A Asociación Española Contra o Cancro levou a cabo o ano pasado 253 intervencións que tiveron como beneficiarios a veciños e veciñas do Porriño, a través dos seus diferentes programas. En concreto, foron 138 as intervencións de atención social, que van dende consultas de información, orientación sobre axudas económicas, préstamo de material ou programa de alimentos. Foron 84 as de atención psicolóxica a pacientes e familiares e 27 no eido do traballo social.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Sanidade, Carolina González, mantiveron esta semana unha xuntanza con representantes da AECC para analizar o papel que desempeña esta entidade no municipio. Á mesma acudiron a presidenta provincial, Carmen Abeledo, o coordinador das xuntais locais de Pontevedra, Telmo Crespo, e a presidenta da AECC do Porriño, Chelo Conde.
“O labor que realizan para apoiar aos pacientes e ás súas familias é impagable”, indicou o rexedor, “O cancro require unha abordaxe integral, non é suficiente con loitar contra a enfermidade, tamén hai que facelo contra as consecuencias emocionais que produce nos enfermos e nas familias, e para iso necesítase o compromiso de todos e todas”.
Co obxectivo de sumar esforzos, estudáronse liñas de traballo conxunto a desenvolver nos próximos meses e as fórmulas para establecer lazos de colaboración entre ambas entidades, que se irán dando a coñecer nas próximas semanas.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Nigrán deu luz verde este venres 11 de febreiro á licencia para a construción dun Burger King na parcela da gasoliñeira de Porto do Molle. A cadea americana abrirá durante este ano este establecemento de 422 metros cadrados con zona de restauración e tamén de recollida de menús, prevendo xerar 20 novos postos de traballo. A este xigante da comida rápida se sumará enfrente a finais de ano o seu gran competidor, McDonald´s, que se situará a escasos metros como parte importante do futuro parque empresarial Nasas.
“Estas licenzas levan aparellado xerar traballo, emprego e riqueza para o municipio; Porto do Molle é o gran activo de Nigrán e o será aínda máis en poucos meses, cando a apertura de Nasas e este Burger King impliquen a afluencia de 5 millóns de persoas só no seu primeiro ano”, sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que actualmente traballan 3.000 persoas nas máis de 160 empresas punteiras aquí instaladas. Precisamente, una delas, Bodega MC, con sede en Porto do Molle desde 2020, será a encargada de deseñar e facer realidade o Burger King, tal e como habitualmente fai con esta cadea ou tamén con Bimba y Lola, Mango e NH Hoteles.
“Esta boa nova do Burger King e a apertura de Nasas supoñen un revulsivo inmenso e unha oportunidade única para a comarca, e por iso iniciaremos desde o Concello un plan de formación específico para a nosa veciñanza para que poida vir traballar aquí”, sinala o alcalde en referencia á xeración de emprego e á atracción de visitantes a toda a comarca. “Virá xente de toda Galicia e do norte de Portugal a Nigrán e iso indubidablemente conlevará beneficios para todos”, conclúe.
Nasas
Este parque comercial e de ocio familiar será a gran novidade de 2022 en toda España, non contemplándose ata entón a apertura de ningún similar. Ocupará unha parcela de 60.000 m² desenvolvéndose máis de 30.000 m² de superficie comercial que darán cabida a 30 locais comerciais e de ocio; cun investimento de 55 millóns de euros e xerando máis de 400 empregos directos, 150 indirectos e 270 operarios na actual fase de obra. A estas alturas está comercializado ao 90 % e, entre as principais marcas que confirmaron a súa presencia, figuran, en alimentación: EROSKI VEGALSA, en bricolaxe: LEROY MERLÍN, en equipamento do fogar/decoración: JYSK, SAKITO, MAX COLCHÓN, en deporte: SPRINTER, DECATHLON e JOMA, en moda: MERKAL, en muno mascotas: TIENDANIMAL, en ocio e restauración: McDONALDS, KFC, DIVERLAND, GYM, SUSIKO… Unha amplia oferta que permite calcular en 5 millóns o número de visitas no seu primeiro ano de apertura.
Luis Piña, alcalde da Cañiza, e Gregorio Agís, deputado provincial de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación de Pontevedra, asinaron no día de onte a acta pola que a Deputación entrega ao Concello varios treitos antigos de viais provinciais.
Esta cesión permite o cambio de titularidade a favor do Concello de 8 treitos de vial na EP 5005 A Cañiza – Pousa, ao seu paso polo Couto e outro treito na EP 5001 A Franqueira – Cebreiro.
Este expediente de cesión arrancou no anterior mandato municipal coa sinatura entre as dúas administracións da cesión de 8 tramos de vial, que suman un total de 885 metros de lonxitude, na EP 5005 ao seu paso pola parroquia do Couto así como de varios metros de vial na estrada EP 5001 A Franqueira – Cebreiro. Nesta parroquia a Deputación de Pontevedra mellorou o tramo do viario antigo correspondente co núcleo urbán do Cebreiro entre os ppqq. 0+710 e 2+245, o cal deixou de ter as características propias dunha estrada provincial, pasando a ter carácter local polo que se transferiu ao concello da Cañiza.
A cesión destos treitos de estrada é consecuencia das melloras de trazado efectuadas pola Deputación. Melloras que deixaron unha serie de treitos antigos que xa non teñen a funcionalidade de viario principal provincial, servindo principalmente de acceso aos predios e as vivendas lindeiras.
O Concello da Cañiza solicitou á Deputación de Pontevedra o cambio de titularidade dos devanditos treitos, asumindo o mantemento e conservación dos mesmos.
Na tramitación deste procedemento a Deputación de Pontevedra solicitou á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta o cambio de titularidade a prol do concello da Cañiza destes tramos. Cambios de titularidade que foron aprobados pola Comunidade Autónoma por Decreto 3/2022 o pasado 13 de xaneiro e publicados nos DOGA o pasado 24 de xaneiro.
A Deputación de Pontevedra dá comezo esta semana a “Fiando Redes”, o programa no que a institución provincial traballa man a man con colectivos da provincia que teñen como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes. A través desta iniciativa a Deputación promove propostas culturais con perspectiva de xénero coas que comeza a progresiva recuperación dos seus programas con participación da cidadanía despois das restricións máis duras da pandemia.
Así, “Fiando Redes” arrancará este mércores, 16 de febreiro, no local multiusos do Centro Social de Bueu da man da Asociación Mulleres Rurais Mar e Agro. Neste emprazamento terá lugar un encontro coa escritora María Lado ás 17.30 horas. Ao día seguinte, o xoves 17, as instalacións de FormaVigo acollerán ás 17.00 horas un faladoiro titulado “A linguaxe inclusiva como motor de cambio” promovido por este colectivo.
Despois destas accións a Deputación continuará a espallar a cultura inclusiva con perspectiva de xénero por todos os recunchos da provincia a través de novos encontros con escritoras e faladoiros, accións escénicas e actuacións musicais, e tamén a elaboración de murais. Todas as actividades son escollidas e levadas a cabo por asociacións da provincia en busca de activar o tecido asociativo feminino, tecer redes e mobilizar conciencias a prol da sensibilización en igualdade de xénero.
O Concello da Tomiño sumarase á conmemoración do Día Internacional do Cancro Infantil (15 de febreiro), coa obra “Ás para Álex” de Baobab Teatro; unha función que terá lugar no Auditorio de Goián o vindeiro domingo, 20 de febreiro ás 17.30 horas. A entrada para esta actividade, destinada a público familiar con nenos/as a partir de 5 anos, será de 3 euros para as persoas adultas e 1,5 para menores de 12 anos.
O 15 de febreiro conmemórase o Día Internacional do Neno con Cancro, unha data proclamada en Luxemburgo, grazas á Organización Internacional de Cancro Infantil.
O obxectivo é crear conciencia e sensibilizar ás persoas sobre unha enfermidade que lamentablemente afecta a moitos nenos e novos.
Así mesmo, para axudar ás súas familias a que os seus fillos teñan un diagnóstico oportuno e o debido tratamento. Segundo o informe do “Observatorio do cancro” cada ano hai ao redor de 1000 cancros novos en pacientes menores de 14 anos.
“Dende o concello de Tomiño queremos expresar o noso apoio e solidariedade na loita contra o cancro a través do espectáculo ÁS PARA ÁLEX de Baobab Teatro”, explica a concelleira de Benestar, Cristina Martínez.
“Ás para Álex” é un espectáculo de teatro e monicreques recomendado para nenas/os a partir de 5 anos, cunha duración de 45 minutos.
Álex ten oito anos e, coma a calquera neno da súa idade encántalle correr, xogar, quedar coas súas amigas e amigos, ir ao parque, xogar ao fútbol que é a súa paixón. Pero un día ten que deixalo todo, porque o seu corpo non responde e, coma calquera neno, Álex enfádase co mundo e asáltanlle moitas preguntas. Ata que un día aparece Laura e sen pedir permiso entra de cheo na súa vida para axudarlle a mudar a mirada.
Trátase dunha peza teatral comprometida, divertida e cargada de verdade e tenrura, que toca unha temática moi delicada: “o cancro infantil”. Tamén amosa a necesidade de ter un sentimento de esperanza como unha menciña máis para superar esta enfermidade, e a importancia de atopar persoas que nos axuden a soñar.
O Concello dá un paso máis para facer de Ponteareas unha vila máis sustentábel ao tempo que se melloran os servizos municipais. Por ese motivo, vén de abrir o proceso de licitación para renovar o sistema de iluminación interior nos pavillóns do Complexo Deportivo Álvaro Pino que permita da eficiencia enerxética das instalacións.
O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, explica que a través desta intervención substituiranse as luminarias de descarga actuais por outras con tecnoloxía LED que “permitirá un aforro estimado de máis do 65% no consumo enerxético do edificio”. Este novo esforzo suporá unha importante mellora dunhas instalacións que prestan servizos municipais de fomento, promoción e difusión do deporte, especialmente en etapa escolar, e da que tamén fan uso asociacións, entidades e escolas deportivas nun amplo horario os sete días á semana. “Os usuarios e usuarias poderán gozar dun espazo máis confortábel ao tempo que camiñamos cara a un Ponteareas máis sostíbel e respectuoso co medio ambiente”, salientou o edil.
As obras de mellora contarán cun orzamento de case 32.000 euros que serán cofinanciados con axudas europeas do Fondo Europeo para o Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020 a través do IDAE, do Ministerio para la Transición Ecológica, e a través do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.
As empresas e as e os profesionais interesados en presentar as súas propostas poderán facelo ata o vindeiro 2 de marzo de 2022 ás 14.00 horas.
O Goberno de Redondela, a través da Concellería de Novas Tecnoloxías, que xestiona Olga García, vén de dar un paso máis á hora de abrir canles de participación da mocidade nas accións do Goberno local en temas que lles afecten directamente.
Unha páxina web específica que entrará en funcionamento nas vindeiras datas –Redondela Fala– permitiralles en breve poder opinar e achegar melloras aos proxectos que o Concello teña en marcha e que afecten directamente á mocidade e a infancia. O nome da páxina Redondela Fala foi elixido na última reunión mantida polos mozos e mozas que forman parte do Órgano de Participación Infantil e Adolescente de Redondela ‘Axentes do Cambio’.
Os enlaces para entrar en Redondela Fala serán enviados aos centros de ensino de Redondela para que, rapaces e rapazas poidan consultar e, se é o caso, mellorar coas súas achegas os distintos proxectos que o Goberno local vaia a poñer en marcha.
De feito, tres primeiras iniciativas serán postas á consideración das mozas e mozos de Redondela: as obras a realizar no Campito e o skatepark da Vía Verde, ámbalas dúas actuacións en Chapela, e a mellora do Campo de San Pedro en Cesantes.
Unha vez en funcionamento e a través do correspondente enlace, a mocidade e a infancia de Redondela poderán consultar ditos proxectos e achegar aquelas propostas que consideren oportunas ao tratarse de temas que lles afectan de xeito directo. No vindeiro Pleno Infantil e Xuvenil que se ten que celebrar en marzo, debateranse as propostas presentadas para facelas chegar ao Goberno socialista para a súa execución.
Para a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, esta páxina “supón un avance na participación das mozas e mozos nas accións do Goberno local”. Rivas lembrou que esta participación “era un compromiso en firme que tíñamos coa infancia e adolescencia do municipio”. A participación da mocidade e os Plenos da Infancia e Adolescencia “non poden ser, como eran, algo carente de utilidade coa única intención de cubrir as apariencias”. O Goberno dun municipio, democraticamente entendido, continúa a alcaldesa, “pasa por involucrar a todos os sectores sociais e mozos e mozas, nenos e nenas, teñen que ser parte activa desa acción de Goberno”.
Agora, remata a rexedora redondelá, “as reunións do Órgano de Participación Infantil e Adolescente de Redondela ‘Axentes do Cambio’ e os Plenos da Infancia e a Adolescencia, son ferramentas útiles que permiten que o sector máis novo da sociedade teña voz e voto e decida sobre os temas que lles afectan”.
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 18 de febrero, ás 21 h, a estrea a nivel nacional da obra “As que limpan”. Trátase do novo espectáculo de A Panadaría. A obra prevista inicialmente para o pasado venres día 11 tivo que adiarse unha semana, e chegará este venres ao teatro tudense.
Sobre o escenario estarán Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, que non só son as actrices deste espectáculo senón tamén as autoras e directoras desta peza teatral. Canda elas está un equipo técnico formado integramente por muller.
Continuando coa súa liña de traballo A Panadaría aborda nesta obra a loita social das limpadoras de pisos reclamando os seus dereitos, pero falan tamén “das mulleres abocadas aos traballos de limpeza e dos coidados, e coma estes traballos normalmente son traballos precarizados” tal e coma explicaban hai un par de semanas na presentación do espectáculo en Tui. Pero en “As que limpan” reflexiona tamén sobre o modelo de turismo de masas e as súas consecuencias. Nesta obra A Panadaría conta coa coprodución do Centro Dramático Nacional.
As entradas para a representación en Tui están á venda dende este mediodía en www.tui.gal aos prezos de 10€ e 8€.
Tras a estrea este venres en Tui “As que limpan” continuará en xira por Redondela, Vilagarcía de Arousa, Vigo, As Pontes, Viveiro, Foz, Ames, Oleiros, Santiago de Compostela, Gondomar, Monforte de Lemos,, A Coruña, Lugo, Mos e Cedeira. Amais o 2 e 3 de abril estrarán a obra en castelán no Teatre El Musical en Valencia, e do 20 de abril ao 15 de maio estarán no Teatro María Guerrero en Madrid.
Un ano máis, o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación ante a plaga da vespa velutina.
Esta época do ano, é o momento de empezar co trampeo das raíñas, xa que con un simple xesto, o de colocar unha trampa, pódese facer moito. Por este motivo, o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación e repartirá trampas e doses de líquido atraínte entre os habitantes da vila.
É moi importante que toda a veciñanza actúe para intentar frear a proliferación da vespa velutina que afecta, dun xeito moi severo, á biodiversidade.
Todas as persoas interesadas poderán pasar pola Casa do Concello a recoller a súa trampa e a dose de líquido.
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, vén de conceder unha achega de 523.292 euros aos nove concellos das bisbarras do Condado e A Paradanta ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou desta resolución nunha dobre visita aos concellos de Covelo e Mondariz-Balneario, onde supervisou as obras realizadas coa anterior convocatoria na compaña dos alcaldes, Pablo Castillo e José Antonio Lorenzo, respectivamente.
“A Xunta vai inxectar máis de medio millón de euros nestas bisbarras do interior sur da provincia para a mellora das súas pistas municipais de uso agrícola, algo que é fundamental para axudarlles a facilitar a súa mobilidade interna e tamén a destinada a estas tarefas do campo. Ademais, a aposta pola colaboración cos concellos refórzase aínda máis, xa que a partida increméntase de xeito considerable nunha media dun 30% con respecto a 2021”, sinalou o representante autonómico.
Visita do delegado territorial da Xunta, Luis López, a Mondariz Balneario
En concreto, a resolución deste departamento da Consellería do Medio Rural outorga 87.899 euros á Cañiza, 77.129 euros a Covelo, 50.004 euros a Crecente, 45.392 euros a Arbo, 64.904 euros a Ponteareas, 59.519 euros ás Neves, 54.828 euros a Salvaterra, 54.668 euros a Mondariz e 28.949 euros a Mondariz-Balneario.
Visitas a pé de campo
Na súa visita ás bisbarras, o delegado territorial acudíu a supervisar en primeira instancia a mellora de camiños en Godóns, no termo de Covelo, que foi executada cunha achega de 61.519 euros do Plan Marco 2021-2022. Esta actuación dá continuidade ás realizadas en anos anteriores, ao abeiro deste mesmo programa, nos lugares de Sal Salador de Prado, Prado de Canda, Piñeiro, Campo, Barciademera, Casteláns, Santa Mariña, Paraños e Covelo por un importe de 320.449 euros.
Por outra banda, Luis López tamén se desprazou ao concello de Mondariz-Balneario para comprobar a mellora da vía da Capela de San Pedro e outras obras menores, que contaron cun financiamento de 23.590 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. No derradeiro lustro, este municipio recibíu 114.577 euros do Plan Marco para acondicionar pistas municipais en Cambelas, Escobeiro e outros puntos do seu territorio.
O Concello do Porriño, a través das concellerías de Normalización Lingüística e Cultura e en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, preparou unha programación específica para celebrar o 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Co fin de homenaxear a esta figura clave das letras e cultura galegas, recordar a súa labor e facer que siga presente para as novas xeracións, propón un programa de actos o 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro. Arrancará ás 19 h no Círculo Recreativo Cultural co concerto da reputada pianista, Andrea García.
Susana Seivane será o prato forte da programación. A célebre gaiteira ofrecerá un concerto na Praza Arquitecto Antonio Palacios ás 20:30 h (no caso de que as condicións meteorolóxicas non o permitan trasladarase ao CRC).
Versos de Rosalía
Rosalía de Castro ensinou á sociedade da época, e á de hoxe en día, que as mulleres teñen voz e moito que dicir. Unha muller do século XIX que foi quen de marcar un punto de inflexión para o auxe do Rexurdimento, momento clave no eido literario e sobre todo, no político e no social.
Por iso dende o Concello do Porriño decidiuse que foran mulleres as que puxeran voz aos versos da autora, en representación do tecido social da vila. Juana Pérez, presidenta de ACIPOR, Chus Barros do Club Ciclista SPOL, Chus Lemos e Beatriz Correa do Centro Cultural de Pontellas, Eva González do Club de Lectura do Porriño, Alicia Campos do Club Balonmán Porriño, Candela Carballas de Atrezo Teatro e a xornalista porriñesa, Icía Alcalde, farán unha lectura conxunta dun poema da autora.
Será en dúas quendas, unha en cada un dos concertos que conforman a programación.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións tratarán a creación de páxinas web profesionais, a optimización de imaxes e a importancia do márketing dixital.
O primeiro dos obradoiros ten lugar este luns 14 e nel María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, imparte un taller titulado “Crea unha páxina profesional con WordPress II” no que ensina as posibilidades desta ferramenta á hora de crear un sitio web así como o deseño, desenvolvemento e xestión do mesmo.
O martes 15 Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, falará sobre a “Optimización de imaxes: mellora a velocidade da túa web”. Este obradoiro afondará en diferentes técnicas para lograr optimizar as imaxes e que os sitios web se visualicen no menor tempo posible, algo que axuda a mellorar o SEO.
Para rematar a semana, o mércores 16 Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual, ensinará como crear “O teu plan de márketing dixital paso a paso”, unha ferramenta esencial para que unha empresa teña éxito na contorna online.
O pasado xoves 10 de febreiro o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, mantiveron unha reunión coas empresas de aloxamento turístico.
Nesta primeira reunión foron convocados os máis de 10 establecementos turísticos presentes na vila como hoteis, apartamentos, pensión, turismo rural, cámping e albergue.
A finalidade da reunión foi trasladar directamente ao sector as xestións feitas polo alcalde, Antonio Lomba, e a concellería de turismo en relación a publicación por parte de Portugal dun itinerario non oficial do Camiño da Costa.
Na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, aprobada en 2016, foi recoñecido o Camiño Portugués da Costa sendo A Guarda, o primeiro concello galego. É dicir, esta denominación corresponde ao camiño que comeza en Oporto percorre o litoral portugués ata chegar a Caminha onde cruza o río Miño na súa propia desembocadura ata A Guarda e continúa percorrendo as vilas costeiras do Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo e Redondela.
Ademais desta situación, tratouse outro punto de vital importancia para os peregrinos, o turismo e a veciñanza en xeral, como é falta de comunicación real entre Caminha e A Guarda. Actualmente o transbordador non funciona e parece que se vai atrasar o seu comezo. O alcalde trasladou aos asistentes os diferentes condicionantes como a avaría do embarcadoiro no Pasaxe que dende o mes de agosto non permite o acceso ao transbordador con vehículo. Tamén informou os pasos dados ante Portos de Galicia para o rápido arranxo deste embarcadoiro e deste xeito a Cámara Municipal de Caminha poda activar o funcionamento con vehículos e non só con pasaxeiros a pé ou en bici como estivo traballando no segundo semestre de 2021.
Ante a importancia para o presente e futuro da Guarda, tanto como inicio galego do Camiño Portugués da Costa como pola vital comunicación entre as dúas vilas fronteirizas de Caminha e A Guarda, o alcalde tamén adiantou que se deu o paso de rexistrar unha primeira proposta non Lei ante o Parlamento galego.
Esta reunión permitiu achegar posturas entre as empresas de aloxamentos turístico e o Concello da Guarda sendo conscientes de que o traballo debe ser conxunto.
Nas semanas anteriores tamén se mantiveron reunións cos restaurantes para coñecer a súa realidade tras estes anos de pandemia e poder por en marcha iniciativas para reactivar o sector.
O Concello de Nigrán doará grazas á empresa concesionaria Aqualia un total de 10.500 máscaras hixiénicas para a poboación dos campamentos de refuxiados saharauis. O delegado de Aqualia en Galicia, Javier García; o xefe de Producción, David Soneira, e a responsable de planta en Nigrán, Marían Lago, fixeron hoxe a achega no Concello. O propio alcalde e presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Juan González, fará a entrega ao desprazarse esta semana próxima ao territorio arxelino dentro da viaxe organizada por Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Adicionalmente, o rexedor levará tamén por parte do Concello 200 camisetas e 20 kg de caramelos.
“Este Concello e o Fondo Galego colaboran desde sempre co pobo saharaui porque España ten esa débeda histórica e sabemos que a crise do Covid-19 lles afectou especialmente e que precisan epis, así que queremos coñecer máis de pretos as súas necesidades básicas. Con este fin, González manterá entrevistas co presidente da República Árabe Saharaui Democrática, demais dirixentes e activistas.
O Concello de Nigrán consigna anualmente unha axuda directa de 2.500 € anuais á asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, responsable do programa ‘Vacacións en Paz’ no que participa o municipio e que consiste en traer a menores a Galicia para apartalos das inclemencias do verán nos campamentos de refuxiados de Arxelia e, ao mesmo tempo, recibir atención médica. O obxectivo do Concello é contribuír a proxectos de cooperación ao desenvolvemento, axuda humanitaria ou sanitaria, formación ou ao propio programa ‘Vacacións en Paz’ (suspendido os dous pasados veráns polo Covid-19).
As organizacións humanitarias internacionais que operan nos campamentos de refuxiados saharauis, especialmente ACNUR, o PMA, UNICEF e cinco ONG internacionais (Oxfam, CISP, Médicos do Mundo, MPDL e SIA), emitiron un chamamento conxunto o 19 de abril de 2020 para solicitar aos donantes que realicen contribucións e donaciones para apoiar os procedemento de prevención da COVID-19 e evitar un maior deterioro na situación humanitaria, especialmente porque a taxa de anemia entre mulleres, embarazadas e nais lactantes aumentou ata superar o 73%, e respecto á porcentaxe de malnutrición entre os nenos menores de cinco anos, este aproxímase ao 25%; así como tamén se rexistra unha alta porcentaxe de persoas con diabetes e presión sanguínea arterial.
SOGAPS
A finalidade de SOGAPS e dobre. Por unha parte pretende mellorar as condicións de vida tanto dos refuxiados saharauis, como da poboación residente no Sáhara Occidental ocupada por Marrocos; por outra parte, dende o ano 1991 que se creou o movemento solidario en Galicia, o obxectivo segue sendo o de dar resposta ás necesidades de planificación e mellora na xestión e execución da axuda humanitaria dirixida os refuxiados saharauis que se da na nosa Comunidade a petición e coordinación da Delegación Saharaui para Galicia.
En Tui, un home resultou ferido durante a tarde de onte despois de caerlle unha árbore enriba do coche no que viaxaba.
Sucedeu no punto quilométrico 0 da PO-342, ao fío das sete e media da tarde. Nese momento, a Garda Civil de Tráfico contactou co 112 Galicia para dar conta do accidente.
Axiña, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao servizo de mantemento da estrada, aos Bombeiros do Porriño, á Policía Local e a Protección Civil da localidade.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, o home, único ocupante do turismo sinistrado, foi trasladado ao Punto de Atención Continuada de Tui.
“A provincia de Pontevedra é a gran referencia do deporte en Galicia e desde a Deputación queremos consolidar esta posición axudando a todas as disciplinas deportivas”. Este é o obxectivo que perseguen as subvencións para clubs deportivos que participan en competicións federadas nacionais, cuxas bases foron xa aprobadas na Xunta de Goberno. A institución provincial destinará este ano un total de 800.000 euros a entidades dunha ducia de modalidades e faino apostando pola igualdade e a inclusión. As bases se publicarán no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) nos próximos días e, como ven sendo habitual nos últimos anos, puntuarán de xeito especial a clubs que fomenten o deporte feminino e o deporte adaptado, “revalidando a nosa aposta pola igualdade e a inclusión”.
“Son unhas achegas moi importantes. Falamos de 800.00 euros”, precisou a presidenta provincial, en relación a uns fondos se reparten por distintas modalidades. Destínanse 24.000 euros a atletismo, 215.000 a balonmán, 140.000 euros a fútbol, 30.000 euros a tenis de mesa, 16.000 euros a judo, 140.000 euros a equipos de baloncesto, 70.000 euros a clubs de ciclismo, 40.000 a fútbol sala, 15.000 a equipos de voleibol e resérvase unha partida de 110.000 euros para outras modalidades.
Carmela Silva destacou que “o ano pasado foron un total de 90 os clubs federados que compiten a nivel nacional os beneficiados destas axudas” de 24 concellos da provincia. As subvencións concédense en réxime de concorrencia competitiva e téñense en conta outros criterios como os orzamentos ou número de licencias. Os fondos permitirán ás entidades sufragar gastos federativos, de competición (como desprazamentos), de persoal, material deportivo (vestimenta, equipamentos…) e atención sanitaria para as persoas que compiten.
O Concello de Nigrán contabilizou un total de 4.860 vehículos no primeiro mes de funcionamento do novo parking público de A Ramallosa despois de 5 anos inoperativo. Cunhas cifras que aumentan considerablemente día a día, este aparcadoiro re-municipalizado é empregado na actualizade por unha media de 250 turismos con previsión de superar os 300. O consistorio asumíu desde o 5 de xaneiro a súa xestión directa tras conseguir remunicipalizar esta infraestrutura que antes dirixía a concesionaria ‘Estacionamientos Valle Miñor, S.L.’, empresa liquidada e disolta no 2019.
“O balance non poder ser mellor. A apertura superou incluso as expectativas máis optimistas: o emprega moitísima xente de xeito asiduo e nótase en todas as rúas da contorna coa proliferación de prazas baleiras, todo elo en beneficio do pequeno comercio ao animarse máis xente a vir a Ramallosa”, explica o alcalde, Juan González.
Nesta fase de estudio do seu uso, resulta totalmente gratuíto, permanecendo aberto de 8:00 a 22:00 horas de luns a sábado. Nun futuro rexirase polos prezos públicos xa aprobados, que comprenden as 2 primeiras horas gratis e a partir de ahí 0,02 €/minuto ata un máximo diario de 14,40 €. Adicionalmente, o goberno local liberará ata 90 prazas para os comerciantes deste núcleo urbano, xestión que se fará a través de a asociación de empresarios Ovalmi, para que dentro do horario de apertura poidan aparcar sempre gratuítamente. Igualmente, os usuarios da piscina mancomunada terán tamén unha tarxeta persoal para dispor dun horario algo máis flexible que dúas horas máximo unha vez que rixan os prezos públicos.
O goberno local non considerou en ningún momento outra opción que a xestión pública para que de verdade a súa apertura beneficie económica e socialmente a todo este núcleo onde precisamente escaseaban as prazas para aparcar. “Unha concesionaria lóxicamente busca facer negocio porque é unha empresa, en cambio, desde o Concello o que buscamos é un beneficio social, non o lucro: aparcamento gratuíto para toda aquela persoa que veña a Ramallosa a facer compras, recados, exercicio…”, engade o rexedor.
A posta a punto do parking supuxo para o Concello un investimento de máis de 120.000 € nos traballos de certificación da instalación eléctrica e de seguridade, reposición da maquinaria, axuste da protección contra incendios, instalación de dúas bombas de achique para evitar inundacións na última planta, a propia limpeza de toda a superficie ou a colocación de dous cargadores para vehículos eléctricos. A dirección destes traballos e a tramitación de cara a súa re-municipalización, moi complexa, foi asumida directamente polo edil de Mobilidade, Diego García.
O aparcadoiro súmase ao leira-parking municipal do núcleo urbano de Nigrán, tamén 100 % público e gratuíto e polo que o Concello paga un aluguer de 6.137 € ao ano, e a outra leira no Bulevar de Praia América de 4.000 metros cadrados cecida gratuítamente polos propietarios e con capacidade para máis de 200 coches.
“Somos conscientes do importante que son para os núcleos urbanos as bolsas de aparcamento porque repercuten directamente no pequeno comercio e na propia calidade de vida das persoas, polo que consideramos a re-apertura deste parking da Ramallosa de xeito 100% público un dos grandes logros deste goberno”, resume González.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de dar luz verde a 23 novas achegas do Plan Concellos, das liñas 1 e 3, coas que se realizarán “inversións para transformar os concellos e, por outra banda, financiar a contratación de ata a 320 persoas que van a permitir a prestación de servizos nos municipios. Deste xeito, a Deputación fará chegar case 3,7 millóns euros a O Grove, Forcarei, Ponteareas, Salceda, Vilanova de Arousa, As Neves, Baiona, Caldas de Reis, Cangas, Crecente, Gondomar, A Illa de Arousa, Marín, Moaña, Mondariz, Nigrán, O Porriño, Rodeiro, Salvaterra de Miño, Tomiño e Vilaboa.
No marco da liña 1 de Investimentos a institución provincial aprobou case 800.000 euros, para sufragar a aportación municipal de Forcarei, O Grove, Vilanova, Ponteareas e Salceda aos proxectos do Plan ReacPon, “grandísimas obras que así van a ser financiadas ao 100% pola Deputación”, sinalou a presidenta Carmela Silva. Así, aprobáronse para Forcarei 73.060 euros para o proxecto de reforma da Casa da Xuventude para usos múltiples, 276.520 euros para O Grove para a humanización da rúa Alexandre Bóveda e 63.620 euros para Vilanova que servirán para financiar o acondicionamento dun baixo para arquivo municipal. Ademais, para Ponteareas foron aprobados 240.880 euros para o camiño escolar seguro ao CEIP Ramiro Sabell, e para Salceda outros 134.730 euros para financiar a a reforma integral para o centro cívico do centro social da Devesa.
Doutra banda, a Xunta de Goberno deu luz verde a 18 achegas da liña 3 de Emprego por valor de preto de 2,9 millóns de euros para que os concellos poidan financiar a contratación de 320 persoas de perfís moi variados como auxiliares administrativos, operarias ou operarios de servizos múltiples ou conserxes. As achegas da liña 3 chegarán á comarca do Deza onde o concello de Forcarei contratará a 10 persoas con 125.630 euros e Rodeiro terá 116.920 euros cos que contratará a 16 traballadores/as. Para a comarca do Salnés foron aprobados 96.525 euros que irán a parar á Illa de Arousa para contratar a 10 persoas. Na comarca de Pontevedra os fondos provinciais chegarán a Caldas de Reis que contratará a 15 persoas cunha achega de 162.940 euros; a Marín cunha subvención de 119.900 euros para contratar a 13 persoas e Vilaboa cunha achega de 111.700 euros para contratar a 12 persoas. Do mesmo xeito, para a comarca do Morrazo foron aprobadas axudas que irán a Cangas, con 248.980 euros para contratar a 26 persoas, e a Moaña, con 223.715 euros para contratar a 24 persoas. No Baixo Miño os fondos provinciais chegarán a Tomiño para contratar a 30 persoas cunha achega de 275.760 euros, e a 10 persoas en Gondomar cunha subvención de 117.225 euros. Na comarca de Vigo 206.900 euros favorecerán a contratación de 17 persoas en Baiona; 225.200 euros para Nigrán con 24 traballadoras/es; outros 226.430 euros cos que o concello do Porriño contratará a 43 persoas; e 139.130 euros que servirán para contratar a 15 persoas en Salceda. Do mesmo xeito, foron aprobados recursos da Deputación para O Condado-Paradanta cunha achega para As Neves por valor de 120.250 euros para a contratación de 13 traballadores/as; a Crecente irán destinados 68.120 euros para contratar a 10 persoas traballadoras. Tamén contarán con subvencións Mondariz, 111.280 euros para contratar a 12 persoas, e Salvaterra, 172.550 euros para realizar 20 contratos.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañou esta mañá ás catro componentes de Girl’s Gang na nova pista de skate de San Rafael, Pereiras, na presentación do cartel do seu concerto debut que terá lugar como antesala do 8M, Día Internacional da Muller, o sábado 5 de marzo ás 21.30 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso.
A entrada será gratuíta e as persoas interesadas en asistir poderán facerse coas súas localidades (máximo de 4 por persoa) a través desta ligazón desde o domingo 13 de febreiro ás 12.00 horas. A apertura de portas do concerto o 5 de marzo será ás 21.00 horas.
As Girl’s Gang decláranse “un grupo feminino e feminista, cun show co que queremos deixar abraiado ao público, un show cheo de baile, música, harmonías, iluminación…”
“Prometemos traer unha proposta diferente e revivir a esencia das primeiras girl bands dos anos das décadas dos 90 e os 2000 do século pasado”, aseguran.
Ademais, auguran “un 2022 cheo de novos proxectos, non só polo seu estreo en Mos –localidade natal de dúas de nós-, senón porque este ano imos sacar música propia, que aunará influencias do K-pop con ritmos urbanos e latinos. Os temas estarán escritos en castelán e aportarán unha mensaxe de empoderamento feminino e superación persoal”.
As mozas de Girl’s Gang abrirán próximamente un crowdfunding, unha plataforma online onde quen queira poderá facer aportacións para apoiar a financiación do seu primeiro EP de tres cancións. Darán todos os detalles ao respecto a través das súas redes sociais (@girlsgang.music).
As Girl’s Gang non son descoñecidas para o público mosense, xa que actuaron na programación do arco de meta en Herviile da Etapa 20 de LA VUELTA 21, previa á chegada dos ciclistas, nos actos municipais organizados polo Concello de Mos con motivo do 25N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero, etc.
Foi en maio de 2021 cando as Girl’s Gang presentábanse oficialmente no Concello.
Girl’s Gangson as mosenses de San Rafael, parroquia de Pereiras, Antía Caride Otero e Tamara Casal Barbeito, e as viguesas Anabel Abalde Campos e Laura Martínez Puga (Law). Un grupo musical, nacido en 2020 en pleno confinamento pola pandemia da COVID-19.
Foi en plena pandemia cando Law lle escribiu a Antía a través dunha rede social para propoñerlle unha colaboración artística da que naceu o que hoxe é Girl’s Gang. Tras meses de chamadas telefónicas e videoconferencias, por fin comezaron a ensaiar xuntas presencialmente en xullo de 2020.
O seu peculiar concepto musical, que aúna voz e baile con elaboradas coreografías, fainas orixinais e singulares, pero o que aínda as fai máis únicas é o seu proxecto 100% feminino, xa que tanto os temas que interpretan, que son de temática totalmente femenina sobre aspectos relacionados coa muller en todas as súas facetas, familiar, sentimental, profesional, reivindicativa…; como o feito de que ademáis elas, as 4 mulleres, encárganse de toda a producción que require o grupo no que cantan e bailan, as empodera no seu rol feminino.
Antía Caride asume no grupo o papel de coreógrafa e responsable de imaxe (estilismos e deseño) xa que domina estas disciplinas a nivel profesional, ao ser profesora de baile e estilista profesional para outros cantantes e proxectos de moda; ademáis de ser tamén cantante noutro dúo musical.
Tamara Casal Barbeito, esteticista profesional que traballa nun centro de estética, así como de cantante nun coro, encárgase do deseño e execución dos maquillaxes do grupo.
Anabel Abalde Campos é, xunto con Antía, a outra coreógrafa do grupo; xa que profesionalmente ten unha escola de danza e traballa tamén como profesora de baile noutros centros.
Por último Law, profesora de canto, modelo e guionista profesional, asume en Girl´s Gang a responsabilidade das armonías vocais. Por suposto as 4 cantan e bailan en todos os seus temas.
“Un verdadeiro exemplo de mulleres, mozas, emprendoras e autosuficientes, nunha industria, como outras, na que soe prevalecer a supremacía masculina, pero na que decidiron abrise paso quizais no peor momento posible pola crise sanitaria, algo que non as freou e que demostra, así mesmo, que son unhas valentes e un gran exemplo para a mocidade mosense”, declarou Arévalo, rexedora local mosense.
O Ministerio de Tranportes, Mobilidade e Axenda Urbana, MITMA) anunciou hoxe a aprobación do proxecto de construción da reposición e mellora do viario local en Chapela, dando cumprimento ás demandas que, en tal sentido, lle tiñan feito o Goberno socialista de Redondela que preside Digna Rivas, a Asociación de Veciños de Chapela e a Asociación d,e Afectados pola AP9.
As obras, denominadas Reposición de viario en Chapela (Redondela). Autopista AP-9. Tramo: Enlace de O Morrazo – Enlace de Teis, contan cun orzamento de licitación de 3,57 millóns de euros, permitirán a reposición e ordenación dos accesos nas vías afectadas pola ampliación da capacidade da AP-9. As actuacións encontrábanse recollidas na adenda ao Convenio entre a Administración Xeral do Estado e a concesionaria Audasa.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, non ocultaba a súa satisfacción ao sinalar que, tal e como quedaba demostrado, “os compromisos que adquire o Goberno de Pedro Sánchez, non quedan en palabras baleiras ou boas intencións, senón que se cumpren”.
“Dixemos que a reposición de viais estaría solucionada no primeiro trimestre do 2022 e aí estamos agora”, afirmou a rexedora local redondelá. Quixo Digna Rivas destacar “o incansable traballo e compromiso da Asociación de Veciños de Chapela e da Asociación de Afectados pola AP-9 e, froito dese traballo conxunto co Goberno de Redondela, agora estamos falando de poñer punto e final a un problema que afectaba seriamente a calidade de vida da veciñanza da contorna da AP-9”.
Lembrou Digna Rivas que, aló polo 2019, recen entrado no Concello o actual Goberno “unha das primeiras medidas que tomei foi viaxar a Madrid e manter reunións cos distintos responsables do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, non só para darlles conta das xustas reivindicacións da veciñanza e Asociación de Afectados da AP9, senón tamén para comezar a traballar e acadar compromisos en firme de cara a solucionar á reposición de viais que recollía a adenda”.
As reunións continuarían en plena pandemia, xa de xeito telemático, “pero, pouco a pouco, dando froitos positivos, acadando compromisos, establecendo prazos e mantendo ao mesmo tempo unha continua comunicación coas asociacións veciñais e Asociación de Afectados da AP9”, lembra a alcaldesa de Redonodela.
Unha vez máis, subliña, queda demostrado que “fronte ás promesas baleiras e castelos no aire de anteriores gobernos, o Goberno de Pedro Sánchez traballou con proxectos, realidades e tempos para, finalmente, dar unha solución definitiva ás xustas demandas veciñais apoiadas polo Concello”.
Reposición e mellora de viais
Os traballos a realizar que figuran no proxecto, inclúen a adecuación e mellora dos camiños de Penisal, Torreiro, Camiño da Igrexa y Pasán, mediante a reposición de firme, a disposición de beirarrúas, a creación de zonas axardinadas e sendas peonís que garantan a seguridade das e dos viandantes.
Doutra banda, o proxecto dota de continuidade ao Camiño da Igrexa ata a rúa Pasán, para o que será preciso ampliar a pasarela peonil de Chapela que cruza a AP-9. Ao mesmo tempo, proxéctase tamén a reordenación da sección transversal do paso superior sobre a autopista da rúa Pasán, para permitir a disposición dun itinerario peonil sobre o mesmo.
No que atinxe á contorna do IES de Chapela, adecuarase a contorna mediante a disposición dunha dársena para subida e baixada de estudantes que viaxan en vehículos particulares e que, na actualidade, carecen de espazo habilitado na Avenida de Redondela para realizar esta operación.
Amplíase o paso superior de Transmañó a fin de mellorar o itinerario peonil que discorre sobre o mesmo, paso que na actualidade é excesivamente estreito.
Finalmente mellorase o Camiño Mouriño repoñendo o firme e construíndo unha beirarrúa pola marxe non contigua da autoestrada.
Finalmente, o proxecto inclúe as necesarias actuación de integración ambiental, estética e paisaxística e é compatible coa actuación de disposición das pantallas antirruído nese tramo, proxecto que se está a desenvolver de xeito paralelo.
«Oito días sen Eva Cortes» é a primeira novela de Sara Vila Alonso e con ela acadou o premio Illa Nova do ano pasado, un galardón enfocado aos novos valores da nosa narrativa. Estamos, xa que logo, perante unha autora moza, un primeiro traballo literario (cando menos, o primeiro publicado), e un galardón que na súa curta vida xa aportou algúns nomes de interese ao panorama contemporáneo. Suficiente para adentrarnos na súa lectura con curiosidade.
O que atopamos é un relato inspirado no thriller, que nace a partir da desaparición dunha moza, Eva Cortes, na vila ficticia de Pontevella, no que asistimos ás pescudas realizadas por unha xornalista que debe cubrir a ausencia dun compañeiro de Sucesos e que, aos poucos, se verá involucrada na historia. Supoñemos que non é casual a elección da profesión de Antía, a xornalista á que acompañaremos ao longo da novela, pois tamén a autora exerce tal oficio, o que lle dá pé para inserir diversas reflexións sobre o papel do xornalismo contemporáneo, os medios de comunicación e a transformación da realidade nun mero espectáculo de masas que, máis que á información en si, atende ao retorno en función do número de exemplares vendidos, espectadores enganchados á televisión, ou a viralidade dun titular nunha web.
Pero sendo este un tema enormemente interesante para o debate, non é o centro da narración. A desaparición da moza semella o típico caso de ausencia voluntaria logo dunha fin de semana de festa, pero as cousas non tardan en mudar e o caso vai collendo tintes máis escuros a cada paso que damos. O achegamento da xornalista á moza desaparecida revela as similitudes existentes entre ambas mulleres, de maneira que Antía acabará por descubrirse a si mesma como unha vítima máis dunha sociedade na que o feito de nacer muller ten implicacións importantes e, ás veces, demoledoras. O medo toma corpo ao longo da narración, así como a conciencia de que Eva Cortes podería ser calquera outra muller, e todo iso dota ao relato dun peso específico co que envolve o entorno da xornalista, que se verá afectada na súa vida persoal por todo o que está a acontecer.
A presunta trama policial, polo tanto, vai collendo novos bríos a medida que nos imos adentrando na lectura, ata ofrecernos unha visión estarrecedora do acoso á muller e a violencia de xénero, así como unha visión bastante global da sociedade actual, coas súas virtudes e os seus defectos. E faino dende tres enfoques diferenciados: a narración en terceira persoa, que sustenta o groso da novela; a reprodución das novas publicadas cada día respecto do caso, nunha linguaxe, obviamente, máis xornalística; e máis unhas fermosas e enigmáticas páxinas dun diario escrito por Eva Cortes, que é o que nos ofrece as pistas definitivas para chegar á resolución do caso.
Sen grandes sorpresas nin tramas reviradas, Sara Vila é quen de arrastrar ao lector a través das páxinas da novela xogando cun ritmo ben marcado e cunha perfecta dosificación da trama coa que consegue manter a atención do receptor. E todo isto non fai máis ca redundar na percepción de que, outravolta, o Illa Nova sinala a unha autora que podería ter moito que dicir nos vindeiros anos.
Volvemos con una edición más del país de pandereta. Ya he perdido la cuenta así que la vamos a nombrar por el mes en el que nos encontramos. Hace unos días, en el Congreso de los Diputados, esa cámara que se supone que representa a todos los ciudadanos de éste país pero en los que no todos tenemos la misma importancia –los votos de uno preponderan sobre los votos de otros ciudadanos– pero es es otro tema, resulta que se votó por la Reforma Laboral que nos ha presentado nuestro gobierno.
Tengo que reconocer que no la conozco en detalle por lo que no sé si es buena para los trabajadores así que, ahora que está aprobada, habrá que coger el libro gordo de Petete, perdón, quería decir el BOE y ver que es exactamente que es lo que se ha aprobado. Y ahí está la cuestión. Si han aprobado algo tan importante para todo el mundo, ¿porque no se explica en profundidad y en lenguaje para poder entenderlo claramente? Bueno, que me voy por los cerros de Úbeda. Cómo decíamos, se aprobó dicha reforma, la que hay que reconocer, que cuenta con el visto bueno de los sindicatos y de la patronal, algo que sin lugar a dudas, puede ser una buena señal o indicio de que no se ha cambiado nada, en fin, con el tiempo lo sabremos.
Pero ahora viene el quid de la cuestión, la forma en la que se ha aprobado. Después de varios meses de diálogo entre el gobierno y sus socios, resulta que estos votan en contra, ya que es más importante el uso del catalán en las series de Netflix que algo que pueda beneficiar a los trabajadores. Otros, pues la verdad, que no sé con exactitud, pero parece que había conseguido el apoyo de Unión del Pueblo Navarro, por sentido de estado, algo inverosímil, pero resulta que sus dos diputados, votan en contra, por cierto, al día siguiente ya los han obligado a entregar sus actas. Pero cuando todo parecía perdido y que no se iba a aprobar, pues un “error informático” ha hecho que un diputado votará a favor de la misma. ¿Un error informático? Veamos, según se indica, el sistema funciona asi: “Se utiliza un mecanismo de doble confirmación, es decir, el diputado, hace click en la opción seleccionada y después se abre una ventana de revisión en la que se puede comprobar lo que ha seleccionado, esta misma pantalla cuenta con la opción de volver atrás si se ha equivocado y repetir el proceso, una vez que se finaliza la doble confirmación se emite el certificado del voto” Por cierto, todo esto, diferenciado por colores, para que esté bien clarito. Así que vuelvo a preguntar, ¿un error informático?
Pues… me parece complicado. Entonces, me pregunto, ¿se equivocó porque no estaba prestando atención? Prefiero no recordar cuando cobre un diputado para poder exigirle cierta responsabilidad. ¿O votó a sabiendas de lo que estaba haciendo y quién sabe si por orden de instancias superiores? Después de todo, algunos analistas consideran que dicha reforma, a grandes rasgos, apenas modifica la de Rajoy, pero claro, el PP no puede decir que está a favor, aunque fuera por sentido de estado, que eso, en nuestro país, no se lleva y es mejor poner a un cabeza de turco y después por encima decir que fue un error informático.
Bueno, que me estoy extendiendo demasiado, como es normal, ponemos de manifiesto que este es un país de pandereta, con una clase política que no está a las alturas, que no saben decir las cosas claras y que si algo es bueno para el pueblo (no quiero decir que la reforma lo sea porque cómo decia antes no he leído el BOE) pues aunque sea del partido contrario, pues se debería de apoyar, pero siempre ponemos por delante los intereses del partido y el voto de mañana, no el futuro del pueblo de pasado.
Lo que nosotros tenemos es el seguir recomendando buenos discos para, por lo menos, durante un rato, olvidarnos de esa clase que nos representa y hoy lo vamos a hacer con Juno Reactor, el proyecto tras el que se encuentra Bent Watkins y uno de sus trabajos más interesantes, ‘Bible Of Dreams’ y por otro lado, el fantástico ‘Mindfunlness’ del excelente compositor Paul Avgerninos. Espero que los disfrutéis.
Hay bandas sonoras o canciones contenidas en las mismas, que te dejan marcado, que cada vez que escuchas esas notas te vienen a la mente las imágenes de la escena donde estaba sonando y eso me ocurre a mi con el corto titulado El Ultimo Vuelo de Osiris de la serie Animatrix y es que ahí descubrí, gracias a su banda sonora a éste proyecto llamado Juno Reactor.
Proyecto nacido en Inglaterra en 1990, inciado por Ben Watkins, un hombre que quería colaborar con artistas de otroas proyectos de arte no comercial, su estilo se mueve en el trance, el techno y el ambient. En 1997 colaboró con un grupo sudafricano de percusiones llamado amampondo y de ahí surgió éste álbum titulado Bible Of Dreams, el cuarto de su discografía.
En éste trabajo nos encontramos con el tema la que hacía referencia, el segundo de éste disco, un tema que lleva por título Conga Fury, simplemente, espectacular, los ritmos electrónicos, las percusiones, las voces para recrear os ambientes, pero éste disco, no es solmante ése tema, sino que pro ejemplo, Jardin de Cecile con el comienza, tiene momentos fascinantes, God is God con la voz de Natacha Atlas también muy recomendable, Childen of The Night, psicotrópico total o el ambient de Shark con el que se cierra el disco, casi un tema ambient.
Par muchos resultará un desconocido, otros lo conoceremos a través de Matrix, pero Juno Reactor, un proyecto muy pero que muy interesante para viajar por otros mundos.
Para todos aquellos que no lo conozcan, Paul Avgerinos es un excelente músico estadounidense que se mueve a la perfección dentro del llamado estilo new age, sus composiciones siempre nos evocan tranquilidad, bienestar, …
Mindfulness es un trabajo del año 2018 en el que el compositor ahora más en su parte ambient, aunque sin dejar de lado esa faceta de su música que busca el bienestar de nuestro cuerpo y espíritu.
Dividido en diez partes, estamos ante un disco ambiental donde los sonidos nos inducen a relajarnos, a tomarnos las cosas con más calma, a llevarnos por el camino de la serenidad, algo muy de agradecer en tiempos convulsos como los que vivimos. Es un trabajo minimalista de por si, se acerca más al ambient que a la new age que estamos acostumbrados, pero en el fondo, ambos buscan lo mismo, transmitirnos tranquilidad y es algo que éste tarbajo consigue a la perfección.
O BNG de Arbo, a través do seu responsable local, Diego Prieto, presentará alegacións ao proxecto e documento ambiental relativos á instalación da planta de transferencia de residuos sólidos urbanos no polígono empresarial de Arbo, situado na parroquia de Sela.
Segundo os nacionalistas, o proxecto da planta, promovido por SOGAMA, “incumpre a normativa urbanística por exceder a volumetría das edificacións existentes no entorno”. Amais disto, a altura máxima permitida tamén sería maior ao permitido, polo que a obra, apuntan, “non se adecúa ao Regulamento da Lei do Solo de Galiza nin ao Plan Parcial do Solo empresarial”.
“Este tipo de proxecto contempla un edificio de tipo C a respecto da avaliación de riscos anti-incendios, polo que debera estar afastada 25 metros de calquera zona forestal”, declara Diego Prieto, que tamén ve coma o patrimonio arqueolóxico vese afectado igualmente por non estar suficientemente lonxe do xacemento da Lagoa.
“O do documento ambiental incompleto xa é un clásico para este tipo de proxectos, pero a falta de análise profunda desta implantación evidencia a pouca importancia que se lle da ao entorno, á veciñanza e ao patrimonio”, sentencia o responsable do BNG de Arbo.
As patinadoras do Club de Patinaxe Artística Condado de Salvaterra de Miño, Zoe García, Alia Balboa e Noa Garcia en cadete, Dubra Outeiro en Xuvenil, e Lucia Soto e Aldara Balboa en Junior, acadaron o pasado 5 de febreiro o ascenso á categoría Nacional no decurso do Campionato de Preseleccións das categorías cadete, xuvenil e junior disputado en Salvaterra de Miño.
O campionato marcaba o punto de saída á competición á tempada 2022 de patinaxe artístico e as probas de preselección consistiron na realización du programa obrigatorio que divide ás participantes en Categoría Nacional ou Categoría Autonómica para o resto da tempada.
El club anfitrión, el CPA CONDADO conseguía, coas anteditas patinadoras, 6 ascensos a categoría Nacional de los 9 posibles.
A próxima cita para as patinadoras de Categoría Nacional será o vindeiro 5 de marzo en Arteixo, coa celebración do Trofeo Deputación.
O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, presentou da man da Federación Galega de Hípica a segunda edición da Liga Territorial de Saltos Xacobeo Xogade 2022 que transitará polos principais clubs de hípica das Rías Baixas e na que competirán dous centenares de nenos e nenas de todas as idades.
O mandatario galego destacou a importancia dun deporte como a hípica para os máis pequenos, “non só pola educación recibida no coidado dos animais, senón tamén noutros moitos valores como a igualdade xa que a hípica é a única disciplina olímpica na que mulleres e homes compiten entre si sen distinción dos participantes polo seu sexo”.
Lete Lasa lembrou que a igualdade é, precisamente, un dos obxectivos primordiais do programa Xogade que leva a actividade a todos os concellos e brinda aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade. Neste sentido destacou as súas categorías benxamín e alevín, nas que a maioría de equipos son mixtos, ou os Campionatos de España en Idade Escolar inclusivos. Un programa, dixo, que está a piques de recuperar as cifras prepandemia e que xa se achega aos 130.000 nenos e nenas inscritos.
Liga de Saltos
Tras o éxito da Liga Territorial de Saltos 2021, a segunda edición incorpora novas sedes ata un total de seis. A primeira delas, xa realizada, foi no Club Hípico JC no Concello de Mos o pasado 9 de xaneiro. As seguintes serán o vindeiro 27 de febreiro no CH Alazán en San Cosme (Vigo), o 13 de marzo no CH Equialia en Tui, o 10 de abril no CH Cemar en Mondariz Balneario, o 5 de xuño na Escola de Equitación La Muralla en Redondela e o 11 de setembro no Club Centro Ecuestre Atlántico en Santana (Pontecaldelas).
As competicións van dende unha xincana con ponis para os máis pequenos, acompañados en todo momento dos seus profesores, ata probas nacionais con obstáculos de ata 120 e 130 centímetros para os máis maiores e experimentados.
O Concello da Guarda ven de sacar a licitación as obras de Reforma e Ampliación do Pavillón da Sangriña, cun orzamento de execución de 1 546 006,22 € sen IVE e cun prazo de execución de 8 meses.
Toda a información sobre esta licitación, pregos e demais informacións de interese, están a disposición dos interesados neste link da plataforma de contratacións do estado.
O prazo para a presentación de ofertas remata ás 19:00 h do vindeiro 11 de marzo de 2022.
A Concellería de Cultura que dirixe Iria Vilaboa, informou hoxe do adiamento da representación teatral que a compañía A Panadaría tiña que ofrecer este sábado, 12 de febreiro, no Multiúsos da Xunqueira.
A nova data para a representación de As que limpan será o domingo 20 de febreiro, ás 18.30 horas. A representación está incluída no ciclo Vive o Teatro e con ela a compañía ‘A Panadaría’ continúa coa xira de presentación desta nova montaxe. O prezo das entradas, case que simbólico, será de 3 euros.
Doutra banda, este próximo domingo 12 ás 19 horas, o humor será o protagonista do programa cultural Inverno 2022 co IV Ciclo de Monólogos ‘Humor na súa tinta’ a cargo de Xavier Deltell. O prezo será de 12 euros.
O Rosal despedirá inverno con 10 propostas culturais para o desfrute de toda a veciñanza. O Concello presentou hoxe a axenda para febreiro e marzo cunha oferta moi variada que inclúe teatro, cine, danza, deporte, regueifas e conferencias. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que con esta programación “queremos continuar enchendo de cultura os nosos barrios, ao tempo que organizamos outras actividades para dotar de diversidade a axenda, como unha conferencia para reflexionar sobre saúde mental ou unha regueifa feminista”.
A axenda arrancará o venres 18 de febreiro ás 19.00 horas coa presentación do segundo volume do disco-libro “Meniños cantores” do alumnado do CPI Suárez Marquier, Lucía Pérez, Andrea Pousa e os alumnos e alumnas do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño no Auditorio de Goián.
O sábado 26 de febreiro ás 10.00 horas o Centro Social Polivalente acollerá un encontro co xestor cultural e técnico de cultura do Concello de Ferrol, Marcos Lorenzo, para reflexionar sobre a importancia de fomentar a participación e a creación no eido local. O domingo 27 ás 11.00 horas O Rosal sacará os seus disfraces para festexar o seu desfile de Entroido e ás 19.00 horas o Auditorio Municipal acollerá o concerto de Ialma para homenaxear a Rosalía de Castro no seu día.
A axenda de marzo comezará o sábado día 5 ás 11.00 horas co Trail Muíños do Folón e ás 20.00 horas o Auditorio Municipal enchérase da música da Agrupación Musical do Rosal co seu concerto de Entroido. Ao día seguinte, o domingo 6, ás 18.00 horas, o grupo de danza Xamaraina porá o ritmo tamén no Auditorio.
O martes 8 de marzo, polo Día da Muller, o alumnado de infantil e primaria do CRA María Zambrano e do CPI Suárez Marquier desfrutarán da película “Valentina, só tes que ser ti”, e o sábado 12 ás 20.00 horas a Agrupación Musical do Rosal e Fiando Redes organizan o concerto de Natasia Zürcher.
O venres 18 de marzo ás 20.00 horas o Centro Social Polivalente acollerá a charla sobre saúde mental na mocidade da médica psiquiatra e divulgadora científica, Iria Veiga, mentres que o sábado 26 a Asociación Xente Xida e Fiando Redes organizan no Auditorio do Rosal ás 20.00 h unha regueifa en feminino con Alba María e Lupe Blanco.
A axenda rematará o domingo 27 ás 19.00 horas no Auditorio do Rosal coa obra “Ubú Encadeado” da Compañía Non si?.
“Dous días grandes, grandes e grandes cunha programación marabillosa na que todo o mundo vai poder levar para a casa moitos elementos que identifican a Rosalía de Castro”. Así describiu a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada das deputadas de Cultura e Lingua, Victoria Alonso, e María Ortega, os actos que celebrará a institución provincial os días 23 e 24 de febreiro nas sedes de Pontevedra e Vigo para conmemorar o Día de Rosalía. Para poder asistir ás celebracións a Deputación vén de habilitar un formulario de inscrición na súa páxina web.
A presidenta amosouse “moi orgullosa deste equipo de goberno, que cada ano sorprende con iniciativas novidosas que apostan moi fortemente pola nosa lingua, pola nosa cultura, e pola participación activas da mocidade nas nosas propostas”. O Día de Rosalía é “un dos máis grandes de Galicia”, asegurou, “e por iso o imos celebrar con creatividade e paixón, como ningunha outra administración”. Os actos celebraranse o 23 de febreiro no Salón de Plenos do Pazo provincial e o 24 de febreiro na sala Rosalía de Castro da sede de Vigo ás 19:00 horas, nos que xunto co recordo á nosa autora universal serán protagonistas a música, a poesía, a gastronomía ou as camelias.
Tamén o serán as nenas e nenos da provincia. Como sinalou a deputada de Cultura, Victoria Alonso, a Deputación lanzou a segunda edición do concurso “A Nosa Rosalía”, que busca achegar esta figura ao público máis novo e cuxos traballos gañadores se anunciarán durante os actos. Esta edición o concurso adopta o formato musical e cada aula ou grupo escolar pode presentar un vídeo breve coa súa proposta de poema de Rosalía musicado, acompañado opcionalmente dunha coreografía, canto, etc. Pode participar todo o alumnado dos centros de educación primaria de maneira colectiva (por aulas ou grupos e sen límite por centro), e establécense as categorías “Campaniñas” (de 1º a 3º de primaria) e “Airiños” (de 4º a 6º de primaria).
A Deputación outorgará 3 premios por categoría. Cada un recibirá un lote de libros e, a maiores, o mellor poema musicado de cada categoría gañará unha actuación no seu centro educativo da representación de monicreques “A viaxe de Rosalía”, na que Larraitz Urruzola dará a coñecer parte da obra rosaliana e fragmentos da súa biografía. A Deputación recibirá os traballos ata o 17 de febreiro a través do enderezo [email protected].
A deputada, que lembrou o “compromiso coa difusión da figura de Rosalía de Castro” e a sorte de “sermos un dos poucos pobos que son identificados cunha muller”, confirmou que a música tamén estará presente nas celebracións coa actuación do cuarteto belga de pandeireteiras Lalma. Estas netas de emigrantes refuxiadas e refuxiados en Bélxica identifícanse con Rosalía e foron recibindo, non sen medo, o relato das súas familias sobre o amor á súa terra.
O público non irá á casa coas mans baleiras, xa que recibirá como obsequio exemplares da camelia, ‘Rosalía de Castro’queforma parte do Xardín de Camelias con Nome de Muller do Castelo de Soutomaior. Tamén recibirán plantas desta camelia os centros gañadores do concurso infantil para plantalos nos recintos escolares e alí sementar e ver medrar a esencia de Rosalía.
A deputada de Lingua María Ortega, destacou que o departamento vai encher de ‘contido rosaliano’ a Deputación non só o Día de Rosalía, senón todo o ano xa que a autora “é a nosa escritora galega máis universal e tamén un símbolo nacional da Galiza”. Explicou que neste mes nos actos institucionais a Deputación vai ir da man de dúas entidades coas que está a estreitar colaboración: a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Fundación Rosalía de Castro.
Ortega explicou que nas celebracións provinciais serán as autoras Míriam Ferradáns en Pontevedra e Marta Dacosta en Vigo as que lerán o tradicional manifesto da entidade, escrito este ano por Beatriz Maceda Abeleira baixo o título ‘Pensarte libre’, que segue o lema da AELG para 2022 de #SementadePensamentos. O manifesto entregarase en formato físico nos actos institucionais e será difundido nas redes sociais e tamén na web depo.gal.
Ademais, seguindo a chamada que fai a AELG desde 2010, a Deputación agasallará a todas as persoas que participen nos actos de Pontevedra e Vigo cun libro en galego, neste caso da Colección Medal do servizo editorial do departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación: unha serie de poesía feita por mulleres que se estreou o pasado ano coa publicación de ‘Violetas no asfalto’ de Lucía Novas.
Por outra banda, a deputada de Lingua explicou que no día especial de Rosalía o departamento decidiuse a reivindicar a cultura gastronómica popular galega e o Caldo de Gloria –sobre o que escribiu Rosalía no poema de Follas Novas ‘Miña casiña , meu Lar’ e que ten un gran significado social– e a compartir ese prato co público asistente aos seus actos institucionais. Así, en Pontevedra o Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza encargarase de elaborar e servir un caldo de gloria, da man de 10 alumnas e alumnos de cociña acompañados do seu profesorado e cos medios da súa Ponte Van. En Vigo repetirase a iniciativa co CIFP Manuel Antonio. Como outro agasallo conmemorativo, as persoas asistentes poderán levar para a casa a cunca de olaría artesanal que utilicen para a degustación.
Finalmente, o presidente da Fundación Rosalía de Castro Anxo Angueira participará do acto institucional para deixar constancia da colaboración iniciada o pasado ano coa Deputación. Seguindo unha proposta da entidade, imprimiranse e distribuiranse entre os concellos e a hostalería da provincia milleiros de unidades de manteis individuais que inclúen o poema ‘Miña casiña, meu lar’.
O Día de Rosalía adiouse oficialmente ao 23 de febreiro tralo acordo da Fundación Rosalía de Castro e as principais institucións implicadas, baseándose nos resultados do traballo da investigadora Sagrario Abilleira no que se acredita que este foi o día de nacemento da autora.
O Concello da Tomiño organiza un concurso de debuxo escolar co fin de sensibilizar e implicar á poboación do municipio sobre a transcendencia da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) adoptados polas Nacións Unidas no ano 2015 co fin de erradicar a pobreza, fortalecer a paz universal e o acceso á xustiza.
Un proceso no que se atopa inmerso o municipio deseñando o seu “Plan de Implantación dos ODS no Concello de Tomiño 2022-2024”, enmarcado no programa “A Axenda 2030, un reto local nun mundo de transformación II”, impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coa financiación da Xunta de Galicia e co traballo do ICSEM (Instituto para el Crecimiento Sostenible de la Empresa, como entidade executora).
Neste marco, está prevista a realización dunha serie de actividades de divulgación e sensibilización entre a poboación de Tomiño na procura da sustentabilidade. Entre elas, establécese o devandito CONCURSO DE DEBUXO para nenos e nenas matriculados nos centros educativos de Primaria do concello (de 1º a 6º), co tema: “Os ODS no meu Concello”.
Para participar será necesario facer chegar o debuxo á organización, ben a través do colexio, ben deixándoo na Casa do Concello (Praza do Seixo, 1).
En todos os casos, o debuxo deberá ir acompañado (preferiblemente na parte de atrás) do nome do autor/a, curso, e nome do centro, ademais dos datos para ser contactado en caso de ser seleccionado pola organización.
No centro, a alcaldesa, á súa esquerda., Andrea García, do Fondo Galego de Cooperación e concelleiras e técnicos do Icsem
O prazo de presentación de traballos comezará o luns 14 de febreiro finalizando o 25 do mesmo mes.
Tomiño é un dos catro concellos de Galicia (e o único de Pontevedra) que está a redactar un Plan Municipal para a Implementación dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles) co apoio do Fondo Galego de Cooperación.
Trátase dunha iniciativa para coñecer a situación real do Concello con respecto á súa contribución cos ODS, tanto a nivel de estratexias municipais, como de implementación real. Esta diagnose inicial servirá como guía e referencia á hora de elaborar o futuro plan e unha serie de accións de comunicación e sensibilización aos colectivos sociais e á cidadanía en xeral.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, comprometeuse a colaborar en todo o posible para que o plan municipal “sexa unha ferramenta transversal, veraz e útil que guíe a actividade do goberno local cara a cada un dos ODS”.
Temática dos debuxos
Os traballos e debuxos terán que gardar algunha relación con algún dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable adoptados pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas dentro da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable, un plan de acción a favor das persoas, o planeta e a prosperidade, que tamén ten a intención de fortalecer a paz universal e o acceso á xustiza. Esta axenda establece 17 ODS con 169 metas de carácter integrado e indivisible que abarcan as esferas económica, social e ambiental. Entre eles atópanse accións como erradicar a pobreza en todas as súas e promover a agricultura sustentable; garantir unha educación de calidade inclusiva e equitativa; alcanzar a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas; garantir a dispoñibilidade e a xestión sustentable da auga e o saneamento para todos; asegurar o acceso a enerxías alcanzables, fiables, sustentables e modernas para todos; fomentar o crecemento económico sostido; reducir as desigualdades entre países e dentro deles; tomar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos, etc.
O Concello do Porriño, a través da concellería de Educación, deu a coñecer hoxe o cartel oficial do Entroido 2022. O deseño de Valeria Lage, alumna de primeiro curso da ESO do CPR Santo Tomás, foi elixido como gañador do I Concurso Escolar de Carteis do Entroido no que se buscaban as mellores ilustracións para promocionar as festas deste ano.
O xurado, composto polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e as pintoras locais Nuria Vilanova e Chelo Rodríguez, seleccionaron o deseño de Valeria entre os preto de 200 carteis que presentaron os centros educativos de primaria e secundaria e Aceesca. As ilustracións presentadas foron moitas e variadas, realizadas con ceras, acuarelas, colaxe ou carbón, valéndose de multitudes de técnicas creativas, tanto en formato papel como en cartolina.
O Alcalde do Porriño, acudiu hoxe ao colexio a dar a nova por sorpresa á gañadora do certame, que emocionada recibiu a felicitación do rexedor e dos seus compañeiros de clase entre aplausos.
“Non foi doado elexir entre tantas propostas de calidade, cada cal era máis orixinal e bonita”, explicou o alcalde, “Os nosos pequenos e pequenas dérono todo e podo decir que no Porriño temos unha boa canteira de talento”.
Ante tal dificil decisión, o xurado resolveu ampliar dous accesit quedando os premiados da seguinte maneira:
CARTEL GAÑADOR: Valeria Lage Fernández – 1º ESO do CPR Santo Tomás
Carlota Rodríguez Miranda- 1º ESO do CPR Santo Tomás
Laura Pampillón Teijeira- 3º ESO do IES Ribeira do Louro
O carteis gañadores recibirán un lote de material escolar e os seus autores serán os encargados de ler o pregón que dará inicio ás festas do Entroido na vila.
O acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro xoves 17 de febreiro no Centro Cultural Municipal, coincidindo coa inauguración da exposición na que se mostrarán todos os carteis participantes.
O Concello de Ponteareas volve a organizar de forma presencial un dos eventos educativos máis importantes para o alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato dos institutos de Ponteareas e da contorna. A cuarta edición da Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas terá lugar os días 15 e 16 de febreiro no pavillón do Complexo Deportivo Álvaro Pino para que mozos e mozas poidan coñecer todo a oferta formativa da contorna.
A alcaldesa e concelleira de Ensino, Cristina Fernández Davila, destaca que “a volta a presencialidade da Feira supón un valor engadido dun evento moi importante para a nosa mocidade”, xa que, “trátase dun encontro no que os centros formativos achegarán ao alumnado información sobre as modalidade que imparten e demostracións prácticas do traballo que realizan dentro do seu currículo educativo, un verdadeiro escaparate da oferta de ensinanzas profesionais para que alumnado e público xeral poida coñecer de primeira man as materias que se imparten e os seus diferentes perfís profesionais”.
A rexedora tamén pon en valor “o gran esforzo do Concello por ofrecer un escaparate da formación actual a todo o alumnado de Ponteareas e comarca sen ter que desprazarse, evento que só se fai en grandes cidades como Vigo e Pontevedra”. “Ademais vai ser unha Feria que conte con demostracións e prácticas en directo de montaxe dun xardín, a mostra dunha gran tirolina, escultura en directo ou un obradoiro de maquillaxe ou moda entre outras”, destaca.
As especialidades que van estar presentes son a de Administración, xoeiría, soldadura, restauración, idiomas, música, electricidade, auxiliar de voo, deportes, moda, cantería, imaxe e son, sanidade, electrónica, informática, panadería, arte dramática, caracterización, ilustración, xestión ambiental, educación infantil, artes plásticas e deseño. A escola profesional de banda deseñada, O Garaxe Hermético, tamén terá o seu espazo, berce de grandes artistas de Ponteareas como Pablo Prado, Anémona de Río ou Sergio de Arcos.
Para facilitar a experiencia de todas as persoas asistentes o Concello tamén contará con cinco guías do voluntariado municipal que mostrarán os diferentes stands en pequenos grupos, unha organización innovadora que permitirá facer as visitas máis persoais e seguras.
A alcaldesa tamén quere lembrar á veciñanza que a entrada a feira é de balde o martes pola tarde e que “todos e todas poden asistir para tratar de atopar novas oportunidades de formación e profesionais”. Mentres que as mañás do martes e do mércores son baixo reserva para o alumnado dos centros de Ponteareas e de Mondariz, Salvaterra do Miño, As Neves, A Cañiza e Salceda de Caselas.
Dende o Concello tamén queren agradecer a todos os centros formativos que participan nesta Feira expoñendo, así como a todos aqueles que apostan por visitala co seu alumnado.
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela, xestionada por Alberto Álvarez, continuará esta vindeira semana a serie de charlas informativas, impartidas por persoal do SEIS Redondela (Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento), nas que se darán a coñecer os protocolos de actuación fronte á vespa velutina.
Logo das primeiras charlas que tiveron lugar en Cedeira, Reboreda, Vilar, Soutoxusto, Ventosela, Trasmañó e Cabeiro, nesta vindeira semana está previsto a súa continuidade de cara a que, veciñas e veciños, saiban como actuar fronte á praga da vespa asiática ou velutina.
As charlas previstas para esta semana son as seguintes:
Mércores 16 de febreiro – Centro Cultural Saramagoso – O Viso – 20:00 h
Xoves 17 de febreiro – Centro Cultural de Cesantes – 19:00 h
Venres 18 de febreiro – Centro Cultural de San Estevo – 19:30 h
No decurso das charlas informativas veciñas e veciños recibirán información polo miúdo de como facer correctamente o trampeo para velutinas e o protocolo a seguir no caso de atopar un niño. Cómpre salientar que nestes últimos tempos incrementouse de xeito considerable o número de niños de velutina situados no chan, entre a maleza ou a alturas baixas, co conseguinte perigo que iso supón para as persoas que estean realizando labores de limpeza nas fincas.
O Concello de Baiona instalou un novo sistema de control de entrada e saída electrónica para as persoas usuarias do aparcamento municipal de “O Aral”.
O concelleiro encargado da xestión da instalación municipal, Óscar Martínez, indica que se trata de adaptar o edificio aos novos tempos tecnolóxicos e de ofrecer “un mellor servizo á cidadanía, ademais de optimizar a utilización de todos eles”. Polo que “se instalou unha fechadura electrónica na porta que dá ao centro de saúde, coa que se pode acceder ao aparcadoiro coa tarxeta de persoa abonada ou un ticket e retirar o vehículo, aínda que o aparcamento estea pechado, polo que calquera condutor poderá acceder ao establecemento para recoller o seu vehículo a calquera hora do día”.
A instalación deste novo equipo súmase á implantación do novo sistema de acceso de vehículos realizada hai uns meses e á ordenanza municipal aprobada o ano pasado polo actual equipo de goberno, que “rebaixa significativamente as tarifas de abonados e usuarios, ademais beneficia ás baionesas e baioneses cun desconto a maiores”, segundo explica o concelleiro.
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, destaca, que coa mellora do servizo e a modificación da ordenanza municipal que rebaixou as tarifas, “queremos garantir un servizo público, de calidade que beneficie o máximo posible á veciñanza de Baiona”.
Así mesmo, lembra que “todos os veciños e veciñas do municipio poden gozar dunha hora de aparcamento gratis todos os días do ano (tamén sábados, domingos e festivos) os doce meses do ano”.
“Cremos nunha provincia na que todas as persoas teñan todos os dereitos”. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da aprobación de máis de 1,2 millóns de € en Xunta de Goberno para o impulso de iniciativas de carácter social. A institución provincial, deste xeito, pon en marcha unha nova convocatoria de axudas básicas de emerxencia e tamén das axudas para actuacións no ámbito social dirixidas a entidades, así como o expediente de contratación para a realización das actividades incluídas no programa “Depo en Marcha”.
As axudas básicas de emerxencia están dotadas de 551.700 € e destinadas aos 51 concellos cuxa poboación non supera os 20.000 habitantes “para atender as persoas que máis o precisan”. Con estas axudas a Deputación dá apoio aos servizos sociais dos concellos (que recibirán entre 7800 e 17.800 € en función da súa poboación e porcentaxe de desemprego) para atender as demandas de necesidade urxente e puntual da cidadanía en situación ou risco de exclusión social, con especial atención ás que teñan menores ao seu cargo e a situacións de grave emerxencia.
Estas axudas permiten afrontar gastos de alimentación, vivenda, pagamento de recibos, produtos farmacéuticos ou necesidades básicas de roupa e calzado, e produtos de protección fronte á Covid. Tamén se lles axuda a evitar a perda de subministracións básicas da vivenda e a paliar situacións de empobrecemento enerxético. Este ano, como novidade, tamén se financiarán tres novos conceptos: as cotas de comunidade ou derramas, os recibos de telefonía e Internet cos obxectivos de reducir a fenda dixital e garantir o acceso igualitario á información e, por mor das dificultades de transporte público nestes concellos, tamén se sufragarán as reparacións e mantemento de vehículos para facilitar o acceso a recursos educativos, asistenciais, sanitarios, sociais e laborais.
A Deputación aprobou tamén 470.000 € para as bases das axudas ás entidades para desenvolver actuacións cara a colectivos en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social por circunstancias persoais, psíquicas, físicas ou socioeconómicas. En anteriores convocatorias, esta liña permitiu financiar programas de estimulación cognitiva, musicoterapia, promoción da autonomía persoal, emprego no rural, atención especializada a pacientes con artrite, prevención do abandono e promoción do éxito educativo de adolescentes migrantes ou fisioterapia especializada para persoas diagnosticadas de linfedema e lipedema. No pasado exercicio recibiron financiamento 103 entidades de 21 concellos.
A Xunta de Goberno tamén deu luz verde ao expediente de contratación para licitar os 130 obradoiros do programa “Depo en Marcha”, cun importante incremento do investimento respecto á convocatoria de 2019 (este foi un dos programas adiados por mor da situación sociosanitaria): un 20% máis de recursos, chegando aos 186.800 €. “Estamos ao carón da sociedade maior, que precisa que as administracións lles garantamos un final de vida amable, agradable e en convivencia”, asegurou a presidenta provincial. Ata 3000 persoas maiores de 50 anos, 25 prazas por acción, poderán participar nesta iniciativa de fomento do envellecemento activo, no que crearemos espazos de encontro e intercambio que impulsarán a súa independencia, a inclusión, o acceso a formación non regrada e evitarán situacións de illamento e soidade. Poderán solicitalos as asociacións de persoas maiores, xubiladas e pensionistas da provincia. Máis de 11.000 persoas teñen participado nos obradoiros entre os anos 2016 e 2019.
Boas novas nos cursos de español para migrantes: 95% de exames do Cervantes aprobados
A presidenta Carmela Silva tamén aproveitou para informar das “boas novas” que chegan respecto ao alumnado dos cursos de español para persoas migrantes procedentes de países non hispanofalantes. O 95% das persoas que cursaron as accións da edición do 2021, destinadas á obtención do diploma DELE A2 (indispensable para optar á nacionalidade), aprobaron o exame do Instituto Cervantes en Vigo.
“Síntome moi orgullosa e emocióname, especialmente nestes días nos que temos que escoitar a indecencia de quen cuestiona as persoas migrantes que veñen buscando unha mellor vida, fuxindo de guerras e da pobreza”, sinalou a presidenta provincial, que avogou por “poñernos en fronte e pór enriba da mesa o seu enorme esforzo, participando nos cursos e aprobando. Síntome orgullosa delas e deles, da Universidade de Vigo con quen organizamos os cursos e desta administración”. Carmela Silva non esqueceu que “desta provincia saían barcos cheos de xente de todo o Estado escapando da miseria, e como galega orgullosa da nosa xente migrante tamén o estou de poder contribuír a que a xente que agora migra cara ao noso país o faga nas mellores condicións”. A presidenta provincial deulles a benvida e agradeceunas por “todo o que contribúen á nosa economía: dan moito máis do que reciben”.
Os barrios da Feira e do Castro Barreiro, en Salceda de Caselas, veñen de decidir de forma conxunta non celebrar as verbenas de Entroido neste 2022 como prevención ante a situación sanitaria, adaptándose así á realidade da Covid-19.
Nun ano de transición no que voltan moitos dos actos tradicionais e singulares desta celebración, os colectivos protagonistas do Entroido salcedense coinciden en priorizar a seguridade e evitar posibles aglomeracións nos torreiros nas noites do luns e do martes de Entroido, nun exercicio de responsabilidade colectiva, ante a dificultade de poder cumprir as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia no protocolo específico para a celebración do Entroido.
Esta decisión foi tomada nunha das xuntanzas realizadas entre os dous barrios e o Concello de Salceda de Caselas, a través do Concelleiro de Cultura, na que decidiron adaptar as celebracións á realidade da pandemia. Entre as decisións tomadas está a de retomar o desfile das comparsas, cancelado no pasado ano, e o resto de actos do Entroido máis importante da zona, e un dos máis antigos de Galicia. Pola parte municipal, decidíuse tamén suspender a tradicional verbena do domingo na Praza do Concello.
A programación cultural do Concello de Mondariz segue centrada este mes de febreiro na memoria de autores da terra galega. Despois de lembrar a figura de Castelao o último fin de semana de xaneiro, con motivo do seu aniversario, este mes de febreiro prestarase atención á obra de Rosalía de Castro cun concerto do cantor guardés Tino Baz.
“A celebración do Día de Rosalía está na nosa axenda cultural desde o comezo da lexislatura. Este ano rendemos homenaxe á poeta galega máis ilustre cantando as súas letras”, comenta Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz.
Tino Baz presentou o seu disco “Se cantas es ti que cantas” en outubro de 2019. Nel fai unha interpretación musical de oito poemas de “Follas Novas” e tres de “Cantares Gallegos”, algúns inéditos musicalmente. Actuará no auditorio municipal de Mondariz o último sábado de mes (26 de febreiro) ás 20:00 horas. A entrada ao concerto será libre e gratuíta até completar a cabida permitida.
A partir das 00.00 horas de maña, sábado 12 de febreiro, estarán abertas as inscricións para a novena edición da Eurocidade BTT, proba ciclista de montaña, organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e subvencionada polo proxecto INTERREG UNICIDADE VALENÇA-TUI. Celebrarase o domingo 20 de marzo, con saída as 09.00 horas españolas, dende a piscina municipal de Valença.
Esta proba, que non se puido celebrar nos anos 2020 e 2021 pola pandemia, retoma a súa celebración neste ano 2022, coa expectativa de chegar ao número de participantes da oitava edición, onde máis de 1.100 ciclistas percorreron os Montes Aloia e Faro, participando nunha das probas máis recoñecidas en Galicia.
Como nas edicións anteriores, pódese optar por dúas distancias, a ruta curta de 44 quilómetros e 1.200 metros de desnivel positivo e a ruta longa, de 74 quilómetros e 2.000 metros de desnivel positivo.
As inscricións poden facerse a través da web www.biciosos.gal, onde pode atoparse toda a información dos prezos para ciclistas federados e non federados, así como as datas límites para facelas, non permitindo a inscrición no día da proba.
Dado que tanto a situación epidemiolóxica, como o protocolo federativo o permiten, a organización estableceu a cifra de 1.200 participantes como máximo, pechando o período de inscrición no momento de chegar a ese número.
Dende a Eurocidade Tui-Valença agradecese a Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, o traballo que está realizando en pro do fomento do deporte e do turismo deportivo, ao organizar unha das probas máis participativas da Eurocidade e unha das máis agardadas do calendario anual dos ciclistas de montaña de Galicia e Portugal.
O Concello de Redondela, a través do Centro de Información á Muller (CIM), poñerá en marcha durante os meses de marzo e abril obradoiros de Mindfulness (Conciencia plena) nos que, a través de técnicas guiadas de relaxación e meditación, permitan mellorar o benestar emocional das mulleres vítimas de violencia machista.
“A loita contra a violencia machista ten múltiples facetas –explicaba a alcaldesa Digna Rivas na presentación desta iniciativa– e unha delas e conseguir que as mulleres que foron vítimas desta lacra social, poidan superalo emocionalmente, consigan reducir a ansiedade que esta dramática situación provocoulles e consigan incrementar os niveis de asertividade e empoderamento”.
Os obradoiros de mindfulness son, segundo os expertos, unha ferramenta importantísima á hora de xestionar as emocións ou facer fronte a situacións complexas. Nese sentido, a súa utilización nas mulleres vítimas de violencia machista demostrou a súa efectividade en canto á mellora do seu estado emocional.
A iniciativa posta en marcha polo Goberno socialista de Redondela, e dirixida ás mulleres dereivadas dende o Servizo de Igualdade do Concello, busca tamén un segundo obxectivo que é, como subliñou Digna Rivas “fomentar a creación de redes entre as mulleres participantes para mellorar o apoio que se poidan prestar entre elas e establecer relacións interpersoais”.
Os obradoiros, que terán unha periodicidade de un á semana, comezarán explicando ás participantes que é o mindfulness para, a partir de aí entrar na utilización de distintas técnicas como o control da respiración ou técnicas de relaxación. Analízanse, posteriormente, aspectos como coñecer realmente que é o estres e as situacións que o xeran, xestión emocional ou pensamentos recorrentes.
O minfulness é, dende esa perspectiva, unha ferramenta que permite completar e perfeccionar a axuda que se lle presta ás mulleres vítimas de violencia machista e que ofrece técnicas efectivas para combater o estrés e a ansiedade das vítimas contribuíndo a inducilas a un estado de calma e de claridade mentar que lles permite reorganizar e retomar o control da súa vida.
A alcaldesa de Redondela lembrou que, para o Goberno que preside, a loita contra a violencia machista “foi, é e será unha prioridade e nesa loita inclúese non só a posta en marcha de medidas preventivas dirixidas a acadar a Igualdade, senón tamén a axuda precisa para que as mulleres que foron vítimas e que pasaron por unha das situacións máis traumáticas que calquera persoa poida vivir, conten coas ferramentas que lles permitan volver a controlar novamente a súa vida e ser donas do seu futuro”.
O Concello está a visitar todas as aulas dos institutos de Ponteareas para dar a coñecer os programas que se promoven dende a Concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, para ofrecer vantaxes, actividades e servizos aos mozos da vila. O edil tamén destaca que con estas visitas “queremos escoitar a súa voz e coñecer de primeira man as súas suxestións e opinións sobre as propostas que realiza o Concello para eles e elas”.
O concelleiro explica que nestas sesións “estamos a explicar os beneficios dos carnés dos que poden dispor, a sinalar as bolsas que teñen a súa disposición, a dar a coñecer os distintos ámbitos do voluntariado que se poden realizar no Concello e a resolver dúbidas ao alumnado en materia xuvenil”.
Voluntariado
Durante estas charlas tamén se está a facer unha especial mención ao Servizo de Voluntariado do Concello de Ponteareas. Nelas están a participar mozos e mozas voluntarias para explicarlles aos seus compañeiros e compañeiras a importancia de ser voluntario, así como para anímalos a integrarse neste servizo municipal “para axudar a mellorar a calidade de vida na nosa vila”.
Dende o Concello inciden nos grandes beneficios do voluntariado en todas as súas ramas para o crecemento persoal da nosa mocidade e como axuda a nosa comunidade, e destacan tamén a gran oportunidade de participar no proxecto de intercambio xuvenil “Actúa localmente, pensa globalmente” no que voluntarios e voluntarias de Ponteareas participaron o ano pasado na localidade croata de Malino.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.