O Concello de Arbo xa prepara o Nadal ao grande. De feito, como preludio das festas, este fin de semana celebrará o seu xa tradiconal ArboNadal, Mercadillo Solidario do Nadal, donde ademais, durante a xornada do sábado, terá lugar o encendido das luces de Nadal.
ArboNadal, pretende ser un referente navideño na comarca, contará cun total de 22 postos onde o visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía do Nadal, a oferta de artesáns, complementos, cosmética, madeira, bixutería, castañas asadas, amendoas garrapiñadas, vinagres, pementons, productos ecoloxicos, verdura, froita, hortalizas e castañas asadas serán algunhas das maravillas as que poderá acceder o comprador. Tamén terán presencia no Mercado ONG’S e asociacións arbenses.
Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal conta cun variado programa de actividades dirixido os máis cativos que bailaran, xogaran e coñecerán ao seus persoaxes Disney favoritos.
O Concello de Arbo, terá a disposición dos compradores e visitantes, dúas caixas na Porta do Concello, donde se recollerán xoguetes e comida non perecedeira para repartir entre as familias máis necesitadas do municipio.
Sábado 2 de decembro
- 11:30 horas – Apertura de postos de artesanía, segunda man, comida, complementos, roupa, hortalizas, plantas, decoración navideña, castañas asadas, ONGs……, na Praza do Concello
- 17:00 horas – Festa infantil con xogos, música e moitas sorpresas
- 18:00 horas – Visita de persoaxes Disney
- 18:30 horas – Encendido das luces do Nadal
Domingo 3 de decembro
- 11:30 horas – Apertura de postos de artesanía, segunda man, comida, complementos, roupa, hortalizas, plantas, decoración navideña, castañas asadas, ONGs……, na Praza do Concello
- 17:00 horas – Festa infantil con xogos, música e moitas sorpresas