Mércores, 28 Maio de 2025

O Castro British International School ilumínase cun 30 % de enerxía limpa

0

O Castro British International School, situado no municipio pontevedrés de Mos, iniciou o novo curso escolar iluminando as súas aulas con enerxía solar grazas a unha iniciativa conxunta entre Globeducate, un dos principais grupos educativos a nivel mundial e con máis de 60 colexios en todo o mundo, e Endesa X, a filial de servizos enerxéticos de Endesa.

O rendemento dos paneis solares durante estes primeiros meses de funcionamento está a resultar excelente tendo en conta as condicións climatolóxicas da zona, de modo que a planta solar produce un 30% da enerxía que necesita o centro para desenvolver a súa actividade.

A acaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a CEO de Globeducate e de Endesa, visitaron as instalacións coincidindo coa conmemoración do primeiro aniversario da consecución da Bandeira Verde por parte do centro educativo mosense.

Neste senso a rexedora local mosense destacou “a importancia da posta en marcha deste proxecto, que busca reducir a pegada ecolóxica, e tamén pretende concienciar a estudantes, docentes e familias sobre a importancia do medio ambiente e a sustentabilidade para que, co paso do tempo, os que hoxe son nenos e nenas e adolescentes llo transmitan ás xeracións vindeiras, construíndo e creando un Mos máis limpo e sostible e, en consecuencia, un mundo máis limpo e sostible”.

Con ese obxectivo, instaláronse en O Castro British School preto de 100 módulos fotovoltaicos, o que supón unha potencia total de 51,2 kWp e prevese que poidan producir para autoconsumo ao redor de 77 MWh/ano, representando un sólido progreso cara á sustentabilidade. Como resultado, anticípase unha redución de aproximadamente 13 toneladas de CO2 ao ano, o que se asemella á capacidade de absorción de ao redor de 81 árbores anualmente.

Esta iniciativa non só permite diminuír o consumo enerxético tradicional, reducindo o impacto ambiental, senón que tamén permite concienciar á comunidade educativa da importancia de adoptar medidas que xeren un impacto real na protección do medio ambiente, tanto a nivel local como global, á vez que abre unha nova canle educacional, coa implicación e participación activa do alumnado dos colexios, que están involucrados en todas as fases do proxecto, desde a súa formulación inicial, ao deseño, execución e medición do seu impacto.

Globeducate e primeiro aniversario da Bandeira Verde

Un gran paso para a protección e coidado ambiental que o colexio británico e internacional celebra coincidindo co primeiro aniversario da consecución da Bandeira Verde, reforzando o posicionamento desta institución educativa como un centro comprometido co coidado e o respecto do planeta.

A misión dos colexios Globeducate, Shaping the World, xira entorno a cambiar o mundo, situando aos estudantes como centro deste cambio, empoderádoos para actuar hoxe e para cambiar o mañá. Por iso, o centro está a desenvolver un novo espazo, a Green Zone, onde o Eco Comité do colexio, integrado por uns 25 alumnos de entre 7 e 17 anos, liderará a creación dun horto, a plantación de árbores froiteiras autóctonas, así como a construción dun hotel de insectos e unha composteira.

Así mesmo, este espazo será empregado para as actividades vinculadas co exclusivo programa de aprendizaxe ao aire libre dos Globeducate British International Schools, “The Journey”, unha viaxe única de autodescubrimiento e superación, transversalmente integrado no plan de estudos do colexio, dirixido a desenvolver habilidades crave para que os estudantes poidan facer fronte con éxito aos retos e desafíos do século XXI.

“The Journey” senta ademais as bases do prestixioso programa internacional Duque de Edimburgo, sendo O Castro British International School o único colexio da provincia en ofrecelo.

Para levar a cabo este programa, dirixido a alumnos maiores de 14 anos, o colexio conta tamén co respaldo do goberno municipal, xa os estudantes do Duque de Edimburgo empezarán a realizar as súas expedicións nos montes do termo municipal de Mos, unha contorna natural envexable.

Así mesmo, no marco do programa de voluntariado deste premio internacional, os estudantes colaborarán no acondicionamento da granxa-escola, Aldea de Alfacuca (na parroquia de Louredo), de titularidade municipal, e asumirán a preparación e mantemento dos roteiros de sendeirismo do concello que discorren pola contorna do centro educativo, situado xunto ao Alto de San Cosme.

Reducir o cambio climático con máis de 2.000 placas fotovoltaicas

O acordo global conta coa colocación de máis de 2.040 módulos fotovoltaicos en escolas de Globeducate situadas, ademais de Galicia, en Cataluña, a Comunidade Valenciana, as illas Baleares, Andalucía e a Comunidad de Madrid.

Suman unha potencia total de 1,1 MWp e prevese que poidan producir para autoconsumo ao redor de 1.200 MWh/ano. Isto permitirá cubrir un 30 % das necesidades enerxéticas que ten o grupo educativo nestes edificios e avanzar firmemente no seu camiño cara á sustentabilidade, xa que se conseguirá reducir a pegada de carbono en 293 toneladas de CO2 anuais, o equivalente á capacidade de absorción de 1.755 árbores/ano.

O desafío de instalar paneis solares nos colexios xurdiu da comunidade estudantil de Globeducate, liderada polos Eco Comités do programa Eco Escolas de cada colexio, conscientes da importancia de achegar o seu gran de area neste gran reto que supón frear o impacto do cambio climático no noso planeta. E é que o ano pasado oito dos doce colexios Globeducate de España e Andorra recolleron oficialmente a bandeira verde da sustentabilidade que outorga ADEAC (a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor), un recoñecemento a todo o traballo de concienciación ambiental levado a cabo tanto dentro como fóra das aulas por parte das comunidades educativas dos colexios, que pechou con brillantez tres anos de traballo dentro das Eco Escolas, o programa máis grande a nivel mundial que traballa pola sustentabilidade no ámbito educativo.

“A obtención deste distintivo supuxo todo un aliciente para seguir traballando polo coidado do medio ambiente e a sustentabilidade da nosa contorna. A instalación de paneis solares que se levou a cabo con Endesa X é un exemplo diso”, destacaron os representantes de O Castro British School.

Sobre Endesa

Endesa é unha compañía eléctrica líder en España e a segunda en Portugal. Ademais, é o segundo operador gasista do mercado español. Desenvolve un negocio integrado de xeración, distribución e comercialización eléctrica. Ofrece tamén, a través de  Endesa X, servizos de valor engadido orientados á electrificación dos usos enerxéticos en fogares, empresas, industrias e Administracións Públicas, incluída a mobilidade eléctrica, onde é un dos principais operadores de puntos de recarga de España. Endesa está firmemente comprometida cos ODS de Nacións Unidas e, como tal, impulsa decididamente o desenvolvemento de enerxías renovables a través de Enel Green Power España, a dixitalización das redes a través de e-distribución, e a Responsabilidade Social Corporativa. Neste último ámbito actuamos tamén desde a Fundación Endesa. O noso equipo humano suma ao redor de 9.260 empregados. Endesa forma parte de Enel, o maior grupo eléctrico de Europa.    

Endesa X é a liña de negocio de Endesa encargada da eficiencia enerxética. Endesa X, como integrante de Enel X Global Retail, é líder no desenvolvemento de solucións innovadoras que apoian a transición enerxética. Diríxese a consumidores, empresas e administracións mediante unha oferta modular e integrada baseada nas súas necesidades e que promoven a electrificación dos usos da enerxía e a dixitalización como motores da creación de novo valor.

O ecosistema de solucións de Endesa X inclúe produtos e servizos para a optimización e autogeneración de electricidade e solucións premium de eficiencia enerxética, co obxectivo de axudar aos clientes para trazar a súa folla de roteiro enerxético. A nivel mundial Enel X Global Retail xestiona servizos de resposta á demanda, con 6,7 GW de capacidade total, instalou máis de 2,8 millóns de puntos de iluminación pública en todo o mundo e ofrece servizos enerxéticos a 62 millóns de clientes residenciais a diario.

Sobre Globeducate

Os colexios Globeducate preparan a cada estudante para que sexa un cidadán global que poida cambiar o mundo. Globeducate é un dos principais grupos de educación internacional K12 do mundo, unha rede de máis de 60 colexios internacionais e bilingües de primeira calidade, así como programas en liña, que educan a 31.000 estudantes en doce países.

Ponteareas aproba as bases reguladoras das subvencións para a rehabilitación de vivendas no casco histórico

O Concello de Ponteareas, a través de resolución de Alcaldía, vén de aprobar as bases reguladoras de subvencións incluídas no Programa de Axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que poden chegar ata 30.000 euros.

O obxecto das axudas é a achega de financiación aos veciños que leven a cabo obras de mellora da eficiencia enerxética nas súas vivendas, especialmente na envolvente dos edificios residenciais ou vivendas unifamiliares localizadas no ámbito da contorna Residencial de Rehabilitación Programada do Concello de Ponteareas ou ERRP Zona Vella de Ponteareas.

Poderán beneficiarse destas axudas todas aquelas persoas físicas e xurídicas que non desenvolvan actividades económicas e concederanse segundo a orde de presentación da documentación completa segundo as zonas de actuación prioritarias, comezando pola Fase 1 ata a Fase 3, e ata esgotar o crédito dispoñible e tendo seis meses para a presentación da documentación como período máximo para cada fase.

Para dar solventar as dúbidas que poidan xurdir entre os veciños e veciñas que poden acollerse a estas axudas, o Concello ten previsto levar a cabo unha xornada informativa antes do Nadal que será oportunamente dada a coñecer para chegar ao maior número de persoas posible.

Un dos obxectivos do actual grupo de goberno é a recuperación do núcleo antigo da vila, coa recuperación da contorna e a súa posta en valor, e fomentando a fixación da poboación nesta área, unha meta que se apoia nestas axudas así coma en outras actuacións que xa se están a levar a cabo.

Toda a información relativa a este programa de rehabilitación estará dispoñible para a súa consulta no Taboleiro de Anuncios do Concello de Ponteareas, e tamén na páxina web municipal. Este programa está financiado pola Unión Europea a través dos Fondos Next Generation e xa está publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra da Deputación Provincial, polo que dá comezo o período de exposición pública á cidadanía.

Ligazón ás bases reguladoras no BOPPO:

https://boppo.depo.gal/detalle/-/boppo/2023/12/01/2023072447

Ligazón ao expediente no Sistema Nacional de Publicidad de Subvenciones y Ayudas Públicas:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/730237

A biblioteca de Nigrán comeza hoxe co horario de apertura extendido

0

A biblioteca municipal de Nigrán retoma en decembro e xaneiro o horario ampliado da sala de estudo de cara aos exames universitarios, tal e como xa viña facendo e sendo a única do Val Miñor en ofrecer esta facilidade aos estudantes. En concreto, será do 4 ao 22 de decembro e do 8 ao 26 de xaneiro cando pase do horario habitual de 9 a 21:00 e sábados de 10:00 a 14:00 para abrir de luns a venres de 7:00 a 23:00 e sábados, domingos e festivos, de 10:00 a 20:00 horas. Este tempo ‘extra’ será exclusivamente para o uso da sala de estudo, polo que a biblioteca mantén o horario (pechando o 23 e 30 de decembro, o 6 de xaneiro e o 5 de xaneiro desde ás 15:00).

A sala de estudo da antiga infraestrutura no Ceán contaba con 16 prazas, sendo precisamente una das grandes demandas da vecinanza, por iso a actual Biblioteca foi deseñada cunha sala especial que multiplica a capacidade ata 68 postos e con iluminación independente en cada mesa, estando habitualmente ocupada ao 90 %.

“Gañamos un edificio moderno, acorde ás necesidades do municipio, e no que os usuarios se atopan moi a gusto, por iso está a ter moitísimo éxito a sala de estudo”, explica o alcalde, Juan González, sobre esta instalación gañadora do premio COAG de Arquitectura de Galicia 2021-22 e o ibérico Technal e que pasou dos 120 metros cadrados do Ceán aos 1.200 da actual. Esta multiplicación do espazo permitiu distribuír holgadamente os 50.000 exemplares e incorporar conceptos que antes nin sequera podían ter cabida, como a zona de lectura, a aula de traballo conxunto ou dous puntos de consulta audiovisual.

Cristina Soutelo, María León e Pedro Vázquez recibiron o Premio Deportista Tudense

0

A padeeira Cristina Soutelo, a futbolista María León, e o padeeiro Pedro Vázquez Llenín recibiron o Premio Deportista Tudense na categoría absoluta na Gala do Deporte celebrada no Teatro Municipal de Tui. Un evento no que se recoñeceu os éxitos do deporte tudense e se puxo en valor o patrimonio natural do municipio, que constitúe un magnífico escenario para a práctica deportiva tanto a nivel afeccionado coma profesional.

Pedro Vázquez Llenín, do Club Kaiak Tudense, proclamouse este ano Campión do Mundo en K2 1000 m e campión de España en K4 1000 m e 500 m. Mentres Cristina Soutelo González foi a primeira deportista do Kaiak Tudense en participar nunha proba internacional na modalidade de C1.  Esta temporada foi oitava do mundo en  en C1 1000 metros, e décima nos 5000 metros. Proclamouse campioa de España en c1 1000m. María León Álvarez foi recoñecida pola súa traxectoria no fútbol sala xogando na elite a nivel nacional. Este ano é xogadora do Viaxes Amarelle FSF na Primeira División Nacional Feminina, e até a pasada temporada militaba no Marín F.S.

O Motoclub Randufe foi distinguido co premio Club Deportivo  polo seu empeño decidido en levar adiante este club deportivo, superando dificultades, e facendo realidade o Circuíto OffRoad de Rebordáns.

Na categoría de adestrador o Premio Deporte Tudense foi para David Solleiro Durán, actualmente preparador físico no Olympique de Marselle e para Manuel López Ramírez, que enviou unha mensaxe dende Israel onde traballa co primeiro equipo do Hapoel Beersheva B.C.

A Real Federación Galega de Motonáutica e o Club Náutico Inclusivo do Baixo Miño recibiron o Premio Deporte Adaptado por “converter a Tui nunha sede fixa das probas do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica, e facer do río e do deporte un espazo de inclusión e de encontro”.

Deporte Tudense Masculino. © Pablo Nunes
Deporte Tudense Feminino. © Pablo Nunes

O premio Deporte Tudense na categoría veterana recaeu na xogadora de balonmán Susana Méndez que continúa en activo, no padeeiro Enrique Míguez, do Kaiak Tudense, que sumou novos éxitos á súa longa carreira deportiva polo terceiro posto no Campionato do Mundo de Maratón en C1  e o título Campión do Mundo veterano en c2, e para Rafael Pérez Rego, do Atletismo Tui, por completar 100 medias maratóns.

Tui conta tamén con novos valores do deportes que recibiron o Premio Deporte Tudense Promesa. Foron a futbolista Lía Lorenzo, do Ribadelouro; a padeeira tudense do Club Cidade de Lugo, Nuria Romero; o ciclista tudense do Club Avanza André Martínez; e o remeiro  Javier Freiría do Club Remo do Miño.  O Club Tenis Tui foi recoñecido polo seu traballo co premio Promoción do Deporte Base.  O Premio Deporte Tudense Firma Comercial foi entregado a empresa Verdeazul polo seu compromiso e apoio as actividades organizadas por clubs, asociacións e sobre todo colexios de Tui. Onte recibiu tamén a Mención Especial Antonio Martín Hernández “Toñín”, que foi xogador de fútbol sala, e que con A Quinta de Tui creou na cidade un campus que leva o seu nome. 

Recoñeceuse o labor de Elías Vieiro por 35 anos formando parte do Tyde coma xogador, adestrador, directivo e presidente, e de José Antonio Refojos “Coto” que durante case tres décadas se encargou dos pavillóns deportivos municipais. Houbo amais unha lembranza para Damián Estéves Rodríguez e Fernando Álvarez González falecidos este ano.  

Este evento deportivo comezou recoñecendo as 29 persoas que participaron esta temporada en competicións internacionais en piragüismo, remo, ciclismo, judo, motor, e a loita, levando o nome de Tui por todo o mundo e demostrando o espectacular nivel dos e das deportistas tudenses.

Na súa intervención o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, afirmou que “o caso de Tui é único no territorio español”, grazas á implicación social e a axuda das institucións de carácter público e privado. Nunha gala especial que celebrou onte o seu decimo aniversario Enrique Cabaleiro quixo amosar o seu agradecemento “ás persoas que fixeron posible que o deporte tudense alcance o nivel que agora ten”, así coma ás institucións, e aos concelleiros que durante os últimos mandatos estiveron ao fronte desta área.  O alcalde de Tui aludiu tamén a que o deporte “xoga un papel decisivo”, sendo “un dos elementos básicos de  inclusividade e a igualdade”. Rematou indicando que “polo que significa o deporte en todos os ámbitos da nosa vida hoxe creo que tamén é momento de asumir todos o compromiso de seguir apoiando o deporte tudense para que siga sendo un motivo de orgullo de todos nós”.

Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, indicou que “hoxe, non só celebramos o deporte, senón que tamén reflexionamos sobre a importancia da actividade física en contornas naturais”. Nese senso sinalou que “o Concello de Tui está a realizar un gran esforzo por aumentar cada día os lugares por onde pasear, correr montar en bicicleta e xerar saúde, son moitos os quilómetros realizados, pero aínda haberá máis”.  Concluíu afirmando que “todos, independentemente do noso xénero, merecemos as mesmas oportunidades e recoñecementos. Celebremos xuntos a diversidade e traballemos para construír un mundo deportivo máis inclusivo”.

A gala foi presentada por Jose Font acompañado por José Manuel Quintana, Beatriz González, Rosendo Bugarín, e Ana Rodríguez que forman parte do xurado xunto a Enrique Míguez, e contouse coa actuación do grupo Míster Cool Organ Trío.

Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma. Observamos nos últimos anos un evidente esforzo por ofrecer ao público lector perspectivas orixinais e pouco transitadas do fenómeno migratorio, cada vez máis alonxadas da idealización, case romántica, doutros tempos. Este podería ser un dos elementos principais da nova novela de Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver», galardoada co premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega do ano pasado. Pero este traballo, partindo de tal premisa e xirando de maneira permanente arredor deste tema, agocha moito máis do que parece a simple vista.

A novela recolle a historia de Rosario de Chiquinquirá, «Chiqui», unha rapaza mestiza, neta de galegos, que sobrevive nun barrio conflitivo nos arrabaldes de Caracas polo que a morte e a delincuencia pasean sen remorsos. Unha liorta acaba coa vida do seu avó e coidador e unha bala perdida trónzalle a vida ao seu irmán postrándoo nunha cama. A partir dese intre e como parte dun considerable esforzo por fuxir dese entorno, Chiqui inicia unha andaina como asasina a soldo que a levará á Galicia dos seus devanceiros por mor dunha encarga. Mais esta encarga rematará por se converter na pescuda do seu propio pasado e o de tantos emigrantes con desigual fortuna, ás veces enganados por xentes sen escrúpulos. Velaí a historia de Castor Varela, a vítima á que Chiqui ten a misión de eliminar. A súa identidade fora roubada pola persoa que contratara os seus servizos que, desta maneira, pretende atar os cabos soltos.

A narración é, na súa practica totalidade, unha especie de extensa carta que Chiqui dirixe ao seu irmán dándolle conta da súa evolución así como das razóns que a levaron a tomar a decisión de dedicarse ao que se dedica. Carta que só se ve interrompida pola transcrición dunhas vellas gravacións nas que se desenvolve a historia paralela de Castor. O relato adquire un certo aire catártico para a protagonista, no que o tema da emigración, como avanzamos máis arriba –e a pesar de estar no centro mesmo da novela–, adquire unha dimensión diferente pasando a un segundo plano. Nas últimas páxinas é onde comprendemos as razóns e esa vinculación que nos veu acompañando dende as primeiras liñas pero da que non nos decatamos en toda a súa plenitude. (Interpretade esta afirmación como un esforzo por non estragar a lectura cun «espoiler» en toda regra).

Con todas estas premisas, Amador Castro argalla unha historia dura, arroutada e de múltiples lecturas. Que a protagonista sexa muller e mestiza, que acuda á sutileza do veleno en vez de á violencia das armas, que os seus «traballos» se vexan arroupados por unha peculiar moralidade coa que xustificarse, que ela mesma busque a maneira de resarcir o seu pasado, ou que colabore na resolución dun dilema que se estende dende varias décadas atrás, son só algunhas das pistas que poden conducir a lectura por distintas vías. En calquera caso, o pulso narrativo permanece firme para arrastrar ao lector polas páxinas deste novo traballo e conducilo a unha resolución que, na súa lóxica simpleza, resulta abrumadoramente sorprendente. E ata gratificante!

Amador Castro Moure

«Pronto hei de volver»

176 páxinas

Covelo convoca aos elfos de Nadal para que despreguen a súa maxia

0

Como cada ano os elfos de Nadal visitan o Concello de Covelo para facer maxia e inundar de ilusión cada recuncho, por este motivo o Concello convida a toda a cidadanía a participar no grupo de voluntariado “Fábrica de felicidade” que xa comezou a traballar para preparar o desfile navideño.

Cada luns pola tarde os baixos do pavillón municipal convértense nun almacén de ideas dispostas a facerse realidade. Fitas de cores, adornos e un amplo despregue de imaxinación para deseñar e realizar as carrozas que desfilarán por parroquias e centro urbano.

Animados por un chocolate quente e un bo biscoito caseiro os voluntarios fan da xornada de traballo unha festa e preparan todo para a chegada dos elfos. Como cada ano as persoas voluntarias participarán, ademais, no desfile e formarán parte da comitiva que visita a residencia de maiores, o centro educativo, as parroquias e os locais de hostalaría, entre outros lugares.

Voluntarias animan aos veciños a achegarse e compartir as tardes dos luns porque ademais de contribuír de aprender manualidades uns doutros, bótanse unhas boas risadas e deixan unha pegada solidaria na historia da vila.

O Concello de Redondela pon en marcha o Plan Municipal de Voluntariado

0

O pleno da corporación de Redondela aprobou onte o regulamento municipal de voluntariado, normativa necesaria para poñer en marcha o Plan Municipal de Voluntariado. A concelleira, Pilar Martínez, explica que este programa ten por obxectivo “concienciar á cidadanía na importancia de colaborar en accións de voluntariado para conseguir unha sociedade máis xusta e solidaria”. Para iso é necesario que desde o Concello, como administración máis próxima, “se informe sobre que é o voluntariado e as vías de participación que existen”, sinala a edil. A partires de agora desde o goberno local promoverase o voluntariado con campañas informativas e charlas que fomenten a participación da cidadanía no tecido asociativo. O Concello achegará á veciñanza todas as vías de participación voluntaria “de forma que cada persoa poida actuar no ámbito da súa preferencia”. Poderán facer voluntariados todas as persoas maiores de idade, e as menores a partir dos 16 anos autorizadas polos pais, nais ou titores.

O abano de actividades que pode abarcar o voluntariado é moi amplo: de acción social, de carácter sociosanitario, dereitos humanos, da infancia, das persoas con discapacidade, igualdade de xénero, educativas, loita contra a pobreza e a exclusión social, culturais, de ecoloxía, científicas, protección civil, deportivas ou de lecer e tempo libre entre outras moitas. Pilar Martínez pon o foco especialmente nas persoas maiores “especialmente as que viven soas, porque o labor do voluntariado pode xogar un papel moi positivo”. Con todo, advirte que “non se trata de suplir a labor dos traballadores e traballadoras” senón de “complementar” as funcións dos profesionais con outro tipo de actividades de ocio ou acompañamento por parte do voluntariado.

A alcaldesa, Digna Rivas, sinalou que o Plan Municipal de Voluntariado inclúe a creación dunha bolsa de voluntariado que permitirá poñer en contacto ás persoas que se ofrezan a prestar o seu traballo voluntario coas entidades presentes no municipio que o soliciten “co obxectivo de ofrecer aos cidadáns e ás entidades os perfís que máis se adecúen tanto á demanda da persoas voluntarias, como ás características e necesidades das entidades”.

O regulamento presentado pola concelleira socialista Pilar Martínez foi aprobado na sesión plenaria celebrada onte cos votos a favor do PSdG, AER e o PP, cos votos en contra do BNG. Ábrese agora o proceso para tramitar este regulamento, que se someterá a exposición pública para que os interesados poidan presentar as suxestións que estimen oportunas. O regulamento definitivo publicarse no taboleiro de anuncios Concello e no Boletín Oficial da Provincia, así como na páxina web municipal.

Baiona imparte un taller informático navideño para maiores de 55 anos

0

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Novas Tecnoloxías e a Concellería de Política Social, organizan un taller informático do Nadal o vindeiro mércores 13 de decembro, de 10:00 a 12:00 horas, no Multiúsos Ángel Bedriñana para persoas maiores de 55 anos.

O aforo é limitado polo que é necesaria a inscrición previa para participar chamado ao teléfono 986 38 59 26 (horario de 9:00 a 14:00) ou presencialmente no departamento de servizos sociais do Concello de Baiona. Imprescindible asistir móbil propio ou tablet.

Aberto o prazo para participar no “I Mercadiño de Nadal do Porriño”

O Concello do Porriño organiza o I Mercadiño de Nadal con produtos artesanais, decoración, alimentación, complementos ou agasallos, entre outros artigos, todos eles relacionados con estas datas tan entrañables.

O mercadiño celebrarase entre o 7 de decembro e o 7 de xaneiro na Praza do Cristo e constará de dez casetas.

A concellería de Mercados publicou hoxe as bases para participar no mesmo, todos eles deben ser persoas artesáns e comerciantes autorizados para producción ou venta de produtos. No caso de que se presenten máis de dez solicitudes, establécense tres quendas de participación (do 7 ao 17 de decembro, do 2 ao 18 de decembro e do 28 de decembro ao 7 de xaneiro).

Na selección dos participantes darase prioridade ás solicitudes para a exposición e venda de produtos específicos de Nadal, incluíndose tamén alimentación, decoración de Nadal e agasallos.

O prazo de solicitude está aberto e finalizará ás 14 h do 5 de decembro de 2023.

Poden descargarse as bases e a folla de solicitude na páxina web do Concello https://oporrino.org.

BASES: https://oporrino.org/documentos/bases-i-mercadino-de-nadal-do-porrino/ SOLICITUDE: https://oporrino.org/documentos/folla-de-solicitude-i-mercadino-de-nadal/

A Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores estará na Guarda no mes de xaneiro

0

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de ciclomotores desprazarase ao Concello de A GUARDA no vindeiro mes de xaneiro:

Estará o 29 de xaneiro na Estación de Servicio San Roque (A Guarda), en horario de 9:00 a 13:30 pola mañá.

Para solicitar cita previa:

  • Por teléfono: 902 30 90 00
  • A través da nosa páxina web: www.sycitv.com – Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

A sustentabilidade será a protagonista da campaña de Nadal no comercio de Redondela

0

Durante todo este mes de decembro poñeranse en marcha unha serie de iniciativas de apoio e promoción do comercio de Redondela con motivo da campaña de Nadal. Esta semana comezaron a preparación das decoracións de Nadal. O elemento identificativo dos establecementos asociados á campaña está elaborado en madeira como material principal en concordancia co uso de materiais sustentables e procedentes de bosques con selos FSC e PEFC que garanten a procedencia de montes xestionados de forma sustentable.

A campaña incentivará as compras con sorteos e premios. O gran sorteo final con 3.000 € en vales de compra contará este ano cun sistema de participación dixital o que contribuirá a redución de consumos.

As prazas de abastos terán sorteos especiais que contarán coa colaboración do Concello de Redondela. O vindeiro luns 4 ás de decembro Concello e Asociación de Empresarios de Redondela presentarán conxuntamente o programa de promoción para o Nadal. Ambos mercados municipais, de Redondela e Chapela contarán coas promocións e por primeira vez promoverase un sistema de participación mixto para os sorteos de forma que se poderá participar tanto online como offline.

A Asociación de Empresarios de Redondela, durante as semanas centrais de Nadal a campaña, desde o 15 de decembro ao 5 de xaneiro, semanas onde o empaquetado de agasallos supón un importante sobre custe para os establecementos, distribuirá entre os comercios material de packaging elaborado con materiais reciclados e totalmente biodegradables como bolsas e sobres de agasallo co obxecto de axudar ao comercio local e contribuír a posta en marcha de accións de sustentabilidade. Estas accións desenvólvense no marco do proxecto de dinamización comercial do Centro Comercial Aberto de Redondela e xestionado pola Asociación de Empresarios e que veñen contando co financiamento e apoio da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio.

Covelo pavimenta o camiño das Searas en Paraños

0

O camiño das Searas entre Cotarel e As Medelas, na parroquia de Paraños, convértese nunha pista asfaltada logo dos traballos que nestes días executa o Concello de Covelo co obxecto de mellorar os accesos ás propiedades. En palabras do alcalde, Pablo Castillo, “unha obra moi demandada pola veciñanza das Medelas para poder acceder ao centro da parroquia en Cotarel e que da servizo ás parcelas de uso agrícola e gandeiro de As Searas”.

No marco do Plan de Melloras de Camiños Municipais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) xa se realizaron obras na pista das Veigas e Camiño das Rochas no lugar de Mera, en Barcia de Mera, e agora  en Paraños sumando as dúas 93.990€. En Paraños realízanse obras de limpeza, desbroce e pavimentación nun tramo de arredor de 2.500 metros cadrados cun custo total de 50.373€.

Ámbolos dous camiños presentaban moitos baches e unha zona de rodadura en formigón ou terra, inexistencia de cunetas en moitos tramos e pasos estreitos que dificultaban o tránsito. Por estes motivos executáronse traballos de escavación, desmontaxe de peches e muros para o ensanche da vía, limpeza e apertura de cunetas para a mellora da drenaxe, limpeza de caños e arquetas obstruídas, instalación de tubaxes e arquetas novas así como salvacunetas para canalizar as augas, colocación de muros de perpiaño de pedra granítica e pavimentación ademais de mellorar a seguridade viaria co pintado de marcas viais e colocación de sinalización onde proceda.

“Visita A Guarda na Ponte da Constitución” nova campaña para dar a coñecer a vila

0

Os visitantes e turistas, que escollen A Guarda, percorren o noso territorio grazas ás rutas, gozan da nosa natureza no Esteiro do Miño, visitan o Monte Santa Trega, descobren a vida mariñeira no porto e no Museo do Mar e degustan a nosa gastronomía e produtos locais.

Para completar a visita a estes recursos e para que veciños e visitantes coñezan en detalle o noso patrimonio e historia ofreceranse visitas guiadas de balde coincidindo co días principais da Ponte da Constitución.

Para esta campaña especial as visitas guiadas centrase nos dous grandes referentes da Guarda: o Monte Santa Trega e o porto pesqueiro xunto co casco antigo.

Visita guiada ao Castro Santa Trega

O Monte Santa Trega é un dos recursos máis destacados de Galicia e un dos exemplos mellor conservados da Cultura castrexa.

Esta visita guiada comeza ás 12:00 h e conta cunha duración máxima dunha hora e centrase no valor arqueolóxico da zona escavada do Castro de Santa Trega.

O punto de encontro é a Casa Forestal que se atopa despois de cruzar o castro, alí pódese aparcar o vehículo.

A ruta, de menos dun quilómetro, percorre o Barrio Mergelina e remata nas vivendas reconstruídas o que permitirá coñecer en detalle a Cultura Castrexa e como vivían estes castrexos no Trega xa hai máis de 2.000 anos.

O prezo por acceso ao monte en vehículo non está incluído nesta actividade.

Recorre o casco antigo e porto pesqueiro

A Guarda é unha vila mariñeira que creceu en torno á pesca e, polo tanto, o seu porto. A novidade para esta ponte é a oferta desta visita guiada que trasladará aos visitantes ao pasado medieval da vila.

Esta visita comeza ás 17:00h na Praza do Reló, xunto a Oficina Municipal de Turismo, e grazas a explicación desta praza poderase coñecer unha parte importante da historia da Guarda. O percorrido inclúe os edificios relixiosos do casco antigo como a Igrexa Parroquial e o Convento de San Benito, os puntos máis antigos como rúa Colón ou Malteses, e amosarase a importancia na historia deste porto pesqueiro.

Estas visitas guiadas realizaranse os días mércores 6, xoves 7, venres 8 e sábado 9 de decembro e non precisan inscrición previa. Os interesados tan só terán que presentarse minutos antes do comezo da visita.

Ademais con motivo da Ponte da Constitución a Rede de Museos da Guarda conta cunha apertura ampliada:

  • MASAT (Museo Arqueolóxico). Do martes ao domingo: 10:00 a 19:00h
  • Museo do Mar. De mércores a domingo (excepto xoves 7/12): 11:00 – 14:00 / 16:00 -19:00h
  • Castelo de Santa Cruz. Espazo público aberto todos os días: 10:00-18:00h.

Por último, recordar que a Oficina Municipal de Turismo contará tamén cun horario especial e estará aberta de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30 h. Tamén pódese consultar no mail a [email protected] ou no teléfono 986614546.

O espectáculo “Cacho animalada” chega este domingo a Baiona

0

O Multiúsos de Sabarís no Concello de Baiona será escenario este domingo, 3 de decembro, da actuación protagonizada pola narradora Vero Rilo que porá en escena a obra “Cacho animalada” no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A función, para gozar en familia, dará comezo ás 18:00 horas e a entrada será libre ata completar o aforo.

Dirixida a un público infantil e familiar, “Cacho animalada” trátase dunha narración con música de guitarra centrada nos contos de tradición oral, en versións libres e revisadas dos “Cuentos de Hadas” de Ángela Carter ou nos contos de autor que xa son clásicos de la literatura. Trátase de todo un repertorio acompañado de humor, rock, música, alegría y de animais que fan desta actuación un espectáculo fresco e para toda a familia.

Co ciclo teatral “Tornar ás táboas” a Deputación de Pontevedra está a achegar, desde outubro e ata finais de mes, un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Participan neste programa provincial trinta compañías de teatro galegas que están a ofrecer por toda a xeografía de Pontevedra unha ampla variedade de espectáculos.

Xa está aberta a inscrición para a II San Silvestre de Tui

0

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na II San Silvestre Tudense, que se celebrará o día 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira. Este evento está organizado polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, en colaboración coa Policía Local de Tui, Protección Civil de Tui, Radio Municipal de Tui e varias empresas tudenses. Agárdase un novo éxito de participación superando a cifra de 500 persoas que a edición pasada realizaron a San Silvestre.

As inscricións realizaranse de xeito gratuíto a través da web do Club Atletismo Tui, www.clubatletismotui.wordpress.com, ata o día 28 de decembro. Ao igual que na primeira edición esta actividade será en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), polo que se solicita unha doazón voluntaria a través do número de conta da AECC, ES50 2100 2188 8302 0022 3608, indicando no concepto “DONATIVO SAN SILVESTRE TUI – nome completo”, ou no día da carreira, nos petos que estarán nas mesas na recollida de dorsais.

Os dorsais e a camiseta de recordo, entregaranse o mesmo día da carreira, dende ás 09.00 horas, ao carón do edificio da Policía Local de Tui, na praza da Inmaculada.

A San Silvestre Tudense terá un percorrido urbano, de preto de catro quilómetros, e apto para todas as persoas. Estará controlado polas persoas voluntarias do Club Atletismo Tui, Protección Civil de Tui e Policía Local de Tui.

Ao remate da carreira, haberá chocolatada e rosca para todas as persoas participantes, así como uvas para tomar coas badaladas das doce do mediodía.

A Xunta destaca o papel das aulas CeMIT para acadar unha transformación dixital inclusiva

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou o papel fundamental da rede pública de aulas CeMIT para acadar unha transformación dixital inclusiva.

Durante unha visita á aula CeMIT de Moaña, acompañado polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, o conselleiro referiuse ao ciclo formativo básico en Intelixencia Artificial que remata hoxe nesta aula, como exemplo da aposta da Xunta para que todos os galegos, independentemente da súa idade, formación e lugar no que vivan, poidan sacar o máximo proveito das tecnoloxías. Este cito formativo básico en IA contou con máis de 220 participantes.

Miguel Corgos puido constatar o interese que este tipo de formación esperta entre a cidadanía e recordou que o Plan de reforma e ampliación da Rede que se está a levar a cabo facilita tanto unha formación máis adaptada ás novas demandas tecnolóxicas como unha actualización das tecnoloxías innovadoras nas aulas, con 1.300 novos dispositivos, entre impresoras 3D, kits de programación e drones.

Así mesmo, subliñou que no primeiro trimestre de 2024 completarase a renovación de todo o equipamento, coa substitución de máis de 1.300 ordenadores, ademais da adquisición de 20 unidades de dispositivos adaptados a persoas con capacidades diversas, 880 tabletas, 840 libros electrónicos e 84 complementos audiovisuais.

Con 94 aulas distribuídas por toda a Comunidade, máis de 113.000 usuarios rexistrados e 500.000 horas de formación planificadas desde a súa posta en marcha en 2011, o conselleiro de Facenda e Administración Pública fixo fincapé no labor da rede CeMIT e a súa contribución a que Galicia crecese naqueles indicadores de dixitalización nos que tiña os niveis máis baixos, como o uso da internet nas franxas de idades máis elevadas.

Así, segundo os últimos datos do Observatorio para a Sociedade da Información e da Modernización de Galicia, só entre 2021 e 2022, preto de 10.000 persoas maiores de 75 anos incorporáronse ao uso de internet. Un dato que se reflicte tamén nos máis de 5.400 fogares con residentes maiores de 74 anos, que contrataron internet no último ano.

Carta ao novo ministro de Transición Digital

Miguel Corgos puxo a Rede CeMIT como exemplo da importancia da colaboración entre administracións, en beneficio da cidadanía e, nesa liña, explicou que acaba de remitirlle unha carta ao novo ministro de Transformación Digital, José Luis Escrivá, para expresarlle a máxima colaboración institucional por parte da Xunta de Galicia e lembrarlle algúns dos temas comúns a abordar.

Neste sentido, solicitóuselle que nas convocatorias que vaia desenvolver se fixen obrigas de cobertura por comunidades autónomas,  tanto en actuacións de rede fixa como móbil como de cobertura fóra dos núcleos de poboación, en especial en zonas de importante tránsito de persoas, con especial interese nas distintas rutas do Camiño de Santiago.

E tamén lle reiterou o interese da Xunta en formar parte do Consejo Rector da futura Agencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial, pois supón oportunidade para achegar a experiencia acumulada e coñecementos neste eido de Galicia, así como un compromiso firme para promover un ecosistema de Intelixencia Artificial que sexa beneficioso para toda la cidadanía.

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional

0

Co gallo do Día Internacional da Diversidade Funcional, que se conmemora o próximo 3 de decembro, Redondela acolleu este mediodía un acto organizado pola Asociación Andaina coa colaboración do Concello de Redondela. O presidente do colectivo, Antonio García, lembrou que é necesaria “unha educación máis inclusiva, con persoal que teña unha formación axeitada”, e demandou unha aposta polo emprego para as persoas coa diversidade funcional, con ofertas adaptadas “para unha sociedade unida, sen discriminación”.

No acto participaron usuarios de Andaina, que queren “derrubar barreiras” e tamén escolares dos centros IES Illa de San Simón e o CEP Santa Mariña, que reclamaron unha sociedade “máis xusta e solidaria” e comprometéronse a traballar para “desterrar a discriminación”. A alcaldesa Digna Rivas foi a encargada de pechar o acto cunha intervención na que agradeceu o traballo que fai Andaina “todos os días do ano” e reafirmou o compromiso do Concello “para facer de Redondela un lugar inclusivo, nunha sociedade xusta, que respecte as diferencias e as capacidades de todos e todas”.

Oia inicia as obras de renovación do céspede do campo de fútbol das Tornas

0

Os traballos de renovación do céspede artificial do campo de fútbol municipal das Tornas, en Santa María de Oia, están xa en marcha. A actuación, que dá continuidade aos diferentes investimentos de mellora de equipamentos deportivos dependentes do Concello, inclúe tamén o cambio das dúas porterías principais.

A empresa adxudicataria do proxecto, Limonta Sport Ibérica, S.L., comezou recentemente os traballos, para os que o Concello de Oia destinará 236.350,86 euros. Estes fondos están incluidos dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra do exercicio 2023. O prazo de execución é de mes e medio.

O anterior céspede sintético foi instalado entre o ano 2010 e 2011, encontrandose xa no final da súa vida útil.  Ademáis destas obras, o Concello levará a cabo obras menores complementarias, como o aseguramento dos postes situados na zona norte do campo e a substitución do marcador, que será financiado con recursos propios.

O Porriño reivindica unha sociedade na que non se discrimine a ninguén

O pavillón municipal do Porriño acolleu hoxe a conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que, como cada ano, organiza Aceesca Porriño para reclamar a implicación de toda a sociedade para a plena inclusión das persoas con diversidade.

Como sempre, contaron coa participación e respaldo do Concello do Porriño, da comunidade escolar e de outras entidades e centros de día como AFAGA Alzhéimer ou o Centro de Día de Torneiros.

Laura, en representación do grupo de autoxestores de Aceesca “Os dez do Porriño” , foi a encargada de ler o manifesto que abriu o acto.

Un acto co que, tal e como relatou, “queremos celebrar a nosa fortaleza e exercer os nosos dereitos” e “berrar ben alto que as persoas con discapacidade queremos formar parte da sociedade dunha forma activa, queremos que se teñan en conta as nosas opinións e ser os protagonistas das nosas vidas”.

Laura lembrou que as persoas con diversidade teñen dereito a ter un traballo, contar cos apoios que necesitan para poder desempeñalo e que sexa nas mesmas condicións que o resto das persoas. Reivindicou tamén unha accesibilidade universal tanto física como cognitiva.

“Pensamos que unha sociedade diversa é moito máis rica, pero aínda existen moitas barreiras e queremos poder derribalas. Axudádesnos?”, concluíu, “Por iso precisamos unha educación máis inclusiva, unha atención sanitaria competente, apoio das administración con servizos e recursos que respondan ás nosas necesidades, máis investigación, máis aposta polo emprego para as persoas con discapacidade, máis apoio e comprensión de toda a sociedade. Queremos unha sociedade unida e onde non se discrimine a ninguén”.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, apuntou que ninguén mellor que eles “para trasladarnos ao resto da sociedade as súas necesidades e as súas propostas para conseguir algo que é de xustiza: un mundo que non deixe a ninguén atrás”. “Moitas veces non somos conscientes das barreiras coas que vos atopades cada día, esas que moitas veces vos impiden tamén cumprir os vosos soños”, díxolles o rexedor, “Por iso quero darvos as grazas, grazas aos Dez de Aceesca polo traballo que facedes e grazas a todas e todos os que hoxe estades aquí para facer deste un mundo mellor.  Pola miña parte, como alcalde e como o voso veciño e amigo, tomo nota de todas elas e prometo, de corazón, facer o que estea na miña man para axudar a que se fagan realidade”.

Lorenzo rematou anunciando que, como o ano pasado, serán os usuarios e usuarias de Aceesca os encargados de iluminar o Nadal do Porriño, protagonizando o encendido navideño.

A xornada continuou co desfile de paraugas que deseñaron os centros participantes para visibilizar o importante que é poder vivir nunha sociedade diversa e plural na que todas e todos teñamos os mesmos dereitos e oportunidades e concluíu co gran flashmob no que participaron todos os asistentes.

A Cañiza aproba un plan de saneamento financeiro

0

O Pleno da Cañiza aprobou onte, por maioría absoluta, o plan de saneamento financeiro. Este plan contempla solicitar ao Ministerio de Facenda que rebaixe ata o 25 % a retención que está aplicando nas cantidades que ingresa o Concello a conta da participación dos tributos ao Estado (unha das principais fontes de financiación do Concello).

Para solicitar a Facenda que rebaixe o 25 %, o Concello ten que presentar un Plan de Axuste ou Saneamento das finanzas. Se Facenda acepta este Plan podería rebaixar a retención a 23.000 €/mes.

Orixe da redacción do Plan de Saneamento

Esta retención ten o seu orixe nos «Dous Mecanismos de Pago de facturas a Proveedores» que de forma obrigatoria o Concello tivo que asumir nos anos 2022 e 2023 debido a que A Cañiza non cumpriu coas súas obrigas de pago no tempo que marca a LEY: “superior a 60 días e excesivamente elevado no tempo”.

Soamente 98 concellos dos 8131 de toda España estiveron obrigados a cumprir con este mecanismo polo que A Cañiza declarou a cantidade de 2.769.008,52 € de facturas pendentes de pagar dende o ano 2014.

A través do Primeiro Mecanismo do ano 2022 o Concello declarou á Axencia Tributaria 1.240.415,52 € en facturas pendentes e no ano 2023 un total de 1.528.593 €.

O Mecanismo de Pago a Proveedores foi unha ferramenta que permitiu pagar todas as facturas que estaban pendentes dende hay case 9 anos e cumprir coa obriga de pagar o debido.

Pero nun comunicado que o Concello publicou o pasado 3 de maio, xa avanzou que, con todo, estas dúas obrigas de Hacienda traerían consecuencias para os ingresos do Concello, porque teríamos que devolver estas cantidades. O que non se sabía era a cantidade mensual.

A devolución destes  2.769.008,52 €, se practica a través das retencións dos ingresos que o Concello percibe do estado (pola Participación nos Tributos do Estado) e que A Cañiza se corresponden 92.000 €/mes.

Ao reter Facenda o 50 % o Concello deixa de ingresar cada mes 46.000,00 € un total de 552.000 € menos ao ano.

Con todo o Concello pode solicitar a rebaixa desta retención ata o 25 % (aclarar que esta é unha potestade de Facenda, que é quén decide canto vai rebaixar en función da situación de cada concello). O Artigo 117 da Ley de Presupuestos Generales del Estado 2023, permite esta rebaixa sempre que a Corporación acredite a existencia de graves desfases na tesourería.

Necesidade de sanear as contas

Todas estas medidas están adoptadas para poder equilibrar os capítulos de gastos e ingresos nos vindeiros exercicios, pero que o alcalde xa avanzou que “será moi complicado conseguilo se o Ministerio de Facenda non rebaixa a retención, xa que á grave situación económica do noso Concello, herdada de mandatos anteriores, hay que engadir a carestía da prestación dos servizos pola nosa configuración territorial: un territorio de 108 Km, cunha poboación altamente diseminada e barrios pouco poboados”. Continúa manifestando o Alcalde que “tampouco podemos sacrificar máis aos nosos veciños, que non teñen a culpa de que non se teña gobernado antes con responsabilidade atendendo ás posibilidades económicas do Concello”.  “con todo non podemos deixar de realizar o noso traballo, ainda que sabemos que estas decisións son difíciles e máis nos tempos que estamos vivindo coa carestía e aumento de prezos do Mercado”.

Remata o alcalde manifestando que “esperamos que o Ministerio de Hacienda teña en conta o sacrificio que todos os cañicenses estamos facendo asumindo a actualización dos impostos e taxas e os recortes en determinados gastos e que nos conceda a rebaixa da retención ata o 25 %. De non ser así o Concello deixará de percibir 552.000 €/ ano. Se conseguimos a rebaixa os ingresos do Estado pasarían de 1.104.000  a 828.000 €”.

O Concello non está intervido por Facenda

Por outra banda o alcalde aclarou que “o Concello non está intervido por Facenda, senon que ten que devolver os 2.769.008,52 € que o anterior Goberno do PP non foi quen de pagar, a pesares de realizar o gasto. A situación actual ven derivada da  falta de rigor e inadecuada praxis municipal do Goberno anterior, e invito a todos os veciños que teñan dúbidas a comprobalo en instancias municipais”.

Nigrán ofrece hoxe o concerto do Grupo de Cordas de Priegue

0

O Concello de Nigrán ofrece hoxe venres 1 de decembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o concerto do ‘Grupo de Cordas O Torreiro de Priegue’, coa gran particularidade de que está integrado por 21 persoas adultas formadas no método Abreu grazas aos irmáns Mario e Miguel Ángel Quiñones, venezolanos afincados en Nigrán discípulos directos de José Antonio Abreu, recoñecido mundialmente por ter sido o fundador do prestixioso ‘Sistema Nacional de Orquestas Infantiles y Juveniles de Venezuela’. Os asistentes ao poderán comprobar in-situ o auténtido ‘milagre’ de Abreu: algúns debutan ante o público cando hai un ano non sabían nin tocar o instrumento nin nada de música e todos teñen en común terse integrado no grupo en condicións iguais ou moi similares. A agrupación está aberta a recibir máis persoas interesadas en aprender, independientemente da súa idade e do instrumento que desexen, que non ten porqué ser de corda. “Na música, como noutras artes, nunca é tarde para aprender”, insisten os irmáns Quiñones.

“O legado de José Antonio Abreu, falecido en Caracas no 2018, sigue vivo en Galicia grazas a que temos a sorte de contar cos seus discípulos directos como veciños, así que non podemos estar máis que orgullosos de que toquen no noso Auditorio. Compartimos a súa filosofía absolutamente e a admiramos. Todo o mundo ten dereito a ter acceso á educación musical e aquí temos o resultado”, explica o alcalde, Juan González.

O sistema pedagóxico que naceu coa intención de lograr a inclusión social, que supuxo o boom da música en latinoamérica e que se exportou mundialmente, consiste na práctica desde o primeiro día co instrumento. “Ao igual que as crianzas aprender primeiro a falar e despois a ler, coa música pode ser igual, primeiro identifícanse sons coa súa ubicación no pentagrama”, explican os irmáns Quiñones, moi coñecidos en Nigrán por ter fundado Miguel Ángel a principios do 2000 unha orquesta infantil e xuvenil baixo estes principios. A realidade é que o ‘milagre Abreu’ dos irmáns Quiñones permitirá que este venres 21 persoas de entre 35 e 80 anos de toda a comarca interpreten con gran calidade pezas de Vivaldi, Tchaikovsky ou música tradicional irlandesa, merengue ou a canción de ‘Piratas del Caribe’.

“Non somos a Sinfónica de Berlín pero temos conseguido un gran son, todos son músicos amateurs que comezaron sen coñecemento previo algún ou gardado na súa infancia e a día de hoxe tocan e saben ler partituras”, explica Mario Quiñones, ‘primeira xeración Abreu’ e quen foi durante 38 anos violinista da prestixiosa Orquesta Sinfónica Simón Bolívar de Venezuela; mentras que o seu irmán Miguel Ángel, pianista e formador tamén ‘primeira xeración’, encargouse durante anos de dirixir orquestras infantís integradas no ‘Sistema Nacional de Orquestas Infantiles y Juveniles de Venezuela’ . A inicios dos 2000, este último chegou a Nigrán e tamén o implementou con rapaces do municipio, retomando a iniciativa hai 7 anos con este grupo con sede no Torreiro de Priegue e baixo o amparo de Antonio Grela, gran erudito musical que inicialmente lles conseguíu un espazo en Vigo e ao que amosan o seu máximo agradecemento. “O concerto é un momento de gran estímulo para calquera músico, cando entra alguén novo, procuramos que en 6 meses estea xa tocando en público”, comenta Mario. Este venres Nigrán ofrecerá ese “momento”.

Oito equipos do Baixo Miño disputarán o Campionato Nacional de Futbolín

0

O futbolín gaña peso no Rosal. Oito equipos do Baixo Miño que disputan a Liga Nacional de Futbolín nas instalacións de Editorial Tamuxe no Rosal, participarán esta fin de semana no XXVI Campionato Nacional de Futbolín 2023, que reunirá en Lalín aos mellores xogadores e de España.

Con tres modalidades diferentes (movemento, parado e feminino) o torneo de Presas EVO terá catro categorías (Elite, Primeira, Segunda e Terceira) con máis de 10.000 euros en premios e trofeos. En total serán 16 xogadores e xogadoras do Baixo Miño a que disputen este campionato, un dos máis importantes do panorama futbolineiro actual.

Estes oito equipos do Baixo Miño participan na Liga Nacional de Futbolín do Rosal, na modalidade parado, que arrancou a principios do mes de novembro contando co apoio do Concello do Rosal e de diferentes comercios e locais de lecer baixomiñotos, como a Cafetería Nenza Xida, Bar Troya, Pub Jota, Rodrimar, Cerraxería Vintanox, O Lavado de Jorge, Nahomar Electrodomésticos, Decoraciones Delosan ou o Spartan Team Tomiño.

A Federación de ANPAS de Redondela lanza un vídeo sobre a corresponsabilidade

0

A Federación de ANPAS de Redondela (formada polos 17 centros de ensino público do Concello de Redondela e Pazos) impulsou, a través do programa Corresponsables da Xunta de Galicia – SI436C-, dúas iniciativas innovadoras para fomentar a corresponsabilidade no ámbito familiar.

O primeiro deles é a edición dun vídeo publicado no canal youtube da Federación no que os propios nenos falan do que significa para eles a corresponsabilidade. O vídeo, cun ton amable e fresco, busca concienciar á sociedade sobre a importancia de que todos os membros da familia participen nas tarefas domésticas e de coidado formando un verdadeiro equipo. Unha boa escolma de alumnado dos centros sentiuse “artista por unha tarde” nos ensaios para a posterior montaxe da man do Gabinete Amaturi e o estudo creativo XO liderado por Xoel Méndez Pérez.

A segunda iniciativa é un proxecto de Talleres Corresponsables para pais de adolescentes. O obxectivo deste proxecto é proporcionar ás familias múltiples e mellores ferramentas de Intelixencia Emocional coas que acometer candanseu proxecto familiar. Este programa, levado a cabo polo Centro de Desenrolo de Saúde Comunitaria Marie Langer, compleméntase con intervencións eminentemente experienciais cos adolescentes nas aulas nas que poder verbalizar cómo se sinten en cada etapa vital.

“Cremos que a corresponsabilidade é un piar fundamental para a construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria, afirma Patri Do Camiño, unha das coordinadoras, xunto con Xosé Manuel Lago por parte da Federación de ANPAS de Redondela. “Por este motivo, traballamos para promover esta cultura no ámbito familiar a través de iniciativas innovadoras que cheguen a todos os públicos”, engade.

As dúas iniciativas contan co apoio do programa Corresponsables da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo promover a conciliación da vida laboral, familiar e persoal ambas cunha resposta moi positiva por parte do conxunto da comunidade educativa.

Arbo celebra esta fin de semana o seu mercado de Nadal

0

O Concello de Arbo xa prepara o Nadal ao grande. De feito, como preludio das festas, este fin de semana celebrará o seu xa tradiconal ArboNadal, Mercadillo Solidario do Nadal, donde ademais, durante a xornada do sábado, terá lugar o encendido das luces de Nadal.

ArboNadal, pretende ser un referente navideño na comarca, contará cun total de 22 postos onde o visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía do Nadal, a oferta de artesáns, complementos, cosmética, madeira, bixutería, castañas asadas, amendoas garrapiñadas, vinagres, pementons, productos ecoloxicos, verdura, froita, hortalizas e castañas asadas serán algunhas das maravillas as que poderá acceder o comprador. Tamén terán presencia no Mercado ONG’S e asociacións arbenses.

Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal conta cun variado programa de actividades dirixido  os máis cativos que bailaran, xogaran e coñecerán ao seus persoaxes Disney favoritos.

O Concello de Arbo, terá a disposición dos compradores e visitantes, dúas caixas na Porta do Concello, donde se recollerán xoguetes e comida non perecedeira para repartir entre as familias máis necesitadas do municipio.

Sábado 2 de decembro

  • 11:30 horas – Apertura de postos de artesanía, segunda man, comida, complementos, roupa, hortalizas, plantas, decoración navideña, castañas asadas, ONGs……, na Praza do Concello
  • 17:00 horas – Festa infantil con xogos, música e moitas sorpresas
  • 18:00 horas – Visita de persoaxes Disney 
  • 18:30 horas – Encendido das luces do Nadal

Domingo 3 de decembro

  • 11:30 horas – Apertura de postos de artesanía, segunda man, comida, complementos, roupa, hortalizas, plantas, decoración navideña, castañas asadas, ONGs……, na Praza do Concello
  • 17:00 horas – Festa infantil con xogos, música e moitas sorpresas

A Deputación presenta en Gondomar o seu novo programa de compostaxe “Ponte a Zero”

0

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou o novo programa Ponte a Zero, que ten como obxectivo fomentar a compostaxe e a separación de residuos en toda a provincia. Nunha visita ao CEIP Serra-Vincios de Gondomar, o mandatario provincial explicou ao alumnado e ao profesorado as liñas mestras deste proxecto de educación ambiental que centrará a súa actividade, con charlas, actividades, talleres e formación nos centros educativos da provincia e conta cun investimento por parte da Deputación de 150.000 euros.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar os datos de compostaxe, reciclaxe e recollida selectiva do lixo no territorio pontevedrés. A provincia sitúase seis puntos por detrás da media galega en canto a reciclaxe, polo que é preciso concienciar á poboación local para que entenda a necesidade de separar correctamente os residuos para reducir os custes de recollida e tratamento e cumprir cos obxectivos marcados pola Unión Europea en materia de xestión de residuos.

Durante a visita, o presidente comentou cos estudantes de Educación Primaria deste centro de Gondomar aspectos relacionados coa compostaxe e adiantoulles as actividades que realizarán ao longo do curso académico ao abeiro deste programa. Tamén participou no obradoiro organizado nunha clase do centro educativo para dar a coñecer e divulgar o programa que contará con charlas para explicar que facer cos residuos, con xogos para descubrir como reducir a contaminación, coa creación de hortas escolares, e con numerosos experimentos para dar a coñecer como funciona un composteiro.

Este programa execútase en colaboración co CEIDA (Centro de Referencia para a Educación Ambiental de Galicia), un organismo co que a Deputación leva colaborando neste eido desde o ano 2017. Con todo, a novidade deste novo programa pasa por centrar os esforzos na concienciación ao conxunto da comunidade educativa, con iniciativas destinadas a estudantes desde Educación Infantil a Formación Profesional, ao profesorado e mesmo aos integrantes das asociacións de pais.

Tui comeza hoxe coa súa programación de Nadal

0

Todo preparado en Tui para dar a benvida ao mes de decembro marcado pola celebración das festas de Nadal. Nas distintas rúas ultímanse os detalles para pór todo a punto para mañá inaugurar tanto a decoración de rúa coma a iluminación que encherá de cor, ilusión e maxia o centro urbano durante o Nadal.

Hoxe ás 17 h terá lugar a inauguración do Mercado de Nadal cos quince primeiros expositores nas casetas de madeira no Paseo da Corredoira  que achegarán produtos vinculados ao Nadal dende decoración, agasallos, ou gastronomía.

Tui acenderá mañá o seu alumeado de Nadal que encherá de luz as distintas rúas e prazas. O acto simbólico de acendido da iluminación será ás 18.30 h na praza da Inmaculada, ou se chove na carpa na Corredoira. 

Non faltará nesta primeira xornada da programación a animación. Así ás 17 h Barafunda Animación presentará na carpa situada na zona peonil do Paseo da Corredoira o seu espectáculo “Abordaxe Pirata”. No mesmo lugar ás 19 h actuará o grupo de pandereteiras Arrancaxestas de Ribadelouro.  Xa o sábado, 2 de decembro, a partir das 19 h realizará un pasarrúas a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro.

A partir de mañá tamén se poderá visitar nas rúas e prazas a decoración sostible con elementos coma árbores, un poboado nevado, ou a frecha amarela que marca esta programación de Nadal.

A cidade vivirá así a programación “Tui, o Camiño do Nadal” con un amplo programa que se prolongará até o venres 5 de xaneiro.

Mos felicita ao seu veciño centenario da parroquia de Tameiga

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira da parroquia de Tameiga, Feli Rodríguez, achegáronse onte a felicitar polo seu aniversario ao veciño centenario Eladio Troncoso Rodríguez. Fixérono no seu domicilio en Tameiga, súa parroquia natal e onde leva vivindo os seus 100 anos de vida, e recibiunas acompañado dos seus fillos, Mara e Eladio, e o seu xenro, Suso.

Eladio naceu un 30 de novembro de hai xa un século, e conta que a súa foi unha infancia complicada, pois corrían tempos difíciles, de posguerra.

Dous dos seus irmáns emigraron a Arxentina pero el quedou en Tameiga, onde casou con Lola, tamén veciña da parroquia, coa que conviviu durante 70 anos. Lola faleceu hai 4 anos, coa idade de 90, e a súa perda é algo moi duro para Eladio, que non logra superar; pola inmensa ausencia que deixa a que foi a súa gran compañeira de vida.

Lola foi de profesión mestra e xubilouse da súa carreira como docente no colexio mosense CEIP Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda. Pola súa banda Eladio exerceu de camioneiro durante toda a súa vida laboral.

Ademais dos seus dous fillos Mara e Eladio, Eladio ten 3 netos e 3 bisnetos. E segundo comenta a súa filla Mara os máis cativos, os seus bisnetos, son os que máis ledicias lle dan a Eladio. “O que máis alegría lle aporta é ver chegar aos bisnetos”, di Mara Troncoso.

Eladio é un dos 5 veciños centenarios cos que conta Mos nestes momentos. Dos 5, 3 deles teñen 100 anos, e os outros 2 teñen 102. Os centenarios de Mos son residentes nas parroquias de Tameiga, Pereiras, Mos e Dornelas.

Luz verde á esperada construción do novo Centro de Saúde en Ponteareas

O Concello de Ponteareas vén de aprobar o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde, para a cesión dos terreos e a execución das obras de construción do novo Centro de Saúde na localidade. Trátase dun proxecto diferencial e prioritario que dotará á vila dunha infraestrutura clave para ampliar e mellorar a atención asistencial aos veciños e veciñas.

Co obxectivo de axilizar ao máximo o proxecto, o Concello de Ponteareas realizará os trámites patrimoniais e urbanísticos que sexan necesarios para posibilitar a cesión patrimonial ao Servizo Galego de Saúde de dúas parcelas no Polígono 51 na parroquia de Arcos, onde se asentará o novo centro de referencia en materia sanitaria.

O concello asumirá todos os gastos necesarios para dotar á parcela das infraestruturas precisas, como os accesos rodados e peonís, o abastecemento de auga, o saneamento, a subministración eléctrica, o alumeado, a telefonía, o aparcadoiro, etc. Así mesmo, o mantemento futuro da parcela tamén será por conta do concello.

Este proxecto foi un dos grandes compromisos adquiridos coa cidadanía de Ponteareas e, despois da súa aprobación en pleno, comeza unha nova etapa na vila, na que a defensa dos servizos e a atención da Sanidade Pública contará cunha nova infraestrutura de referencia para a totalidade dos veciños. A oposición votou en contra.

Redondela instala unha nova papeleira no CEIP de Cedeira para fomentar merendas saudables

0

Os concelleiros de Sostibilidade, Roberto Villar, e Ensino, Iván Valles, visitaron esta mañá o CEIP de Cedeira para facerlle entrega dunha papeleira deseñada e elaborada polo carpinteiro municipal.

O colector foi unha petición do centro escolar “para reducir o uso de plástico nas merendas da rapazada e fomentar o residuo cero”, sinala a mestra Jessica Rodríguez Piñeiro. A profesora explica que solicitaron unha papeleira cunha cara transparente “para que os nenos e nenas vexan cantos residuos se xeran nun recreo e ao longo dos días con todo o plástico dos paquetes de galletas, etc.” O obxectivo é fomentar merendas máis saudables como a froita “e que ademais non deixan residuos”. O director do centro, José Luis Ojea, agradeceu a colaboración do Concello coa doazón desta papeleira “cun deseño e unha feitura moi prácticos e axeitados para o seu uso por parte do alumnado”.

O concelleiro de Sostibilidade, Roberto Villar, puxo en valor o traballo do carpinteiro municipal “que se encargou do deseño e fabricación da peza” que é un colector verde cunha fiestra en forma de mazá. Iván Valles, responsable de Ensino, amosouse tamén satisfeito do proxecto posto en marcha polo centro “que fomenta entre os nenos a redución dos residuos cunha aprendizaxe práctica nos recreos escolares”.

Baiona presenta a súa programación de BaiNadal

0

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Festexos e a Concellería de Cultura, presentou este mañá no salón de plenos a programación organizada con motivo da campaña de Nadal “BaiNadal 2023-2024”, que contempla numerosas actividades culturais e de lecer para públicos de todos os gustos e todas as idades.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a concelleira de Festexos, Ruth Álvarez González, acompañados por representantes de ACEBA (Asociación de Empresarios e Comerciantes de Baiona), e OVALMI, informaron o detalle da extensa e completa programación que recolle numerosas actividades especialmente pensadas para o público infantil, sendo un dos seus principais obxectivos contribuír á dinamización das zonas comerciais da vila para fomentar as compras do Nadal e o consumo nos comercios e establecementos baioneses.

O rexedor e a edil detallaron as actividades deseñadas desde a Concellería de Festexos e a Concellería de Cultura para a programación do Nadal. Unha programación “na que puxemos todo o noso esforzo e agarimo”.

Por iso, desde ambas as concellerías destaca o mandatario, “fixemos unha aposta potente coidando o noso tecido local. Unha programación que, como non pode ser doutra maneira nestas datas, mira tamén con especial atención á infancia, cun amplo abanico de propostas lúdicas”.

“Desde o Concello de Baiona destacamos o carácter sostible desta programación do Nadal que deseñamos onde hai que sinalar a colaboración público-privada e a participación actividade da veciñanza,as asociacións e as empresas privadas coa institución local. Por tanto falamos de sustentabilidade social, económica e medio ambiental. Neste último punto, gustaríame facer referencia ao concurso de adornos de nadal con materiais reciclados que convocamos por primeira vez e cuxos adornos xa empezan a decorar as nosas rúas e que tivo moita acollida entre os colectivos e as familias do municipio”.

Trátase, en definitiva, conclúe o alcalde en “fomentar un consumo responsable a través da creación e xogos, adornos do Nadal con materiais de reciclaxe e, por suposto, incidir na importancia de consumir produtos e servizos locais por moitas vantaxes que ten, tanto ambientais, como sociais e económicas. Desde o Concello de Baiona apostamos pola economía azul. Non pode haber crecemento económico sen esta sustentabilidade ambiental e social”.

Estes espectáculos desenvolveranse entre o 3 de decembro e o 5 de xaneiro na na Praza do Concello, no Multiusos Mercado de Sabarís, na Zona vella ou na o Avenida Julián Valverde de Sabarís.

O aceso da iluminación de nadal será o sábado 9 de decembro ás 20:30 h, na praza do Concello. Previamente, ambientarase desde as 19:15h co espectáculo de animación infantil “Trasgos Tolos Nadal”. Despois do aceso poderase gozar da actuación do grupo “Os Luns ao Sol Vigo”.

A nota solidaria da programación terá lugar o venres 15 de decembro xa que se organizou ás 20:00h un Festival de Panxoliñas Benéfico a favor da ONG local “Axuda ao Mundo Necesitado” no que participarán a Coral Polifónica “San Lorenzo de Belesar”; a Coral “ A Cela” de Baredo e a Coral Polifónica“Baiona A Real”.

O domingo 17, o alumnado de 4º da E.S.Ou, e 2º F.P. do I.E.S. Primiero de Marzo organizan un “Mercadillo de Nadal” na praza do concello con artigos de segunda man, chocolatada, sesión Dj e moitas sorpresas máis desde ás 11:00 ata as 20:00h.

O mércores 20, actividade “A *Árbore Sostible do Nadal”, un tallerde reciclaxe con xogos familiares e sorteos para o público infantil patrocinado por ECOVIDRIO.

Entre as atraccións do Nadal a destacar, as badaladas de fin de ano que se adiantarán ao venres 29 de decembro na praza do concello. Xa desde as 23:15 crearase ambiente na Zona vella coa actuación de “A Patrulla”. Tras as uvas, ás 00:00 poderase seguir gozando do concerto deste grupo.

Outra das grandes novidades da programación deste ano son os talleres infantís de nadal con materiais reciclados animados con personaxes de Disney que levarán ata as parroquias baionesas.

O 23 de decembro desde as 17:30h o Concello de Baiona acollerá a visita de Papa Noel para que todas aquelas persoas que o desexen poidan gozar e ver en primeira persoa a Papa Noel un día antes do seu gran día de entrega de agasallos e tamén facerlle chegar as súas peticións. A Zona vella estará ambientado cun pasacalles de animación de elfos e espectáculos polas rúas.

O día 24 de decembro as rúas da Zona vella estarán amenizadas polo pasarúas da Rondalla Santa Eulalia de Mos desde ás 11:00h. Aquelas persoas que se acheguen ata o centro histórico da vila para gozar da mítica tarde de viños atoparanse cos ritmos e a música a partir das 18:00h do pasacalles da charanga “Os Jaláticos”. A Avenida Julián Valverde de Sabarís tamén estará amenizada pola charanga “Nova Cubana”. O último día do ano, o domingo 31 de decembro, as rúas do casco e previamente a Avenida Julián Valverde de Sabarís pola mañá a partir das 11:00h estará amenizada polo pasacalles da Rondalla Santiago de Parada-Nigrán. Aquelas persoas que se acheguen ata o centro histórico da vila pola tarde atoparanse cos ritmos e a música a partir das 18:00h do pasacalles da “Charanga Va K Pinta”.

Por outra banda, a praza do Concello de Baiona tamén albergará numerosas actuacións da programación especial con motivo destas festas como as actuacións musicais de Marcos Rodríguez, o Rock Q’Mola… espectáculos familiares así como galas musicais.

Tamén volven os clásicos, como o festival de polifonía e panxoliñas da Coral Polifónica Baiona “A Real” na Igrexa de Santa María de Baiona, o concerto de nadal do coro de homes “Voces Baionesas”, ou o da Asociación Cultural “Baiona Bay”, unha nova edición da gala de nadal do grupo “Dando a Nota de Baredo”…

O Multiusos Mercado de Sabarís acollerá varias sesións de cinema no nadal para os máis pequenos. Ademais destas actividades, leste mesmo espazo, tamén contará cunha exposición de micro-beléns organizada, a través da Concellería de Cultura, e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís (COEMSA).A inauguración será o 15 de decembro e permanecerá aberto para ser visitado ata o próximo 7 de xaneiro.

O broche de ouro da programación terá lugar o venres 5 de xaneiro coa Gran Cabalgata de Reyes que sairá ás 17:00h do Puente Romano da Ramallosa e que percorrerá Sabarís ata chegar a Praia de Santa Marta de onde sairá ás 18:00h para finalizar a recepción de SS.MM. os Reis Magos de Oriente na praza do concello. Un día antes, a praza acollerá a partir das 17:00h a visita do Carteiro Real para que os máis pequenos poidan facerlle entrega das súas peticións. As súas maxestades os reis meigos repartirán ao redor de 1.500Kg de caramelos para iso contaron coa colaboración das seguintes empresas: FCC Medio Ambiente, S.A.; Cámping Baiona Praia; Lugove; Limpezas FARO;Gestagua; Maís Enerxía Galega; CARYPALBO S.L.; COVIGAL; Estación de Servizo Monterreal; Irago, S.A.; EROISKI Center; ABANCA; Ferraxería Electrogayfer S.L; Roberto Rodríguez; Carrefour Market; Romixter S.L; ALMIJOCAR S.L; Millarada Motor, S.L.; Covigal S.L (Comercial De Vehiculos Industriais De Galicia). Aínda está pendente a contestación a outras empresas ás que se lle remitiu a proposta.

Salvaterra instala contadores intelixentes

O Concello de Salvaterra de Miño destina preto de 50.000 euros a través da subvención do Fondo de Cooperación Local para investimentos destinados á modernización e á mellora das redes de abastecemento municipal.

Esta actuación ven marcada dentro da Auditoría Municipal do Abastecemento e o Plan de actuacións para minimizar as perdas de auga aprobado en novembro do ano 2022. Como parte fundamental desta auditoría, tendo en conta os datos obtidos da análise do sistema de abastecemento e dos indicadores de eficiencia na rede de abastecemento, deseñouse un Plan de actuación de cara a minimizar as perdas de auga no sistema. Este plan desenvolve unha orientación da inversión necesaria para cada unha das actuacións propostas, así como unha programación temporal nos catro anos seguintes á aprobación do Plan de Actuación polo concello.

Con esta actuación de implantación de contadores intelixentes nos puntos de subministro, acción enmarcada dentro do Plan de actuación, conseguiuse cambiar 150 contadores, entre as parroquias de Lourido, Soutolobre e Corzáns. Un total de 150 contadores electrónicos con módulo de comunicación que permitirán facer unha lectura diaria, co fin de dispor de volumes consumidos polos usuarios de maneira diaria e automática, facendo o sistema máis eficiente.

Concello do Porriño e Diócese de Tui-Vigo formalizan a cesión da casa cultural de Cans

O Concello do Porriño e a Diócese de Tui-Vigo formalizaron o convenio que dá resposta a unha das grandes demandas da veciñanza de Cans: a cesión da casa cultural da parroquia.

A edificación conta cunha planta baixa de 93 m2 que pese a ser propiedade da diócese é usada pola Asociación de Veciños de Cans, e unha segunda de 97 m2 destinada, en parte a usos veciñais e en parte a uso relixioso.

A través deste convenio, a Diócese de Tui-Vigo cede de maneira gratuíta e por tempo indefinido estas instalacións ao Concello do Porriño para uso e disfrute da veciñanza da parroquia, destinándose a usos sociais, culturais e veciñais. A cesión contempla tamén, aínda que de forma compartida coa Diócese, o uso do adro da Igrexa de Santo Estevo de Cans por un prazo de 50 anos prorrogable por outros 50.

“Atendemos a unha demanda histórica da veciñanza da parroquia, poñendo á súa disposición a casa cultural  que en virtude deste acordo, será acondicionada e mellorada polo Concello”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Ademais podemos realizar no torreiro as melloras necesarias e o correcto mantemento do mesmo, que xa comezou coa reparación do muro que se derrubou coas choivas e a instalación dunha nova bancada, xa que a anterior estaba danada”.

O rexedor quixo agradecer a disposición da Diócese a chegar a este acordo en beneficio da veciñanza de Cans. “Pese ao carácter privativo do patrimonio relixioso mostraron a súa vontade dende o primeiro momento de poner ao servizo dos vecinos o seu patrimonio, entendendo que carecían de locais públicos axeitados para levar a cabo actividades de carácter cultural e asociativo”.

Reparación do muro do adro

Esta semana rematáronse tamén as obras de reconstrucción do muro de contención do adro que rodea a Igrexa de Santo Estevo de Cans, tras sofrer unha derruba parcial dunha parte do mesmo, co risco de afundimento do chan do adro que implicaba e a desestabilización dos muros da propia igrexa.  O muro perimetral desprenderase a principios do mes de novembro debido á acumulación de augas no interior durante polas fortes choivas deses días.

Restauración da bancada do torreiro

No marco da intervención que se está a levar a cabo na contorna da Igrexa de Santo Estevo de Cans, o Concello do Porriño está a executar estes días os traballos de restauración das gradas do torreiro. As antigas bancadas estaban formadas por táboas de madeira de piñeiro parafusadas ao muro de formigón e, debido ao escaso espesor das mesmas, co paso do tempo e a acción dos axentes atmosféricos estaban rotas, agretadas e con síntomas de podredume nalgúns puntos.

Para resolver este problema, as actuacións estanse a centrar na  substitución dos elementos de madeira por outros de pedra, de maior duración e máis fácil mantemento.

Tui abre o prazo de inscrición no curso de deshabituación tabáquica

0

Até o 22 de decembro está aberto o prazo de inscrición para participar no curso de Deshabituación Tabáquica que organiza o Concello de Tui, a través do departamento de Prevención das Drogodependencias, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.

As persoas interesadas en participar neste cursos para deixar de fumar pódense anotar persoalmente nas dependencias de Servizos Sociais, na casa do concello, no correo [email protected] ou no teléfono 986 60 36 25. Vai dirixido a persoas maiores de 18 anos que desexen deixar de fumar.  Trátase dun programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono. No curso poderán participar un máximo de 14 persoas.

O curso consta de sete sesións cunha duración de hora e media cada unha, que se impartirán en horario de tarde.  No mes de xaneiro terá lugar unha primeira entrevista coa terapeuta e o curso comezará o día 15 de xaneiro. Este tipo de terapias brindan apoio técnico, consellos, compañía e recompensas.

O Concello pon a disposición das familias de Ponteareas o campamento Concilia-Tea Nadal

O Concello de Ponteareas anuncia a chegada de Concilia-Tea Nadal, un programa deseñado para ofrecer ás familias un espazo divertido e educativo para os máis pequenos durante as vacacións do Nadal.

Este campamento, dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos escolarizados nas etapas de Educación Infantil e Educación Primaria, busca promover a conciliación familiar coa laboral ao mesmo tempo que fomenta a aprendizaxe, a creatividade e a diversión.

A actividade desenvolverase nas instalacións do CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas, situado na rúa Fermín Bouza Brey, 13, durante os días laborais comprendidos entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro, ambos incluídos, en horario de 9:00 a 14:00 horas. O custe é de 50 euros por participante. Ademais, ofrécese un servizo de aula matinal desde as 8:00 ata as 9:00 horas por 10 euros adicionais. É importante mencionar que é preciso un mínimo de 25 inscritos para realizar a actividade principal e 10 para o servizo de aula matinal.

A preinscrición estará aberta desde mañá, 30 de novembro, ata o vindeiro xoves, 7 de decembro e as bases e o impreso poderán obterse na Oficina de Ensino, na segunda planta do concello, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, no Rexistro Xeral do Concello de Ponteareas ou na páxina web ponteareas.gal. A documentación requerida deberá presentarse no Rexistro xeral do Concello de Ponteareas, en horario de 9 a 14 horas ou ben mediante a sede electrónica municipal, previa identificación electrónica: https://ponteareas.sedelectronica.gal.

O xoves 7 de decembro publicarase unha listaxe provisional de admitidos/as nos taboleiros do Concello e tamén na páxina web. A listaxe definitiva estará dispoñible o 13 de decembro nos mesmos lugares. A información completa está publicada nas bases da convocatoria.

En caso de superar a demanda das prazas dispoñibles, iranse cubrindo por estrita orde de presentación no rexistro do Concello de Ponteareas, dando prioridade aos menores empadroados en Ponteareas. Unha vez confirmada a praza, requirirase a presentación da documentación necesaria nun prazo máximo de 48 horas.

O Viso acolle o V Magosto Sinha Paca

0

O Concello de Redondela organiza, xunto coa plataforma de artistas e activistas Sinha Paca, o V Magosto que se celebrará este sábado día 2 de decembro. E se o ano pasado trasladaron a festa á parroquia de Quintela, nesta edición o lugar elixido é a Gándara, no Viso. Nesta ocasión contan coa colaboración da Asociación Fonte do Allo do Viso, a Asociación de Festas do Carme de Soutoxuste, a AVV O Eixo de Soutoxuste e a Sociedade Cultural do Viso.

Haberá actividades ao longo de toda a xornada. O grupo de pandeireteiras Terra Meigas do Vigo e o trío Sindicato do Folclore serán os encargados de abrir a festa ás 12.30 horas. Ás 14.30 comezará o xantar popular cunha gran garavanzada, tamén con opción vegana, e desde a organización lembran que é preciso facer a reserva por whatsapp no número 679352585.

Pola tarde, desde as 16.00 horas, haberá xogos populares para todas as idades, unha ruta familiar na que buscar elementos naturais para despois construír un “Landart” colectivo e, de seguido, un obradoiro para crianzas de cancións e músicas do magosto.

Logo chega a quenda do obradoiro de danza africana con Itzzy Mousso e a actuación do Coro Tirapuxa de Trasmañó. O pregón correrá a cargo da cantante e animadora Marcela Canela, veciña do Viso. O concertos comezarán ás 20.00 horas da man dos grupos Tanto Nos Ten, Habelas Hainas e o rapeiro local Nani. Para rematar a festa estará o dúo de Pica-discos local AshLeiras. Non van faltar as castañas asadas de balde, mercado de artesanía, espazo vegano, rosquillas e chouripán.

Un ano máis, e xa van cinco, desde Sinha Paca presumen dunha programación “na que gostamos do noso, da cultura pequena, reivindicamos a tradición, refrescamos a memoria e mais subimos historias no Instagram” sinala Berto Covelo, un dos organizadores. Desde a concellería de Cultura a edil Rita Pérez salienta a importancia de seguir apostando desde o Concello por actividades como este magosto “unha tradición tan nosa onde se mestura a festa, a cultura e a convivencia entre a veciñanza nunha xornada con actividades pensadas para toda a familia”.

Decembro comeza cunha xornada de portas abertas do Serradoiro dos Carranos en Covelo

0

O Concello de Covelo informa que este domingo día 2 de decembro haberá unha nova xornada de portas abertas do Serradoiro dos Carranos e da súa aula de natureza organizada co apoio da Deputación de Pontevedra. As visitas guiadas ao serradoiro enmárcanse na programación conxunta de promoción turística e do patrimonio cultural e natural que tamén ofrece rutas, observación das estrelas da man da Asociación Galega de Astronomía e distintas actividades. Promover hábitos de vida saudable e difundir a riqueza patrimonial e medioambiental do Concello de Covelo é o obxectivo das visitas guiadas que se programan ao longo de todo o ano totalmente de balde, así o explica a Concelleira de Cultura, Lourdes Enes.

O Concello oferta a oportunidade de visitar este espectacular serradoiro nos seguintes tramos horarios: de 10 a 11:30 horas, de 12 a 13:30 horas, de 14 a 15:30 e de 16 a 17:30 horas. As inscricións poderán realizarse a través do número de teléfono que xestiona o guía de montaña e biólogo, Julio Eiroa, 654 500 652.

A programación anual do Concello de Covelo permite á cidadanía gozar dunha oferta de lecer estable e organizada que pon en valor o patrimonio cultural e natural.

O serradoiro dos Carranos

O Serradoiro dos Carranos utiliza a forza motriz da auga para move-la serra e foi construído aproximadamente no 1922, coincidindo curiosamente coa construción da central hidráulica de Chicoreiras, que producía a luz para o entorno. A súa construción fíxose en pedra e escavando a rocha do lugar aínda que despois foi reconstruido en ladrillo. O conxunto do serradoiro consta de catro edificacións: o serradeiro propiamente dito, un sequeiro e almacén de madeira, unha pequena forxa e un pequeno almacén. Tamén podemos apreciar un pequeno forno para a queima de residuos e os raís para o transporte de madeira ata o interior do serradoiro. A dedicación principal deste conxunto era a fabricación de carros, dedicación á que debe o nome o serradoiro e razón pola cal podemos atopar unha forxa, xa que as ferraxes para estes carros tamén se forxaban aquí. A localización do serradoiro tamén ten que ver con esta dedicación xa que se sitúa á beira do camiño empedrado que levaba a Ourense, polo que pasa hoxe en día o sendeiro.

O Concello de Nigrán informa da pronta aprobación provisional do PXOM

0

O Concello de Nigrán, tal e como se comprometera, convocou onte o Consello Sectorial do PXOM co fin de informar sobre o estado actual de tramitación do documento, moi preto xa da súa aprobación provisional. A esta cita, tal e como recolle o regulamento deste órgano aprobado polo goberno socialista de Efrén Juanes no 2008, estiveron chamadas a participar 22 entidades deportivas, culturais, veciñais, de montes ou augas do municipio, así como representantes dos diferentes partidos políticos e o Colexio de Aparelladores ou APROIN. O obxectivo non foi outro que informar de man do propio equipo redactor da situación do Plan, con todos os informes sectoriais favorables desde o pasado mes de marzo, cando a Axencia Galega de Infraestruturas deu o visto bo tras 3 anos de traballo. Previamente a esta convocatoria, o goberno local mantivo durante o mes de setembro reunións abertas á participación veciñal en cada parroquia, deixando alí o propio documento, pendurado ademáis na web municipal e dispoñible en Urbanismo (onde se chegou a ampliar o horario para atender consultas polas tardes).

Esta é a terceira vez que o goberno de Juan González convoca o Consello Sectorial, sendo a derradeira no 2018 para informar da modificación subsidiaria das normas urbanísticas e a primeira no 2015 para amosar á veciñanza o documento do PXOM antes de ser enviado a Patrimonio cos cambios introducidos tras actualizar o catálogo de bens, un dos requirimentos que esixidos. Nos tres casos, o goberno mantivo sempre reunións en cada unha das sete parroquias canalizadas polas propias entidades veciñais.

“A transparencia é máxima e aí están os feitos que o corroboran, por iso cada veciño de Nigrán sabe perfectamente a situación das súas propiedades no futuro PXOM, ben a través das reunións por parroquias ou cos propios técnicos de Urbanismo, e por iso nos diriximos primeiramente a eles. Agora é o turno do Consello Sectorial, órgano que, precisamente, representa ao conxunto da veciñanza e que vela polos intereses globais do municipio”, explica o alcalde, Juan González, quen tamén acudirá ao Consello Sectorial xunto ao edil de Urbanismo, Diego García, e outros membros do seu equipo de goberno. “É a oportunidade de que fagan preguntas aos propios técnicos responsables. Nas reunións polas parroquias detectáronse algúns erros que se corrixirán e agora estamos de novo abertos á explicar absolutamente todo o que poida xurdir porque o que buscamos é o máximo consenso”, engade González, quen avanza que se modificará o regulamento que rexe ao Consello para que poidan participar entidades con sede no municipio creadas a partir de 2008.

“Con todos os informes positivos confiamos en que a resposta ao informe de sostibilidade ambiental será favorable e, a partir de aí, poderemos levalo a un Pleno para a súa Aprobación Provisional, pola nosa banda non se demorará nin un día más do preciso. “É unha enorme tranquilidade e unha satisfacción ter rematados todos os ‘deberes’ por parte do Concello. Moi pronto Nigrán contará cun plan urbanístico do século XXI que a maioría dos municipios aínda non teñen”, finaliza.

SoMos Nadal, xa é Nadal en Mos

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os concelleiros do goberno local, veñen de presentar a programación do Nadal 2023-2024 no Concello de Mos, enmarcada baixo o título ‘SoMos Nadal’ e que comezará o vindeiro sábado, día 2 de decembro, ás 18:30 horas, cun espectáculo de Cánticos de Nadal a cargo de Emilio Rúa e Xosé Carlos Carneiro na Igrexa de Santa Eulalia de Mos.

domingo día 3 chega o tan esperado acto inaugural do acendido navideño, que marca o inicio do Nadal en Mos e representa, xunto coa Festa Pre Fin de Ano do 30 de decembro, un dos acontecementos máis esperados e concorridos, tanto destas datas, como de toda a programación lúdica e cultural mosense.

O acendido do alumeado de Nadal do vindeiro domingo na contorna do Pazo de Mos dará comezo ás 18:00 horas e contará co espectáculo infantil “A Raíña da Neve”, a actuación musical dos “King Kids”, así como canóns de neve artificial e fotomatón con foto de regalo e obradoiros infantís de pintacaras e globoflexia.

Tamén o domingo 3 o Club Tenis de Mesa Mos organiza o Torneo Solidario Always Tenis de Mesa en horario de 10:30 horas a 13:00 horas.

DECEMBRO

Mércores 6

  • Concerto Santa Icía ás 18:00 h, no auditorio de Torroso

Sábado 9

  • Festival de Nadal das Escolas Baile Deportivo Patricia Martínez ás 20:00 h, no multiúsos das Pozas

Domingo 10

  • Teatro infantil títeres ás 18:00 h, no auditorio de Guizán
  • Festival “Has de cantar Torroso Gaiteiro” ás 18:30 h, no auditorio de Torroso
  • Festival de Corais de Nadal ás 19:00 h no Pazo de Mos

Sábado 16

  • Teatro infantil ás 19:00 h, no Pazo de Mos

Domingo 17

  • Concentración solidaria de coches clásicos de 10:00 a 14:00 h, no Centro Dotacional de Torroso
  • Certame de Rondallas ás 17:00 h, na Avenida de Puxeiros

Xoves 21

  • Acendido do Pazo de Mos (Campaña #AcendeOXacobeo) e acendido monumentos do Camiño máis chocolatada ás 18:00, no Pazo de Mos

Domingo 24

  • Papanoelada Moteira ás 11:00 h, no parqeu de Sanguiñeda (saída do percorrido)

Sábado 30

  • Festa Pre-Fin de Ano ás 23:30 h, no Pazo de Mos

XANEIRO

Xoves 4

  • Excursión para familias “Barco do Nadal” ás 19:00 h (hora da saída desde o multiúsos das Pozas). Prezo: 14 € (adultos) / 9 € (nenos de 3 a 12 anos)

Venres 5

  • Cabalgata de Reis ás 18:00 h, na Avenida de Sanguiñeda

Entrega de premios do XVIII certame de fotografía

0

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy celebra este sábado, 2 de decembro, ás 18:00 horas e no Círculo Cultural e Deportivo de Cesantes a entrega de premios do XVIII certame de fotografía correspondente a 2023.

O evento repartiu tres premios de adultos e dous xuvenís; e un mais que premiou á mellor fotografía. A mellor fotografía corresponde a Sergio Lorenzo Ramilo con ‘Tras la tormenta’, o primeiro premio de adultos recaeu en Óscar Alonso Cabaleiro con “Miradas doutro tempo”, mentres que en xuvenís gañou Aroa González Lorenzo con ‘Lembranzas’.

A directiva do Obradoiro desexa agradecer a todos os participantes o envio de instantáneas e recorda que todas elas quedaran expostas ó público dende este sábado en Cesantes.

Novos triunfos para o taekwondo da Cañiza

0

Un ano máis o Concello de Arbo volve a celebrar o éxito dos deportistas taekwondistas, na nova edición da Copa Xunta de Galicia de Técnica na que participaron cerca de 700 deportistas de 32 clubes galegos. Entre eles 10 competidores da Cañiza.

O Clube Asociado da Cañiza, afiliado ao KIAP de Vigo, conseguiu 7 medallas nas modalidades de competitiva e amateur (para as idades comprendidas entre os 7 e 18 anos) nunha competición na que se reuniron os mellores deportistas das 4 provincias.

MODALIDADES E PODIUMS DA COPA GALICIA DE TAEKWONDO:

  • 6 ANOS: Lara Miguélez Pérez que conseguiu a MEDALLA DE OURO
  • 8 ANOS: Noa Domínguez Parada: MEDALLA DE PRATA
  • 8 ANOS: Imanuel Domínguez Iserhiewrhitz. MEDALLA DE BRONCE
  • 9 ANOS: Iker  González Soalleiro: MEDALLA DE BRONCE
  • 10 ANOS: María Cerviño Alvarez: MEDALLA DE BRONCE
  • 14 ANOS: María Rita Barros Alonso: MEDALLA DE BRONCE
  • 18 ANOS: Manuel Romay Rodríguez: MEDALLA DE OURO

A Copa Xunta de Galicia de técnica (infantil e adultos) é un torneo que ten como obxectivo prioritario a promoción deste deporte, aínda que nos últimos anos inclúe a categoría competitiva, que outorga puntos para o ránking galego de técnica. Neste torneo participaron os deportistas que acadaron a clasificación nas fases provinciais, que se celebraron nos últimos meses.

Na última competición provincial de Taekwondo, na que participaron 13 dos taekwondistas cañicenses, conseguiron 10 clasificacións.

Os 35 deportistas do Clube asociado da Cañiza, afiliado ao KIAP de Vigo, entrenan nas instalacións do ximnasio municipal, de luns a venres en horario de 16h a 18h e está coordinado polo entrenador nacional de taekwondo Fidel Rodríguez, traballador do Concello da Cañiza, adscrito ao servizo de deportes como monitor deportivo.