódese consultar nesta ligazón.

O Teatro Municipal de Tui acollerá, esta semana, os eventos previstos na programación ‘Volvemos á rúa’

0

O Teatro Municipal de Tui acollerá esta semana os eventos previstos dentro da programación ‘Volvemos á rúa’ ante a previsión de choiva que hai para os vindeiros días. Tal e coma aconteceu xa onte co concerto de Roi Casal a actividade desenvolverase no Teatro con aforo limitado e protocolo de seguridade.

Concerto de Roi Casal, o pasado domingo no Teatro Municipal de Tui
Pista Castro

A primeira das citas será este mércores ás 21 h coa sección da madeira da Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto baixo a dirección de Eloy Carrera, O aforo está limitado a 100 persoas.

O xoves, tamén ás 21 h, a cita será coa danza co espectáculo ‘Baila con un vestido verde’ da man de Pista Castro e Marta Alonso. O aforo aquí tamén é de 100 persoas.

Mentres o venres, ás 22 h, proxectarase a película de animación ‘Mascotas 2’. Neste caso a capacidade é para 150 persoas.

A entradas para estes espectáculos poden reservarse de forma gratuíta en enterticket.es até o mesmo día do evento ás 12 h ou até esgotar as prazas dispoñibles.

O CAAN da Deputación de Pontevedra supera as 300 adopcións no que vai de ano

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra continúa a amosar o seu bo ritmo de adopcións e xa son 302 os cans e cadelas que este ano atoparon un novo fogar despois de pasar polas instalacións da Armenteira. De seguir esta tendencia, todo apunta que o CAAN previsiblemente poderá pechar o 2020 superando as 466 adopcións do pasado ano e que supuxeron o seu récord, tal e como avanzou hai unhas semanas a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, trala súa visita ao centro.

Hai que lembrar que as adopcións estiveron practicamente suspendidas desde o inicio do estado de alarma o 14 de marzo ata o 11 de maio, en que comezou a fase 1 da desescalada, momento en que foron retomadas co sistema de cita previa. Dende entón, houbo 208 adopcións, das que hai que destacar as rexistradas durante os meses de verán. Así, en xuño foron 57 os cans e cadelas que saíron do CAAN, mentres que en xullo foron 62 e do 1 ao 16 de agosto houbo un total de 24 adopcións. Dende 2015 van xa preto de 2.000 adopcións.

A outra cara da moeda está nas recollidas que segue a efectuar o persoal do CAAN. Ata o 16 de agosto, foron un total de 747, cunha media de 99,6 por mes, que porén é menor á de 126,8 mensuais do pasado 2019, anualidade que se pechou con 1.332 recollidas . Hai que destacar que do total de animais recollidos, 216 cans e cadelas foron entregados aos seus donos no lugar do aviso, mentres que outros 134 foron recollidos xa no centro polos seus propietarios e propietarias. Sumados ás 302 adopcións, supoñen unha cifra de 652 animais recuperados polo persoal do CAAN e que, ou ben volveron ao seu fogar, ou atoparon un novo.

Coa incorporación este ano de Ponteareas e O Porriño, son xa 50 os concellos da provincia pontevedresa que están adheridos a este servizo da Deputación para a recollida de animais. Recentemente, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, inaugurou as obras de reforma do centro, que permitiron, entre outras actuacións, eliminar as gaiolas da zona de corentena, así como habilitar unha nova zona de maternidade e mellorar a de hospitalización e clínica.

As persoas interesadas deben solicitar a cita no teléfono 986 140 360 e , unha vez que se despracen ao recinto da Armenteira, deberán agardar se é preciso a súa quenda no exterior do centro, co obxecto de evitar concentracións, cumprindo así o protocolo covid19. Outras medidas adoptadas polo centro dependente da institución provincial son a atención individualizada a cada visitante, a utilización de luvas e máscaras dentro do recinto e o mantemento das distancias de seguridade.

A Policía Local de Tui rexistrou tres alcoholemias positivas e propuxo catro sancións á Subdelegación do Goberno na fin de semana

0

Tres alcoholemias positivas, 4 propostas de sanción á subdelegación, 1 proposta de sanción por incumprimento da ordenanza de convivencia cidadá, entre outras, foron as principais actuacións levadas a cabo esta fin de semana.

En materia de tráfico 3 condutores deron positivo no control de alcoholemia realizado por axentes da Policía Local o venres a noite. Un destes condutores deu un resultado positivo de 0,66 mg/l nunha primeira proba en aire expirado, e 0,58 mg/l na segunda, polo que foi proposto para sanción administrativa e lle inmobilizaron o vehículo.

Os axentes levaron a cabo tamén un dispositivo de control de uso de sistemas de retención infantil, cinto e documentación de vehículos. O sábado ás 4:45 h interceptaron a un vehículo que circulaba en dirección contraria en Augusto Gonzalez Besada. O domingo á tarde colaboraron co 112 tras rexistrar dunha saída de vía na entrada da autovía en dirección Vigo.

A Policía Local na madrugada do venres ao sábado, ás 3:30 h tras recibir aviso do 112 acudiu a unha multitudinaria pelexa na Macoca. Os axentes solicitaron reforzos á Garda Civil, persoándose 3 patrullas, dúas da USECIC.

Tamén o sábado á tarde os axentes tiveron que mediar, tras ser avisado polo 112, nunha pelaxa familiar, na que non houbo incidentes de gravidade. E onte domingo ás 16:04 h foron requiridos tamén polo 112 para intervir noutro conflito familiar entre un fillo e unha nai.

O sábado ás noite, tras recibir queixas da veciñanza, axentes da Policía Local interviron nunha festa privada nunha vivenda, que aínda que contaba con autorización, está a incumprir a ordenanza en municipal de convivencia cidadá. Por este motivo e por desobediencia os efectivos policiais cursaron a correspondente denuncia.

Por outra parte o sábado ás 18:50 h efectivos da Policía Local desprazáronse até Sombraboa en Randufe, onde se rexistrou un conato de incendio. A súa vez deron aviso aos membros de Protección Civil de Tui que sufocaron o lume. Os axentes abriron dilixencias administrativas ante Medio Rural.

Amais durante a fin de semana Policía Local de Tui colaborou no control do tráfico para facilitar a celebración o sábado do Descenso Internacional do Miño.

Cinco mulleres acaparan os premios do ‘VIII Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández’

0

Cinco mulleres fixéronse cos premios do oitavo Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández, celebrado onte en Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira e organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño. O primeiro premio foi para Paz Larrumbide Moreno, procedente do País Vasco. Veciña de Vitoria, Larrumbide (gañadora tamén da sexta edición do certame) pasa as súas vacacións en Baiona, facéndoas coincidir co evento artístico. Exviceconselleira de Vivenda no Goberno Vasco, Larrumbide dedícase á pintura de forma amateur dende hai tan só seis anos.

Nieves Castro Lara e Dorinda Garrido González foron as gañadoras do segundo e terceiro premio, respectivamente. A primeira, veciña de Betanzos (A Coruña) e a segunda, de Nigrán (Pontevedra).

Na categoría infantil, que se convocaba por primeira vez, o primeiro premio foi para Uxía Soto Costas e o segundo para Ángela Martín Bragado, 10 anos e veciña de Goián (Tomiño).

[su_image_carousel source=”media: 19239,19238,19237,19236,19235,19241,19240,19234,19233″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Un total de 38 participantes –32 adultos e 6 menores– se presentaron a concurso, elixindo diversos recunchos da vila goianesa e da súa veciña lusa. A procedencia dos artistas foi coma sempre, moi variada, presentándose xente da zona, pero tamén doutros puntos de Galicia, España e do estranxeiro, incluído Portugal. O tempo acompañou, xa que as previsións de chuvia agardaron até as cinco da tarde, cando a maioría tiña xa a súa obra rematada.

A entrega de premios e exposición dos cadros, prevista no interior da Fortaleza de San Lourenzo, fíxose finalmente no pavillón deportivo de Goián, sobre as sete da tarde e o acto estivo presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen salientou o nivel acadado polo certame, tanto a nivel artístico, coma de participación. Estiveron presentes tamén as concelleiras de Eurocidade (Fátima Rodríguez) e de Cultura de Vila Nova de Cerveira (Aurora Viaes).

O xurado estivo composto por persoas do mundo da pintura, salientou tamén a constante evolución do certame que consideran totalmente consolidado. Os traballos exporanse dende hoxe e até o domingo próximo no Centro Goianés (de 12:00 h a 21:00 horas), pasando a semana seguinte á Bienal de Cerveira, onde estarán ao longo de sete días.

Xurado adultos 

  • Sandra González (alcaldesa de Tomiño)
  • Alfonso Freire (Espacio Cubo)
  • Aurora Viaes (vareadora Cultura Cerveira)
  • Henrique do Val (artista portugués)
  • Mané (Asociación Antonio Fernández)
  • Elena (Comunidad de Montes de Goián)

Xurado Infantil-xuvenil

  • Pilar Alonso (artista viguesa e tomiñesa)
  • Magna Araujo (vicepresidenta da asociaçao de estudantes da escola EB2/3 de Vila nova de Cerveira)
  • Fernanda Araujo (artista portuguesa)
  • Carmen (representante do Consello da infancia e da adolescencia de Tomiño)
  • Fátima Rodríguez (concelleira de Eurocidade e Mocidade de Tomiño)

Mondariz busca solucións aos problemas de depuración

0

Unha das prioridades políticas do Concello de Mondariz é mellorar a depuración de augas residuais. Este servizo municipal tan básico, sen embargo, leva anos bloqueado pola denegación de acceso á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), construída en 2005 e situada no veciño Concello de Mondariz-Balneario. “O Goberno de Mondariz ten o firme compromiso de dar solución a este problema que leva arrastrando o municipio dende fai anos e afecta a un ben natural incluído na rede natura como é o río Tea”, afirma o alcalde, Xosé Emilio Barros.

As obras da EDAR foron deseñadas para dar servizo a unha poboación de 6.000 habitantes. Os alcaldes de Mondariz e Mondariz-Balneario asinaron en setembro de 2005 un convenio de colaboración para o sostemento conxunto dos servizos de gardería infantil, punto limpo e EDAR que prevía a incorporación progresiva da redes de saneamento do Concello de Mondariz e a asunción dos correspondentes custes económicos.

Naquel momento, explica o Goberno local de Mondariz, “a construción desta estación depuradora semellaba un fito na defensa e conservación do río Tea, xa que significaba unha mellora no tratamento das augas residuais destes dous municipios”. Na actualidade, sen embargo, –engaden– “a EDAR funciona ao 40 por cento da súa capacidade e só dá servizo a Mondariz-Balneario e ao barrio da Pedreira, en Mondariz. Namentras, as obsoletas mini estacións depuradoras que emprega Mondariz non dan abasto para evitar os vertidos de fecais ao río Río”.

“Na última década, despois de que Mondariz-Balneario instalase un caudalímetro para medir os vertidos entrantes de Mondariz, este concello (Mondariz) ten reducido o volume de vertidos mediante a separación de augas pluviais e fecais, pero aínda así a EDAR está sendo infrautilizada”, lamenta Barros. “É unha situación irracional que afecta directamente ao patrimonio natural que compartimos”.

Durante o seu primeiro ano de goberno, Barros e o seu equipo aseguran ter feito “unha ardua labor de investigación para coñecer o estado da cuestión”. Os continuos contactos coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil tamén lles permitiron detectar “irregularidades en obras feitas que xa están tratando de solucionar, como é o caso do colector xeral de augas residuais que se construiu en 2015 para dar servizo ao centro de Mondariz e ás parroquias de Riofrío e Frades”. Actualmente, o Goberno de Mondariz está en proceso de legalización desta infraestrutura, que non recibira autorización no seu día e acumula xa un notable deterioro por desuso.

O investimento efectivo en saneamento do Concello de Mondariz, sen embargo, depende en grande medida do acceso á EDAR que se lle denega sen xustificación razoable. “Mondariz e Mondariz-Balneario teñen que ser exemplo de sostibilidade e respecto polo medio ambiente. Non é comprensible que haxa un servizo de depuración de augas residuais infrautilizado á espera de trámites burocráticos e acordos políticos”, conclúe Barros.

Arrincan as obras de humanización da rúa Redondela de Ponteareas

O goberno de Ponteareas do BNG-PSOE vén de dar conta do inicio das obras de humanización da rúa Redondela que foron adxudicadas por 424.654,18 euros despois dun concurso público ao que se presentaron máis dunha ducia de empresas. As obras suporán unha transformación profunda e positiva desta rúa que, na actualidade, rexistra un elevado tráfico en dobre sentido de circulación con beirarrúas estreitas e que apenas conta con arborado e mobiliario urbano para as persoas.

Coas obras de humanización iniciadas a rúa Redondela pasará a ser unha rúa chea de calidade de vida para os seus residentes e os viandantes, con beirarrúas amplas, arborado, bancos para a estancia das persoas, nova iluminación e servizos soterrados renovados, un único sentido de circulación no seu tramo máis longo reducindo a intensidade do tráfico, dos ruidos e da contaminación.

Con esta actuación, financiada nun 80 % con cargo aos fondos FEDER da Unión Europea no marco da estratexia ‘Ponteareas, Hábitat Saudable’, a rúa Redondela deixará de ser un espazo degradado para converterse nunha rúa de calidade e atractivo social e comercial.

O proxecto de humanización da rúa Redondela, na que o Concello asume o 20 % do seu custe con fondos propios, encádrase na política que segue o actual goberno municipal desde 2015 co obxectivo de recuperar espazos para as persoas e mellorar o medioambiente”

Estas obras,favorecen tamén o desprazamento das persoas con mobilidade reducida, carriños de bebés e cadeiras de rodas garantindo o dereito destas persoas a moverse con liberdade.

O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, sinala que a medida que avancen as obras “as restricións de acceso á rúa e as alternativas serán comunicadas coas correspondentes sinalizacións”. O concelleiro sinala “que se mantén a rúa aberta para acceso de residentes e servizos comerciais” e ao mesmo tempo pide “que non se utilice esta vía como itinerario de paso, empregando como alternativa Rosalía de Castro e Sarmiento Rivera”.

As alcaldesas de Salceda e Salvaterra piden á Xunta a creación duna praza de pediatría compartida para atender a ámbolos dous concellos

As acaldesas de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira e Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, veñen de remitir unha solicitude conxunta á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, na que se pide a creación “dunha nova praza de pediatría compartida” entre os dous concellos “e a dotación do mencionado persoal de xeito urxente”.

No seu escrito, as rexedoras locais lembran que tanto Salceda de Caselas coma Salvaterra de Miño “veñen experimentando nos últimos anos unhas elevadas taxas de nacementos, que os sitúan nunha media de 100 nacementos por ano”.

Marta Valcárcel e Loli Castiñeira continúan explicando que, nestes momentos, os centros de saúde dos dous concellos “contan con cadansúa pediatrar que atende a 1.300 nenos e nenas no caso de Salceda e 1.070 no caso de Salvaterra”. Esas cifras conlevan períodos de colapso que “se solventan unicamente coa boa disposición das profesioinais” aclaran as rexedoras locais, pero en moitas ocasións “non garanten a atención de calidade que precisan os nosos nenos e nenas”, apuntan as dúas alcaldesas.

Ese incremento continuado de poboación ano tras ano fai que ámbalas dúas acaldesas coincidan “na necesidade de contar cunha nova praza de pediatría”. Dada a proximidade dos dous concellos “dita praza podería ser de xeito compartido, diminuíndo deste xeito os actuais cupos de atención que fan que, en moitas ocasións, as pediatras véxanse desbordadas e máis en situacións de pandemia como a que estamos a vivir neste momentos”, explican Valcárcel e Castiñeira.

Ponteareas habilita seis novas prazas para persoas con mobilidade reducida na zona do mercado de abastos e Biblioteca Municipal

A Concellaría de Mobilidade e a de Vías e Obras que dirixen Roberto Mera e Chus Garrote respectivamente, habilitaron a pasada semana 6 prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida no entorno do Mercado e Biblioteca Municipal. Concretamente as prazas creáronse na rúa da Perillana (2), no aparcadoiro do Mercado Municipal (1), nas rúas A Estrada (1), Morales Hidalgo (1) e Fernández Vega (1).

Todas elas reunen os requisitos legais de dimensións e contan co seu correspondente espazo cebreado lateral tal e como establece a normativa. Das seis prazas, dúas son de nova creación e as outras catro responden a un cambio de localización, pois as anteriores non cumprían coas dimensións e esixencias legais. As prazas creadas aseguran o cumprimento da ratio legal dunha praza por cada 40 convencionais na zona e están vencelladas a equipamentos públicos como o Mercado Municipal, Auditorio, Biblioteca e Museo ou Praza da Perillana que proximamente será peonil e ciclábel. A ubicación das novas prazas e a súa configuración e deseño foron avaliadas previamente coa asociación local ADAPTA de persoas con discapacidade.

Estacionamento da rúa Estrada

As actuacións realizáronse no marco dos traballos de reordenación dos espazos peonís e do tráfico na zona oeste da vila executados a pasada semana e nas que tamén se crearon seis prazas de estacionamento para motocicletas nas rúas Braña, A Estrada e Fernández Vega. Por outra banda, a vindeira semana prevese a instalación de aparcadoiros de bicicletas na nova praza situada diante do Auditorio. Tamén en materia de accesibilidade creáronse pasos de peóns até agora inexistentes diante da Biblioteca-Museo e do Conservatorio Municipal para o acceso seguro e universal das persoas usuarias.

Estacionamentos nas inmediacións do mercado de abastos

O concelleiro de Mobilidade Roberto Mera sinalou que “en todas as actuacións que imos ir acometendo nos vindeiros meses e anos para mellorar a vila revisaremos sistematicamente as prazas para persoas con mobilidade reducida e as ampliaremos e melloraremos para que cumpran coa normativa. Ademais crearemos sempre prazas de estacionamento de motos e instalaremos aparcabicis, para fomentar estes modos de desprazamento alternativo ao coche”.

Pola súa banda, a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, explicou que “a accesibilidade para todas as persoas e especialmente as de mobilidade reducida é unha prioridade deste goberno” e adiantou que nas vindeiras semanas as actuacións completaranse cos correspondentes rebaixes nas beirarrúas.

Nigrán abre a inscrición para a ruta guiada polo sendeiro circular das Medoñas, entre Priegue e Camos

0

O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición no mail [email protected] para participar no seu roteiro guiado este xoves polo sendeiro circular das Medoñas –entre Priegue e Camos– dentro da súa programación #NigránEquilibrioNatural. Os interesados deben presentarse ás 10:00 do xoves 20 no Camiño do Monte, 21, en Priegue e, no caso de precisar intérprete de lingua de signos, deben solicitalo no mesmo mail de inscrición.

Esta é unha das rutas máis indicadas para coñecer as pegadas da nosa prehistoria, ademais de varios petroglifos cunha datación entre o 3.000/2.000 A.C. conformados en círculos concéntricos con cazoletas e canles, o sendeiro discorre xunto a mámoa das Requeixadas.

O percorrido é de 8,5 km e a dificultade é media/alta cunha duración aproximada de 3,5 horas e no que gozaremos dunha vexetación constituida por un mosaico de pequenos bosques autóctonos de carballos, masas de especies de produción forestal como piñeiros, campos de labor e monte baixo, leguminosas como xestas e toxos formando a orla forestal. Destaca o bosque Atlántico do merendeiro de Camos ou o Mirador dos Outeiros.

EU Son do Porriño presenta unha moción “por un comezo de curso seguro”

O grupo municipal de EU Son no Porriño vén de presentar unha moción para os eu debate plenario que recollen unha serie de puntos que permitirían, ao seu entender, “un comezo de curso seguro” tendo en conta o inminente inicio do curso escolar en Educación Infantil e Primaria, –10 de setembro–, e en Secundaria, –16 de setembro–. Un inicio de curso que, sinala EU Son, está cheo “de novas que enchen de inquedanza á comunidade educativa e especialmente ás familias e o alumnado”.

O certo é que a menos dun mes do inicio do curso, nais e pais, e en moitos casos avós e avoas, non saben con certeza aínda que protocolos se van aplicar, se é que están xa deseñados, ou se a Consellería vai ir decidindo sobre a marcha. Pola súa banda, o profesorado –moito tamén con fillos e fillas en edade escolar– “teme verse afogado entre tarefas burocráticas, desinfección e comprobación de distancias, e facendo de todo menos ensinar”, explica a formación asemblearia.

En todo caso, descoñécese se vai haber alternancia entre clases presenciais e teledocencia. De ser o caso, “isto tería consecuencias en moitos fogares pola xa coñecida fenda dixital, que non deixa de ser un síntoma máis da fenda social. Tamén habería repercusións na conciliación da vida familiar e laboral, cargando de novo e coma sempre máis traballo sobre as mulleres”.

En consecuencia, EU Son pedirá ao Pleno a adopción dunha serie de acordos comezando polo feito de que a Concellería de Educación do Concello do Porriño reúnase coas direccións e ANPAS de todos os centros de ensino do Porriño para recoller as súas inquedanzas, demandas e suxestións para o comezo e desenvolvemento do curso escolar 2020-2021 dun xeito seguro.

Doutra banda, esas achegas, deberán ser trasladadas polo Concello á Consellería de Educación para reclamar “un comezo e desenvolvemento do curso escolar 2020-2021 seguro e que garanta o dereito a unha educación pública e de calidade para todos os nenos e nenas do Porriño e a tranquilidade das súas familias”.

Ao marxe das competencias da Consellería de Educación, EU Son proporá ao Pleno que o Goberno local “manteña unha constante comunicación e coordinación cos centros de ensino, tanto Direccións como ANPAS, para reforzar ao máximo as medidas de control e prevención. Garantir saúde e educación é evitar tamén novos confinamentos e que mermarían aínda máis a economía do Porriño e repercutirían na vida das traballadoras e traballadores”.

Paralelamente, a Concelleira de Educación, en exercicio das súas competencias, “deberá poñer en marcha a constitución do Consello Escolar Municipal, xa solicitado na anterior lexislatura por este grupo municipal”. Hoxe máis que nunca –sinala a portavoz do grupo municipal de EU Son no Porriño, Blanca Francés– “é un instrumento imprescindible para artellar calquera medida encamiñada a acadar no ámbito municipal unha educación universal, pública e de calidade e xa non só na infancia e mocidade senón ao longo de toda a vida”.

Asemade o Concello do Porriño deberá esixir á Consellería de Educación “a construción dun novo centro que substitúa ao actual CEIP Fernández López, que nin cubre as necesidades máis básicas nin reúne as condicións esixidas de seguridade e saúde”.

A Policía Local do Porriño impón as primeiras denuncias por fumar en público sen respectar a restrición de dous metros de distancia

A Policía Local do Porriño impuso na tarde de onte domingo, as tres primeiras denuncias por incumprimento da restricción de fumar sen respetar unha distancia de 2 metros. Dúas desas sanciones levantaronse contra un camareiro e un cliente dun mesmo establecemento de hostalaría do casco urbano que estaban fumando sen gardar a distancia social.

O terceiro caso denunciouse por fumar na vía pública incumprindo tamén o preceptúado na normativa que aprobou a Xunta de Galicia e que está en vigor dende o pasado xoves 14 de agosto.

A Policía Local do Porriño deu conta tamén de cinco denuncias a peóns que circulaban sen facer uso da máscara. Dúas delas, tramitaronse contra veciños do Polígono de Torneiros e as tres restantes no casco urbano.

Dende a Concellería de Seguridade lémbrase á veciñanza do Porriño “a obrigatoriedade de empregar a máscara de protección cando salgan ás rúas, aínda que sexa para baixar o lixo ou para coller o coche así como nas zonas comúns nos edificios de vivendas”.

Arbo inicia as obras de mellora do Pavillón Polideportivo Municipal

0

O Concello de Arbo iniciará a segunda segunda fase das melloras no Pavillón Polideportivo Municipal logo do convenio asinado, o pasado 15 de xuño, entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Os traballos mellorarán a cuberta, deteriorada co paso dos anos, e que permitirá frear as filtracións de auga no interior do edificio e reparar os danos existentes ata o momento.

Ao mesmo tempo, unha vez rematadas as obras impedirase que se siga deteriorando esta infraestrutura deportiva que, amais de supoñer un risco para usuarias e usuarios, supuña un gasto considerable en mantemento.

Á vista da memoria técnica redactada polo arquitecto municipal, en varias zonas da cuberta do pavillón aprécianse os efectos das filtracións de auga, que se suman aos derivados polo uso das instalación e o envellecemento dos materiais. Os danos existentes consisten principalmente en charcos de auga en pavimento, deteriorando o mesmo e producindo manchas de humidade en teitos e paredes de vestiarios.

A intervención pódese resumir nos seguintes apartados:

  • Cambio de cumieira
  • Cambio de paneis de policarbonato.
  • Cambio de canalóns e cuberta de vestiarios.
  • Saneado dos revestimentos danados polas humidades e aplicación de novo revestimento.
  • Pintado de todas as paredes e teitos afectados.
  • Limpeza e selaxe perimetral das carpinterías exteriores.

A necesidade da actuación “vén determinada pola importancia da instalación na promoción da práctica de actividade física e deportiva entre a poboación do Concello da Arbo en xeral”, apunta o alcalde de Arbo, Horacio Gil ao que engade que a actuación “é imprescindible para continuar co uso do pavillón e para que non se creen deterioros maiores”. Ao mesmo tempo, o rexedor local sinala que “coa contratación das obras a empresas locais, pretendese reactivar a economía deste colectivo afectado polo COVID-19”.

“O investimento enmárcase no compromiso da Xunta de Galicia de favorecer aos pequenos concellos e de seguir impulsando o deporte entre todos os colectivos”, remata o alcalde de Arbo que agracede “a colaboración da administración autonómica e na sensibilidade mostrada con este Concello nos ultimos anos, tendo en conta que se realizaron varias obras en distintos locales deportivos coas achegas da administración autonomica”.

Nese sentido cómpre salientar que no ano 2019, “tamén se asinaba un convenio con esta nadministración para realizar tamén obras nos vestuarias neste edificio municipal e a colocación de porterias no campo de futbol”.

Este venres, segunda cita con ‘Música nos Xardíns’ na Guarda

0

Despois dun primeiro concerto que se celebrou o pasado 31 de xullo a cargo do grupo local Milhomes, este venres día 21 de agosto ás 21:00 h é a quenda do grupo Ded Routines, nun concerto apadriñado polo ‘Galifornia Beat’. Ded Routines é un dos segredos ocultos da escena subterránea galega. A banda nace en Camposancos na Guarda, bebendo de toda esa tradición rock que pasa por Dead Moon, Scientists, Rowland S. Howard o Big Star, para definir un son realmente persoal…

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de programar varias actividades baixo o proxecto “Música nos Xardíns” para por en valor a escena musical e de festivais a nivel local, en consenso coas asociacións culturais da vila.

Debido a pandemia do COVID-19, se tiveron que suspender os grandes eventos musicais existentes na vila da Guarda e que enchen de música cada verán diferentes espazos do noso municipio, é por elo, e ante as novas medidas de prevención e distanciamento social, que o concello da Guarda decidiu apostar por un proxecto no que se representasen aos colectivos que cada ano organizan festivais musicais, pero nun novo formato, “Música nos Xardíns”.

Ás 20:00h e coma previa a este concerto realizarase nas pistas deportivas do Centro Cultural unha exhibición de skate promovida polo Galifornia Beat.

A Sala de Exposicións do Centro Cultural amosará tamén nestes días unha exposición fotográfica titulada “Festivais da Guarda”, con imaxes de varias edicións dos festivais musicais máis significativos que se teñen realizado na vila nos últimos anos.

O programa continuará o venres, 4 de setembro, co cConcerto de Helen & Shanna ás 21:00h – Concerto apadriñado polo ‘Rock Guardés’.

Cunha forte influencia folk, «Helen & Shanna» recolle aspectos doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele.

Antes do concerto, haberá unha charla a cargo de Fernando Rego que falará sobre ‘Unha historia da música en Galicia. 1952–2018’

Para asistir a estes eventos é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 9:00h a 14:00h) ou no enderezo electrónico [email protected]

As comunidades de montes de Arcos e Ponteareas piden explicacións á Xunta pola falta de medios no incendio de Bugarín

As Comunidades de Montes de Ponteareas e Arcos remitiron un escrito á Consellaría do Medio Rural pedindo explicacións pola falta de medios e descoordinación no incendio que se iniciou a pasada semana en Bugarín e que ameazou o monte veciñal das dúas parroquias na Picaraña. Segundo explican os comuneiros, no frente que avanzaba cara o monte da Picaraña se personaron sobre as 20 horas medio cento de persoas voluntarias de ambas as dúas comunidades, con batelumes e mochilas sulfatadoras de auga.

Nese punto chegáronse a concentrar nos minutos seguintes catro camións motobomba sen que houbera efectivos da Xunta para manexar as súas mangueiras. Tras preto dunha hora nesa situación apareceu unha BRIF (Brigada de Reforzo de Incendios Forestais) composta duns 20 efectivos que se introduciron no monte e se dirixiron cara outro frente, mentres o da Picaraña permanecía desatendido.

Persoas voluntarias

Finalmente, as persoas voluntarias internáronse no monte e encargáronse de frear o lume, extinguíndoo nun frente dus 300 metros, até alcanzar a zona na que o voluntariado de Bugarín facía o mesmo, sempre sen o apoio dos camións que permanecían nas pistas forestais pero que non contaban con persoal para o manexo das magueiras.

Só unhas tres horas despois, sobre as 23 horas, e cando a maior parte do frente xa estaba controlado pola actuación do voluntariado, apareceron os bombeiros forestais da Xunta para rematar a extinción e refrescar a zona. Ademais, para estender as mangueiras polo monte até a zona do lume precisaron da colaboración do voluntariado pois os efectivos eran escasos.

Para as CMVMC resulta inconcebíbel concentrar catro camións motobomba nunha fronte do incendio sen efectivos para facer uso deses medios. Os comuneiros lembran que en 2017 o lume chegou até a Picaraña e foron tamén as persoas voluntarias co apoio dos bombeiros do Concello de Ponteareas os que atallaron o lume, ante a ausencia total de medios da Xunta.

Asemblea Xeral Extraordinaria da Banda de Música Xuvenil de Xinzo

O próximo sábado 29 de agosto, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo celebrará unha Asemblea Xeral Extraordinaria no auditorio do Centro Cultural da parroquia ás 20:30 h, con segunda convocatoria ás 21:00 h.

Un dos principais temas a tratar será a nova organización da Escola de Música para este vindeiro curso, con medidas entre as que destacan as actualizacións das cotas. Ademáis, presentarase o presuposto anual 2020 da asociación.

O Campus do C.B. Nigrán e F.S. Panxón, ‘campus seguro’ grazas a unha cabina desinfectante cedida pola empresa porriñesa ‘Ramecq’

0

O Concello de Nigrán estreou esta semana no Pavillón Municipal durante o campus multideporte do Club Baloncesto Nigrán e Panxón-Nigrán Fútbol Sala unha cabina de desifección cedida para a ocasión pola empresa porriñesa Ramecq, fabricante da mesma. A cabina, instalada na entrada deste espazo municipal, permite que unha vez que se introduza nela a persoa se nebulice líquido desinfectante (auga ionizada), controle a temperatura e dispense xel hidroalcohólico, ademais de contar con alfombrilla especial para os zapatos. A cabina pode implementarse para a recollida de datos de cara a empresas (hora de máis afluencia de clientes, etc.)

“Estamos moi agradecidos á empresa Raquecq por este préstamo desinteresado que mellora e axiliza o sistema de desinfección co obxectivo de dar a máxima seguridade”, incide o alcalde de Nigrán, Juan González.

Preto de 9.400 persoas visitaron xa os castelos do Sobroso e Soutomaior neste verán

Ata o de agora xa son preto de 9.400 as persoas que percorreron os castelos de Sobroso e Soutomaior este verán. Deste xeito, estes recintos históricos, consolídanse como eixes de atracción de visitantes trala aposta da Deputación de Pontevedra por convertelos, mediante protocolos específicos, en espazos seguros fronte á covid-19. Amais, o Goberno de Carmela Silva está a impulsar este verán actividades ‘a medida’ como ‘Re-Acción nos castelos’ ou rutas como a dos viñedos de Soutomaior, que rexistran o ‘cheo completo’ en canto abren os prazos de inscrición.

O Castelo de Sobroso rexistrou entre xuño e mediados de agosto 3.319 visitantes, son 20 persoas máis que as que se achegaron ata o recinto o pasado ano durante o mesmo período. En concreto percorreron o recinto 1.979 en xuño e xullo e, no que levamos de agosto, son xa 1.340 as que se achegaron ata Sobroso. No que respecta ao castelo de Soutomaior, entre xuño e mediados deste mes foron 6.053 as persoas que se achegaron ata el, das cales 3.495 fixérono entre xuño e xullo e 2.558 no que levamos de agosto.

Dende a súa reapertura, a comezos de xuño, a Deputación de Pontevedra apostou por protocolos específicos de seguridade adaptados ás peculiaridades de cada un dos castelos, co obxectivo de garantir a protección das persoas que os están a visitar. Así, reforzouse a limpeza e desinfección de ambas instalacións, colocáronse difusores de produto desinfectante, habilitáronse zonas de espera específica, establecéronse itinerarios para a circulación das persoas e incrementouse a seguridade na atención ao público, con controis de temperatura e medidas de distanciamento social. Neste eido, recentemente o castelo de Soutomaior ven de acadar o selo Safe Tourism Certified tras dar cumprimento aos protocolos e medidas do Instituto de Calidade Turística Española para ser un espazo seguro fronte á COVID-19.

O castelo de Soutomaior engade, ao seu atractivo histórico, un excepcional parque que o rodea

Tamén dende a reapertura dos castelos a Deputación de Pontevedra impulsou unha programación específica para Sobroso e Soutomaior, que dá cumprimento aos protocolos de seguridade ante a covid-19, denominada ‘Re-Acción nos castelos’. Esta iniciativa, que comezou o xoves 23 de xullo en Sobroso e estenderase ata o xoves 17 de setembro, está a espallar música, danza, teatro, así como actividades e obradoiros para nenas e nenos. Todas elas rexistraron o aforo completo en horas trala apertura do prazo de inscrición e, nestes momentos, quedan pendentes dúas actuacións previstas para o venres 11 de setembro, ás 19 horas, no castelo de Sobroso a cargo de ‘Os Quinquilláns’ e para o xoves 17 ,tamén ás 19 horas, en Soutomaior co concerto de ‘Vero Rilo & Sonsoles Penadique’.

Amais, esta mesma semana abríase o prazo para participar na ruta ‘Os viñedos do castelo’ que, en pouco máis de 48 horas, esgotaba os cinco percorridos ofertados para visitar Soutomaior. En total, 75 persoas gozarán dunha ruta que combina historia con paseo polos viñedos, cata do caldo ‘Pedro Madruga’ e espectáculo teatral a cargo de Rosso&Bianco.

Os castelos de Soutomaior (este recentemente musealizado) e Sobroso son dúas das xoias patrimoniais da provincia de Pontevedra, sen esquecer o seu valor histórico. Ademais, atesouran importantes riquezas medioambientais, pois mentres Soutomaior acolle árbores senlleiras e un Xardín de Excelencia Internacional de camelias, en Sobroso hai un parque forestal de gran beleza no que conviven árbores autóctonas e outros exemplares.

O Concello de Arbo adxudica a segunda fase das obras de mellora do camiño Urzal-Cividade

0

O Concello de Arbo, adxudica a contratación da segunda fase das obras de ensanche e mellora do camiño de Urzal–Cividade a traves da plataforma de contratación do Concello. Os traballos, que daran comezo nas vindeiras semanas, realizaránse sobre un treito do camiño existente no lugar de Urzal na parroquia de Barcela e do que xa se executou o ano pasado a súa primeira fase.

O importe do contrato ascendería á cantidade de 90.978,94 € (IVE do 21% incluído que ascende a 15.789,73 €) e conta coa subvención da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos.

Con esta iniciativa, o Concello de Arbo busca mellorar a súa rede viaria municipal, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que teñen firme de terra. Unha das súas prioridades do Goberno que preside Horacio Gil “e mellorar a seguridade viaria en todas as súas estradas, executando ensanches e mellorar o trazado nos tramos mais perigosos”.

Dada a amplía superficie do municipio e o gran numero de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado “é complicada”, explica o alcalde Horacio Gil, sendo necesarios proxectos de pavimentación “que rexeneren completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado”.

Coas actuacións previstas pretendese mellorar o servizo que ofrece para os usuarios o camiño Urzal–Cividade, obxecto da obra, “pois é un camiño utilizado, tanto por vehículos como por peóns, prevéndose a súa mellora e pavimentación, ao atoparse en mal estado, e así dar continuidade ao mellorado nunha primeira fase”, di Horacio Gil.

Nigrán abre a inscrición para un novo roteiro por Monteferro o martes 18 coincidindo co solpor

0

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán ‘Equilibrio Natural’, ofrece novamente este martes 18 de agosto un roteiro especial por Monteferro coincidindo co solpor ante o éxito do celebrado a semana pasada. Os interesados deben inscribirse previamente no mail [email protected] indicando os seus datos e presentarse ás 19:00 no Monumento á Mariña Universal no alto de Monteferro.

O percorrido constará de 6 km e dunha duración de 2,5 h. Por outra banda, tamén está aberto o prazo para anotarse ao do sábado na parroquia de Priegue (roteiro circular das ‘Medoñas´) con saída ás 10:00 desde o Camiño do Monte, 21. En ambos casos as prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude. Igualmente, o Concello facilitará intérprete de lingua de signos en caso de que algunha das persoas que se inscriba indique esta necesidade no correo electrónico.

O Concello de Baiona inicia os traballos de recuperación dos lavadoiros do municipio

0

O Concello de Baiona iniciou nestes pasados días os traballos de limpeza, mellora e rehabilitación dos lavadoiros públicos co fin de poñelos en valor e darlles a importancia que teñen como elemento patrimonial de toda a veciñanza.

Os traballos comezáronse na parroquia de Baíña onde nestes días rematouse coa mellora e recuperación do lavadoiro do Burgo, que foi sometido a unha limpeza a fondo, selado de xuntas para evitar perdas de auga, pintado e rozado de toda a contorna.

Unha vez rematada a mellora e recuperación do lavadoiro do Burgo, seguirase co de Fontes, tamén na parroquia de Baíña para, posteriormente mellorar todos e cada un dos existentes no municipio.

Tanto o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, coma o concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez, subliñaron a importancia de recuperar estes lavadoiros “que co paso do tempo e logo de perder o seu obxectivo inicial, son agora elementos patrimoniais de primeira orde que é necesario protexer e conservar”.

Nese sentido Carlos Gómez lembrou que Baiona “é un municipio que conta con innumerables recursos históricos, culturais e patrimoniais que non poden ser tratados de xeito independente xa que, todos eles, son parte inseparable da propia da nosa historia”. Recuperar os lavadoiros, conclúe o rexedor local, “e dar un paso máis na conservación das nosas costumes e da nosa historia máis próxima, a historia cotiá”, finaliza o rexedor local.

A Xunta facilita ao sector do viño unha aplicación para poder levar os seus rexistros de xeito telemático

A Xunta facilita ao sector do viño a posibilidade de levar os seus rexistros de xeito telemático mediante a aplicación informática Acios (Aplicación Contabilidade Integral Oficial), á que se pode acceder a través da Oficina Virtual de Medio Rural. Con esta ferramenta voluntaria que se pode solicitar en calquera momento contribúese, ademais, ao cumprimento da normativa europea, que establece que as persoas que manexen produtos deste eido teñen a obriga de levar rexistros, entre outros, das súas entradas e saídas.

Coa ferramenta Acios compleméntase o proceso de modernización tecnolóxica que levan protagonizando nos últimos anos as adegas da nosa comunidade, tanto nos seus procesos produtivos como na súa xestión administrativa. Así, a Xunta desenvolveu esta aplicación informática para facilitarlle ao sector a levanza dixital dos rexistros vitivinícolas, coñecidos habitualmente como Libros Rexistro.

Esta aplicación tamén facilitará en próximas versións a importación de datos dende as aplicacións propias de contabilidade das adegas, o tratamento de información para a realización de varias declaracións vitivinícolas (Infovi -sistema de información vitivinícola do Ministerio de Agricultura-, declaracións Fogga), así como a xestión de datos de provedores e confección dos contratos de compra-venda de uva. Tamén permitirá o cálculo de balances dos distintos produtos vitivinícolas que elaboren as empresas.

A Consellería do Medio Rural establecera no seu día normas de aplicación relativas aos rexistros do sector vitivinícola mediante un decreto específico. Esta norma recollía que as persoas físicas ou xurídicas e as agrupacións de persoas que, para o exercicio da súa profesión ou con fins comerciais, tiveran no seu poder un produto vitivinícola, deberían levar unha contabilidade mediante rexistros. Ademais, contemplábase que a dirección xeral competente en materia de calidade agroalimentaria establecería unha aplicación informática de levanza dos rexistros vitivinícolas, que se facilitaría aos operadores comercias que quixeran utilizala.

Con esta aplicación xa en marcha, os interesados en empregala poderán solicitar o seu uso na xefatura territorial da Consellería do Medio Rural da provincia onde se sitúe a instalación para a que pidan a levanza informática dos rexistros. Na solicitude, que poderán encontrar no anexo desta orde do Diario Oficial de Galicia e presentar en calquera momento do ano, deberán facer constar os Libros Rexistro para os que piden a autorización e os datos das persoas usuarias iniciais que accederán á plataforma. Estas solicitudes débense presentar obrigatoriamente por medios telemáticos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal.

Cómpre destacar que o sector vitivinícola é unha peza clave do complexo agroalimentario galego e articúlase fundamentalmente en torno ás cinco denominacións de orixe existentes: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, así como ás catro indicacións xeográficas: Barbanza e Iria, Betanzos, Ribeiras do Morrazo e Val do Miño-Ourense.

Ennio Morricone, la injusticia de Hollywood y un hombre de fe

Hace unos días nos ha dejado el gran Ennio Morrionce, una de las clamorosas injusticias de los Oscar de Hollywood, un hombre conocido principalmente por su faceta de compositor de Bandas sonoras que nos dejó títulos inolvidables y que está considerado como uno de los grandes maestros de la música del cine.

Nació en 1928 en Roma. Compositor y director de orquesa, siempre será recordado por su contribución a la múscia del cine, habiendo compuesto más de quinientas bandas sonoras para películas y series. Recibió un öscar honorífico en 2006, sin lugar a dudas, una forma de justificar todas las injusticias realizadas con el gran maestro hasta entonces, en el 2016 le dieron el Oscar por la cinta The Hateful Eight y en el 2020 recibió el premio Princesa de Asturias de las Artes compartido con John Williams.

Nacido en una familia muy cristiana, Ennio ha comentado en muchas ocasiones su religiosidad, comentando que le gustaba rezar todas las noches antes de acostarse y que le gustaba acudir a misa todo los domingos. Una frase muy significativa que comentó en relación a la música y a su fe cristiana: “Considero que es un agente muy cercano a Dios”. De hecho, definió la música “como el único que se acerca verdaderamente al Padre eterno y a la eternidad, Por ello, parte de los sonidos que componen su repertorio musical tienen tintes espirituales”.

Una muestra de la genialidad de éste composior, en todos los aspectos de su vida, es la carta que escribió unas cuantas semanas antes de su fallecimiento:

“Yo, Ennio Morricone, carta que le envió a sus amigos y familiares tiempo antes de sufrir el accidente doméstico que le costó la vida, el maestro decidió redactar una curiosa misiva con algunas palabras de adiós y de amor, que su abogado leyó en público, por una razón: quería irse sin hacer ruido. “Lo anuncio a todos los amigos que siempre han estado cerca de mí y también a aquellos que están un poco lejos, a los que saludo con gran afecto […]. No quiero molestar a nadie”, lo resumió él mismo. También por este motivo, siguiendo su voluntad, su funeral fue privado.”

Intentar resumir su carrera en unas pocas líneas es muy complejo por no decir imposible, así que nos vamos a limitar a mostrar algunas de sus obras más representativas.

Por un puñado de dólares (Sergio Leone, 1964)

Es ya imposible disociar el nombre de Morricone de los sonidos del spaghetti western. La música que compuso para este largometraje de 1964 ha sido imitada una y otra vez y consiguió convertirse en el canon a seguir para los sonidos del Far West.

El bueno, el el feo y el malo (Sergio Leone, 1966)

Seguramente la música de Morricone para El bueno, el feo y el malo sea el más memorable y recordado de todas sus bandas sonoras, ése sonido ambiental caracterizado por el arpa y la flauta, esos coros, esas campanas, esos silbidos… sin lugar a dudas, inolvidable.

https://youtu.be/2MkpKo3Psaw

La Misión (Roland Joffé, 1986)

Película con unos paisajes espectaculares y una música inolvidable que inexplicablemente no llevó el Oscar (para los estandares norteamericanos Ennio era comunista, le gustaba ayudar a los pobres) en cambio se lo llevó un tal Herbie Hancock por su trabajo en Alrededor de medianoche. (alguien se acuerda de esa bso). Morricone firmó aquí un trabajo apabullante, verdaderamente legendario, combinando coros de voces litúrgicas con percusiones indigenas, de un modo tan natural como innovador.

Los intocables de Eliot Ness (Brian de Palma, 1987)

Una película que le valió a Sean Connery un Óscar, rodeado de un reparto de campanillas, con Robert de Niro, Kevin Costner y Andy García. Una película de gangsters firmada por Brian de Palma, con el inconfundible aliento épico de la música de Morricone.

Cinema Paradiso (Giuseppe Tornatore, 1989)

Una de las películas más hermosas y emotivas del último tercio del siglo XX y que el genio subo trasladas con sus emotivas notas para que no solo nos llegaran nuestros sentimientos a través de las imágenes, sino a través de la sensibilidad de la música.

Los odiosos ocho (Quentin Tarantino, 2015)

Uno de los últimos trabajos de Ennio Morricone para Hollywod. Y el que, tardíamente, le valió un Óscar a la mejor banda sonora, tras la estatuilla honorífica que había cosechado en 2007. En esta película Tarantino hace un guiño a los viejos western con los que Morricone estuvo tan familiarizado en sus inicios.

Uno de los mejores compositores de la historia nos ha dejado, pero su legado perdurará por siempre. R.I.P.

Peregrinos xacobeos na cidade de Tui (VI): Nicolaus von Popplau e Hyeronimus Münzer

Nos relatos que vimos recollendo nesta serie sobre a literatura odepórica que conservamos dos peregrinos que pasaron polo cidade de Tui no seu camiñar cara Santiago de Compostela, n ano 1484 achegase outro nobre que nos deixa o seu relato.

O polaco Nicolaus von Popplau ou Poielovo ou mesmo Popielovo, de Silesia, pertence a unha nobre familia polaca xermanizada; á morte do seu pai comezou unha longa viaxe o 2 de febreiro de 1483 coa intención de percorrer Europa de torneo en torneo.

Tomado de Piqueras, J y Sanchis, C.: “El viaje de Niclas Von Popplau por Europa (1483-1486)” en Cuadernos de Geografía 100. Valencia 2018

En xuño de 1484 embarcou nos Países Baixos (en Amberes) achegándose por vía marítima ata Santiago de Compostela onde chega o 21 de xullo de 1484. Tras visitar Santiago de Compostela, vai ata Padrón. E continua o seu relato así:

El día siguiente pasé a una ciudad llamada Muros, distante unas siete millas, donde encontré un barco refugiado de una gran tempestad, cuyos vientos le iban muy contrarios. Por este motivo tuve que comprarme un buen caballo de cinco coronas para que pudiese llevar mi bagaje de tanto peso como yo.

Vine luego a El Padrón, unas siete millas; después hice seis millas á la ciudad de Pontevedra; tres á Redondela; cinco á la ciudad de Tuy, todas situadas en Galicia, y bajo el dominio del Rey de España. El día siguiente navegué por el río Miño desde la ciudad de Tuy hasta Valenza, que está enfrente y que pertenece al Rey de Portugal. El dicho río separa la Galicia del Portugal. De Valenza llegué a Ponte-de-Lima1. Peregrina a cabalo acompañado de dous criados. Dende alí continúa a Porto onde toma unha carabela que o leva ata Lisboa, recollendo no seu texto o ambiente da cidade e da corte portuguesa.

A seguinte gran viaxe ou peregrinación da que posuímos o relato do seu paso por terras tudenses é a do xeógrafo e astrónomo alemán Hyeronimus ou Xerome Münzer, que foi un destacado intelectual do seu tempo e posuidor dunha notable fortuna que lle posibilitou realizar entre 1494 e 1495 unha viaxe de sete mi quilómetros dende Nuremberg por Suíza, Francia, España e Portugal.




Manuscrito do itinerario de Münzer na Bayerische Staatsbibliothek

Entra en Portugal por Serpa e Evora, desprazándose logo ata Lisboa onde inicia a súa viaxe cara Santiago de Compostela:

El día 10 (de decembro de 1495), a primera hora de la tarde emprendimos la jornada con dirección a Ponte de Lima, a ocho leguas largas de Barcelos, pueblo que toma su nombre del río Lima, bastante grande y atravesado por un puente de diez y ocho ojos. Cenamos en una venta y luego anduvimos otras tres millas para llegar aquella noche a Coserado. En fin, al día siguiente 11 de diciembre pasamos a Valença do Minho (Valencia de Mino no texto orixinal), que es por el norte el último lugar del reino de Portugal; nos embarcamos para atravesar el Miño (Minius en el texto orixinal) río importantísimo tan ancho como el Rhin en Basilea y llegamos a Tuy (Duy no orixinal), ciudad que se halla a la otra orilla a la falda de un monte y frente por frente a Valença. Es el primer pueblo de Galicia, con sede episcopal y buena iglesia. El mismo día, después de comer, proseguimos el camino y entramos en Redondela (Rondella no texto orixinal), pequeña villa que se alza junto a un brazo de mar y en donde pescan sardinas en pasmosa cantidad. Sino llega a ser por cierto alemán de Francfort, avencidado allí, que nos recibió en su casa, lo hubieramos pasado muy mal, por que en el pueblo no hay posadas y la noche era cruda en sumo grado; pero el paisano nos proporciono con largueza cuanto hubimos menester, por nuestro dinero, naturalmente.2

O relato de Münzer evidencias as dificultades que os viaxeiros con capacidade económica sufrían polas carencias e incomodidades do seu percorrido, canto máis sacrificada e penosa era a peregrinación de tantos peregrinos de escasos recursos, como eran a inmensa maioría…


1 Viajes de extranjeros por España y Portugal : en los siglos XV, XVI y XVII : (año de 1878) / colección de Javier Liske ; traducidos del original y anotados por F. R. Madrid, Casa Editorial de Medina, (s.a.), pp. 29-30

2 Jerónimo Münzer. Viaje por España y Portugal en los años 1494 y 1495. (Conclusión) / versión del latín por Julio Puyol en Boletín de la Real Academia de la Historia. Tomo 84, Año 1924, pp. 217-218. Véase tamén Caucci Von Saucken, Paolo: “El camino portugués a su paso por Galicia en la literatura de viajeros y peregrinos” en Actas del II Encuentro sobre los caminos portugueses a Santiago, Vigo, 1994, pp. 17-29.

Medio Ambiente e Arte unen ao Aquamuseu do rio Minho e a Fundação Bienal de Arte de Cerveira nun proxecto común

‘LowPlast–a arte de reducir o plástico’ é un proxecto promovido polo Aquamuseu do río Miño de Vila Nova de Cerveira, en colaboración coa Fundación Bienal de Arte Cerveira (FBAC), a Asociación Portuguesa do Lixo Mariño e o Instituto Interdisciplinar de Artes–DTK, de Noruega, inciativa que contará cun investimento de 52 mil euros, financiado polos EEA Grants.

Tendo como obxectivo fortalecer a sensibilización para redución e prevención de plásticos nos Océanos, o proxecto prevé a realización de accións de sensibilización para a necesidade de reducir o consumo de plásticos de utilización única e botellas de plástico, en sectores chave como o fastfood, restauración e supermercados, amais de incentivar a súa valorización tras o uso, dando sentido práctico á expansión da Economía Circular.

A iniciativa engloba accións de monitorización, concienciación de boas prácticas e creación de elementos artísticos, no cal se enmarca a participación da FBAC. Así, integrando a programación da XXI Bienal Internacional de Arte de Cerveira, serán presentados ao público tres elementos de intervención artística. Debido ao contexto da situación actual, o proxecto foi adaptado e serán presentadas dúas participacións á distancia das artistas norueguesas Pippip Ferner e Christine Istad e unha intervención, en pleno Río Miño, do portugués Acácio de Carvalho.

Ponteareas restrinxe as visitas á residencia de maiores e os paseos das persoas residentes como medida preventiva ante os rebrotes da COVID19

O Concello de Ponteareas, diante da situación de novos contaxios de coronavirus noutras zonas, vén de tomar diferentes medidas de contención para minimizar os riscos de contaxio na residencia de maiores municipal ‘Santa Ana’; medidas que se adoptaron de forma coordinada coa responsable da Covid-19 no PAC de Ponteareas da Consellería de Sanidade.

Segundo a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, “tomouse a decisión de restrinxir a saída dos e das usuarios e usuarias da residencia de maiores”, así como limitar as visitas as persoas que residen neste centro “a unha soa persoa nos xardíns da instalacións”.

“Dadas as características da nosa residencia que está ubicada no centro da vila e é para persoas válidas, –explica Verónica Carrera– as persoas residentes saen con frecuencia o que supón unha situación de risco de contaxio elevado na actualidade”.

Aínda que na residencia de maiores municipal lévanse a cabo todas as medidas de prevención Covid-19, tales como visitas a residentes no xardín, enquisas diarias a persoal, persoas usuarias, visitas, así como toma de temperaturas, distanciamento interpersoal, lavado de mans e uso de máscaras, o Goberno entende que para maior tranquilidade o mellor é tomar estas medidas para unha maior prevención.

A concelleira agradeceu “a profesionalidade e a labor tan importante que están realizando todas as traballadoras e traballadores da residencia de maiores”.

A selección uruguaia de remo concéntrase dende o luns no Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Tui

0

A partir do luns, 17 de agosto, o Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Piragüismo e Remo de Tui acollerá a concentración da Selección Nacional Uruguaia de remo, composta por seis deportistas e un adestrador. Permanecerán nestas instalacións ata o 12 de outubro, preparando a regata preolímpica clasificatoria para Tokio 2021. O río Miño, as instalacións de Tui e o alto nivel dos deportistas tudenses, fixeron que a Federación Uruguaia de Remo escollera esta opción, segundo explica o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez.

Ao longo do ano estas instalacións acollen concentracións de deportistas de diferentes modalidades deportivas, sobretodo de remo e piragüismo.

O centro está situado na rúa Olímpicos Tudenses, a carón dos centros municipais de remo e piragüismo. Amais hai unhas semanas ampliáronse os servizos que oferta coa apertura dunha cafetería, tras ser licitada polo Concello de Tui. Deste xeito poden gozar deste servizo tanto os deportistas que adestran nestas instalacións, coma o público en xeral, así coma o peregrinos xa que se atopa nas inmediacións do inicio do Camiño Portugués de Santiago na cidade.

O Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Piragüismo e Remo de Tui (CETD) –anteriormente Centro Interfederado–, conta con ximnasio, dous vestiarios con jacuzzi e sauna, 6 galpóns para embarcacións, dúas habitacións con 24 prazas, unha sala de judo, unha oficina da concellería de Deportes, así como cafetería.

A instalación acolle os adestramentos do Club Remo Tui, do Judo Club Tudense, así como de distintos deportistas de alto nivel do Concello de Tui.

A Guarda acollerá a 90 edición do Encontro Internacional da FICC 2021

Imaxe de arquivo da presentación da candidatura da Guarda para acoller este encontro internacional da FICC

O vindeiro mércores día 19 de agosto ás 10:30h realizarase na Casa dos Alonso –na Praza do Reló– a presentación da nonaxésima edición ‘Encontro Internacional da FICC 2021’, un encontro internacional que tan só se celebrou en tres ocasións en territorio español na súa longa traxectoria, e que se celebrará na Guarda o vindeiro ano.

No acto intervirán o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o presidente da FICC, João Alves; o vicepresidente da Federación Española de Clubes Campistas (FECC), Miguel Merino Ayllón; Andrés Sánchez, vogal da antedita Federación; Juan Antonio Cidanes, presidente do Camping Caravaning Club de Galicia-Vigo e José Iglesias, vogal e responsable das relacións coa FICC

Aproveitando tamén o acto asinarase o Convenio de colaboración entre o Concello da Guarda e a Federación Internacional de Camping e caravaring para a realización deste encontro.

Cómpre lembrar que hai uns meses a Federación Española de Clubes campistas (FECC) presentou a candidatura da Guarda para acoller o Encontro Internacional da Federación Internacional de Camping, caravaning e autocaravaning (FICC) en 2021 sendo seleccionada entre os finalistas Corea do Sur e Polonia.

O Goberno local de Ponteareas aspira a triplicar os axentes de Policía neste mandato

O Goberno Local explicou hoxe, na Xunta de Voceiros celebrada a petición de ACIP, a situación da Policía Local da localidade. O concelleiro de Bo Goberno e de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, ofreceu os datos oficiais sobre o cadro de persoal. A Policía Local conta a día de hoxe con 17 efectivos repartidos do seguinte xeito: un oficial, 11 axentes e 5 auxiliares. Deles, tres axentes están de baixa prolongada.

Ademais, na Academia Galega de Seguridade Pública está en marcha o proceso de selección de tres novos axentes e un oficial que se deberán incorporar en 2021, incrementando para entón o número de policías locais até os 16. Ademais, hai varias semanas aprobouse a oferta de emprego público do Concello con 2 prazas máis de axentes (as que se poden convocar neste exercicio por ter quedado vacantes en 2019) e cuxo proceso de selección debe convocar a Academia Galega.

Por último, prevese que a oferta de emprego público de 2021 inclúa as tres prazas vacantes deste ano 2020 producidas por falecemento, mobilidade e promoción interna. Deste xeito, no caso de que non se produzan traslados a outros concellos, o cadro de persoal da Policía Local para o ano 2022 estaría conformado por 21 efectivos dos que 2 serían oficiais e 19 axentes, triplicando así a cifra de 7 axentes do ano 2019.

O edil nacionalista sinalou que esa cifra tan exigua foi consecuencia das xubilacións, excedencias e traslados producidos entre finais de 2017 e comezos de 2019, un total de 10 prazas, e a longa duración legal dos procesos de selección de novos axentes.

Segundo Mera, “antes de 2015 os gobernos das dereitas ponteareáns non cubriron en prazo varias prazas vacantes da Policía Local o que conlevou a súa desaparición. En contraste, o actual goberno desde 2015 está convocando e cubrindo do xeito máis rápido posíbel legalmente todas as prazas vacantes que a normativa permite”.

Malia as limitacións do cadro de persoal, Mera lembra que “estamos facendo un esforzo con servizos extraordinarios nas noites das fins de semana. Mentres que moitos concellos semellantes a Ponteareas suprimiron nos últimos meses os turnos de noite, para ser atendidos só pola Garda Civil, nós continuamos prestando o servizo nocturno a diario e nas fins de semana reforzado con até cinco axentes”, explica Mera.

Nigrán colabora no ‘Beachmarket’ desta fin de semana en Gaifar co concerto da ‘Asociación Folclórica Vila de Baiona’

0

O Concello de Nigrán colabora cos comerciantes do municipio na celebración do ‘Beachmarket’ deste fin de semana no espazo municipal Dunas de Gaifar (Panxón). Nesta ocasión desenvolverase durante todo o sábado e domingo (de 11:00 a 22:00 horas) e contará como colofón final coa actuación da ‘Asociación Folclórica Vila de Baiona’ o domingo ás 20:00 horas.

Esta agrupación naceu no ano 1989 da man dun grupo de nais preocupado por manter a tradición popular, iniciándose cun grupo de danza que chegou a ter 150 mozos integrantes e a actuar na Expo92.

Na actualidade aqueles alumnos dirixen e manteñen a asociación baixo a dirección na sección de baile de Eduardo Alves de Costa Lojo (ex-compoñente do Ballet Galego Rey de Viana) e con diferentes grupos de danza tradicional e as ‘Pandereiteiras de Monteboi’. Contan cun importante e variado vestiario que reflexa a vistosidade da indumentaria tradicional galega.

O Concello de Nigrán adía os concertos de Carlos Núñez esta fin de semana en Monteferro ante a previsión de choiva

0

O Concello de Nigrán e a empresa que organiza o concerto de Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro no solpor deste sábado 15 e na mañá do domingo 16 de agosto informan que, debido á previsión de choivas, aprazará os dous concertos a unha nova data que será comunicada nos próximos días.

As entradas manteñen a súa validez para as equivalentes vindeiras sesións, polo que os que xa as adquiriran non teñen que facer nada se desexan acudir na nova data elixida. Aquela persoa que o desexe pode solicitar desde xa a devolución do importe pagado indicando a través de Ataquilla o enderezo de correo electrónico co que se realizou a compra e a referencia das entradas. Igualmente, unha vez se anuncie o día ao que se trasladan os eventos, en caso de haber entradas dispoñibles, estas volverán a poñerse á venda a través de Ataquilla (para a sesión do solpor do día 15 de agosto estaban esgotadas).

Concello e empresa organizadora lamentan as incomodidades que poida xerar este aprazamento.

Cambios nos horarios das Festas da Pena de Francia e San Roque de Mondariz polas restricións horarias anunciadas polo Ministerio de Sanidade

0

O Concello de Mondariz vén de anunciar cambios nos horarios dalgúns dos actos incluídos nas Festas da Pena de Francia e San Roque, ante as novas medidas de restrición horaria do ocio nocturno anunciadas polo Ministerio de Sanidade. Por “responsabilidade” o Concello decidiu adiantar as actuacións musicais previstas para o sábado, 15 de agosto, para adaptar a programación á antedita restrición horaria.

Así, o concerto do grupo de música folk Pédepôtè dará comezo ás 22.00 h (media hora antes do previsto inicialmente), e a actuación de Festicultores Troupe non se prolongará máis aló da 1:00 h.

A Xunta comproba a organización do CEP Altamira de Salceda para adaptarse ao protocolo da COVID-19

O xefe territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesiona, César Pérez Ares, achegouse hoxe ata o CEP Altamira na localidade de Salceda de Caselas para coñecer de primeira man a organización do equipo directivo para adaptarse ás medidas que marcan o Protocolo fronte á COVID-19.

Unha visita que se enmarca na rolda que se está a realizar desde o departamento autonómico por todos os centros da Comunidade co obxectivo de garantir un inicio de curso seguro a nivel sanitario e dentro da máxima normalidade posible dentro do contexto actual.

Deste modo, Pérez Ares puido comprobar in situ o plan organizativo que está levando a cabo o equipo directivo deste colexio de acordo co Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021, elaborado polas Consellerías de Educación e de Sanidade.

Segundo dixo, o CEP Altamira conta cun plan de continxencia no que se recolle de forma exhaustiva a redistribución de espazos e as medidas a adoptar a nivel de grupos, os medios de protección, a limpeza, o uso de espazos ou o protocolo de actuación en caso de detectarse algunha incidencia.

Con todo, Pérez Ares lembrou que o propio Protocolo xa especifica que todas as medidas nel recollidas poden ser obxecto de revisión continua en función da evolución do risco sanitario e das decisións que adopten as autoridades sanitarias autonómicas e estatais. Polo tanto estas medidas iranse actualizando cando sexa necesario, se os cambios na situación epidemiolóxica así o requiren e sempre seguindo as indicacións das autoridades sanitarias.

E tal e como facía onte en Cambados a conselleira Carmen Pomar, insistiu en que como medida de reforzo de espazos e persoal docente, o sistema público galego contará con 158 unidades (grupos de clase) máis nas etapas de Infantil, Primaria e ESO, así como con 240 novos mestres que se incorporarán a partir de setembro. Precisamente unha desas novas unidades que se habilitan serán para o CEP Altamira, que o vindeiro curso pasará a ter unha aula máis en quinto curso de Primaria.

Renovación dos aseos

Por outra banda, o xefe territorial tivo a oportunidade de abordar co equipo directivo do centro Altamira a necesidade de renovación dos aseos, un compromiso adquirido polo departamento autonómico e no que se está traballando para executar a máxima brevidade posible. Así, Pérez Ares trasladou á dirección do CEP que a unidade técnica está xa a traballar no proxecto de renovación e mellora nos aseos, que conta cunha inversión xa autorizada de máis de 40.000 euros.

O Concello das Neves cede ao SERGAS o espazo da antiga escola infantil para ampliar o Centro de Saúde

0

O Concello das Neves, tal e como anunciara hai varios meses o Goberno local, cederá o ámbito da antiga Escola Infantil ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para a ampliación do Centro de Saúde da Vila que gañará, así, máis de 50 metros cadrados. A que ata este curso foi a Escola Infantil da vila, está no baixos do mesmo inmoble que ocupa o Centro de Saúde.

Este mércores, o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, estivo nas Neves para coñecer as novas intslacións e ultimar o traspaso das mesmas. Acompañado polo alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez; a concelleira de Servizos Sociais, Pilar González Casas; a directora do Centro e persoal do mesmo, o xerente comprobou que o espazo que ocupaba a Escola Infantil está en perfecto estado e que, logo de pequenas modificacións, pode empregarse en só uns días.

No tempo no que se realizan eses cambios –que pasan pola retirada do mobiliario e enseres que quedaban por levar á nova Escola, pintura, limpeza e desinfección– o Concello e o Servizo Galego de Saúde asinarán o convenio de cesión, un trámite que, subliña Xosé Manuel Rodríguez, farase por un procedemento de ‘urxencia’ e que estará rematado xa a vindeira semana.

O novo espazo, tal e como acordaron o alcalde e o xerente da Área Sanitaria, acollerá unha unidade de atención a persoas que poidan presentar síntomas de coronavirus que disporá de respiradores e estará separada do resto das dependencias. A intención do Concello e do Sergas é que “o Centro de Saúde poida dispoñer deste espazo de xeito inmediato”, subliña o rexedor quen salienta e agradece a “colaboración e excelente coordinación entre o Concello das Neves, a dirección e persoal do Centro de Saúde e o Servizo Galego de Saúde durante a pandemia”.

Esgotadas en 48 horas as prazas para participar na ruta ‘Os viñedos do Castelo’

Gran acollida á iniciativa da Deputación de Pontevedra ‘Os viñedos do Castelo’. En só 48 horas dende a apertura do prazo de inscrición, esgotáronse as prazas para participar nesta novidosa ruta, que combina historia cun percorrido polos viñedos, unha cata e un espectáculo teatral. Deste xeito, esta primeira edición da actividade terá o seu aforo completo nas distintas sesións que se celebrarán os días 20, 21, 27 e 28 de agosto e tan só queda unha soa praza para a cita do 3 de setembro ás 19 horas.

As persoas participantes na actividade ‘Os viñedos do Castelo’, que terá unha duración de 90 minutos, iniciarán o seu periplo cun paseo guiado pola senda dos viñedos de Soutomaior, no decurso do cal explicaranse cuestións relativas ás orixes do viño, á DO Rías Baixas e as súas subzonas (destacando a de Soutomaior), así como sobre os tipos de uvas e o proceso da vendima. A sesión estará impartida por persoal propio de turismo que achegará a experiencia natural do percorrido e, deste xeito, as persoas participantes terán a oportunidade de aprender e coñecer en que consiste o proceso de vendima nesta contorna privilexiada, a carón dun castelo medieval e dun xardín de Excelencia Internacional.

Tralo percorrido polos viñedos, terá lugar unha cata do caldo ‘Pedro Madruga’, que sae das mesmas cepas do Castelo de Soutomaior e foi obtido da colleita de 2019 pola adega ‘Quinta das Eiras’. E a última parte da degustación estará amenizada por Rosso&Bianco (o dúo cómico formado por David Carrera e Alberto Antelo), que interpretarán a súa peza teatral ‘Albariño Edition’, un monográfico sobre o viño albariño dende un punto de vista persoal e ameno. A través desta novidosa iniciativa, a Deputación busca promover o produto local e desenvolver actividades sostibles e respectuosas co medio ambiente, ofrecendo experiencias a carón do patrimonio histórico e natural.

Tui, un dos beneficiarios das axudas da Xunta para recuperar as Áreas de Rehabilitación Integral

A Xunta de Galicia financiará con preto de 2,7 millóns de euros as Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) declaradas en Galicia. O reparto dos fondos de 2020 entre os concellos que dispoñen de ARI no seu territorio, realizado en función das solicitudes presentadas pola administración local, foi comunicado a cada concello solicitante. Para o reparto de fondos tívose en conta o grado de cumprimento en cada concello dos obxectivos asignados en anteriores repartos.

Os fondos relativos aos obxectivos de 2020 beneficiarán a 17 concellos galegos, entre os que se atopan Betanzos, Corcubión, Ferrol, Noia, Rianxo e Santiago, por parte da provincia da Coruña; Lourenzá, Mondoñedo, Monforte de Lemos e Sober, na provincia de Lugo. Na de Ourense, os concellos beneficiarios son Castro Caldelas, Ourense, Ribadavia e Vilar de Santos e pechan a lista de municipios beneficiados, tres más da provincia de Pontevedra: Tui, Vigo e Pontevedra.

IMPORTE POR CONCELLO

A CORUÑA
CONCELLO
IMPORTE €LUGO
CONCELLO
IMPORTE €OURENSE
CONCELLO
IMPORTE €PONTEVEDRA
CONCELLO
IMPORTE €
Betanzos100.430,00Lourenzá48.400,00Castro Caldelas48.400,00Pontevedra332.750,00
Corcubión100.430,00Mondoñedo190.465,65Ourense332.750,00Tui48.400,00
Ferrol332.750,00Monforte100.430,00Ribadavia157.300,00Vigo332.750,00
Noia48.400,00Sober48.400,00Vilar de Santos48.400,00  
Rianxo62.536,16      
Santiago332.750,00      

Os 17 concellos galegos que reciben ditos fondos teñen actualmente en execución convenios asinados en anos anteriores, cunha dotación total que se aproxima aos 25 millóns de euros no seu conxunto

Unha vez que o IGVS comunique esta decisión, os concellos deberán trasladar ao Instituto Galego de Vivenda e Solo as actuacións previstas, presentando a documentación acreditativa. No caso dos municipios que dispoñen de máis dunha ARI declarada no seu ámbito será a propia administración municipal a encargada de realizar o reparto dos fondos entre as mesmas.

Ademais os concellos deberán regular os prazos para a presentación de solicitudes por parte dos propietarios de vivendas interesados na súa rehabilitación.

Os beneficiarios finais dos fondos repartidos serán os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazados no ámbito das Áreas de Rehabilitación Integral, que recibirán axudas a fondo perdido para as actuacións de rehabilitación que realicen. Tamén se poderán beneficiar das axudas os propios concellos para a realización de actuacións de urbanización e reurbanización no ámbito das ARI. Ademais, a Xunta, con fondos propios, financia as oficinas de rehabilitación municipais.

Actualmente Galicia conta con 69 áreas de rehabilitación integral declaradas en 41 concellos ademais das ARIs dos Camiños de Santiago, que comprende 126 concellos das catro provincias galegas, a ARI das Illas Atlánticas, que afecta a catro concellos e a ARI da Ribeira Sacra, que comprende 25 concellos.

ARI supramunicipais

As axudas cuxo reparto se comunicou aos concellos van destinadas exclusivamente ás Áreas de Rehabilitación Integral que teñen o seu ámbito dentro dun concello e non inclúen as ARI supramunicipais, que son xestionadas directamente polo IGVS.

As axudas da ARI dos Camiños de Santiago, da que se benefician un total de 107 concellos das catro provincias galegas, foron convocadas no DOG do 26 de febreiro de 2020, cun importe total de 1,15 millóns de euros. Na mesma data (26/2/2020) se convocaron as axudas da ARI das Illas Atlánticas, dotadas con 100.000 euros.

Pola súa parte, as axudas da ARI da Ribeira Sacra, que comprende 25 concellos, foron publicadas no DOG do 7 de xullo, dotadas con 850.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes nas tres ARI supramunicipais remata o 30 de outubro de 2020.