O Concello de Tui anuncia que dende hoxe, día 1 de setembro, non será preciso solicitar previa no rexistro de entrada na Casa do Concello de Tui. As persoas que precisen presentar documentación por rexistro de entrada só terán que achegarse ata a casa do concello onde serán atendidos na entrada habilitada dende a fachada principal.
Con todo, hai que lembrar que sí continuará a ser preciso a cita previa para a atención presencial no resto de departamentos municipais. O único departamento excluído da cita previa é no rexistro de entrada.