12.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiEste venres o Teatro Municipal de Tui acolle a estrea nacional de...

    Este venres o Teatro Municipal de Tui acolle a estrea nacional de “As que limpan” de A Panadaría

    As orquestras do Conservatorio de Tui e da Academia da Fortaleza de Valença ofrecerán mañá sábado ás 20 h un concerto no Teatro Municipal

    O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 18 de febrero, ás 21 h, a estrea a nivel nacional da obra “As que limpan”. Trátase do novo espectáculo de A Panadaría. A obra prevista inicialmente para o pasado venres día 11 tivo que adiarse unha semana, e chegará este venres ao teatro tudense.

    Sobre o escenario estarán Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, que non só son as actrices deste espectáculo senón tamén as autoras e directoras desta peza teatral. Canda elas está un equipo técnico formado integramente por muller.

    Continuando coa súa liña de traballo A Panadaría aborda nesta obra a loita social das limpadoras de pisos reclamando os seus dereitos, pero falan tamén “das mulleres abocadas aos traballos de limpeza e dos coidados, e coma estes traballos normalmente son traballos precarizados” tal e coma explicaban hai un par de semanas na presentación do espectáculo en Tui.   Pero en “As que limpan” reflexiona tamén sobre o modelo de turismo de masas e as súas consecuencias.  Nesta obra A Panadaría conta coa coprodución do Centro Dramático Nacional.

    As entradas para a representación en Tui están á venda dende este mediodía en www.tui.gal aos prezos de 10€ e 8€.

    Tras a estrea este venres en Tui “As que limpan” continuará en xira por Redondela, Vilagarcía de Arousa, Vigo, As Pontes, Viveiro, Foz, Ames, Oleiros, Santiago de Compostela, Gondomar, Monforte de Lemos,, A Coruña, Lugo, Mos e Cedeira. Amais o 2 e 3 de abril estrarán a obra en castelán no Teatre El Musical en Valencia, e do 20 de abril ao 15 de maio estarán no Teatro María Guerrero en Madrid.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.