Luns, 28 Xullo de 2025

O AECT levará á Comisión Europea a situación de desamparo das persoas traballadoras transfronteirizas do Miño polo peche da fronteira

“Fronteira aberta xa na súa totalidade e con horario pleno”. Esa é a reivindicación na que as alcaldesas e alcaldes do territorio miñoto insistiron hoxe convocados polo AECT Rio Miño e pola que decidiron endurecer as súas accións: continuarán dando pasos pola vía institucional ante a Unión Europea e o ministro de Administración Interna de Portugal, pero tamén organizarán novas accións simbólicas de movilización social para chamar a atención dun territorio que se sinte afogado e tamén “ninguneado” polos gobernos de Madrid e Lisboa.

Segundo explica o vicedirector do AECT Rio Miño Uxío Benítez, unha das decisións da reunión dos 26 alcaldes e alcaldesas foi elevar á Comisión Europea a situación de desamparo das persoas traballadoras e das empresas, xa que a do Miño é a fronteira máis dinámica de toda Europa e un peche como o existente “non se dá noutros territorios”. “Imos remitir un comunicado e pedir auxilio para que interceda ante os estados”, enfatizou.

Tamén se manterán novos contactos co ministro de Administración Interna de Portugal Eduardo Cabrita, a quen se lle instará a revocar a situación actual nunha reunión convocada de urxencia, xa que ata o de agora o país veciño foi o que amosou as maiores reticencias á apertura de novos pasos autorizados na ‘raia’.

Hai persoas que saen unha hora antes para ir ao seu traballo e, ao estar dúas horas no paso da fronteira, chegan tarde e deben recuperar esas horas perdidas quedando ao rematar a xornada nos seus postos

Esas medidas institucionais, abondou Benítez, terán acompañamento tamén en novas accións simbólicas de protesta e mobilización social. “Os ánimos das empresas, transportistas e persoas traballadoras transfronteirizas están moi exaltados, e dende o AECT estaremos mediando ante medidas máis drásticas e contendo o malestar, pero amosaremos con claridade que a este territorio do Miño non se lle pode ningunear porque iso só produce máis cabreo e indignación entre a cidadanía”, subliñou o nacionalista.

Benítez destacou que o AECT reclamará compensacións económicas para as e os traballadores que están afectados polo peche das fronteiras. “Non só hai custes de combustible, senón tamén de tempo. Hai persoas que saen unha hora antes para ir ao seu traballo e, ao estar dúas horas no paso da fronteira, chegan tarde e deben recuperar esas horas perdidas quedando ao rematar a xornada nos seus postos… Iso ten un custe non só económico senón tamén anímico. E xa que non se pode compensar polos problemas psicolóxicos, alomenos polos económicos”, insistiu.

O vicedirector subliñou que hai unha profunda indignación e incomprensión nos alcaldes e alcaldesas do territorio miñoto “ante esta decisión dos estados que non escoitan ao territorio e non escoitan a problemática que existe na fronteira máis dinámica e máis poboada e máis relacións sociais entre España e Portugal e unha das máis dinámicas de Europa. Non entenden esta realidade e non fixeron caso ás nosas reivindicacións de abrir os pasos cos controis sanitarios necesarios. Hai máis de 6.000 traballadores afectados que teñen un custe en tempo e diñeiro para acceder aos seus postos”, insistiu.

Finalmente, Benítez fixo fincapé no ofrecemento de colaboración dos concellos dunha e outra ribeira para a loxística da reapertura dos pasos. Reclamou tamén unha maior coordinación entre os estados e entre estes e os municipios afectados, criticando que moitos alcaldes e alcaldesas se enteraron das últimas modificacións dos pasos pola publicación do boletín portugués en lugar de por unha comunicación oficial directa.

“Queremos a apertura de todos os pasos 24 horas cos controis sanitarios necesarios e só para as persoas que están autorizadas, traballadoras, transportistas… Non queremos que pase ninguén máis das persoas que deben”, insistiu.

“O Entroido volverá” o vídeo que convida a Gondomar a manter viva a súa celebración

0

A produción audiovisual anima a veciñanza nestes momentos que vivimos lembrando que é algo pasaxeiro, e que o Entroido, unha festa tradicional no municipio, só toma un pequeno descanso porque “as máscaras, o que se sente, encérranse nun baúl que pronto se volverá a abrir en Gondomar, onde a rúa bailará, a xente cantará e todo pasará…”.

Con esta produción, compartida nas redes sociais do concello, convídase a manter vivo o espírituo de Entroido e ver nas máscaras, os disfraces que confían poder lucir e gozar o próximo 17 de xullo, data á que se pospuxo este ano a celebración do entroido, facéndoo coincidir coas festas patronais.

“Só queremos achegar un pouco da alegría, cor e música que estas festas cada ano trasladan ao noso concello e que, confiamos, volverán estar connosco dentro duns meses”, afirma o alcalde Paco Ferreira.

“O Entroido volverá” contou coa participación de integrantes das diferentes escolas de baile do municipio, a compañía teatral Olivas Negras, así como coa adaptación musical que Lucía Doval realizou para a ocasión, baseándose na banda sonora da oscarizada película Lalaland.

Nigrán ampliará as axudas ao sector hostaleiro, a empadroados co negocio fora do municipio e a non empadroados con negocio en Nigrán

0

O Concello de Nigrán ampliará o criterio das axudas ao sector hostaleiro para que inclúa tamén como beneficiarios aos autónomos empadroados no municipio pero con negocio fora da localidade e viceversa (autónomos non empadroados en Nigrán pero con negocio no municipio). Igualmente, no sector do taxi (ao que se lle aprobou unha axuda de 70 € en concepto de imposto de rodaxe) contemplaranse tamén como beneficiarios a aqueles empadroados en Nigrán e con licencia do propio Concello independentemente de onde teña o domicilio fiscal o vehículo. Esta ampliación do criterio de concesión será levada ao pleno do 22 de febreiro e, unha vez publicada no BOPP, abrirase un prazo de 10 días para as solicitudes.

“Unha vez aprobadas as bases, démonos conta de que había estes casos puntuais que non queremos que queden fora porque sería inxusto, o obxectivo é que  poidan seguir abertos unha vez a situación pase para que sigan xeneranzo riqueza no pobo”, explica o alcalde, Juan González, en referencia á primeira liña de axudas aberta polo  Concello e cuxo prazo de solicitude expira o mércores 17 de febreiro.

O Concello de Nigrán aprobou en xaneiro destinar a súa primeira liña de axudas 120.000 € do remanente de Tesourería para establecer subvencións directas de entre 1.115 € e 1.080 € aos autónomos do sector e 750 € aos desempregados sen ningún tipo de prestación. Igualmente, para os desempregados da restauración sen dereito a ningún tipo de prestación establécense 750 €, sendo Nigrán a primeira administración en ter en conta a situación das persoas contratadas por conta allea. A día de hoxe recibíronse 31 solicitudes de empresas, 40 de autónomos e 6 de desempregados.

O goberno local de Nigrán ultima xa un novo plan de axudas directas á hostalaría do municipio ante a persistencia das restricións sanitarias que limitan directamente o traballo do sector.

“Tramitamos as primeiras bases en tempo record sendo as primeiras  da comarca e sen esquecer aos desempregados sen prestación”, destaca González. Así, segundo se contempla, as persoas beneficiarias son os autónomos do sector afectados pola orde de peche derivado das limitacións decretadas desde a Consellería de Sanidade o 4 de novembro (empadroados no municipio e titulares dun negocio no mesmo) e traballadores por conta allea sen dereito a ningún outro tipo de prestación (empadroados en Nigrán e que traballaran no sector un mínimo de 15 días antes da obriga de peche ao público, independientemente de que o establecemento non estea situado no municipio).

Máis axudas

A maiores, o propio rexedor confirma que manterá para o ano 2021 a bonificación do 75% da taxa por terrazas (máximo permitido por lei) e, adicionalmente, continuará co servizo de reparto gratuíto para os hostaleiros, medida que tomou con gran éxito o goberno local tras o peche decretado o 4 de novembro. A maiores, o Concello creou neste Nadal un plan de apoio a artistas locais mediante a súa contratación para dinamizar o comercio de proximidade e animar as festas.

O Concello realizará un estudo de avaliación da xestión das augas residuais na zona costeira do Rosal, en San Xian e Portecelo

0

O Concello vén de manter unha segunda reunión con Augas de Galicia para abordar a situación da xestión das augas residuais na zona costeira do Rosal, nos barrios de San Xian e Portecelo, unha problemática sobre a que a administración municipal amosa preocupación por como afecta aos veciños e veciñas. “Dada a situación actual da xestión de augas residuais nesta zona dende o Concello decidimos tomar partido e colaborar en todo momento co órgano competente, Augas de Galicia, para atopar solucións”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Por este motivo, o Concello realizará un estudo para avaliar a situación actual na que se atopa a xestión de augas residuais nesta zona, un traballo de campo que realizará un equipo técnico especializado que percorrerá a zona para ter unha visión clara da realidade. Trátanse de case 200 vivendas e edificacións que hai nestes dous barrios, das que só arredor de 80 están habitadas todo o ano.

Por outro lado, este estudo de campo servirá tamén para cuantificar a cantidade de augas residuais que xeran de forma individual as vivendas e edificacións da zona, o que servirá para ter unha imaxe clara da situación e actualizar a información da que se dispón no Concello.

 O obxectivo é determinar as necesidades conxuntas e as posibles solucións a medio prazo para un tratamento das augas residuais que permita dispoñer dunha xestión ambientalmente máis sostible que a actual. “Os veciños e veciñas destes barrios levan moitos anos padecendo esta situación, por iso estamos a dar un primeiro paso importante de cara a atopar solucións”, salienta a rexedora.  Dende o Concello apélase á colaboración de toda a veciñanza destes barrios, fundamental para poder levar a cabo o traballo de campo preliminar.

SmartPeme pon en marcha esta próxima semana outros tres obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre a impresión 3D VI – Laminador Cura II, a obtención do valor dos datos con Google Data Studio e a obtención de informes personalizados en Google Analytics.

En concreto, o xoves 18 impartiranse os obradoiros “Impresión 3D VI : Laminador cura II”, a cargo do experto en robótica Manuel Freire, quen dará continuidade ao obradoiro impartido semanas anteriores e, por outra banda, “Obtén o valor dos teus datos con Google Data Studio”, que será impartido por María Aller, posgraduada en Comunicación Corporativa cun mestrado en marketing dixital.

O venres 19 Esther Garcinuño, Enxeñeira Técnica en Informática, impartirá “Informes personalizados en Google Analytics”, introducindo os conceptos básicos desta potente ferramenta sobre as visitas na nosa web.

A Deputación protexe un noiro na estrada de Nigrán a Vincios ao detectar signos de erosión trala vaga de lumes de 2017

0

A estrada provincial EP-2102, que une Nigrán con Vincios, recuperou a normalidade tralo remate das obras de consolidación dun gran noiro que estaba a sufrir os efectos da erosión. A Deputación actuou preventivamente para evitar desprendementos e instalou unha estrutura metálica de protección cunhas obras de emerxencia valoradas nuns 31.000 euros. As obras, que concluíron hai uns días, foron visitadas hoxe polo deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, acompañado do alcalde, Juan González, e varios concelleiros/as.

Os traballos, que se prolongaron durante algo máis de dous meses, corrixiron os problemas detectados no PQ 4+100 desta estrada provincial ao longo duns 120 metros. Para garantir a seguridade viaria instalouse unha malla metálica especial con ancoraxes á rocha. A estabilidade garántese tamén coa suxeición por medio de bulóns de 60 metros de longo por 9 de altura. Previamente fíxose un saneo de toda a zona, retirando materiais soltos ou con risco de desprendemento. Para rematar fíxose unha hidrosementeira.

Gregorio Agís explicou que os efectos da erosión ían deixándose notar nesta zona, moi batida polos lumes de 2017, acentuando así os arrastres das choivas. “É unha zona complicada pola altura do noiro e a forte pendente, despois de valoralo chegamos á conclusión de que era necesario protexela con malla. A prevención é fundamental en cuestións de seguridade viaria e había que actuar antes de que se producira algún problema”, explicou. O deputado, que agradeceu a colaboración do Concello de Nigrán, por ter advertido do problema, anticipou que os servizos técnicos farán un seguimento á evolución da obra a efectos de valorar se son necesarias actuacións complementarias.

O alcalde de Nigrán lembrou o gran impacto dos lumes forestais nesta estrada que une Camos e Chandebrito, xerando un problema de erosión cuxos efectos seguen producíndose a día de hoxe. Lembrou que xa hai ano e medio foi necesario colocar unha barreira para evitar que os pequenos desprendementos de pedras chegasen á estrada e agora compleméntase con esta nova obra “deixando así ben protexido un tramo duns 300 metros”. “É unha alegría que a Deputación nos escoite e que o que os veciños nos piden a nós se faga realidade”, engadiu, lembrando que foi a propia veciñanza a que primeiro detectou o perigo neste punto.

Finalmente, o alcalde lembrou que o Concello de Nigrán mantén unha constante colaboración coa Deputación como tamén se evidencia cos traballos, actualmente en marcha, para redactar os proxectos das sendas peonís entre Camos e Chandebrito, nesta mesma estrada, e a senda de Parada, na EP-2106. “Son dúas actuacións coas que estamos moi ilusionados e estamos desexando ver os proxectos”, destacou.

Protección Civil de Tomiño realizou máis de 2.000 horas de servizo no 2020

0

A Agrupación de Protección Civil de Tomiño recibiu a pasada semana unha tenda de campaña, un novo equipamento para reforzar o labor de atención cidadá e que servirá para a labores de atención e asistencia en distintos operativos como a colocación de postos sanitarios en eventos deportivos ou a realizacións de Plans de Actuación Municipais en situacións de emerxencia.

Recentemente a agrupación vén de presentar a memoria anual da actividade desenvolvida durante o ano 2020. Entre todos os membros da AVPC realizaron un total de 2.038 horas de traballo voluntario, participando nun total de 285 operativos entre os que figuran accidentes, incendios, rescates de animais ou entrega de alimentos e medicación a persoas maiores, entre moitos outros.

Do mesmo xeito, a agrupación participou en actos de difusión e concienciación do labor desenvolvido, como o realizado o día 8 de marzo polo Día Internacional de Protección Civil, cunha xornada de portas abertas no Concello de Tomiño. Realizaron simulacros e participaron en actividades de promoción da seguridade vial, como as desenvolvidas pola ANPA Mosteiro do CEP Pedro Caselles Beltrán os días 9, 10, 11 e 12 de marzo e realizaron cursos e obradoiros de formación como a prevención e detección da violencia de xénero ou a toma de medidas preventivas ante o COVID-19, representando este apartado un total de máis de 200 horas de formación.

A Deputación de Pontevedra segue a promover a igualdade con axudas aos concellos

Continuando co seu apoio á loita pola igualdade, o goberno da Deputación de Pontevedra deu luz verde a unha nova convocatoria de subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes “para fomentar da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia machista neste 2021”. As bases aprobadas pola Xunta de Goberno contan cun orzamento de 230.000 euros, cos que se segue a promover que “os concellos poidan traballar para impulsar actuacións en igualdade e loita contra as violencias machistas que sofren as mulleres”, destacou a presidenta, Carmela Silva, “actuacións que se enmarcan nun eixo prioritario da acción do goberno provincial”.

Tal e como indicou, con estas axudas os concellos poderán desenvolver proxectos e actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia machista, proxectos e iniciativas das mesas locais de coordinación contra esta violencia así como programas e actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Ademais, poderán levar a cabo proxectos para a mellora da atención integral ás vítimas de violencia de machista, ás súas fillas e fillos e ás persoas dependentes ao seu cargo ou proxectos que buscan a promoción dos plans de igualdade nos concellos. Do mesmo xeito, estas axudas provinciais poderán empregarse en accións dirixidas a crear redes e servizos de apoio que favorezan a corresponsabilidade.

Galicia rexistra un total de 13.052 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.052, deles 3.964 son da área da Coruña, 1.171 da de Lugo, 1.217 da de Ourense, 1.725 da de Pontevedra, 2.029 da área de Vigo, 1.689 da de Santiago e 1.257 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 224 están en UCI, 792 en unidades de hospitalización e 12.036 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 93.481 persoas curadas, rexistrándose 2.096 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.579.437.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 134.770.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións. Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

Baiona retomará o mercadillo de Sabarís o luns 22 de febreiro de confirmase a tendencia á baixa na COVID

0

A Concellería de Comercio e Mercado do Concello de Baiona informa de que de confirmase a boa tendencia á baixa, en canto á incidencia de Covid-19 no municipio, o vindeiro luns 22 de febreiro retomarase o mercadillo semanal dos luns de Sabarís.

Volverase á actividade coa redución do número de postos, producíndose así a rotación entre feirantes cada luns. O día 22 será a quenda dos postos con número impar. Poderán acudir ao mercado todos os luns, independentemente do seu número, os posto de venda de produtos agroalimentarios como se recolle na normativa.

O edil que dirixe a área de Comercio e Mercado, Víctor Muñoz, quixo subliñar que “desde o principio defendemos o mercado semanal como unha actividade tradicional e revitalizadora da economía local e desexamos darlle un novo impulso en canto o contexto permítao” e lamenta “ter que adoptar unha decisión tan drástica, a suspensión de toda a actividade desde o luns 21 de decembro, nun momento tan duro para os comerciantes pero era momento de priorizar o benestar tanto da cidadanía como dos propios comerciantes”.
O Alcalde, Carlos Gómez Prado, destaca que de confirmase a tendencia á baixa: “Os bos datos serán un alento e un respaldo para que persistamos e sexamos conscientes de que o esforzo de todos e todas os baioneses e baionesas dá o seu resultado e coa colaboración de todos e todas venceremos ao Covid”.

O PSdeG-PSOE de Ponteareas aposta por continuar coas humanizacións no casco urbano e a mellora de entornas peonís nas parroquias do concello

A Xunta de Goberno da deputación de Pontevedra celebrada esta semana aprobou un paquete de axudas para mellorar a mobilidade, así como aumentar o espazo adicado os peóns, este plan conta con unha dotación de máis de 2,4 Millóns de Euros para a redacción de proxectos e execución de obras.

Oo PSdeG-PSOE de Ponteareas considera necesario ampliar as zonas que xa se empezaron a humanizar “e tamén as que están previstos a través de novos proxectos que se encargaron ultimamente”, para elo trasladáronlle ao BNG, os seus socios de Goberno, a necesidade de presentar candidatura o Plan ÁGORA “para a redacción de proxectos das rúas Senén Canido, Morales Hidalgo, Constitución e Vidales Tomé, rúas que están no entorno da humanización da Praza de Bugallal, así como a rúa do Magnolio o carón de rúa Braña que foi o último proxecto encargado”.

Os socialistas tamén formularon optar os fondos de construción para executar os proxectos da Praza da Igrexa en Moreira e da Costa de San Gregorio.

O Grupo Municipal Socialista aposta “por seguir mellorando a calidade de vida dos nosos veciños e debemos para elo aproveitar a oportunidade que nos da este novo plan impulsado pola deputación de Pontevedra presidida pola socialista Carmela Silva”.

A Deputación redobra a súa aposta pola cultura e incrementa o apoio aos ‘Rías Baixas Film Fest’ e aos festivais de música e de artes escénicas

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases das subvencións aos festivais audiovisuais da provincia, integrados na marca provincial “Rías Baixas Film Fest”, e as dos festivais musicais e de artes escénicas, cun investimento total de 300.000 euros o que mostra, dixo a presidenta Carmela Silva, “a nosa aposta por un sector estratéxico e prioritario para nós como é a cultura. Non imos recortar un só euro”, afirmou. Revalidar o noso apoio aos festivais é apostar pola riqueza cultural que se desenvolve na provincia”.

Este ano, os Rías Baixas Film Fest verán este ano incrementando o investimento ata os 150.000 euros, 20.000 máis que en 2020. As bases aprobadas hoxe foron “acordadas co sector” nas que a Deputación de Pontevedra “ten en conta o parecer da xente que pon en marcha os certames”, apuntou Carmela Silva. Para optar ás axudas os festivais deberán ter unha duración mínima de catro xornadas e realizar un mínimo de vinte proxeccións. Do mesmo xeito, incluír na súa programación a proxección de, como mínimo, cinco sesións ou un 10 % de títulos de produción cinematográfica ou de dirección galegas. Ademais, para acceder ás axudas será necesario que leven un mínimo de catro edicións consecutivas (sen ter en conta 2020 no que o sector estivo moi afectado pola pandemia).

A presidenta da Deputación lembrou a creación da marca Rías Baixas Film Fest, “como unha grande referencia na provincia, posto que ten moitas oportunidades para que se desenvolva un gran proxecto que xere actividade económica e emprego ligado ao audiovisual”. Baixo esta marca atópanse os festivais de maior prestixio como o FIC Bueu, Novos Cinemas de Pontevedra, Festival de Cans do Porriño, Play-Doc de Tui, Galcian Freaky Film de Vigo, Primavera de Cine de Vigo, Curtas Festival do imaxinario de Vilagarcía, Festival de Cine Inclusivo de Vigo e o Curtas Armadiña.

Carmela Silva tamén lembrou que “aínda que os festivais son moi potentes, non son o único proxecto de apoio ao sector”. A Deputación tamén ten o programa de mecenado “Plató de Cinema”, co que xa se financiaron películas como “Nación”, de Margarida Ledo, “9 fugas”, de Fon Cortizo, “Negro púrpura”, de Adriana Villanueva e Sabela Iglesias, e “Devolvendo o Golpe”, de Carlos Prado. Tamén recordou que con anterioridade a este proxecto se prestou apoio económico a producións como “A estación violenta”, “Trote”, “Longa noite”, “María Solinha” ou “Ons”. Ademais, coa mirada posta nas mulleres do audiovisual naceron os Premios #Mulleresnofoco para incentivar o talento, traxectoria e perfís con perspectiva de xénero.

Pola súa banda, os festivais musicais e de artes escénicas contarán este ano cunha partida de 150.000 euros, reafirmando así o compromiso adquirido con eles por parte da Deputación de Pontevedra. Grazas a esta achega provincial o ano pasado puideron levarse a cabo “actividades tan significativa” como a Festa Folc de Vilariño en Cangas, a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, o Festival Rock in Río Tea en Ponteareas , o IKFEM na Eurocidade Tui-Valença, o Festival Alternativo Millo Verde de Redondela, o Festival Internacional de Títeres de Redondel, o Vilablues Festival Internacional de Blues de Tomiño, o Revoltallo de (Cultura e) Música Emerxente en Vigo, o Festival Canteira Fest 2020 en Vilaboa e o Canjazz– XXIII Festival Internacional de Jazz de Cangas.

A Xunta investirá 900.000 euros no mosteiro de Santa María de Oia para rehabilitar “un dos maiores bens” do Camiño Portugués pola Costa

0

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe o Mosteiro de Santa María de Oia, onde anunciou que a Xunta de Galicia ten previsto levar a cabo un proxecto de rehabilitación cun investimento de preto de 900.000 € na igrexa. Esta actuación permitirá mellorar as condicións de humidade e resolver os problemas da falta de mantemento e conservación deste importante BIC do Camiño Portugués da Costa.

Román Rodríguez, xunto coa alcaldesa Cristina Correa, subliñou que esta intervención “será a maior aposta da Xunta este ano no patrimonio da provincia de Pontevedra e unha das máis importantes de toda Galicia”. Isto será posible, como explicou o conselleiro, grazas ao incremento do investimento por parte do Goberno autonómico en fondos para patrimonio. “En 2021 imos dedicar un 19% máis”, declarou.

“Queremos darlle o mellor futuro ao noso pasado máis sobranceiro”, resumiu o titular de Cultura da Xunta, quen explicou que os traballos que se desenvolverán este ano “renovarán unha das xoias patrimoniais xacobeas en pleno Ano Santo”. Neste momento estanse a completar os tramites administrativos para a súa próxima licitación e, unha vez adxudicada a obra, terá un prazo de execución de nove meses.

No caso concreto da provincia de Pontevedra, a Xunta está destinando máis de 3 millóns de euros nunha ducia de bens como a igrexa de Santo Estevo de Negros, en Redondela, cuxa obra empezará nas vindeiras semanas; a basílica de Santa María a Maior, en Pontevedra; ou a restauración rematada de Santa María de Baiona, entre outras.

Numerosas zonas de actuación

A actuación que se levará a cabo neste Ben de Interese Cultural permitirá mellorar as patoloxías derivadas da entrada de auga, así como resolver os problemas pola falla de mantemento e conservación. Así, o proxecto prevé que as principais actuacións se centren nas fachadas e cubertas, así como en mellorar as condicións de ventilación.

Para iso modificaranse os aleiros, co fin de evitar a entrada de auga pola cabeza dos muros, restaurarase a cuberta do faldón norte e rebaixarase a cota do terreo arredor das fachadas leste e sur da igrexa. Así mesmo, tamén se eliminarán os rexuntados interiores de cemento e cambiaranse as actuais carpinterías deterioradas e sen ventilación por outras de aceiro inoxidable negro con ventilación permanente.

As obras previstas no Mosteiro de Oia complétanse coa apertura da antiga comunicación entre a sancristía e a torre do campanario, co acondicionamento do adro da igrexa completando a actual pavimentación en granito e coa execución dun novo sistema de evacuación de augas pluviais e residuais de todo o conxunto.

Os centros educativos de Tomiño celebran un entroido adaptado ás circunstancias

0

A difícil situación actual derivada da pandemia do COVID-19 impediu que este ano se puidesen celebrar o tradicional Venres de Foliada de Tomiño e o recoñecido Entroido de Goián, mais o espírito do entroido puido manterse este ano nos centros educativos do municipio adaptándose ás circunstancias e de xeito que se puidese cumplir cos protocolos sanitarios.

No IES Alonso Ríos aproveitaron a ocasión para facer unha homenaxe ás consideradas actividades e profesións esenciais, polo que cada grupo e aula disfrazouse dunha profesión diferente: enfermeiros/as, profesores/as, corpos de seguridade… Todos os grupos pasaron por un photocall para facerse fotos e realizar algunha pequena performance. Para cumprir co protocolo sanitario, no photocall colocouse unha cámara que se conectou con todas as aulas e permitir que deste xeito todos os alumnos e alumnas puidesen ver os disfraces dos demais.

Festa Fareleira

No CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián mantiveron esta semana o tradicional “entruidón”, mandando traer cada día unha cousa diferente tanto ao alumnado como ao profesorado. Este ano a festividade está centrada na inclusión, na que cada aula marcou a diferencia cos seus disfraces nun pase privado no patio. Os máis pequenos fixeron a festa fareleira e destacou tamén o traballo de investigación realizado polo alumnado de 6º de Primaria, que se encargou de indagar nas orixes do entroido desde unha perspectiva mundial ata os comezos da festividade na vila de Goián. Este traballo está recollido nun vídeo dispoñible na páxina web do centro.

CEP Pedro Caselles

No CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán decidiron tamén manter un pequeno desfile no recreo mantendo os grupos estables de convivencia, e a mañá completouse cun obradoiro de máscaras de entroido, o visionado de filmes relacionados co entroido e unha chocolatada con churros. A temática escollida no CEIP de Barrantes foi o coidado do medio ambiente, a reciclaxe e a alimentación saudable, realizando diversas actividades relacionadas con esta temática. Este venres cada grupo saíu ao patio disfrazado cada un dun animal en perigo de extinción diferente e o Meco foi representado por unha árbore que será plantada nun futuro.

CEIP Tebra

No CEIP de Sobrada optouse por cancelar o desfile, o cal non impediu unha celebración adaptada ás circunstancias na que os nenos e nenas puidesen ir disfrazados á escola con temática libre, mentres que no CEIP de Tebra si que optaron por saír ao patio debido ao bo tempo e á posibilidade de manter o distanciamento entre os grupos. Esta semana tiveron que obedecer os mandatos do Meco, que este ano será “indultado” da fogueira, que estiveron baseadas nas emocións, cada unha representada por unha cor. Optouse por animar aos nenos a iren disfrazados con prendas e complementos que tivesen pola casa co obxectivo de fomentar a súa creatividade.

En canto ao CRA Mestre Manuel Garcés, a pandemia impediu que o alumnado das 13 escolas unitarias puidese reunirse como era habitual, pero mantivéronse as actividades relacionadas co entroido en cada un dos centros. Para este venres os nenos e nenas foron disfrazados cun estilo libre e puideron desfrutar dunhas estacións de xogo moi vistosas coas que facer distintos xogos e actividades.

A Deputación pon en marcha os traballos de avaliación do estado das pontes da rede de estradas provinciais

O Goberno provincial da Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar o contrato que vai servir para inspeccionar, avaliar e realizar un inventario das pontes (obras de paso con luces superiores a tres metros) da rede de estradas provincial, traballos nos que investirá un orzamento de máis de 218.000 euros e que teñen un prazo de execución de dous anos.

A posta en marcha desta iniciativa responde á necesidade de garantir a adecuada situación destas infraestruturas. “Ten habido graves accidentes en pontes, como o que aconteceu en Italia –lembrou a presidenta Carmela Silva- e iso ten que levantar as alertas de todas as administracións públicas para garantir que as pontes da súa rede de infraestruturas estean nas mellores condicións”. Deste xeito, coa actuación que se desenvolverá, a institución provincial pretende ter un coñecemento das características destes pasos “para detectar se houbera anomalías e actuar nelas e, polo tanto, garantir unha seguridade total”.

Os traballos inclúen a realización do inventario e dunha inspección completa das obras de paso de titularidade provincial, incluíndo tódolos elementos (estribos, pilas, taboleiro, aletas, terrapléns ou leito no caso das obras que salvan cursos de auga entre outros). Coa realización destas inspeccións, determinarase o grao de deterioro, localización, gravidade e incidencias que poidan afectar á estrutura, propóndose, no seu caso, a realización de inspeccións especiais ou de actuacións que sexa aconsellable acometer. Crearase así mesmo unha ficha de inventario e unha ficha de inspección por cada obra de paso existente cunha toma “in situ” de datos. Habilitarase tamén unha aplicación informática para o sistema de xestión de obras de paso que incluirá, toda a información xeorreferenciada, recollida durante o proceso.

Redondela executará ata o final de mandato proxectos por preto de 5 millóns de euros coa axuda dos fondos europeos

0

O Concello de Redondela investirá ata final deste mandato, preto de cinco millóns de euros en distintas actuacións desenvolvidas ao abeiro da Estratexia DUSI, un programa que comezou no 2016 e que busca implementar accións que convertan Redondela nunha cidade amable, conectada e competitiva, tomando o patrimonio ambiental, histórico e cultural como eixe vertebrador da actividade económica, tanto no propio modelo de desenvolvemento sustentable da cidade como modelo de intervención do espazo público.

No pasado ano o Goberno local investiu máis de 600.000 euros –dos máis de 6 millóns que le foran destinados ao concello a través dos fondos FEDER no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) e a Estratexia DUSI– en iniciativas de mellora dos servizos básicos e posta en valor do patrimonio como foron, entre outras, a recuperación do Cemiterio de Eidos ou a oficina de Servizos Sociais de Redondela. Cómpre salientar que o anterior Goberno, en catro anos de mandato, tan só foi capaz de executar 200.000 euros.

Neste ano 2021 executaranse actuacións unha serie de actuacións que superarán os dous millóns de euros. Así, o Goberno local desenvolverá a construción da Senda Verde de Chapela, cun investimento de preto dos 800.000 euros e que se executa dentro da liña 11 destinada a actividades encamiñadas á redución da contaminación a través da creación de sendas verdes e paseos peonís que poñan en valor o patrimonio medioambiental, arquitectónico, histórico e cultural de Redondela, así como a recuperación, mellora e coidado do espazo público e zonas naturais.

Doutra banda, e dentro das liñas 2, 3 e 4 de Humanización e Acondicionamento do espazo público, supresión de barreiras arquitectónicas e mellora da seguridade viaria de peregrinos e escolares, desenvolverase o proxecto de remodelación da Praza de Ponteareas, no que se investirán tamén preto dos 800.000 euros, entrada natural do casco urbano e paso obrigado das dúas rutas xacobeas que conflúen no municipio redondelán: o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa.

A rehabilitación do edificio do antigo Conservatorio será outra das obras que se executen ao longo deste ano, traballos que contarán cun investimento superior aos 350.000 euros e que inclúense en dúas liñas específicas: a 23, de recuperación, rehabilitación e mellora da sinalización do patrimonio histórico e cultural, e a 26 dirixida á creación e programación de novos eventos e rutas culturais.

Trataríase, neste caso, dunha rehabilitación integral do interior da edificación para adaptala á normativa vixente de accesibilidade e seguridade e co fin de situar na planta baixa a Oficina de Turismo Municipal xa que o Camiño de Santiago descorre pola rúa na que está situado o inmoble e tendo en conta, amais, que o turismo de peregrinos supón cerca do 90 % do total do fluxo turístico deste Concello.

Finalmente e dentro da liña 18 destinada á mellora da atención social, executaríanse as obras de mellora e ampliación da Oficina de Servizos Sociais de Chapela dentro das actuacións que melloren os servizos de atención social, obras para ás que se destinarían máis de 200.000 euros.

Todas estes traballos e iniciativas que se desenvolven ao abeiro da Estratexia DUSI na execución do proxecto Redondela 2020 ‘Construíndo o teu camiño’, “permitirán comezar a deseñar a Redondela do futuro tanto dende o punto de vista de desenvolvemento económico e social, como patrimonial e medioambiental”, destacada a alcaldesa Digna Rivas.

A rexedora local engade que, a estes proxectos que serán desenvolvidos durante este 2021, engádense outros “que, de aquí ata o final deste mandato, supoñerán un investimento de máis de 4 millóns de euros que redundarán, directamente, na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas”.

As dúas últimas propostas do Grupo Goberno presentadas aos grupos da oposición municipal, foron a rehabilitación integral do edifico das antigas vivendas dos mestres na Avenida Mendiño, para crear un espazo cultural (museo) que poña en valor o patrimonio cultural de Redondela.

Esta edificación, que durante años permaneceu no máis total abandono, poderá deste xeito formar parte do inventario municipal, sendo o último trámite para a súa cesión por parte de Patrimonio a aprobación de cambio de usos que será debatido na próxima sesión plenaria.

O Goberno local destaca a importancia desta obra “dada a reivindicación de diversos colectivos pola creación dun museo etnográfico e un espazo cultural no que dar cabida ao importante número de artistas con que, nas diferentes disciplinas, conta Redondela”.

A outra proposta presentada foi construción, nos terreos da antiga vía férrea de Chapela non incluídos na Senda Verde, dun skatepark do que, nestes momentos, está en trámite o borrador de contrato de arrendamento que inclúe as edificacións da antiga estación e almacén.

O Goberno local espera atopar o apoio do resto de grupos municipais para así poder pechar o programa Redondela 2020 e poder executar a totalidade dos fondos europeos no prazo establecido.

O Concello de Nigrán instala en Praia América catro espazos preferentes para persoas como mobilidade reducida

0

O Concello de Nigrán avanza na creación dun areal 100 % inclusivo ao instalar en Praia América-Lourido catro espazos preferentes a modo de solarium para persoas con mobilidade reducida. A actuación realizouse a través dunha subvención de 45.451 € do GALP (Grupo de Acción Local Costeira) que, a súa vez e entre outros aspectos, permitíu instalar catro novas ramplas de madeira de acceso ao areal que rematan con cadanseu solarium do mesmo material e aproximadamente 4×2 metros.

“As pasarelas permiten que persoas con cadeiras de rodas ou carriños de bebés podan acudir á praia sen problemas. Agora este espazo facilítalles a propia estancia na praia ao ser moi difícil para eles meterse na area”, explica o alcalde, Juan González, quen encadra a iniciativa no plan municipal de inclusión ‘Un Nigrán para todos’.

“Se ben o traballo corresponde a unha continuidade nas actuacións que se veñen realizando desde hai anos no Concello, nesta ocasión e grazas ao GALP innovamos coa circunstancia específica de traballar na accesibilidade na contorna de Praia América ao ser o areal máis urbano da localidade, creando un miradoiro accesible, varandas de seguridade, pasarelas flexibles de madeira e estes solariums”, resume.

Baiona remata o asfaltado da rúa Ponche en Baredo realizada con recursos propios do Concello

0

O Concello de Baiona procedeu nestas datas ao asfaltado da rúa Ponche en Baredo, unha actuación desenvolvida por iniciativa da Concellería de Vías e Obras e financiada con recursos propios do consistorio. Os traballos consistiron na aplicación dunha capa de aglomerado asfáltico e na elevación das diferentes tapas de rexistro existentes na vía.

O concelleiro responsable, Óscar Martínez, sinalou que se trataba dunha actuación de mantemento necesaria, debido ás numerosas fochancas existentes: “preocupábanos o estado do camiño, un dos máis transitados da parroquia, xa que da acceso aos barrios de Puente, O Sinal, Cela Vella e Pastor, onde se concentran numerosas vivendas”.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, salientou que con esta mellora, “os veciños e veciñas destas zonas de Baredo poderán gozar da mellora prevista co asfaltado desta viaria”. Gómez engadiu que “seguimos coa intención de seguir poñendo en valor as nosas parroquias, sempre co obxectivo de mellorar o día a día da cidadanía”.

Peregrinos xacobeos na cidade de Tui (X): Bartolomé de Villalba y Estaña

Á segunda metade do século XVI corresponde outro relato, entre a viaxe e a peregrinación, da autoría de Bartholomé de Villalba y Estaña, un escritor español de Jérica (Valencia) coñecido por publicar un libro de viaxes, en 1577, titulado: El Pelegrino curioso y Grandezas de España. O libro estivo descoñecido ata a súa edición en 1885 por Pascual de Gayangos. É o primeiro libro de viaxes español, realizado polo anhelo, segundo o propio autor, de saciar su ánimo de ver. Pero curiosamente Villalba y Estaña realiza esta viaxe como unha peregrinación, dende a súa casa paterna, como devoto ao sepulcro do apóstolo Santiago. Bartolomé de Villalba tiña que posuír unha boa posición social pois na súa peregrinación é acollido polos sectores sociais privilexiados e mesmo polo Rei de Portugal.

O libro é moi heteroxéneo, con pezas narrativas e poéticas intercaladas, descricións de lugares, monumentos e cidades. Aflora a miúdo un espírito crítico e mesmo burlón. É especialmente negativa a súa visión de Galicia e os galegos aos que dedica palabras moi pexorativas e mesmo desprezativas, que contrastan cos eloxios cara Castela ou Portugal.

No seu texto describe o seu paso por terras de Tui logo da súa estancia en Santiago de Compostela encamiñado cara Lisboa, seguindo o trazado do Camiño Portugués. En Tui Bartolomeu Vilalba aproveita para facer un resume das súas impresións de Galicia, caracterizadas polas súas despectivas opinións sobre este país e as súas xentes:

Al fin se despidieron muy amigos, y nuestro pelegrino quiso dexar ya á Pontevedra, que es tierra de muchos naranjos, y sus calles están enlosadas como en Compostela, y ansí partió para Redondela, villa de una gente muy honrada. De allí fué á Tuy , ciudad de quatrocientos vezinos, cabeza de obispado, y su población también, que bien puede decirse que toda Galicia poseen prelados. En la catedral está el cuerpo del glorioso Fray Diego Gonzalez, en una capilla en que hay sacramento reservado. Es sancto tenido en gran devoción por la mar, á quien marineros ofrecen muchos dones. Llamanle el Sant Elmo, el cual es cierta señal que veen en las naves que promete seguridad. No es esta quistion sumaria; dexemosla y vamonos con nuestro pelegrino, que hazia oración al Santo; en el qual también hay opiniones sobre si era bernardo ó si era dominico, porque hoy se le halla con habito blanco y escapulario negro. Lo más cierto es que fué dominico.

Igrexa do convento de San Domingos. Tui

Está Tuy proveyda de una buena huerta; tiene un monesterio abaxo, que es de dominicos, y está situada en el fin de Galicia, cuyos términos parte con el reyno de Portugal un caudaloso rio llamado Miño, y pues con esto damos fin á este reyno de Galicia, es bien decir del algo de lo que nuestro pelegrino coligió, á saber: que es tierra muy abundosa de carnes y de todo genero de aves, y más barata en este particular que todos los demás reynos de España. Hay abundancia de fructas campestres de todo genero, gran fertilidad de aguas y muy buenas; mas con todo es tierra áspera y fragosa; comen muy vil pan, al que de ordinario llaman centeno, aunque ya la gente hidalga come pan blanco porque aquel otro es verdaderamente ynsufrible. Su trato y modo de bivyr es poco pulitico; la tierra poco poblada y muy desierta por la manera en que ellos biven; pues quitadas las ciudades y villas opulentes, habitan unas caserias y cortijos, que aquí son seys casas, allí diez, cubiertas de paja y mal aliñadas, como ya tengo dicho en otra parte. En medio de quatro ó cinco albergues de estos, tienen una iglesia que es su parrochia, y allí acuden los dias obligatorios. La nación plebeya es gente desaliñada, malos trabajadores, de donde les vienen las muchas hambres que padescen de pan, por no cultivar el fértil termino que gozan. Son muy epicúreos, glotones y zelosos, y tienen poca lealtad. Son ynclinados á los homicidios y carnalidades, y todo esto causa la galloferia; mas tienen en sus términos caças de todo genero, ansí de salvagina, como de venados y aves de vuelo; aunque quitados los señores de títulos que allí hay, la exercitan pocos. Es tierra abundante de pescados, que por toda la falda de Galicia hay mar Océano, y ansí todo genero de pescado muere allí en gran abundacia. Tienen particularmente un genero de nabos, los más estraños del mundo, porque el Pelegrino vio nabo que dos hombres juntos tuvieran mucho que hazer para abarcarlo. De ellos se hazen asientos para cabe el fuego, porque son en estremo gruesos y al mismo tiempo de buen gusto; y en ynvierno sirven de pasto al vacuno y á otros animales. La moneda desta tierra es la mesma de Castilla, escepto que cuentan por pares las blancas, y tres dellas hazen un maravedí, aunque maravedí no le hay, si bien se cuenta por él, pues no hay sino blancas, medios quartos, quartos, quartillos y el real que anda por todo el mundo.

Las demás cosas de Galicia ya atrás quedaron apuntadas, pues conforme nuestro estilo basta lo hecho, advirtiendo que de todo lo malo de Galicia estan exemptos los hijos de algo y nobles, porque cierto hay en ella buena gente.

Mas para que veáis si tenia razón el Pelegrino para estar disgustado de Galicia, os diré que sucedióle con Pedro Grisaldo, un alcalde inconsiderado, cierto disgusto injusto y en extremo pesado, porque contra toda ley y razón, al tomar el registro, usó con él todo lo que un villano puede hacer, que es alargar la mano contra un hidalgo, y tanto, que los gallegos se apiadaron del. Mas tomándolo el Pelegrino con paciencia, dio parte de su ynjusticia al prior de Santo Domingo; y sin voluntad del alcalde, el juez, que era hombre de bien, le desagravió y dio pasaporte, porque es necesario en esta ciudad registrar todo lo que se pasa á Portugal, sea lo que fuere. Ansí, pues, dexando á Tuy y á Galicia, fuese con su compañero á embarcar, y tan contentos estaban navegando el rio, que los dos començaran de cantar estas octavas:

Galicia, á Dios te queda, que te juro
que si al Patron de España no tuvieras
metido en Compostela, á buen seguro
que jamas en tus términos me vieras.

Podria ser que en tiempo, que es futuro,
me vuelva á pasear por tus riberas,
mas yo te desengaño, no es por verte ,
que oirte no querría ni aun olerte.

Si las camas tuvieras de Valencia,
su limpieza, jardines, campos, flores,
de Toledo y Sevilla su opulencia,
en el trato y comidas, y primores
de Granada y su vega, y la excelencia
de Castilla la Vieja en labradores,
por ver estos regalos te buscaran
y quiza del Patron no se curaran.

Mas Cristo, nuestro bien, al primo amado
honró con sepultarle en tí, Galicia,
para que con afán sea buscado
el capitán de España y su milicia.

De salvajes y paja te ha cercado
y de otros mil trabajos con justicia,
porque por Sanctiago solo vengan,
y visitado, en ti no se detengan.

Río Miño ao seu paso por Tui

Y al dar la barca con la popa en tierra, acabóse el canto, y puso el Pelegrino pie en la Lusitania (…) Con denuedo y nuevo esfuerço comenzó nuestro pelegrino a caminar hazia Valencia do Miño, paresciendole que salia de la captividad de Egipto y entraba en tierra de Promisión (…) Hay poco trecho del río al pueblo, llegaron á Valencia del Miño, población de mil vezinos, y de una gente benigna, muchos ydalgos, copia de caballeros y escuderos vestidos de vayeta (…) Pues de esta primera población, partió nuestro pelegrino á una montaña harto aspera, donde hay un regaladissimo convento , del seraphico padre Sanct Francisco de descalzos, con trexe religiosos o poco más

Habiendo despues tomado la bendición de los padres el Pelegrino, partieronse el y su compañero para Pontellima, bien cercada y que muestra ser de hasta quatrozientos vezinos.

O relato ofrece varios datos de interese, como é o control de paso pola fronteira que competía ás autoridades municipais (e daba lugar a abusos e problemas). Pero mais aló das opinións do peregrino Villalba y Estaña, certamente pouco favorables a Galicia e os galegos, comprobamos como, na segunda metade do século XVI, a ruta de comunicación entre Galicia e Portugal segue sendo a que determina a orografía, cruzando o Miño entre Tui e Valença.

Lara Dopazo Ruibal, «O axolote e outros contos de bestas e auga»

Xa dixemos nalgunha ocasión que, a pesar da prevalencia permanente da novela na narrativa galega, o conto nunca deixou de estar aí. Son moitos o moi salientables os libros de relatos que ateigan a nosa tradición literaria e, malia que agochados baixo a apabullante presenza da novela, nunca deixaron de aparecer coleccións de contos destacables coas que manter o noso listón ben alto. Esta é a primeira ocasión na que o premio Illa Nova de narrativa recoñece tal evidencia ao galardoar “O axolote e outros contos de bestas e auga”, 13 relatos que son, a maiores, a primeira achega de Lara Dopazo Ruibal ao mundo da narrativa logo do seu paso pola lírica.

Hai un elemento bastante común nas persoas que fan ese traxecto: acostumadas á precisión do verso, á pulcritude estilística que require a poesía, trasladan esa concepción da literatura, voluntaria ou involuntariamente, á súa narrativa. Así, é habitual que os seus textos sexan limpos e directos, moi coidados en canto a estilo e en canto ao uso da palabra máis axeitada xusto no lugar que lle corresponde. E iso é algo que tamén se deixa sentir neste caso, no que se evidencia unha clara vocación estética na redacción e mesmo na concepción das pezas.

O elemento máis evidente que unifica estes relatos é a presenza do sobrenatural e de diversas mitoloxías, ás veces refundidas ou reconstruídas para a ocasión. Pero non estamos a falar de relatos fantásticos ao estilo de Tolkien ou Ende, senón máis ben de relatos máxicos ao estilo de Cortázar ou de Cunqueiro, nos que o prodixioso vai da man do improbable, mesmo do imposible, nun contexto relativamente cotián pero enchoupado dunha atmosfera nebulosa e envolvente que asolaga ao lector ata mergullalo completamente na narración.

Outro elemento común é o final sorprendente de cada un dos contos. A miúdo abertos e mesmo aptos para extraer lecturas moi diversas e interpretar o contido á nosa maneira. Un recurso que non sempre resulta tan efectivo como os autores pretenden debido ao desconcerto que pode provocar no lector, pero que neste caso é utilizado, ao meu entender, con gran habilidade por parte de Lara Dopazo. Xa me diredes cando leades o relato titulado “Chispas”, por poñer só un exemplo. A capacidade imaxinativa, máis ben fabuladora, da autora, déixase sentir en cada liña.

A variedade de espazos e situacións xoga no seu favor e a atemporalidade da maioría dos contos redunda nesa atmosfera envolvente da que antes falabamos. O resultado é gratificante na súa lectura e descobre para nós unha nova narradora que, a bo seguro, dará moito que falar.

Lara Dopazo Ruibal

O axolote e outros contos de bestas e auga

Galaxia

¡Corred insensatos!

Hace unos días, escuchando un disco del compositor austríaco Gandalf (la verdad, es que si buscáis una foto de él, podréis encontrar semejanzas con el personaje del mismo nombre del Señor de los Anillos), me vino a la mente la frase que pronunciaba dicho personaje en una de las escenas dirigiéndose a los demás miembros que estaban surcando con él la aventura. Eso mismo nos lo deberíamos de decir a nosotros mismos con todo lo que está cayendo en nuestro país.

La pandemia que está asolando al mundo entero, con especial virulencia en algunos países como España, ha provocado que nuestra vida se haya transformado por completo. Por un, lado, en una sociedad como la nuestra, muy acostumbrada a las relaciones sociales, estas se han visto truncadas porque las hemos tenido que limitar. Por el bien de todos nuestros seres queridos deberíamos de evitarlas hasta que la inmunidad de rebaño –o cómo se quiera llamar–, haya conseguido limitar el efecto del virus porque la vida de nuestros mayores, y los que no somos tan mayores, corre serio riesgo.

Nuestras cabezas son así y no acabamos de comprender lo peligros que resulta y ahora, estamos viendo las consecuencias de todas las reuniones familiares que se produjeron durante las pasadas navidades, de todas esas fiestas que se realizaron, de todas las aglomeraciones en los centros comerciales, porque cómo cambiábamos de año, todo el mundo pensaba que el virus iba a estar también de fiesta y se iba a marchar, pero todo lo contrario, bueno, si se puede decir que estuvo de fiesta infectando a diestro y siniestro.

Por otro lado, está el virus de la economía, porque relacionado con lo anterior de las relaciones sociales, está el tema de que estas se producen en bares y restaurantes, llegando a ser cerca de un siete por cien del PIB de éste país, y claro, con todo esto, lo primero que han hecho nuestros gobernantes, han sido cerrar dichos negocios, con las consiguientes consecuencias, después el turismo, con las fronteras cerradas y con la incidencia del virus en España, ¿quién va a venir de turismo? por cierto, negocio que representa un diecisiete por cien de nuestro PIB, es decir, que de la noche a la mañana, hemos acabado con un cuarto de lo que produce España, ¿pero y la industria? pues se fundamente en la automoción ¿quién se va a comprar un coche ahora? y el resto que teníamos (textil, naval, …) la hemos enviado para China, por cierto, ¿no es en ése país dónde surgió dicho virus? En fin, que los próximos meses, quizás años, no son demasiado halagueños que se digan y por mucho que nuestros gobernantes digan que van a dar ayudas, me pregunto yo de dónde va a salir el dinero para las mismas, bueno, si, de los autónomos y de los pocos asalariados que sigan teniendo trabajo…

Visto la situación, deberíamos de correr, pero el problema es hacia dónde, porque miremos dónde miremos, la situación sigue siendo igual de caóticas, así que esas mentes que nos gobiernas, en vez de preocuparse por si llevan coleta o el pelo recogido, que si es mejor celebrar unas elecciones el día de los enamorados porque puede beneficiar a un candidato, aunque tenga que juntarse la gente, los miembros de las mesas electores estar vestidos como si se trataran de un astronauta, deberían de preocuparse más en lo que verdaderamente necesita la gente, deberían de estar buscando soluciones para volver a traer tejido productivo a éste país, invirtiendo menos dinero en su autopropaganda y más en investigación en desarrollo, en fomentar más proyectos para agricultura y ganadería, en proyectos para recuperar nuestros bosques, una fuente de riqueza fantástica, que tenemos sin aprovechar, para que no tengamos que correr y podamos mirar el futuro con al más de optimismo.


Nosotros si vamos a correr, pero a aconsejar como de costumbre, buena música, en esta ocasión, por un lado “Sound Of The Sky Crawler”, una maravillosa banda sonora del gran compositor japonés Kenji Kawai, por otro lado, una de esas rarezas que de vez en cuando se descubre, el proyecto Voxfire, que interpreta cantos religiosos de la edad media de España y Francia a capela, períodos oscuros en los que también había luminosidad. Con la esperanza de que la luz vuelva muy pronto a brillar, disfrutar de la música.

Kenji Kawai

Sound Of The Sky Crawlers

2008

The Sky Crawlers es un película de ánime japonés del 2008 dirigida por Mamoru Oshii y la música corrió a cargo de Kenji Kawai.

Dividido en 21 cortes, la banda sonora nos vuelve a mostrar el buen hacer del compositor, principalmente en los cortes en los que incluye las voces corales tanto de niños cómo voces femeninas disonantes, algo a los que nos ha acostumbrando el compositor a lo largo de su ya dilatada carrera compositiva.

Escuchar el corte que le da título al tema principal y a la postre leimotiv compositivo es todo un disfrute para nuestro paladar auditivo, y es que cada vez que escucho esos cores, se me pone piel de gallina, pero es que los demás temas, nos introducen a la perfección en el argumento y por supuesto en el ritmo de la película.

Kenji Kawai puede no ser demasiado conocido sobre todo para aquellos que no siguen el manga japonés, pero es sin lugar a dudas, uno de los grandes compositores de nuestro tiempo y es un placer el disfrutar de cada uno de sus trabajos.


Voxfire

Fontis

2019

De vez en cuando, seguimos descubriendo nuevos proyectos interesantes, y en esta ocasión nos hemos encontrado con “Voxfire”.

Tres vocalistas (Samela Aird Beasom, Christen Hernan y Susan Judy, que además son las fundadoras del proyecto, junto a los instrumentalistas Nick DePinnha y Ross Garren son los que ha compuesto éste trabajo titulado “Fontis”.

Trece temas son los que nos vamos a encontrar en éste trabajo, aquí nos encontramos cantos religiosos y a capela de Francia y España, cómo las cantigas del rey Alfonxo X, o también, alguna gallega de Martín Codax.

Voces corales fantásticas, música ambiental, todo para recrear y adentrarnos en esa parte bella de la edad media, porque no todo fue oscuro, hubo también luminosidad y éste proyecto nos encarga de recordarlo con estas bellísimas composiciones e interpretaciones vocales.

¿Qué hacemos con la segunda dosis de los que no deberían haber recibido (aún) la primera?

Como apuntaba en el último POST, la planificación de la campaña de vacunación se iba a convertir en la piedra angular de todo el proceso de inmunización. El Sergas, como el conjunto de servicios sanitarios del país, ha realizado un enorme esfuerzo (material y humano) para poner en marcha la infraestructura y logística precisas para comenzar a poner las dosis siguiendo el plan acordado. Galicia había incluido la reserva de un “stock” que asegurase, en cierta medida, la provisión de la 2ª dosis necesaria para una respuesta inmune adecuada.

A pesar de que algunos sectores eran críticos al comienzo, y abogaban porque se administraran todas las dosis recibidas, esta estrategia se ha ido adivinando, a la vista de incidencias varias, acertada. Ha bastado sólo un mes, el primero, para que hayan aparecido las primeras tensiones entre los fabricantes, los laboratorios farmacéuticos, y los compradores, en nuestro caso, la unión europea. El trasfondo es tan opaco que muy probablemente nunca conozcamos los entresijos de las negociaciones, contratos, importes y plazos de distribución acordados por ambas partes. El caso es que, como digo, a las primeras de cambio han surgido los primeros retrasos e incumplimientos en el número acordado de dosis.

En la parte positiva debemos destacar, por un lado, la aprobación de más vacunas de otros tantos laboratorios y por otro, la creciente cifra de vacunados en todo el mundo (lo que amplía la base de resultados de ensayos clínicos aún en marcha). Estas nuevas vacunas, junto al tirón de orejas de la comisión europea a los laboratorios que han dispensado las primeras dosis, hacen pensar que en breve espacio de tiempo, llegarán definitivamente las dosis que nuestro país requiere para cumplir el ambicioso objetivo del gobierno central.

Las promesas políticas tienen una parte de verdad, o al menos de creencia, y otra de deseo. Si pensamos en las promesas de las fechas de llegada del AVE a Galicia, estaríamos vacunados dentro de una década, o dos, pero en este objetivo está en juego algo mucho más importante que el dinero (que también) y la paciencia, nos jugamos vidas. Así que en verano, con la flexibilidad de que sea al comienzo o a finales del mismo, espero que en efecto el 70% de la población haya recibido las dosis pertinentes de la vacuna frente al covid-19. La tarea es ambiciosa, pero ser optimista es gratis, y si algo me ha enseñado esta crisis sanitaria es que se vive mejor siendo optimista.

Con el avance de la campaña de vacunación, hemos ido conociendo también algunas irregularidades. Digo irregularidades porque la estrategia de vacunación define claramente los grupos prioritarios que, por orden, deben ir recibiendo las vacunas. El caso es que, bien aprovechando su posición de poder o autoridad, bien aprovechando sus contactos o relaciones, o bien por aparecer en un listado determinado, algunas dosis han ido a parar a personas que no aparecían en esos grupos de alta prioridad, por más que muchos de ellos/ellas se empeñaran en justificar que sí.

Lo más vergonzante, a mi juicio, ha sido la vacunación de múltiples autoridades (alcaldes, consejeros, obispos, fiscales, sindicalistas…) a lo largo y ancho de España. Su conducta no tiene justificación, no se puede sostener, no tiene coartada posible.

En otro nivel, están aquellos profesionales que, sabiendo que no tenían directamente trato o asistencia con pacientes (personal de gestión, informática, suministros, etc), han aparecido en los listados de vacunación por trabajar en centros sanitarios. Creo que en este caso, cualquiera habría hecho lo mismo, acudir a la cita y vacunarse.

El caso es que ahora surge una controversia, de difícil abordaje y compleja respuesta: qué hacemos con la segunda dosis de los que no deberían haber recibido (aún) la primera

Hace unos días, en el hospital, estuve al cuidado de un paciente Covid-19+, la primera vez tras la aprobación de las vacunas. Mientras me colocaba los guantes, la bata, el gorro, las gafas… iba repitiéndome: “qué pena que aún no haya recibido ninguna dosis”.

Porque aunque el nivel de protección tendría que ser el mismo, mi riesgo de contagio habría disminuido, incluso habiendo recibido una primera dosis. Al concluir la guardia, mientras conducía, pensaba en los miles de sanitarios que no han recibido dosis alguna, y que desarrollan su labor en servicios sensibles como urgencias, reanimación, quirófano o las áreas de hospitalización covid+.

El caso es que vamos a presenciar como aquellos/aquellas que no debían tener puesta aún la primera dosis, atendiendo al nivel de riesgo y exposición que se ha establecido en la estrategia vacunal del Ministerio de Sanidad, van a quedar inmunizados en los próximos días, tal vez semanas, mientras que muchos profesionales con responsabilidad asistencial, a la espera, irán contagiándose en este tiempo.

Yo creo que esta anomalía, por ponerle algún nombre, bien merece ser revisada y tomar una determinación sobre qué hacer. ¿Acabamos de inmunizar a todos estos “casos irregulares” y retrasamos las primeras dosis al personal más sensible? ¿La versión de Fernando Simón, la de que retrasar la segunda dosis sería cometer dos errores es la única y definitiva? Que cada uno/una reflexione y extraiga su conclusión. Yo tengo la mía propia.

O AECT Río Miño considera “insuficientes” as medidas de apertura da fronteira con Portugal e incrementará as súas protestas

Os 26 municipios pontevedreses e portugueses o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial AECT Río Miño veñen de convocar para este luns unha nova reunión con carácter urxente para analizar o que clasifican de “total e persistente descoñecemento” dos gobernos centrais de Madrid e Lisboa sobre a realidade do territorio miñoto, o de maior circulación de toda a fronteira ibérica. A intención do encontro, segundo apunta o vicedirector Uxío Benítez, é avanzar con novas accións de protesta en prol da defensa dos intereses das traballadoras e dos traballadores transfronteirizos e de transportes de mercadorías, así como das moitas empresas afectadas “polo calvario diario de afunilamento no paso de Tui-Valença”.

Este encontro entre os alcaldes e alcaldesas do AECT Río Miño xorde tras publicación do despacho polo Ministerio da Administración Interna do Goberno de Portugal que mantén a Ponte Internacional de Tui-Valença como o único punto de paso autorizado durante 24 horas, coa novidade da apertura parcial da ponte Arbo-Melgaço, tres horas no período da mañá e tres horas no período da tarde, ampliando ese mesmo horario parcial en Salvaterra- Monção.

As e os mandatarios de ambas as marxes do río Miño asumen de maneira unánime as dificultades froito da pandemia Covid-19 e a necesidade dunha actuación eficaz para o seu combate. Sen embargo, subliñan que a apertura de todos os pasos “en nada contradi o obxectivo de salvaguardar a saúde pública”.

“Este cambio nos pasos autorizados polo despacho é ‘lanzar area aos ollos’ dos alcaldes e alcaldesas e das súas poboacións, pois non satisfai en absoluto as pretensións anteriormente expostas, alén de manter o calvário de afunilamento de tránsito en Valença-Tui e de reiterar a indisponibilidade do Goberno de soportar os custos de máis puntos de paso autorizados controlados, querendo traspor para os traballadores grande parte desa carga”, subliña Benítez, que engade que só se pretende facilitar o tránsito ás persoas autorizadas.

Benítez destacou que non hai razóns obxectivas para non abrir todos os pasos “senón só razóns cicateiras que toman gobernos dende a lonxanía e sen coñecemento”, polo que pediu un “esforzo superior” a Madrid e a Lisboa tanto en comprensión da realidade da fronteira miñota como á hora de dotar de medios os controis dos puntos de pasaxe autorizada.

Neste sentido, lembrou que a ponte de Tomiño-Vila Nova de Cerveira -que polo de agora permanecerá pechada tralos últimos cambios- é a 5ª con máis movemento de vehículos das 64 de toda a raia entre España e Portugal. Citou que nas inmediacións deste viaduto sitúase o parque empresarial de Cerveira, con 4.300 persoas traballadoras das que máis dun milleiro son galegas. “Hai unha relación comercial umbilical entre unha e outra beira. Tui-Valença está a 16 quilómetros e A Guarda a 27 quilómetros. O paso a través da ponte da Amizade recurtaría as distancias acumuladas que todo o persoal laboral ten que percorrer de maneira obrigada”, subliñou.

“Non abrir todos os pasos é un castigo para exercer a súa actividade laboral aos milleiros de traballadores e traballadoras que son considerados esenciais para a dinámica económica de ambos países”, insistiu o nacionalista, que destacou que a situación está a crear unha “enorme preocupación e inquietude tanto nos alcaldes, alcaldesas e presidentes de cámara como nos empresarios da zona e no transporte de mercadorías”.

Apuntou que tras coñecerse a decisión do Ministerio da Administración Interna de Portugal, os municipios de fronteira xa recibiron un importante emails de traballadoras e traballadores transfronteirizos e de empresarios de grandes empresas “para compartir o relatorio da súa situación, desgastado e aflitivo a nivel persoal, económico e profesional por ter que percorrer decenas de quilómetros de rodeos”.

“Unha vez máis, as poboacións da raia miñota están a ser tratadas como o ‘parente pobre’ polos Gobernos de Portugal e España”, finalizou Benítez.

Vila Nova de Cerveira ten disposto o Centro Municipal de Vacinación á espera da chegada das vacinas

Debidamente apetrechado, cumprindo todas as condicións de seguranza indicadas pola ULSAM e Dirección-Xeral de Saúde, o Centro Municipal de Vacinación de Vila Nova de Cerveira instalado no Fórum Cultural de Cerveira está listo para ser utilizado.

Ocupando toda a área do espazo principal de exposicións do Fórum Cultural, o Centro Municipal de Vacinación conta con catro boxes para vacinación, un posto de apoio para o equipo médico e, amais, dúas zonas de recuperación. Todos os espazos e circuítos definidos encóntranse debidamente sinalizados.

Para para una maior axilidade nesta fase de vacinación contra a covid-19 dos maiores con 80 ou máis anos e de persoas entre os 50 e os 79 anos, o Concello xa manifestou ao Consello de Administración da ULSAM a total dispoñibilidade para garantir transporte gratuíto aos veciños e veciñas sen apoio familiar, con menos recursos e sen posibilidade de transporte propio.

O obxectivo é que, cando sexan convocadas polo Servizo Nacional de Saúde para a vacinación, as persoas que presentan dificultades de transporte as transmitan aos respetivos presidentes de xunta de freguesía que, á súa vez, axilizará co goberno autónomo o circuíto de transporte.

Neste momento, agárdase a indicación das entidades competentes para o inicio do proceso de vacinación á poboación do concello. “Os cidadáns deben agardar o contacto das entidades de saúde. Todas as vacinas serán dadas só por reserva e axendamento previo”, lembra a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira.

A Escola Infantil de Ponteareas suspende o uso de dúas aulas pola decisión da Xunta de sancionar unha ampliación realizada polo anterior Goberno do PP

O goberno municipal de Ponteareas informou das súas decisións en relación á polémica ampliación da Escola Infantil realizada no ano 2006 e que supuxo a posta en marcha de dúas aulas sen autorización da Xunta de Galicia. A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, lembrou que “dende 2006 e durante 14 anos a Xunta tolerou o funcionamento desas dúas aulas con pleno coñecemento de que carecían da súa autorización”. Durante todos eses anos, continua a concelleira nacionalista, “a Xunta non abríu ningún expediente sancionador e so requiríu ao Concello a legalizar a ampliación.

Até 2015 o goberno de González Solla recibíu oito requirimentos, non fixo nada e non foi capaz de redactar un proxecto de legalización das aulas válido”. Segundo Carrera, o goberno do BNG-PSOE recibíu un único requirimento en 2018 e “en menos de seis meses fomos capaces de redactar e presentar un proxecto que foi aceptado pola Xunta a comezos de 2019”. O goberno explica que o proxecto cifrou en 350.000 euros o custo das obras para solucionar o erro cometido en 2006 e nun ano a duración das obras. Ademais, tanto a redactora do proxecto coma os responsábeis da Xunta indicaron ao Concello que durante ese ano de obras toda a Escola Infantil, é dicir, 6 aulas máis para 82 nenos e nenas, debe pechar.

“Ponteareas non pode permitirse un ano coa escola infantil pechada .Por iso optamos por aprazar a execución do proxecto de legalización ao intre no que Ponteareas conte coa nova Escola Infantil prevista. Só nese caso poderemos trasladar o alumnado e executar as obras”, aclara Verónica Carrera. A concelleira explica que “por ese motivo decidimos agardar até que o pasado mes de decembro, sorpresivamente, a Xunta abríu un expediente sancionador tras 14 anos sen facelo e permitindo o uso das aulas”.

Verónica Carrera pedirá explicacións á Xunta para que aclare “porque actuou con benevolencia durante 9 anos cun goberno do PP e agora co goberno actual que fixo os parte dos seus deberes redactando o proxecto impón unha sanción”.

Segundo a concelleira de Benestar “a Xunta cambiou de criterio e non permite o que consentíu até hoxe. Por iso, para protexer os intereses municipais e evitar novas sancións vímonos obrigados a deixar sen uso as dúas aulas que contan con 29 prazas, mantendo abertas as outras seis aulas de 82 prazas, mentres non contemos cunha nova Escola Infantil para realizar o traslado e as obras”.

A sanción imposta e xa pagada polo Concello ascendeu a 1.800 euros, “unha ridiculez ao lado dos 320.000 euros malgastados polo anterior goberno nunhas obras ilegais”, conclúe Verónica Carrera.

Baiona amplía o prazo para participar no cuestionario en liña do Plan de Mobilidade Sostible do Municipio

0

O Concello de Baiona amplía o prazo ata o próximo 20 de febreiro para participar no cuestionario en liña orientado a coñecer tanto as demandas e propostas, como os hábitos de mobilidade da súa veciñanza en relación ao Plan de Mobilidade Sostible do municipio.

A través da web do Concello de Baiona, calquera persoa residente neste termo municipal terá a opción de participar nunha consulta dixital en liña, que será de carácter anónimo, poderase cubrir na seguinte ligazón: plandemobilidade. com/ baiona, ou ben a través da páxina do Concello (baiona.gal) seguindo a ligazón do pop-up ao abrir a páxina.

O Concello de Baiona iniciou hai unhas semanas o proceso de redacción do seu Plan de Movilidad Sostible. Nestas primeiras semanas a empresa redactora está a realizar unha primeira análise da situación do concello en termos de mobilidade e calidade dos espazos públicos.

Dita consulta virá sumarse ás mesas de participación cidadá, nas que os diferentes colectivos e a veciñanza interesada poderán participar ao longo do mes de febreiro en horarios de mañá e de tarde en dependencias municipais, @teniendo en cuenta e aplicando as medidas sanitarias oportunas. Ao mesmo tempo poderán enviarse suxerencias ao correo [email protected].

Desde o Concello de Baiona anímase á participación xa que se puxo en marcha o cuestonario en liña para coñecer os hábitos e propostas de todas as persoas que viven na vila, co obxectivo de facilitar a redacción do Plan de Movilidad Sostible.

A participación da cidadanía neste proxecto é fundamental para coñecer as necesidades reais da poboación e mellorar “de forma práctica e eficaz” a mobilidade de Baiona.

O obxectivo último da iniciativa desenvolvida polo Consistorio, coa que se busca dispoñer das opinións dos veciños e veciñas da Villa, é lograr un documento o máis consensuado posible para, a partir de aí, comezar a implementar as medidas que estableza o referido plan.

O equipo ciclistas ‘La Sal Cocinas Louriña’ presenta aos seus equipos para a tampara 2021

A fonte de San Benito, no Porriño, xunto á escultura que honra ao gañador do Tour 2007, Óscar Pereiro, foi o escenario escollido polo equipo ciclista ‘La Sal Cocinas Louriña’ para presentar os seus equipos para a tempada 2021. Nacido en 2020, o club ten actualmente 110 licenzas e 5 equipos en categorías Elite e Menos de 23 homes e mulleres, Xuveníl feminina, BTT-XCO e Máster.

O Concello do Porriño é o principal patrocinador desta escuadra ciclista cunha axuda de 15.000 euros máis outras achegas na organización de probas ao longo da tempada.

O presidente do club, Juan José Alvarez Cerdeira destacou o acordo alcanzado co Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra para incorporar ao equipo xuvenil feminino a cinco das mozas que se forman neste centro de alto rendemento. Entre elas a triatleta porriñesa, Carla Guisande e Elsa Pena. Mentres que Aida Valiño e Uxía Fernández liderarán o equipo de elite feminino.

No equipo masculino, Iago Lorenzo, en sub 23 e Gustavo Rodríguez, en elite, serán os referentes esta tempada ás ordes de Jacobo Ucha.

Rafa Pérez, no nome de ‘La Sal Cocinas’, principal patrocinador privado do equipo, explicou que a firma que representa “quixo asociarse cun proxecto deportivo que nos trouxo moitas alegrías no Porriño”. De xeito especial, o representante da firma ‘La Sal Cocinas’ referiuse “a aposta que fai este club polo ciclismo feminino, tanto en júnior como en elite e sub 23, sacando dous equipos, consolidando o ciclismo como actividade integradora” , dixo Rafa Pérez.

Finalmente, David Alonso, concelleiro de Deportes en Porriño, criticou que institucións “como a Xunta de Galicia dean as costas ao deporte de base e gastan nunha Volta a España, en definitiva, invisten mal, ao noso xuízo”.

O concelleiro compárao co gasto que veñen realizando outras administracións, como o Concello do Porriño. Alonso Bargiela afirma que “desde 1996 este Concello apoia o ciclismo en deporte de base e categorías inferiores con máis de 1 millón de euros que serviron para conseguir tantos ciclistas como o val da Louriña produciu”.

O Concello de Redondela urxe á Xunta que confirme a consignación orzamentaria para a construción da Escola Infantil de Chapela

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, mantivo na mañá de hoxe unha reunión telemática co director xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, para tratar sobre a construción da Escola Infantil na finca da Ginaria, en Chapela.

Por parte do Consorcio trasladóuselle á alcaldesa que para asinar un convenio de colaboración para a construción da Escola Infantil, o Concello debería elaborar o proxecto, punto no que o Goberno local estaría de acordo “sempre e cando houbera un compromiso firme e a correspondente consignación orzamentaria para tal obra por parte da Xunta de Galicia”.

O certo é que os servizos técnicos do Concello salientan a imposibilidade de facer un proxecto previo para unha obra de tal calibre sen dito compromiso orzamentario. Nesa liña, a alcaldesa lembrou que Zona Franca, para asinar un convenio de colaboración do Concello de Redondela, “cuantificou o orzamento reservado para distas actuacións nos Orzamentos Xerais do Estado”.

Digna Rivas considera que “non é de recibo” pretender que o Concello acometa a redacción dun proxecto “sen saber con certeza se logo o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar vai ter os fondos necesarios para acometer a obra”.

Todos os problemas que agora presenta o Consorcio para a construción desta Escola Infantil, matiza a alcaldesa de Redondela, chocan coa presa que tiñan o propio Consorcio e o entón Goberno do PP, en asinar un “protocolo express” para a construción deste equipamento poucos días antes das eleccións do 2019, “sen existir daquela nin o proxecto que agora esixen, nin a Modificación Puntual das Normas Subidiarias que permitiran a instalación desta escola infantil nos terreos elixidos e que este Goberno xa tramitou e está a espera da aprobación por parte da Xunta de Galicia”.

En vista das actuais circunstancias e a tenor da conversa mantida hoxe, Digna Rivas “urxe” á Xunta de Galicia “comprometa a correspondente consignación orzamentaria para que, o Concello, poida iniciar os trámites de redacción do proxecto”. A alcaldesa lémbralle ao Consorcio que “os servizos técnicos municipais xa trasladaron á Alcaldía a imposibilidade de iniciar ditos trámites sen que haxa un compromiso expreso por parte da Xunta”.

Digna Rivas insistiu en que a escola infantil de Chapela “é unha necesidade urxente para as nais e pais dos nenos e nenas da parroquia e, este Goberno, utilizará todos os medios ao seu alcance”.

O PP de Ponteareas solicita melloras no proxecto de asfaltado e ampliación da subida a Santa Cristina de Bugarín

O Grupo Municipal do PP en Ponteareas vén de solicitar por escrito ao Goberno local unha serie de melloras no proxecto de asfaltado e ampliación da subida a Santa Cristina de Bugarín. Consideran os populares que o proxecto, “conta con graves deficiencias que poderían emendarse antes de proceder co asfaltado”.  

A portavoz popular, que lamentou a ausencia de consenso para esta actuación, asegurou que “non ten sentido gastar o diñeiro neste asfaltado se dentro dun ano imos ter que levantar todo para acometer a finalización do saneamento, moi importante para a parroquia e que é posible a súa conexión á minidepuradora que ten capacidade suficiente”.

Por este motivo, a concelleira do PP sinala a necesidade de deixar as tubaxes xa instaladas e as saídas de regadío e pluviais previstas, así como facer o cambio das tubaxes de dúas traidas de auga veciñais que pasan por ese tramo e que teñen máis de corenta anos, así evitaremos un malgasto máis”.   

O PP tamén solicita que se proceda ao cambio de localización de varios postes de eletricidad e telefonía, mellora da iluminación do vial e outras melloras de seguridade como un resgardo perimetral no Cruceiro de Porteliña. Tamén á altura da marquesiña dos nenos, en ou Viñal, que se reduza unha curva existente, porque a Asociación de Veciños conseguiu recentemente a cesión dos terreos, e que se incorpore ese punto á obra, coa construción dun muro, a ampliación do vial e o seu asfaltado.  

Arranca o #SocialHack, primeiro Hackatlon online de innovación para o tercer sector que lanza a Deputación a través da SmartPeme

Durante esta fin de semana terá lugar o “#SocialHack”, o primeiro Hackathon online de innovación, un reto tecnolóxico para o terceiro sector que lanza a Deputación de Pontevedra a través de SmartPeme. En total, danse cita virtualmente neste reto tecnolóxico máis de 30 persoas procedentes de Galicia, Madrid, Andalucía e Cataluña, que concursarán desenvolvendo as solucións tecnolóxicas máis innovadoras para facilitar a xestión das entidades sociais xa que, como sinalou a condutora do acto, Adriana Muñoz, de minube,“os momentos que vivimos están a demostrar que son clave e que sen elas non haberá crecemento intelixente. Temos que axudar a quen axuda”. O luns coñeceranse xa os proxectos gañadores deste orixinal reto de innovación que promove a Deputación e que arrancou esta tarde coa presenza da presidenta provincial, Carmela Silva, e da deputada de Novas Tecnoloxías, Ana Mejías.

“Queremos impulsar a innovación e o talento tamén nas entidades do terceiro sector”, asegurou a presidenta no acto de apertura do #SocialHack, “e para elo imos valorar as propostas máis orixinais e creativas, as más innovadoras, inclusivas, que fomenten a igualdade e teñan vínculo coa provincia de Pontevedra”. Carmela Silva puxo en valor as ideas, “que son as que cambian o mundo”, e animou ás e aos socialhackers a desenvolver propostas que axuden a mellorar coas TIC a xestión da comunicación entre a comunidade e as entidades sociais, así como a acadar maior eficiencia na captación de persoas e fondos para estes colectivos”. A presidenta puxo en valor ao terceiro sector ”que ten que xogar un papel moi importante porque os seus valores están ligados á inclusión, á igualdade e a economía circular, que xa é a economía do presente”

Carmela Silva: “O terceiro sector ten que xogar un papel moi importante porque os seus valores están ligados á inclusión, á igualdade e a economía circular, que xa é a economía do presente”

Na elección dos proxectos gañadores tamén se valorará o grao de desenvolvemento das propostas, o seu deseño, a súa dificultade técnica e a presentación final. As mellores solucións, que se coñecerán o luns, recibirán un primeiro premio de 2.000 €, un segundo premio de 1.000 € e un terceiro de 500 €.

Aínda que non é a primeira vez que a institución provincial lanza un hackathon, xa que o primeiro tivo lugar en 2019 sobre turismo, si é o primeiro que se centra no terceiro sector e que se celebra online. Amais, ao celebrarse de xeito telemático, ampliouse a participación a persoas de todo o territorio español, ben sexan estudantes ou profesionais de áreas como o desenvolvemento de apps, deseño gráfico, terceiro sector ou da súa área de negocio. Así, máis de trinta persoas procedentes de Barcelona, Cerdanyola, A Coruña, A Guarda, Madrid, Oia, Pontevedra, Santiago, Torremolinos, Verín e Vigo competirán esta fin de semana en liña en grupos multidisciplinares, de entre tres e cinco persoas, para desenvolver a solución tecnolóxica máis innovadora para revolucionar as entidades do terceiro sector. Contarán para elo co apoio dun equipo de persoal experto en tecnoloxía e desenvolvemento de apps que irá resolvendo as dúbidas que vaian xurdindo durante o reto.

O “#SocialHack” enmárcase na programación impulsada por SmartPeme no marco da súa carteira de servizos para o terceiro sector, lanzada en xullo de 2020.O obxectivo desta nova carteira é prestar formación e asesoramento tecnolóxico a estas entidades, fundamentais no desenvolvemento da provincia, para mellorar a súa eficiencia e capacidade de comunicación. Con “SmartPeme Terceiro Sector” a Deputación está xa a ofrecer asesoramento a través dunha diagnose inicial, na que se determina o grao de madurez tecnolóxica das entidades para ofrecerlles produtos e solucións TIC adaptadas. Tamén está achegando formación sobre ferramentas de xestión, redes sociais, ciberseguridade, imaxe dixital, innovación, ou dixitalización e comunicación, e pon á súa disposición o Centro Provincial de Economía Dixital. Deste xeito, ao longo destes seis meses de funcionamento de “SmartPeme Terceiro Sector” realizáronse xa 14 asesoramentos a 7 entidades de Pontevedra, Vigo, O Porriño e Lalín.

Presentada no Porriño ‘A cámara escura’, obra gañadora do ‘III Premio Roberto Vidal Bolaño’

A primeira edición da obra ‘A cámara escura’, de José Luis Baños, gañadora da III edición do Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais, realizada pola Editorial Galaxia, presentouse onte no Concello do Porriño nun acto no que a concelleira de Educación, Lourdes Moure, actuou como anfitrioa do acto xunto co autor, José Luis Baños, e acompañada por Francisco Castro, director xeral de Galaxia e Raquel Castro, secretaria do xurado permanente do certame.

O premio está instituído pola Editorial Galaxia e o Instituto Ribeira do Louro do Porriño e o Concello do Porriño é o patrocinador cunha achega anual de 2.000 euros.

José Luis Baños, o autor galardoado en 2020, reivindicou “a importancia deste premio por promover a escrita teatral para adolescentes, que vén cubrir un oco que existe entre o teatro familiar e que xa se centra nos adultos”.

A profesora Raquel Castro, secretaria do xurado, valorou que o texto de José Luis Baños “presente un rexistro de linguaxe urbana próximo á mocidade”. Engadiu que “esperamos que poida representarse en escea, unha vez que saiamos das restricións actuais”.

Francisco Castro, director xeral de ‘Editorial Galaxia’, agradeceu o compromiso de gobernos municipais como o Concello do Porriño no apoio á cultura. “Necesitamos políticos que, como sucede aquí no Porriño, con vostede Lourdes, sexan cómplices da cultura”. Francisco Castro lamentou que “mentres os estancos están abertos desde o primeiro día do estado de alarma, como servizo esencial, as librarías teñen que pechar”, segundo reclamou o director da editorial.

Por último, Lourdes Moure, afirmou que “mentres eu estea a cargo destas responsabilidades públicas como concelleira de Educación, o Concello do Porriño manterá o seu apoio a este premio”. “Dende o primeiro momento tiven claro que o noso deber como administración pública era estar ao lado dunha iniciativa tan lúcida e á vez tan centrada na nosa mocidade”, concluíu Moure Varela.

Un detalle para San Valentín con mucho corazón (y sin gluten)

¿Qué te parece empezar el día con este delicioso detalle? Un bizcocho-sorpresa hecho por ti y en el que habrás puesto mucho corazón, y esto es literal. Solo hace falta un poco de tiempo para hornear los dos bizcochos, y un poco de maña para equilibrar los corazones, pero no es difícil.

Como todo en el Día de los Enamorados debe ser muy dulce, pues no lo iba a ser menos este bizcocho de leche condensada con corazón de bizcocho de chocolate.

¡Vamos allá!

Para el Bizcocho de chocolate podemos utilizar la receta del bizcochoque hicimos hace un tiempo para la tarta de chocolate, añadiendo un poco más de cacao puro en polvo sin gluten. O podéis hacer vuestra receta de bizcocho de chocolate preferido, siempre que sea bastante compacto y se pueda cortar con la forma de un corazón.

Una vez que haya enfriado, con un cortador de galletas con forma de corazón (el mío, de casi 7 cm de alto y 5.50 de ancho), cortaremos corazones que después colocaremos en fila en el molde, procurando que no queden huecos entre ellos, como podéis ver en las imágenes. Antes engrasaremos con mantequilla por encima y por debajo del papel.

Preparamos la masa del Bizcocho de leche condensada:

Ingredientes

¡Ojo, si hay alguna persona celíaca, asegúrate de que todos los ingredientes sean aptos!

  • 3 huevos
  • 20 g azúcar
  • 200 leche condensada
  • 1 yogur natural
  • 100 g aceite de girasol
  • 210 g harina sin gluten (si lo hacéis con gluten, 240 g)
  • 10 g levadura en polvo
  • Esencia de vainilla (opcional)

Elaboración

  • Precalentamos el horno a 180º con calor arriba y abajo
  • Engrasamos un molde largo, o lo forramos con papel de horno. Yo utilicé el típico de plum-cake, de 11×28 cm
  • Montamos los huevos con el azúcar hasta que doblen el volumen (con máquina de varillas, unos 5 minutos a velocidad media-alta)
  • Añadimos la leche condensada, el yogur, el aceite y la esencia de vainilla y mezclamos bien.
  • Tamizamos la harina con la levadurina y añadimos envolviendo con cuidado hasta que esté bien integrada.

Llega ahora el momento más delicado:

  • Una vez que tengamos hecha la masa del bizcocho de leche condensada, con mucho cuidado, la echaremos alrededor y por encima de los corazones, procurando cubrir todo bien, e intentando que no se mueva la fila.
  • Horneamos durante unos 30-35 minutos (pinchad con una aguja o brocheta en la parte del bizcocho blanco para ver si está hecho).
  • Dejamos enfriar y sorprendemos a quien queramos con estos bonitos y cariñosos trozos de bizcocho que, además, están buenísimos.

¡Sed felices!

Los bizcochos están adaptados de recetas del libro ‘Bizcochos’ Webos fritos

Vázquez Mao, “As estratexias de futuro de Ponteareas foron determinantes na súa incorporación ao Eixo Atlántico”

A alcaldesa en funcións de Ponteareas, Cristina Fernández Davila e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, compareceron hoxe en rolda de prensa para facer pública a integración de Ponteareas no Eixo Atlántico aprobada pola súa asemblea xeral esta mesma semana.

O Secretario Xeral, Vázquez Mao, salientou que o Eixo Atlántico decidíu incorporar a Ponteareas á vista das mudanzas que a localidade ven experimentando nos últimos anos baseadas nunha planificación estratéxica que ten como obxectivos a sustentabilidade ambiental, a cohesión social, a reforma urbana ou a mobilidade. O Secretario Xeral exemplificou eses cambios en iniciativas como a rede de calor con biomasa: “é algo co que se debe sensibilizar ás cidades por ser unha das mellores ferramentas enerxéticas que tamén contribúen a manter o monte limpo e previr incendios”, sinalou Vázquez Mao quen ademais lembrou que “ao Eixo Atlántico vense a promover a interrelación entre cidades, a aprender pero tamén a ensinar iniciativas de futuro coma as emprendidas en Ponteareas”.

Cristina F. Davila, pola súa banda, fixo fincapé nas potencialidades de Ponteareas pola “posición territorial estratéxica e privilexiada na que nos atopamos, a nosa condición de concello de referenza no Condado Paradanta que suma máis de 60.000 habitantes, a proximidade con Portugal e coa zona costeira galega e portuguesa e o noso papel de nexo de unión entre a franxa atlántica e o interior”.

A alcaldesa en funcións explicou que Ponteareas “quere converterse en referente de vila cun modelo de crecemento organizado e planificado, baseado no desenvolvemento sostíbel que ten como pedra angular a estratexia ‘Ponteareas hábitat saudábel’ que conta co apoio dos Fondos de Desenvolvemento Rexional, FEDER, da Unión Europea”.

Xoán Vázquez lembrou que “a eurorrexión é unha cidade virtual de sete millóns de habitantes, que configura a terceira área urbana da Península Ibérica despois de Madrid e Barcelona e por diante de Lisboa. Ponteareas incorpórase ao Eixo Atlántico como ferramenta que lle permitirá, complementándose co resto de concellos, ser competitivo e captar investimentos e acceder a recursos e servizos que o Eixo Atlántico ofrece aos seus membros”. Ademais, a presenza de Ponteareas, en opinión de Vázquez Mao, conleva incorporar non só un concello senón tamén un ámbito territorial máis amplo coma o Condado e A Paradanta até agora ausente no Eixo Atlántico. Trátase dunha comarca que ofrece termalismo, turismo da natureza, gastronomía, enoloxía e ademais é unha das tres portas de entrada ao parque natural Peneda-Gêres que é o único parque nacional de Portugal”.

A alcaldesa en funcións lembrou tamén os seculares lazos de unión, históricos, sociais e culturais, entre Ponteareas e Portugal, con exemplos como as tradicionais alfombras florais, o patrimonio inmaterial ou a emigración ao país irmán.

Cidades como Porto, Braga, Vigo, Santiago de Compostela, Monforte, Ferrol, Guimarães, Viana do Castelo, Pontevedra, Vilagarcía, A Coruña, Barcelos ou Bragança, entre outras forman parte do Eixo Atlántico, á que agora se une Ponteareas.

Falece un home en Mondariz tras sufrir unha indisposición mentres podaba unha árbore

0

Un varón faleceu na tarde de hoxe no concello de Mondariz despois de sufrir unha indisposición mentres tallaba unha árbore na estrada que une as localidades de Cernadela e Sabaxáns. O aviso ao 112 Galicia foi dado por varias persoas arredor das 15:45 en chamadas que daban conta que un home atopábase inconsciente nas proximidades da ponte de Sabaxáns.

Se ben as chamadas alertaban sobre a posibilidade de que unha árbore alcanzara ao traballador, os equipos de intervención desprazados ata o lugar, sinalaron que a persoa puido sufrir unha indisposición mentre realizaba a podadura.

De acordo coa información facilitada polas persoas particulares que chamaron ao 112 Galicia ao fío das 15:45 para pedir axuda, o home atopábase inconsciente nas proximidades da Ponte de Sabaxáns. Durante a comunicación, as testemuñas do suceso alertaban que o incidente puido ser provocado por unha árbore que alcanzou ao traballador.

Pese as consideracións iniciais a respecto da posible causa do falecemento, finalmente, os equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos informaron que o señor puido sufrir unha indisposición mentres realizaba a podadura.

Nada máis ter constancia dos feitos, desde o 112, pasouse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, debido á gravidade das lesións sufridas polo operario, informaron da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense ata a zona. Unha vez no lugar e ao comprobar que o varón estaba falecido, o equipo médico de urxencias comunicou a anulación da aeronave.

Para aclarar as circunstancias do suceso, ata o lugar desprazáronse os axentes da Garda Civil tras ser avisados polos xestores do 112. Ademais, tamén solicitouse a colaboración dos membros de Protección Civil da Mancomunidade Oitaven-Tea.

‘Avicolor Pintura’ gañador do certame ‘Decorando Baiona no Nadal 2020-2021’

0

A decoración do establecemento ‘Avicolor Pintura’, resultou gañadora por unanimidade nas dúas categorías ‘Mellor decoración’ e premio á ‘Orixinalidade e Innovación’ dotada con 500 euros cada unha do certame ‘Decorando Baiona non Nadal 2020-2021’.

O Concello de Baiona convocou este concurso en colaboración coas asociacións de empresarios ACEBA, COEMSA e OVALMI co obxectivo de promover e incentivar a creatividade comercial de Baiona á hora de presentar os establecementos, facelos máis atractivos ao consumidor ou consumidora reforzando a imaxe dos mesmos e dinamizar o comercio local durante as datas do Nadal.

[su_image_carousel source=”media: 30256,30257″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O xurado encargado de ditar fallo estivo composto por persoas da directiva das asociacións de empresarios presentes no municipio, unha persoa destacada relacionada coas artes escénicas e dous funcionarios do Concello.

Entre os criterios de valoración, o xurado tivo en conta aspectos como o engalanamiento da fachada, o escaparate e a decoración interior dos comercios, o deseño e calidade, os materiais de refugallo empregados, a innovación, e o traballo e a dedicación na elaboración.

En total, foron dezaseis os establecementos que participaron neste certame aos que o Concello de Baiona quere agradecer moi especialmente “o seu esforzo e dedicación para lograr que durante estas festas, as rúas ofrecesen a través das súas fachadas, escaparates e interior alegría”.

Desde a Concellería de Cultura, encargada de organizar o concurso, animouse aos negocios “para converterse nun referente comercial decorativo coa intención de que esta actividade atraese aos veciños e veciñas a gozar dunha contorna ambientada coa singular decoración que animase ás compras do Nadal no comercio da Vila”.

O BNG de Redondela asegura que o PP local fai “o ridículo político” coa problemática de Radio Redondela

O BNG de Redondela saíu hoxe ao paso da petición do PP local dunha reunión do Consello de Administración da Radio Municipal para tratar a situación do persoal do mesma e cualificou a postura dos populares como “un novo caso de ridículo político”.

A apoio do Bloque Nacionalista Galego á conformación dun governo de progreso en Redondela, sinalan os nacionalistas redondeláns, “permitíu entre outras cousas que o Partido Popular pasara á oposición”. “A sensación que dende aquela demostraron, foi a dun “castelo de naipes”, que se desmorona –afirma o portavoz nacionalistas Xoán Carlos González–, primeiro co abandono da política local por parte do seu candidato, ao que seguíu unha liña de acción política dende a oposición cun único interese revanchista”.

O BNG aclara que dende novembro do ano 2020, xa eran coñecedores da situación do persoal de Radio Redondela e que a demanda pública dun Consello de Administración “demostra o escaso interese en facer política por parte dos populares. Neste caso únese á desiformación á que queren someter á veciñanza, ao nulo interese dunha problemática que vén dende novembro”.

Dende o BNG trasladan á veciñanza que o Consello de Administración celebrouse hai un par de semanas e nel tratouse a situación da dirección, e traballadoras. “Estamos pois, ante un novo caso de “de ridículo político”, ao que nos xa nos tén acostumando o PP redondelán”, afirma o BNG.

Xoán Carlos González lembra que “como oposición resposable”, en decembro do 2020 os nacionalistas puxéronse en contacto coa concelleira-presidenta de Radio Redondela, Susana Couñago, “quen nos informou de primeira man da situación, xunto ás xestións realizadas. A partires daquel momento, iniciouse a tramitación da xuntanza do Consello de Administración, que agora reclama do PP”.

Galicia segue a baixa no número de casos activos por coronavirus para situarse nos 15.894

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.894, deles 4.590 son da área da Coruña, 1.437 da de Lugo, 1.569 da de Ourense, 2.027 da de Pontevedra, 2.626 da área de Vigo, 2.188 da de Santiago e 1.457 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 228 están en UCI, 856 en unidades de hospitalización e 14.810 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 89.382 persoas curadas, rexistrándose 2.056 falecementos.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada en Nigrán o martes 16

0

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada en Nigrán o martes día 16 de febreiro.

Este autobús estará emprazado diante da Casa do Concello de Nigrán o martes 16 en horario de tarde de 10:00 a 14:30 horas e 16:00 ás 21:00 horas.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para maior seguridade, pide a túa cita previa para doar no 900 100 828.

  • Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas
  • Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar

Informe ao médico se está a tomar algún medicamento.

Unha exposición recolle décadas de historia do entroido no Rosal

0

O entroido chega este venres ao Rosal dun xeito diferente. O Concello organiza unha exposición de fotografías coa que se rememora décadas de celebración do carnaval nos diferentes barrios rosaleiros, unha festa con grande arraigo, transcendencia e seguimento social no municipio.

Rosaleiros e rosaleiras poderán desfrutar dende este venres 12 ata o vindeiro 17 de febreiro desta mostra que estará situada ao aire libre na Praza do Calvario. A través de máis de 100 fotografías dispostas en distintos paneis, o público poderá percorrer a historia do entroido en Novás, Fornelos, San Xián e O Rosal dende os anos 60 ata a actualidade.

Dende o Concello quere agradecerse a colaboración de todas aquelas persoas e entidades que facilitaron a documentación gráfica que permitiu realizar esta exposición, que tamén permite visibilizar o gran traballo que realiza a veciñanza implicada para que a tradición do entroido perdure no Rosal.

[su_image_carousel source=”media: 30236,30235,30234,30233,30232,30231,30230,30237″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O goberno de González Solla foi condenado a abonar 46.000 euros en xuros polo impago das obras da Escola Infantil

O Goberno Municipal fixo públicos novos datos sobre a ampliación da Escola Infantil no ano 2006. As obras executadas baixo o goberno do alcalde González Solla no centro educativo realizáronse sen a autorización da Xunta ao non cumprir coa normativa vixente para estas instalacións. 

Nesas obras o goberno presidido por González Solla gastou un total de 319.000 euros e adaptalas á normativa suporá un novo gasto de 350.000 euros. O goberno municipal explicou que, revisando os expedientes, se puido comprobar que o goberno do PP e independentes non pagou a totalidade da obra á empresa construtora e esta presentou unha demanda xudicial no ano 2008. En xuño de 2009 o Concello foi condenado a pagar á empresa 147.409,83 euros máis os xuros de demora. Eses xuros, polo retraso en pagar a débeda coa construtora e en cumprir a sentenza, ascenderon a 46.862 euros que foron pagados en 2013. Deste xeito, o total das obras executadas incrementouse de 319.000 euros até máis de 365.000 euros. 

O goberno municipal considerou lamentábel que “esta xestión tan nefasta realizada polo anterior goberno teña causado un dano económico grave ao Concello de varios centos de miles de euros. Temos unha obra que non se pode utilizar para a finalidade que foi concebida e reformala agora para poder reabrir as dúas aulas vai supoñer para os ponteareáns un novo gasto de 350.000 euros”. Ademais, o executivo local engadíu que “estes novos datos revelan unha vez máis a morosidade e os pufos do goberno daqueles tempos nos que por non pagar 147.000 euros os ponteareáns tiveron que abonar 46.000 euros máis en xuros arruinando aínda máis ao concello”. O goberno municipal salienta que “actualmente o Concello cumpre puntualmente coas súa obrigas de pagamento logo de termos saneado a economía municipal no anterior mandato”.