8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona amplía o prazo para participar no cuestionario en liña do Plan...

    Baiona amplía o prazo para participar no cuestionario en liña do Plan de Mobilidade Sostible do Municipio

    O Concello de Baiona amplía o prazo ata o próximo 20 de febreiro para participar no cuestionario en liña orientado a coñecer tanto as demandas e propostas, como os hábitos de mobilidade da súa veciñanza en relación ao Plan de Mobilidade Sostible do municipio.

    A través da web do Concello de Baiona, calquera persoa residente neste termo municipal terá a opción de participar nunha consulta dixital en liña, que será de carácter anónimo, poderase cubrir na seguinte ligazón: plandemobilidade. com/ baiona, ou ben a través da páxina do Concello (baiona.gal) seguindo a ligazón do pop-up ao abrir a páxina.

    O Concello de Baiona iniciou hai unhas semanas o proceso de redacción do seu Plan de Movilidad Sostible. Nestas primeiras semanas a empresa redactora está a realizar unha primeira análise da situación do concello en termos de mobilidade e calidade dos espazos públicos.

    Dita consulta virá sumarse ás mesas de participación cidadá, nas que os diferentes colectivos e a veciñanza interesada poderán participar ao longo do mes de febreiro en horarios de mañá e de tarde en dependencias municipais, @teniendo en cuenta e aplicando as medidas sanitarias oportunas. Ao mesmo tempo poderán enviarse suxerencias ao correo baiona@plandemobilidade.com.

    Desde o Concello de Baiona anímase á participación xa que se puxo en marcha o cuestonario en liña para coñecer os hábitos e propostas de todas as persoas que viven na vila, co obxectivo de facilitar a redacción do Plan de Movilidad Sostible.

    A participación da cidadanía neste proxecto é fundamental para coñecer as necesidades reais da poboación e mellorar “de forma práctica e eficaz” a mobilidade de Baiona.

    O obxectivo último da iniciativa desenvolvida polo Consistorio, coa que se busca dispoñer das opinións dos veciños e veciñas da Villa, é lograr un documento o máis consensuado posible para, a partir de aí, comezar a implementar as medidas que estableza o referido plan.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.