A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciu esta mañán unha importante actuación na mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopan no Camiño de Santiago ao seu paso por Ameirolongo, na parroquia de de Sanguiñeda e que será executada a través dunha axuda concedida pola Consellería de Cultura e Turismo por importe total de 20.000 € dos que 15.000 € serán asumidos pola Xunta e 5.000 € polo Concello.
Sara Cebreiro, Conncelleira de Cultura e Turismo declarou que “As obras que se pretenden realizar suporán unha mellora estética importantísima, tendo en conta ademáis a chegado do ano Xacobeo en 2021”.
O Concello persigue como principal obxetivo que os peregrinos teñan un bo recordo do seu paso por Mos, que se fagan fotos por atopar lugares que lle parezan agradables e acolledores e que o seu paso polo concello de Mos sexa para recordar.
Esta actuación moi demandada pola Mesa do Camiño de Mos e que a administración local considera de gran importancia delimitaraunha zona axardinada a saída do túnel de ameirolongo túnel que se atopa baixo un carril de saída da Autovía (dirección Redondela), delimitando as zonas verdes e a prantación a cada un dos lados do camiño.
Ademais procederase ao pintado dunha senda peonil no asfalto de 1,25 m de ancho, en cor verde e delimitado por dúas franxas brancas a cada lado.
Asemade procederase ao pintado de sinais de velocidade e peons. A lonxitude total da senda será de 290,50 m., en dous tramos, xa que o concello xa executou e sinalizou un tramo (o mais propenso a accidentes).
Na fonte de Ameirolongo, procederase a substitución dos bancos de pedra e ao plantado dun sebe de photonias na zona posterior da fonte. A continuación, procederase a realización e colocación de salvacunetas nunha zona perigosa para os peóns na que poden caer a unha profundidade de 50 cm.
Disporanse lousas de formigón no oco existente e asfaltarse a zona que presenta vexetación para evitar que nazan malas herbas e así obter mais ancho para os peóns.
Como remate, procederase ao pintado e sinalizado da senda ata a confluencia coa estrada N-550. Levarase a cabo ademáis a retirada da vexetación, terras e lixo procedente de vertidos dos colectores de lixo.