Mércores, 11 Decembro de 2024

Aberto o prazo de inscrición para a ludoteca de Nadal de Nigrán

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza como cada ano a “Ludoteca de Nadal 2021” co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. O campamento ten un custe de 10 € e está destinado a nenos e nenas entre 3 e 12 anos e desenvolverase dende o día 22 de decembro ata o día 5 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:30 horas.

O período de inscrición finaliza o día 9 de decembro. A ludoteca terá lugar no Colexio Humberto Juanes. Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse na http://sede.nigran.org/.

Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse a Oficina de Atención Cidadá. Tlf: 986 365000, correo electrónico: [email protected].