Domingo, 8 Xuño de 2025

Hoxe preséntase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”

0

Hoxe martes, 30 de novembro, ás 18.30 h na Sala de Exposicións Municipal do Concello de Tui, no edificio  Francisco Sánchez – Área Panorámica, presentarase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”.

Esta publicación ofrecerá información de todas ás areas sobre recursos, programas, dereitos, medidas de conciliación, directorio de contactos, etc. A edición da guía corresponde ao concello de Tui contando co financiamento da Deputación de Pontevedra.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, e da autora e coordinadora da guía, Laura Seara.

A edición e presentación desta guía forma parte das actividades organizadas polo concello dentro da campaña “Tui contra a violencia de xénero”.

A Deputación redobra o seu impulso a SmartPeme con novos servizos e recursos

A Deputación de Pontevedra redobra o seu impulso a SmartPeme, o programa provincial de asesoramento e formación en novas tecnoloxías para persoas autónomas, emprendedoras e pemes, coa creación de novas carteiras de servizos para facer fronte aos novos desafíos e retos que xorden en ámbitos como a administración electrónica, a ciberseguridade, o emprendemento, a transición ecolóxica e a igualdade. A institución ven de aprobar o expediente para o novo contrato deste servizo, cun orzamento de licitación de 1,7 millóns de euros, e que contempla a súa ampliación, como destacou hoxe a presidenta provincial Carmela Silva, a fin de acadar “unha nova SmartPeme”, que poida facer fronte “as novas transformacións”,  impulsando esta rede TIC que desde o 2016 tense convertido nunha “referencia para todo o tecido empresarial da provincia e de Galicia”.

“Seguramente –subliñou a presidenta provincial- é a rede máis potente de TIC que hai en toda Galicia por parte dunha administración”, como amosan os 11.603 asesoramentos realizados, as 1.740 empresas atendidas ou os case 2.000 talleres de formación con preto de 17.500 persoas asistentes. Tamén se puxeron en marcha aceleradoras de comercio e turismo e impulsouse a promoción do Terceiro Sector. “Esta rede, que abarca todo o que é a economía da provincia, permitiu que se puideran transformar moitas das pemes, e que as persoas autónomas tiveran a formación e asesoramento para poder competir nun mundo que xa é TIC –explicou Carmela Silva-. Amais, é unha gran rede que chega a todos os  lugares da provincia, co que as persoas empresarias de calquera sitio teñen un lugar próximo onde poder recibir asesoramento e ter a formación máis avanzada”.

A aposta polo programa potenciarase con novas liñas de actuación “para seguir a mellorar a introdución das TIC nesa estrutura tan potente que son as pemes e para favorecer o emprendemento”. Deste xeito, o novo contrato de SmartPeme, que se prevé que entre en vigor en febreiro, sumará ás actuais carteiras de servizo, TIC, TurisTIC (enfocada ás empresas turísticas), SmartPeme Impulsa (para fomentar o crecemento empresarial e a internacionalización) ou o Centro Provincial de Economía Dixital (CPED), especializado en tecnoloxía disruptiva e innovadora, outras cinco novas accións. A primeira delas, enfocada á administración electrónica, prevé axudar ás pemes e persoas autónomas a adaptarse aos servizos dixitais das administracións: “Somos moi conscientes –afirmou Carmela Silva- que  unha vez que as entidades locais da provincia teñen administración electrónica grazas a que a implantou  e que a mantén esta Deputación, hai que crear a relación entre as empresas e o mundo local para que o sector coñeza como funciona, de xeito que se poida facilitar esa relación, que moitas veces é bastante complexa”.

Outra das carteiras será a de ciberseguridade , “un dos grandes retos que temos por diante”, destinada a reforzar a capacitación e sensibilización das empresas para previr, detectar e defenderse ante as ciberamenazas. Así mesmo, haberá unha nova liña a facilitar toda a información ás persoas sobre o emprendemento, tanto na creación do negocio como a viabilidade económico-financieira, moi aliñada coas accións do coworking dos viveiros.

Outro dos novos servizos xirará en torno á transición ecolóxica, centrado na economía circular vinculada á  sostibilidade e aos ODS “para axudar ás persoas usuarias a alcanzar desde o local os obxectivos prioritarios da Comisión Europea que non só están presentes nos fondos Next Generation, senón tamén nos fondos europeos 21-27”. A presidenta provincial destacou neste senso que a Deputación está a falar cos ministerios implicados no fomento das TIC para que a rede SmartPeme “forme parte  dese gran proxecto que se vai crear no conxunto do país”. “E imos formar nestas cuestións para ter unha provincia preparada para facer fronte a estas novas transformacións que amais van ter recursos por parte diferentes administracións”, apuntou a presidenta, que destacou tamén que a Deputación está a falar cos ministerios implicados no fomento das TIC para que a rede SmartPeme “forme parte  dese gran proxecto que se vai crear no conxunto do país”.

Finalmente no marco da nova carteira de Igualdade, promoverase o asesoramento para a creación de plans de igualdade, o impulso de accións de igualdade nas pemes, e potenciar el liderado feminino con accións específicas para emprendedoras e profesionais. “Precisamos –engadiu a presidenta- que as empresas pequenas, medianas, grandes e as persoas autónomas teñan esa visión de integrar a metade do mundo que somos as mulleres”.

Mos aproba en Pleno o primeiro orzamento de Arévalo que inclúe un plan de inversións propio

0

Onte aprobouse en Pleno, coa maioría de votos favorables (goberno e concelleira non adscrita, Verónica Costas, votaron a favor; e o resto de grupos, PSOE, GañaMOS, BNG e concelleiro non adscrito, Román González, en contra), o primeiro orzamento da alcaldesa, Nidia Arévalo, que trae consigo un plan de inversións. Inversións que ata o de agora deriváranse a outras administracións, para poder facer fronte a unha débeda importante, que ano tras ano foise rebaixando, ata conseguir unha cantidade que permitiu iniciar unha nova etapa económica no Concello de Mos.

Deste xeito a rexedora local mosense declarou que “Mos terá un plan de inversións ambicioso (dotado de máis de 2 millóns de euros en 2022), ambicioso como é en sí este orzamento. Un orzamento que grazas ao anuncio da subida do Fondo de Cooperación Local, máis dos Tributos do Estado e sumando tamén a non desexada revisión do Catastro, fan que as contas sexan as máis elevadas da historia, 13 millóns de euros”.

Os proxectos rematados que serán incluídos no plan de inversión municipal son a senda de Dornelas que se unirá a xa existente de Torroso facéndoa circular. Acometeranse en dúas anualidades máis de 1 millón de euros en novas rodaduras e cunetas. Cantidade que será fixa a partir de agora. Acometerase tamén a prolongación da Senda do Louro dotándoa tamén de alumeado. Ese lugar de uso e disfrute da veciñanza, A Pesqueira, seguirá crecendo. E para elo investiranse preto de 500.000 euros nunha partida que incluirá ademáis da iluminación e ampliación do sendeiro, a adquisición de terreos e continuar avanzando con máis elementos como unha pista de skate. E acometerase tamén unha nova entrada para o Pazo de Mos. Ante a necesidade de rematar o saneamento, ademáis dos proxectos entregados en Augas de Galicia mediante os que se actuará en Louredo e Sanguiñeda, incluirase unha cantidade como tódolos anos para facer as urxencias necesarias. Neste caso unha vez feitas as de Mos, na Nacional 550, acometeranse obras en Cela.

Neste plan de inversións aparecen as expropiacións pertinentes para continuar Segundo Pampillón, a Estrada Pereiras-Tameiga, e por suposto resolver os problemas de tráfico no Camiño de San Cosme, na Cachada en Gándara-Mos e A Laxe-Petelos.

En Patrimonio, dedícanse 52.000 euros para a adquisición de terreos e o estudo para a rehabilitación do Castro de Torroso, a rehabilitación de fontes e lavadoiros municipais e a instalación de sinalización de patrimonio cultural.

No tocante ao Deporte, seguiranse renovando instalacións, hai unha partida, para cofinanciamento coa Xunta de Galicia, destinada a melloras como cambio do tapete de céspede artificial no Campo de Fútbol das Baloutas, alumeado no Campo de Fútbol de Cototorrón, marcadores, renovación da cuberta do Pavillón de Sanguiñeda, remate da mellora do Pavillón Óscar Pereiro pendente, e mellora da pista deportiva de San Eleuterio.

E séguese a apostar polos parques infantís e, como tódolos anos, faranse renovacións.

Cadro das principais actuacións incluídas no plan de inversións municipal

2022
Adquisición terreos ampliación parque Pesqueira40.000 €
Acondicionamento terreos e instalación elementos parque Pesqueira50.000 €
Mellora instalacións parques infantís30.000 €
Redacción proxecto reforma Biblioteca Municipal10.500 €
Melloras en instalacións deportivas50.000 €
Adquisicións, arranxos e actuacións diversas Piscina Municipal15.000 €
Adquisicións, arranxos e actuacións diversas Campos Fútbol Municipais10.000 €
Mellora seguridade viaria-ampliación cunetas e beirarrúas50.000 €
Adquisición terreos proxectos: senda Dornelas, San Cosme-Cela, Segundo Pampillón e Estrada Pereiras-Tameiga90.000 €
Mellora entrada Pazo65.000 €
Mellora seguridade viaria Laxe-Petelos42.000 €
Adquisición terreos Castro Torroso18.000 €
Rehabilitación fontes e lavadoiros30.000 €
Sinalización patrimonio cultural2.000 €
BIANUAL 2022/2023
Saneamento parroquia de Cela2022 100.000 €2023 58.000 €
Nova senda fluvial Louro105.000 €105.000 €
Senda Dornelas200.000 €400.000 €
Ampliación Camiño Cachada-Gándara100.000 €250.000 €
Plan mellora camiños municipais400.000 €900.000 €

Xa funciona o estacionamento limitado gratuíto na Avenida de Galicia, Rosalía de Castro e nun tramo da rúa dos Carballos

Persoal municipal do Concello de Ponteareas está dende este mesmo luns na Avenida de Galicia, en Rosalía de Castro e nun tramo da rúa dos Carballos informando e resolvendo dúbidas sobre o uso do estacionamento limitado gratuíto que entrou hoxe en funcionamento. Con esta iniciativa búscase acompañar aos usuarios e usuarias na posta en marcha desta nova medida para conseguir un mellor reparto do espazo público.

A posta en marcha desta zona azul gratuíta non só atende a unha demanda do sector comercial e das e dos consumidores, senón que permitirá tamén multiplicar por cinco o número de prazas dispoñíbeis nestas rúas e avenidas, que como mínimo pasarán de 120 a máis de 600. O horario de funcionamento deste estacionamento limitado gratuíto será os días laborábeis de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas e os sábados de 09.00 a 14.00 horas. Nestas franxas horarias un mesmo vehículo poderá estacionar un máximo de dúas horas en cada quenda, de mañá e de tarde.

Segundo os estudos do Concello, ata o de agora o 80% das prazas dispoñíbeis nestas rúas estaban ocupadas de forma permanente ou durante moitas horas polos mesmos vehículos, impedindo que outras persoas que o precisaran puideran aparcar para facer xestións, compras ou actividades de menor duración.

Por outra banda, todas as persoas que precisen un tempo de estacionamento máis prolongado poderán deixar os vehículos nas rúas próximas sen zona azul ou nos aparcadoiros sen limitación horaria máis próximos, todos a 3 minutos andando: Granitos de Galicia, con 133 prazas; Santa Ana, con 100; Pedra Pequena, con 69 prazas; Sarmiento Rivera, con 180; Rosalía de Castro, con 128 e Alexandre Bóveda, con 32 prazas.

A Guarda nomeou fillo adoptivo e realizou unha homenaxe a Eliseo Alonso

0

O pasado sábado día 27 de novembro de 2021 A Guarda realizou unha programación de actividades para homenaxear a Eliseo Alonso actividades que tiveron comezo cun Pleno Extraordinario no Salón de Plenos, onde se nomeou a Eliseo Alonso coma Fillo Adoptivo do Concello da Guarda.

Neste pleno tan especial, emotivo e multitudinario, contouse con familiares, amigos,  achegados e personalidades do mundo da cultura que, recibiron unha copia do seu libro “Gamelas e Mariñeiros”, traducido ao galego por Ramón Quiroga e editado e impreso pola Deputación de Pontevedra.

Os familiares de Eliseo Alonso: Carmen Rivas, Alicia Alonso Rivas e Enma Alonso, recibiron diferentes agasallos por parte da corporación municipal, coma unha gamela conmemorativa en bronce, un diploma, un enteiro postal filatélico e ramos de flores.

Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, resaltou na súa intervención que “Coa súa visión de escritor e antropólogo Eliseo Alonso recorreu ás fontes vivas que máis información e máis antiga podían atesourar, e así, con formularios que quedaron curtos, lerias nas tabernas, na ribeira, nas casas, nas chabolas coas atadeiras, cos carpinteiros de ribeira, coas argaceiras, con todos e todas as que tiñan algo que contar e querían facelo, foi recollendo testemuños para evitar que caesen no esquecemento” e engadíu que“é unha honra para A Guarda e as súas xentes que dende hoxe o escritor e intelectual galego, Eliseo Alonso, natural de Goián, sexa para sempre e por dereito, un guardés máis.“

De seguido procedeuse á inauguración da Exposición de Filatelia, contando coas intervencións de Marta Verde Rodríguez, Secretaria da Sociedade Numismática e Filatélica Guardesa; Enrique Pérez Martínez, Presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas e Antonio Lomba, Alcalde da Guarda. Esta exposición estará ata o vindeiro 9 de decembro en horario de visita de luns a venres de 11:00h a 13:00h e sábados, domingos e festivos en horario de 11:00h a 13:30h e de 16:00h a 19:00h.

Ricardo Rodríguez foi o encargado de realizar a inauguración e explicacións dunha segunda exposición, titulada “Eliseo Alonso: Camiñando cara ao mar da Guarda”, no XXV cabodeano do seu pasamento, e que recolle, nunha serie de paneis e contidos, ademais dunha reseña biográfica, os eidos nos que Eliseo Alonso proxectou seu labor literario e xornalístico, tanto dende seu Goián natal, ata máis aló da nosa Terra, mar por medio. Queda deste xeito plasmada nesta exposición parte do seu legado como escritor, etnógrafo, fotógrafo, poeta e xornalista, grazas ao traballo realizado pola Comisión da Homenaxe a Eliseo Alonso.

Estas exposicións estarán na Casa dos Alonso dende o sábado 27 de novembro ata o xoves día 9 de decembro, cun horario de visita de luns a venres de 11:00h a 13:00h e sábados, domingos e festivos en horario de 11:00h a 13:30h e de 16:00h a 19:00h.

Finalizados os actos na Casa dos Alonso, os asistentes desprazáronse ata o Paseo Marítimo do Porto da Guarda onde tivo lugar a descuberta dunha escultura adicada a Eliseo Alonso, unha peza en pedra elaborada por Manuel Coia Piñeiro da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, un acto que contou coa presenza de Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra e que deixa neste simbólico espazo un lugar para a memoria e recordo de Eliseo Alonso. Os asistentes aproveitaron este momento para facer as fotografías xunto coa escultura e os familiares de Eliseo Alonso, pondo un emotivo punto final a esta programación de eventos da Homenaxe.

Vilasobroso lanza unha campaña de doazóns para restaurar o colexio de Valiño

0

A Entidade Local de Vilasobroso logrou unha subvención de fondos Europeos xestionada polo IDAE para a restauración do antigo grupo escolar de Valiño. Unha demanda histórica da veciñanza dado o estado calamitoso desde que deixou de ser unha escola unitaria xestionada pola Xunta de Galicia vai máis de 10 anos.

Aos máis de 300.000 euros achegados por Europa hai que sumarlle os 55.000 desde a propia Entidade e os 20.000 euros da deputación de Pontevedra que ademais tramita esta importante subvención por iniciativa do goberno de Vilasobroso, pero aínda falta un 6% para conseguir completar os fondos necesarios.

“É un fito importantísimo para a historia da nosa parroquia e queremos facer partícipes aos veciños e a tódalas persoas con cariño por Vilasobroso” comenta o alcalde pedáneo de Vilasobroso, Alexandre Estévez Gil, que anima a recadar os case 25.000 euros que aínda fan falla.

A subvención de envolvente térmica restaurará integramente o fallado, o tellado, as placas do edificio, as paredes interiores e toda a carpintería exterior, e farán do emblemático grupo escolar un dos edificios de mellor eficiencia enerxética do país.

Para conseguir o financiamento a Entidade Local estrea a súa nova páxina web vilasobroso.gal onde se achega a información precisa e se anima a participar nesta campaña de doazón.

vilasobroso.gal é unha ferramenta que ademais de fotos históricas e información do proxecto, describe de que xeito facer as achegas” explica o pedáneo. Desde a páxina recomendan achegas de 150 euros porque poderán desgravarse ata un 80% e incluso activaron un bizum similar ao da ONG’s. “Está sendo un traballo inxente pero calquera esforzo pagará a pena se conseguimos ver o colexio de Valiño restaurado e dependerá de nós, das veciñas e dos veciños poder afirmar con orgullo que  Vilasobroso ten Entidade”

O Museo celebra cun acto institucional a instalación do novo nome do Edificio Castelao

O Museo de Pontevedra vai estar de celebración este xoves día 2. E farao cun acto institucional no que por unha banda se descubrirá o rótulo coa nova denominación do Edificio Castelao na fachada do inmoble da rúa Pai Amoedo e por outra se inaugurará unha moi potente exposición relacionada co autor rianxeiro: ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’. 

O evento comezará ás oito da tarde –entrada libre ata completar aforo- coa presentación na praza dianteira do Edificio Castelao da instalación das novas letras. Posteriormente, e con acompañamento musical, realizaranse os discursos institucionais da presidenta Carmela Silva, o vicepresidente e responsable político do Museo César Mosquera, e o director do Museo Xosé Manuel Rey, así como da comisaria da mostra, Ángeles Tilve, que fará despois unha visita guiada explicando os elementos máis importantes.

‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’ é unha exposición conmemorativa do centenario da viaxe por Europa que o autor plasmou nun diario que estará aberta ata o 23 de xaneiro. Está estruturada en tres bloques e móstranse o orixinal do manuscrito e as reproducións da totalidade dos 131 debuxos, fotografías, tarxetas postais, recortes e impresos diversos que o artista intercalou no texto. Tamén, ademais de fotografías de obras de diversos autores que comenta amplamente no Diario, amósase outro cento de debuxos, apuntamentos e estudos orixinais realizados durante este período, así como outras obras moi significativas da súa produción posterior que revelan o grande impacto desta viaxe na súa evolución e no desenvolvemento da arte galega do século XX.

Ao longo da mostra explícase que de xaneiro a outubro de 1921 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, pensionado pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE), realizou unha viaxe a Francia, Bélxica e Alemaña. Foi unha transcendental experiencia que lle permitiu coñecer, estudar e afondar na tradición artística e nas linguaxes das vangardas europeas contemporáneas e que propiciou, ao seu regreso a Galicia, cambios significativos na súa teoría e práctica artística e literaria, na conformación da estética nacionalista e na súa progresiva consolidación como guía e inspirador de esenciais iniciativas artísticas e culturais.

No diario Castelao anotou moi detalladamente as vicisitudes do percorrido e as súas impresións, comentarios e reflexións persoais sobre a arte e as obras dos numerosos artistas que viu nos museos e nas decenas de exposicións que visitou, de representacións teatrais, concertos, conferencias e todo tipo de actividades culturais ás que asistiu; tamén as súas cavilacións éticas, relixiosas e políticas.

Deste diario, de carácter íntimo e non pensado para ser publicado, o artista só difundirá, resumidas, reelaboradas e matizadas, algunhas das súas reflexións sobre a arte europea nunha serie de seis artigos, dos que dous deles, dedicados ao cubismo, son a versión en galego da súa Memoria de pensionado para a JAE, que aparecerían en 1922 e 1923 na revista Nós.

Nigrán avanza cara a inauguración do parque comercial “Nasas” en Porto do Molle

0

O Concello de Nigrán avanza de cara a que o parque comercial ‘Nasas’ sexa unha realidad en Porto do Molle en decembro de 2022. Alcalde de Nigrán, Juan González, delegado de Zona Franca, David Regades, e o director xeral de López Real 21, José Antonio García, protanizaron hoxe o acto de colocación da primeira pedra na parcela de rúa das Pontes (fronte á gasoliñeira) depositando nunha furna aterrada os principais xornais do día, planos do proxecto e unhas moedas en curso legal. No acto estiveron acompañados da corporación de Nigrán, dos rexedores de Baiona e Gondomar e de representantes do tecido empresarial e social da comarca, ademais das propias marcas comerciais.

Este parque comercial e de ocio familiar será a gran novidade de 2022 en toda España, non contemplándose ata entón a apertura de ningún similar. Ocupará unha parcela de 60.000 m² desenvolvéndose máis de 30.000 m² de superficie comercial que darán cabida a 30 locais comerciais e de ocio; cun investimento de 55 millóns de euros e xerando máis de 350 empregos directos, 150 indirectos e 270 operarios en fase de obra. Actualmente está comercializado ao 90% e, entre as principais marcas que confirmaron a súa presencia, figuran, en alimentación: EROSKI VEGALSA, en bricolaxe: LEROY MERLÍN, en equipamento do fogar/decoración: JYSK, SAKITO, MAX COLCHÓN, en deporte: SPRINTER e JOMA (nas vindeiras semanas confirmarase outra de referencia), en moda: MERKAL, en muno mascotas: TIENDANIMAL, en ocio e restauración: McDONALDS, KFC, DIVERLAND, GYM, SUSIKO… Unha amplia oferta que permite calcular en 5 millóns o número de visitas no seu primeiro ano de apertura.

“Será un antes e un despois para Nigrán porque engadirá riqueza para toda a comarca. É unha oportunidade única e por iso en xaneiro iniciaremos desde o Concello un plan de formación para a nosa veciñanza para que poida vir traballar aquí”, sinalou o alcalde, Juan González, en referencia á xeración de emprego que suporá e a atracción de visitantes a toda a comarca. “Virá xente de toda Galicia e do norte de Portugal a Nigrán e iso supón xerar riqueza”, engadíu González, quen agradeceu especialmente a colaboración que López Real Inversores 21 ten amosado xa con entidades deportivas do municipio ou educativas como o CEE Juan María.

“Somos un grupo inversor amable onde o que importan son as persoas, por iso temos a nosa propia Fundación López Mariscal con proxectos de diferente tipo e, unha vez asentados en Nigrán, queremos colaborar tamén cos Servizos Sociais do Concello en todo o que poidamos”, sinalou o seu director xeral, José Antonio García, quen destacou que será “un parque moderno, competitivo, accesible e sostible” con especial atención a puntos de recarga para vehículos eléctricos, aparcadoiros de bicicletas, plazas familiares ou un punto click&collect para recoller pedidos de comercio electrónico. “Vimos a completar a oferta comercial da comarca, non a competir”, engadíu José Antonio, quen agradeceu especialmente a axilidade e dilixencia dos técnicos do Concello, subliñando ademais que López Real 21 é un grupo de capital 100% español, especializado precisamente en espazos comerciais de “proximidade” e transformación urbana.

Para David Regades, delegado do Estado na Zona Franca, “este polígono de Porto do Molle é un exemplo de sustentabilidade e medio ambiente. Agora compleméntase con esta peza fundamental, que vai ser un atractivo para a área de Vigo, para Galicia e o Norte de Portugal”. Regades precisou que “non existe en Galicia un investimento semellante nun espazo comercial, o que vai fortalecer ao comercio e a hostalería local e ten un valor social moi importante, que é a creación de emprego”.

A Guarda promove visitas guiadas para a Ponte da Constitución

0

O Concello da Guarda e o Padroado Municipal do Monte Santa Trega ofrecen visitas guiadas durante a Ponte da Constitución ampliando a oferta de que facer na vila.

Os visitantes e turistas, que escollen A Guarda, percorren o noso territorio a través das rutas de sendeirismo, gozan da natureza no Esteiro do Miño, visitan o Monte Santa Trega, descobren a vida mariñeira no porto e no Museo do Mar e degustan a nosa gastronomía e produtos locais.

Para completar estes recursos e para que os visitantes e veciños coñezan con máis detalle o noso patrimonio e historia ofreceranse visitas guiadas gratuítas coincidindo coa Ponte da Constitución:

Castro Santa Trega

Visita guiada de 60 minutos á zona escavada comezando polo Barrio Mergelina (escavación realizada en 2018) e rematando nas vivendas reconstruídas. Permitirá coñecer en detalle a Cultura Castrexa e como vivían estes castrexos no Trega xa hai máis de 2.000 anos.

Haberá unha visita ás 12:00 os días sábado 4, domingo 5, martes 7 e mércores 8 co punto de encontro na Casa Forestal.

O aforo é limitado e precisan inscrición previa no MASAT (Museo Arqueolóxico) no tel. 690 01 70 38 ou en [email protected]. O prezo por acceso ao monte en vehículo non está incluído nesta actividade.

Percorrido histórico polas prazas urbanas

Co encanto da noitiña visitaranse as principais prazas e rúas urbanas amosando a súa historia, detallando os diferentes usos e nomes empregados no pasado e destacando os monumentos máis importantes destes espazos urbanos.

Neste caso as visitas comezarán ás 18:30h na Praza do Reló xunto a Oficina de Turismo e serán os días sábado 4, domingo 5, luns 6 e martes 7.

Tamén terán unha duración aproximada de 60 minutos e precisan inscrición previa na Oficina de Turismo (tel. 986 61 45 46 ou en [email protected] / [email protected]).

Ademais con motivo da Ponte da Constitución a Rede de Museos da Guarda conta cunha apertura especial:

  • MASAT (Museo Arqueolóxico). Amplía o seu horario dende o venres 3/12 ao mércores 8/12: 10:00 a 19:00. O luns mantense pechado.
  • MUSEO DO MAR. Aberto de sábado 4/12 ao mércores 8/12 (excepto martes 7/12): 11:00 – 14:00 / 16:00 -19:00
  • CASTELO DE SANTA CRUZ: Espazo público aberto todos os días: 10:00-18:00.

Estas datas da Ponte da Constitución tamén serán unha oportunidade para coñecer a figura de Eliseo Alonso Rodríguez, recentemente recoñecido como Fillo Adoptivo da Guarda, visitando as dúas exposicións na súa honra na Casa dos Alonso (Praza do Reló):

  • Exposición bibliográfica titulada “Eliseo Alonso. Camiñando cara ao mar da Guarda”. O visitante descubrirá a vida literaria de Eliseo e doutras persoas de relevancia.
  • Mostra filatélica coas coleccións de varios expositores. Ademais dunha tarxeta postal ilustrada personalizada e franqueada con un selo personalizado (gamela a vela da Guarda) e un sobre ilustrado co cuño postal conmemorativo.

Horario ata o 9 de decembro: De luns a venres: 11:00 a 13:00h. Fins de semana e festivos (luns 6/12 e mércores 8/12): 11:00 a 13:30/16:00 a 19:00h.

Por último, recordar que a Oficina Municipal de Turismo abre de luns a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30 ata o 17 decembro. Tamén consultar por mail a [email protected] ou no tel. 986 61 45 46 (operativo o domingo 5/12).

O Rosal rende homenaxe a Pepe Varela, un home comprometido coa transformación agraria

0

Entregado, incansable e “comprometido coa agricultura” e a súa transformación para garantir o seu futuro. Así foi Xosé Pérez Varela, Pepe Varela, a quen O Rosal quixo renderlle homenaxe para enxalzar o seu labor “continuo e diverso”. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, presidiu un encontro emotivo que contou coa presenza de familiares e dos veciños e veciñas máis achegadas do homenaxeado, que se achegaron ao Centro Social Polivalente para por en valor o traballo que desenvolveu ao longo de toda a súa vida.

Fundador da Axencia de Extensión Agraria en 1969, permaneceu nela ata o ano 1995, e fomentou o movemento cooperativista, tanto colaborando coa cooperativa xa existente, a de ‘El Pilar’, como impulsando novas como a de ‘Porta do río Miño’. Sen o seu traballo non se entendería o sector agrícola rosaleiro de hoxe en día, xa que “impulsou obras comunitarias imprescindibles para o desenvolvemento e a subsistencia do labor agrícola”, salientou a alcaldesa. E é que Pepe Varela deu pulo á apertura de pistas, ao regadío e mesmo á concentración parcelaria, pero tamén se involucrou por exemplo na creación de traídas de auga, “feitas a pico e pa pola propia veciñanza”.

Entendía que o futuro pasaba por un desenvolvemento integral do rural, polo que dende a unidade que dirixía na Axencia de Extensión Agraria afondou na hixiene do fogar, que facilitou a aprendizaxe de métodos de conservación que logo se empregaban nas casas rosaleiras, e mesmo traballou coa mocidade labrega nos chamados planteles, aos que formaba en novas técnicas de cultivo, ensinaba o labor en invernadoiros e mesmo levaba a coñecer de primeira man experiencias doutros lugares.

“Foi un traballador incansables que en semanas como a do 25 de novembro deberían ter aínda máis recoñecemento, xa que quería revolucionar o sector agrario, pero tamén a mente das persoas. Foi un claro impulsor da incorporación da muller ao traballo en igualdade de condicións e mesmo fomentou que tiveran carné de conducir, tanto de automóbiles como de tractores”, resaltou a rexedora. Durante o acto tamén se lembrou o sei traballo asesorando en aspectos técnicos ás explotacións agrarias no cambio de cultivos, pero tamén ás explotacións gandeiras nun momento no que había moito gando no Rosal. Pepe Varela tamén fixo historia no seu pobo fomentando o asociacionismo labrego e traballando na formación e creación das Sociedades Agrarias de Transformación.

O CN Ponteareas consigue un novo récord para o Club

A pasada semana, do xoves 25 ao domingo 28 de novembro disputábase, na piscina “Son Hugo” de Palma de Mallorca, o LXV Campionato de natación absoluto de España de inverno.

O CNPonteareas presentaba un equipo formado por dous nadadores, Lucas Costa e Pablo Cabana, e 4 nadadoras, Naiara Eijo, Sofía Carballo, Carla Faro e Iria Lemos.

Lucas nadaba na primeira xornada, xunto a Pablo, os 1500 metros estilo libre. Pablo afrontaba ademáis 200 e 400 metros estilo libre e 200 e 400 estilos. Ambos nadaron preto dos seus mellores rexistros persoais.

A pesar de contar só con 4 compoñentes, o equipo feminino finalizou nunha vixésimo oitava posición final (de máis de 100 equipos). Conformaron ademáis un equipo de remudas de 4×100 estilos (Naiara, Sofía, Carla e Iria) que marcou o récord do club cun tempo de 4:24.16.

Ademáis, de xeito individual, conseguiron:
– Dúas Mellores Marcas Persoais de Naiara Eijo en 50 e 100 Costas.
– Tres Mellores Marcas Persoais de Iria Lemos en 100 bolboreta, 100 e 200 libres.
– Tres Mellores Marcas Persoais de Sofía Carballo en 50 braza e 400 estilos e unha Mellor Marca Galega de idade -15anos- en 100 braza (1:10.94). Sofía entrou nas finais B das probas de 100 e 200 Braza.

Decembro chega con novas citas no horizonte, o campionato galego de longa distancia e o campionato galego Absoluto, ademáis da Copa de España feminina, que esta edición se disputará no Complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontevedra.

Dende o club recordan que é tempo de recuperar forzas e seguir adiante.

Clausurado o Blue Atlantic Foro no Parador de Baiona

0

A Economía Azul (Blue Economy) refírese ao desenvolvemento das economías de maneira sostible, de maneira que o uso que se realiza dos recursos naturais non supere a taxa de renovación dos mesmos, evitando hipotecar o planeta a futuras xeracións, recoñecendo ademais a importancia dos mares e dos océanos como motores da economía polo seu gran potencial para a innovación e o crecemento. En esencia, o concepto de crecemento azul trata de desvincular o desenvolvemento socioeconómico da degradación ambiental por parte dos principais usuarios dos océanos e as augas continentais. Entre eles inclúense sectores tradicionais como a pesca, a acuicultura, o transporte marítimo ou o turismo, pero tamén actividades novas e emerxentes, como a prospección biolóxica, as actividades de extracción dos fondos mariños ou a biotecnoloxía mariña.

Para facer fronte a estes retos, o Foro ofreceu ao longo destes tres días unha perspectiva ampla desta economía azul pero abordada desde a óptica de tres ecosistemas como son o da pesca e a acuicultura, a biotecnoloxía mariña e o turismo. O obxectivo era o de crear un espazo de cooperación, discusión, formación e difusión sobre a economía azul desde unha perspectiva atlántico-europea, aliñando ademais cada unha das temáticas abordadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) definidos por Nacións Unidas dentro da Axenda 2030.

Para iso presentáronse proxectos científicos e tecnolóxicos abanderados polos organismos académicos e de investigación da contorna como foi o caso de Sherpa do Mar, Blue BioLabs ou Alehoop por parte da UVigo; Cetaqua ou Pesca en Verde pola USC; Enhance Microalgae por Anfaco- Cecopesca e centros como CETIM, CETMAR, o IEO ou o IIM do CSIC. Deuse voz a iniciativas empresariais innovadoras como as de Capital Alga para a comercialización de algas; Ecocelta Galicia en Biofertilizantes e xestión ambiental; CEAMSA para a produción de hidrocoloides naturais; AMSlab para solucións analíticas; Biomar na colección de microorganismos; Bioprana para solucións de intelixencia natural de microorganismos; Hijos de José Rivera co seu MEGA; A Taberna Ou Lecer; EcoAdega Cociña Mercado ou o propio Parador de Turismo de Baiona coas súas decididas apostas polos produtos do mar na súa oferta gastronómica ou Festival Barbeira Sexa Son Fest. Ademais destas iniciativas privadas, deuse voz a outras de carácter colectivo ou asociativo, como é o caso da Asociación de Mariscadoras de Carril, ORPAGU, FEDEPESCA, a Confraría de Pescadores de Redondela, a D.O.P. Mexillón de Galicia Presentáronse tamén distintas iniciativas para aceleración de empresas e iniciativas emprendedoras cun carácter sectorial, como é o caso de TurisLab no ámbito do turismo ou ASPAN ao redor dos portos. Outros axentes con voz no foro foron medios especializados como a revista A Alacena Vermella, o asesor gastronómico Ivan Méndez ou a aquaperiodista Meyling Tang. Contouse ademais con diferentes axentes que presentaron liñas de apoio e financiamento a proxectos de Economía Azul, como foi o caso de AbancaMar, o propio GALP Ría de Vigo-A Guarda, o IGAPE, a Consellería do Mar, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela para as iniciativas de Erasmus+ ou Turismo Rías Baixas. Por último, e non por iso menos importante, contouse cunha importante presenza institucional, como é o caso dos alcaldes de Baiona ou Gondomar, o D. G. de Ordenación e Promoción Turística do Gobierno de Canarias co seu proxecto Mar de Todos e EcoAreas, a D.X. de Desenvolvemento Pesqueiro ou a Mancomunidade Barbanza Arousa e representación sectorial cos clústers galegos de Turismo e de Ciencias da Vida – BIOGA ou da propia PescadeRias. Un cartel de luxo para un gran evento ao redor da Economía Azul… Esta ampla presenza buscaba representar aos catro eixos fundamentais nos novos modelos de innovación aberta, como son os centros de coñecemento e ensino, a Administración, o tecido empresarial e a sociedade en xeral, para promover a colaboración e lle creación de sinerxias, neste caso no ámbito da Economía Azul.

As ideas forza do Foro foron a importancia de reorientar as actividades produtivas cara a modelos máis sostibles e máis respectuosos co medioambiente; o consumo responsable e a promoción do produto quilómetro cero para a redución da pegada de carbono; a importancia da economía circular e a reincorporación dos byproducts no proceso produtivo para a xeración de novos produtos; os novos modelos de turismo experiencial que poñan en valor o rico patrimonio natural, cultural e inmaterial dos territorios costeiros; a necesidade de desestacionalizar o turismo para reducir a presión sobre os recursos e xerar actividade económica máis estable; mellorar a accesibilidade e o carácter inclusivo do turismo para ofrecer oportunidades para todos; a importancia de minimizar a burocracia e axilizar os trámites administrativos para permitir unha posta no mercado de novos produtos e servizos máis rápida; a capacidade para xerar sinerxias e promover a cooperación entre axentes públicos e privados para emprender iniciativas máis ambiciosas ou a necesidade de innovar e de dotar dun carácter diferencial á proposta de produtos e servizos.

En clausúraa do Foro, o alcalde de Baiona Carlos Gómez destacou a importancia da primeira edición deste Foro, con relatorios de alto nivel e cunha ampla participación no mesmo, agradecendo ademais o apoio de institucións, como o GALP Ría de Vigo-A Guarda, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia ou do sector privado. Esta iniciativa do Blue Atlantic Forum evidencia a estratexia de colaboración dos municipios do Val Miñor (Nigrán, Gondomar e Baiona) e confirma o seu compromiso e aposta pola economía azul. Finaliza así esta primeira edición, pero iníciase xa a preparación da segunda edición, que se celebrará os días 19,20 e 21 de outubro de 2022.

364 atletas iluminan a noite na V Urban Trail Night Eurocidade

Inquedanza, nerviosismo e tamén frío era o que sentían os participantes na avenida Miguel Dantas de Valença, minutos antes de darse a saída á V Urban Trail Night Eurocidade, que regresaba tras o parón de 2020 pola Covid-19.

Nos prolegómenos, o televisivo Terio Carrera animaba os corredores antes de chamalos para os actos anteriores a saída. Recordo do 25N con invitación a todas as atletas para colocarse nas primeiras posicións do pelotón, e posterior minuto de silencio en memoria das falecidas pola violencia machista.

Tamén mención especial para Kike Durán, dorsal 1, que corría para visibilizar a enfermidade rara que padece a súa filla Lúa.

Xa, xunto ás autoridades de Valença e Tui, banderazo de saída á V urban Trail Night Eurocidade.

Un rosario de “frontais luminosos” dirixíanse á fortaleza de Valença para percorrer as súas históricas rúas e bordear tanto por arriba como por abaixo as impresionantes murallas. Música e luces no edifico do Concello recibían a cabeza de carreira, Maikel Rodríguez, que xa mostrabra quen era o máis forte. Por detrás un trío que sabían que “só” ían poder loitar polo segundo posto, ante a superioridade do salcedense.

En mulleres, a ourensá Helena Pérez situábase á fronte de próbaa pero sen abrir demasiado oco con Tania González e Paula Rosales.

Tras cruzar a Vella ponte internacional en apenas 22 minutos, Maikel Rodríguez afrontaba os 8 quilómetros xa por terras españolas.

A zona monumental de Tui, presentaba numerosas dificultas con interminables escaleiras ou duros repechos rompepiernas. Se serpenteaban as empedradas rúas da zona vella tuendes para a beiras do Miño dirixirse á “Veiga do Louro”. Era o tramo máis liso e rápido da carreira.
Últimos dous quilómetros xa dá de volta ao centro da coidade fronteiriza para finalizar o en Paseo da Corredoira.

Maikel Rodríguez (Vigorienta) chegaba “cúal emperador” para marcar un espectacular 54:07 e alzarse por 2ª edición consecutiva coa vitoria na Urban Trail Night Eurocidade.

Por detrás moita emoción, picada dun dos compoñentes do trío perseguidor, e sprint final do luso Joel Pereira (Minho e Lima Trail) con avantaxaba nun segundo ao cambadés Maxi Oubiña ( C. At. Cambados) 56:36 e 56:37 respectivamente.

César Santos e Bruno Bargiela,4º e 5º, terán que esperar para subir ao podium.
Mentres as mozas ían realizando xa a última parte. Flanqueada por dous compañeiros, Helena Pérez (Burgas Ourense Atletismo) era a gañadora, 1:10:57. Moi contenta a orensan con debut e triunfo na Urban Trail Night.

Tania González (Independente), ocupaba a 2ª praza a menos dun minuto, 1:11:52. Bronce para Paula Rosales (Club Deportivo Pinarium), 1: 12:52.

Ningunha das dúas viron perigar os seus postos xa que Natalia Leal e Catalina Amorim chegaban a bastante distancia.

Así, en pequenos grupiños ou de forma individual, os 364 participantes da carreira ían finalizando os pouco máis de 14 km desta edición de 2021 da Urban Trail Night Eurocidade
Lembrar que había clasificacións especiais para os primeiros empadroados locais, Valença ou Tui. En Mulleres, a tudense Mª Jesús Fernández era un ano máis a gañadora. En Homes, o tamén tudense, David Patiño sería o primeiro.

Así volvera a acenderse a luz da Urban Trail Night, cuxos participantes comentaban a súa dureza, ou non, o novo trazado, mentres saboreaban o prato de callos final, para repoñer forzas.

Tras a entrega de premios, coa presenza das autoridades tanto de Valença como de Tui, poñíase o punto e final á última proba da Eurocidade 2021.

A colección de libros “Defensoras de dereitos” preséntase no Culturgal

Haydée Castillo (Nicaragua), Verónica Salazar (O Salvador), Miriam Suazo (Honduras), Estela Ángeles Mondragón (México) e María Cuc Choc (Guatemala) son mulleres que forman parte das máis de 2.000 defensoras de dereitos humanos organizadas arredor da Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos. Elas cinco son as protagonistas da colección de libros ‘Defensoras de dereitos’ que se presentou no Culturgal coa participación de Victoria Alonso, deputada de Cultura e Igualdade; Lorena Seijo, portavoz da Coordinadora Galega de ONGD; e Marta Conde, a ilustradora dos libros. Ademais, as versións impresas dos libros estiveron a disposición das persoas interesadas.

A colección, impulsada pola Coordinadora Galega de ONGD e a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social en colaboración coa Iniciativa IM-Defensoras e co apoio da Deputación, está dirixida ao público xuvenil e ten un formato adaptado para que, desde os centros educativos e as bibliotecas, se reflexione e traballe colectivamente o seu contido. Foi creada, editada e publicada en 2020 con tres títulos inéditos e este ano completouse con dous máis: Haydeé Castillo sementeira de paz e Bea á procura da luz.

A autora dos libros é a xornalista e escritora de Marín, Lara Dopazo, e as ilustracións son obra da deseñadora gráfica Marta Conde e o colectivo de arte gráfico mexicano, RotmInas. Os libros, de acceso libre, contan con exemplares impresos e versións online en galego e castelán dispoñibles na páxina web da Coordinadora (galiciasolidaria.org) para que poidan lerse e compartirse en Galicia e nos países de orixe das súas protagonistas. 

As protagonistas

Haydée Castillo é unha histórica activista e defensora dos Dereitos Humanos en Nicaragua. Na década dos 70, cando era unha adolescente, sumouse á loita contra a ditadura dos Somoza. Desde entón, o seu activismo feminista e en defensa dos dereitos das comunidades rurais e indíxenas non cesou. En 2018 saíu de Nicaragua rumbo aos Estados Unidos e converteuse en exiliada política. Bea Salazar é activista feminista e defensora de Dereitos Humanos no Salvador. Cando era nova, e en pleno conflito armado, decidiuse unir á guerrilla motivada polas situacións de inxustiza que observaba ao seu redor. Logo da guerra, comezou a traballar en procesos de recollida de información en casos de asasinatos machistas e hoxe, 30 anos despois, forma parte de dúas organizacións que traballan na defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres e das nenas.

Miriam Suazo ten unha traxectoria de dúas décadas traballando polos dereitos humanos en Honduras. Ela é unha defensora convencida de que “as mulleres temos dereito a vivir unha vida libre de violencias e opresións, a decidir sobre os nosos territorios-corpos e ao pracer”. Pola súa banda, Estela Ángeles Mondragón é defensora dos dereitos territoriais. Desde hai máis de dúas décadas acompaña ao pobo rarámuri, unha comunidade indíxena do norte de México, na recuperación de 44.000 hectáreas de terra e o recoñecemento dos seus dereitos. Finalmente, María Cuc Choc é defensora dos dereitos das mulleres maia q’eqchi’ en Guatemala. Desde moi nova tivo claro que era preciso denunciar e organizarse contra as inxustizas que sufría o seu pobo. María tamén apoia e acompaña a resistencia das comunidades que sofren desaloxos violentos por parte de compañías mineiras e de monocultivono no entorno do lago Izabal, na parte oriental do país.

O próximo martes, ás 18 horas, terá lugar unha conversa online entre a autora dos libros, Lara Dopazo, e dúas das protagonistas: Haydeé Castillo e Verónica Salazar. O encontro emitirase en directo a través da canle de Youtube da Coordinadora Galega de ONGD.

Defender a quen defende

Segundo a organización Global Witness, desde 2015 unha media de catro persoas son asasinadas cada semana no mundo por alzar a voz contra as empresas que se apoderan dos territorios e causan danos ao medio. O último informe de Frontline Defenders, unha organización de apoio e protección ás activistas, revelou que o 28% das 331 persoas defensoras de dereitos humanos asasinadas no mundo en 2020 traballaban polos dereitos das mulleres. Segundo IM-Defensoras, desde a irrupción da pandemia medraron as detencións arbitrarias, as campañas de desprestixio, a represión e a criminalización contra as mulleres defensoras de dereitos.

Ante este contexto de violencia e represión as ONGD galegas manteñen o compromiso de defender a quen defende tecendo unha rede global de apoio e denuncia da vulneración dos dereitos. O pasado 30 de marzo, no marco do Foro Generación Igualdad, organizacións e redes feministas e de defensoras de dereitos humanos de diferentes partes do mundo presentaron un conxunto de medidas urxentes dirixidas aos Estados, aos mecanismos internacionais de dereitos humanos e a doantes.

O campamento de Nadal do Concello do Rosal abre prazo de inscricións

0

O Concello do Rosal organiza un ano máis un campamento de Nadal para que os máis pequenos e pequenas poidan desfrutar das vacacións cuncha chea de actividades. Desenvolverase os días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro e 3 , 4, 5 e 7 de xaneiro de 8:45 a 14 :15 horas para todos os nenos e nenas matriculados  en 4º, 5º ou 6º de Educación Infantil ou Educación Primaria neste curso escolar. O prazo de inscrición abrirá desde hoxe e rematará o día 14 de decembro ás 14.00 horas.

A alcaldesa, Ánxela Fernández, afirma que no Concello organizan este campamento para que as familias “podan corresponsabilizarse coa vida familiar e laboral a través de distintas actividades educativas e lúdicas cos seus fillos e fillas”. Hai un total de 20 prazas, reservándose 2 prazas para nenos e nenas que precisen dun apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional ou doutra patoloxía, cun custo de 20 euros.

As solicitudes presentaranse por Rexistro de Entrada no Concello do Rosal ou por Sede Electrónica xunto coa seguinte documentación: solicitude participación; autorización de recollida menor; cuestionario de saúde e autonomía persoal; fotocopia do DNI do pai/nai/titor/titora do/a menor; fotocopia do libro de familia; situación laboral; autónomos: certificado do IAE actualizado ou empregados por conta allea: certificado de empresa ou copia do contrato de traballo; vida laboral; certificado de recoñecemento de discapacidade do participante; no caso de familia monoparental: certificado de monoparentalidade ou libro de familia no que conste un só proxenitor e no caso de familia numerosa, título de familia numerosa.

O Concello fará unha listaxe de admitidos en base ás seguintes variables: por traballo de ambos membros da parella ou titores legais: 2 puntos,  por traballo dun dos membros ou titores, 1 punto, por pertencer a familia monoparental: 2 puntos, por pertencer a familia numerosa: 2 puntos. A máxima puntuación será de 5 puntos.

SmartPeme pon en marcha outros tres novos obradoiros a partir de mañá

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre o itinerario iniciado o pasado mes de outubro en fabricación dixital, o SEO e a creación e difusión dunha marca turística.

O martes 30 impartirase o obradoiro “Iniciación ao SEO I: conceptos, palabras clave e primeiros pasos”, a cargo de Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual. Este achegará os conceptos básicos que compoñen o SEO, así como o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o posicionamento nos principais buscadores, aumentando o tráfico de usuarios ou clientes.

O mércores pola mañá, o experto en robótica Manuel Freire impartirá “Fabricación Dixital. Escáner 3D”, como continuidade do obradoiro da semana pasada. Pola tarde, a graduada en Turismo Mariana Rosa pechará a formación da semana con “Creación e difusión dunha marca turística”. Neste taller Mariana Rosa orientará aos usuarios/as para aproveitar ao máximo as ferramentas de márketing en liña para adaptalas ás novas experiencias turísticas. Amais, explicará como sacar un maior rendemento ás estratexias de comunicación para ser máis eficaces no deseño dunha marca turística.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo [email protected] ou no teléfono 886 202 020.

Arbo aproba axudas económicas para os negocios afectados pola Covid-19

0

O Pleno da Corporación do Concello de Arbo, aproba as bases reguladoras e convocatoria dunha liña de axuda para os sectores máis afectados pola situación pandémica, por importe de  7.521,23 € con cargo á financiación provincial da Liña 2 das Bases citadas.

O obxecto da convocatoria é paliar a grave situación social e económica á que se enfrontan os negocios con domicilio social e fiscal en Arbo e que resultaron afectados, total o parcialmente, na súa actividade pola declaración do estado de alarma polo COVID-19, dende marzo de 2020 ata estas datas, en concreto as actividades recollidas no anexo I das presentes bases, sempre que sexan pemes co ata 10 persoas empregadas ou que sexan traballadores autónomos, de conformidade coas bases do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra 2021.

Estas circunstancias excepcionais xustifican o interese público, social, económico e humanitario que dificultan a convocatoria de axudas en réxime de concorrencia e xustifican a concesión en réxime de concesión directa.

O obxectivo é protexer o interese xeral dos/as cidadáns de Arbo, prestando apoio inmediato ás persoas autónomas e empresas citadas para minimizar o inevitable dano económico causado pola crise sanitaria da Covid-19 na economía local e contribuír, unha vez finalizada a alarma sanitaria, a reactivación da economía do noso Concello.

O Concello de Arbo xa procedeu a contribuír co sector hostalería afectado, co cofinanciamento no importe total de 21.000 euros a través da súa adhesión ao Convenio tipo de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería de Emprego e Igualdade.

Coa a aprobación desta normativa en Pleno,  dotaraase de transparencia e seguridade xurídica a todo o procedemento de concesión que se porá en marcha, redundando de xeito directo nun incremento dos niveis de eficacia e eficiencia na xestión do gasto público subvencionable.

As solicitudes, presentaranse preferentemente por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Arbo (https://concellodearbo.sedelectronica.gal/) e o prazo para a presentación será de quince (15) días hábiles contados dende o día seguinte hábil ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Para máis información na páxiña web www.concellodearbo.es ou de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas coa Axente de Desenvolvemento Local.

“Unha provincia de película!”, a nova programación cultural da Deputación

Cultura para todas e todos, accesibilidade, inclusión, ocupando espazos, coidando o medio ambiente, cumprindo cos 17 ODS da Axenda 2030 e coa igualdade como eixo transversal a todas as accións. Con estas premisas e con novidosas iniciativas, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu este sábado o pistoletazo de saída na Culturgal a “Unha provincia de película!”, a nova programación da institución para 2022.  “Imos volver a impulsar unha fonda acción pola provincia porque temos unha cultura de película”, asegurou a presidenta, que insistiu “no poder transformador da acción cultural, que fai mellores ás sociedades e que hai que espallar por todo o territorio”. “Sen cultura non hai vida, asegurou, non hai sociedade avanzada sen ela e desde as administracións públicas temos a obriga de democratizala para que chegue a todas e a todos”. Carmela Silva sinalou que “si en Galicia temos un grande pulo cultural, a provincia de Pontevedra vive unha revolución, especialmente das mulleres creadoras. Sempre estiveron aí, pero case sempre tamén invisibilidas ou non recoñecidas”.

O audiovisual marcará de forma importante a programación do próximo ano. A presentación arrancou cun vídeo sobre os “Rías Baixas Film Fest” con FICBueu, Curtas Armadiñas de Poio, Novos Cinemas de Pontevedra, Cans do Porriño, Play-Doc de Tui, Primavera do Cine de Vigo, AGAIN de Vigo, Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía e o Galicia Freaky Film Festival de Vigo “que cada vez atraen a máis xente”. A presidenta anunciou, amais, que o próximo martes a Deputación acollera a xornada “O audiovisual e a reactivación: oportunidades para o sector e para os concellos” da man da Spain Film Comission e o Cluster Audiovisual Galego, “un foro no que coñeceremos os detalles do proxecto do goberno de España para crear un hub audiovisual que fará chegar moitos recursos”. “É preciso, dixo, que saibamos por onde ir porque queremos converter esta provincia nun plató de cinema con todas as posibilidades que iso xera, desde o punto de vista turístico pero tamén para crear industria audiovisual”

Carmela Silva confirmou outras novas iniciativas relacionadas co ámbito audiovisual que a Deputación vai lanzar por vez primeira como as xornadas “Cinema Mulleres”, os días 11 e 18 de decembro para visibilizar, reflexionar e debater con perspectiva de xénero sobre cinema, vencellando dous contextos socioculturais tan diferentes como próximos: Galicia e Arxentina. Tamén están pechadas dúas exposicións arredor do cinema e da fotografía como “Cines de Pontevedra. Memorias dunha ilusión”, mostra itinerante sobre a historia dos cines da provincia, e a da artista Rosa Neutro “Pequena enciclopedia de fotografía”. Igualmente, se retomará a iniciativa “Cinema e muller”, para fomentar a construción de discursos narrados por elas, e seguirán “Pontevedra Plató de Cinema”, patrocinio de cinema feito en Galicia que leva xa apoiado ata 9 producións nos últimos dous anos, e os premios “Mulleres no foco” “que estou segura que moi cedo se converterán nos Premios Mateo das mulleres do audiovisual”

O patrimonio como “escenario de realidade e ficción para fomentar a cultura en todas as súas manfiestacións” será tamén outro dos eixos para 2022. Así, lanzarase dúas novas iniciativas para empregar a arte e a cultura a fin de relacionar e emprender no territorio:  “Mulleres extra muros”, na que se intervirá con arte no espazo rural. “Iremos a aldeas con mulleres artistas de distintas disciplinas para transformar espazos, e vivirán alí uns días en contacto con mulleres do pobo para contar coas historias da súa memoria”. Tamén lánzase “DepoCrea”, programa de acollida de creadoras e creadores en residencias artísticas. “Será no Grove, confirmou a presidenta, e contaremos con artistas da escrita pero tamén da música e das artes plásticas”.

Continuarán os programas emprendidos para dinamizar os espazos patrimoniais da provincia como “Tornar ás táboas”, teatro en auditorios e centros culturais; “Música no Ar”, facendo soar a música clásica, tradicional e contemporánea en espazos patrimoniais; os concertos de música galega en prazas e rúas con “Musigal”; o teatro e historias a carón dos castros de “Historias cavadas”; os percorridos da provincia coas “Rutas de Arquitectura” e os “Roteiros Literarios”; os espectáculos de maxia, circo e diversión nos castelos de Sobroso e Soutomaior de “Tras as ameas”; a moda, música e danza nos espazos con historia de “Costura de Alecrín by Rías Baixas”; e a “Escola de Letras”, pioneira en Galicia e das poucas que existen no estado.

A Deputación tamén seguirá celebrando ás históricas mulleres da cultura, como se  fixo neste 2021 con Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Xela Arias e María Vinyals, e seguiranse a apoiar e visibilizar ás mulleres da escrita espallando o “Manifesto de Soutomaior”. Nesta misma liña, festexaranse efemérides como o Día de Rosalía, o Día do Teatro, o Día da Poesía, o Día do Libro, o Día da Danza e o Día da Música, e datas históricas vencelladas á cultura como o Día das Artes Galegas que, no 2022, porá o aceno no pintor lalinense Laxeiro, ou festexando o centenario do nacemento de María Casares, “a nosa actriz máis internacional”,

Tamén seguirán as exposicións centradas na cultura e a igualdade como “Muller por muller”, ata finais de ano na sede en Vigo, “Espazos roubados”, que se inaugura este próximo luns, e igualmente volverán iniciativas vinculadas coa igualdade e centradas na música como o programa “Descúbreas”, que continuará no 2022 para seguir potenciando o talento musical feminino da provincia.

O CRA de Tomiño seleccionado para un proxecto de intercambio con outro centro español

0

O CRA Mestre Manuel Garcés de Tomiño embárcase nunha nova aventura ao ser seleccionado o seu proxecto para levar a cabo durante os vindeiros dous cursos, un programa de cooperación co colexio “Els Arrels” da Comunidade Valenciana; centro coñecido tamén por ser un referente innovador na súa comunidade, e co que comparte intereses educativos ao ter unha visión similiar da infancia.

Explica Antón de Valenzuela, director do centro, que esta colaboración é froito da participación no programa de Agrupación de Centros Educativos convocado pola Subdirección General de Cooperación Territorial e Innovación Educativa. “A participación neste programa posibilitará poder contar con máis recursos e formación para desenvolver o que para o noso centro era unha demanda, cunha temática na que xa traballamos os últimos cursos e na que este ano participa todo o claustro dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), ao que polo tanto poderemos sacarlle moito máis rendemento”,comenta.

Por medio desta colaboración o CRA, formado por 13 aulas espalladas polas diferentes parroquias de Tomiño (con escolares de 3 a 6 anos), desenvolverá un proxecto común centrado na observación-documentación, de xeito que poida compartir experiencias e puntos de vista, así como levar a cabo un intercambio de visitas de mestres entre os dous centros, e como broche final, unha visita común a un centro específico Reggio Emilia en Italia.

A concelleira de Seguridade do Porriño participou na primeira quenda de defensa persoal

Lourdes Moure, concelleira de Seguridade, participou como unha alumna máis, na primeira quenda dos cursos de defensa persoal feminina que retomou o Concello do Porriño despois da obrigada paralización en 2020, a consecuencia da pandemia.

Estes cursos, organizados polo Concello do Porriño coa colaboración do Ministerio de Igualdade, o Pacto de Estado contra a violencia de xénero e a Policía Local do Porriño, realízanse nas instalacións do Ximnasio Jovhen Sport, na avenida Buenos Aires, 18.

O departamento que dirixe a concelleira Lourdes Moure convidou a todas as mulleres interesadas, sen límite de idade, que queiran recibir esta formación, que será totalmente gratuíta e non é necesario rexistro previo. Hoxe foron 32 as participantes nesta primeira quenda, incluída a propia concelleira.

As clases distribuense en dúas quendas por mes, en sábados alternos e durante todo un ano.

Os monitores do curso, que contan coa colaboración de axentes da Policía Local, ensinan técnicas de fácil asimilación para repeler os ataques máis habituais contra as mulleres.

Tamén a diferenza da convocatoria de 2019, nesta ocasión, o curso de defensa persoal feminina está aberto a mulleres dos concellos veciños.

O Rosal queda sen médicos para consulta

0

Novo episodio de precariedade na sanidade pública do Rosal. O centro de saúde acaba de quedarse sen médicos para consulta, despois de dúas baixas, unha de longa duración, ás que a Xunta non substitúe e un posto que aínda que non se cubriu con ningún profesional. O Concello denuncia que o municipio soamente conta cun profesional desprazado para atender urxencias, e afirman que este é “un paso máis da precarización á que estamos sometidos”. A alcaldesa, Ánxela Fernández, xa solicitou unha reunión urxente con Consellería de Sanidade para solucionar a problemática, e espera que esta situación, “moi preocupante para a nosa veciñanza, remate o antes posible”.

O Concello e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal levan tempo denunciando a precariedade do sistema sanitario no municipio, xa que os problemas que existían antes da pandemia acentuáronse coa eliminación do servizo de pediatría, pechando a consulta de San Miguel, xunto a unha atención baseada, ata hai pouco, en primar consultas telefónicas sobre as presenciais e con restricións de acceso ao Centro de Saúde.

O pleno do Concello instou fai menos dun mes á Xunta “ ao incremento de maneira urxente do presuposto sanitario destinado a Atención Primaria para que represente un 25 % do total en cinco anos, xa que, con esta alza, sería posíbel contratar e acabar coa precariedade laboral do persoal, e a poñer en marcha o Consello de Saúde de Galicia e os Consellos de Saúde da Área Sanitaria, para actuar con eficiencia sobre os determinantes da saúde. Ánxela Fernández incide en que “os veciños e veciñas do Rosal xa estamos fartos de por en risco a nosa saúde pola constante precarización da Xunta”, e “urxe a unha solución o antes posible”.

Treinta otoños tiene mi amor

Último domingo del mes y cada vez más cerca de la Navidad, aunque en Vigo ya la tenemos muy presente desde hace una semana gracias a las más de diez millones de luces led que iluminan la ciudad.

El mes pasado os decía que la publicación de este mes la haría desde un piso más arriba y, efectivamente, la escribo desde una categoría superior, con unos treinta otoños muy presentes que me han llevado a hacer una publicación dedicada a ellos, reflexionando en lo que este supuesto cambio supone para mí.

Si algo he aprendido estos últimos años es a saber decir “no”, a alejar de mi vida a personas que no suman y a tener muy claro lo que no quiero (a todos los niveles). Respecto a lo que quiero, una vez hecho el paso anterior es mucho más fácil identificarlo y ponerse a ello, pero sin duda lo que siempre buscaré será ser feliz, querer bien e intentar dar siempre lo mejor de mí, aún sabiendo que no todo lo que venga de vuelta será bueno, pero al menos me habré quedado tranquila intentándolo.

Si os soy sincera, cumplir esta cifra no es para nada como me lo imaginaba cuando era adolescente. Me veía ya casada, con hijos, con trabajo estable e hipotecada para poder pagar la casa de mis sueños. También es verdad que imaginaba que los treinta serían de otra manera, e incluso los veinte, pero creo que cuanto más vivo, más aprendo y más me quiero alejar de esa vida soñada. La sociedad y el mundo que nos rodea nos orientan, aunque cada vez menos, (Disney también ha hecho mucho daño con sus príncipes azules) hacia una vida pautada en la que ir cumpliendo años implica tener que ir haciendo “check” en determinados aspectos de tu vida que te conducirán hacia una supuesta vida plena y feliz. ¿Vida plena y feliz por cumplir unas expectativas de lo que se espera de ti y de tu persona? Ir cumpliendo años nos tiene que hacer felices sin crearnos ningún tipo de presión. Hemos de vivir la vida cumpliendo los hitos que nosotros mismos nos pongamos porque solo vamos a vivir una vez y es una pena malgastarla sintiéndonos vacíos y sin un fin claro por el que levantarnos cada mañana. Además de que los años y el espíritu no van de la mano, ¿A cuántas “personas mayores” conocemos con una vitalidad aplastante que nos demuestran que cumplir años es solo un número y que la juventud la llevan dentro? Pues tenemos que quedarnos con eso y pensar que no todo es como se empieza. De hecho, el otro día leí esta frase y no puede tener más razón: “Cuidado con las vueltas que da la vida”.

Por favor, vivamos más el hoy, busquemos la felicidad y no juzguemos. Nunca sabemos cuantas piedras lleva ni lo que pesa la mochila de quien tenemos al lado.

Y con esto y un bizcocho nos vemos el mes que viene y, recordad, portaos bien porque en breve viene Papá Noel.

Arbo restaurará o lavadoiro de Barcela

0

O Concello de Arbo, platéxase a “mellora do lavadoiro de Barcela” para a súa posta en valor, deste elemento tradicional que forma parte dos lavadoiros públicos e que polo seu estado de deterioración ou por xerar un impacto na paisaxe do seu arredor, necesita unha intervención.

Esta obra adxudicada por importe de 12.901,37 €  (IVE 21 %  incluído), será financiada  polo Instituto de Estudos do Territorio da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dacordo a Resolución do 3 setembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia e polo Concello de Arbo con cargo a fondos propios municipais, levarase a cabo por unha empresa local.

O Lavadoiro de Barcela, trátase dun pequeno lavadoiro situado no lugar do Cruceiro na parroquia de Barcela en Arbo.  Situado  nunha cota inferior dos viais cos que limita e ten o seu acceso. Consta dunha planta cadrada con vaso realizado en ladrillo, pilares e cuberta de placa ladríllea, o lavadoiro é de ladrillo revestido.

As obras a realizar

As actuacións  consisten  no debroce e limpeza da parcela na entorna do lavadoiro, reparación e encintado dos muros de pedra, reparación do lavadoiro, revestido do vaso e do resto do lavadoiro, pintado da estrutura existen con cores acordes ao medio, pavimentación do chan do lavadoiro con solado de pedra, deixando canal de recollida e evacuación de auga, colocar peldaños de baixada o lavadoiro, reparación da cuberta e colocar tella cerámico e pilares e revestilos con pedra de tipo país e acondicionamento de toda a contorna. Con esta van unha serie de actuacións de mellora e posta a punta de fontes e lavadoiros realizados durante os últimos anos deste goberno municipal – informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil – Entre os lavadoiros e fontes mellorados están o de Turbela, Ferral, Vieiro, Hermida, Coutada, Perneiral, A Lama, Valiñas, Estación…. entre outros, repartidos por todas as parroquias do municipio.

Gondomar pon en marcha o seu campus máis deportivo e solidario

0

O VIII Campus Nadal Solidario abre o seu prazo de inscricións este luns 29 de novembro e permanecerá aberto ata o 22 para cubrir as 70 prazas que se poñen ao dispor das familias de Gondomar como unha das alternativas para favorecer a conciliación durante as datas do Nadal.

“É unha das preocupacións que neste goberno sempre temos presente e desde as concellerías trabállase para atender esta demanda ofrecendo sempre actividades nas que os máis novos e novas ademais de divertirse tamén aprenden valores necesarios para o seu desenvolvemento como o compañeirismo, hábitos saudables ou a solidariedade, entre outros”, sinala o alcalde Paco Ferreira.

A única condición para poder inscribirse será a de achegar como mínimo 2 quilos de alimentos non perecedoiros para o banco de alimentos municipal “porque nestas datas, máis que nunca, non podemos esquecernos daqueles que se atopan nunha situación vulnerable”.

Poderán participar nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e 12 anos que durante os catro días do campamento poderán participar en distintas actividades deportivas, descubrindo as súas habilidades en deportes que descoñecían ou mesmo achegarse a novas modalidades, á vez que se divirten. Como en anos anteriores, tamén se programa unha excursión.

As inscricións realizaranse no pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda, entre ás 17.00 horas e ás 19.00 horas. Máis información no correo [email protected] ou o teléfono 986 360 305.

200 persoas participarán este domingo en Tui na Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero

0

200 persoas inscribíronse para participar este domingo  na Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero 2021 organizada polo Concello de Tui dentro dos actos conmemorativos do 25N.

Dende ás 11 h na praza da Inmaculada as persoas inscritas poden recolle a súa camiseta conmemorativa. A saída está prevista ás 12h dende o Paseo da Corredoira tras a lectura dun manifestou.  A marcha consta dun percorrido de 7 quilómetros, de dificultade doada,  que dende o Paseo da Corredoira, irá pola Avenida da Concordia, rúa Loureiro, Veiga do Louro, praia de Areeiros, Veiga do Louro, rúa Palláns, rúa Calzada, Coengo Valiño, Alameda de San Domingos, Xardíns de Troncoso, Paseo Álvarez Blázquez e regresará ao Paseo da Corredoira. Durante a marcha é obrigatorio o uso de casco, e da máscara até o momento da saída, na zona de avituallamento e tras chegar á meta.  De regreso ao paseo da Corredoira a tudense Noelia Solleiro interpretará un tema, creado durante a pandemia xunto a Ángel Paz, contra a violencia de xénero.

Colaboran nesta actividade o Club Ciclista Locos por las Bicis, Protección Civil de Tui e a Cruz Vermella Portuguesa

“Violencia Zero” chega a Culturgal como emblema da Deputación

A dor e a ferida social da violencia de xénero simbolizadas na impactante performance da artista Ana Gesto precederon no escenario da feira Culturgal á firme e absoluta defensa da igualdade como eixo prioritario e transversal das políticas da Deputación de Pontevedra realizada por Carmela Silva. A presidenta provincial afondou na importancia do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” que incide no “enorme poder transformador da cultura” para concienciar á sociedade “a través da reivindicación que vai da man de artistas que moven, removen e conmoven, un berro que crea redes e que mostra que cada día somos máis”. Precisamente fora Ana Gesto a primeira artista en participar no 2015 na I edición do programa coa acción “Nin unha máis”. “Hoxe, seis anos despois, dixo Carmela Silva, seguimos a dicir nin unha máis”. Pero desde entón, no programa da Deputación desenvolvéronse 135 accións en toda a provincia que permitiron visibilizar a 140 creadoras comprometidas coa igualdade a través de distintas disciplinas artísticas. Propostas que chegaron a un total de 49 concellos, ducias de asociacións e ata 25 centros educativos.

En Culturgal, Gesto protagonizou “Acción e variacións para Do de peito” coa quequixo amosar dunha forma clara e dura “ a dor que causa a violencia e a ferida que xera, e a forza e resistencia que require ás mulleres, porque a forza tamén está presente nesa idea do do de peito”. No percorrido que protagonizou polo Recinto Feiral, foi envolvéndose nunha blusa feita con dúas colchas de catro metros de longo á altura do peito. Os impactantes sons tamén marcaron a dureza desta acción, escenificada nos golpes contra as paredes e o chan, ou co ruído metálico acadado cunhas bolas de xoguete que contiñan ferreñas no seu interior. Gesto define o proceso da súa performance como un látigo, “o que sería un do de peito doído, lastimado”.

A presidenta da Deputación, que nomeou unha por unha ás 25 artistas da sétima edición, “porque o que non se nomea non existe”,  presentou a nova edición do programa “un instrumento que chega a todo o territorio, a todos os concellos para provocar unha reflexión colectiva, mobilizar conciencias e visibilizar ás mulleres da cultura”. Carmela Silva subliñou que Violencia Zero “entende a emerxencia feminista e tamén a urxencia cultual das mulleres”. Por elo, incidiu no lema deste ano “Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven. Móvete con elas contra a violencia machista!”, que contará ata novembro de 2022 cun total de 25 accións (6 performances, 5 espectáculos musicais, 5 accións escénicas, 4 murais, 3 de danza urbana e 2 accións poéticas) noutros tantos concellos. Deles, seis incorpóranse por primeira vez: Fornelos, Rodeiro, Agolada, Oia, Moraña e Covelo, de marcado carácter rural nos que levaranse a cabo accións e obradoiros enfocados directamente ás asociacións de mulleres rurais. Neste aspecto se detivo Carmela Silva para explicar que “se a violencia machista sempre é terrible aínda é máis dura no mundo rural e temos que estar alí”. A Deputación tamén distribuirá este ano bolsas de tea deseñadas polas creadoras Andrea López, Eva Fandiño e Nuria Diaz, expertas en deseño gráfico, debuxo e ilustración, e se anunciou un foro de reflexión do sector cultural na Escola de Igualdade María Vinyals, nas que participarán figuras referentes a nivel internacional da arte da acción.

Calendario VII edición

Tralas accións celebradas xa en Pontevedra e Vigo por Alba Soto e Mercé de Rande, en decembro estará en Meaño Eva Comesaña, cun espectáculo de  danza urbana, e en Moraña, Sofía Espiñeira cunha actuación musical, mentres xa en xaneiro haberá dúas accións escénicas con obradoiro nos concellos de Silleda, a cargo de Beatriz Serén, e en Forcarei, con Atenea García. Posteriormente, no mes de febreiro haberá unha acción escénica con obradoiro en Oia con Cris Iglesias, e no concello de Agolada, un espectáculo de música e canto con obradoiro de Esperanza Mara.

“Violencia Zero” continuará en marzo con dúas performances, en Caldas a cargo de Mónica Cofiño e en Moaña con Julia Mariscal, mentres que en abril as protagonistas serán Pilar V. de Foronda, cunha performance e un obradoiro na Lama, e Rakele Cavallo un mural participativo con obradoiro na Guarda. Por outra banda, en maio María José Pulido levará a cabo un mural participativo con obradoiro en Fornelos e Iria Vázquez fará unha performance tamén con obradoiro nas Neves.

Dúas intervencións murais de gran formato chegarán en xuño, con Elisa Capdevila a Redondela e o Dúo Amazonas a Salceda. En xullo celebrarase un espectáculo de danza contemporánea de Esther Latorre en Tui e outro de  música de Flow do Toxo en Meis. Xa en agosto haberá dúas actuacións musicais a cargo de La Teoría de la Nada en Baiona e de Suevia na Cañiza, mentres que en setembro está prevista a acción poética con Andrea Valle en Covelo e o espectáculo de danza cun obradoiro de Myriam González en Barro. Dúas acción escénicas protagonizarán “Violencia Zero” en outubro, a cargo de Cora Velasco en Rodeiro e de Isabel Risco en Cambados e, por último, no mes de novembro pecharase a sétima edición en Vilaboa cunha acción poética a cargo de Alba Cid.

Nigrán inicia o proceso de contratación para humanizar a rúa Otero Pedrayo

0

O Concello de Nigrán iniciou o pasado 3 de novembro o expediente de contratación para humanizar a rúa Otero Pedrayo tras consignar o crédito e agardar por todas as autorizacións. Así, nos vindeiros días sairá a licitación esta obra considerada urxente e prioritaria para o goberno local e que conta cun orzamento base de 1.315.797 € dos que, según se acaba de aprobar, a Deputación de Pontevedra subvencionará 900.000 € a través do plan ReacPon e o Concello aportará 415.797 € a cargo do Remanente. A rúa, en estado calamitoso, vertebra o municipio ao comunicar o núcleo urbano de Nigrán (PO-552) con Panxón (Rúa Mariñeiro).

“Tras máis de 30 anos de abandono absoluto por parte da Xunta, o Concello a transformará en só un ano de titularidade municipal; esta é a gran obra que estamos desexando abordar. É de xustiza para os veciños que o veñen reclamando porque esta é de seguro a estrada peor conservada de toda a provincia, acumulando decenas de denuncias por caídas nas beirarrúas”, sinala o alcalde, Juan González, en referencia a máis de 6 anos de goberno instando á Xunta que asumise as obras por ser unha vía da súa competencia e, finalmente, optar o Concello no 2020 por solicitar a titularidade municipal. “O que non fixo a Xunta en décadas o solventaremos nós nun ano, afortunadamente somos un Concello coas contas saneadas e podemos facelo”, incide. Así, finalmente, a rúa foi transferida ao Concello en xullo de 2020, a continuación o consistorio contratou o proxecto e, durante máis dun ano agardouse pola autorización da AXI para poder iniciar este expediente de contratación.

“A situación é absolutamente desastrosa, cunhas beirarrúas esnaquizadas e uns servizos que tanto ambientalmente como estruturalmente supoñen un gran problema. O cambio de imaxe será radical, faremos unha rúa moito máis amable para os seus veciños, un lugar polo que poder pasear, accesible de verdade e con puntos de encontro nos que poder pararse a charlar ou descansar, ese é o Nigrán para todos que estamos a construír e ao que se sumará esta estrada fundamental na vertebración do municipio”, resume o alcalde.

Proxecto de humanización

A humanización contemplada no proxecto comprende a totalidade da vía e inclúe a creación dunha nova zona verde nunha parcela municipal ao carón da rúa Costiña. O aspecto máis destacable será a completa renovación dos colectores de abastecemento e saneamento, creando a maiores unha rede separativa de pluviais que non existe actualmente, o que causa problemas de sobrecargas nos días de choiva e destrozo do pavimento. Asimismo, darase ao fin continuidade ás beirarrúas que rematan abruptamente á altura do Centro Antena (rúa Porqueira) mediante a creación dunhas novas que si cumpran a normativa de accesibilidade e en formigón pulido coloreado con canto en pedra, seguindo asi a estética da súa veciña rúa Mariñeiro. Os pasos de peóns serán, ademáis, sobreelevados e con iluminación específica mediante una barra lateral co obxectivo de outorgarlles a máxima seguridade, tal e como xa fixo o Concello noutros do casco urbano.

Adicionalmente, contémplase renovar o asfaltado en toda a rúa e o cambio a iluminación LED con novas farolas cun fuste personalizado co gravado en corte láser do escudo de Nigrán e eliminarase o tendido aéreo eléctrico e de comunicacións que todavía existe, desaparecendo os postes da estrada. A plantación de cerdeiras ornamentais en todo o percorrido das novas beirarrúas outorgará a toda a zona unha imaxe máis amable, feito que se complementará con novo mobiliario urbano (bancos e papeleiras).

Dentro do mesmo proxecto, o Concello de Nigrán inclúe a rehabilitación dun espazo verde municipal de 450 metros cadrados ao carón de Otero Pedrayo, na rúa Costiña, co obxectivo de convertilo nunha zona de lecer para a veciñanza. Nel disporase dun circuito biosaudable para facer exercicio ao aire libre, bancos e arbolado.

Ponteareas comeza a renovar o seu alumeado

Ponteareas comeza a renovar todo o seu alumeado. As rúas das parroquias de Fontenla, Prado, San Mateo e Pías xa contan con luminarias novas e máis eficientes, no marco do plan da Concellería de Vías, Obras e Alumeado, que dirixe Chus Garrote, para mellorar o aforro enerxético e a seguridade cidadá. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, destaca que estas intervencións, financiadas nun 80 % con fondos do Instituto de Diversificación y Ahorro Energético (IDAE) e cun 20 % restante con fondos propios Concello, “permitirán aforrar a Ponteareas cerca de 500.000 euros en enerxía”.

Chus Garrote explica que se substituirán 7.560 luminarias e 155 cadros de mandos, o que tamén supón un aforro de 1.712,79 toneladas de CO2 emitidas a atmosfera e unha clara melloría da seguridade cidadá para circular polas rúas en horas sen luz natural.  A concelleira tamén quere lembrar á veciñanza que nas parroquias onde comezaron as obras quedaron algunhas luminarias sen cambiar porque “teñen algunha particularidade que precisa dunha intervención máis especializada”, pero incide en que “serán renovadas nunha segunda volta”.

A edil tamén destaca que as luminarias elixidas contan cunha tecnoloxía pioneira que se “anticipa ás tendencias futuras en iluminación viaria que xa se están empezando a esixir para acceder a determinadas subvencións derivadas de Europa”. Con estas luminarias hai unha redución importante da luz esparexida á atmosfera, diminuíndo a contaminación luminosa e favorecendo o confort e a saúde das persoas. Tamén se contemplan no proxecto solucións luminosas especiais para reforzar a iluminación nos pasos de peóns e a seguridade dos viandantes en zonas non reguladas con semáforos ou cunha iluminación deficiente

Fontenla, Prado, San Mateo e Pías son as primeiras parroquias que contan con estas luminarias, pero a concelleira destaca que toda Ponteareas desfrutará dun novo alumeado durante o vindeiro ano.

O concello da Guarda organiza unha Mostra Creativa de Nadal

0

O Concello da Guarda está a deseñar a campaña de Nadal e, dentro das accións comerciais, este ano se vai a incluír unha Mostra Creativa de Nadal no Mercado de Abastos.

A finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias instalando os postos os días 10, 11, 17, 18 e 24 en horario de mañá, nunha Mostra Creativa de Nadal na que poden participar os creadores, artesás, deseñadores do Baixo Miño, sendo obrigatorio ser residentes ou ter a sede social da empresa na comarca do Baixo Miño. A montaxe dos stands correrá a cargo dos participantes.

Para participar os interesados/as deben presentar mediante rexistro de entrada, de forma presencial ou a través da sede electrónica, unha instancia xeral dirixida á Concellería de Desenvolvemento Local, amosando o seu interese en participar e na que aparezan o nome e apelidos do titular do posto, teléfono de contacto, correo electrónico e os produtos e servizos que van a ofertar na Mostra, de acordo ás BASES.

 publicadas na web. Non se permitirán aqueles postos que, pola súa natureza, interfiran coa actividade alimentaria da propia Praza de Abastos.

A data límite para a recepción de solicitudes de participación é o 3 de decembro.

Con este evento se quere seguir pondo en valor o talento creativo da nosa comarca, dinamizar o mercado municipal nun Nadal no que a creatividade será a protagonista.

BASES

A Xunta autoriza a transferencia de 4 estradas autonómicas ao Concello de Salvaterra

O Consello da Xunta autorizou o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Salvaterra de Miño da totalidade das vías autonómicas PO-420 (Taboexa-Vilacova), PO-430, que vai a Leirado, a PO-432 (Salvaterra-Río Miño) e a PO-433, que vai a Cabreira.

Neste acordo inclúese, ademais, a transferencia, na súa totalidade, de varios treitos antigos das estradas da Xunta PO-403, PO-404, PO-409 e da PO-420.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Salvaterra de Miño asinaron un convenio de colaboración para reordenar e completar o viario municipal e abrir a rúa Galicia. Co fin de acadar un funcionamento da rede viaria máis acorde ás necesidades do municipio debe materializarse a transferencia das citadas estradas, así como do seu dominio público viario asociado.

Neste convenio, a Xunta asume a financiación íntegra desta actuación que mellorará as conexións na vila e a mobilidade dos veciños, grazas a un investimento autonómico de 500.000 euros.

Pola súa banda, o Concello de Salvaterra de Miño comprométese a aceptar a titularidade de varios treitos de estradas autonómicas. A entidade local asumiu tamén a realización dos trámites expropiatorios, a redacción do proxecto, e a contratación e execución das obras.

A transferencia tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que estable a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.

Co cambio de titularidade aprobado hoxe polo Consello da Xunta, o Concello terá a competencia para actuar nestes treitos e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento. O decreto aprobado hoxe polo Executivo autonómico producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

“Mos no Camiño”, unha nova ferramenta dixital útil e intuitiva que promociona turísticamente o municipio

0

Onte pola mañá, ás 12.00 horas. tivo lugar no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos a presentación da páxina web “Mos no Camiño”, confeccionada polos 8 alumnos traballadores do Obradoiro Municipal de Emprego “Mocidade no Camiño” (que rematou o pasado 14 de outubro) da especialidade formativa de deseño de produtos gráficos e multimedia.

A web, que xa está operativa na ligazón mosnocamiño.es contén información do Camiño Portugués a Santiago de Compostela ao seu paso por Mos e dos principais lugares de interese histórico, patrimonial, cultural e paisaxístico do Concello de Mos, aínda que non se atopen ubicados exactamente no Camiño. 

Trátase dun excelente, estético e profesional traballo de deseño gráfico, web, programación, fotografía e vídeo; que aporta unha atractiva visión da localidade mosense como destino turístico, de lecer, interesante para visitar e incluso ser coñecido máis en profundidade pola propia veciñanza. 

Esta nova páxina web municipal está operativa xa en galego e os próximos días tamén o estará a súa versión en castelán.

É unha plataforma moi práctica, intuitiva e de navegación sinxela que inclúe desde consellos prácticos para facer o Camiño, ata Apps para peregrinos, ligazóns de interese, mapas con ubicacións coas localizacións destacadas e/ou recomendadas, descripcións do patrimonio histórico e cultural mosense, material didáctico sobre a historia da orixe de Mos, información útil sobre albergues, etc.

Na presentación, ademáis das concelleiras mosense de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, e de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, tamén estiveron presentes o profesor da especialidade responsable da creación desta estupenda ferramenta dixital, Diego Seixo, e dous alumnos traballadores do Obradoiro de Emprego na devandita especialidade, Ana Misa e Iván Domínguez.

Os 8 alumnos traballadores/as participaron e contribuíron activamente na creación desta web. Así mesmo houbo dous que fixeron unha aportación un tanto máis especial como foron Sergio Lorenzo, encargado da edición do vídeo incluído na páxina e Alex Camiña, que compuxo a música orixinal do mesmo.

En definitiva, “Mos no Camiño” é unha ferramenta moi interesante tanto para o peregrino como para a propia veciñanza. Xa que inclúe os eventos culturais, sociais, deportivos e musicais que se organizan no municipio, así como lugares de interese en todas as parroquias.

A complexidade técnica da fabricación e colocación dos bancos xardineiras da Praza de Bugallal retrasan a súa finalización

A complexidade técnica do deseño, da fabricación e da colocación dos bancos xardineiras da Praza de Bugallal son a causa do retraso na execución da obra de remodelación da contorna, segundo o avala e xustifica nun informe a arquitecta directora da obra, que forma parte do estudo de arquitectura que redactou no seu día o proxecto.

O Goberno municipal salienta que o proxecto de transformación da Praza de Bugallal foi escollido no ano 2018 nun concurso por un xurado formado por trece persoas, cinco deles representantes políticos, e oito técnicos, catro deles do Concello e outros catro externos e de recoñecido prestixio. Ao concurso presentáronse un total de cinco propostas, resultando gañadora a do estudo Abalo Alonso Arquitectos, quen logo redactou o proxecto técnico que foi aprobado polo pleno en 2019 sen ningún voto en contra.

A obra foi adxudicada á empresa Xestión Ambiental de Contratas (XAC) por un importe de 605.338,28 de euros. Para a supervisión da obra e a súa correcta execución o Concello contratou como Dirección de Obra á arquitecta do estudo gañador do concurso e redactor do proxecto, que é a encargada non só de comprobar a correcta execución dos traballos, senón tamén de xustificar e avalar calquera modificación da obra e calquera ampliación do prazo de remate da mesma.

O Goberno municipal lembra que “nunha obra pública, o Concello como promotor amplía o prazo de finalización se a Dirección de Obra o considera xustificado ou ben penaliza á empresa contratista se incumpren os prazos inxustificadamente”.

O Goberno local aclara que “no caso da obra da Praza de Bugallal o retraso nas obras está xustificado tecnicamente pola arquitecta responsábel da dirección de obra”. Así se recolle nun informe emitido por esta a petición do goberno municipal no que se lembra que o proxecto redactado no seu día prevía un prazo de execución de seis meses e a empresa adxudicataria, XAC Xestión Ambiental, ofertou realizala en cinco. A obra iniciouse o 26 de outubro de 2020, polo que o seu remate debía producirse o 25 de marzo de 2021.

No seu informe, a arquitecta directora de obra explica que primeiro se prorrogou un mes como consecuencia da aparición de tubaxes de amianto. Posteriormente a Dirección de Obra deu o seu visto bo a tres prórrogas que suman 10 meses para facer posíbel a entrega e instalación dos bancos xardineiras e a plantación do arborado. O informe da arquitecta directora de obra achaca a maior parte do retraso á execución e posta en obra dos bancos xardineiras de granito porque “estes elementos están deseñados e fabricados un a un de maneira personalizada. Esta singularidade asume unha complexidade xeométrica resolta cunha fabricación industrial rematada artesanalmente e que sigue un proceso de execución que contempla varios traballos: elección do granito en canteira, modelado en 3D de cada un dos elementos, corte de cada unha das pezas, montaxe do banco en fábrica, abuxardado superficial das caras vistas, transporte e colocación en obra”.

A Dirección de Obra engade no informe que os bancos xardineiras teñen que “realizarse de maneira progresiva no tempo e en consonancia coas posibilidades técnicas dispoñíbeis”, o que supón “a ralentización da execución e posta en obra destes elementos”, superándose con creces a previsión inicial do proxecto. Por último, o informe da arquitecta explica que a ampliación do prazo de remate da obra tamén se autorizou para “axustar o prazo da obra ás recomendacións dos viveiros á adecuación da plantación das árbores aos períodos do ano que ofrecen maiores garantías”, de tal maneira que a Dirección de Obra fixou o prazo de remate das obras no vindeiro 28 de febreiro. Na actualidade están instaladas 6 das 18 xardineiras, prevéndose para a vindeira semana a colocación da sétima e a pavimentación da superficie da praza que quedou pendente para facilitar a colocación deses sete bancos xardineiras.

O Goberno local lamentou o retraso da obra, “debido a razóns exclusiva e estritamente técnicas e avaladas pola dirección técnica da obra”, pediu desculpas á veciñanza polos trastornos que este retraso está a provocar e aclarou que o goberno en coordinación coa Dirección de Obra, está facendo un seguimento exhaustivo dos traballos para a súa pronta finalización.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ponteareas entrará en vigor o 21 de decembro

O vindeiro 21 de decembro o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ponteareas (PXOM) entrará en vigor. Ese día terán transcorridos os 15 días hábiles computados dende a súa publicación onte no Boletín Oficial da Provincia. Ao mesmo tempo, o PXOM de Ponteareas foi inscrito xa no Rexistro de Planeamento Urbanístico da Xunta de Galicia.

Para o goberno municipal do BNG e do PSOE, o 21 de decembro será unha data histórica para Ponteareas, “porque porá fin a case 20 anos de incerteza, inseguridade xurídica e parálise urbanística da localidade e de freo e impedimentos ás iniciativas empresariais e de emprendedores. A entrada en vigor do PXOM abrirá unha nova etapa de impulso e reactivación da economía local así como de oportunidades para a creación de emprego e de novos equipamentos e servizos públicos para a veciñanza de Ponteareas”.

A alcaldesa Cristina Fernández Davila sinalou que o goberno local traballa xa na implementación de todas as medidas e oportunidades que o PXOM ofrece. “A partires do día 21 de decembro poderemos por fin abordar e lograr a regularización e posta en valor do parque empresarial da Lomba para a implantación de novas industrias e actividades económicas e para a creación de emprego ou a cesión de terreos para o patrimonio municipal onde construír equipamentos e instalacións como por exemplo a nova escola infantil, a depuradora de Moreira, aparcadoiros, o novo centro de saúde, parques públicos ou instalacións deportivas. O goberno local xa está traballando con ese obxectivo”, salientou a rexedora.

Pola súa banda, a segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote, fixo fincapé no valor do PXOM para garantir os postos de traballo das actividades e instalacións empresariais que hoxe están sometidas a ameaza de demolición e peche. “O PXOM dará solución tamén ao comercio e á hostalaría, que non podía até agora legalizar ou ampliar a súa actividade”, lembrou a concelleira.

Cristina Fernández Davila puxo en valor o traballo do goberno municipal. “Cando BNG e PSOE asumimos en 2015 a responsabilidade de gobernar Ponteareas, a localidade levaba sen Plan Urbanístico 13 anos, dende 2002.  Este goberno logrou en seis anos a aprobación provisional do PXOM por tres veces, en 2016, en 2019 e en 2021. Nas dúas primeiras non foi posíbel a súa entrada en vigor pola negativa da Xunta a aprobalo definitivamente. Finalmente este ano, e nun exemplo de capacidade de negociación e entendemento coa Xunta de Galicia, logramos a aprobación definitiva transcendental para a historia de Ponteareas”.

Gondomar pon en marcha o I Concurso de decoración de Nadal para a veciñanza e o comercio da localidade

0

Decorar as casas e escaparates terá premio en Gondomar este ano co obxectivo de implicar ao máximo á veciñanza e o comercio local “nunha celebración que se están convertendo nun referente na comarca e o sur da provincia”.

Así o manifestou o rexedor, Paco Ferreira, quen explica que “damos un paso máis premiando a implicación da nosa xente en engalanar cos mellores adornos e luces o noso municipio, e dar máis razóns á xente para que se achegue a coñecer o noso Nadal”.
O I Concurso de Decoración de Nadal, promovido polas concellarías de
Comercio, Turismo e Cultura, propón un tema de partida: “A Fábrica de Nadal” e nela
pode ter cabida todo tipo de elementos navideños e cores.
Quen queira sumarse ao concurso terá ata o próximo día 10 de decembro de
prazo para cubrir un formulario -que xunto ás bases pódese descargar na páxina
www.concellodegondomar.gal – e presentalo no Rexistro Xeral do concello ou por Sede
electrónica. Só se admitirá unha solicitude por persoa e os participantes rexistrados
deberán achegar 1 quilo de alimentos propios destas datas para o banco de alimentos
municipal.
Establécense varias categorías. No caso do comercio, decoración interior e
exterior ou escaparate, escollendo só unha modalidade para presentarse. Igualmente,
os particulares que participen poderán facelo optando ao premio à mellor decoración
de xanelas ou balcón, ou mellor decoración de vivenda unifamiliar ou xardín.

Unha vez terminada a decoración deberán presentar tres fotografías da mesma
a través do correo [email protected], antes do 14 de decembro, de
maneira que se aprecien todos os detalles que serán valorados polo xurado. O importe
dos premios, que oscilan entre os 50 e 200 euros, “só poderá ser trocado nos
establecementos participantes no concurso”.

Máis información en [email protected], ou no
teléfono 986 38 40 20 en horario de 8:00 a 14:30.

O mércores inaugúrase a exposición fotográfica “Chiaroscuro” de Antonio Fortuna en Tui

0

O próximo mércores, 1 de decembro, ás 18.30 h inaugurarase no anexo da Sala de Exposicións Municipal do Concello de Tioa mostra fotográfica “Chiaroscuro” de Antonio Fortuna, de Valença. A exposición poderá visitarse até o 8 de xaneiro no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica.

Como sinala o propio autor desta colección “Estes retratos non foron influenciados por Da Vinci, Caravaggio ou Rembrandt como podía referir, senón por fotógrafos contemporáneos como Vladimir Polischuk, Pepe Castro ou Fontana Vaprio. Non son retratos formais preparados, pensados ou ensaiados senón a simplificación da obtención da fotografía de rúa, case inmediata.

Unha ollada curiosa, un sorriso, quizais unha pequena conversa ou só unha insinuación da cámara agardando o desexado permiso para disparar e, en segundos, a case certeza de ter feito a “tal fotografía”. Estas imaxes son o resultado desa case certeza.

Intencionadamente as imaxes non son tituladas, nin datadas, nin explicadas, nen contextualizadas. Cabe ao observador xulgar, maxinar, sentir libremente, sen presupostos ou encamiñamentos previos”.

A inauguración coincide coa celebración da festa nacional portuguesa, 1 de decembro. Para a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, esta exposición do fotógrafo valenciano, que amosa por vez primeira na nosa cidade as súas impresionantes imaxes, contribúe a afondar na colaboración ao abeiro do proxecto de Eurocidade, neste caso no ámbito cultural promovendo o intercambio e coñecemento entre ambas cidades.

A Xunta licita as obras para minimizar os riscos de asolagamento na contorna de Sabarís

0

A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, licita hoxe por 543.886,99 euros as obras para minimizar os riscos de inundacións no camiño das Monxas e no camiño Pouquena, no lugar de Sabarís, no concello de Baiona.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación destas obras. As empresas interesadas neste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 10 de xaneiro de 2022.

Esta intervención enmárcase no convenio de colaboración asinado en maio entre a Consellería de infraestruturas e Mobilidade e o Concello, no que se recolleron as actuacións necesarias para impulsar as obras de mellora da drenaxe nestes dous viarios situados nas proximidades da desembocadura do río Groba e identificados como de risco potencial significativo de inundación.

Segundo o citado convenio, a Xunta, a través de Augas de Galicia, asume a financiación das actuacións, e levará a cabo a contratación da execución, dirección e xestión das obras.

Pola súa banda, o Concello de Baiona comprométese á posta a disposición dos terreos necesarios para o inicio dos traballos e á realización das xestións pertinentes para posibilitar a súa execución. Tamén asume a obriga de recibir as obras que pola súa natureza sexan susceptibles de tal recepción e a asumir o seu mantemento e conservación, coa utilización das instalacións executadas de acordo coa finalidade prevista.

As obras estarán cofinanciadas con fondos europeos FEDER 2014/2020.

Antecedentes e as actuacións

Os camiños das Monxas e Pouquena son dous viarios situados nas proximidades da desembocadura do río Groba que presentan un historial de frecuentes inundacións. A deficiente rede de drenaxe de pluviais existente na zona, que desemboca na Foz de Miñor, vese habitualmente superada durante os episodios de choivas, anegándose os viarios e as construcións lindeiras, véndose este feito agravado cando as precipitacións abundantes coinciden, ademais, coa preamar.

As intervencións proxectadas pola entidade hidráulica da Xunta, que buscan minimizar os asolagamentos nesta contorna, están recollidas no Plan de xestión específico realizado na área de risco potencial significativo de inundacións do río Groba, no que Augas de Galicia contemplou as distintas opcións para o desenvolvemento de intervencións que contribúan a minimizar o risco de inundación.

Os traballos obxecto do contrato licitado hoxe consisten na reforma da rede de pluviais existente a través da execución de 4 colectores, o que permitirá mellorar a súa capacidade de desaugue nas condicións máis desfavorables, coa coincidencia da preamar con fortes precipitacións.

Plan de xestión específico da área de risco potencial significativo de inundación

Augas de Galicia redacta e revisa cada seis anos a avaliación preliminar do risco de inundacións da demarcación hidrográfica Galicia-Costa, e segue a avanzar no traballo para ultimar este ano o novo Plan de xestión de risco de inundacións 2021-2027.

En paralelo, Augas de Galicia está a desenvolver os plans específicos de xestión en 9 zonas fluviais con maior risco de inundacións. Trátase das contornas do río Umia, en Caldas de Reis e Portas; Ulla-Sar, en Padrón, Dodro, Rianxo, Rois, Catoira, Pontecesures e Valga; o Anllóns, en Carballo; Campeda, en Vimianzo; Fontecova e Trasposta, en Viveiro; Bahíña e o propio Groba, en Baiona; así como no Lagares, en Vigo.

Estes plans recollen medidas e actuacións paliativas e preventivas de aplicación polas distintas administracións, Xunta e Concellos, para minimizar o risco de enchentes.

O departamento que preside Ethel Vázquez segue apostando pola colaboración entre as administracións e axentes implicados para estar máis preparados fronte ao risco de inundacións e acadar unha máis rápida e mellor recuperación fronte ás súas posibles consecuencias.

O Concello do Rosal renova toda a sinalización do Sendeiro de Pescadores

0

O Concello do Rosal aposta polo sendeirismo como medio para dar valor ao seu patrimonio natural e atraer visitantes ao municipio. No marco desta estratexia acaba de renovar toda a sinalización do Sendeiro de Pescadores, un percorrido que comeza na contorna da praia das Eiras e que discorre 7,5 km polas ribeiras dos ríos Miño e Carballas. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que os traballos para mellorar a sinalización deste percorrido de gran valor histórico, paisaxístico e natural do noso concello xa están finalizados, e anima á veciñanza “a pasear por esta fermosa senda”.

A renovación contou con varias intervencións. Renováronse todas as marcas pintadas sobre as árbores tendo o máximo respecto co seu benestar, colocáronse postes novos para sinalar o percorrido e se substituíronse os paneis de información en mal estado. Tamén se apostou con facer esta senda máis atractiva para nenos e nenas coa colocación de puntos de información medio ambiental de baixa altura, na que poden aprender sobre a flora e a fauna que vive no sendeiro.

O Sendeiro de Pescadores é un camiño de gran valor para O Rosal. Percórrese en aproximadamente hora e media, e da acceso a bosques de ribeira, zonas de esteiro e xunqueira, espazos de interese ornitolóxico, pontes históricas, un serradoiro a vapor, muíños hidráulicos e varias áreas de recreo. Pódese comezar na praia das Eiras, para rematar nas Aceñas, ou ben pódese partir da área recreativa das Aceñas para concluír nas Eiras. En ambos extremos da ruta hai espazo de aparcamento. No Concello tamén queren solicitar á veciñanza a súa colaboración para manter en perfectas condicións o sendeiro. Tanto no coidado do medio natural como da sinalización cando se camiñe, pero tamén cando haxa traballos agrícolas ou de limpeza cerca.

Nigrán colabora con Ardelume de Baíña para homenaxear ao gaiteiro de Chandebrito Secundino Pérez

0

O Concello de Nigrán colabora coa Asociación Folklórica Ardelume de Baíña acollendo este domingo desde ás 17:00 horas no Auditorio Municipal o VI Memorial Secundino Pérez, adicado ao gran mestre de gaiteiros orixinario de Chandebrito e referencia da música tradicional galega.

Nesta homenaxe organizada anualmente polo seu alumando, actuarán as diferentes entidades nas que impartíu clases: Aires de Santes de Vincios, Ecos e Agarimos do CCV de Peitieiros, C.C.A Merced de Chaín, Novos Aires de Couso, ex-compoñentes do grupo Algarada e Castro de Chandebrito, e, finalmente, os anfitrións desta sexta edición: Ardelume de Baíña. A entrada é de balde ata completarse o aforo.

Secundino Pérez Sanromán

Secundino Pérez Sanromán (1931-2014) foi un músico vocacional e autodidacta que se dedicou ao seu ensino durante máis de 40 anos, beneficiando a diferentes xeracións de músicos de toda a comarca e creando multitude de agrupacións. Secundino foi tamén saxofonista e compositor e, sen dúbida, constitúe un referente da música tradional galega. “O Concello de Nigrán está moi agradecido por poder sumarse a esta homenaxe a un veciño de Chandebrito que forma parte xa da Historia da nosa música e que é recordado polo seu alumnado coma unha persoa de gran paciencia e marabilloso caracter”, sinala o alcalde, Juan González.

Ponteareas transformará a rúa Trobador Xoán García de Guillade nun espazo público de calidade para as persoas

O Concello de Ponteareas iniciou os trámites para licitar as obras de transformación da rúa Trobador Xoán García de Guillade dende a vila de Ponteareas até o CEIP Ramiro Sabell. O goberno prevé executar as obras ao longo do vindeiro ano 2022. A actuación atinxe á estrada que conecta o casco urbano con parroquias como Fontenla, Arcos, Santiago de Oliveira, Celeiros e Guillade. Tamén se intervirá no tramo da rúa Nardos entre Xoán Trobador e o Paseo Matutino así como nesta última rúa entre a saída de Nardos e a entrada a Feliciano Barrera, onde se atopan os Institutos Val do Tea e Pedra de Auga. En total a actuación abranguerá arredor de 1.100 metros de rúas e estradas e suporá un investimento de case un millón de euros, dos que 722.000 serán achegados pola Deputación de Pontevedra a través do plan ReacPon.

As actuacións suporán a recuperación para as persoas do tramo situado entre a Avenida de Galicia e a rúa Camelias, un treito de 200 metros que a través de beirarrúas moi estreitas conecta a Casa do Concello co Parque Ferro Ucha. Neste tramo a rúa pasará a ser plataforma única para o paseo e a estancia, con abundante arborado e mobiliario urbano, e a circulación de vehículos a motor reducirase a residentes, garaxes e servizos. O resto do percorrido dende o parque Ferro Ucha até o CEIP Ramiro Sabell suporá un novo reparto do espazo público. Até agora aproximadamente o 75% desta rúa estaba destinado aos coches, con dous carrís de circulación e un de aparcamento, e só un 25% aos peóns, con beirarrúas moi estreitas e sen arborado. Coa obra que se executará no vindeiro ano a zona de vehículos redúcese a un carril de circulación, en sentido de entrada a Ponteareas, e outro de aparcamento. O espazo que se gaña deste xeito permite crear unha plataforma de uso peonil e bicis duns cinco metros de anchura. Ademais, as dúas marxes da estrada contarán con arborado de gran porte e mobiliario urbano, prevéndose a plantación de case 200 árbores.

A actuación completarase co acondicionamento dun tramo da rúa Nardos, a carón do parque Ferro Ucha, unindo a estrada de Guillade co Paseo Matutino. Esta rúa unirase ao parque coa eliminación do actual peche e terá carácter peonil con tráfico limitado a autorizados. Para completar a actuación, crearase unha plataforma única de uso compartido entre vehículos e peóns con preferencia peonil no tramo do Paseo Matutino comprendido entre a saída de Nardos e a rúa Feliciano Barrera que dá acceso aos IES Val do Tea e Pedra de Auga.

Unha das finalidades principais do proxecto é crear o primeiro camiño escolar seguro de Ponteareas para promover o desprazamento a pé e en bici ao CEIP Ramiro Sabell e aos IES Val do Tea e Pedra de Auga. O proxecto, que agora se fará realidade, foi o resultado dun amplo proceso participativo coa comunidade educativa do CEIP Ramiro Sabell, que demandaba unha actuación destas características. Ademais, esta semana o goberno local presentou o proxecto definitivo á veciñanza e comunidade educativa nun acto na sala multiúsos do Auditorio Municipal.

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, salientou que “esta obra vai transformar de xeito extraordinario unha rúa e unha estrada degradada, con beirarrúas estreitas, sen arborado e inhóspita, nun espazo público de calidade para o paseo, o desprazamento a pé e a relación social”. A rexedora lembrou que se trata dun percorrido cun grande uso social, utilizado por centos de persoas para achegarse aos centros educativos, ao parque Ferro Ucha e á futura Escola Infantil, ao cemiterio municipal ou a centros privados de ocio e sanitarios situados na zona ou para desprazarse camiñando á vila dende o Barral, Fontenla ou Arcos”.

A realización da obra leva aparellada a transferencia da titularidade do tramo da rúa Trobador Xoán García de Guillade da Deputación ao Concello de Ponteareas.

A Guarda homenaxea este sábado a Eliseo Alonso

0

O vindeiro sábado día 27 de novembro de 2021 A Guarda realiza unha homenaxe a Eliseo Alonso cun programa de actividades que arrancará ás 11:00h cun Pleno Extraordinario no Salón de Plenos no que se nomeará a Eliseo Alonso coma Fillo Adoptivo do Concello da Guarda.

Neste pleno tan especial contarase con familiares e achegados e os asistentes recibirán unha copia do seu libro “Gamelas e Mariñeiros”, traducido ao galego por Ramón Quiroga e editado e impreso pola Deputación de Pontevedra.

De seguido procederase á inauguración da Exposición de Filatelia, contando coas intervencións de Marta Verde Rodríguez, Secretaria da Sociedade Numismática e Filatélica Guardesa; Enrique Pérez Martínez, Presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas e Antonio Lomba, Alcalde da Guarda. Nesta exposición destacarán as coleccións “Entretenementos” de Marcelino Portela Lorenzo; “Ao son da gaita” de Marta Verde Rodríguez; “O fechador de 1842 en Galicia” de José Ángel Gándara Rodríguez; “Jack. Unha historia inacabada” de Teodosio González Ferreira; “Terra Australis Ignota” de Almudena Taboada Lago; “Izando velas, descubrimos e comerciamos” de Cristina Domínguez Rotea; “Lorca e a súa contorna” de Alfonso Dorado Senra e “Escritores galegos” de Antonio Martínez Martínez.

Tamén realizarase a inauguración dunha segunda exposición, titulada “Eliseo Alonso: Camiñando cara ao mar da Guarda”, no XXV cabodeano do seu pasamento, e que recolle, nunha serie de paneis e contidos, ademais dunha reseña biográfica, os eidos nos que Eliseo Alonso proxectou seu labor literario e xornalístico, tanto dende seu Goián natal, ata máis aló da nosa Terra, mar por medio. Quedará deste xeito plasmada nesta exposición parte do seu legado como escritor, etnógrafo, fotógrafo, poeta e xornalista, grazas ao traballo realizado pola Comisión da Homenaxe a Eliseo Alonso.

Estas exposicións estarán na Casa dos Alonso dende o sábado 27 de novembro ata o xoves día 9 de decembro, cun horario de visita de luns a venres de 11:00h a 13:00h e sábados, domingos e festivos en horario de 11:00h a 13:30h e de 16:00h a 19:00h.

Finalizados os actos na Casa dos Alonso, ás 13:30h está prevista a descuberta dunha escultura adicada a Eliseo Alonso no Paseo Marítimo da vila, unha peza en pedra elaborada pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, un acto aberto a toda a cidadanía e que contará coa presenza de Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra.

O acceso aos actos na Casa dos Alonso realizarase con invitación previa debido a cuestións de aforo.