15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalO Rosal presenta unha axenda cultural para febreiro e marzo con propostas...

    O Rosal presenta unha axenda cultural para febreiro e marzo con propostas para todos os públicos

    A programación do Concello inclúe teatro, cine, danza, deporte, regueifas e conferencias

    O Rosal despedirá inverno con 10 propostas culturais para o desfrute de toda a veciñanza. O Concello presentou hoxe a axenda para febreiro e marzo cunha oferta moi variada que inclúe teatro, cine, danza, deporte, regueifas e conferencias. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que con esta programación “queremos continuar enchendo de cultura os nosos barrios, ao tempo que organizamos outras actividades para dotar de diversidade a axenda, como unha conferencia para reflexionar sobre saúde mental ou unha regueifa feminista”.

    A axenda arrancará o venres 18 de febreiro ás 19.00 horas coa presentación do segundo volume do disco-libro “Meniños cantores” do alumnado do CPI Suárez Marquier, Lucía Pérez, Andrea Pousa e os alumnos e alumnas do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño no Auditorio de Goián.

    O sábado 26 de febreiro ás 10.00 horas o Centro Social Polivalente acollerá un encontro co xestor cultural e técnico de cultura do Concello de Ferrol, Marcos Lorenzo, para reflexionar sobre a importancia de fomentar a participación e a creación no eido local.  O domingo 27 ás 11.00 horas O Rosal sacará os seus disfraces para festexar o seu desfile de Entroido e ás 19.00 horas o Auditorio Municipal acollerá o concerto de Ialma para homenaxear a Rosalía de Castro no seu día.

    A axenda de marzo comezará o sábado día 5 ás 11.00 horas co Trail Muíños do Folón e ás 20.00 horas o Auditorio Municipal enchérase da música da Agrupación Musical do Rosal co seu concerto de Entroido. Ao día seguinte, o domingo 6, ás 18.00 horas, o grupo de danza Xamaraina porá o ritmo tamén no Auditorio.

    O martes 8 de marzo, polo Día da Muller, o alumnado de infantil e primaria do CRA María Zambrano e do CPI Suárez Marquier desfrutarán da película “Valentina, só tes que ser ti”, e o sábado 12 ás 20.00 horas a Agrupación Musical do Rosal e Fiando Redes organizan o concerto de Natasia Zürcher.

    O venres 18 de marzo ás 20.00 horas o Centro Social Polivalente acollerá a charla sobre saúde mental na mocidade da médica psiquiatra e divulgadora científica, Iria Veiga, mentres que o sábado 26 a Asociación Xente Xida e Fiando Redes organizan no Auditorio do Rosal ás 20.00 h unha regueifa en feminino con Alba María e Lupe Blanco.

    A axenda rematará o domingo 27 ás 19.00 horas no Auditorio do Rosal coa obra “Ubú Encadeado” da Compañía Non si?.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.