O Concello de Redondela prendeu as luces de Nadal nun evento cheo de música, cor e animación. A afluencia de público foi masiva, cunha praza do Concello ateigada de xente, ao igual que a Alameda e as rúas e prazas do centro da vila. A festa comenzou co concerto de Uxía Lambona, para seguir co vibrante pasarrúas de Latexo Percusión, mentres quevas Aves do Paraíso de Barafunda encargáronse de poñer a maxia e a cor a unha xornada na que tamén foi protagonista a Coca Simona. Ata as folerpas de neve quixeron dar a benvida ao Nadal en Redondela para goce de nenos e maiores
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi o encargado de facer a conta atrás para o acendido do alumeado de Nadal redondelán xunto coa alcaldesa Digna Rivas.
A iluminación de Nadal, como en anos anteriores, non se limita aos núcleos urbanos senón que se estende por todas as parroquias do municipio. Son máis de 5.000 metros cadrados de iluminación, con 200 arcos de luz e 600 elementos decorativos cun total de 895.000 luces led. As rúas do municipio lucirán cos motivos do Nadal, ao igual que as prazas, alamedas, xardíns e elementos singulares como o mercado municipal ou o antigo viaduto.
Acendido de Nadal en Chapela
Onte domingo ás 19:45 horas tivo tamén lugar o prendido das luces de Nadal de Chapela na renovada Alameda de Rosalía de Castro. As actividades para festexar o comezo do Nadal contaron con teatro, música e animación.