23 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaRedondela, Mondariz Balneario, Tui e Mos entre as sedes hípicas que...

    Redondela, Mondariz Balneario, Tui e Mos entre as sedes hípicas que acollerán a segunda edición da Liga Territorial de Saltos ‘Xogade’

    O Club Hípico JC no Concello de Mos, o CH Alazán en San Cosme (Vigo), o CH Equialia en Tui, o CH Cemar en Mondariz, a Escola de Equitación La Muralla en Redondela e o Club Centro ecuestre Atlántico en Santana (Pontecaldelas), son as seis sedes da Liga

    O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, presentou da man da Federación Galega de Hípica a segunda edición da Liga Territorial de Saltos Xacobeo Xogade 2022 que transitará polos principais clubs de hípica das Rías Baixas e na que competirán dous centenares de nenos e nenas de todas as idades.

    O mandatario galego destacou a importancia dun deporte como a hípica para os máis pequenos, “non só pola educación recibida no coidado dos animais, senón tamén noutros moitos valores como a igualdade xa que a hípica é a única disciplina olímpica na que mulleres e homes compiten entre si sen distinción dos participantes polo seu sexo”.

    Lete Lasa lembrou que a igualdade é, precisamente, un dos obxectivos primordiais do programa Xogade que leva a actividade a todos os concellos e brinda aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade. Neste sentido destacou as súas categorías benxamín e alevín, nas que a maioría de equipos son mixtos, ou os Campionatos de España en Idade Escolar inclusivos. Un programa, dixo, que está a piques de recuperar as cifras prepandemia e que xa se achega aos 130.000 nenos e nenas inscritos.

    Liga de Saltos

    Tras o éxito da Liga Territorial de Saltos 2021, a segunda edición incorpora novas sedes ata un total de seis. A primeira delas, xa realizada, foi no Club Hípico JC no Concello de Mos o pasado 9 de xaneiro. As seguintes serán o vindeiro 27 de febreiro no CH Alazán en San Cosme (Vigo), o 13 de marzo no CH Equialia en Tui, o 10 de abril no CH Cemar en Mondariz Balneario, o 5 de xuño na Escola de Equitación La Muralla en Redondela e o 11 de setembro no Club Centro Ecuestre Atlántico en Santana (Pontecaldelas).

    As competicións van dende unha xincana con ponis para os máis pequenos, acompañados en todo momento dos seus profesores, ata probas nacionais con obstáculos de ata 120 e 130 centímetros para os máis maiores e experimentados.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.