Luns, 7 Xullo de 2025

A Deputación de Pontevedra está a aplicar “con máximo rigor” o exhaustivo protocolo de actuación nos casos de COVID-19

A Deputación de Pontevedra convocou ao Comité de Seguridade e Saúde a unha reunión a próxima semana para avaliar a adaptación dos protocolos e de novas medidas ante a nova situación da Covid19 e os casos positivos na institución, aínda que derivan de contaxios rexistrados no ámbito privado. Tanto os casos positivos como ás persoas que estiveron en contacto con eles están nas súas casas pasando a corentena, en aplicación inmediata do protocolo da Deputación, en canto se tivo coñecemento por parte do Servizo de Prevención de Riscos Laborais e de Recursos Humanos que son os departamentos responsables do seguimento.

O protocolo para a actuación nun caso sospeitoso de contaxio, do que se deu coñecemento ao persoal e aos sindicatos, é o máis exhaustivo e avanzado que ten calquera administración pública, aínda que obviamente non hai risco cero: a persoa afectada quédase na casa; se lle fai a proba PCR; desenvólvese o seguimento das persoas coas que tivo contacto, quen tamén é enviada ao seu domicilio para iniciar a corentena; e procédese á limpeza e desinfección de todos os lugares, incluso daqueles onde estiveron as persoas sospeitosas dun posible contaxio que logo dan negativo.

Amais, na reunión cos sindicatos da próxima semana, se tratarán novas decisións e propostas, cara á conciliación, para a adaptación da Resolución Presidencial aínda que está en vigor e xa contempla ata finais do mes de setembro a posibilidade de teletraballo para persoas con fillos e fillas en idade escolar para seguir a facilitar que as familias con menores poidan conciliar.

O goberno provincial tamén volveu a instar ao persoal da Deputación de Pontevedra a extremar as medidas de responsabilidade persoal en canto á protección, limpeza e hixiene, en cumprimento da normativa sanitaria, tanto no desempeño da súa actividade profesional como no seu ámbito privado a fin de minimizar o risco de contaxios.

O programa de formación e inserción laboral ‘Tic Emprendes’ chega a Mondariz

0

‘Guía de itinerarios en bicicleta’ e ‘Monitor deportivo especializado en adestramento con soporte musical’ son as dúas accións formativas que o proxecto Tic Emprendes vai desenvolver no concello de Mondariz co obxectivo de axudar á inserción laboral das persoas mozas deste municipio. As especialidades foron elixidas despois dunha enquisa entre a poboación obxectivo desta iniciativa da Deputación de Pontevedra financiada polo Fondo Social Europeo.

As persoas participantes recibirán unha formación eminentemente práctica para mellorar a súa empregabilidade e animalos a dar o paso de incorporarse ao mercado laboral tanto por conta propia como allea. As accións formativas darán comezo a partires de outubro. Cada unha ten unha duración de 125 horas lectivas, das que 100 horas serán de formación específica da especialidade e 25 horas serán de contidos relacionados co autoemprego e a creación de empresas. As sesións desenvolveranse en xornadas de 5 horas diarias, polo que a duración total de cada un dos cursos será de 5 semanas. Ademais, as persoas participantes teñen dereito a unha bolsa de desprazamento de 13,45 euros diarios por día de asistencia.

As persoas interesadas en obter unha das 15 prazas dispoñibles en cada curso deberán ter entre 16 e 30 anos, estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, estar no desemprego, non estar integradas no sistema de educación ou formación regradas e residir nun dos 31 municipios do rural que participan nesta iniciativa (O Rosal, Oia, As Neves, Arbo, Crecente, A Cañiza, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario, Fornelos de Montes, A Lama, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Campolameiro, Moraña, Barro, Meaño, Meis, Portas, Illa de Arousa, Catoira, Valga, Cuntis, Pontecesures, Vila de Cruces, Rodeiro, A Golada e Dozón). O programa Tic Emprendes está dirixido a concellos de menos de 5.000 habitantes, ou municipios de menos de 10.000 habitantes que teñan saldo demográfico negativo nos últimos anos. Ten como obxectivo fundamental contribuír a fixar poboación no rural.

As dúas actividades profesionais elixidas en Mondariz están centradas en dous dos sectores produtivos máis relevantes da provincia como son as actividades de lecer ao aire libre e o deporte . No transcurso do curso de ‘Guía por itinerarios en bicicleta’ , as persoas participantes obterán, entre outros, os coñecementos básicos para o deseño e a realización das rutas, o mantemento e condución de bicicleta así como a organización de actividades grupais. A acción de formación e inserción laboral ‘Monitor deportivo en grupo con soporte musical’ está dirixida a adquisición de coñecementos para a realización de sesións deportivas ao ritmo da música. En ambas accións formativas se realizará un módulo de autoemprego e de emprendemento.

As solicitudes poderanse presentar ata 15 días antes do inicio dos cursos, preferentemente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Deputación ou no rexistro do concello. Para mais información, as persoas interesadas poden contactar nesta ligazón e nos teléfonos: 886 217 320 / 986 804 100 extensión 47 321.

A programación cultura de setembro arrinca co Festival de Cans e a exposición ‘Fuera de escena’

A programación cultural do mes de setembro no Concello do Porriño arrinca coa exposición “Fuera de Escena” e a celebración da XVII edición do Festival de Cans.

Este martes 1, ás 20 horas, terá lugar a inauguración de “Fuera de escena”, coa presencia da alcaldesa, Eva García de la Torre e da concelleira de Cultura, Cami Moreira. Haberá unha visita guiada e ademais, a actuación da cantante porriñesa Noemí Fernández.

Trátase dunha mostra que é obra do escritor Ruben Marina e do fotógrafo Sebastián Cocucci, “á procura dunha expresión: a que debuxaría o teu rostro se vises a morte de fronte”, segundo a explicación dos autores.

Dezaseis actores e actrices tan coñecidos como Luis Tosar, Yolanda Ramos, Mabel del Pozo, Fernando Tejero ou Malena Alterio, entre outros, puxeron ese rostro.

Esta exposición está vinculada coa celebración do Festival de Cans que a inclúe na súa programación como preludio da 17ª edición do certame.

A partir do mércores 2 e ata o sábado 5, Cans acollerá as proxeccións, charlas, clases maxistrais, actuacións musicais e homenaxes como a que se lle pagará ao cineasta Chano Piñeiro, coincidindo cos 25 anos do seu falecemento.

Toda a programación vaise realizar baixo estritos protocolos de seguridade, cunha especial protección aos maiores da parroquia, mediante reducións de aforo nos “jalpóns”, limitacións no uso dos “chimpíns” e supresión de festas no Torreiro. 

Esgotadas as prazas para a ruta ornitolóxica ‘Voando nas Rías Baixas’ pola serra do Suído

O programa de rutas ornitolóxicas ‘Voando nas Rías Baixas’, que a Deputación de Pontevedra desenvolve en colaboración con SEO Birdlife, segue colleitando éxitos tras esgotarse en apenas 24 horas as quince prazas dispoñibles para o súa quinta e última saída desta edición, que conta tamén cunha lista de agarda doutras vinte persoas. A ruta levarase a cabo este próximo domingo, 6 de setembro, e achegará ás persoas participantes ata a Serra do Suído, que se estende polos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

A Serra do Suído é un sistema montañoso que non deixa indiferente a quen a visita. Cun alto valor ecolóxico, esta serra pontevedresa é famosa pola presenza de exemplares de lobo ibérico e de aves rapaces, coma o voitre leonado, a aguia calzada ou o miñato. Amais, sobre as pendentes de monte baixo as persoas participantes tamén poderán contemplar o voo da tartaña cincenta e a gatafornela. A Serra caracterízase polos altiplanos nos que abundan as queirogas, toxos e carqueixas e as súas partes baixas teñen fermosos vales e cursos de auga, que discorren entre bosques autóctonos ben conservados.

Estas rutas están a realizarse seguindo protocolos de seguridade e hixiene para facer fronte á crise xerada pola Covid-19. Deste xeito, foi reducido o aforo de 25 a 15 participantes e establécense diferentes normas para os inscritos que inclúen o distanciamento interpersoal ou a limpeza e hixiene (deberán levar máscaras e xel hidroalcólico). A Deputación pon a disposición das persoas participantes buses desde Pontevedra, co punto de encontro no Pavillón de Deportes ás 9 horas. No caso de que se despracen polos seus propios medios, este punto de encontro situarase na Praza do Concello da Lama, ás 10 horas.

Esta é a derradeira das rutas programadas nesta terceira edición de ‘Voando nas Rías Baixas’, que neste 2020 pasou pola Enseada de San Simón, o Complexo Intermareal Umia-O Grove, o Esteiro do río Miño e as Brañas de Xestoso. O programa está enmarcado no seo das propostas lanzadas ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo para sensibilizar á poboación, internacionalizar e desestacionalizar o destino provincia de Pontevedra. Con el, a Deputación de Pontevedra aposta pola promoción do turismo ornitolóxico, un turismo sostible e respectuoso co medio.

A Deputación aproba as bases para a concesión de axudas a escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou as bases para a concesión de axudas a escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro para este ano 2020. En total, a institución provincial destina 80.000 euros a esta iniciativa que ten por obxecto subvencionar os gastos correntes e de persoal necesarios durante este ano.

A presidenta provincial, Carmela Silva, informou de que estas achegas están destinadas a “apoiar a cultura e a música da provincia”. “Nós cremos, dixo, que a formación musical é fundamental na educación da mocidade. Polo tanto seguimos apostando pola educación que ten en conta ese valor cultural fundamental, que ten que formar parte da formación das nosas persoas mozas.

A concesión das subvencións farase en réxime de concorrencia competitiva tendo en conta o número de alumnas e alumnos matriculados no curso 2019-2020, o número de docentes, o orzamentos de gastos da escola e as especialidades impartidas.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través dun formulario que estará dispoñible na sede electrónica da Deputación e o prazo abrirase ao día seguinte da publicación da convocatoria no BOPPO e rematará o 30 de setembro. No ano pasado beneficiáronse destas axudas un total de 17 escolas de música dos concellos de Gondomar, Lalín, Mos, As Neves, Ponteareas, Pontevedra, O Rosal, Salceda, Vigo, Vilaboa e Vilanova de Arousa.

O BNG de Tui cualifica de “deficientes” as obras de mellora nas instalacións de tenis de Areas

0

O BNG vén de sinalar as carencias das obras realizadas no Clube de Tenis Tui, actuacións que cualifica de “deficientes” e que teñen que ver coa calidade das redes, dos tubos e mallas, algúns deles xa rotos ou deformados. Destas últimas, algunhas das que se sitúan no perímetro das instalacións nen sequera se atopan ben ancladas.

Considera a formación nacionalista que é “paradigmático” o caso da caseta das duchas “que segue a estar colocada sobre rodas, igual que antes da obra, e agora, xa inaugurada, non conta aínda con luz nen auga quente e tampouco tivo ningunha mellora no desaugadoiro”.

Ademais, os nacionalistas indican que non se tivo en conta o entorno que rodea o complexo. “O terreo que rodea as pistas –sinala o BNG– está a maior nivel que estas, o que vai facer que coa chuvia a terra entre dentro das mesmas. Non se considerou a posibilidade de ter preparado un lugar cuberto para os pais que levan ós nenos a entrenar, pensando sobre todo nos meses de inverno”.

A estes problemas engádense, segundo os nacionalistas, pequenas deficiencias como a mal acoraxe da porta de entrada ou o estado da caseta da luz. “Todo isto fai que estas obras, despois dunha inversión de  53.095,22 euros, e a catro días da súa inauguración, presenten xa un mal estado”, apunta o BNG tudense.

A súa voceira local, Carme Núñez recorda que “o  club de tenis conta con 60 deportistas federados. Moitas destas deficiencias teríanse evitado se se  contara coa opinión e o coñecemento que teñen os membros do club en canto as súas necesidades.”

Obradoiro de Rap Improvisado na Guarda

0

O Centro Cultural da Guarda será o escenario o vindeiro mércores día 9 de setembro do Obradoiro gratuíto de Free Style en Galego, un obradoiro de Rap Improvisado que terá lugar de 11:00h a 13:00h.

CeibaRimas é o primeiro proxecto de Rap Improvisado en galego, a través de formacións presenciais, contidos online e eventos de freestyle, creouse unha comunidade de improvisado@s en galego, e ata o de agora non atopaban o seu espazo no panorama musical. O seu eixo central é unha liga de rap improvisado en galego, que pretende asentarse como referencia dentro da disciplina.

Neste obradoiro achegarase ao alumnado as ferramentas básicas para iniciarse neste mundo, tendo coma puntos clave o rap improvisado, os valores e a lingua.

 A iniciativa chega á Guarda coa participación de Frank / Rebeliom do inframundo e as inscricións están xa abertas en ceibarimas.gal

O proxecto está financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello da Guarda.

Comeza o curso de cociña creativa no que se elaboran callos do mar

Con quince alumnos, comeza hoxe (a partir das 16 horas) o curso de cociña creativa que imparte o chef galego Ivan Méndez, orientado a persoas cunha actividade laboral ligada ao sector hostaleiro.

As cociñas do Centro Multiusos de Torneiros, dependentes do Concello do Porriño, acollen este curso que é parte dos itinerarios formativos “Coas mans na masa” que propón a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural que retoma a súa programación despois dos meses de forzosa paralización polo estado de alarma.

“Eu Rural” conta coa colaboración do Concello que facilita as instalacións de cociña no Multiusos de Torneiros para o curso que terá lugar hoxe 31 de agosto e continuará mañá martes e tamén o mércores 2 de setembro, en horario de tarde.

Eva García, alcaldesa de O Porriño e David Alonso, concelleiro de Emprego e Servizos Sociais asistirán esta tarde a apertura do curso que é de balde.

O chef Iván Méndez proporá novas formas de empregar os produtos locais para a elaboración de pratos creativos e innovadores. Entre eles, callos de mar ou pementos de Padrón recheos co interior fluído de queixo San Simón. Iván Méndez é un experto en cociña creativa, de recoñecida reputación, gran capacidade de comunicación e ampla experiencia na celebración de eventos de cociña, gastronomía e turismo, ademais de ser o “chef de cabeceira” no programa de Eu Rural, “Un Chef no Rural”.

A Deputación abre o prazo de inscrición para a terceira Depoandaina que percorrerá o Val das Fadas na Cañiza

Tras o éxito das dúas primeiras Depoandainas, a Deputación de Pontevedra abriu este luns 31 de agosto o prazo de inscrición para a terceira e última das rutas programadas para este verán. Nesta ocasión as persoas participantes percorrerán o Val das Fadas, no concello da Cañiza, o domingo 20 de setembro.

As persoas interesadas en asistir poden anotarse no sitio web da institución provincial (www.depo.gal) ata completar o límite das 200 prazas. Aquelas persoas que se apunten con posterioridade (ata un máximo de 100) pasarán á lista de agarda. O prazo para inscribirse, de non completarse antes o aforo, remata o 14 de setembro ás 12 horas. No caso de non poder asistir á andaina, as persoas inscritas deberán comunicarllo ao Servizo de Deportes antes do peche da inscrición enviando un correo electrónico co nome e o DNI a [email protected]. Deste xeito, pasará a ocupar a súa praza unha persoa da lista de agarda.

Este verán a iniciativa, que ten sufrido variacións por mor da Covid-19, contou na súa oferta con tres camiñadas por algúns dos enclaves máis emblemáticos da provincia, dirixidas a todas as persoas independentemente da súa idade. No mes de agosto realizáronse as dúas primeiras rutas, que transcorreron polos Muíños da Fraga, en Moaña, e onte domingo a da Fervenza de Callobre, na Estrada, e cuxas prazas se esgotaron ao pouco de abrirse o prazo de inscrición.

Superados os 3.600 casos activos en Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.640 deles 1.392 son da área da Coruña, 730 da de Lugo, 340 da de Ourense, 226 da de Pontevedra, 237 da área de Vigo, 582 da de Santiago, e 133 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 124 en unidades de hospitalización e 3.499 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.671 persoas curadas, rexistrándose 643 falecementos. Os dous últimos falecidos foron un varón de 90 anos, que estaba ingresado no HULA; e unha muller de 89 anos, que estaba ingresada no Hospital de Cee. Ámbolos dous tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 335.554.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 2021 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos a súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no DOG do pasado 19 de agosto, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

A Guarda pecha este venres “Música nos Xardíns”

0

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de programar varias actividades baixo o proxecto “Música nos Xardíns” para por en valor a escena musical e de festivais a nivel local, en consenso coas asociacións culturais da vila.

Debido a pandemia do COVID-19, se tiveron que suspender os grandes eventos musicais existentes na vila da Guarda e que enchen de música cada verán diferentes espazos do noso municipio, é por elo, e ante as novas medidas de prevención e distanciamento social, que o concello da Guarda decidiu apostar por un proxecto no que se representasen aos colectivos que cada ano organizan festivais musicais, pero nun novo formato, “Música nos Xardíns”.

Despois dun primeiro concerto que se celebrou o pasado 31 de xullo a cargo do grupo local Milhomes, e dun segundo concerto que se celebrou o venres 21 de agosto co grupo Ded Routines, agora é a quenda do grupo Helen & Shanna, que porá o peche a esta edición o venres 4 de setembro ás 21:00h. Cunha forte influencia folk, Helen & Shanna recolle aspectos doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele.

Charla previa ás 20:00h a cargo de Fernando Rego sobre “Unha historia da música en Galicia. 1952 – 2018”.

A Sala de Exposicións do Centro Cultural amosará tamén nestes días unha exposición fotográfica titulada “Festivais da Guarda”, con imaxes de varias edicións dos festivais musicais máis significativos que se teñen realizado na vila nos últimos anos.

PROGRAMA

Venres 4 de setembro

  • Concerto de Helen & Shanna ás 21:00h – Concerto apadriñado polo Rock Guardés
  • Cunha forte influencia folk, «Helen & Shanna» recolle aspectos doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele.
  • Charla previa de Fernando Rego sobre “Unha historia da música en Galicia. 1952 – 2018”

Para asistir a estes eventos é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 9:00h a 14:00h) ou no enderezo electrónico [email protected].

SmartPeme volve a primeira semana de setembro con catro novos obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta a primeira semana de setembro catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.

O primeiro curso terá lugar o martes 1 e tratará sobre os “Infoprodutos: que son e como crealos” da man de Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas. Ao día seguinte Mariana Rosa, graduada en Turismo, ensinará ás e aos participantes “Medidas para enfrontar o coronavirus no teu establecemento turístico”.

O xoves 3 terá lugar un obradoiro de “Blockchain: a tecnoloxía que pode cambiar o mundo”, co experto universitario en robótica Manuel Freire. Para finalizar a semana, o venres 4 Laura Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, impartirá un taller titulado “Fotografía de produto para a túa tenda en liña ou ecommerce”.

O CB Nigrán volve cargado de ilusión aos adestramentos

0

O CB Nigrán comeza con moitas ganas unha nova tempada despois de ter que interrupir a anterior no pasado mes de marzo e faio cumprindo con todas as medidas hixiénico-sanitarias antiCovid plasmadas nun documento que levan xa semanas elaborando. Este protocolo, que cumpre as indicacións dadas pola Xunta, recolle tanto aspectos xerais de volta á actividade como as medidas concretas de actuación para o desenvolvemento dos diferentes adestramentos (grupos reducidos, máscaras, distancia de seguridade, desinfección de material, xeles na recepción e despedida dos nenos e nenas, adestramentos sen contacto físico etc).

O Club tivo que realizar un investimento extra para facerse con todo o material ANTI COVID e poder cumprir así con todas as medidas hixiénico sanitarias, tanto nos que se refire a adestradores e xogadores como ao material e as instalacións deportivas utilizadas.

A Directiva do club traballa xa desde esta semana na tramitación das máis de 120 fichas federativas xa confirmadas para esta nova tempada e que se distribúen a través das diferentes categorías, que abarcan desde a categoría baby ata a senior, conformando un total de 10 equipos.

Esta tempada contará tamén con novos adestradores e adestradoras cos que xa se están realizando reunións de traballo coordinados por Nuria Gómez, Directora Deportiva do club, para planificar os diferentes adestramentos de acordo ás novas circunstancias que obrigan a modificar parte da metodoloxía de traballo.

Estes adestramentos comezarán de forma graduada. Os primeiros en iniciar a actividade serán a categorías infantil, cadete, junior e senior, que comezarán a segunda semana de setembro e unha semana despois farao todo o minibasket, unha vez que se iniciou o curso escolar co fin de facelo de forma coordinada cos centros educativos. Desde o club recalcan a importancia de ter paciencia na adaptación a este novo escenario e de ser conscientes desta nova realidade, pero tamén cren que hai que achegar en positivo, podendo realizar a actividade deportiva coa maior normalidade.

Desde a Entidade Deportiva senten con moita forza para iso, apoiados polas familias, que están a demostrar e transmitindo as ganas de que os seus fillos e fillas volvan pisar a cancha, compartindo pista coas súas compañeiros e gozando, tanto a nivel deportivo, como a nivel emocional, un aspecto fundamental para estas idades de formación, e que non debemos esquecer despois do confinamento ao que se viron obrigados. Volver compartir pista, poder convivir, charlar, interaccionar , competir buscando o afán de superación, esforzarse para mellorar cada día individual e colectivamente, son aspectos fundamentais que van axudar moito aos nenos e nenas a superar os momento complicados que, en maior ou menor medida, tiveron que vivir.

Baiona e Tomiño entre os municipios que recibirán axudas da Deputación para infraestructuras, emprego e actuacións de desenvolvemento sostible

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe novos investimentos para os concellos da provincia por case seis millóns de euros (5.916.722,25€). Da citada cantidade, 2,2 millóns corresponden a achegas do Plan Concellos, 654.600 euros son para a contratación de 111 persoas no marco do programa de fomento de empregabilidade “O teu primeiro emprego” nos concellos, e os 3 millóns restantes permitirán a 43 municipios realizar obras de renovación sostible das instalacións de iluminación exterior ao abeiro das convocatorias do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través do IDAE.

No que atinxe ao Plan Concellos, a presidenta Carmela Silva informou que as achegas da Liña 1 de Investimentos, de 1,8 millóns de euros, permitirán aos municipios de Baiona, O Grove, Tomiño, Vilagarcía, Vila de Cruces, Meaño, Moaña e Sanxenxo levar a cabo distintas obras de mellora de firmes, pavimentación de viarios, saneamento, humanizacións, renovación do alumeado público e proxectos de urbanización entre outros. Deste xeito, destínanse 109.589,29 euros a Baiona para financiar a pavimentación da zona dos Tendais, outros 105.918,44 euros serán para que O Grove realice a humanización do contorno do Sineiro (Fase I), Tomiño contará con 140.006,3 euros para a mellora da rede de saneamento no entorno de Vilachán, Vilagarcía de Arousa recibirá 230.384 euros para a humanización da rúa Camilo José Cela e Vila de Cruces disporá de 178.258,95 euros para a renovación das instilacións de alumeado público coa redución de emisións de CO2. Pola súa banda, Meaño contará con dúas achegas dun total de 357.333 euros para a ampliación e pavimentación dos camiños de Vilaxuega e Abuín, e Moaña recibirá outras dúas achegas valoradas en 419.576,79 euros para o proxecto de urbanización Polígono 11 e para a mellora do parque infantil da praia no termo municipal de Moaña. Así mesmo, para Sanxenxo aprobouse unha subvención de 216.272,98 euros para a mellora do viario de acceso á capela de O Santo, en Nantes.

Amais, a Xunta de Goberno aprobou unha nova relación de subvencións ao abeiro da Liña 2 do Plan, por importe de 241.703,82 euros, coas que os concellos de Cambados, Gondomar, O Grove, Nigrán, Poio, Ponteareas, Redondela e Soutomaior poderán realizar tarefas de limpeza e mantemento de distintos servizos municipais  e tamén financiar actividades de índole cultural e deportiva. No caso de Soutomaior abordará con esta achega os pagos de facturas e outros gastos derivados da crise da Covid-19. Por último, no que se refire á Liña 3 de Emprego, a Deputación aprobou a modificación, por reaxustes da Covid-19, dunha achega de 208.613,88 euros para que o Concello de Cerdedo-Cotobade poida contratar a un total de 24 traballadores e traballadoras.

“O teu primeiro emprego” nos concellos

Carmela Silva tamén deu conta da aprobación da relación de concellos seleccionados para participar en “O teu primeiro emprego 2020”. En concreto, son 44 concellos nos que realizarán prácticas 111 titulados/as, 73 contratos destinados a persoas con titulación universitaria e 38 para persoas tituladas en ciclos superiores de FP. A contía total da subvención da Deputación para estes contratos é de 654.600 euros.

Os perfís que en maior medida solicitaron os concellos foron o de diplomatura ou grao en Xestión e Administración Pública e diplomatura ou grao en Traballo Social, no caso das persoas universitarias; e no caso de FP, buscan sobre todo persoas tituladas nos ciclos superiores de Administración e Finanzas, e Guía, Información e Asistencias Turísticas. Os concellos seleccionados son: Barro, Bueu, Caldas, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz-Balneario, Moraña, As Neves, Nigrán, Pazos de Borbén, Ponteareas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e  Vilanova de Arousa.

Renovación iluminación sustentable

Por último, a Xunta de Goberno vén de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación das “Obras de renovación das instalacións de iluminación exterior”, cun orzamento de 3.054.462,15 euros. Estas obras, que contan co financiamento a través dos fondos FEDER de crecemento sostible 2014-2020, favorecerán o paso a unha economía baixa en carbono. A actuación comprende a renovación do alumeado público exterior nos concellos mediante a substitución das luminarias actuais por outras LED máis eficientes.

As obras divídense en cinco lotes e abranguen 43 concellos da provincia: Barro, Caldas de Reis, Cambados, A Guarda, Meis, Nigrán, Portas, Rodeiro, Salvaterra de Miño, Tui no lote 1; Arbo, Covelo, Crecente, Meaño, As Neves, Oia, Poio, Pontecesures, Porriño, Silleda, Tomiño e Vilanova de Arousa no lote 2; Baiona, Cuntis, Fornelos de Montes, O Grove, A Illa de Arousa, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Pazos de Borbén, O Rosal e Soutomaior no lote 3; e Bueu, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Dozón, Gondomar, A Lama, Mondariz-Balneario, Salceda de Caselas e Valga no lote 4. No lote 5 inclúense proxectos de alumeado nos Bens de Interese Cultural (BIC) dos concellos de Baiona, Caldas de Reis, A Guarda, Meis, Poio, Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa. Nestes sete concellos actuarase en 370 puntos de luz para mellorar o alumeado dos BIC, o que supoñerá un aforro enerxético medio do 81,14%.

A VI edición do “Practicum Depo” da Deputación, porá en marcha máis de 100 mobilidades en Europa para alumnado e docentes de FP

“A formación ten que ser a grande prioridade, non podemos mirar a outro lado aínda que esteamos nunha situación de pandemia”. Baixo esta premisa, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da xeración de crédito para o programa “Practicum Depo 2020”, aprobada este venres pola Xunta de Goberno do ente local. “Temos que seguir poñendo en marcha proxectos de formación para todo o alumnado”, polo tanto, este Practicum Depo “levarase a cabo con todas as medidas e garantías”. Para esta nova edición do programa o ente provincial aporta 162.976 euros do total do orzamento, que ascende a 734.027 euros. O resto da contía, 571.051 euros, é aportada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), adscrito ao Ministerio de Universidades.

A través desta sexta edición de “Practicum Depo” poranse en marcha 96 mobilidades de alumnas e alumnos e 11 de formación de persoal docente. No programa participan 37 centros educativos de 21 concellos da provincia, que enviarán ás e aos participantes en Practicum Depo 2020 a países como Irlanda, Italia, Portugal, Malta, Alemaña, Grecia, Finlandia e Países Baixos durante os 24 meses que durará esta iniciativa.

Carmela Silva lembrou que “o obxectivo deste programa é levar a cabo a mobilidade de estudantes graduados de Formación Profesional de ciclos medios co fin de colaborar na súa integración no mundo laboral, a través de prácticas laborais en empresas e institucións estranxeiras. Do mesmo xeito, o programa tamén serve para que os profesorado poida beber de novas fontes de coñecemento para poder aplicalas despois nas aulas da nosa provincia”.

Xabier Díaz, Teresa Novoa, Guadi Galego e a eurovisiva Lucía Pérez protagonizarán as festas de setembro en Ponteareas

A concelleira de Eventos, Cristina Fernández, e o concelleiro de Cultura, Fernando Groba, deron conta xunto ao alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, das principais actividades que conformarán unhas festas de setembro que se celebrarán con limitacións de aforo e garantindo as medidas sanitarias a adoptar fronte á Covid-19.

Xabier Díaz e Adufeiras de salitre darán o pistoletazo de saída aos concertos de setembro cunha actuación no Parque da Feira Vella o sábado 5 ás 22 horas. Dito parque tamén será escenario da “Noite lírica”, coa que a soprano ponteareá Teresa Novoa nos deleitará acompañada do tenor Javier Palacios e da Orquestra 430 o domingo día 6 ás 21 horas. Un concerto da Banda de Música Unión de Guláns o martes 8 pechará as actividades dos Remedios.

A música tradicional tamén será protagonista do mes das festas en Ponteareas, coa celebración do XXXIII Festival Folclórico o sábado 5 de setembro nas rúas do centro urbano e co LIII Concurso de Gaitas, que terá lugar o sábado 19 e culminará cun concerto de Óscar Ibáñez & Tribo na Feira Vella.

O venres 25 iniciaránse as actividades de San Miguel cun concerto da Banda de Música Reveriano Soutullo. Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena galega, chegará na noite do sábado 26 ao Parque da Feira Vella, onde o domingo tomará o relevo a eurovisiva Lucía Pérez. O luns, contaremos co espectáculo “Ser e Terra”, da compañía Nova Galega de Danza, e o martes, festivo local, coa Banda de Música Xuvenil de Xinzo e con actividades para as e os máis cativos.

O programa Mocidade Viva, con actividades específicas para mozas e mozos, así como o Cultura24, con actividades culturais nas parroquias ponteareás, completan a programación cultural e festiva de setembro. Non faltará a animación para público infantil e familiar, así como o tradicional desfile de xigantes e cabezudos.

Todas as actividades mencionadas están supeditadas á situación sanitaria do momento, e contarán coas medidas de seguridade requiridas por mor da Covid19, sempre con cadeiras e aforo limitado con reserva previa, mantendo a distancia interpersoal, tomando a temperatura no acceso e coa obrigatoriedade do uso da máscara e xel hidroalcólico. Continúan así as medidas de seguridade xa implantadas con éxito durante a programación do Verán Cultural polo Concello de Ponteareas.

O goberno local sinala que “sendo conscientes da situación sanitaria na que nos atopamos actualmente, e para evitar masificacións de visitantes, foi necesario cancelar as verbenas, a tradicional Feira dos Remedios así como o Festival de Música Rebelde e todas actividades multitudinarias”.

Dende o 1 de setembro, o centro urbano de Ponteareas lucirá iluminación para ambientar as rúas e favorecer a actividade comercial e hostaleira na vila.

Na comarca do Condado, catro concellos reciben achegas da Deputación para fomentar a igualdade e previr as violencias machistas

A Deputación de Pontevedra vén de conceder subvencións por un total de 21.325,31 euros a catro concellos da comarca do Condado coa fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. En concreto, serán os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves e Salvaterra de Miño os que se beneficien destas achegas, coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

Máis polo miúdo, a Mondariz irán destinados 4.626,09 euros co fin de promocionar as relacións saudables entre homes e mulleres a través de “Mondariz Concilia”, unha ludoteca para a conciliación, e “Mondariz  Coeduca”. A Mondariz-Balneario irán a parar 5.482,78 euros cos que se levarán a cabo as diferentes actividades recollidas no primeiro plan de igualdade do concello como incorporar linguaxe non sexista nos contidos web ou o desenvolvemento da escola de verán.  A Deputación de Pontevedra aprobou tamén 5.905 euros para As Neves que terán como obxecto a intervención socioeducativa para fomentar no alumnado a superación dos estereotipos de xénero e actitudes machistas. Amais, o ente provincial concedeu ao concello de Salvaterra de Miño 5.311,44 euros para a realización dun programa de prevención da violencia de xénero na Educación Primaria, as accións que se leven a cabo estarán destinadas tanto ao alumnado como ao profesorado.

Estas axudas da Deputación de Pontevedra, destinadas a concellos de menos de 20.000 habitantes, contan na súa quinta edición cun orzamento de 230.000 euros, 10.000 máis que o pasado ano, e delas beneficiaranse 44 concellos da provincia, un máis que no 2019. O obxectivo destas subvencións é traballar en estreita colaboración cos concellos para que impulsen e realicen actuacións de cara a conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria e que loite contra as violencias machistas, tanto no eido da concienciación como no da formación. Esta cooperación entre institucións é fundamental ó tratarse dos niveis máis próximos á cidadanía e polo coñecemento que os concellos teñen da súa poboación.

Na comarca do Baixo Miño, catro concellos reciben achegas da Deputación para fomentar a igualdade e previr as violencias machistas

A Deputación de Pontevedra vén de conceder subvencións por un total de 21.010 euros a catro concellos da comarca do Baixo Miño coa fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. En concreto, serán os concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui os que se beneficien destas achegas, coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

Máis polo miúdo, A Guarda contará con 5.340 euros cos que levará a cabo o proxecto “Igualando 2020”, co que se realizarán diferentes actividades como a celebración do 8 de marzo ou obradoiros en centros educativos. Para O Rosal a Deputación aprobou un investimento de 4.961 euros que irán destinados ao proxecto “Revolucionando mentes”, unha campaña de difusión e sensibilización en igualdade a través da intervención artística. Tomiño levará a cabo un programa formativo de inserción laboral e orientación para o emprendemento dirixido a mulleres cunha achega de 5.397,11 euros. Amais, o concello de Tui elaborará o seu terceiro plan municipal para a igualdade efectiva entre homes e mulleres grazas a 5.311,44 euros concedidos polo ente provincial.

Estas axudas da Deputación de Pontevedra, destinadas a concellos de menos de 20.000 habitantes, contan na súa quinta edición cun orzamento de 230.000 euros, 10.000 máis que o pasado ano, e delas beneficiaranse 44 concellos da provincia, un máis que no 2019. O obxectivo destas subvencións é traballar en estreita colaboración cos concellos para que impulsen e realicen actuacións de cara a conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria e que loite contra as violencias machistas, tanto no eido da concienciación como no da formación. Esta cooperación entre institucións é fundamental ó tratarse dos niveis máis próximos á cidadanía e polo coñecemento que os concellos teñen da súa poboación.

Os catro concellos da comarca da Paradanta reciben achegas da Deputación para fomentar a igualdade e previr as violencias machistas

A Deputación de Pontevedra vén de conceder subvencións por un total de 18.899,01 euros aos catro concellos da comarca da Paradanta coa fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. Os concellos de Arbo, A Cañiza, O Covelo e Crecente beneficiaranse destas achegas coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

En concreto, Arbo realizará a súa primeira carreira pola igualdade, aproveitando a ocasión colocará unha mesa de sensibilización, e un acto conmemorativo do 25 de novembro grazas a 4.883,10 euros chegados da Deputación. O concello da Cañiza contará con 2.964,70 euros que destinará a “Tecendo redes cara a igualdade 2020”, onde se enmarcan diferentes actuacións como cursos de defensa persoal ou contos para crianzas. Para O Covelo foron concedidos 5.911,11 euros para desenvolver distintas actividades recollidas no segundo plan de igualdade municipal como incorporar a linguaxe non sexista na comunicación e no sitio web do concello. No que respecta a Crecente, grazas a unha achega de 5.140,10 euros, levaranse a cabo varias actuacións como unha tertulia en feminino e un cine forum con perspectiva de xénero así como unha actividade co alumnado titulada “Cambia o conto”. Estas axudas da Deputación de Pontevedra, destinadas a concellos de menos de 20.000 habitantes, contan na súa quinta edición cun orzamento de 230.000 euros, 10.000 máis que o pasado ano, e delas beneficiaranse 44 concellos da provincia, un máis que no 2019. O obxectivo destas subvencións é traballar en estreita colaboración cos concellos para que impulsen e realicen actuacións de cara a conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria e que loite contra as violencias machistas, tanto no eido da concienciación como no da formación. Esta cooperación entre institucións é fundamental ó tratarse dos niveis máis próximos á cidadanía e polo coñecemento que os concellos teñen da súa poboación.

A Casa dos mestres de Balinfra acolle ao alumnado da especialidade de atención Socio-sanitaria do Obradoiro de Emprego “Crea e Coida Miñor”

0

O Obradoiro de emprego “Crea e Coida Miñor” formado polas especialidades de “Atención Socio sanitaria a persoas en domicilios e a persoas dependentes en institucións sociais” e “Deseño de produtos gráficos”, pretende cubrir un aspecto clave da actividade do Val Miñor, por un lado atender a un colectivo, cada vez máis numeroso, de persoas dependentes tanto en institucións como en domicilios e por outro aspectos transversais que afectan como a especialidade de creación e o deseño gráfico.

Para elo os tres concellos, Baiona, Gondomar y Nigrán, puxeron en marcha o Obradoiro de Emprego “Crea e Coida Miñor”, que comenzou o pasado 18 de novembro de 2019 e rematará o próximo 23 de novembro de 2020.

Trátase dun proxecto integrador baseado nas necesidades da comarca nun aspecto moi demandado na área de atención e coidado a persoas dependentes, reforzando o coidado sobre todo de persoas maiores e, ao mesmo tempo, formando a profesionais nun momento de pandemia derivada do coronavirus, e pola que os profesionais, considerados persoal traballador esencial, están moi demandados e deben ser profesionais formados e capacitados para dar resposta ás demandas actuais no sector.

A especialidade  “Atención Socio sanitaria a persoas en domicilios e a persoas dependentes en institucións sociais” está formada  formado por 9 mulleres e 1 home e está desenvolvendo a recta final da súa formación teórico- práctica na “Casa dos mestres en Balinfra” en Camos, ofrecendo estas dependencias un marco incomparable para acercar súa actividade formativa, á simulación da realidade laboral que se van a encontrar, tanto en domicilios como en institucións.

O Concello de Nigrán inverteu de 27.459 euros na rehabilitación da vivenda dotada de total accesibilidade, mellora das condiciones térmicas, renovación da instalación eléctrica e de fontanería. Así, esta casa desocupada durante décadas serve para que os usuarios do Centro Juan María poidan disfrutar de programas de respiro familiar ou de preparación para unha vida independente.

“A vivenda es un dereito básico das persoas que contribúe a súa integración social e calidade de vida, é moi importante que Nigrán conte con esta casa e que sirva como aprendizaxe para que as persoas con diversidade funcional poidan prepararse para a vida independente e agora para que o alumnado do Obradoiro de Emprego “Crea e coida o Miñor” podan facer as súas prácticas”, explica o Alcalde de Nigrán, Juan González.

Os módulos formativos relacionados con ambos certificados de profesionalidad,  que van a por en práctica en estas dependencias para a simulación real en domicilios e institución son: Hixiene e atención sanitaria domiciliaria, atención e apoio psico-social domiciliario, apoio domiciliario e alimentación familiar, apoio na organización de intervencións no ámbito institucional, intervención na atención hixiénico-alimentaria en institucións, intervención na atención socio-sanitaria e apoio psicosocial, atención relacional e comunicativa en institucións.

“Dende o concello de Nigrán agradecemos ao Centro Juan María que permita optimizar o uso da súa vivenda e cedela durante estas semanas par desenvolver ás prácticas do Obradoiro de Emprego”, Juan González.

Os roteiros literarios e de arquitectura toman o relevo na programación “Re-acción cultural” da Deputación

A Deputación de Pontevedra segue a camiñar na “Re-Acción Cultural” da provincia coas dúas novas edicións dos Roteiros Literarios e os de Arquitectura que se levarán a cabo nos meses de setembro e outubro por diversos espazos da provincia. A presidenta da institución provincial, Carmela Silva, destacou hoxe na presentación destas actividades a colaboración respectiva da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e da Academia Galega de Belas Artes, cuxos representantes Césareo Sánchez Iglesias e Celestino García Braña participaron no acto.

Os Roteiros constarán dun total de 12 rutas (seis literarias e seis de arquitectura), nas que se ofertarán 24 prazas en cada unha e que percorrerán 14 concellos da provincia.. Como explicou a presidenta, os Roteiros Literarios desenvolveranse os domingos a partir do 6 de setembro en horario de mañá (11.30 a 13 horas) e serán paseos por seis cidades e vilas escenario de obras literarias. Terán como guías a autores e autoras da AELG, que tomarán como base obras propias ou alleas. Neste senso, Carmela Silva destacou a labor do colectivo que preside Cesáreo Sánchez na “revolución cultural que sobre todo na escrita está a vivir Galicia”. “Non sei se sairemos mellores ou peores da pandemia, pero a cultura permite construír sociedades mellores, non teño dúbida nin esta Administración tampouco _significou_. Por iso imos continuar celebrando estas actividades, incluso conxugándoas en vindeiras edicións, porque a arquitectura é o lugar onde descansa a vida física e a literatura onde descansa a vida toda”.

As camiñadas literarias arrancarán o 6 de setembro en Baiona, onde Iria Misa comentará os escenarios da súa obra Segredos no solpor. Continuarán logo en Vilagarcía (13 de setembro) cun roteiro arredor de O xardineiro dos ingleses, que conducirá o escritor desta obra, Marcos Calveiro e en Cerdedo-Cotobade (20 de setembro), coa ruta literaria e etnográfica que guiará o profesor e etnógrafo Carlos Solla. Posteriormente, o 27 de setembro Manrique Fernández conducirá un paseo polos espazos vinculados á literatura en Ponteareas e o 4 de outubro Xosé Monteagudo fará un repaso pola vida cultural, política e social na cidade de Pontevedra, protagonista da súa obra Todo canto fomos. Os roteiros rematarán o 10 de outubro coa ruta guiada por Anselmo López Carreira sobre o Vigo Medieval.

Tras dar a coñecer os itinerarios, o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, destacou a colaboración da Deputación neste proxecto que “fai que a literatura non só sexa territorio presente senón tamén territorio de soños e de futuro”. “Dalgunha maneira o libro podería ser tamén a construción da arquitectura da alma”, engadiu o escritor, para quen “a riqueza do patrimonio cultural na provincia de Pontevedra provoca esa outra riqueza que é darlle contido literario, facer que os lugares sexan habitados por personaxes reais ou soñados. É outra maneira de que as cidades e vilas, os lugares vivan”. “Esta recreación literaria _agregou_  tamén é unha maneira de que as novas xeracións poidan vivir actualmente en territorios que son construídos por moitas outras, que nos trouxeron o legado do seu patrimonio inmaterial e material e que farán que permanezan nos lectores. Porque todo lector que recorde un lugar físico, un territorio, atopará claves para darlle sentido a aquelo que previamente le”.

En canto aos Roteiros de Arquitectura, este ano terán como eixo central o Barroco, despois da conmemoración do Día das Artes Galegas deste ano dedicada á figura do arquitecto Domingo de Andrade. Carmela Silva subliñou que “serán visitas sobre época, ética e estética” a diversos espazos barrocos da provincia e que guiadas por tres destacadas mulleres expertas en arquitectura e historia, Estefanía López, Paula Pita e Luz Paz. “Creo que isto tamén visibiliza o moito que as mulleres teñen aportado á arquitectura e a todos os eidos”, sinalou.

Neste caso, os paseos chegarán a todas as comarcas da provincia e serán os sábados en horario de mañá. Comezarán o 12 de setembro en escenarios barrocos de Pontevedra e Poio, para continuar o 19 de setembro por espazos representativos deste estilo arquitectónico en Vilagarcía e Cambados e o día 26 por Tui, onde se visitará a catedral, precisamente unha das obras de Domingo de Andrade, e outros lugares en Salvaterra. Xa en outubro, o día 3 as rutas chegarán a diversos lugares dos concellos de Vigo, Nigrán e  Baiona; o 10 de outubro a espazos barrocos de Bueu e Cangas e o día 17 finalizarán cunha ruta por pazos en Lalín e A Estrada.

O vicepresidente da Academia Galega das Belas Artes, Celestino García Braña, destacou que esta nova colaboración coa Deputación nos Roteiros dá continuidade á anterior sobre arquitectura moderna e destacou a Domingo de Andrade como “o gran arquitecto do século XVII”. “Nestas rutas falaremos do Barroco galego como expresión dun momento determinado, dunhas ansias da sociedade de expresar en que consistía a vida a mediados do século XVII _indicou_. Os pazos, igrexas e rúas que se van percorrer teñen que ver coa expresión arquitectónica dese século”. García Braña quixo reivindicar na súa intervención “o senso profundo que ten a arquitectura”. “Manter os edificios en boas condicións é un papel fundamental porque entronca coa nosa tradición _indicou_  . Porque a arquitectura ampara a vida. Que diferente é confinarse nunhas condicións ou outras. Se a felicidade existe, que pode ser, tense que dar en espazos agradables, se non, non hai felicidade. Estes roteiros son momentos para explicar o sentido profundo da vida, á que acompaña sempre a arquitectura”. O desenvolvemento destas rutas, como subliñou Carmela Silva, estará guiado por un estrito protocolo “con todas as medidas de seguridade e garantías sanitarias” e, de feito, os desprazamentos aos lugares de partida deberán facerse por medios particulares. Será obrigado o uso de máscara. As inscricións poden realizarse xa no enderezo electrónico [email protected], indicando cal é a ruta escollida, os nomes das persoas participantes (máximo de 4 por reserva) e un teléfono de contacto. 

Galicia preto dos 3.500 casos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.484 deles 1.382 son da área da Coruña, 675 da de Lugo, 324 da de Ourense, 218 da de Pontevedra, 214 da área de Vigo, 540 da de Santiago, e 131 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 119 en unidades de hospitalización e 3.348 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.556 persoas curadas, rexistrándose 640 falecementos. O último foi o dun home de 74 anos que estaba ingresado no CHUAC. Tiña patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 331.803.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 2021 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos a súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no DOG do pasado 19 de agosto, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Entrevista a ‘Maddison Pack’

El jazz es sinónimo de virtuosismo, de músicos sobrenaturales, que dominan sus instrumentos como nadie. Desde Zaragoza nos llega este cuarteto del es que obligatorio ver y escuchar el enlace que os pongo más abajo ¿Por qué? Por que así entenderás lo que acabo de escribir más arriba y te enamorarás del Jazz… aún más. ¡¡¡Con todos ustedes Maddison Pack!!!

Maddison Pack nace a principios del 2000 en Zaragoza. ¿Cuál fue el germen que os dió vida? ¿Por qué este nombre?
El germen de Maddison Pack es una historia de amistad que se remonta a la infancia. Ernesto Calvo (contrabajista) y Javier Calvo (clarinetista), amigos desde niños, estudiábamos música en el Conservatorio de Música de Tarazona de Aragón (provincia de Zaragoza). Todo comenzó en un concierto que programó el Conservatorio de Música: ‘Tete Montoliu Trio’. En el pequeño Salón de Actos no éramos más de 15 personas. Dos niños, en primera fila, viendo la música que generaban esos tres ‘monstruos del jazz’, fue una experiencia tan impactante, tan vivencial, que desde ese momento el jazz ha formado parte de nuestras vidas.

Fue en 2012 cuando se dieron las circunstancias para que nos decidiéramos a crear un cuarteto de Jazz. Estuvimos curtiéndonos en escenarios durante varios años. El nombre de ‘Maddison Pack’ no tiene mayor secreto que nos gustó como sonaba ‘Maddison’ y le añadimos ‘Pack’ como recuerdo y homenaje al Rat Pack de Frank Sinatra.

La banda dio un salto cualitativo fundamental en 2016 con la entrada en la formación del joven y genial pianista Noel Redolar. Noel, con sólo 19 años aglutina 34 Primeros Premios (nacionales e internacionales), está destinado a ser uno de los grandes pianistas españoles.

La formación se completó un año después en 2017 con el baterista Israel Tubilleja, uno de los grandes bateristas nacionales de su generación. Tuvimos un estreno de lujo, compartimos escenario en el legendario Kenny Barron (piansta de Dizzy Gillespie) y Dado Moroni en la 34º Edición de Jazz de Zaragoza. Recuerdo que volviendo al camerino nos cruzamos con Kenny Barron, se paró en frente de nosotros y nos dijo “Good sound, good sound!”, esto nos hizo pensar que estábamos haciendo las cosas bien.

Sois un cuarteto de Jazz que ha actuado en diferentes escenarios (Festivales, etc) con un éxito tremendo. ¿Cuál es vuestro ingrediente secreto para atraer al público?
Procuramos que nuestra música tenga una gran calidad desde un punto musical: cuidamos muy mucho el sonido acústico como materia prima, así como las improvisaciones que exigen gran control de cada instrumento a nivel solista, y también que el grupo funcione como cuarteto. Pero conseguido esto, vamos más allá. Creemos que actualmente se está haciendo un jazz demasiado “complicado “, “enrevesado”, para que pueda ser disfrutado. Alguien comentó alguna vez que “el exceso de jazz mata al jazz”, quizá haya algo de esto. Sin embargo, nosotros intentamos que la música esté en todo momento conectada con el público, que no pierda el ingrediente popular y que el público no deje de emocionarse con lo que ocurre en el escenario. Por la reacción del público en los conciertos creemos que lo estamos consiguiendo, son directos muy potentes.

¿Cómo veis el panorama del Jazz en España?
El Jazz nunca ha sido una música de masas. En España, además, el Jazz ha pasado siempre como de largo, sigue siendo un desconocido, y hay escaso respaldo institucional. A esto le sumas la crisis sanitaria actual y el resultado es poco alentador. Aun así nosotros somos optimistas porque vemos que en cada concierto el público conecta con nuestra música, se emociona, es una conexión espiritual, mágica. Así que seguiremos en la brecha.

Vuestro último disco ‘626 Club’ contiene muy buena música, con una producción exquisita y un sonido que te deja con la boca abierta ¿Cómo es vuestro trabajo compositivo?
Los siete temas originales de ‘626 Club’ han nacido y han crecido en el escenario, son resultado de años de directos. Nuestra música bebe directamente de ese jazz acústico que ofrecían pequeñas formaciones de los años 40, 50, 60 (Ch. Parker, M.Davis, J. Coltrane, Chet Baker…), donde se oía la cuerda, la madera, melodías íntimas pero también fraseos de gran virtuosismo…, y donde la improvisación es el caldo de cultivo que hace que esta música tenga tanta fuerza y frescura. Se grabaron todos temas en pocas tomas, y los cuatro como si fuera un directo, de ahí la fuerza y frescura del disco.

Pero lo que hace especial al álbum ‘626 Club’ es su índole multidisciplinar. Se armoniza música con literatura, pintura y fotografía. Hemos tenido el privilegio de contar con colaboradores de lujo como el periodista y escritor Antón Castro, con el texto “Una visita al Club de Jazz”, del pintor de arte pop César Sánchez, del dibujante Javi Hernández, del pintor George Ward y el fotógrafo Javier Cruces Puyuelo, ganador de tres premios Goya en fotografía. El resultado es una obra de arte que en su conjunto se podría considerar una pieza de coleccionista.

Nos ha sorprendido la gran aceptación del disco, tanto es así que estamos empezando a trabajar en el siguiente disco con el mismo enfoque multidisciplinar, esta vez acercándonos al género noir y al cómic.

¿Cómo son vuestros conciertos? ¿Os gusta más actuar al aire libre o sitios cerrados? Lo digo por la acústica, el público…
Los conciertos de Maddison Pack son hora y media de genuino jazz y blues, un directo de gran intensidad. Con nuestros temas siempre intercalamos algún tema clásico seleccionado para la ocasión. Cuidamos la puesta en escena, siempre con una imagen de elegancia y estilo. En seguida el público conecta con nosotros, se deja llevar, creándose un mágico ambiente de un soñado club de jazz… y acabamos agotando todos los bises.

En la presentación del disco ‘626 Club’ hemos ido más allá y hemos conjugado música con la lectura del relato del álbum y la proyección de imágenes de las obras de arte (pinturas, dibujos y fotografías) partícipes en el disco. Repetiremos este formato, ha funcionado muy bien.

Respecto al lugar, hacemos conciertos tanto al aire libre como cerrados, pero por nuestro sonido acústico, en salas cerradas es donde mejor se controla, siendo el resultado más óptimo, y la conexión con el público es más rápida. Las salas ideales son pequeños teatros, salas de concierto, salas de casinos, clubs…

¿Qué le diríais a esa gente que está pensando entrarle al jazz y tiene aún dudas de si les va a gustar?
Tiene que acudir primero a los grandes intérpretes de todos los tiempos: Charlie Parker, Dizzy Gillespie, Thelonius Monk, Louis Amstrong, Benny Goodman, Davis, Chet Baker, Sonny Rollins, J. Coltrane,… y a discos de la época dorada, discos como ‘Kind of blue’ M. Davis, ‘Giant Steps’ J. Coltrane, ‘Time out’ Dave Bruveck… Ir poco a poco, documentarse, escuchando y descubriendo esos momentos mágicos que generaban. Una vez se despierte la curiosidad y deseo por esta música, acudir con espíritu crítico a conciertos, y si es factible, dejarse llevar, es una música para vivirla en directo. Maddison Pack y ‘626 Club’ es todo esto.

Para más información sobre Maddison Pack, nada mejor que visitar su página web.

A Xunta prioriza a parroquia de Padróns para o desbroce das faixas de defensa contra incendios

A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, vén de informar de que en base ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e a empresa pública SEAGA, ao que se adheríu o Concello de Ponteareas, en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa, no concello de Ponteareas foi seleccionada como prioritaria a parroquia de Padróns para realizar a xestión da biomasa nas faixas secundarias.

Nunha recente reunión celebrada no torreiro de Padróns, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e a concelleira de Medio Ambiente, acompañados da técnica municipal e dun técnico de Seaga, informaron das zonas das faixas secundarias na parroquia, onde o sistema público realizará a xestión da biomasa. A superficie de actuación é de 131,52 hectáreas dun total de 2.079 parcelas das cales, 1.179 cunha superficie de 80,84 hectáreas están ben xestionadas e non precisan ningún tipo de actuación, centrándose agora os esforzos nas 882 parcelas restantes que suman 50,68 hectáreas, segundo os datos facilitados por SEAGA.

En base ao citado convenio, as e os propietarios de parcelas situadas nas faixas secundarias, que desexen que o sistema público se faga responsable da xestión da biomasa das súas parcelas poden facelo a través do Concello, mediante a sinatura dun contrato de xestión da biomasa, como xa fixeron ducias de veciños e de veciñas de Padróns nas últimas semanas.

Este sistema público consiste na posibilidade de contratar a xestión da biomasa vexetal, nas redes de faixas secundarias, a través da empresa pública Seaga que a realizará a cambio dunha tarifa anual de 35 € por cada 1.000 m2, asumindo todas as obrigas que corresponden ás persoas responsables segundo a Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Nos casos de incumprimento e de propietarios descoñecidos ou ilocalizables, o Concello encargará a Seaga a execución do desbroce desas parcelas repercutindo posteriormente os costes da xestión da biomasa aos propietarios, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Deste xeito se deberá dar cumprimento por parte dos propietarios e propietarias de todos os predios, montes e soares incluídos nas faixas secundarias ás obrigas de prevención e defensa contra os incendios forestais, manténdose nas mellores condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade e limpeza co fin de previr e evitar o risco de incendios, sendo as distancias de seguridade a respectar de 50 metros dende as edificacións libre de maleza e libre de pino, mimosa, eucalipto, fento, toxo, acacias e resto das especies que regula a normativa.

Para a consulta das parcelas de Padróns incluídas nas faixas secundrais, os planos poden consultarse na web municipal. Para aclarar algunha dúbida relativa ás parcelas ou información acerca deste trámite ao respecto deste procedemento poderá coller cita previa tfno.986090164 ou mediante correo electrónico [email protected]. Os días de Atención ao Público serán os Martes e Xoves sempre con cita previa.

O Concello de Redondela reforzará a campaña ‘Faino por Todxs’ de sensibilización e prevención fronte ao coronarivus

0

O Concello de Redondela vén de anunciar a “intensificación” da campaña de sensibilización e prevención fronte á COVID-19 ‘Faino por Todxs’ logo de que nas últimas datas se incrementen sensiblemente os números de contaxio en toda a comunidade galega e dende o convencemento “que a prevención, a sensibilización e a responsabilidade de todos e todas, son un dos camiños que temos para contribuír a frear esta pandemia”.

A alcaldesa Digna Rivas, fixo un chamamento ao sector máis novo da poboación “a que tomen conciencia da gravidade da situación que estamos a vivir” e os animou a que “respecten as medidas preventivas establecidas polas autoridades sanitarias, non só pola súa propia seguridade, senón tamén pola das súas familias”.

A rexedora local de Redondela sinalou que o Concello “intensificará a campaña ‘Faino por Todxs’ reforzando á información dirixida a todos os sectores da sociedade e buscando a ‘complicidade’ de veciños e veciñas para parar esta situación tan estraña como perigosa”.

A testemuña das persoas que pasaron a COVID-19 e que o Concello de Redondela recolleu nun vídeo, “ten que ser unha lección da que aprendamos todos. O sufrimento desas mulleres e homes e das súas familias, teñen que servir para que tomemos conciencia da situación pola que estamos a atravesar e que nós, coa nosa actitude persoal, poderemos contribuír a frear”.

O Concello de Redondela adiantou que o vídeo, realizado ao abeiro da antedita campaña ‘Faino por Todxs’ e que “lle pon cara ás consecuencias da COVID grazas á colaboración das veciñas e veciños que pasaron por estra grave experiencia”, será levado aos centros escolares do municipio “para que o alumnado de máis idade conciénciese da importancia que ten a prevención para a súa protección e a das súas familias”.

Do mesmo xeito, é intención do Goberno local redondelán proxectar esta “testemuña gráfica en todos os centros culturais das parroquias do municipio” de forma que a veciñanza “implíquese á hora de evitar a expansión dunha pandemia que segue aí”, rematou a alcaldesa Digna Rivas.

Enlace ao vídeo: https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=4378364278902327&id=100001863946052

O PP preguntará ao Bipartito por qué non se informou da situación de augas contaminadas en a Freixa II e San Roque

O Grupo Municipal do PP lamenta que o actual goberno non informase da situación das augas no municipio. Os populares consideran que se puxo en perigo a salubridade dos veciños e visitantes que acudiron no último mes á praia fluvial da Freixa.

O PP solicitou os últimos informes e comprobou que no mes de agosto varios parámetros indicaban contaminación nas augas, motivo que sería suficiente para ordenar un peche temporal de zonas de baño como a praia fluvial da Freixa. “Así evitariamos poñer en perigo a ninguén. Con eses indicadores, o lóxico é que se informou e mesmo pechado a praia ao baño”.

Ademais, os populares consideran necesario que as analíticas levadas a cabo polos técnicos municipais deben ser publicadas nos diferentes medios públicos, para información de todos os veciños. “Xa a primeiros de ano solicitamos que se fagan públicos os informes que constantemente se realizan a fontes, vales e zonas de baño do noso municipio. Cuestión que seguen sen corrixir”, explican os populares.

Música na rúa cos grupos Seixos Albos de Areas e Santa Columba de Ribadelouro

0

A nosa música tradicional segue a soar durante as fins de semana polas rúas de Tui dan man dos distintos grupos folclóricos e bandas de gaitas do municipio.

Hoxe sábado será a quenda do grupo Seixos Albos de Areas e o domingo do grupo Santa Columba de Ribadelouro. Estas dúas agrupación actuarán a partir das 21 h.

Os pasarrúas continuarán nas fins mes de setembro os sábados e domingo ás 20.30 h co grupo Lembranzas da Terra de Guillarei (5/09); grupo Xuntanza de Randufe (06/09); o grupo folclórico San Fins de Rebordáns (13/09);grupo folclórico Inquedanzas da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis (19/09) e o grupo Xuntanza de Randufe (20/09).

[su_image_carousel source=”media: 19911,19914″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

A Deputación abre o prazo de inscrición da quinta ruta ornitolóxica “Voando nas Rías Baixas”

A Deputación de Pontevedra abriu este venres o prazo de inscrición para a quinta das rutas ornitolóxicas programadas dentro da terceira edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife. Esta última ruta  permitirá ás persoas que asistan coñecer a riqueza ornitolóxica e paisaxística da Serra do Suído, nos concellos da Lama, Fornelos e Covelo. Ofértanse 15 prazas para a excursión guiada de carácter gratuíto que terá lugar o próximo domingo 6 de setembro. A inscrición debe facerse por vía electrónica na páxina web da Deputación (https://www.depo.gal/voando-nas-rias-baixas).

A Serra do Suído é un sistema montañoso con alto valor ecolóxico, famoso pola presenza de exemplares de lobo ibérico e de aves rapaces. Os seus espazos son ideais para que grandes aves rapaces, coma o voitre leonado, a aguia calzada ou o miñato, os sobrevoen nos meses de primavera e verán. Amais, sobre as pendentes de monte baixo tamén poderán contemplar o voo da tartaña cincenta e a gatafornela. A Serra caracterízase polos altiplanos nos que abunda o monte baixo de queirogas, toxos e carqueixas. As partes baixas teñen fermosos vales e cursos de auga que discorren entre bosques autóctonos ben conservados.

Esta é a derradeira das rutas programadas nesta edición de “Voando nas Rías Baixas”, que neste 2020 pasou pola Enseada de San Simón, o Complexo Intermareal Umia-O Grove, o Esteiro do río Miño e as Brañas de Xestoso. O programa está enmarcado no seo das propostas lanzadas ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo para sensibilizar á poboación, internacionalizar e desestacionalizar o destino provincia de Pontevedra. Con el, a Deputación de Pontevedra aposta pola promoción do turismo ornitolóxico, un turismo sostible e respectuoso co medio.

Estas rutas están a realizarse seguindo protocolos de seguridade e hixiene para facer fronte á pandemia da covid-19. Deste xeito, foi reducido o aforo de 25 a 15 participantes e establécense normas que inclúen o distanciamento interpersoal ou a limpeza e hixiene.

Obradoiro de compostaxe para nenos e nenas o venres 4 en Tui

0

O próximo venres, 4 de setembro, ás 10.30 h terá lugar no Paseo da Corredoira unha obradoiro de compostaxe dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos.

Para participar é preciso inscrición previa en [email protected] ou no 687 24 99 53. Contará cun protocolo de medidas de seguridade sanitaria ante a COVID-19. Será obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade de 1,5 metros.

Os participantes distribuiranse en grupos illado de 9 persoas en función da idade de tal xeito que se plantexan tres actividades: “Xogo da Miñoca” para nenos de 6 a 7 anos, “Quen Vive?” para cativos de 8 a 9 anos, e “Microcompostaxe” para os participantes que teñan entre 9 a 14 anos. En función do número de participantes poderá haber dúas quendas por grupo.

O obradoiro en caso de choiva realizarse no pavillón municipal.

Esta actividade está organizada ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Concello de Tui e o CEIDA.

Mos anuncia unha importante actuación na mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciu esta mañán unha importante actuación na mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopan no Camiño de Santiago ao seu paso por Ameirolongo, na parroquia de de Sanguiñeda e que será executada a través dunha  axuda concedida pola Consellería de Cultura e Turismo por importe total de 20.000 € dos que 15.000 € serán asumidos pola Xunta e 5.000 € polo Concello.

Sara Cebreiro, Conncelleira de Cultura e Turismo declarou que “As obras que se pretenden realizar suporán unha mellora estética importantísima, tendo en conta ademáis a chegado do ano Xacobeo en 2021”.

O Concello persigue como principal obxetivo que os peregrinos teñan un bo recordo do seu paso por Mos, que se fagan fotos por atopar lugares que lle parezan agradables e acolledores e que o seu paso polo concello de Mos sexa para recordar.

Esta actuación moi demandada pola Mesa do Camiño de Mos e que a administración local considera de gran importancia delimitaraunha zona axardinada a saída do túnel de ameirolongo túnel que se atopa baixo un carril de saída da Autovía (dirección Redondela), delimitando as zonas verdes e a prantación a cada un dos lados do camiño.

Ademais procederase ao pintado dunha senda peonil no asfalto de 1,25 m de ancho, en cor verde e delimitado por dúas franxas brancas a cada lado.

Asemade procederase ao pintado de sinais de velocidade e peons. A lonxitude total da senda será de 290,50 m., en dous tramos, xa que o concello xa executou e sinalizou un tramo (o mais propenso a accidentes).

Na fonte de Ameirolongo, procederase a substitución dos bancos de pedra e ao plantado dun sebe de photonias na zona posterior da fonte. A continuación, procederase a realización e colocación de salvacunetas nunha zona perigosa para os peóns na que poden caer a unha profundidade de 50 cm.

Disporanse lousas de formigón no oco existente e asfaltarse a zona que presenta vexetación para evitar que nazan malas herbas e así obter mais ancho para os peóns.

Como remate, procederase ao pintado e sinalizado da senda ata a confluencia coa estrada N-550. Levarase a cabo ademáis a retirada da vexetación, terras e lixo procedente de vertidos dos colectores de lixo.

Nigrán, a través do Centro de Información á Muller, pon en marcha un programa de teleformación destinado a mulleres co obxectivo da incorporación laboral

0

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, organiza un programa de teleformación destinado a mulleres empadroadas en Nigrán, darase preferencia ás mulleres en situación de desemprego.

No caso de que non se cubran a totalidade das prazas poderan participar mulleres empadroadas noutros concellos.

O programa desenvolverase entre os meses de setembro e novembro na modalidade “online” e inclúe os seguintes cursos: Prevención e Riscos Laborais, Monitora de Transporte Escolar, Monitora de Comedor Escolar e Hixiene e Manipulación de Alimentos (3 edicións). Poderán participar un máximo de 20 alumnas en cada un dos cursos. 

O período de inscrición comezará o víndeiro 1 de setembro e rematará para cada un dos cursos 10 días antes do inicio do mesmo.  Para formalizar a inscricion deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello o formulario de inscrición acompañado da tarxeta de desemprego de ser o caso. As bases poden consultarse na sede electrónica (sede.nigran.org). Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na oficina de información cidadá ou descargarse  na sede electrónica.  

“Dende o Concello de Nigrán e o CIM seguimos apostando pola formación como vehículo imprescindible para o emprego e en esta ocasión  optamos por un programa de teleformación para evitar calquera tipo de risco derivado da formación presencial nunha aula”, declara Juan González.

Toda información que se precise no Centro de Información á Muller (CIM) na antigua estación do tranvía en  Estrada pola Vía nº 65, Panxón Nigrán ou no teléfono: 986 383081 ou correo electrónico: [email protected].

O Concello arranxa a ponte do Urgal tras obter os permisos da Confederación Hidrográfica

0

O Concello do Rosal rematou esta semana o arranxo da ponte do Urgal, unha ponte situada no río Carballas que amosaba un importante deterioro dende hai tempo e que estaba pendente de recuperación tras solicitar os permisos necesarios á autoridade competente, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Despois da mediación do Goberno e ao estar a ponte considerada como un ben protexido por parte de Patrimonio, a semana pasada a Confederación Hidrográfica concedeu a autorización soamente para a reposición das pedras caídas, xa que ao considerarse zona inundable non se obtén permiso nin para a remodelación nin para a mellora da zona.

Con esta actuación dáse solución a un problema que afectaba dende hai tempo a esta ponte, cada vez máis deteriorada ao non poder acometer obras de mellora ou reposición. Dende o Concello quérese poñer en valor o traballo dos operarios municipais, que están a facer un gran labor tamén non ámbito de vías e obras.

A Concellería de Mobilidade e Tráfico informa da nova regulación do tráfico na rúa Redondela durante as obras de humanización

A Concellería de Mobilidade e Tráfico que dirixe Roberto Mera informa que, con motivo das obras de humanización da rúa Redondela e aos efectos de establecer unha regulación clara da mobilidade e do tráfico, por norma xeral poderán acceder co seu vehículo, tanto a esta rúa como ás adxacentes, os/as residentes, usuarios/as de garaxes, traballadores dos servizos comerciais e hostaleiros así coma os seus clientes. Non se poderá acceder cando de forma puntual as obras obriguen ao corte total da rúa. Neses casos a empresa adxudicataria informará con antelación e o corte farase polo menor tempo posíbel.

Ademais, non se permitirá o uso da rúa como itinerario de paso para dirixirse desde a rotonda do Axente Comercial á rotonda da estrada das Neves e viceversa, agás os servizos de urxencias e emerxencias. Os e as condutoras deberán realizar ese itinerario pola rúa Sarmiento Rivera e pola Avenida Rosalía de Castro.

Roberto Mera explica que a finalidade é reducir durante as obras o tráfico de paso pola rúa Redondela para facilitar as obras e a seguridade vial.

“Agradecemos a súa colaboración e comprensión, pois as obras sempre supoñen unhas molestias inevitabeis, pero necesarias para poder mellorar e transformar por completo a rúa Redondela para o desfrute das persoas que viven e traballan nela”.

O concelleiro de Mobilidade e Tráfico aconsella que para calquera dúbida ou aclaración se dirixan  a Policía Local de Ponteareas nos número de teléfono: 092 desde Ponteareas  e 986640050 dende fóra do concello.

Para un mellor coñecemento da nova situación, a concellería distribuirá unha nota informativa entre a veciñanza e negocios da zona.

O Concello das Neves investiga a autoría dun verquido en Pousadouro

0

O Concello das Neves está a investigar a procedencia e autoría dun verquido na zona do Pousadouro. No lugar hai unha rotonda con cinco vías, unha área para xantar ao aire libre, o paso do Camiño dos Frades e o acceso ao concorrido Miradoiro de San Nomedio.

Correcta xestión do lixo 

Dende o Goberno municipal lémbrase que nas Neves hai máis de 60 áreas de reciclaxe con colectores de, polo menos, catro tipos (vidro, papel-cartón, envases e resto), a eles hai que engadir os de aceite doméstico e roupa en varios lugares.

A este feito súmase o de que o ‘Punto Limpo’ está aberto martes, xoves e sábado de 10:00 a 14:00 h e que, ademáis, pode pedirse a recollida a domicilio de elementos voluminosos, chamando ao Concello ou a través da App municipal ‘Línea Verde As Neves’.

Dende o Concello non se tolerarán comportamentos coma este que causan danos ao medio ambiente e molestias a veciñas e veciños e a todas aquelas persoas que se desprazas ata As Neves.

O programa Tic Emprendes da Deputación chega a Oia para impulsar a formación de “Guías de itinerarios en bicicleta”

0

O Concello de Oia acollerá unha das 26 accións que a Deputación de Pontevedra está a levar a cabo en toda a provincia no marco do programa de inserción laboral Tic Emprendes. A actividade profesional elixida neste municipio, de acordo coas necesidades expresadas nunha enquisa entre a poboación obxectivo, é a de guía profesional para itinerarios en bicicleta, polo que as persoas participantes obterán a formación e a capacitación necesarias para desempeñala.

O obxectivo do programa Tic Emprendes, que conta con financiamento do Fondo Social Europeo, é a formación, eminentemente práctica e centrada en temas de actualidade, así como a mellora da empregabilidade da mocidade que resida en localidades do rural, tanto para emprender e traballar por conta propia como para facelo por conta allea. Deste xeito o programa traballa a prol do asentamento da poboación no rural creando tamén oportunidades de desenvolvemento profesional.

No caso de Oia optouse pola acción “Guía por itinerarios en bicicleta”, centrada no turismo sostible e o lecer ao aire libre. No transcurso desta acción formativa, as persoas participantes obterán, entre outros, os coñecementos básicos para o deseño e a realización de itinerarios en bicicleta, o mantemento e condución de bicicleta en condicións seguras en grupos organizados. Ademais esta acción formativa conta cun módulo de autoemprego.

A acción chegará a Oia a comezos do mes de outubro e ten unha duración de 125 horas lectivas, das que 100 horas serán de formación específica sobre as actividades de guía por itinerarios en bicicleta, e 25 horas en contidos relacionados co autoemprego ou creación de empresas. As sesións desenvolveranse en xornadas de 5 horas diarias polo que a duración total desta accións formativa desenvolverase o longo de 5 semanas. Ademais, as persoas participantes teñen dereito a unha bolsa de desprazamento de 13,45 euros diarios por día de asistencia.

A iniciativa conta cun total de 15 prazas dispoñibles para a mocidade de Oia, dado que, de acordo coas bases do programa, están reservadas a persoas de entre 16 e 30 anos que, ademais, deben estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (trámite moi sinxelo que é posible realizar online), estar en situación desemprego, non estar integradas no sistema de educación ou formación regradas e residir nun dos 31 municipios do rural que participan nesta iniciativa (O Rosal, Oia, As Neves, Arbo, Crecente, A Cañiza, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario, Fornelos de Montes, A Lama, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Campolameiro, Moraña, Barro, Meaño, Meis, Portas, Illa de Arousa, Catoira, Valga, Cuntis, Pontecesures, Vila de Cruces, Rodeiro, A Golada e Dozón).

As solicitudes poderanse presentar ata 15 días antes do inicio do curso, preferentemente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Deputación: https://sede.depo.gal ou no rexistro do concello. Para mais información, as persoas interesadas poden contactar en https://www.depo.gal/tic-emprendes  e nos teléfonos: 886 217 320 / 986 804 100 extensión 47 321.

Galicia rexistra un total de 3.294 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.294 deles 1.376 son da área da Coruña, 604 da de Lugo, 300 da de Ourense, 205 da de Pontevedra, 209 da área de Vigo, 473 da de Santiago, e 127 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 112 en unidades de hospitalización e 3.167 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.438 persoas curadas, rexistrándose 638 falecementos. Os dous últimos foron o dunha muller de 85 anos que estaba ingresada no CHUAC  e o dun home de 71 anos que estaba ingresado no CHUO. Ambos tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 327.257.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 2021 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos a súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no DOG do pasado 19 de agosto, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Trece rutas autoguiadas para coñecer a provincia de Pontevedra a través do deporte e a natureza

Dar a coñecer a provincia de Pontevedra á vez que se desfruta do deporte ao aire libre e da natureza son algúns motivos polos que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha as “Rutas Autoguiadas”, un catálogo con 13 itinerarios supervisados que poden seguirse facilmente a través de aplicacións móbiles ou dos GPS. As fichas das rutas, valoradas e clasificadas pola Deputación, están dispoñibles no sitio web do ente provincial (www.depo.gal) e ofrecen información sobre a distancia, a dificultade, as altitudes e os protocolos en caso de accidente. Os itinerarios discorren polos concellos de Moraña, Forcarei, O Grove, Redondela, Pontevedra, Catoira, Lalín, Vigo, O Rosal, Mondariz, Mondariz-Balneario, Silleda, Oia, A Guarda, Cangas e Bueu.

Máis polo miúdo, no concello de Catoira atópase a ruta dos “Muíños do Vento – Tores de Oeste”, que conta cun percorrido circular de 14,64 quilómetros ao longo dos cales pódense ver as citadas construcións mentres se percorren diferentes sendeiros. Pola súa banda, a ruta “Montes de Moraña” ten un percorrido circular de 16,70 quilómetros que combina diferentes camiños de montes con outros semirrurais por diferentes aldeas do concello. O “Sendeiro do Lérez”, situado no concello de Forcarei, é unha camiñada de 7 quilómetros de ida e volta por un paseo fluvial no que se poden ver antigos muíños e pontes, entre as que destaca a ponte do Crego. Máis ao sur, na cidade de Pontevedra, tamén se pode desfrutar da “Ruta do río Lérez”. Este camiño discorre por ambas marxes do río atravesando a Illa das Esculturas ao longo dun percorrido semicircular de 11,5 quilómetros de distancia.

As persoas amantes da natureza tamén teñen dispoñible un percorrido pola península do Grove, trátase dun itinerario circular por San Vicente do Mar cunha distancia total de 10,41 quilómetros ao longo dos cales ofrece unhas fermosas vistas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. O sitio web da Deputación de Pontevedra tamén ofrece unha camiñada circular de 9,90 quilómetros a través dos “Miradores de Redondela”, comezando na área arqueolóxica do monte Penide e finalizando no mirador do banco de Redondela, dende onde se pode observar a ría de Vigo. En Lalín atópase unha ruta circular de 16,73 quilómetros denominada “Castro de Doade – Casa do Patrón”, que percorre distintos lugares do concello.

A ruta “Montes de Vigo – Senda da Auga” conta con 22,70 quilómetros de percorrido circular. Comeza coa subida aos montes de Vigo para logo baixar ata a Senda da Auga, a cal discorre por diversos accesos e vías dos canais que transportaban a auga ata a cidade olívica. No concello do Rosal atópase a ruta dos “Muíños do Picón e do Folón”, unha pequena camiñada circular de 3,5 quilómetros que discorre entre estes coñecidos muíños, declarados Ben de Interese Cultural. A “Senda do río Tea” conta cunha distancia de 6,2 quilómetros entre ida e volta nun percorrido que comeza na praia fluvial de Mondariz-Balneario e que leva a aqueles que a visitan ata a praia fluvial das Pías.

En Silleda atopamos unha ruta semicircular de 10 quilómetros chamada “Mosteiro de Carobeiro – Fervenza do Toxa” que discorre por diferentes sendas que non deixan indiferente a quen as visita. Entre os concellos de Oia e A Guarda atópase a ruta do “Mosteiro de Oia – Camiño Portugués da Costa”, esta é a camiñada máis longa das “Rutas Autoguiadas” posto que conta cun percorrido circular de 35,80 quilómetros. A Deputación tamén ofrece a posibilidade de visitar os “Montes de Cangas e Bueu” a través dunha ruta circular de 26,76 quilómetros que permite ás persoas que a realicen desfrutar das vistas das rías de Pontevedra e Vigo.

As “Rutas Autoguiadas”, xunto con “Deporienta”, son unha das novidades de “Vive Deporte”, a programación deportiva da Deputación de Pontevedra que entre os meses de xullo e setembro está a levar a cabo en toda a provincia unha trintena de rutas, andainas e actividades de orientación. “Vive Deporte” ten como obxectivo fomentar o deporte á vez que pon en valor os montes da provincia, a súa riqueza natural, ecolóxica e patrimonial. O programa está dirixido a todas aquelas persoas que gocen do deporte en contacto coa natureza e aposten por actividades sustentables.

Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará O Rosal o vindeiro martes 1 de setembro

0

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia volverá visitar O Rosal o vindeiro martes 1 de setembro. O autobús estará situado na Praza do Calvario e permanecerá aberto ao público de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

Para o Centro de Transfusión a máxima prioridade é a seguridade das persoas doantes e receptoras dos compoñentes sanguíneos, polo que continúa extremando os protocolos de prevención para garantir a continuidade dun servizo esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais galegos. Por este motivo, todas as persoas que desexen doar sangue deberán pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828 para escalonar a afluencia axeitada e ordenada dos e das doantes.

Aínda que o persoal do Centro de Transfusión fai unha revisión de saúde a todas as persoas que acoden a doar para garantir a seguridade dos compoñentes da sangue, recoméndase non acudir a doar sangue se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios. Pídese tamén ás persoas doantes agardar un metro de separación entre persoas nas zonas de espera.

Ademais, en cada unidade móbil o persoal segue uns protocolos de seguridade exhaustivos, usando luvas novas con cada doante, limpando as padiolas despois de cada doazón, utilizando material esterilizado e dun só uso con cada paciente e facendo unha limpeza profunda da zona de venopunción con dobre desinfección. Cada unidade conta tamén con líquido desinfectante á entrada e saída do autobús para que as persoas doantes o empreguen antes de acceder á zona de revisión de saúde e despois de realizar a doazón e de tomar o refrixerio.

Os hospitais galegos precisan ente 400 e 500 doazóns de sangue cada día, arredor de 10.000 ao mes, para garantir a asistencia a moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancros, leucemia, transplantes de órganos, etc.

A posta en valor dos petróglifos de Randufe permitiu descubrir novos gravados

0

Un total de catorce rochas con petróglifos realizados dende o Neolítico á época moderna conforman o conxunto situado no Alto do Coello, Fontiñas e Rozacús, en Randufe. Nun proxecto do Concello de Tui, financiado pola Deputación de Pontevedra, e coa colaboración da Comunidade de Montes de Randufe, a empresa Árbore Arqueoloxía e Restauración levou a cabo a súa limpeza a posta en valor.

Onte á tarde tivo lugar unha visita inauguración desta actuación levada a cabo e que permitiu descubrir novos petróglifos.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, xunto a outros membros da corporación, o presidente da Comunidade de Montes de Randufe, Ramón Martínez, e persoas interesadas en xeral asistiron onte á esta visita.

A actuación consistiu na limpeza, tala e roza da zona e na eliminación da vexetación superficial nas rochas. Isto permitiu descubrir novos gravados, xa que antes da intervención só se coñecían os existentes en cinco rochas, e na actualidade o número elevouse até 14 pedras que contan con petróglifos. Foron colocados tres paneis indicativos realizados en aceiro corten coa información sobre o conxunto e, realizado con corte por laser, a representación dos cabalos que aparecen nun dos petróglifos de Fontiñas.  A carón de cada pedra colocouse un calco dos petróglifos existentes realizado con fotogrametría, o que permite ao visitante a súa mellor localización. O mellor momento para observalos é ao amencer ou ao atardecer, xa que neses momentos a luz existente fai destacar os sucos do gravado. Tamén se aconsella a visita de noite con lanternas.

Así neste conxunto podemos atopar muíños sedentes do Neolítico que poderían estar relacionados coa evidencia dun poboado prehistórico no Alto do Coello. Aparecen noutras rochas animais coma cabalos asociados á Idade de Bronce. Da mesma época poderían ser outros dos motivos representados coma círculos ou coviñas. Amais na práctica totalidade das rochas , posiblemente froito dun proceso de cristianización da zona, hai gravadas cruces, e mesmo nunha das rochas aparece un cáliz, que poderían corresponder á época medieval-moderna.   A actuación realizada tamén permitiu recuperar a toponimia local coma é o caso do nome de Fontiñas.

Tomiño acolle a exposición ‘Río Miño. Memorias transfronteirizas’

0

Tomiño é a nova parada da exposición itinerante ‘Río Miño. Memorias transfronteirizas’, unha mostra que transportará ao público as dúas marxes do río con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos e que poderá visitarse dende o 29 de agosto ata o 13 de setembro no Mercado de Tomiño.

Esta exposición procura achegar ao público ás augas frías do Miño, un río que divide dous países e une unha cultura con técnicas de pesca e memorias en común, con lugares marabillosos e chea de tesouros vivos, de persoas cun profundo coñecemento e práctica local que agora se descobren. A través de todo o percorrido, as persoas visitantes mergullaranse nas dúas marxes do río e no mundo das persoas que habitan as súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos.

Tomiño e Cerveira, unidas como Eurocidade, son un claro exemplo de que o río Miño lonxe de separar territorios os une. O río é unha fronteira que une a ambos concellos nun proxecto de cooperación transfronteiriza e xestión compartida, de colaboración institucional e de valorización do patrimonio natural e cultural. Un símbolo das relacións entre Galicia e Portugal que agora recolle esta exposición.

A mostra está promovida pola AECT Rio Minho e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM Alto Minho) en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o Agrupamento Europeu de Cooperação Territorial do Rio Minho e o Centro de Estudos Euro-Regionais da Galiza/Norte de Portugal.

A exposición amosa unha compilación dos contidos desenvolvidos ao abeiro de dúas accións do proxecto SmartMinho, cofinanciado polo programa Interreg VA, centradas na recuperación e promoción do patrimonio inmaterial transfronteirizo: un estudo das pesqueiras do Río Miño como exemplo do patrimonio cultural herdado polas comunidades ribeiregas do río e o proxecto Tesouros Vivos, que recolle o testemuño de persoas que posúen un profundo coñecemento ou habilidade que remite a unha práctica cultural inmaterial.