8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda da a benvida ao Nadal 2021 este venres co acendido...

    A Guarda da a benvida ao Nadal 2021 este venres co acendido do alumeado

    A ampla e variada programación de actividades estenderase ata o 5 de xaneiro de 2022

    O Concello da Guarda arranca este venres día 3 de decembro a programación do Nadal 2021 co acendido do alumeado, actividades que terán lugar dende ás 18:00h.

    De 18:00h a 18:30h contarase co espectáculo/xogo de animación “A xogar cos trasnos do Nadal” no que un pequeno grupiño de trasnos realizará xogos de baile e coreografías divertidas cos nenos, familias e todo aquel que se achegue ata a Praza do Reló.

    Ás 18:30h terá lugar a cerimonia oficial do Acendido da Iluminación do Nadal, con posterior presentación do Gran Bastón de Nadal que os trasnos transportarán polas rúas do centro da vila dando comezo ao Tempo de Nadal. Toda a animación correrá a cargo de Barafunda Animación, realizando o seguinte percorrido: Praza do Reló – Rúa Cervantes – Joaquín Alonso – Vicente Sobrino – Avelino Vicente – Concepción Arenal – Brasilino Álvarez e Praza do Reló.

    Ás 19:30h terá lugar na Casa dos Alonso a charla “Xogando no Nadal, o xogo e o xoguete”, charla de carácter práctico no que se abordarán temas de interese para as familias sobre o xogo e o papel fundamental que ocupa nas primeiras etapas das crianzas.

    Achegaranse ferramentas prácticas sobre: atopar o equilibrio entre as necesidades das crianzas e o exceso de xoguetes, consellos sobre tipoloxía de xoguetes, como mercar xoguetes máis sostibles etc. Non é precisa inscrición previa.

    Xa na xornada do sábado día 4 de decembro, ás 18:00h no Centro Cultural contarase coa nova produción da compañía Elefante Elegante: “Patapatum”, reserva de entradas en www.evenbrite.es.

    Patapatúm é un espectáculo de teatro visual sen palabras para público a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada no universo dixieland, a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa dende o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá. A obra gañou o Premio María Casares a Mellor Espectáculo Infantil.

    PATAPATÚM é a nosa reflexión sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias, cunha crítica constructiva ao exceso de agasallos, de xoguetes e en xeral de coidados materiais, en sustitución do tempo que non podemos adicarlle aos nosos nenos ou 

    A compañía Elefante Elegante se caracteriza pola coidada estética e beleza das súas produccións, nas que prima o componente visual baseado no xesto e no movemento, buscando a universalidade, xurdindo da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais. E así o rigor do seu traballo foi recoñecido con varios premios María Casares desde 2013, recibindo variados premios en diferentes categorías.

    AXENDA DE NADAL

    Venres 3 de decembro

    • A partir das 18:00h na Praza do Reló
    • De 18:00h a 18:30h A xogar cos Trasnos de Nadal
    • 18:30h Acendido e animación de rúa posterior co Bastón de Nadal polas rúas da vila
    • 19:30h na Casa dos Alonsos: XOGANDO NO NADAL, CHARLA SOBRE O XOGO E O XOGUETE
    • Acceso libre ata completar aforo

    Sábado 4 de decembro

    • 18:00h. Centro Cultural: TEATRO INFANTIL “PATAPATUM”
    • Reserva de entradas en eventbrite.es

    Venres 10 de decembro

    • 18:30h Casa dos Alonsos: Obradoiro “Reutilizando Envases”
    • Inscrición previa en Omix
    • 21:00h Centro Cultural: TEATRO MUSICAL “O CANDIL”
    • Reserva de entradas en eventbrite.es

    Xoves 16 de decembro

    • 20:30h Centro Cultural: CONCERTO DO CONSERVATORIO

    Venres 17 de decembro

    • 18:30h Casa dos Alonso: Obradoiro “Reutilizando Abelorios”
    • Inscrición previa en Omix

    Sábado 18 de decembro

    • 12:00h Praza Avelino Vicente: CANTOS DE NADAL
    • Coas pandereteiras Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e do Lusco ó Fusco
    • 18:30h Casa dos Alonso: Presentación do Libro “Palabras como corpus prata”, de Joaquín Cadilla
    • Acceso libre ata completar aforo

    Domingo 19 de decembro

    • 17:30h Igrexa Parroquial: CONCERTO DE PANXOLIÑAS
    • Coa participación de Coral Polifónica de A Guarda, Coral da Terceira Idade, Grupo Antorcha e Coro Cantabile
    • Organiza: Agrupación Polifónica da Guarda

    Martes 21 de decembro

    • 18:00h Praza do Reló: CONCERTO DE NADAL DE VENTO E CORO DOS ALUMNOS DO CONSERVATORIO

    Do 22 ao 24 de decembro

    • ELFOS DE NADAL polas rúas da Guarda
    • Horario: 22 e 23 de 17:00h a 20:00h e o 24, de 11:30h A 14:30h

    Xoves 23 de decembro

    • De 16:00h a 19:00h Praza de Avelino Vicente: “GADALKA” a cargo do Mago Dani
    • Espectáculo de maxia individualizada por familias

    Martes 28 de decembro

    • 18:00h Centro Cultural: “Little neno descobre a… Os Beatles”, de A Reixa Produccións
    • Reserva de entradas en eventbrite.es

    Mércores 29 de decembro

    20:30h Centro Cultural

    • “Ventos de Nadal”, grupos seccionais da Agrupación Musical da Guarda

    Xoves 30 de decembro

    • 18:00h Centro Cultural: TITIRICIRCUS, con Tanxarina Títeres
    • Reserva de entradas en eventbrite.es

    Do 3 ao 5 de xaneiro

    • CARTEIROS DO NADAL polas rúas da Guarda
    • Horario: 3 e 4 de 17:00 h a 20:00 h e o 5, de 11:30 h a 14:30 h

    Martes 4 de xaneiro

    • 17:30h Alameda: CIRCO RASNOVARAK, con Troula Animación
    • Espectáculo de rúa con animais xigantes

    Mércores 5 de xaneiro

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.