Ante a inminente e recente subida de contaxios da Covid-19 que está afectando a todo o País, a nosa Comunidade e por ende ao Concello, non se pode mirar cara outro lado e por iso o Grupo de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño ven reunirse para tomar unha determinación tan contundente coma precisa: CANCELAR A TRADICIONAL FESTA DO VIÑO ESPUMOSO DAS RÍAS BAIXAS.
Ainda que con moita mágoa, xa que saben que se trata dunha celebración que forma parte do ADN da vila, non queda outra que actuar de inmediato e de xeito coherente, xa que lévase feito un longo traballo que vai xa cara os dous anos e onde se perderon numerosas vidas por mor desta Pandemia.
É por iso que, a pesares de ter toda a programación feita de cara a fin de semana, na que tíñanse depositadas moitas das ilusións propias dun festexo tan tradicional, mais se cabe logo dun longo tempo restrinxidos, están na obriga de afrontar un novo revés sanitario e paliar así o impacto deste rebrote.
O Concello tamén estaba ultimando a programación do Nadal para publicar nas Redes Sociais, pero quedan tamén suspendidas TEMPORALMENTE valorando a evolución do escenario nos vindeiros días e semanas para tomar unha decisión final.
Estamos nuns intres cruciais para deter unha nova expansión do Coronavirus, e proba disto é a cancelación dunhas festas tan importantes para os veciños, polo que prégase un pouco de responsabilidade dende xa, e que téñase moito SENTIDIÑO nas datas que se aveciñan.