11.1 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas renovará a iluminación dos pavillóns do Complexo Deportivo Álvaro Pino

    Ponteareas renovará a iluminación dos pavillóns do Complexo Deportivo Álvaro Pino

    Aberto o proceso de licitación para a mellora da eficiencia enerxética, que permitirá un grande aforro enerxético

    O Concello dá un paso máis para facer de Ponteareas unha vila máis sustentábel ao tempo que se melloran os servizos municipais. Por ese motivo, vén de abrir o proceso de licitación para renovar o sistema de iluminación interior nos pavillóns do Complexo Deportivo Álvaro Pino que permita da eficiencia enerxética das instalacións.

    O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, explica que a través desta intervención substituiranse as luminarias de descarga actuais por outras con tecnoloxía LED que “permitirá un aforro estimado de máis do 65% no consumo enerxético do edificio”. Este novo esforzo suporá unha importante mellora dunhas instalacións que prestan servizos municipais de fomento, promoción e difusión do deporte, especialmente en etapa escolar, e da que tamén fan uso asociacións, entidades e escolas deportivas nun amplo horario os sete días á semana. “Os usuarios e usuarias poderán gozar dun espazo máis confortábel ao tempo que camiñamos cara a un Ponteareas máis sostíbel e respectuoso co medio ambiente”, salientou o edil.

    As obras de mellora contarán cun orzamento de case 32.000 euros que serán cofinanciados con axudas europeas do Fondo Europeo para o Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020 a través do IDAE, do Ministerio para la Transición Ecológica, e a través do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.

    As empresas e as e os profesionais interesados en presentar as súas propostas poderán facelo ata o vindeiro 2 de marzo de 2022 ás 14.00 horas.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.