26.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaA CañizaA Deputación abre o prazo de inscrición para a terceira Depoandaina que...

    A Deputación abre o prazo de inscrición para a terceira Depoandaina que percorrerá o Val das Fadas na Cañiza

    A ruta, que será a derradeira da quinta edición deste programa que une deporte e natureza, desenvolverase o 20 de setembro e ofrece 200 prazas

    Tras o éxito das dúas primeiras Depoandainas, a Deputación de Pontevedra abriu este luns 31 de agosto o prazo de inscrición para a terceira e última das rutas programadas para este verán. Nesta ocasión as persoas participantes percorrerán o Val das Fadas, no concello da Cañiza, o domingo 20 de setembro.

    As persoas interesadas en asistir poden anotarse no sitio web da institución provincial (www.depo.gal) ata completar o límite das 200 prazas. Aquelas persoas que se apunten con posterioridade (ata un máximo de 100) pasarán á lista de agarda. O prazo para inscribirse, de non completarse antes o aforo, remata o 14 de setembro ás 12 horas. No caso de non poder asistir á andaina, as persoas inscritas deberán comunicarllo ao Servizo de Deportes antes do peche da inscrición enviando un correo electrónico co nome e o DNI a deportes@depo.gal. Deste xeito, pasará a ocupar a súa praza unha persoa da lista de agarda.

    Este verán a iniciativa, que ten sufrido variacións por mor da Covid-19, contou na súa oferta con tres camiñadas por algúns dos enclaves máis emblemáticos da provincia, dirixidas a todas as persoas independentemente da súa idade. No mes de agosto realizáronse as dúas primeiras rutas, que transcorreron polos Muíños da Fraga, en Moaña, e onte domingo a da Fervenza de Callobre, na Estrada, e cuxas prazas se esgotaron ao pouco de abrirse o prazo de inscrición.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.