26.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán abre a inscrición para un novo roteiro por Monteferro o martes...

    Nigrán abre a inscrición para un novo roteiro por Monteferro o martes 18 coincidindo co solpor

    Os interesados deben anotarse no mail turismo@nigran.org aportando os seus datos. O seguinte roteiro é o circular das Medoñas o xoves 20

    O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán ‘Equilibrio Natural’, ofrece novamente este martes 18 de agosto un roteiro especial por Monteferro coincidindo co solpor ante o éxito do celebrado a semana pasada. Os interesados deben inscribirse previamente no mail turismo@nigran.org indicando os seus datos e presentarse ás 19:00 no Monumento á Mariña Universal no alto de Monteferro.

    O percorrido constará de 6 km e dunha duración de 2,5 h. Por outra banda, tamén está aberto o prazo para anotarse ao do sábado na parroquia de Priegue (roteiro circular das ‘Medoñas´) con saída ás 10:00 desde o Camiño do Monte, 21. En ambos casos as prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude. Igualmente, o Concello facilitará intérprete de lingua de signos en caso de que algunha das persoas que se inscriba indique esta necesidade no correo electrónico.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.