10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiObradoiro de compostaxe para nenos e nenas o venres 4 en Tui

    Obradoiro de compostaxe para nenos e nenas o venres 4 en Tui

    É preciso inscrición previa. Vai dirixido a cativos e cativas de 6 a 14 anos

    O próximo venres, 4 de setembro, ás 10.30 h terá lugar no Paseo da Corredoira unha obradoiro de compostaxe dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos.

    Para participar é preciso inscrición previa en compostaxe@tui.gal ou no 687 24 99 53. Contará cun protocolo de medidas de seguridade sanitaria ante a COVID-19. Será obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade de 1,5 metros.

    Os participantes distribuiranse en grupos illado de 9 persoas en función da idade de tal xeito que se plantexan tres actividades: “Xogo da Miñoca” para nenos de 6 a 7 anos, “Quen Vive?” para cativos de 8 a 9 anos, e “Microcompostaxe” para os participantes que teñan entre 9 a 14 anos. En función do número de participantes poderá haber dúas quendas por grupo.

    O obradoiro en caso de choiva realizarse no pavillón municipal.

    Esta actividade está organizada ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Concello de Tui e o CEIDA.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.