22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosMos recibe unha subvención para concluír o documento guía co que levar...

    Mos recibe unha subvención para concluír o documento guía co que levar a cabo a nivel local o Pacto polo Clima

    Trátase do PACES, unha memorial anual do consumo enerxético, en base a cuxos resultados elaborarase o plan de medidas para reducir nun 40% as emisións de CO2 e de tódolos gases de efecto invernadoiro

    O Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía trátase dunha iniciativa impulsada hai máis dunha década a nivel europeo para implicar tamén ás administracións locais na loita contra o cambio climático. A iniciativa está coordinada e liderada desde finais de 2017 en Galicia pola Xunta.

    Fai un ano que o Concello de Mos aprobaba por unanimidade en Pleno a adhesión ao Pacto e, desde entón, púxose en marcha a redacción do proxecto mosense, a folla de ruta a seguir nos próximos anos respecto do Pacto. O primeiro paso é a elaboración por parte do Concello de Mos do PACES, unha memorial anual do consumo enerxético dos edificios municipais e do alumeado público. Documento que se atopa en proceso de elaboración e para o cal o Concello ven de coñecer a concesión dunha subvención autonómica que dá respaldo económico á confección do PACES.

    Trátas dunha axuda concedida á administración local mosense por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, e dentro do programa de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sostible cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020. O Concello destinará a aportación económica desta subvención a traballos de asistencia técnica para a elaboración do plan de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES).

    Unha vez rematado o PACES, este terá que estar aprobado polo Pleno da Corporación Municipal e correctamente rexistrado, telemáticamente, no sitio web da Oficina do Pacto da Unión Europea, segundo os procedementos establecidos pola propia oficina. O prazo límite para entregar este documento é o ano 2021. Documento cuxa redacción “marcha a bo ritmo e cumprindo os prazos previstos”, informou hoxe mesmo o concelleiro mosense de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas. Ademais O edil Leo Costas agradeceu “o labor de apoio e asesoramento que brinda neste sentido a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda á hora de participar no Pacto” e declarou que “desde este equipo de goberno estamos moi sensibilizados e concienciados co medio ambiente e co cambio climático, polo que desde a administración local estamos a esforzarnos ao máximo na elaboración do proxecto director e levaremos ata as últimas consecuencias a adhesión ao Pacto”.

    Unha vez presentado o PACES e, en base aos resultados do mesmo, elaborarase o plan de medidas para reducir nun 40% as emisións de CO2 e de tódolos gases de efecto invernadoiro. Entre elas, promoveranse tanto medidas municipais como propostas para involucrar aos particulares, con iniciativas como por exemplo as vivendas con ‘etiqueta verde’, grazas ás que os veciños poidan beneficiarse de bonificacións e incentivos.

    A partir do ano 2021, tope para a presentación do PACES, o Concello de Mos será obxecto dunha auditoría cada dous anos, na que se controle que a redución das emisións cumpre os parámetros establecidos. O cumprimento dos mesmos implicará beneficios para a administración local mosense, tales como prioridade e facilidades á hora de solicitar e recibir subvencións.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.