9.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas ofrece unha formación gratuíta no IES Val do Tea para mellorar...

    Ponteareas ofrece unha formación gratuíta no IES Val do Tea para mellorar o traballo dos docentes co alumnado con trastorno do espectro autista

    O taller será impartido pola Fundación Menela ás 17.30 horas nas aulas do instituto e as inscrición son a través de educacion@ponteareas.es

    O Concello de Ponteareas continúa apostando pola inclusividade e a igualdade nas aulas dos centros educativos da vila. Hoxe ás 17.30 horas, no IES Val do Tea organiza, xunto a Fundación Menela, unha formación para mellorar a intervención educativa dos docentes co alumnado con trastorno de espectro autista.

    A alcaldesa e concelleira de Educación, Cristina Fernández Davila, anima ao profesorado a participar “nunha formación que nos axude a mellorar como sociedade aprendendo a recoñecer as dificultades destes rapaces e rapazas, e adquirindo ferramentas para axúdalos nas aulas”.

    Para inscribirse o profesorado debe escribir un correo electrónico a educacion@ponteareas.es e o acceso estará aberto ata completar o aforo da aula. A Fundación Menela destaca que con esta formación o profesorado descubrirá que “a maioría de persoas con autismo non teñen diversidade funcional, pero si dificultades de aprendizaxe que os profesores deben detectar para mellorar o seu benestar na clase”. Destacan ademais que o taller de mañá tamén será o lugar axeitado para crear estratexias que axuden a prevención do acoso ás persoas con autismo que, polas súas dificultades de comunicación, tenden a sufrir.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.