Xoves, 12 Xuño de 2025

Le pianO du Lac volve escoller Mondariz para representar en Galicia o seu orixinal espectáculo

0

Le pianO du Lac é un orixinal espectáculo musical que ten xirado por toda Europa desde 2014. Despois da boa experiencia do ano pasado, repite no escenario natural da praia fluvial do Val, no Concello de Mondariz, para ofrecer en Galicia dous concertos flotantes da xira “Idóneas” os días 3 e 4 de agosto.

Como espectáculo, Le pianO du Lac vai máis aló do concerto clásico e presenta un innovador enfoque de transhumancia sonora que fusiona música, teatro e danza en escenarios naturais. O piano descansa sobre dous flotadores ciclopropulsados que permiten unha inusual mecánica pianística a pedais. O equipo técnico e artístico inclúe varios pianistas capaces de interpretar e mesturar diferentes tradicións sonoras. No entorno natural do concerto, ademais, a experiencia sensorial enriquécese cos sons da auga, do vento, da fauna salvaxe…
Nos concertos flotantes de Mondariz, programados para as 20:00 horas dos días 3 e 4 de agosto, actuarán a pianista Violette Prevost, a cantante Claire Grupallo e a bailarina Myriam Grupallo, entre outras artistas. As entradas poden reservarse no sitio web de Le pianO du Lac (www.pianodulac.eu). Non haberá asentos porque a praia fluvial do Val é un espazo natural, pero é posible acudir con cadeiras propias ou coxíns persoais para sentar no chan.

O espectáculo da xira “Idóneas, coproducido xunto a compañía asturiana La Xata la Rifa, é unha nova proposta flotante formada por un dúo que navega entre a melodía lírica e a canción popular. O seu repertorio franco-español inclúe composicións propias de Violette con arranxos para dúas voces. A parella convértese nun trío cando unha mergulladora asalta a plataforma do “PedalOpiano” cos seus pasos flamencos.

“Con este espectáculo internacional nun entorno natural, apostamos por unha programación cultural de calidade que mesmo atraia visitantes doutros concellos. Somos da filosofía de que menos é máis, e preferimos a calidade fronte a cantidade”, explica Anxos Carballo, concelleira de Cultura do Concello de Mondariz.

Éxito da xornada de concienciación para a adopción de cans organizada polo Concello de Redondela e CAAN

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e o deputado provincial Santos Héctor Rodríguez visitaron na mañá de hoxe, na Praza do Concello, a carpa informativa sobre a adopción de cans, nunha iniciativa conxunta do CAAN, servizo dependente da administración provincial, e a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela que xestiona Alberto Álvarez.

Tanto a alcaldesa coma o deputado, amosaron a súa satisfacción polo “gran número de veciños e veciñas que se achegaron a este posto solicitando información detallada sobre o proceso de adopción”.

O persoal do CAAN explicoulle aos interesados e interesadas que o proceso de adopción é totalmente gratuíto, baixo un compromiso escrito sobre o tratamento e coidado axeitados do animal, “que será entregado correctamente vacinado, desparasitado e identificado mediante o microchip”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o deputado Santos Héctor falaron cos veciños e veciñas que se achegaron ao posto informativo

Digna Rivas subliñou a importancia da adopción que “dá aos cans e cadelas unha segunda oportunidade lonxe do abandono e, nalgúns casos, dos malos tratos dos que foron obxecto”. A alcaldesa lembrou que, para as persoas que hoxe non se puideron achegar á carpa informativa, o proceso de adopción pódese facer de xeito doado a través da propia páxina do CAAN (https://caan.depo.gal/) onde, na súa páxina principal, hai un enlace directo para as adopcións.

Os nenos e nenas tamén tiveron papel protagonista nesta campaña e puideron participar en actividades dirixidas especificamente a eles e elas e foron agasallados, como recompensa polo seu interese e participación, cun conto.

Doutra banda, a Concellería de Medio Ambiente aproveitou a iniciativa de hoxe para reforzar a concienciación cidadá sobre a necesidade de que as propietarias e propietarios de cans, recollan os excrementos na rúa e, para iso, entregaron ás persoas que se achegaron ao posto informativo un porta-bolsas para a súa recollida. Ditos porta-bolsas tamén poden obterse na Casa do Concello de Redondela ata o final de existencias.

Covelo incorpora catro persoas para a prevención de incendios forestais

0

O Concello de Covelo informa que, no marco do convenio de prevención de incendios asinado coa Xunta de Galicia, durante tres meses catro persoas traballarán na prevención de incendios realizando labores de limpeza, desbroce e extinción. Ata o 31 de outubro, tres peóns e un capataz limparán parcelas sobre as que existen denuncias por incumprimento da obriga de limpeza e participarán na loita contra os incendios forestais.

Ademais, o Concello de Covelo pide a colaboración da veciñanza e das Comunidades de Montes e das asociocións do Concello para que extremen as medidas de vixilancia.

O Concello quere recordar que en caso de incendio débese dar aviso inmediato chamando o 085 ou informando de calquera situación ou comportamento de risco incendiario que observen.

Así mesmo, aconsella que se eviten situacións de risco como o desbroce con maquinaria a motor en hora de máxima calor, o lanzamento de foguetes, fumar en camiños ou zonas de monte, tirar cabichas nas cunetas e polas ventás dos vehículos ou facer brasas en lugares que non estean acondicionados ou calquera que poida causar lumes.

O Concello de Covelo pon en marcha tamén o grupo de voluntarios/as para a vixilancia e prevención de incendios no seu concello e facilita un número de teléfono, 986650027, e un enderezo electrónico de contacto [email protected]

Obradoiros, talleres formativos e consultas personalizadas para mulleres no programa Feminino Plural

0

O Concello de Tui vén de pór en marcha Feminino Plural, un programa innovador, integral e intensivo para o impulso das mulleres. Esta semana tivo lugar, na Aula da UNED, a presentación do mesmo por parte da concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, e das técnicas que conforma o equipo multidisciplinar desta acción.

Até o 30 de setembro Feminino Plural abordará catro eixos: a formación, a atención xurídica, a atención psicolóxica e o asesoramento para o emprego, intermediación e prospección laboral. Ao longo dos próximos meses traballarase de xeito transversal nestas áreas para acadar a plena autonomía das mulleres tudenses.

Feminino Plural brinda tanto atención individualizada coma actividades grupais nos obradoiros e talleres formativos que están organizados. O programa desenvolverase no centro urbano, pero tamén nas parroquias onde haxa un mínimo de 8 mulleres inscritas.

As actividades grupais comezarán a segunda quincena de agosto, celebrándose os martes de 10 a 13 h os talleres formativos e os mércores de 10 a 12 h os obradoiros. As mulleres poden asistir á totalidade dos talleres e obradoiros previstos, ou só aqueles que sexan do seu interese ou disponibilidade.

Os talleres formativos co título xenérico de “Coñécete…” abordarán o autocoñecemento, a historia das mulleres, as habilidades sociais, as oportunidades de traballo, as capacidades laborais, o empoderamento, e os dereitos. Mentres nos obradoiros realizarase unha actividade de coaching, o roteiro “Camiñando con elas”, abordarase a comunicación, como preparar as entrevistas de traballo, o emprendemento, a saúde e a violencia machista virtual.

Amais as mulleres poden solicitar cita para realizar consultas personalizadas co equipo de expertas do programa: unha xurídica, unha psicóloga, unha axente de igualdade, unha orientadora laboral, unha técnica de prospección e intermediación laboral e traballadoras sociais.

Onte na presentación a concelleira de Igualdade Ana Núñez, destacaba que con este programa quérese chegar a todas as mulleres de Tui tanto do centro urbano coma das parroquias. Así indicaba que “queremos chegar a todas as mulleres que poidan precisar de programas tan necesarios como este e poder axustar así os servizos que podemos aportar para atallar a súa vulnerabilidade”. 

As mulleres poden solicitar xa a súa participación gratuíta no programa tanto para os módulos e obradoiros como para a atención individualizada coas profesionais que forman parte do equipo do programa no correo [email protected] ou nos teléfonos 986 60 32 28 ou 664 55 24 93. 

O programa de Promoción da Igualdade e a Prevención da Violencia de Xénero, Feminino Plural, está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Programa de talleres e obradoiros Feminino Plural do 16 de agosto ao 30 de setembro

Talleres formativos Coñécete…

  • Martes de 10 a 13 h
    • 16 de agosto: Coñécete a ti mesma
    • 23 de agosto: Coñece a historia das mulleres
    • 30 de agosto: Coñece as túas habilidades sociais
    • 6 de setembro: Coñece oportunidades de traballo
    • 13 de setembro: Coñece as túas capacidades laborais
    • 20 de setembro: Coñece o teu poder
    • 27 de setembro: Coñece os teus dereitos

Obradoiros

  • Mércores de 10 a 12 h
    • 17 de agosto: Coaching para a vida
    • 24 de agosto: Roteiro “Camiñando con elas”
    • 31 de agosto: Comunicación
    • 7 de setembro: Entrevistas
    • 14 de setembro: Emprendemento
    • 21 de setembro: Muller e saúde
    • 28 de setembro: Violencia machista virtual

Consultas personalizadas co equipo de expertas até o 30 de setembro

A Xunta aposta polo persoal farmacéutico para axiliar a renovación das receitas dos pacientes crónicos

O responsable da sanidade pública galega, Julio García Comesaña, visitou hoxe aos novos farmacéuticos que prestarán apoio dende A Estrada, na Central do 061, aos centros de saúde que máis o precisen para axilizar a renovación das receitas dos pacientes crónicos. Onte comezaron a traballar tres, e a semana próxima serán cinco.

Na súa visita, na que estivo acompañado pola directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Estrella López-Pardo, así como pola directora do 061, Adriana Regueira, o conselleiro remarcou que os orzamentos da Xunta deste ano recollen a creación de 28 novas prazas de farmacéuticos de atención primaria, “profesionais que se foron contratando polas áreas sanitarias ao longo dos últimos meses e que, dende maio, xa están a traballar nos centros de saúde. Se o ano pasado había 72, neste momento hai xa 100 farmacéuticos de primaria contratados na sanidade pública galega”, –remarcou Comesaña–.

Este incremento de farmacéuticos de primaria vai fortalecer a colaboración co profesionai de referencia do paciente no proceso de xeración de receitas de tratamentos crónicos para, deste xeito, “garantir a adecuada continuidade do tratamento farmacolóxico e, ademais, posibilitará liberar ao persoal médico desta tarefa, ante a escaseza de médicos que estamos a vivir este verán, independentemente das revisións que poida facer destas renovacións cando así o considere”, –subliñou o conselleiro–.

Grazas a esta incorporación de novos farmacéuticos, a poboación con tratamentos crónicos que vexa que non dispón de ocos de receita co seu médico nos próximos días, e que necesite renovar o seu tratamento, pode xa solicitar directamente esa consulta de receitas co farmacéutico do seu servizo de atención primaria. Máis aló deste sistema xeral para toda Galicia, “a Xunta habilita este segundo recurso na Central do 061 no concello da Estrada, para garantir de xeito áxil a renovación de tratamentos crónicos daqueles centros que están a ter sobrecarga por esa falta temporal de profesionais”, que atenderán esas solicitudes de renovación que os centros non poidan resolver en menos de catro días, nin co persoal médico nin co farmacéutico.

Tal e como explicou Comesaña, “será o persoal administrativo destes centros o que se encargue de xestionar, cando o paciente así o demande, a cita con este servizo central de farmacia de atención primaria”.

Déficit de especialistas

Este novo dispositivo da Estrada é un avance máis enmarcado no proceso de reforma da atención primaria no que está a traballar dende hai anos o Goberno galego, e que supón entender o traballo do centro de saúde “como unha tarefa en equipo, que ten que ser multidisciplinar e coordinado, para dar unha mellor asistencia ao paciente e para poder facer actuacións reais de mellora da saúde comunitaria”.

Polo tanto, -dixo o conselleiro-, “temos que seguir incorporando todas as reformas organizativas precisas para optimizar a todo o persoal co que conta a atención primaria e que pode e debe ofrecer ao paciente unha atención máis integral e máis áxil”.

Comesaña remarcou que a Xunta inviste hoxe en persoal de atención primaria 100 millóns máis ao ano do que se investía no 2009, e que segue a traballar en facer fronte ao déficit de especialistas en medicina familiar e comunitaria coa convocatoria de prazas nas mellores condicións posibles naqueles centros de máis difícil cobertura; duplicando nos últimos cinco anos as prazas formativas que Galicia ofrece para esta especialidade; e reclamando ao Goberno de España, xunto a outros gobernos autonómicos, que “tome as medidas da súa competencia para aumentar e acelerar ao máximo a oferta formativa de máis especialistas de medicina de familia”

Ponteareas actualiza a taxa de vaos para non discriminar a pequenos garaxes e pequeno comercio fronte ás grandes superficies

Ponteareas vén de dotarse dunha ordenanza reguladora de concesión e de taxa por entrada de vehículos a través de beiravías, beirarrúas, reservas de vía pública, aparcamento exclusivo, parada de vehículos e carga e descarga de mercadorías. Así o aprobou inicialmente o Pleno da Corporación Municipal na sesión celebrada este martes.

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, explica que “ata o de agora non contabamos cunha normativa específica para vaos. Agora, establecemos esta ordenanza para garantir unha aplicación máis equitativa das taxas, en función da intensidade de uso, de xeito que non se discrimine ao pequeno comercio fronte ás grandes superficies, ou aos pequenos garaxes fronte aos que dispoñen dun gran número de prazas”.

A nova ordenanza, segundo indica o concelleiro de Facenda, Pancho Alonso, “inclúe unha tarifa reducida dun 20 % a aqueles establecementos que só queiran ter a reserva de espazo público durante o horario laboral. Así mesmo, mantense a dedución do 40% nas vivendas situadas nas aforas da vila ou nas parroquias, así como o prezo da concesión da sinal oficial de vaos”.

Ponteareas mellora as súas rúas peonís para convertelas en lugares de estancia e desfrute social

O Concello de Ponteareas iniciou esta semana os traballos de pintado e colocación de mobiliario urbano en 10 rúas peonís do centro urbano co obxectivo de mellorar a mobilidade peonil nas devanditas rúas e convertelas en espazos non só de desprazamento a pé ou en bici senón tamén de estancia e relación social.

As rúas nas que se realizarán as actuacións son Concha Brey, Virxe dos Remedios, Reveriano Soutullo, Constitución, Senén Canido, Vidales Tomé, Morales Hidalgo, Esperanza, Arxentina e Oriente. Os pintados sobre as calzadas teñen como finalidade reforzar a percepción dese espazo como de preferencia peonil, por onde só poden circular vehículos nos supostos autorizados (acceso a garaxes, cargas e descargas, mobilidade reducida ou servizos públicos) e nas condicións estipuladas (velocidade máxima de 10 km/h e paradas cun tempo máximo de 15 minutos). Ademais, instalaranse 31 xardineiras e 15 bancos, unha parte deles tamén con xardineira incorporada. Segundo sinala a alcaldesa Cristina Fernández Davila, “trátase dunha acción que mellorará o aspecto destas rúas e que dará resposta á necesidade de moitas persoas, especialmente maiores, de contar con lugares de encontro e convivencia no espazo público”.

No marco destas actuacións reubicaranse as paradas de taxi. A situada na rúa Rogelio Groba trasladarase á rúa Virxe dos Remedios, liberando así espazo en Rogelio Groba onde os vehículos xunto coas terrazas de hostelaría reducían considerabelmente o espazo para os peóns. A antiga parada da Praza de Bugallal, agora completamente peonil, trasládase para a rúa Vidales Tomé.

Por outra banda, o Concello anunciou que nas vindeiras semanas presentará publicamente os proxectos de humanización de sete rúas situadas na contorna do Concello e da Praza de Bugallal, que actualmente xa teñen carácter peonil. Ditos proxectos foron redactados nos últimos meses con financiamento da Deputación Provincial a través da Rede Ágora na que participa o Concello de Ponteareas.

Redondela e o CAAN organizan unha xornada de concienciación para a adopción de cans

0

Fomentar e dar a coñecer o proceso de adopción de cans e concienciar á sociedade para erradicar o abandono de mascotas, é o obxectivo que busca a xornada que desenvolverán conxuntamente o vindeiro 28 de xullo, o Concello de Redondela, a través da Concellería de Medio Ambiente que xestiona Alberto Álvarez e o CAAN –Centro de Recollida e protección de Animais– dependente da Deputación de Pontevedra.

“Buscamos que a xente coñeza que, a través da adopción, damos aos cans e cadelas unha nova vida lonxe do abandono e, na maioría dos casos, dos malos tratos dos que foron obxecto”, explica a alcaldesa Digna Rivas. A actividade, por tanto, busca non só dar a coñecer e fomentar a adopción “senón ser unha ferramenta de concienciación sobre o inhumano que é o abandono de mascotas ou os malos tratos sobre as mesmas”, engade a rexedora local.

Para realizar a actividade, de 09:30 h a 13:30 horas, instalarase unha carpa informativa na Praza do Concello onde se explicará ás persoas interesadas a forma de adoptar un can. De feito é un proceso moi doado xa que, a través dun código QR se pode acceder á páxina web de CAAN (https://caan.depo.gal/) para realizar o proceso de adopción.

Todas as veciñas e veciños que adopten un can ese día ou calquera outro, mentres haxa animais que adoptar, recibirán de agasallo un saco de penso doado por Nutripema. Doutra banda, e de cara a concienciar aos nenos e nenas sobre a importancia da adopción e o coidado das mascotas, desenvolveranse actividades especificamente dirixidas a eles e elas e, como agasallo, recibirán un conto.

Os alcaldes de Covelo, A Cañiza, Mondariz, Mondariz Balnerario e Melón poñen en marcha o servizo de atención temperá

Dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, ese é o obxectivo do servizo de atención temperá co que contará o Concello de Covelo logo de asinar na mañá de hoxe o convenio de xestión compartida deste servizo cos concellos de A Cañiza, Melón, Mondariz e Mondariz Balneario.

Os alcaldes dos cinco concellos asinaron hoxe o documento que permitirá empregar as ferramentas precisas para facilitar o desenvolvemento da autonomía persoal e a inclusión social dos nenos e das nenas con necesidades específicas. A agrupación de concellos prestadora do servizo de atención temperá da rede galega dirixirá o seu traballos á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno.

Nos servizos de atención temperá ofrecerase unha intervención biopsicosocial (biolóxica, psicolóxica, social e cultural) que favoreza a adquisición ou a recuperación de funcións e de habilidades persoais e sociais para a mellora da autonomía, da convivencia social e familiar e da inclusión social.

“A sinatura deste convenio posibilita ofrecer un servizo indispensable para a infancia xa que  unha intervención a tempo pode mellorar moito o desenvolvemento dos cativos e cativas e mellorar, así, non só a súa infancia se non tamén o resto da súa vida, ademais de supor un apoio para as familias que, sen saír do seu concello, poden contar coa axuda de profesionais expertos”, explica Pablo Castillo alcalde de Covelo.

Grazas a este convenio o Concello de Covelo ofrecerá este servizo unha vez á semana en xornada completa de mañá e tarde.  O servizo de atención temperá contará cun mínimo de tres integrantes, será interdisciplinar e estará integrado por profesionais diferentes de entre os seguintes graos: pedagoxía, psicopedagoxía, psicoloxía, logopedia, educación social, traballo social, maxisterio, enfermería, terapia ocupacional, fisioterapia e medicina.

Entre as súas funcións estarán a diagnose e valoración dos trastornos de desenvolvemento, desenvolvemento psicomotor, desenvolvemento cognitivo, desenvolvemento da linguaxe e comunicación, desenvolvemento da autonomíam desenvolvemento da área social e afectiva e apoio, información, habilitación e formación da familia.

Os trastornos no desenvolvemento son situacións nas que, como consecuencia dunha alteración das estruturas ou funcións corporais, de restricións na participación social ou a causa de factores do contorno, se produce unha desviación ou atraso significativo no desenvolvemento das capacidades, adquisicións e recursos persoais típicos nos nenos e nenas.

O convenio asinado hoxe no Concello de A Cañiza fixa as principais liñas de colaboración así como a coordinación, dirección, xestión, financiamento, organización e funcionamento.

O presente convenio baséase no principio xeral de colaboración interadministrativa e posibilitará a prestación deste servizo público, minorando os custos económicos da prestación illada, garantindo o acceso dos veciños a uns servizos públicos de calidade mediante unha oferta de recursos suficiente e equilibrada e dará resposta ás necesidades da poboación mediante unha axeitada planificación previa.

O Concello de Covelo aportará un 20 % do custo da prestación deste importante servizo público que supón un investimento mensual semestral de 56.105,71 €.

A bailarina Esther Latorre danza en Tui para render homenaxe a todas as mulleres que loitan

0

A Deputación de Pontevedra continúa a espallar o programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” por toda a provincia nesta ocasión cunha actuación protagonizada pola bailarina Esther Latorre. A súa danza contemporánea chegou á Praza do Concello de Tui cunha peza titulada “Xenérica”, un canto a tódalas mulleres que loitaron insaciablemente por protexer e coidar e pasaron desapercibidas. Desta acción, cuxa dirección artística e coreografía correu a cargo do Colectivo Glovo -formado por Esther Latorre e Hugo Pereira- desfrutaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a deputada de Igualdade e Cultura, Victoria Alonso, e concelleiros/as da corporación.

Esther Latorre interpretou un solo de danza durante preto de media hora co que rendeu unha homenaxe a todas as avoas, nais, irmáns, sobriñas e figuras femininas que dalgún xeito marcan as vidas de todas e todos. Nel mesturou movementos enérxicos e amplos, cos que abarcou todo o escenario, con outros máis cotiás, que realizou mentres recitaba versos do poema “A muller do mandil” de Mónica Jensen. “Ela é a muller que acaricia as primeiras vainas / e todo o pan o raparte e o multiplica na mesa”, declamou Latorre.

A bailarina entrou no escenario portando unhas macetas nos seus brazos, que colocou nas esquinas do espazo escénico, e margaridas nos petos do pantalón. Repartiu estas flores entre o público rompendo con este xesto a barreira existente entre as e os espectadores e o escenario. O público sostivo nas súas mans durante toda a actuación as margaridas creando así unha especie de campo que tinguiu de amarelo a praza tudense.

O programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” ten este ano o lema “Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven. Móvete con elas contra a violencia machista!”. De novo estanse a realizar 25 accións en 25 concellos. O programa xa pasou por Pontevedra, Vigo, Moraña, Silleda, Meaño, Forcarei, Agolada, A Lama, Oia, Moaña, Caldas de Reis, As Neves, Redondela, Salceda, Fornelos e o centro Príncipe Felipe e despois desta parada en Tui chegará aos concellos de Meis, Baiona, A Cañiza, Covelo, Barro, Rodeiro, Cambados e Vilaboa.

Nigrán abre ata o 27 de agosto o prazo de presentación de solicitudes de axudas para as asociacións do municipio

0

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe o anuncio coa apertura do prazo desde mañá para a solicitude de subvencións do Concello de Nigrán para as diferentes entidades do municipio (culturais, veciñais, festeiras ou deportivas). O prazo de solicitude é dun mes, finalizando o 27 de agosto (inclusive). A partida orzamentaria destinada desde o Concello mantense en 75.000 €. Coma sempre, as beneficiarias deben estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Nigrán. As bases e os seus correspondentes anexos están publicados na web www.nigran.es no apartado da portada ‘Convocatorias e Subvencións’.

“O noso compromiso é de máxima colaboración con tódolos colectivos do municipio, que son os grandes promotores das actividades lúdicas, culturais, deportivas ou festeiras, por iso ímos continuar con esta liña de axudas”, explica o alcalde, Juan González, quen encomia o seu “traballo desinteresado na promoción de todos estes aspectos que fan comunidade e que xeneran un Nigrán máis amable para as persoas”.

Coma nas bases aprobadas en sesión plenaria no 2018, mantense a contía máxima da subvención, sendo a liña de actividades culturais 20.000 euros en total (2.000 € tope por entidade), de 25.000 € a de fomento do asociacionismo (1.500 €/máximo por entidade) e de 30.000 € a de fomento da práctica deportiva establecéndose un mínimo de 1.000 euros por entidad solicitante para participar en competicións oficiais e por outra banda un máximo de 1.500 euros para a realización de actividades deportivas nas que se valorará a duración, antigüidade da mesma, número de persoas beneficiarias e, novamente, que sexa un deporte tradicional galego, coma é o caso dos bolos celta.

Arqueólogos buscan no Porriño vestixios dos primeiros homes en Galicia

Un equipo de arqueoloxía busca no Porriño vestixios dos primeiros homes de Galicia. Os investigadores, liderados polos arqueólogos Eduardo Méndez-Quintas (Universidade de Vigo) e Manuel Santonja (prestixioso arqueólogo do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana CENIEH), interveñen no xacemento das Gándaras de Budiño cun obxectivo principal: datar con precisión as pezas paleolíticas que agocha a zona da lagoa.

O estudo, que conta co apoio do Concello do Porriño, revelará se, como sospeitan os especialistas, nas Gándaras están os primeiros rastros de presenza humana en Galicia.

“Os xacementos das Gándaras de Budiño sempre foron referentes en Galicia tras o seu descubrimento de Emiliano Aguirre no ano 1961”, explicou Eduardo Méndez,  “Nese momento os avances científicos non permitían datar con precisión, e o estudo que se fixo determinou que tiña unha antigüidade duns 26.000 anos cando estimamos que poderían ter unha idade que ronda os 300.000 anos”.

Así, nun prazo estimado de dous meses teranse os resultado das analíticas realizadas ás pezas atopadas nesta sondaxe que determinarán se o das Gándaras de Budiño é o xacemento máis antigo de Galicia.

“Estes estudos teñen un valor que vai moito máis aló do local e do autonómico, xa que permitirán desbotar esa idea errónea de que en Galicia o paleolítico ía con retraso e coñecer con máis precisión os movementos humanos en Europa na prehistoria”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “O noso concello garda datos de gran valor para todo o mundo”. A intervención, que se estenderá ata o domingo, continúa coas sondaxes e está a obter resultados moi valiosos e inesperados xa que, como apunta o director do equipo, non é habitual atopar tal densidade de pezas e a ese nivel de superficie en xacementos ibéricos.

A Guarda lanza una campaña de sensibilización en saúde mental xunto con Asociación Avelaíña

0

O Concello da Guarda lanza unha campaña de sensibilización en saúde mental en colaboración coa Asociación Avelaíña.

O acto, que tivo lugar na mañá do pasado venres día 22 no Concello da Guarda, contou coa  presencia de Antonio Lomba, alcalde de A Guarda; Fátima Rodríguez, concelleira de educación; Patricia  Cuña, técnica da OMIX; Clara Suárez psicóloga de Asociación Avelaíña e Rafael Álvarez, Director Xerente da Asociación Avelaíña.

Tratase dun vídeo cun formato de animación que resulta atractivo para a poboación máis xove, permitindo unha difusión rápida e eficaz a través das redes sociais.

Desde o Concello transmítese unha gran preocupación polo empeoramento da saúde mental nos xoves que lles faen chegar desde centros educativos e familias. 

A adolescencia é unha etapa única e formativa e os cambios a nivel físico, emocional e social faen aos adolescentes vulnerables a sufrir problemas de saúde mental.

A situación provocada pola pandemia elevou os factores de risco debido a illamento, restricións, incertidumbre, falecemento de familiares ou amigos, risco da propia saúde, etc.

Un Estudo de Unicef de 2021 Estado Mundial da Infancia: Na miña Mente amosa que a media de trastornos de saúde mental en xoves é en Europa do 13,2% , mentres que en España esa cifra elevase ata o 20,8%

Un estudo de Fundación Mutua Madrileña e Fundación FAD Juventud realizado a xoves, amosa que o 56,4% perciben que tiveron problemas psicolóxicos nos últimos 12 meses, pero a metade non pediu axuda profesional por vergoña, custe, ou non lle daban importancia.

O Concello contou para a elaboración do material da campaña, coa Asociación Avelaíña, entidade de referencia en saúde mental.

O vídeo compartirase nas redes sociais, medios de comunicación e farase chegar tamén aos centros educativos coa intención de que chegue ao maior número de persoas posibles e que tamén se utilice como ferramenta de traballo para entidades, profesorado, familias, etc.

Baiona clausura a Escola de Verán 2022

0

A Escola de Verán 2022 de Baiona chega o seu fin con gran éxito de participación. Un total de 97 nenos participaron nesta iniciativa da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona a través do Centro Municipal de Información á Muller, que cumple unha dobre función: promover a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral. A actividade é cofinanciada pola Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2022 (Liña 2).

Os nenos e nenas participantes puideron gozar coas numerosas e variadas actividades organizadas, que incluíron desde xogos ata talleres e manualidades. A programación da escola deseñou un programa de actividades de lecer e tempo libre previamente programado para que os máis pequenos e pequenas disfruten do verán e coñezan diferentes lugares da localidade na que residen. Programouse unha saída semanal, na que puideron coñecer de primeira man o renovado museo flotante da Carabela Pinta, a Casa da Navegación… Neste calendario de saídas colaboraron diferentes entidades locais, como o Viveiro de Sabarís que ofreceu un interesante percorrido polas súas instalacións.

A Escola de Verán do Concello de Baiona, foi organizada pola Concellería de Igualdade, e ten como obxectivo xeral “dotar ás familias do municipio dun recurso para a conciliación da vida laboral, persoal e familiar, establecendo un servizo sociocomunitario que mellora a calidade de vida do territorio, promovendo tamén a optimización dos recursos mediante a utilización dos centros educativos municipais fóra do horario lectivo”, sinala a concelleira, Yasmina Moreira Costas.

O programa desenvolveuse ao longo do mes de xullo, de luns a venres de 8:00 a 15:00h. no CPI Covaterreña e no CEP de Sabarís. Houbo flexibilidade no horario de entrada (de 8:00 a 9:15 h) e no horario de saída (de 13:45 a 15:00 h) para facilitar a conciliación das familias.

Galicia

Onte, 25 de xullo, celebrouse na nosa comunidade o día da patria galega, polo que esta publicación vai adicala a ela. Este día festéxase oficialmente dende 1979, ainda que a orixe desta celebración remóntase a 1919.

Galicia, unha terra fermosa. Os que somos de aquí levamos a morriña no sangue, botámola tanto de menos cando estamos lonxe que, cando volvemos, sentimos que os pulmóns énchense doutro aire máis especial.

E que me dicides da comida? O que se estraña un bo plato de pementos de padrón, tortilla de patacas, pulpo á feira ou raxo. Non hai cartos que o paguen! En Galicia somos de bo dente, para que negalo. Os que veñen de visita abofé que saen contentos cando se deleitan coa nosa gastronomía.

Pode que chova e sempre necesitemos levar unha chaqueta por se refresca, pero iso non nos impide gozar e facer vida. Que un paseo pola praia en inverno tamén é fermoso, limpa a alma e devólveche esa calma que precisabas.

Se non chovese, non teriamos esas fragas verdes e fermosas que esconden paraxes máxicas nas que podemos atopar castros, petróglifos, pozas,…, anacos de historia que nos ensinan o que ocorreu noutros tempos nesta terra de meigas.

Que pensades das nosas praias? Se non fose porque a temperatura das augas non é a mesma,non teriamos nada que envexar as praias do Caribe e, se analizamos a parte positiva, a auga fresca é boísima para a circulación sanguínea.

Todavía non tes claro o que é Galicia? Toma nota, amigo: Illas Cíes, Fragas do Eume, O Courel, Termas de Ourense, A Ribeira Sacra, Illas de Ons, Carnota, Santiago de Compostela, A Praia das Catedrais, Finisterre, Combarro, Monte de Santa Tegra, Sendeiro de Pedras Negras, Costa da Morte, Illa de Arousa, Pazo de Lourizán, Dunas de Corrubedo, Allariz, Mondoñedo, Baiona, … e moitos máis lugares fermosos que están agochados ó longo da nosa comunidade e que a fan tan especial.

Feliz día de Galicia

Comezan os cursos de aproveitamento das novas tecnoloxías dirixidos ás persoas maiores

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asistiu na mañá de hoxe, no Multiúsos da Xunqueira, ao inicio dos cursos de uso das novas tecnoloxías, unha iniciativa conxunta das concellerías de Novas Tecnoloxías e Persoas Maiores, xestionadas por Olga García Ballesteros e Iria Vilaboa, respectivamente, e que conta coa colaboración da ONG Amigos de Galicia.

A actividade agradeceu ás persoas participantes “o interese con que foi acollida esta iniciativa” e as animou a “aproveitar toda a potencialidade que ofrecen as novas tecnoloxías nun mundo cada día máis dixitalizado e no que os trámites online adquiren unha extraordinaria importancia”.

Rivas lembrou a aposta do seu Goberno “polas persoas maiores e por todas as iniciativas que contribúan a mellorar a súa calidade de vida” e reafirmou o seu compromiso “decidido” cun sector de poboación “que fixo de Redondela o que é hoxe en día e que aínda ten moito que aportar á sociedade”.

Os obradoiros, cun total de 12 horas lectivas distribuídos en tres clases de catro horas, permiten ás e aos participantes adquirir coñecementos sobre o funcionamento das máquinas de quendas dos centros oficiais (Concello, centro de saúde, etc…), utilización dos caixeiros automáticos das entidades bancarias, sacar o máximo aproveitamento das funcionalidades do seu teléfono móbil e, en especial, á aplicación do Sergas que permite desenvolver todos os trámites sanitarios precisos, dende solicitar unha cita médica, a coñecer a medicación activa de cada paciente.

Trátase, polo tanto, de ofrecerlle unha axuda práctica sobre dispositivos vinculados ás novas tecnoloxías que son de uso cotiá e saber como facer uso do caixeiro automático, de uso case que obrigado, ou como coller quenda nas máquinas que existen en case que todos os organismos públicos.

Aínda que as clases xa comezaron, segue aberta a inscrición no Multiúsos da Xunqueira de Redondela e no Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela e se farán grupos coas persoas anotadas para seguir realizando cursos que adquiren, nestes tempos, unha importancia máis que salientable.

Covelo pecha as súas festas con alta participación e tres días de convivencia e confraternidade

0

O goberno de Covelo quere agradecer o traballo de todas as persoas que fixeron posible unha nova edición das festas patronais e do churrasco e traslada, tamén, o seu agradecemento a todas e todos os que decidiron celebrar estes tres días de festa en Covelo.

Un ano máis, as festas patronais e do churrasco contaron cunha alta participación tanto nas actividades programadas como na propia festa gastronómica na que se venderon todos os tickets. “Ano tras ano, temos a oportunidade de gozar de tres intensos días de convivencia e confraternidade nas que compartimos diferentes actividades programadas para satisfacer a todas as franxas de idades. Queremos agradecer o traballo de todas as persoas que estiveron detrás facendo posible que todo saira ben, agradecer tamén aos musicos as súas actuacións e, como non, a todo o público asistente. Destacar, novamente, a especial implicacion de Nito e de todo o equipo de preparación, empratado e reparto do churrasco”, explica o alcalde Pablo Castillo.

Grande éxito do Club Natación Ponteareas no campionato de España júnior-absoluto

Sabadell acolleu o campionato de España júnior-absoluto de natación do 20 ao 24 de xullo. A piscina Can Llong foi testemuña de 5 xornadas trepidantes de competición con numerosos logros, récords e medallas. Moitas caras coñecidas , referentes na natación europea e olímpica estaban convocados a esta competición. O formato open permitía a presenza de nadadores e nadadoras extranxeiros, o que engadía nivel a unha cita deportiva agardada por moitos deportistas.

O CNPonteareas acudía a este evento cun equipo formado por Inés Borge, Naiara Eijo, Carla Faro, Sofía Carballo e Iria Lemos e polo nadador Pablo Cabana, que a próxima tempada adestrará na Wingate University de Estados Unidos.

Sofía Carballo, na categoría Júnior acadou as medallas de ouro nos 200 braza e de prata nos 400 estilos e 100 braza. Nesta última proba fixou, ademais, récord galego absoluto, converténdose na nadadora galega máis rápida nesa distancia e estilo, récord que posuía até o de agora a nadadora olímpica Bea Gómez.

Pola súa banda, Iria Lemos acadou a prata nos 100 libre e o bronce nos 100 bolboreta na categoría junior.

Ademáis destas medallas, e equipo acadou varias mellores marcas persoais (M.M.P.) e o asinou tamén o récord do club nas remudas femininas de 4×100 estilos.

O edil de Deporte, Miguel Bouzó, quere enviarlles os parabéns a todos os nadadores e nadadoras participantes no campionato en nome do Concello e asegura que “todos estes éxitos están fundamentados no traballo e esforzo diario nos adestramentos”.

Tamén dende a direccion técnica do club móstranse moi orgullosos da capacidade de superación dos nadadores e nadadoras do club do condado e aplauden os resultados neste último evento.

A Deputación aproba novos recursos do Plan Concellos para Oia e Salvaterra de Miño

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra revalida o compromiso da institución provincial coa autonomía local ao aprobar 404.010 euros da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos para outros tres municipios. Son Salvaterra de Miño, Cuntis e Oia os concellos aos que chegarán os fondos provinciais, que serán empregados para realizar actuacións de mellora en edificacións e viarios municipais.

Para  Salvaterra foron aprobados 165.400 euros que servirán para realizar melloras e reparacións en casas culturais de Fiolledo, Corzáns, Meder, Leirado, Soutolubre, Lourido e Alxén así como no xulgado deste concello. Nestas edificacións realizaranse traballos de mellora de fachadas ou cubertas, reparacións de fendas ou a mellora de varandas.

Pola súa banda, Oia empregará  78.760 euros para realizar actuacións na oficina de turismo e para actualizar os seus acabados e instalacións, dotar á oficina dun baño adaptado na planta baixa, e instalar paneis informativos baseados nas novas tecnoloxías. Ademais, reconfigurarnase as distribucións da planta baixa e alta co fin de poder ser empregadas de maneira máis versátil.

Por último, ao Concello de Cuntis chegarán 159.850 euros que servirán para mellorar seis viarios municipais que dan acceso aos núcleos rurais de Magán, A Torre, Sobrada, Piñeiros, Soutelo e Guimarei.

Gondomar acolle o festival de danza ABANEA do xoves ao domingo

0

Paco Ferreira destacou que “o Concello de Gondomar ten unha aposta decidida pola cultura en xeral e particularmente pola danza, co apoio constante as 4 escolas de danza existentes no noso municipio, e coa programación dun festival de tanto prestixio a nivel nacional e internacional como é ABANEA”.

IS·MO Cultura dá a coñecer o novo proxecto e a súa programación que se desenvolverá en Gondomar (Pontevedra) os días 28, 29 e 30 de xullo e Allariz (Ourense) o 31 de xullo: Preséntase Abanea o novo festival de danza e movemento de Galicia.

Abanea é un festival asociado á rede estatal Acielobierto, rede de festivais de danza en espazos non convencionais e patrocinado pola Xunta de Galicia – Xacobeo 21_22 e Concello de Gondomar. Colaboran nesta edición A Casa Vella e o Concello de Allariz.

A programación ten dúas liñas diferenciadas: formación e exhibición atravesadas pola intención de conectarse co sector profesional e coa cidadanía.

-O programa de formación dispón tres obradoiros impartidos por Ángel Durán, Raquel Ferradás e Clara Ferrao e Javier Mosquera de la Vega.

-O programa de exhibición fórmase coa presentación dos espectáculos de Lasala (País Vasco), Fran Sieira (Galicia), Ángel Durán (Catalunya), La Macana (Galicia), La Galga (Madrid), Eyas Dance Project (Madrid), Marta Alonso Tejada + Dj Afro Brix (Galicia), Carla Segovia e Guillermo Aguilar (México), Colectivo Glovo (Galicia), Colectivo La Incendiaria (Catalunya – Galicia).

-Ademáis da exhibición de espectáculos farase a proxección de pezas de video danza de creadoras de Galicia e Buzón de Baile – Radio3 – RTVE. Abanea quere afondar no formato de video danza, protagonista do obradoiro impartido por Clara Ferrao e Javier Mosquera de la Vega.

-Por outra banda iníciase un apoio bianual a unha compañía emerxente, nesta ocasión Colectivo La Incendiaria. Este apoio iníciase cunha presentación a profesionais da danza de Galicia na Casa Vella do seu proceso de creación e será estrenado na edición 2023 do festival, mentres se lle da un soporte de xestión continuado ao longo de todo o proceso de creación.

A programación ao detalle:

28 de xullo 2022 – Gondomar

·LASALA · País Vasco · Acieloabierto

Alive

Hora: 21.00h

Lugar: Praza da Paradela – Gondomar

Coreografía: Judith Argomaniz

Intérpretes: Garazi Etxaburu, Paula Montoya

Duración: 17 minutos

ALIVE fala de traspasar os límites, de romper co establecido, da liberdade de elección dunha muller ainda co peso do herdado e o aprendido, de vivir a vida que cada unha escolla, a que desexe, sexa cal sexa.

·FRAN SIEIRA COMPAÑÍA DE DANZA · Galicia · Acieloabierto

DeMente

Hora: 21.30h

Lugar: Praza da Paradela – Gondomar

Coreografía: Fran Sieira, Carla Diego

Intérpretes: Francisco Sieira González, Adela Otero Vázquez, Artur Pastoriza Puga, Martín Mondragón Rivadulla, Patricia Sánchez Seoane, André Adrio Rodríguez, Daniel Rodríguez Fernández

Duración: 27 minutos

Unha peza de danza contemporánea onde utilizamos como principal mecanismo de expresión a danza tradicional galega.    
En «DeMente» falaremos dunha realidade, un estigma, unhas patoloxías que segundo a OMS sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas. Poremos en escena a evolución dos tratamentos en persoas que padecen trastornos mentais, desde os amontonamentos practicamente carcerarios ata a externalización dos nosos días.    
A necesaria integración na sociedade e a normalización como outro tipo de doenza, a loita contra o estigma, estas e moitas outras cuestións serán tratadas en escena. 

·PROXECCIÓN DE VIDEO DANZAS · Galicia 

Hora: 23.00h

Lugar: Parque Ponte de Rosas – Gondomar

Duración: 30 minutos

Unha escolma de videodanzas realizadas por profesionais do movemento de Galicia en colaboración coas súas videocreadoras e Buzón de Baile de Radio3 RTVE.

29 de xullo 2022 – Gondomar

·ÁNGEL DURÁN PERFORMING ARTS · Catalunya · Acieloabierto

The beauty of it

Hora:  21.00h

Lugar: Rúa Portugal (frente á Casa da Cultura) – Gondomar

Coreografía e intérprete: Ángel Durán

Duración: 20 minutos

The Beauty of It básase nas teorías de Carl Jung sobre a dualidade entre a mente consciente e o inconsciente. Esta dicotomía nunha soa persoa non nos permite diferenciar entre a realidade real e o que é o soño. Nesta proposta escénica exponse a fraxilidade do home, así como unha reflexión sobre a autenticidade das accións ou personaxes creados por el mesmo. ¿Cal é a verdadeira máscara? É real todo o que experimentamos? ¿Que diferencia hai entre actuar e comportarse tal como és?

The Beauty of It utiliza as grabacións da entrevista ao dr. Carl Jung no 1957 como narrador externo para mergullarnos nun estado reflexivo onde o intérprete é obxecto de estudo, pero tamén é un espello de nós mesmos. Barridos polas diferentes calidades de movemento e expresións mergullámonos no inconsciente humano.

·LA MACANA · Galicia

Pink Unicorns

Hora: 21.30h

Lugar: Praza da Paradela – Gondomar

Dirección artística: Caterina Varela, Samir Akika & Alexis Fernández

Intérpretes: Alexis Fernández & Paulo Fernández

Deseño de espazo: Tilo Schreieck

Deseño de iluminación: Afonso Castro

Dirección de produción: Caterina Varela

Unha produción de La Macana, en coprodución con AGADIC, Theater im Pumpenhaus e Theater Bremen

Duración: 70 minutos

La Macana sube ao escenario a Alexis Fernández e o seu fillo adolescente nunha peza que trata da relación non sempre sinxela entre xeracións. O impulso de pai e fillo de compartir o escenario sostén un espello ante a audiencia: pais, nais, fillos, fillas. Pink Unicorns é un teatro-danza salvaxe no que dous corpos se encontran.
O primeiro, Alexis Fernández, un galego de orixe cubano que na súa ampla experiencia como bailarín nunca tivo que enfrentarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis próximo. Por  outro lado, Paulo Fernández, un espléndido, atlético e creativo rapaz de quince anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva millennial co seu querido pai.

30 de xullo 2022 – Gondomar

·LA GALGA · Madrid

Ludo

Hora: 21.00h

Lugar: Praza da Paradela – Gondomar

Creación: Pau Cólera, Raquel Ferradás, Lydia Martínez e Juan Carlos Toledo.

Intérpretes: Raquel Ferradás e Lydia Martínez

Música orixinal: Da Rocha

Duración: 16 minutos

Dúas mulleres que se atopan, ¿Coñécense? Incítanse, arrástranse, atrápanse, xúntanse e se separan, ámanse, necesítanse, utilízanse, entréganse ao desexo da outra, báilanse.  Son un bucle entre si, un pulso, un xogo continuo que  vai desde a inocencia ata o límite dos seus corpos. 

·EYAS DANCE PROJECT  · Madrid · Acieloabierto

Júpiter + Jaguar

Hora: 21.15h

Lugar: Praza da Paradela – Gondomar

Coreografía: Carlos González & Seth Buckley

Intérpretes: Paula Montoya Lozano & Seth Buckley

Duración: 16 minutos

Júpiter + Jaguar é unha sinerxia de ferocidade, sensualidade e xogo.
Unha viaxe de liberdade e expansión.

·MARTA ALONSO TEJADA · Galicia

Dancin’ Queen + DJ AFRO BRIX

Hora: 23.00h

Lugar: Praza da Paradela – Gondomar

Interpretación: Marta Alonso Tejada e Afro Brix    
Dirección: Pablo Reboleiro Rama e Marta Alonso Tejada

Apoio Coreografía e movemento: David Loira e Paula Quintas

Creación: Pablo Reboleiro, Marta Alonso Tejada, María Mariño, Brix

Espazo Sonoro e música: Afro Brix e Manute

Duración: 20 minutos + 45 minutos DJ

DANCIN´QUEEN é unha pasaxe por hits que me dan ganas de bailar. É a ilusión de estar nunha discoteca en clave de danza e humor.

Son ganas de bailar e de contaxiar danza. É unha oportunidade para deixar aflorar a Dancin´Queen que levamos dentro, esa que aparece cando soa a música e nos vimos arriba e que nos pilla tanto en zapatillas de andar por casa ou levando purpurina.

É despertar. É xogar. É gozar. 

O espectáculo finaliza cunha sesión de DJ Afro Brix.

Sobre IS·MO Cultura

IS·MO Cultura é unha asociación sen ánimo de lucro que realiza proxectos vinculados á danza  en Galicia en todas as súas vertentes.

MISIÓN: Achegar a danza e artes do movemento á cidadanía e xenerar sinerxias entre xs profesionais da danza.

VISIÓN: Ser referencia autonómica e nacional na xestión de proxectos de danza.

OBXECTIVOS

·Ofrecer á cidadanía un espazo para o encontro, a recreación, a formación e o disfrute da cultura, a través de producións de danza.

·Contribuir á consolidación e valorización da diversidade cultural a través do coñecemento e comprensión das raíces, a historia e a creación da danza,

·Fomentar proxectos de innovación, internacionalización, formación, creación e orientación na área da danza con especial interese nas creadoras de Galicia.

·Xerar instancias educativas para xs estudantes de danza: prácticas abertas e didáctica da danza contemporánea nas escolas.

·Fomentar o diálogo entre artistas e público.

·Atender adecuadamente a todxs xs participantes dos proxectos coa fin de chegar á excelencia profesional dunha entidade cultural.

·Promover a convivencia cidadá  e respecto.

SOMOS IS·MO CULTURA

Dirección: Marta Alonso Tejada, Manu Lago, Lilian Portela e Paula Quintas

​Curaduría artística: Marta Alonso Tejada e Paula Quintas 

Coordinación e produción: Lilian Portela   

Xestión: Manu Lago  

Liberada unha muller que foi retida 6 días nun piso do Porriño

Axentes da Policía Local do Porriño e do posto principal da Garda Civil do Porriño liberaron onte a muller que levaba retida contra a súa vontade seis días nunha céntrica vivenda do Porriño e detiveron ao presunto responsable dos feitos, M.F.R de 26 anos de idade e veciño da vila, por senllos delitos de Detención ilegal e Agresión sexual e lesións.

Os feitos aconteceron onte, luns 25 de xullo, ás 6:34 h, cando a Policía Local recibe aviso a través do 112 de que unha muller enviara dúas notas manuscritas en papel por unha fiestra alertando de que se atopaba retida en contra da súa vontade nunha vivenda e pedindo axuda. Unha veciña atopou unha das notas, na que facilitaba datos do presunto autor e a dirección de onde se atopaba, e o puxo en coñecemento do 112 .

De inmediato desprazáronse ao lugar seis axentes da Policía Local e unha patrulla da Garda Civil e, tras realizar as primeiras pescudas, comprobaron que a dirección e os datos facilitados pola vítima,  coincidían cos dun varón que se atopaba en busca e captura por diversos xulgados da provincia e sobre o que pesaba tamén unha orde de ingreso en prisión. Este home, protagonizou supostamente un episodio similar nun concello limítrofe, sen  poder ser detido.

Cabe destacar que a familia da vítima denunciou a súa desaparición tras levar días sen ter coñecemento do seu paradoiro.  

Ante tales feitos, os axentes optan por tocar o timbre sen obter resposta pero muller xa tiña feito constar que se o suposto agresor se percataba da presencia da Policía a mataría, e ante a posible comisión dun delito flagrante, optaron por tirar a porta pola forza utilizando un ariete.

Ao acceder á vivenda, os axentes atopáronse co home durmindo na cama e a vítima aterrorizada e en estado de nerviosismo. De inmediato e sen darlle tempo a reaccionar procederon á súa detención.

A moza, que presentaba diversos hematomas no corpo -según manifestou ela- producidos polo agresor co fin de manter relacións sexuais,  relatou aos axentes que levaba dende o día 19 de xullo encerrada na vivenda, sen que se lle deixara comunicarse con ninguén do exterior.

A vítima foi trasladada pola ambulancia do 061,acompañada en todo momento por unha axente da Policía Local do Porriño, ao Hospital Álvaro Cunqueiro, onde se iniciou o protocolo de agresións sexuais, sendo recoñecida pola médico forense. Posteriormente, formulou a correspondente denuncia por todo o acontecido.

O home foi detido e posto a disposición xudicial como presunto autor dos delitos anteriormente mencionados cuxas penas oscilan entre os 15 e 20 anos de prisión.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Seguridade, Abel Estévez, felicitaron aos axentes que interviñeron por “actuar coa determinación necesaria e sen demoras cando diso dependía evitar un dano grave e irreparable á muller, rexíndose polos principios de oportunidade, congruencia, e proporcionalidade no uso dos medios ao seu alcance para lograr a pronta liberación da moza”.

SmartPeme ofrece esta semana tres obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta tres novas accións formativas mixtas impartidas de xeito online e presencial, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As accións tratarán temas como mellorar a túa web en WordPress, promocionarse en Booking e coñecer novas ferramentas de Google.

Mañá mércores 27 de xullo, María Aller licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, impartirá o taller “Plugins de WordPress para mellorar a túa web” no que ensinará como ter unha web moito máis robusta engadíndolle funcionalidades que a perfeccionen. Impartirase de xeito telemático a través de Zoom.

O xoves 28, ás 11.00h vía Zoom, terá lugar a acción “Promociona o teu alugueiro vacacional en Booking”. Este obradoiro está orientado a persoas emprendedoras, autónomas e empresas do sector turístico e nel falarase de como crear e optimizar anuncios de aloxamentos e cales son as condicións e vantaxes desta plataforma dixital. A encargada de conducilo será Sonia Torres, posgraduada en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas.

Finalmente, o venres 29 celebrarase o derradeiro dos obradoiros deste mes. Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, versará sobre “Ferramentas de Google para axudar ao teu negocio”. Neste taller descubrirán unha ampla variedade de ferramentas e funcionalidades de Google que poderán axudar aos negocios a ser máis eficientes e conseguir os seus obxectivos.

Éxito de participación na oitava edición do festival Danzando entre Culturas

Ponteareas acolleu unha nova edición do Festival Internacional Algazara ‘Danzando entre Culturas’, organizado pola Agrupación Folclórica Algazara en colaboración co Concello.

Tras dúas edicións sen presenza internacional, por mor da crise sanitaria, este ano o festival contou coa participación de grupos de Porto Rico, Indonesia, Angola, Brasil e o público respondeu: centos de persoas acudiron ao parque da Feira Vella para desfrutar dunha noite máxica. 

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, quixo felicitar a Algazara “polo seu esforzo e dedicación e por sacar adiante un ano máis un proxecto único que pretende achegar a Ponteareas a música doutros lugares do mundo ao mesmo tempo que se lle da pulo á nosa música tradicional.”

A Agrupación Folclórica Algazara é un grupo xa histórico en Ponteareas. Nado en 1997 cando un grupo de amigos decidiu unirse para recuperar e difundir o folclore tradicional da comarca do Condado e de Galicia, nos seus 25 anos de historia a agrupación participou en numerosos festivais por toda a península ibérica. Ademais do festival ‘Danzando entre Culturas’, tamén organiza o Festival Algazara, que cada outono achega á vila a grupos de folclore nacional.

O BNG do Porriño solicita rematar a compra de parcelas no Louro

O grupo municipal do BNG do Concello do Porriño vén de rexistrar unha moción solicitando ao goberno municipal comprar as parcelas pendentes de adquirir polo Concello no entorno do Río Louro. A concellaría de Urbanismo e Patrimonio dirixida entón polo Bloque, iniciou no 2021 un expediente para a adquisición de terreos que comprendían un ámbito de 20,285 m2 e afectaban a 17 fincas particulares. Esta compra foi financiada con cargo ao Patrimonio Municipal do Solo, procedente da venda dunha parcela de uso industrial propiedade do concello no PPI-7 de Budiño.

Na actualidade quedan pendentes por adquirir 6 parcelas que suman 4.872 m2. Desde o BNG reclamamos ao goberno local finalizar o expediente e completar a totalidade do terreo proxectado para uso público, de ser necesario mesmo iniciando o correspondente expediente de expropiación. “Temos que apostar por abrir o río para as persoas. No Bloque pensamos que a contorna do Louro ten que ser a gran zona verde e de lecer do centro urbano do Porriño. O goberno local ten que rematar o expediente iniciado e adquirir no futuro máis terreos na zona como primeiro paso necesario para transformar este entorno” afirmou o portavoz do BNG e anterior concelleiro de Urbanismo, Pedro Pereira.

Clausurado o Obradoiro de Emprego de Tui tras o excelente labor realizado na recuperación do patrimonio

0

A Aula da UNED en Tui acolleu este pasado venres o acto de clausura do Obradoiro de Emprego ‘Revaloriza Tui’. Unha actividade formativa que se viña desenvolvendo dende outubro de 2021 e na que participaron vinte alumnos e alumnas que hoxe recibiron o seu certificado final de profesionalidade. Dez deles o fixeron na modalidade de cantería especializada en Colocación de Pedra Natural e Montaxe e outros tantos na de carpintería en Instalación de Construcións de Madeira.

Este curso era unha aposta do Concello de Tui para mellorar o currículo das persoas participantes e facilitar a súa inserción laboral, feito que se cumpriu con gran éxito grazas a un bo número de alumnos que xa comezou, ou o fará nos próximos días, o seu futuro laboral nestes ámbitos. En concreto tres están xa incorporados a un posto de traballo relacionado coa formación recibida e dous máis o farán a próxima semana.

No acto estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Formación e Emprego, Ana María Núñez, e a xefa territorial de Emprego da Xunta de Galicia, Marta Mariño, amais de Raquel Fernández, directora do obradoiro, e o profesorado. Primeiro proxectouse un vídeo resumo da formación no que se mostraron as actividades de rehabilitación realizadas polo alumnado ao longo destes meses en espazos e bens patrimoniais de todo o Concello de Tui e as súas parroquias: a fonte de Albelos en Guillarei e os lavadoiros de Laxes en Randufe, o de Souto en Guillarei e o de Fontenla en Areas. O resultado en todos eles constata os coñecementos adquiridos ao longo destes meses polo alumnado de cada especialidade

A concelleira de Formación e Emprego do Concello de Tui, Ana María Núñez, tomou primeiro a palabra para valorar positivamente o desenvolvemento do curso, agradecendo o traballo do profesorado e destacando a boa disposición do alumnado materializado no bo número de participantes que xa obtiveron ou obterán de xeito inmediato a súa inserción laboral nuns ámbitos moi demandados.

Pola súa parte a xefa territorial de Emprego da Xunta de Galicia, Marta Mariño, trasladou os parabéns polo éxito da formación e das prácticas nos bens patrimoniais rehabilitados e os ánimos ao alumnado para que continúen traballando e apostando nestes ámbitos para o seu futuro laboral.

Pechou o acto o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, para destacar o gran resultado final dos traballos de rehabilitación nun patrimonio que a cidade precisaba recuperar e poñer en valor. Trasladou tamén o agradecemento a todos os implicados na boa realización deste obradoiro, comezando polo profesorado, o equipo do Concello de Tui encargado de proxectar este curso e a Xunta de Galicia polo apoio á cidade. Finalizou Enrique Cabaleiro facendo fincapé na predisposición do goberno local para seguir apoiando proxectos formativos en diversos ámbitos que permitan impulsar o futuro laboral dos veciños e veciñas de Tui.

‘Memoria viva’, as historias do Rosal que non se atopan nos libros

0

Atesourar e conservar as lembranzas que contan a historia do Rosal pero que non aparecen nos libros, pero que as persoas maiores gardan con moito agarimo. Ese é o obxectivo do proxecto Memoria Viva, que onte presentou nun emotivo acto no auditorio municipal a súa segunda edición con dous novos protagonistas: Carmen Piedra, con toda unha vida vinculada á música, e Isaac Penela, crego no Rosal dende hai máis de 50 anos.

Con este proxecto plurianual o Concello puxo en marcha un sistema de salvagarda das lembranzas das persoas de maior idade do Rosal co que cada ano se recollen en vídeos documentais e libros as testemuñas e vivencias doutros tempos dos veciños e veciñas, a súa visión de momentos históricos ou a forma de vivir doutros tempos. “É preciso escoitar, ver e gardar todas as historias que as nosas e nosos maiores gardan na súa memoria para non perder unha parte tan importante da nosa historia. Por iso recolleremos pouco a pouco ese patrimonio inmaterial que temos dun xeito diferente: coas e cos protagonistas contándoo en primeira persoa”, como sinalou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. A rexedora agradeceu aos dous protagonistas desta edición a súa paciencia “por esas horas e horas de traballo dedicadas a transmitirnos as súas historias, así como ás familias, persoas achegadas e veciños e veciñas que colaboraron para seguir salvagardando a nosa memoria”.

Unha memoria que nesta edición recupérase, por un lado, a través da visión de Carmen Piedra, que cumprirá en novembro 89 anos, “e vivirei outros 89 máis”. Unha muller vinculada á música dende o berce, xa que o seu pai, Pablo Piedra, foi impulsor e director dende 1925 da banda de música de Tabagón, xermolo da música no Rosal. Divertida narradora de historias propias e con moito respecto das e dos que xa non están, como resaltou a alcaldesa no acto de presentación, “ten unha memoria prodixiosa, unha intelixencia e unha valentía únicas. Musicalmente no Rosal somos quen somos grazas á súa familia. Carmen herdou esas dotes musicais e foi unha gran violinista, aínda que a realidade doutra época afastouna do seu instrumento, xa que a muller estaba relegada a outras tarefas”. “Déixanos para a historia o seu legado e amosa a súa valentía ensinando neste traballo o que ocorría noutros tempos na Ribeira do Rosal”, destaca.

Por outro lado, recóllese a historia de Isaac Penela (90 anos), o crego inquedo, “a definición dun bo e xeneroso, da humildade personificada”. Como sinalou a rexedora durante a presentación, “foi moito máis que un cura, foi unha persoa implicada socialmente para a que sempre estivo por riba de todo o benestar da veciñanza”. Promotor e dinamizador do cooperativismo agrario na vila, loitador durante o conflito da auga entre 1974 e 1977 que case deixa sen este ben tan importante para a vida e o futuro da vila, “crego atípico, bondadoso e moi traballador, sorprende que aos seus 90 anos é quen de empregar as novas tecnoloxías como o que máis. Comprometido coa xustiza, faime especial ilusión compartir con el a súa paixón pola lectura, a economía e viaxar. É un claro exemplo dese patrimonio inmaterial vivo que temos a necesidade de recuperar pouco a pouco para que as xeracións futuras poidan coñecer a nosa historia”.

Despois de visualizar os dous novos vídeos documentais do proxecto, a alcaldesa fixo entrega de dous ramos de flores a Carmen e Isaac. O evento, guiado polo rosaleiro Javier Lago, contou coa presenza de familiares e amigos dos protagonistas, así como de numerosos veciños e veciñas que quixeron arroupar aos dous novos protagonistas de ‘Memoria Viva’.

O Concello levará as proxeccións destes vídeos documentais aos barrios dos protagonistas. Deste xeito, os veciños e veciñas poderán desfrutar co de Carmen Piedra o vindeiro mércores 17 de agosto na Praza do Maio de Tabagón ás 21.00 horas e co de Isaac Penela o martes 23 de agosto a partir das 20.30 horas na Igrexa de Santa Mariña do Rosal.

Nigrán implantará dende o outono unha liña de autobús municipal que conectará as parroquias con núcleos urbanos

0

O Concello de Nigrán dará resposta definitiva este outono á gran demanda histórica da veciñanza do interior: por vez primeira no municipio, unha liña municipal de autobús comunicará todas as parroquias cos núcleos urbanos de Nigrán, A Ramallosa, Panxón e Porto do Molle. Este fito resulta posible tras manter o goberno local diferentes reunións coa Dirección Xeral de Mobilidade e acadar finalmente que sexa incluído como ‘Servizo de Interese Municipal’ (SIMU) dentro do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, figura que estreará Nigrán en toda a provincia e practicamente en Galicia. Isto suporá que se faga cargo a actual concesionaria Lugove logo de asinar un convenio mediante o cal o Concello achegará un tope máximo de 80.000 € anuais á Xunta (será ratificado no pleno ordinario deste mércores 27 de Xullo e podería rebaixarse o cánon en función do número de usuarios). Esta fórmula permitirá, a súa vez, que os viaxeiros se beneficien da Tarxeta de Transporte Metropolitano, é dicir, serán gratis os transbordos e todo para menores de 21 anos ou haberá as mesmas bonificacións a estudantes, xubilados ou desempregados (sen estes descontos sería 1,35 €).

“É unha noticia histórica para Nigrán porque ao fin quedará conectado todo o rural cos núcleos urbanos. Trátase dun servizo municipal de carácter social que transformará a vida de moitas persoas das parroquias do interior, especialmente os maiores, que a día de hoxe dependen 100% do transporte privado ou taxi para calquera asunto”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que finalmente foi descartada a idea orixinal de adquirir o Concello un autobús eléctrico e contratar os condutores “por custes e complexidade de tramitación”. “Está fórmula resulta moito máis barata para as arcas municipais e é máis áxil”, insiste González, quen subliña que o beneficio desta liña rural “se mide en termos sociais e medioambientais, non económicos”.

“O novo contrato para a concesión do transporte metropolitano non solventou en Nigrán a demanda histórica do rural pese a que así o reclamamos, por iso desde o goberno local traballamos a destallo para acadar este servizo”, incide Diego García, edil de Mobilidade responsable da xestión e quen subiña a inminencia do servizo. “O convenio o ratificaremos o mércores no Pleno e a partir de aí é só agardar a que Lugove reciba o vehículo novo”, que será unha Mercedes Sprinter carrozada etiqueta ‘Eco’ de 22 prazas máis unha adaptada.

Tal e como demandou directamente o Concello, constará dunha liña Chandebrito-Panxón e viceversa que permitirá ao cidadáns de calquera parroquia do interior achegarse en media hora máximo aos centros de saúde ou conectarse co autobús cara a Vigo-Baiona, con especial atención ao horario de enlace coa liña ao Hospital Álvaro Cunqueiro, Povisa e Universidade (todas estas posibilidades a día de hoxe non existen, dependen de transporte privado ou taxi).

“O percorrido e os horarios están pensados para chegar á primeira hora aos dous centros de saúde do municipio (Xunqueira e Panxón), e ao mesmo tempo abrimos a posibilidade aos veciños das parroquias de Camos e Chandebrito de ir en autobús á Universidade de Vigo/Hospital A.Cunqueiro/Povisa, ademais de levar á xente ao centro de Nigrán e de Ramallosa, coa posibilidade de enlazar cos autobuses Vigo/Baiona, por iso transformará radicalmente para ben a vida da nosa veciñanza do rural, que poderá ao fin servirse do transporte público colectivo para facer recados, xestións ou ocio como pode ser ir á praia no verán”, explica Diego García. O edil destaca que o convenio coa Xunta é flexible, puidendo “modificarse, ampliarse e adaptarse ás necesidades concretas que se detecten”.

O Concello plantexa 3 saídas diarias da liña Chandebrito/Panxón ás 7:45, 14:00 e 16:15 horas coas seguintes paradas: Chandebrito-San Roque de Camos-Touza-Con-Igrexa de Parada-Porto do Molle-Carrasca-Padres Franciscanos- Centro de Saúde Val Miñor-A Ramallosa-Mallón-Ureca-Nigrán Centro-Avenida Castelao-Ambulatorio de Panxón. A súa vez, a liña de regreso Panxón/Chandebrito plantéxase con saídas ás 10:30 horas, 15:15 e 20:40 horas facendo o mesmo percorrido pero á inversa. “Deseñouse de xeito que, por exemplo, unha persoa chegue a tempo ao centro de saúde a facer unha analítica ou consulta médica e poida regresar a continuación para casa”, explica García.

“Creo que non me equivoco se digo que esta é unha nova histórica para a veciñanza de Nigrán porque ao fin podemos desde o Concello ofrecer unha solución ao problema secular de mobilidade no rural apostando polo transporte público colectivo, o que redundará nun beneficio non só social, se non tamén medioambiental”, sintetiza o alcalde.

Formoso empraza á Xunta a dar o paso de solicitar a declaración de zona catastrófica para os incendios do Courel e Valdeorras

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, emprazou á Xunta a non perder máis tempo e a dirixirse ao goberno do Estado para solicitar formalmente a declaración de zona catastrófica para as zonas do Courel e Valdeorras afectadas polos incendios forestais. Esta medida permitiría mobilizar toda a axuda posible para as persoas que perderon os seus fogares ou que viron danadas as súas explotacións agropecuarias e todo tipo de establecementos empresariais.

O número un dos socialistas galegos, que este sábado asistiu en Madrid ao Comité Federal do PSOE, valorou ao inicio da xuntanza que “faise imprescindible que o goberno galego pida oficialmente esta declaración de zona catastrófica”, algo que de momento non aconteceu. Do mesmo avanzou que vai pedir esta declaración directamente ao presidente Pedro Sánchez, aproveitando a reunión orgánica na rúa Ferraz.

A consideración administrativa de zona catastrófica comportaría algunhas vantaxes e compensacións para as persoas damnificadas polos lumes forestais. Entre as posibilidades que ofrece a declaración do Consello de Ministros están as medidas compensatorias a nivel económico para os particulares afectados, accións para incentivar a recuperación empresarial e económica dos territorios ou axudas para a activación no plano laboral.

Estas accións que serían pagadas con fondos estatais permitirían compensar no plano económico a veciños, agricultores e pequenos empresarios “para recuperar parte dos bens perdidos” aínda que Formoso insiste en que “a parte emocional non se recupera con cartos”.

O líder do PSdeG confía en que o goberno do Estado acepte a petición xa que o propio Pedro Sánchez puido coñecer en primeira persoa “o efecto devastador do lume no noso país” no transcurso dunha visita que Formoso agradeceu “en nome de todos os galegos e as galegas”.

A petición de declaración de zona catastrófica para as zonas devastadas polos incendios foi solicitada por unanimidade pola corporación municipal do Barco de Valdeorras, en sesión celebrada o pasado mércores, e tamén foi avalada polo PSdeG dende o Parlamento de Galicia.

Xoán Carlos González, candidato do BNG ás municipais do 2023 en Redondela

0

A organización nacionalista celebrou a súa Asemblea Local na tarde do pasado mércores, coa finalidade de elixir á persoa que ocuparía o primeiro lugar na candidatura ás eleccións municipais do vindeiro ano.

A proposta de que o actual voceiro municipal Xoán Carlos González Campo ocupe o primeiro lugar da lista nacionalista, contou co apoio unánime da asemblea. Nas diversas intervencións, destacouse a capacidade de traballo do edil nacionalista, a súa implicación na política municipal, xunto ao seu compromiso coas problemáticas dos e das redondelás.

A continuación celebrouse un acto no que se convidou a simpatizantes e persoas achegadas ao BNG para que foran as primeiras en saber quen encabezaría a candidatura nacionalista.

Na súa intervención ante a Asemblea Local o xa candidato, expresou o seu agradecemento á confianza “e responsabilidade” nel depositada polos compañeiros e compañeiras. Puxo en valor o traballo da súa compañeira de grupo a concelleira Jéssica García, que en pouco tempo “converteuse en referente do nacionalismo e do feminismo en Redondela”.

Referiuse aos discursos triunfalistas do Partido Popular xogándoo todo á carta dunha persoa que deixou tirada a Redondela no 2019, renunciando daquela á responsabilidade como líder da oposición, en clara alusión a Javier Bas. “Outros nos mantivemos onde nos correspondía, negociando e realizando propostas construtivas que beneficiaran aos nosos veciños e veciñas”.

Para o candidato nacionalista, os gobernos formados por dúas forzas políticas amosan a pluralidade da sociedade na que vivimos. Considera totalmente vixente este modelo, que debe marcarse unhas prioridades de acción, poñendo ao acento no equilibrio de forzas. “Aspiramos a equipararnos ao Partido Socialista, para poder conformar un goberno en igualdade de condicións, actuando coordinadamente polo interese común”.

Amosou Xoán Carlos González, a súa confianza en que o BNG vai participar do goberno municipal en Redondela a partires de maio do 2023. Situou a súa principal aspiración “en aglutinar arredor da nosa candidatura o apoio daquelas persoas que acreditan en que actuamos en política co obxectivo de defender os intereses colectivos das redondelás e dos redondeláns”.

O Concello de Covelo acometerá a segunda fase da obra ‘Ensanche e mellora do acceso no lugar de Pazos, Barcela’

0

O Concello continua no seu afán de optimizar a súa rede municipal de estradas, mellorando así, a seguridade viaria, tanto para vehículos como para peóns. Para conseguir este obxectivo está reparando as estradas e pistas asfaltadas, ampliando os viais e mellorando os trazados actuais.

Estas actuacións de ensanche e mellora do Acceso ao Lugar de Pazos – Barcela, teñen por obxecto a definición a nivel de proxecto construtivo das directrices de desenrolo urbanístico, definido e valorando a nivel construtivo as obras incluídas en dita actuación e son a continuidade das obras realizadas no ano 2021 no mesmo lugar.

As obras incluídas neste proxecto consisten no ensanche e a mellora do acceso dun camiño municipal, no lugar de Pazos, na parroquia de Barcela, como continuación á primeira fase, xa executada. O camiño é de titularidade municipal, pero as súas condicións actuais presentan certas dificultadas para os vehículos e peóns, así como para o acceso de ambulancias, camións de bombeiros ou coches de emerxencia.

Para a mellora da seguridade viaria do tramo, exponse executar un ensanche integral da plataforma da zona de actuación, conseguindo un ancho libre.Para conseguir este obxectivo será necesario demoler os muros de contención existentes, en moitos casos, os muros actuais están deformados e teñen perigo dun posible derrubamento.

Executaranse as escavacións en desmonte necesarias, para posteriormente, unha vez construídos os muros, realizar o recheo do trasdós, mantendo as leiras na súa cota actual sendo o prazo de execución das obras de dous meses.

Coas obras que se expoñen neste proxecto preténdese optimizar o servizo que ofrece o camiño e mellorar a seguridade viaria do mesmo, xa que, na actualidade, é un vial moi estreito e perigoso.

A arte mural decorará os as paredes dos edificios do antigo apeadeiro de Chapela ao remate da Vía Verde

0

O antigo apeadeiro de Chapela, punto final da recen estreada Vía Verde, sendeiro que vén de converterse nun dos lugares de ocio e esparexemento de Chapela por excelencia, cambiará a súa fisonomía ao ver transformadas os muros dos dous edificios existentes en mostras de arte mural.

A alcaldesa Digna Rivas subliñou a necesidade de que a Vía Verde “manteña unha continuidade estética” algo, afirma, “ao que contribuirá o traballo que realizará a artista Pilar Alonso cunha proposta que busca simbolizar a unión de dúas zonas, separadas durante décadas por unha vía ferroviaria que agora convértese en nexo de unión e zona común de convivencia”.

Tal e como explica a alcaldesa de Redondela, un dos muros unirá as artes plásticas e a poesía con poemas en galego “un lugar idóneo para, a través dos selfies, enviar as nosas lembranzas na nosa lingua ás persoas que non poden estar con nós e, dende esa perspectiva, o mural permite levar a Chapela e a Vía Verde a todos os recunchos do mundo”.

O mural recolle tamén, nas súas outras paredes, o espírito de Chapela simbolizado por un elemento, os remos das traíñas, inseparable da propia identidade dunha parroquia que mira ao mar. “Son dous edificios que falan da historia de Redondela e que agora, a través da arte mural, constitúen un atractivo máis que engadir aos moitos con que conta esta parroquia”.

Se Pilar Alonso é a encargada de adobiar a construción máis grande, as rapazas e rapaces do grupo de participación xuvenil Axentes do Cambio serán os que teñan ao seu cargo a decoración da menor das edificacións. Digna Rivas expresou a súa ledicia polo feito “de que foron os propios rapaces e rapazas, nas reunións que manteñen no Consello da Infancia e a Adolescencia de Redondela, os que propuxeron a idea”.

A diversidade baixo o lema xenérico de Amor é amor será o tema central do traballo destes mozos e mozas nunha mostra evidente “do interese da mocidade pola igualdade e a diversidade e o seu rexeitamento contundente a calquera tipo de manifestación discriminatoria” explica a alcaldesa.

As e os compoñentes de Axentes do Cambio comezaban esta mesma semana o seu traballo baixo a dirección de Paula Amoedo, artista plástica redondelá que fixo a súa estrea na denominada arte urbana coa pintura dun ovni nunha das fachadas da Gran Vía de Madrid logo de ser elixida a súa obra no concurso de deseño lanzado pola empresa Tiger.

“Contar para este proxecto que pon en valor o patrimonio de Chapela con dúas mulleres da talla de Pilar Alonso e de Paula Amoedo –afirma Digna Rivas– non só deixa clara a firme aposta do Goberno local pola arte e a cultura, en todas as súas facetas, senón pola igualdade e a muller presentes en todas as actuacións que levamos a cabo”.

Un tour por Marruecos

He estado un poco desaparecida, pero aquí estoy de nuevo 🙂 En mayo viajé junto con cuatro amigas a Marruecos, hicimos una escapada durante el puente de las Letras Galegas. Fue breve, pero intensa. Nos dió tiempo a aprovechar muy bien esos cinco días y a conocer un trocito de ese país tan especial.

Nuestro vuelo salió de Oporto muy temprano, concretamente a las 6:45 de la mañana. Agradecimos que en el hotel nos recibiesen con un té marroquí para recuperar energías. Una vez asentadas, nos animamos a pasear por la ciudad.

Ese día hicimos un Free Tour para conocer Marrakesh (si lo volviésemos a hacer elegiríamos uno más corto, tres horas y media fueron demasiadas) y terminamos cenando en el restaurante “Amornakoch”; tiene una terraza preciosa con vistas a una de las plazas principales al lado del Zoco.

[su_image_carousel source=”media: 59989,59987,59986,59973,59972,59971″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Esa noche nos acostamos temprano, puesto que nos tocaba al día siguiente coger el autobus con destino al desierto. A las 8 de la mañana salimos de Marrakesh rumbo al Sahara, atravesando las montañas del Alto Atlas, donde hicimos numerosas paradas para contemplar las maravillosas vistas panorámicas. Visitamos Kasbah de Ait Ben Haddou, fortaleza bereber considerada como la más bella del país y Patrimonio de la Humanidad por la UNESCO. Allí se grabaron numerosas películas como Juego de Tronos, Prince of Persia, Jesús de Nazaret o Gladiator. Esa noche dormirmos en un hotel con mucho encanto en el Valle del Dades.

Al día siguiente comenzamos la jornada visitando las Gargantas del Todra, uno de los cañones rocosos más importantes de Marruecos. Hicimos diferentes paradas y, en una de ellas, nos vestimos con trajes típicos bereber, nos hicieron tatuajes de henna y bailamos al son de música marroquí. A media tarde llegamos al desierto, nos dimos un baño refrescante en la piscina del Pearl Hotel y nos preparamos para ir a visitar el desierto. Hicimos un recorrido mágico montadas en dromedarios, probamos el sand boarding y nos dejamos llevar por la magia del desierto ¡Impresionante! Al volver al campamento nos recibieron con un delicioso té, disfrutamos de una cena marroquí y bailamos al ritmo de los tambores bereber. ¡Increíble el cielo del Sahara por la noche!

[su_image_carousel source=”media: 59983,59988,59985,59982,59984,59981,59976,59978,59980,59979,59975,59974,59977″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A la mañana siguiente madrugamos para ver el amanecer desde el desierto, un espectáculo mágico y relajante que nunca olvidaremos. Ese lunes hicimos los kilómetros de vuelta de los dos días anteriores, fue una jornada larga en autobús que, sin duda, mereció la pena después de lo vivido los días anteriores.

Martes por la mañana, nuestro último día en Marrakech durante el cual aprovechamos para hacer las últimas compras en el zoco y visitar la zona nueva de la ciudad. Nos encantaron los jardines Majorelle, aunque quedan alejados del casco antiguo de la ciudad merece la pena visitarlos. Esa noche tocó preparar las mochilas de vuelta (todo un reto cuando viajas en Ryanair y decides comprar souvenirs) para al día siguiente coger muy temprano el avión de vuelta a Oporto. Así poníamos fin a un viaje muy especial con nuestra primera visita a África.

Recordad que en mi perfil de IG tenéis los vídeos resumen de cada día 🙂

¡Un abrazo y feliz domingo!

Roberto Mera, “arriscarse polos demais, con consciencia do perigo, ten un mérito insuperable”

Escribir unha opera prima está moi lonxe de ser doado e moito máis, se esa obra busca condensar, en 260 páxinas, a intensa vida dun persoeiro público exemplo claro de solidariedade e de calidade humana que tivo un papel determinante na evacuación das persoas exiliadas dende Francia, recen rematada a Guerra Civil, e que sen a intervención de Alejandro Viana estaban condenadas a un tráxico final.

Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos, engancha. Non é, certamente, un termo literariamente correcto pero define unha verdade incuestionable: que o libro, engancha. Dicía o escritor e xornalista ponteareán Manrique Fernández na súa sección O Meu Andel, neste mesmo xornal, que “… o traballo de Roberto Mera está escrito nun estilo directo, case xornalístico e ateigado de referencias documentais, ás veces excesivamente esquemático (entendemos que polo esforzo de reducir a enorme cantidade de información acumulada sobre Viana en todo este tempo), mais é capaz de manter certa frescura na lectura converténdoo case nun relato novelesco de intriga política”.

Para todos aqueles que coñezan ao autor, Roberto Mera, non sorprende que como sen querer se metera de cheo nun traballo de investigación de que lle levou case que 20 anos. O traballo realizado reflicte a propia personalidade do autor a quen como político, avogado ou agora escritor novel, canto máis difícil é o reto, maior é a súa motivación.

Logo, sen pretendelo, veñen os recoñecementos porque Alejandro Viana, un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos era galardoado, neste mesmo ano, co Premio Antón Losada no apartado de Investigación e Ensaio.

Cando estaba dándolle forma ao libro, cantas veces se detivo a pensar “é a miña familia”
Moitas, a verdade é que te sentes identificado con el, coa súa forma de ser, con ese “máis vale gastarse que enmohecer” que Viana citaba como a súa máxima na vida cotián. Constantemente atopas xeitos exemplares de actuar, de afrontar as situacións difíciles nas que, posiblemente, ti actuarías igual e, a medida que vas mergullándote na súa vida, tamén tes un certo temor a encontrar algo que non te guste…

O atopou?
[Rise] Case. Recordo unha vez que pensei “vaime decepcionar”. Estaba entrevistando a un sobriño del na Coruña; me di que xusto antes do golpe de estado foi a Madrid co seu irmán a pasar unhas semanas na cidade con Alejandro Viana e, na entrevista, me di “un día levounos a ver unha corrida de touros”… e eu “co ben que ía todo, agora resulta que era aficionado aos touros, ben, algo tiña que ter que non me gustara”; pero, deseguido o sobriño dime “si, levounos a unha corrida de touros a min e ao meu irmán e, nun momento determinado díxonos: tróuxenvos aquí para que miredes e para que vexades a barbaridade e a salvaxada que é isto e todo o que hai que cambiar neste país”.E foi como unha especie de alivio. En verdade era consecuente con todo o que facía.

Explicaba vostede que Alejandro Viana dicía “más vale gastarse que enmohecer”… Canto diso ten Roberto Mera?
Salvando as distancias e sen ánimo ningún de compararme, evidentemente, síntome identificado con isto e con moitísimas cousas, incluso en vivencias (rise) el estivo retido en Marrocos en 1941 e eu tamén cando quería ir aos territorios ocupados do Sáhara Occidental. El, ao igual ca min, foi tenente alcalde e, entre outras cousas, tamén puxo en marcha nos anos 20 do século pasado medidas daquela novidosas para o tráfico en Vigo. O máis admirable de Alejandro Viana reside en que era perfectamente consciente que, para axudar a máis de 17.000 persoas a escapar da purga posterior á Guerra Civil, estaba poñendo en risco a súa seguridade e a súa propia vida, e decidíu facelo por axudar aos demais.

Dende que comeza a investigar sobre a vida de Alejandro Viana ata que o libro sae do prelo, de canto tempo estamos a falar?
Pois case que vinte anos pero cando comecei nin se me pasaba pola cabeza escribir un libro. O traballo de investigación comezou no ano 2000 e rematou no 2012. A partir do 2015-2016 foi cando comecei a darlle voltas á idea de escribir o libro, pero ata o 2020 non comecei a escribilo.

O traballo previo de investigación foi enorme. Teño, literalmente, miles de documentos, material dixitalizado, miles de referencias de bases de datos que as teño organizadas por temas, subtemas e etapas; por exemplo, cando foi concelleiro no Concello de Vigo do 23 ao 26, ou da época da República do 31 ao 36. Todo iso téñoo organizado en bases da datos nas que hai centos e centos de referencias. Vounas agrupando por temáticas, dándolle forma e poñendo a pe de páxina de onde sae cada apunte e referencias cruzadas que pode haber.

Rematar iso foi un traballo inxente que levou varios anos, e a partir de aí, chegas á conclusión que hai que publicalo pero tamén miras claramente que, se queres publicado, hai que sintetizalo e darlle outro ritmo.

Ou sexa, tiña claro o que había que facer…
[Sorrí] Ter claro o tiña claro pero me foi difícil arrincar porque, aínda sabendo o que había que facer, non me miraba capaz de resumir nin moito menos de darlle unha boa forma estilística á hora de escribir. Miraba todo o material que tiña e pensaba, e como resumo todo isto? Cando conseguín poñerme e arrancar? no confinamento da pandemia.

De algo tiña que servir
Pois si, de algo tiña que servir o confinamento. Levaba dous anos de traballo previo e chegou o momento propicio de dicir, “imos intentalo”. Nese contexto “favorable”, de case non poder saír da casa –agás para atender o día a día do Concello– e ter moitas horas dispoñibles, conseguín centrarme de forma sistemática e fun collendo a mecánica e encaixando as pezas.

Roberto Mera na presentación de «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos» en Poio, unha das moitas presentacións que se fixeron por toda Galicia debido ao enorme interese espertado polo libro

Pese a todo non foi un proceso rápido, non?
En absoluto porque fixen mil versións. En cada revisión a cambiaba cousas unha e outra vez. Logo decidín cambiar a miña visión e poñerme no lugar do lector e como el miraría o libro. Dende a óptica do escritor, ti sabes o transfondo das historias, os pequenos detalles, os datos que hai detrás, pero o lector os descoñece por completo. Así, á hora de resumir, hai que facelo sen eliminar aqueles datos que sexan esenciais para coñecer ao personaxe.

Fun capaz de poñerme nese lugar, no do lector, e logo contei con persoas do meu entorno para que fixeran unha lectura obxectiva e que atoparan aquelas cousas que a min me podían pasar desapercibidas. A editorial Belagua tamén me axudou en moitas cousas e foi así como establecemos a estrutura.

Pero, pouco máis de 250 páxinas non son poucas para reflectir ese período da vida de Alejandro Viana?
Si. Indubidablemente, pero é aí cando queda claro que todo o tempo que levou resumir toda a documentación serviu para algo. Unha persoa, cando ten o libro nas mans, pode lelo enteiro nuns poucos días. Logo, se non queres saber máis da historia, o deixas aí e estas perfectamente informado sobre quen era, como era e que fixo Alejandro Viana nese período da súa vida. Logo, se queres afondar máis, podes acudir á rede porque hai máis datos, máis información e podes mirar toda a etapa anterior que non está recollida no libro.

O libro ten, polo tanto, un complemento que é a páxina web www.alejandroviana.gal na que progresivamente se poderá ir accedendo a todo o material que utilicei, documentos, fotografías e ao propio traballo de investigación completo. Polo tanto, queda ben compensado.

Falaba vostede antes do proceso de resumo do libro para chegar a este resultado final, é complicado saber que deixar fora e que incluír?
Complicadísimo. Era unha pena deixar cousas fora porque había un enorme potencial en todos os documentos. De feito, toda a investigación daba case que un formato académico ou unha tese doutoral pero iso, trasladado a un libro como o que publiquei, sería unha obra de arredor das 1500 páxinas. Entón, por unha banda, decidín que íamos centralo so nesta etapa, de 1939 a 1941, porque é a etapa máis épica e a que pode ter un interese máis global e, ao mesmo tempo, había que facer un esforzo de síntese, había que reducilo a un libro de algo máis de 250 páxinas, con letra grande e fácil de ler.

Resumir é dificilísimo porque empezas a recortar e non sabes ben que é o que hai que quitar. Estás nese traballo e pensas “pois isto non o podo quitar porque é interesante que a xente o saiba… e isto outro tamén”. Pero hai que recortar e logo redactalo de xeito ameno e eu, a dicir verdade, vía complicado conseguilo polas miñas limitacións narrativas.

Pero ao final atopou a fórmula
Pois si. A fórmula foi utilizar ao máximo todos os textos que atopei, cartas de Alejandro Viana, cousas escritas en primeira persoa, correspondencia que mantiña con outros persoeiros, memorias do exilio de moita xente nas que facían referencia a Viana, documentos oficiais de organismos franquistas ou do goberno no exilio… todo co fin de conseguir que fora Alejandro Viana e o resto de personaxes os que falasen o máximo posible. Así conseguín un formato que parece unha novela, porque metes tantos textos persoais –palabras de Viana, o que lle contesta outra persoa, o que lle contestan a través das cartas…– que cando estas a lelo é como se estiveses a ler un diálogo ameno e fluído, que non é tal , pero está montado como se o fora sen necesidade de manipular nada, todo é literal e textual pero organizado de forma que teña un sentido e moito dinamismo.

O caso é que a editorial quedou moi contenta co traballo final, gustoulles moito como estaba redactado, o fío da historia… A historia en si mesma era potentísima pero cando vin que a editorial se ilusionara co proxecto, aí tiven máis claro que o resultado era bo.

Que o lector teña a sensación de estar lendo unha novela…
Case, porque a sensación é precisamente esa, estar lendo o diálogo dunha novela. Amais, Viana e a xente do seu tempo tiñan un xeito de escribir que non ten nada que ver co se fai hoxe en día, expresábanse cun estilo literario e moi coidado; resulta que miras as cartas e pensas “isto está perfecto, para que vou explicar eu o que dixo na carta se podemos poñer a carta tal cuál está?” porque é moito máis clarificadora que calquera cousa que poidamos engadir e, amais, está en primeira persoa co que da a sensación de que está falando el como o protagonista dunha novela.

Este material que tiña facilitoume moito que o libro poida ser dinámico, ameno e rápido de ler, puxen un esforzo en darlle unha estrutura que o faga entretido, a base de moito capítulo curto, de cinco ou seis páxinas, o que contribúe a darlle moita axilidade.

Logo, cando pasas de capítulo, pasas a outro tema co que o lector ten a sensación de ir avanzando na historia a moita velocidade. É un libro que se pode ler tranquilamente en 4 ou cinco días. Estou moi satisfeito co resultado porque as persoas que o leron dinme que lles enganchou rápido polo seu ritmo, cousa complicada de conseguir cando falamos de ensaios políticos ou biografías de persoeiros.

Como foi a acollida do libro en todas as presentacións que leva feitas case que por toda Galicia?
Magnífica, a verdade que magnífica. Máis alá de promover o libro, os actos sirven para que a xente coñeza a incríbel vida de Alejandro Viana. Nas máis de corenta presentacións feitas pasaron máis dun milleiro de persoas e me provoca moita emoción saber que tanta xente de todas partes do país descubriron ao meu tío-bisavó e o seu exemplo de humanidade e valentía O libro en si foi un reto persoal moi importante, hai unha historia potente, case que de argumento de novela, e había o risco de facer un libro que fora a típica biografía lenta, pesada e densa. Quixen evitar que o resultado fora un libro que ao final interesa a outros investigadores que poden atopar información útil e que logo simplemente o compran os amigos e coñecidos por compromiso e logo queda nun andel porque empezan a lelo e xa non continúan.

Pasóuselle pola cabeza unha segunda parte?
A ver. Teño clarísimo que hai que escribir a outra parte da vida de Alejandro Viana, a anterior a 1936, que non é tan épica coma esta pero que é moi interesante. Certo é que habería que escribir esa outra parte, que a mecánica ten que ser a mesma, o mesmo estilo, o mesmo formato ameno e áxil e que se pode, perfectamente escribir un segundo libro que, cronolóxicamente, iría antes de este… Pero, ao igual que teño claro iso, tamén teño claro a miña capacidade como escritor, entre comillas, cínguese á vida de Alejandro Viana.

É este libro un primeiro paso para unha carreira literaria?
Se cadra, no futuro ao mellor podería escribir, facendo investigación, cousas semellantes. Teño moito material do meu avó que era como o cronista de Ponteareas ao que se lle podía dar forma de libro bonito e interesante pero que interesaría en Ponteareas nada máis, porque é historia local.

Fora diso, non me vexo con aptitudes para escribir libros e menos libros de ficción. Non teño imaxinación para poñerme a escribir ese tipo de libros… ao igual que teño aptitudes para a música, non creo que teña aptitudes para escribir literatura de ficción e admiro á xente que ten esa capacidade de inventiva. Que este libro teña boa acollida e que digan, “home, pois está moi ben escrito”, vale, porque é sobre un contido concreto e unha temática específica. Mais aló diso, seguro que non.

Entrega do «Premio Antón Losada Diéguez» en Boborás (Ourense). De esquerda a dereita, Román Rodríguez, conselleiro de Cultura; Edurne Blaines, directora de Belagua Ediciones; Roberto Mera; Cristina Fernández, alcaldesa de Ponteareas e Pancho Alonso, concelleiro de Facenda do Concello de Ponteareas

En todo caso, e para rematar, sorprendeulle que unha opera prima como a súa gañe, de entrada, un galardón como o Premio Antón Losada?

Certamente si, porque competía con outros traballos de investigación de categoría e grande calidade. Para min non foi tanto un premio ao meu traballo, senón que o vivín máis ben coma un recoñecemento ao meu tío bisavó, á súa vida e ao seu exemplo de xenerosidade e entrega aos demais.

Dúas interesantes publicacións para os máis cativos da man de Antonio García Teijeiro e Paula Carballeira

Aproveitamos este tempo estival para facer dúas publicacións interesantes para os máis pequenos da casa, os últimos traballos de dous dos nosos grandes referentes na literatura infantil e xuvenil: o poeta e narrador Antonio García Teijeiro, e a dramaturga, actriz, contadora e narradora Paula Carballeira.


Antonio García Teijeiro, «Que demo de monicreque!»

Non podemos deixar pasar a ocasión de recomendar «Que demo de monicreque!», un deses traballos delicados e certeiros cos que Antonio García Teijeiro é quen de sorprendernos e que supón un achegamento moi particular ao mundo da creación. O autor xoga coa poesía, co mar como escenario, coa fantasía e coa maxia das palabras, para darlle forma a un conto que nace cando, a unha praia afastada onde un Poeta sen inspiración se ve incapaz de escribir, chega Martiño. Martiño é un monicreque mariñeiro e “pescador de palabras”, segundo el mesmo di, que arrastra unha maleta máxica coa que será quen de axudar ao Poeta cunha serie de xogos e de elementos fantásticos cos que espelir a súa ansia creativa.

Deste xeito tan peculiar, García Teijeiro fálanos do proceso creativo e de toda esa maxia que o rodea, dos mundos que se encerran dentro das palabras a agardar polo escritor, da forza e necesidade da comunicación e, sobre todo, de como nos momentos máis escuros e nos que nos sentimos completamente derrotados, sempre haberá lugar para unha pinga de esperanza á que aferrarnos con forza para saír adiante.

Convértese, deste xeito, nun canto á amizade, á colaboración e á solidariedade desinteresada. E faino –non debemos esquecer que estamos diante dun poeta de primeira magnitude–, cunha linguaxe cálida, precisa e delicada, que reforza aínda máis o valor da palabra do que falabamos máis arriba. Complementan un traballo tan fermoso as ilustracións de Xosé Cobas, un dos grandes referentes neste eido, que representan un contrapunto perfecto ao traballo de García Teijeiro: trazos suaves, colorido e unha desbordante imaxinación.

Antonio García Teijeiro

«Que demo de monicreque!»

Ilustracións de Xosé Cobas

Editorial Galaxia


Paula Carballeira, «Trece avisos. Contos para ler pola noite»

O que Paula Carballeira nos propón neste novo volume é un achegamento ao medo. Os “trece avisos” de que nos fala no título son outros tantos contos breves sobre pantasmas, ánimas en pena ou aparicións. Mais, como tamén anuncia no subtítulo, pódense “ler pola noite” sen que por iso teñan que nos provocar pesadelos. E cal é o segredo? Pois velaí a cuestión: o medo avisa cando chega. Faise anunciar. E de maneiras moi diferentes. Deste xeito, o libro podería considerarse como unha pequena guía para que o medo, cando veña, non nos pille desprevidos.

Os misteriosos golpes na porta ou nos vidros da fiestra, o olor a cera, o sopro de aire frío que sentimos nas costas, o ritmo acelerado do noso corazón, os pasos no faiado, o arrepío que percorre o noso lombo, esa sensación de que hai algo canda a nós pero que non vemos… Todas estas, e outras moitas manifestacións que preceden ao medo, son outros tantos avisos que nos poden axudar a enfrontarnos a el e a superalo.

Paula mergúllase na nosa tradición oral, que tan ben coñece, para darlle forma a este monllo de relatos, pero tamén, segundo confesa no propio libro, baséase na súa experiencia persoal de medorenta incorrixible e máis en narracións recollidas ao longo das súas moitas actividades en colexios e institutos. E para presentalos emprega unha linguaxe sinxela e directa, sen adobíos, moi semellante á lingua oral da que proceden as máis destas historias. Todo un reto para os lectores máis afoutados…

Paula Carballeira

Trece avisos. Contos para ler pola noite

Ilustracións de Iria Fafián

Xerais

Máis de 150 rapaces e rapazas de toda España visitan Oia coa Ruta Quetzal

0

Un total de 156 rapaces e rapazas de diferentes puntos de España visitaron esta semana o concello de Oia, que foi unha das paradas da edición da Ruta Quetzal deste ano. Baixo o título ‘Expedición Traslatio’, esta experiencia cultural percorre terras portuguesas e galegas con destino a Santiago de Compostela.

A iniciativa, dirixida por Íñigo de la Quadra-Salcedo (fillo do reporteiro, promotor cultural e deportista Miguel de la Quadra-Salcedo, fundador desta prestixiosa ruta), recalou en terras oienses o pasado mércores, procedente de A Guarda. Durante a súa estadía no municipio, os expedicionarios e expedicionarias percorreron parte do barrio do Arrabal e o Mosteiro de Oia, enclaves de gran valor patrimonial onde puideron descubrir os principais fitos da historia local.

O grupo, composto por 156 mozas e mozos e máis os seus monitores, baixo a dirección de Íñigo de la Quadra-Salcedo; foi recibido polo concelleiro de Medio Ambiente de Oia, José Manuel Rodríguez. En nome da alcaldesa, Cristina Correa, o edil deulles a benvida e desexoulles unha grata experiencia, confesándolle aos rapaces e rapazas o orgullo que supón para o municipio telos de visita. Xunto a el estivo o director do Mosteiro, Xoán Martínez, quen tamén brindou unha calorosa benvida a todos os participantes.

O grupo, que percorre diversas localidades galegas e portuguesas na súa “Expedición Traslatio” realizou unha visita ao Mosteiro e á Praza Centinela, pernoctando nas instalacións do CEIP Mestre Manuel García, cedidas polo Concello para albergalos durante a súa estancia.

Pola súa banda, a Ruta Quetzal, da man de Íñigo de la Quadra-Salcedo, fixo entrega ao Concello dunha placa conmemorativa da visita.

A exposición fotográfica ‘Camiño Branco. Camiño Antártico’ pode visitarse en Tui até finais de agosto

0

Dende hoxe pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, a exposición ‘Camiño Branco. Camiño Antártico’ composta por 62 fotografías que documentan os máis de 14 mil quilómetros da ruta xacobea máis longa até a data.

Na inauguración visitaron esta mostra o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, a responsable de comunicación de Correos en Galicia, Rebeca Fernández Hermo, xunto ao representante da Federación Española de Asociaciones de Amigos do Camiño de Santiago e coordinador desta nova ruta xacobea, José Luis Álvarez Ruíz de la Hermosa, xunto a membros da Corporación Municipal tudense.

Enrique Cabaleiro agradeceu a Correos e á Federación Española o interese por achegar ata Tui esta mostra fotográfica que, aberta ao público nos días inmediatos á celebración da festividade do apóstolo Santiago, testemuña a dimensión universal do Camiño de Santiago.

Coa mesma, Correos rende homenaxe aos científicos e militares españois que participaron na I Peregrinación Antártica a Santiago, con 14.075 quilómetros, na ruta xacobea máis longa até o momento. Este proxecto, impulsado pola Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (FEAACS) en colaboración co Instituto Geográfico Nacional (IGN), arrincou desde unha das dúas bases que España mantén na Antártida: a “Gabriel de Castela”.

Desde alí partiron os “pingüirinos” –o alcume que adoptaron os compoñentes da expedición–, subindo posteriormente cara ao norte por Terra de Lume e Buenos Aires en Arxentina e, tras cruzar o Atlántico e desembarcar no porto de Cartaxena, completar o traxecto a pé até Santiago de Compostela usando o Camiño Portugués.

Son, exactamente, 14.075 quilómetros os que separan a fría Antártida de Santiago de Compostela, unha iniciativa que fixo que o Camiño Antártico convertérase na Ruta Xacobea máis longa até a data do Camiño de Santiago.

Na honra ao primeiro grupo de 80 “pingüirinos” que percorreu esta Ruta Xacobea, en tres días, e que estaba formado por membros da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, integrantes do Instituto Geográfico Nacional, científicos, militares da Armada e do Exército de Terra, Correos organizou a exposición “Camiño branco. Camiño Antártico”.

Até o 31 de agosto o público poderá gozar, na Sala Municipal de exposición, desta mostra que recolle pequenos momentos dos “pingüirinos” ao longo de todo o seu traxecto. A mostra itinerante xa estivo en 34 localidades como Barcelona, Valencia, Pontevedra, León, Antequera, Almería, Soria, Zaragoza ou diversas cidades de Arxentina.

A Axenda Urbana de Tui presentou a diagnose que da paso á redacción do plan de acción

0

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quere agradecer a toda a cidadanía participante no acto de presentación da diagnose da Axenda Urbana de Tui a súa implicación e colaboración. O alcalde fai tamén extensivo o seu agradecemento a todas as persoas participantes nas mesas de traballo, nas entrevistas semiestruturadas e nas enquisas telefónicas realizadas no proceso de participación que permitiu presentar, agora, a análise DAFO de Tui.

“Estamos moi satisfeitos coa resposta das directivas dos diferentes colectivos e asociacións culturais, veciñais, de montes, deportivas, económicas ou sociais que amosaron a súa implicación no deseño do futuro de Tui aportando a súa percepción e trasladando ao equipo da Axenda Urbana as súas inquedanzas”, explica o alcalde, Enrique Cabaleiro.

Ao longo dos últimos meses a cidadanía traballou en equipo coa Axenda Urbana para analizar as principais eivas e fortalezas e salientar os aspectos máis positivos así como aportar iniciativas ou ideas que foron recollidas na diagnose.

O equipo da Axenda Urbana resumiu, a un amplo público, os principais motores de forza cos que conta a cidade e que a fan singular e distinta respecto ao resto das da provincia e avanzou as dez liñas estratéxicas baixo as que agruparán o plan de acción. As e os participantes puideron puntuar cada unha das liñas de traballo para avaliar a importancia de cada una delas e establecer unha orde de prioridades.

A diagnose recolle a situación actual da localidade a través de datos, permitindo a comparación con outras realidades locais e coñecer os efectos da implementación da Axenda. Senta, ademais, a folla de ruta a seguir nos vindeiros dez anos ao recompilar un listado de actuacións de mellora en torno aos obxectivos da AUE (Axenda Urbana Española).

As entrevistas aos actores chave (grupos da Corporación, técnicos municipais e profesionais que interactúan co Concello) conclúen como indispensable traballar no estímulo da cooperación a nivel da Eurocidade para facer valer a centralidade do nodo Tui-Valença no contexto do Miño; consensuar ubicación de novos espazos de estacionamento, promover o contacto co tecido social para crear sinerxías que se veñen revelando como eficientes e de utilidade; elaborar unha estratexia turística que teña en conta os cambios recentes: pandemia, incremento de peso do Camiño Portugués,… ; revisión consensuada das futuras necesidades de investimentos no conxunto municipal (ante a ameaza de recesión económica, escaseza de materiais, custes enerxéticos, …); debate e contactos co empresariado local para facer máis competitivos e atractivos o comercio, hostalería e restauración tudense.

Pola súa banda as parroquias coincidiron en salientar a necesidade de mellorar as conexións peonís e de seguridade vial entre os distintos núcleos; transporte público para conectarase co centro urbano, coas parroquias e cos concellos da área metropolitana, mellorar a conectividade a internet e telefonía móbil; actuar en estradas en mal estado; conexión ás redes de saneamento onde aínda non chega e investir na protección e mantemento das estruturas municipais, camiños tradicionais e elementos etnográficos, entre outras cuestións.

No centro urbano a mellora das bolsas de aparcadoiro existentes e consenso para a apertura de novos espazos de estacionamento así como a revitalización do Conxunto Histórico (locais e vivendas) foron as principais demandas xunto as necesidades de accesibilidade, de fomento do comercio local e de apertura dos locais sen actividade, o prezo da vivenda e as bolsas de alugueiro para a mocidade.

Ao anterior súmase a petición de melloras na rede de equipamentos/infraestruturas deportivas e culturais e a simplificación de trámites burocráticos coas administracións.

Equipo da Axenda Urbana e as persoas participantes concluíron que Tui conta con fortalezas como un crecemento poboacional por enriba da media en núcleos de poboación similares en Galicia; unha situación estratéxica no Eixo Atlántico e na fronteira con Portugal, conectado a través dunha densa rede de comunicacións, unha importante riqueza en patrimonio cultural, natural e paisaxístico (río Miño, Monte Aloia, Camiño de Santiago e Centro Histórico); a existencia de camiños tradicionais e sendeiros que conectan parroquias e centro urbano; un forte movemento asociativo; o potencial do eixo entre o Monte Aloia e o río Miño, ambos conectados por sendas verdes e azuis que atravesan todo o territorio; políticas públicas en materia de mitigación do Cambio Climático e de fomento de enerxías sostibles (Plan Forestal de Galicia cara a Neutralidade Carbónica 2021-2040) e a inclusión de Tui no Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía, entre outras moitas.

En base a estas fortalezas e necesidades o equipo da Axenda Urbana, da man do goberno municipal, redactará o Plan de Acción da Axenda Urbana que contemplará iniciativas de carácter normativo, de investimento e de difusión para procurar un futuro sostible. Deste xeito, agruparán os proxectos que integrarán a estratexia de crecemento arredor dos dez eixos da Axenda Urbana Española ordenando o territorio e facendo un uso racional do solo; evitando a dispersión urbana e revitalizando a cidade existente; previndo e reducindo os impactos do cambio climático; facendo unha xestión sostible dos recursos; favorecendo a economía circular; favorecendo tamén a proximidade e a mobilidade sostible; fomentando a cohesión social e buscando sempre a equidade e impulsar a economía local … pero ademais garantindo o acceso á vivenda, fomentando a innovación dixital e mellorando os instrumentos de intervención e boa gobernanza.

A Axenda Urbana de Tui está financiada cos fondos europeos Next Generation e conta cunha páxina web propia da estratexia https://axendaurbanatui.gal/

Polas súas fortalezas a Unión Europea e o goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, decidiron apostar por Tui converténdoo no único concello da provincia de menos de 20.000 habitantes con financiación para redactar a súa Axenda Urbana.

Tui camiñará cara un desenvolvemento sostible no que a procura dunha mellor calidade de vida para a veciñanza é o obxectivo prioritario e farao cun documento consensuado financiado cos fondos Next Generation e que planificará os vindeiros dez anos en liña con dez obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).

Dos 8131 concellos que hai en España tan só 121 foron seleccionados para a redacción dunha Axenda Urbana.

Os días 5 e 6 de agosto Redondela transfórmase nun escenario urbano para acoller o XXIII Festival de Artistas de Rúa

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada da concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, presentou na mañá de hoxe a vixésimo terceira edición do Festival de Artistas de Rúa, un evento “que segue a colocar a Redondela no eixo da cultura a nivel nacional” e que converterá ao casco urbano redondelán “nun escenario vivo e dinámico no que dar renda solta á imaxinación e á ledicia de mans de agrupacións e profesionais de recoñecido prestixio”, asegurou a rexedora local.

“Estamos ante un festival tan potente e tan consolidado, como ben demostra que esteamos hoxe a falar da vixésimo terceira edición, que nin a pandemia foi quen de suspender aínda que houbo que reducir, por motivos obvios, o número de espectáculos” afirma Digna Rivas. “Neste 2022 o Festival de Artistas de Rúa volve con máis forza, con máis espectáculos e con ganas de volver a ser un espectáculo de referencia nacional”, afirma a rexedora local redondelá.

Agradecía a alcaldesa o traballo realizado pola Concellería de Cultura que dirixie Iria Vilaboa “que permitiu artellar un programa potente, variado, para todos os públicos e que, a bo seguro, encherá de risas, ledicia, maxia e imaxinación as nosas rúas e prazas”. “Os espectáculos de rúa –engadiu Digna Rivas– son a expresión artística por natureza e nos, un ano máis, apostamos por eles”.

5 de agosto

A vixésimo terceira edición do Festival de Artistas de Rúa comezará o 5 de agosto ás 19:30 horas co pasarrúas Agamelón, Chulises e o Velocíclope, da Compañía Fantoches Baj, con saída dende a Praza de Ribadavia.

Ás 20:15 horas, na Praza da Constitución, Fran Bouza, un auténtico portento do circo clásico e dos malabares, ofrecerá o seu novo espectáculo que a bo seguro deixará asombrado ao público de todas as idades.

Ás 21:45, o Festival trasládase á Alameda Castelao onde a Compañía Maintomano ofercerá o seu espectáculo Ekilibuá, unha actuación para todos os públicos na que se mesturan a teatralidade e os elementos acrobáticos, lanzamento de coitelos, equilbrios e, sobre todo, moita complicidade co público.

Xa ás 22:30 horas a Pista da Xunqueira será o escenario elixido pola Compañía Javier Ariza para o seu espec táculo Carman, un circo de rúa urbaán para toda a familia cun showman e un Seat 600.

A xornada do 5 de agosto rematará ás 23:30 horas na Praza da Torre con Jarabe de Pau e o seu Tributo a Jarabe de Palo, un show musical no que se lembrará, con moito agarimo, as mellores cancións de Pau Donés.

6 de agosto

A segunda xornada do Festival de Artistas de Rúa abrirase ás 19:30 horas na Praza da Constitución con Troula Animación que ofrecerán O show de Fifo ‘Soño’, un espectáculo no que as nenas e nenos axudarán a Fifo a descobrir se vive nun soño ou se sempre ten soño e o farán a través de xogos, bailes, gags e risas.

Ás 20:30 horas na Alameda Castelao, a Caompañía Circo Chosco ofrecerá o seu Forzu2 con aéreos no que o humor e o absurdo son os fíos cos que se cose a trama dun espectáculo de dous atletas que se compenetran realizando trucos imposibles diante do público.

Xa ás 21:30 horas e na Praza de Ribadavia Compañía La Fam Teatre dará a coñecer o seu Aquiles, nome dun xigante articulado de 5,5 metros de altura que irrompe na vila.

Finalmente, o Festival baixará o telón desta vixésimo terceira edición ás 22:30 horas na Praza da Torre coa Compañía Bubble Factory e o seu Magic Bubble un espectáculo no que os números realizados con pompas de xabón mestúranse con gags cómicos pensados para todos os públicos na aposta máis persoal de David Veiga, un dos mellores artistas desta arte no mundo.

O Concello de Salceda e a Escola de Fútbol Denis Suárez levarán a cabo un proxecto de colaboración social

Nos pasados meses a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Salceda de Caselas e a Escola de Futbol Denis Suárez reuníronse para levar adiante un proxecto de axuda para as familias máis vulnerables do noso concello. Cómpre salientar que, na actualidade, o departamento de Servizos Sociais conta con 29 menores en situación ou risco de exclusión social.

A Escola xa participou con anterioridade en axudas ás familias de Salceda, no inicio da pandemia Denis Suárez fixo entrega dun donativo para a distribución de cheques para alimentación básica, prazas gratuítas para o Campus que a Escola realiza todos os veráns e no último Nadal facéndose cargo da compra de agasallos de Reis para os menores vulnerables.

A todas estas accións súmase agora o Programa de Apadriñamento de Accións Sociais.

Obxectivos

  • Participar no desenvolvemento integral dos menores de familias en situación ou risco de exclusión social.
  • Participar en diminuír a brecha educativa que existe entre os menores en idade escolar.
  • Investir en garantir unha alimentación sa e equilibrada de menores en situación de vulnerabilidade.
  • Cubrir as necesidades de libros e material escolar de menores en idade escolar non obrigatoria.
  • Apoiar aos menores en risco para que poidan ter un espazo seguro lúdico.

Accións

  • Comedor escolar.
  • Ludoteca.
  • Apoio escolar.
  • A escola en igualdade.
  • Campamentos diúrnos de verán.

Dende o concello queremos agradecer o compromiso da Escola Denis Suárez coa poboación máis vulnerable da nosa vila e a súa preocupación polo benestar dos menores en prol da igualdade de oportunidades.

O Concello de Oia mellora o acceso ao centro de Pedornes

0

O Concello de Oia vén de comezar os traballos no camiño público que comunica a estrada PO-552 co centro da parroquia de Pedornes. Trátase dunha intervencion moi demandada pola veciñanza, que permitirá mellorar o acceso e a seguridade nunha curva pechada que había nesta subida, situada nun tramo próximo ao Calvario.

O Concello financiou esta actuación ao abeiro do Plan Concellos 2022 (liña 1: investimentos) da Deputación de Pontevedra. O investimento total foi de 27.503,42 euros, que inclúen os traballos, a dirección de obra e a coordinación de seguridade e saúde.

A actuación consiste en anchear unha curva pechada que tiña problemas de visibilidade, de forma que se mellora a seguridade e a accesibilidade deste vial.

Para ampliar o camiño foi necesario demoler unha edificiación situada na antedita curva, previa cesión do inmoble por parte da familia propietaria. A continación, os traballos de mellora proseguirán coa urbanización da zona, construíndo beirarrúas.