8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaNovas charlas informativas sobre o protocolo de actuación fronte a vespa velutina...

    Novas charlas informativas sobre o protocolo de actuación fronte a vespa velutina en Redondela

    A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela, xestionada por Alberto Álvarez, continuará esta vindeira semana a serie de charlas informativas, impartidas por persoal do SEIS Redondela (Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento), nas que se darán a coñecer os protocolos de actuación fronte á vespa velutina.

    Logo das primeiras charlas que tiveron lugar en Cedeira, Reboreda, Vilar, Soutoxusto, Ventosela, Trasmañó e Cabeiro, nesta vindeira semana está previsto a súa continuidade de cara a que, veciñas e veciños, saiban como actuar fronte á praga da vespa asiática ou velutina.

    As charlas previstas para esta semana son as seguintes:

    • Mércores 16 de febreiro – Centro Cultural Saramagoso – O Viso – 20:00 h
    • Xoves 17 de febreiro – Centro Cultural de Cesantes – 19:00 h
    • Venres 18 de febreiro – Centro Cultural de San Estevo – 19:30 h

    No decurso das charlas informativas veciñas e veciños recibirán información polo miúdo de como facer correctamente o trampeo para velutinas e o protocolo a seguir no caso de atopar un niño. Cómpre salientar que nestes últimos tempos incrementouse de xeito considerable o número de niños de velutina situados no chan, entre a maleza ou a alturas baixas, co conseguinte perigo que iso supón para as persoas que estean realizando labores de limpeza nas fincas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.