Mércores, 17 Setembro de 2025

Concello de Salceda e Federación Galega de fútbol, da man para mellorar o Penedo Redondo

O Concello de Salceda vén de recibir o proxecto para a renovación do céspede do campo de fútbol do Penedo Redondo de mans da Federación Galega de Fútbol que sufraga a redacción do traballo na súa totalidade. A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, asinaron o convenio de colaboración o pasado 21 de febreiro no propio campo de fútbol do Penedo Redondo.

Este convenio vén de materializarse coa entrega do proxecto básico e de execución do cambio de céspede do Penedo Redondo, que orzamenta esta obra en 233.930,92€, para os cales dende o Concello se está a traballar xa na búsqueda de cofinanciación.

A vida útil media deste tipo de instalacións establécese en torno aos dez anos. No caso do Penedo Redondo pasaron xa catorce anos dende a súa posta en funcionamento, o que produce que o céspede se atope xa en bastante mal estado e urxa a súa reposición. Cabe destacar ademais o dinamismo social do Concello de Salceda de Caselas, o que fai que o campo se empregue tódolos días da semana por diferentes equipos, contribuíndo isto ao desgaste do mesmo.

Preocupa sobre todo tanto ao Concello como á Federación e aos diferentes clubes o risco de lesións que supón un céspede en mal estado, sendo este o motivo fundamental para a urxencia da actuación. Trátase, ante todo, de garantir a seguridade de tódalas persoas que empregan o campo, e de evitar riscos innecesarios.

Proponse a substitución da manta de céspede artificial existente por un novo céspede artificial sintético de última xeración. Previamente, examinarase o estado da capa soporte e se se atopa en bo estado conservarase. Comprobaranse tamén as pendentes e o encharcamento da subbase e repararanse en caso de ser necesario. Instalarase un céspede de altura de fío 50mm sen base elástica directamente colocado sobre a base existente, e procederase á marcaxe e sinalización de campos de fútbol 8 e fútbol 11, con idéntico material, seguindo criterios da Dirección Facultativa e regulamentación da RFEF. O proxecto contempla tamén a sustitución das porterías tanto de fútbol 8 como de fútbol 11. Para a obra estipúlase un prazo de execución de 3 meses.

Marcos Troncoso, Concelleiro de deportes: Unha vez finalizada a redacción do proxecto, toca procurar o financiamento desta obra tan necesaria para unha correcta práctica do fútbol. É importante para este paso a colaboración das diferentes administracións para facer realidade unha necesidade demandada por todo os clubes que fan uso das instalacións.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: Damos un paso importante na mellora das instalacións deportivas do noso Concello. Sabemos que son moitas as necesidades, mais pouco a pouco iremos dando cumprimento das mesmas. Apostamos pola práctica do deporte no noso Concello, que ten a maior oferta deportiva da comarca e que atende non só a nenos e nenas de Salceda senón tamén de outros Concellos.

O CB Nigrán ‘regala vida’ con Fran Gil no seu VIII Basquet sen Barreiras

0

O Club Baloncesto Nigrán presentou onte no CEIP Plurilingüe Humberto Juanes, unha nova edición do Torneo Solidario BASKET SEN BARREIRAS, que se realizará o luns día 25 e o martes día 26 no pavillón Municipal de Panxón e no que colaboran a Federación Galega de Baloncesto, A Federación de deporte adaptado, o Concello de Nigrán, así como o centro Juan María e o Club Baloncesto Iberconsa Amfiv de Vigo (baloncesto en cadeira de rodas) e a Fundación Social LA CAIXA.

Todos eles, xunto a David Gil e as directoras e directores de todos os centros educativos de Nigrán estiveron presentes ña rolda de prensa.

Trátase xa da VIII edición deste torneo, que ten un dobre sentido: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar fondos para colaborar, nesta ocasión,  coa FUNDACIÓN FRANGIL CONTRA A LEUCEMIA.

Fundación Frangil

A Asociación FRANGIL leva o nome do pai e o irmán do seu presidente David Gil, falecidos ambos por culpa da leucemia e  foi creada no año 2017 para amparar todas as accións realizadas en pro da donación de médula ósea e de sangue do cordón umbilical, para que as persoas con enfermidades hematolóxicas teñan unha nova oportunidades de sair adiante atropando un doante compatible non emparentado.

O inicio da súa actividade remóntase ao ano 2009, cando David Gil o recorreu en 10 días máis de 500 km, unindo os 7 hospitalizados de Galicia o de se formalizan os novos rexistro de doantes de médula ósea ña Comunidad Autónoma Galega.

Non ano 2010 nace a primeira Marcha Solidaria “700 Camisetas Contra a Leucemia”.

Dende entonces realizan multitude de proxectos para seguir transmitindo a súa mensaxe de regalar vida en vida.

Doazóns dos e das participantes

Cada xogador/a participante realizará un donativo a modo de inscrición que será depositado na urna que se atopará no pavillón durante os dous días de torneo. Todas as familias de xogadores/as, así como o resto de persoas asistentes poderán colaborar tamén con este fin solidario achegando o seu donativo na devandita urna.

Como novidade desta edición, esa urna solidaria percorrerá, durante a semana previa ao Torneo, todos os centros educativos de Nigrán para que todas aquelas familias e profesores que queiran achegar o seu donativo poidan facelo. 

O torneo desenvolverase os dous días en horario de mañá e tarde, habilitando 3 pistas no pavillón nas que xogarán os equipos dos diferentes clubs participantes, entre os que se atopan Porriño Baloncesto Base, Obradoiro CAB, C.D.Miralba, Apóstol Vigo, entre outros

Todos os encontros contarán con árbitros do Comité da Federación Galega de Baloncesto que, como xa vén sendo habitual en edicións anteriores, colaboran de forma desinteresada no torneo.

Durante os dous días de torneo realizaranse diferentes sorteos entre todos os asistentes. Todo o recadado será entregado á Asociación FRANGIL.

O comercio local colabora tamén con esta iniciativa facendo a súa aportación económica. Entre eles, Restaurante Capone, Cafetería Rosita, Bar Michigan , Área Sport, cafetería Malabar Beach Panxón, ou Bocatería Lalos.

Durante a rolda de prensa a Directora deportiva do CB Nigrán salientou a importância de que a liña deportiva do club vai sempre acompañada de actividades de carácter social co fin  de sensibilizar á sociedade da necesidade de traballar estes aspectos. 

 “Este evento resume a filosofía dese “ Nigrán para todos” que buscamos desde o Concello”, non é doloroso, Sinaloa o alcalde Juan González, quen animou a Cáceres donante de médula, “non é doloroso, é igual de simple que doar sangue, e a cambio sálganse vidas” 

A Deputación defende a importancia de “tender pontes entre todas as administracións para a igualdade” no foro ‘As mulleres que opinan son perigosas’

Reivindicar ás mulleres na comunicación e no xornalismo é o obxectivo do encontro “As mulleres que opinan son perigosas”, organizado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra e que inaugurou onte no Teatro Principal de Pontevedra a súa sétima edición. A deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos; a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, e as coordinadoras do foro, Diana López Varela e Susana Pedreira, foron as encargadas de abrir as xornadas, nunha conversa na que Bastos definiu o encontro como “un referente” e defendeu a importancia de “tender pontes entre todas as administracións para un obxectivo común: a igualdade”.

Entre hoxe e mañá danse cita na sétima edición deste foro catorce profesionais de diferentes perfís, tanto de Galicia como do resto de España, que converten o Teatro Principal no punto de encontro para visibilizar e reivindicar o espazo que as mulleres merecen no xornalismo e nos ámbitos de poder e de opinión. “É moi importante escoitarvos e que haxa máis referentes como todas as mulleres que van estar nestas xornadas”, asegurou Sandra Bastos.

[su_image_carousel source=”media: 82228,82225,82226″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Na inauguración, a responsable provincial de Igualdade reiterou o apoio da Deputación, “aquí estamos, estivemos e estaremos”, e a importancia de “aprender, escoitar e abrirse á igualdade máis ampla, máis cordial. E defendendo realmente ese termo en todos os ámbitos”. Desde que comezou “As mulleres que opinan son perigosas” en 2018 xa pasaron por este encontro 75 profesionais do xornalismo e da comunicación, converténdoo nunha marca de referencia no xornalismo de opinión de toda España.

14 poñentes en dúas xornadas

Despois da inauguración de “As mulleres que opinan son perigosas”, esta mañá foi a quenda de Carolina Sertal e Carmen G. Magdaleno, gañadoras do I Premio de Opinión #MulleresQueOpinan, e de Lula Gómez, guionista, podcaster e realizadora audiovisual. Pola tarde subirán ao escenario do Teatro Principal Nercedes Corbillón, de Diario de Pontevedra e La Voz de Galicia; Jazmín Abuín, xornalista, cómica e actriz, Diana Oliver, xornalista especializada en maternidade, infancia e saúde, e Lucía Méndez, de El Mundo.

A xornada de mañá comezará ás 12:00 horas con Ana G. Liste, de praza.gal e continuará con Patricia Fernández de Lis, redactora xefa en El País e directora de Materia, e Isabel Cadenas Cañón, xornalista, escritora e documentalista sonora. Xa pola tarde será a quenda de Claudia Morán, de Nós Diario; Noor Ammar Lamarty, activista xurídica e podcaster; Mariola Cubells, de La Ventana da Cadena SER e Huffington Post, e Olga Viza, xornalista e presentadora de televisión, que porá o broche de ouro a esta sétima edición falando de xornalismo deportivo.

Baiona organiza un ‘Baño de Bosque’ para conmemorar o Día Internacional da Felicidade

0

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Política Social, organiza un ‘Baño de Bosque’ o vindeiro mércores 20 de marzo. Xa que é o Día Internacional da Felicidade, a gratitude é o vehículo condutor cara á felicidade, polo que o Concello baiones realiza esta actividade de forma gratuíta contando coa colaboración de Gloria Pérez.

Do mesmo xeito, solicítase ás persoas participantes que acheguen unha doazón para a Asociación Protectora de Animais Bai.senpulgas dado que a protectora puxo en coñecemento do Concello a necesidade que teñen de alimentos para gatos.

O punto de encontro da actividade é na entrada do Parador de Baiona ás 11:00 h, onde se recollerá a doazón da protectora.

Hai xa algún tempo que o termo ‘baños de bosque’ coouse nas páxinas de benestar e tendencias, converténdose nunha práctica que numerosos estudos referenciaron. A teoría é tan sinxela como a práctica: dar paseos polo bosque mellora o estado de saúde de quen os percorre.

Os ‘baños de bosque’ ou Shinrin Yoku teñen a súa orixe, como tantas outras terapias, en Xapón. O seu significado literal é ‘absorber a atmosfera do bosque’, concepto acuñado nos anos oitenta cando técnicos da Axencia Forestal de Xapón marcáronse dous obxectivos: poñer en valor os bosques do país –que cobren o 67 % da súa superficie–, e promover o contacto coa natureza nunha poboación urbana que presentaba un elevadísimo nivel de estrés e ansiedade asociados ao traballo.

Xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei

O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo sábado 23 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.

Esta iniciativa pretende resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademáis de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade personal de axudar ao medioambiente.

Programaranse visitas en horario de mañá e tarde cos seguintes horarios

  • 10:00 h visita laboratorio e proceso depuración (maiores 12 anos)
  • 12:00 h visita laboratorio e video proceso depuración (menores 12 anos acompañados)
  • 16:00 h visita laboratorio e proceso depuración (maiores 12 anos)

Os interesados poden enviar a súa solicitude indicando Nome, DNI, Concello de residencia, idade de cada un dos participantes e hora de visita ao correo [email protected]

A Cañiza pon en marcha unha nova acción formativa dirixida ás familias

0

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, vén de anunciar a posta en marcha dunha acción formativa que correrá a cargo da Asociación e que está dirixida ás familias do municipio. A iniciativa desenvolverase o vindeiro 18 de marzo, ás 16.30 h no Centro de Primaria do CPI da Cañiza.  

Trátase dunha charla  dirixida ás familias sobre a necesidade de establecer normas e límites nos nenos e adolescentes para a prevención de condutas aditivas e é unha actividade enmarcada dentro do programa “MÁIS QUE UN TEITO” da Unidade de Prevención de drogodependencias e outras Condutas Aditivas no eido local, creada en xaneiro de 2023 e que prestan conxuntamente os Concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón, subvencionada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Esta nova iniciativa formativa vén a sumarse á charla impartida o pasado 4 de marzo no CPI, tamén para as familias, sobre o impacto das redes sociais e os videoxogos nos nenos e nenas.

O Servizo entrou en funcionamento para encarar un dos maiores problemas da sociedade no ámbito da saúde e no ámbito social: o consumo e abuso de drogas e outras adicións e está dirixido especialmente á poboación adolescente e ás súas familias e parte das actuacións estanse desenvolvendo nos centros educativos dos Concellos, principalmente entre o alumnado de primaria e secundaria.

As actividades do programa xiran entorno a campañas de sensibilización e información sobre os riscos asociados ao consumo de substancias e outras conductas adictivas

O Concello de Covelo impulsa a implementación da Axenda 2030 no eido local da man do Fondo Galego de Cooperación

0

O Concello de Covelo impulsa a implementación da Axenda 2030 no eido local a través dos obradoiros ‘Todos os ODS son locais’, que se impartirán en sete concellos máis de Galicia facilitados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a través do proxecto europeo ‘People & Planet’. Este venres día 15 o auditorio municipal de Covelo acollerá esta actividade que esta dirixida a persoal político e técnico dos municipios, deputacións e mancomunidades, pero tamén a asociacións de todo tipo e xente nova, desde colectivos de carácter social e cultural ata agrupacións de comerciantes, ANPA, etc tanto do concello como do resto dos concellos das comarcas Condado e A Paradanta. As administracións locais teñen un papel chave na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, pero para acadalos cómpre implicar a todos os sectores da sociedade, de aí que sexa preciso fortalecer os lazos entre os diferentes axentes e promover unha acción coordinada.

O programa permitirá achegarse aos principios fundamentais da Axenda 2030 e ás fases do proceso de localización mediante exemplos de boas prácticas, ao tempo que se empregarán dinámicas participativas para explorar conxuntamente estratexias para territorializar os ODS, de xeito que xurdan iniciativas que despois poidan ser levadas á práctica. Neste senso, informarase das liñas de financiamento dispoñibles e facilitarase o asesoramento necesario. As e os asistentes recibirán mesmo unha guía de apoio, alén de degustar café de comercio xusto no descanso.

Os outros concellos participantes son Teo, O Barco, a Deputación de Lugo, Deputación de Pontevedra, Fene e Viveiro e Covelo.

#PeopleAndPlanet

O proxecto ‘People & Planet: un destino común’ busca concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable. A iniciativa, que botou a andar en novembro de 2020 e que se prolongará durante catro anos, reforza tamén aos gobernos municipais na promoción de políticas a prol do desenvolvemento sostible, tendo en conta a interdependencia local-global. Procúrase así contribuír a implementar a Axenda 2030. O plan está financiado polo programa DEAR da Comisión Europea e involucra a 17 entidades de Galicia, Portugal, Alemaña, Irlanda, Italia, Polonia, Romanía, Países Baixos e Cabo Verde.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 103 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur Global e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego vén de cumprir 27 anos tendo apoiado uns 200 proxectos en máis de trinta países e promovendo numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur e a Axenda 2030.

A OMIX de Tomiño leva á mocidade ás raíces cun curso de horticultura ecolóxica

0

A OMIX de Tomiño dá os primeiros pasos para que a mocidade poida consumir produtos da horta cultivados por elas e eles mesmos, favorecendo unha dieta saudable e beneficiando ao medio ambiente. Faino organizando un curso de horticultura ecolóxica, un obradoiro no que o alumnado asistente poderá coñecer dun xeito teórico e práctico as bases da produtividade do cultivo ecolóxico e os labores en horticultura, afondando en que plantar, cando e como e aprendendo as claves de como manter a horta.

Será unha formación dun total de 12 horas na Escola Obradoiro de Goián na que todas as persoas participantes abordarán como colofón final a recolección e a conservación dos alimentos, ofrecendo a todas e todos os asistentes o ciclo completo do cultivo ecolóxico para consumo propio.

Como salienta a alcaldesa, Sandra González, “este tipo de obradoiros permítennos fomentar un estilo de vida máis consciente e responsable coa nosa contorna entre a nosa mocidade, sentando as bases para construír un Tomiño máis próspero e sostible para as xeracións vindeiras”.

As clases impartiranse todos os venres dende o 5 de abril ata o 10 de maio. O curso terá un prezo de 15 euros por persoa e todas as e os interesados en participar poden inscribirse xa a través da web municipal.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil levará a cabo a eliminación de especies coma o bambú no río Furnia en Tui

0

O Concello de Tui solicita a colaboración das persoas propietarias de terreos nas beiras do río Furnia para facilitar a eliminación de especies invasoras, nesta zona. Trátase de bambú que ten colonizado terreos de propiedades privadas lindeiras co dominio público hidráulico para evitar que se estendan e colonicen as ribeiras do río.

Dende o Concello de Tui están a contactar coas persoas propietarias da parcelas afectadas para solicitar a súa autorización para os traballos que na zona vai desenvolver Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para a retirada de especies alóctonas de coñecido potencial invasor do Dominio Público Hidráulico, dentro do Programa de Conservación e Mellora do estado ecolóxico dos ríos da conca Miño-Sil.

En concreto a actuación vai consistir na eliminación de rodais de bambú das ribeiras do Furnia e na zona de servidume empregando métodos compatibles coa conservación dos ecosistemas ribeireños. Para iso prevén cortas de parte aérea, a cubrición do terreo con manta de polietileno durante 2 anos ata deixar inviable a capacidade de rebrote das raíces. De ser preciso contémplase a posterior repoboación con vexetación de ribeira.

Estes labores previstos agora no Furnia serán semellantes aos realizados na beira do río Tripes onde fora colocada manta de polietileno que está estes días a ser retirada tras cumprir coa súa función e evitar o rebrote de especies invasoras. Precisamente no Furnia será reempregada a manta de polietileno que se está a ser retirada no Tripes

As persoas con parcelas invadidas por bambú lindeiras ou situadas no Dominio Público Hidráulico do río Furnia poden contactar co Concello de Tui para ampliar esta información.

Dende o Concello de Tui agradécese a colaboración cidadá para permitir esta actuación nun entorno natural de gran valor coma é a beira do río Furnia, permitindo así conservar a súa biodiversidade.

A Confederación Hidrográfica do Miño Sil amais da eliminación das especies invasora vai proceder tamén a limpeza dos troncos de árbores que hai no cauce do río Furnia.

Ponteareas contratará a 16 persoas desempregadas ao abeiro do Plan + Provincia da Deputación

O Concello de Ponteareas contratará a un total de 16 persoas desempregadas grazas á liña de subvención do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra co obxectivo de avanzar na inserción laboral. En total, o ente provincial achegará á administración local 242.775 euros cos que se incorporarán profesionais do eido do medio ambiente, administración, vías e obras, protocolo ou xestión, entre outros.

Deste xeito, o Concello reforzará os servizos que presta a cidadanía mediante a incorporación de oito peóns de medio ambiente que se encargarán de tarefas como o desbroce e o mantemento de espazos públicos. Ademais, a administración local sumará tres monitores que desenvolverán o seu labor tanto na residencia de maiores como na ludoteca. Apoiarán tamén as tarefas que teñan lugar nas áreas de mocidade e voluntariado.

Coa achega da Deputación, contratarase a un técnico de xestión que prestará os seus servizos no departamento de fondos europeos e un auxiliar administrativo que se encargará de poñer ao día o arquivo e documentación en distintos departamentos, entre outras cuestións. Igualmente, incorporarase unha persoa especializada en protocolo para a organización e coordinación de cerimonias solemnes.

Tamén sumarase, por unha banda, un peón para o departamento de vías e obras que reforzará o mantemento das estradas e a realización de apoio das labores de construción e o mantemento dos edificios municipais e, por outra banda, un condutor-palista que servirán de apoio loxístico aos diferentes departamentos do Concello.

As persoas que desexen presentarse ás probas para a consecución destes postos de traballo deben acudir ao Servizo Público de Emprego e solicitar a súa inscrición nos seguintes códigos.

POSTOS
CÓDIGO OFERTA EMPREGO
PEON MEDIO AMBIENTE
95.12.10.19
MONITOR
37.24.10.34
TECNICO PROTOCOLO
26.52.10.15
TECNICO XESTION
26.22.10.36
AUX ADMINISTRATIVO
43.09.10.29
PALISTA
84.32.10.42
PEON VIAS E OBRAS
96.02.10.13

Abel Losada e Sindicato Unificado de Policía, SUP, analizan as necesidades policiais da provincia

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, reuniuse onte con responsables do Sindicato Unificado de Policía (SUP) nun encontro de traballo no que se analizaron as diferentes necesidades e demandas policiais a nivel provincial.

Participaron por parte do sindicato o secretario xeral, Roberto González; a secretaria xeral provincial, Sandra Fernández; a secretaria xeral local, María Martínez, e o secretario de Relacións Institucionais e secretario xeral dos Tedax, Xesús Vasconcellos.

No transcurso da reunión os representantes sindicais presentáronlle ao subdelegado as principais demandas do corpo e expuxeron a visión do servizo tanto desde o punto de vista policial como da cidadanía.

Así, transmitíronlle a Abel Losada diversas propostas e necesidades en materia laboral e profesional, das que tomou nota e se comprometeu a dar traslado. O subdelegado do Goberno tamén se comprometeu a manter un diálogo fluído co SUP co obxecto de ir dando resposta ás súas principais peticións.

Redondela avanza nun plan local de saúde comunitaria

0

As concelleiras de Sanidade e de Servizos Sociais do Concello de Redondela, Pilar Martínez e Iria Vilaboa, respectivamente, xunto ao concelleiro de Ensino e Deportes Iván Valles, mantiveron un encontro con diferentes responsables sanitarios do Centro de Saúde de Redondela coa finalidade de traballar conxuntamente nun Plan de Saúde Comunitaria.

Á xuntanza de traballo asistion Esther López, xefa de servizo do Centro de Saúde redondelán; Ramon Lagos, coordinador do Servizo de Enfermería do centro; o responsable do departamento de Nutrición, Jaime Juncal; a fisioterapeuta Noa Siñuela e as enfermeiras comunitarias do centro.

Trátase dun plan “pioneiro” do Concello de Redondela, e que pode realizarse “grazas á implicación dos profesionais dos Centros de Saúde do municipio, tanto o de Redondela como o de Chapela”, sinala a alcaldesa Digna Rivas. Desde a concellería de Sanidade a prioridade é “poñer en marcha un plan local de saúde que redunde nunha mellor calidade de vida para veciños e veciñas de todas as idades”, explica Pilar Martínez.

Na primeira xuntanza analizáronse as características e necesidades da poboación redondelá para concretar os programas que se van poñer en marcha e mellorar así “a atención integral dos pacientes”. A edil destaca que os ámbitos de actuación nos que se vai traballar serán saúde, educación, benestar social, deportes e medio ambiente.

A primeira actividade será a de formación en Primeiros Auxilios nos centros de ensino, clubs deportivos, centros culturais e parroquiais, e tamén para os participantes no Programa de Voluntariado de Redondela, de recente creación. Tamén formación para familias que contan con persoas dependentes, “para axudarlles na tarefa diaria tan importante que é a dos coidados, tanto para os doentes como para as persoas coidadoras”, explica Pilar Martínez.

Outras actividades que ser porán en marcha serán os roteiros biosaudables, e tamén actividades para persoas con patoloxías crónicas que sirvan para mellorar a súa calidade de vida. Tamén se traballará coas escolas para mellorar a formación do profesorado en canto á atención ao alumnado con diversidade funcional.

29 comercios do Porriño sacan os seus saldos á rúa

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a concelleira de Comercio, Rosa Isabel Alonso, e a presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR), Juana Pérez, presentaron hoxe a XXIX edición da Feira de Oportunidades “Merca na Rúa”. O evento celebrarase o venres 15 e o sábado 16 de marzo. “Instalaranse 29 postos de venta na rúa peonil, cunha ampla representación de sectores e produtos.

Click para ampliar

Calzado, óptica, moda infantil e de adulto, mercería a accesorios…serán algún dos artigos que poderás atopar con descontos de ata o 80%”, explicou a presidenta de Acipor.

O venres estará aberto en horario ininterrumpido de 10 h a 21 h e de 17 h a 19 h haberá inchables e obradoiros infantís para que os máis pequenos poidan disfrutar mentres os maiores fan as súas compras. O sábado, só abrirá en horario de mañá de 10 h a 14 h.

O alcalde convidou “a toda a veciñanza do Porriño e da contorna a visitarnos e disfrutar, sempre que a choiva o permita, da nosa vila e das importantes ofertas do noso comercio local”.

Balneario de Mondariz celebrou o Día da Muller cun recoñecemento ao seu labor innovador

O Día da Muller contou este ano cunha celebración moi especial no Balneario de Mondariz ao redor do galardón recentemente recibido que destaca o traballo de innovación en saúde, benestar e beleza do departamento termal que está formado polo 100 % de mulleres. Na actualidade o persoal xeral de Balneario de Mondariz está formada nun 80 % por mulleres, estando en mans delas toda a parte da esencia do mesmo.

O premio xorde do sector da beleza profesional, estética e medicina estética que recoñece co Premio Beauty Contact a traxectoria da vila termal ao longo de tres séculos de saúde natural a partir da auga mineromedicinal e o labor da adaptación do termalismo tradicional ás necesidades do século XXI.

Unha ampla carta de tratamentos, a investigación I+D do valor da auga nos mesmo, así como a utilización dos recursos naturais galegos en prol do benestar dos clientes foron algunhas das razóns deste novo galardón que recolleu a directora médica, Laura Gómez San Miguel en Santiago de Compostela.

O premio tamén fai fincapé no feito de que Balneario de Mondariz soubo levar todo o máis alto o concepto spa, entendendo como ninguén o que o termalismo representa á saúde, o benestar e a beleza. Todo baixo o marco e maridaxe da Galicia máis rural que se fixo un oco no turismo de saúde nacional e internacional. Destaca tamén que Mondariz é un importante expoñente da Medicina da Saúde a través da auga, da ciencia e o tratamento. Todo nun enclave icónico que foi considerado o mellor de Europa en 2023, elevando a cultura de o wellness a un estadio sen competencia, difícil de igualar no seu sector.

O premio que chega no 150 aniversario serviu para destacar o empeño da dirección de Balneario de Mondariz é a súa recuperación histórica, brillo e esplendor de outrora, todo como “un destino, un palacio, ao que acudir e visitar como paciente dunha das expertas indiscutidas da denominada Medicina da Saúde”.

Os Premios Beaty Contact xorden dun encontro do sector da beleza e a idea de destacar as iniciativas profesionais que converten a España en todo un líder en beleza profesional, estética e medicina estética.

O vicepresidente Rafa Domínguez reúnense coa Organización de Diversidade Sensorial de Galicia, XOGA

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado pola deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, reunironse onte con María Jesús Monterde, presidenta da Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (XOGA); Pilar Iglesias, vogal da entidade, e Carolina Rego, intérprete de lingua de signos, para afondar na situación autonómica da persoas con diversidade sensorial de Galicia e no estado da lingua de signos galega.

Ademais, ao longo da xuntanza, analizaron a posibilidade de colaborar en canto á prestación de servizos asistenciais e protocolarios na provincia para o 2024 ou en actividades e eventos relacionados coa diversidade sensorial e iniciativas como o programa Manciñas ou as xornadas Xuntos Avanzamos.

Ponteareas inicia unha campaña para compromar o correcto uso das prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida

O Concello inicia unha campaña que busca garantir o uso correcto das prazas destinadas ás persoas con mobilidade reducida logo de que axentes da Policía Local comprobaran en reiteradas ocasións que varios condutores incumpren a normativa. A iniciativa, posta en marcha pola concellería de Seguridade que dirixe o tenente da alcaldesa Juan Carlos González, estenderase ata o 24 de marzo.

Deste xeito, os axentes da Policía Local comezarán unha serie de accións para comprobar que os vehículos estacionados nas prazas de Persoas con Mobilidade Reducida (PMR) conten coa tarxeta de estacionamento para persoas autorizadas nun lugar visible. Inspeccionarán tamén que se cumpra os requisitos administrativos das mesmas como a súa vixencia ou que sexa a persoa autorizada quen a estea empregando así como que non se utilicen os permisos de persoas xa falecidas.

A concellería de Seguridade lembra que as tarxetas que autorizan o estacionamento de persoas con mobilidade reducida son un documento público, persoal e intransferible polo que soamente as poden empregar aquelas persoas autorizadas cando conduzan ou vaian como acompañantes nun vehículo.

A Policía Local lembra que, segundo a lexislación vixente, estacionar nunha praza para persoas con mobilidade reducida sen ter a tarxeta ou empregar o permiso dunha persoa autorizada que non se atopa no vehículo supón unha sanción de 200 euros. Ademais, a persoa que falsifique ou modifique a tarxeta está incorrendo nun delito de falsidade documental, que implica unha pena de cárcere desde 6 meses ata 3 anos.

O edil Juan Carlos González apunta que “o noso obxectivo é que se cumpra coa normativa para que, desta maneira, as persoas con mobilidade reducida que precisan a súa praza de estacionamento poidan dispoñer dela”.

A Cañiza inicia a terceira campaña municipal de trampeo contra a vespa velutina

0

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, reuniuse este pasado venres 8 de marzo na Casa de Cultura da Cañiza con apicultores locais para facer entrega de 70 botes de líquido atraente que permitirán  iniciar nesta primavera os traballos de neutralización dos niños. Esta é a terceira campaña que o Concello cañicense pon en marcha para poñer freo a praga que supón a vespa asiática e os graves danos que ocasiona a apicultura.

Segundo se explicou na xuntanza, cada bote contén 500 ml de produto para disolver en litro e medio de auga e deste xeito –con dous litros de líquido atraente– crear 8 trampas. De xeito os 70 botes entregados permitirán colocar na zona e arredores un total de 560 trampas.

Esta iniciativa reúne a máis de 40 apicultores profesionais e non profesionais da Cañiza que suman un censo de máis de 3.000 colmeas, todos dados de alta no rexistro apícola da Consellería de Medio Ambiente e ten como obxectivo capturar ás raíñas velutinas para evitar que aniden e se poida reducir o impacto e a merma na nosa abella autóctona.

Segundo explicou Luis Piña, na reunión do venres quedou reflectida a intención dos apicultores de estender o produto máis aló das súas propias colmeas de xeito que se poida abranguer máis terreo e facer máis efectiva a campaña.

Esta campaña da continuidade á iniciativa do Goberno Local, de marzo de 2021, de axuda a esta rama productiva do noso sector primario, que fabrica un mel moi valorado xa pola calidade da flora de media montaña do noso municipio.

Cómpre lembrar que o pasado 20 de febreiro o alcalde Luis Piña asinou a adhesión do Concello a un novo convenio e protocolo coa Vicepresidencia 1ª e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a FEGAMP para a “coordinación de actuacións no desenvolvemento do programa galego de vixiancia e control fronte a vespa asiátiva velutina para o ano 2024”.

Este ‘Programa de Vixiancia’ recolle as actuacións necesarias para a contención e seguimento da velutina, tendo en conta que este insecto afecta principalmente á produción apícola e tamén ten repercusións sobre a biodiversidade e a seguridade cidadá e inclúe actividades relacionadas coa detección precoz de niños mediante avisos a través do 012 e o control e eliminación/neutralización de niños sempre que sexa posible.

A historia dos cabaqueiros fiará o irmandamento entre O Rosal, A Guarda e A Laracha

0

Unidos a través da historia dos seus cabaqueiros. Así están os concellos do Rosal, A Guarda e A Laracha, que xa están a dar os primeiros pasos para o irmandamento entre os tres municipios coa telleira como motivo condutor. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, mantivo un encontro co alcalde da Guarda, Roberto Álvarez Carrero; o rexedor da Laracha, José Manuel López; o concelleiro guardés Fernándo Reyes; a edil larachesa, Patricia Bello, e co cabaqueiro rosaleiro José Álvarez, Pepe O Buraco.

Tratouse dun primeiro encontro para comezar a dar pasos na andaina que levará aos tres concellos a estar irmandados e a traballar para poñer en valor como a historia da telleira da Laracha conflúe co Baixo Miño e como moitos cabaqueiros rosaleiros e guardeses desenvolveron gran parte da súa vida profesional no concello coruñés varias décadas a mediados do século pasado.

Para recoller esta historia entrelazada o investigador e documentalista Xabier Maceiras está a escribir ‘As Telleiras da Laracha e os cabaqueiros do Baixo Miño’, un libro que reflectirá a unión entre estes tres concellos arredor das telleiras e como cada ano centos de traballadores deste gremio do Baixo Miño, moi ben valorados tras as fronteiras da comarca, pasaban meses na Laracha buscando gañar o xornal e levar adiante ás súas familias. Precisamente o rosaleiro José Álvarez, Pepe O Buraco, é unha das fontes oficiais que está a empregar o escritor para dar vida e forma a este libro.

Os tres concellos traballarán man a man para acadar este irmandamento definindo as accións que se irán desenvolvendo e xa planean novos encontros. A finais de verán unha delegación do Rosal e da Guarda visitarán A Laracha para participar no acto de presentación deste libro documental, que contará coa participación tanto de representantes institucionais como de telleiros dos tres municipios. O seguinte encontro será en outubro, no que unha delegación da Laracha volverá visitar O Rosal para participar na Mostra do Cabaqueiro, que se organiza cada ano ao abeiro das Xornadas de Patrimonio.

A pegada de «Ronsel»

A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.


Juan Parcero, «Na canella infinita»

O primeiro número desta segunda andaina correspóndelle á novela de Juan Parcero «Na canella infinita», unha historia que nos traslada, precisamente, aos anos 80, nun espazo imaxinario e unhas personaxes de ficción. Mais o relato está cargado de realismo e de drama. Convén explicar isto: A narración desenvólvese na vila de Aferróns, un lugar imaxinario que recrea tantas localidades mariñeiras asolagadas nos 80 polo veleno da heroína e a carencia de esperanza no futuro. Nese entorno de certa inanición e laxitude, tres rapaces, Carme, Brétema e Rodrigo, enganchados á droga, atopan accidentalmente nunha praia un fardo de heroína. O achado provoca moitas dúbidas no grupo, incapaz de xestionalo, así como unha persecución con tráxicas consecuencias. Mais os rapaces contarán coa axuda inesperada dun veciño do lugar, un home de idade avanzada e moita vida ás costas, que establece unha conexión moi especial cos mozos, principalmente con Brétema.

A historia, cargada de dura veracidade, compénsase coa aparición de certos elementos que poderiamos vincular ao realismo máxico e que teñen a súa importancia no desenvolvemento da trama. Acontecementos que, tal e como Parcero nolos presenta, supoñen un interesante contrapeso co que equilibrar toda a dureza dun relato destas características. Nesta novela, Parcero vai alén dos tópicos de violencia para afondar na alma dos protagonistas, valéndose da hostilidade do entorno para exhibir as súas querencias e as súas carencias. Ao meu ver, un dos grandes acertos da narración, xunto con esa vinculación interxeracional que nos axuda a comprender que, a pesar de que cambian os métodos e os entornos, hai certos abusos que permanecen inalterables.

Cun estilo limpo e coidado e unha linguaxe directa e moi persoal, Parcero é quen de facer que o lector se mergulle na historia, aínda a pesar deses parágrafos longuísimos que entorpecen unha lectura fluída. O resultado final destaca pola súa sensibilidade e pola elegancia coa que nos sitúa na crueza da historia, sen chegar a mancar.

Juan Parcero

Na canella infinita

140 páxinas


Beatriz García Turnes, «Comando Sintrom»

O caso deste «Comando Sintrom» é ben diferente. Do que agora falamos é dunha colección de relatos que teñen como protagonistas a persoas de idade avanzada, sempre mulleres, que viven situacións dispares. Se algo teñen en común todas elas, é que se afastan dos prototipos de «avoas» arredor da lareira e cun pano na cabeza. Estas son mulleres máis «modernas», que mesmo participan nas redes sociais ou en asociacións reivindicativas. Son mulleres arroutadas, ás veces arteiras, case sempre sensibles, con altas cargas de empatía e, sobre todo, divertidas.

O enfoque dos relatos alónxase da tristeza e da soidade para darlle paso a unha vida case sempre activa e axitada. E aínda que non podemos chegar a falar de literatura humorística, si é certo que a retranca e a ironía campan ás súas anchas por todo o libro, tanto en diálogos que desbordan veteranía e mordacidade, coma en situacións sorprendentes ás que se enfrontar. Son conscientes de que se atopan na última etapa da súa vida, de que xogan en contra do tempo, de que certos achaques comezan a pasarlles factura, pero a pesar de todo, ou quizais por iso, deciden gozar da vida tal e como se lles presenta.

Todos os relatos teñen unha extensión similar agás o derradeiro, un textiño moi breve gañador dun certame de microrrelatos, que racha a estrrutura debullada polos anteriores. A autora emprega unha linguaxe sinxela e directa, sen grandes adobíos, nalgúns casos chea de diálogos moi áxiles, elementos cos que consegue dotar de gran fluidez a lectura.

Beatriz García Turnes

Comando Sintrom

Galaxia

Redondela aposta pola mellora da mobilidade programando a reparación de camiños en todas as parroquias

0

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, acometerá a próxima semana os traballos de asfaltado na estrada do Cruceiro, en Cedeira, se a situación meteorolóxica o permite. Villar explica que “as chuvias das últimas semanas atrasaron estes traballos pendentes”, que están programados desde o pasado 14 de febreiro. Por outra banda, as incidencias causadas polo último temporal, como caídas de muros, taludes e asolagamentos “tiñan que ser resoltas de maneira urxente, polo que o persoal municipal centrouse nestes problemas e os traballos de asfaltado tiveron que agardar”.

O edil explica que as obras nesta estrada de Cedeira prolongaranse durante dúas semanas, xa que se actuará en seis tramos onde se rexistran fochancas. As reparacións faranse con asfaltado en quente “polo que é preciso que teñamos varios días sen chover, xa que a auga e o piche non se levan ben”, afirma Roberto Villar.

En canto a outras obras programadas para este primeiro semestre do ano, a concellería licitará a reparación de varios camiños en Cesantes, a Portela e Reboreda. Estes traballos contarán cun orzamento de preto de 150.000 euros con cargo aos fondos municipais. Por outra banda, a estrada do Outeiro en Reboreda financiaranse con fondos do plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, e está previsto que o camiño das Ánimas en Chapela se realice tamén cunha subvención do ente provincial.

O concelleiro adianta que xa no segundo semestre do ao realizaranse actuacións de mellora en camiños das 13 parroquias do municipio e tamén no caso urbano. Nestes casos son reparacións en diferentes tramos de camiños que se atopan en mal estado de conservación, conclúe Villar. Todas estas obras, que se realizarán ao longo deste ano, son proxectos nos que o Concello xa vén traballando desde o mandato anterior.

O IES Val do Tea de Ponteareas pon en marcha a ‘Escola de Nais e Pais’

Achegar ás familias recursos para mellorar a relación materno/paterno filial e ferramentas para afrontar e solucionar dun xeito máis efectivo as inquedanzas e problemáticas actuais na adolescencia é o obxectivo da Escola de Nais e Pais do IES Val do Tea que este martes día 12 arrinca cunha primeira sesión ás 18 horas aberta a toda a comunidade educativa con fillas e fillos en secundaria.

“Do mesmo xeito que o profesorado do noso centro educativo se forma a través dos Centros de Formación e Recursos da Xunta de Galicia e se deseñan e imparten charlas e obradoiros para o alumnado, cremos que pode ser útil e moi importante abordar coas familias e da man de expertos temas de interese para o benestar do alumnado”, explica Isabel Calvelo, xefa de estudos dos IES Val do Tea.

Baixo o título “Intelixencia emocional: Navegar sen naufragar no mar das emocións dos adolescentes” o vindeiro martes no seu salón de actos abordarán a xestión do estrés, de como afrontar a ansiedade e a frustración, a xestión de medos e inseguridades e a mellora da autoestima. Farano da man da psicóloga e pedagoga Luciana Maccio Pennisi “porque son as persoas expertas e que nos poden dar outra visión, outra estratexia e mesmo consideracións que nos axuden a entendelos, a detectar, a previr e a acompañalos nesta etapa da vida”.

A dirección do centro educativo considera indispensable a implicación das nais, pais ou titores na obtención de formación, consellos e coñecementos que axuden a educar á mocidade e recomendan seleccionar moi ben as fontes das que obter a información ao existir, hoxe en día, un amplo abano de datos e contidos que, ás veces, non están documentados por profesionais. Por este motivo, o centro educativo adianta que seguirá investindo esforzos e deseñando accións que axuden á comunidade educativa e animan ás nais e pais a participar porque son piares da crianza das súas fillas e fillos.

O Concello de Covelo solicita á Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia o deseño da súa bandeira

0

O Concello de Covelo inicia o procedemento para solicitar á Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia a elaboración de propostas para a súa bandeira. Así o aprobou o pleno da Corporación na súa sesión ordinaria do venres 8 de marzo.

Amparados no artigo 258 da Lei 5/1997, de administración local de Galicia que recoñece o dereito dos Concellos e entidades locais de Galicia a ter unha bandeira, o Concello de Covelo da os primeiros pasos para ter a súa propia, unha proposta do grupo de goberno que obtivo o apoio de todos os grupos da Corporación.

“Será un legado máis para as xeracións futuras que agora deixamos nas mans dos profesionais da Comisión Heráldica ao ser as persoas expertas que saberán extraer da nosa historia cores, figuras e trazos significativos”, explica o alcalde de Covelo, Pablo Castillo.

Recibida a proposta da Comisión Heráldica da Xunta de Galicia debe aprobarse por maioría absoluta do pleno da entidade local. Este acordo terá un prazo de información pública e volverase a someter a aprobación plenaria. A continuación a Comisión emitirá un informe no prazo de tres meses que será vinculante.

A bandeira de Covelo deseñarase tendo en conta fitos históricos ou xeográficos característicos e peculiares do territorio e irá en consonancia co escudo co que xa conta o Concello.

O escudo do Concello de Covelo foi aprobado polo Decreto 1.072/76 do Ministerio da Gobernación, de 9 de abril de 1976 e segundo se recolle na heráldica da provincia de Pontevedra simboliza a historia desta terra “nun campo de azur, o edículo de prata, terrazado de sinople superado de estrela, de prata, con cinco raios. Ó timbre coroa real pechada”.

As bandeiras e escudos de entidades locais deberán ser aprobadas polo Consello da Xunta de Galicia para poder ser oficiais.

Máis de 500 variedades de camelia esta fin de semana en Salceda

O Concello de Salceda, a través da Concellaría de Turismo que dirixe Marcos Troncoso, presentou onte as XV Xornadas da Camelia, que se celebrarán os vindeiros 16 e 17 de marzo e nas que participarán arredor de 60 expositores/as chegadas de toda a xeografía galega e de Portugal, que amosarán máis de 500 variedades desta flor de orixe oriental, ao longo de máis de 130 metros de exposición. Outras entidades como o CEP Altamira ou AFAGA estarán presentes tamén nas xornadas con traballos realizados por parte do alumnado no caso do CEP e das persoas usuarias no caso de AFAGA.

Para Marcos Troncoso, concelleiro de Turismo: “Un evento que traerá a centos de persoas durante a vindeira fin de semana e que servirá de reclamo turístico máis alá das nosas fronteiras, pois é unha mostra que ven adquirindo carácter internacional coa participación de expositores/as de Portugal. Salceda forma parte da Ruta da Camelia con xardíns tan espectaculares como os do Pazo de Pegullal”.

Para levar a cabo as xornadas, o Concello conta coa colaboración da Asociación de Xubilados/as e Pensionistas, así como a Asociación de Mulleres Rurais, que se encargan da organización da mostra.

Como ven sendo costume, a propia Estación Fitopatolóxica do Areeiro contará co seu propio espazo na mostra. Esta entidade realiza unha labor fundamental no estudio e difusión das diferentes posibilidades que ofrece esta flor, polo que resulta moi importante a súa participación nas xornadas de Salceda.

O Concello de Salceda segue deste xeito apostando por unha exposición que se ten convertido xa na máis grande de Galicia, servindo de referente para moitas outras mostras.

Loli Castiñeira, Alcaldesa: “Unhas xornadas da camelia que xa son un evento consolidado no noso Concello, reunindo incluso a tres xeracións dunha mesma familia na nosa exposición. Convidamos a todo o mundo a que coñezan a que xa podemos denominar `flor de Galicia´, un auténtico espectáculo de color e variedade”

Marzo, mes da muller en Eu Rural

0

Eu Rural declara marzo como mes da muller. Co gallo do 8M, Día Internacional da Muller, ao longo das vindeiras semanas a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural dará protagonismo a todas as mulleres do territorio comprometidas e decididas que traballan día a día para crear un futuro mellor para o rural. Farao difundindo nas redes sociais as 14 pezas audiovisuais realizadas ao abeiro da terceira edición do Foro da Muller Rural, que deu voz a 16 mulleres emprendedoras para dar a coñecer uns proxectos que demostran de novo que o rural ofrece moito máis que sector primario.

“Queremos dar visibilidade a todo o traballo que realizan as mulleres no noso rural, mulleres valentes, decididas, que apostan por facer do noso territorio un lugar con futuro, no que novos proxectos laborais e de vida teñen sempre cabida. E queremos facelo ao tempo que reivindicamos a igualdade de oportunidades en todos e cada un dos eidos que compoñen as nosas vidas”, destaca Sandra González, presidenta de Eu Rural.

A campaña comezará co vídeo da homenaxeada deste ano, a rosaleira Luisa Alonso, un exemplo de emprendemento feminino e de aposta polo rural que puxo en marcha hai xa máis de catro décadas Exclusivas Alonso, un comercio dedicado ao mundo do agro que se adaptou cos tempos e viviu toda a transformación agraria no Rosal.

Compartirán tamén as súas experiencias e visibilizarán as súas realidades o resto das participantes na terceira edición do Foro da Muller: Ana Álvarez, de Pescados Narcisa (A Guarda); Patricia Gómez, de Vouxers (Baiona); Teresa Covelo, da casa niño ‘Curuxa de Lúa’ (Fornelos de Montes); María Alonso, de Alimentación María (Gondomar); Carmen Soliño, de Muebles Soliño (Mos); Judit García, do centro de equitación ‘Llamas de Cea’ (Nigrán);  a percebeira Josefa Mariño (Oia); Vanesa Casalmorto e Marisé Casalmorto, de Herboristería Dietsana (O Porriño); Ana Míguez, de ‘Héroes para la ciencia’ (Pazos de Borbén); Merchi Alonso e Anuska Couñago, de Florería AyM (Redondela); a arquitecta María Fandiño, do Rosal; Kinga Maculewicz, de Kinga Trainer (Tomiño); e Ana María Alonso, da tenda artesanal Cabuxa, en Tui.

Foro europeo

Será precisamente ao abeiro do proxecto do Foro da Muller polo que Eu Rural participará como poñente o vindeiro mes de abril no ‘Women-led innovations in agriculture and rural areas’, un encontro europeos de expertas organizado pola EU PAC Networks no que abordarán innovacións lideradas por mulleres en zonas rurais, intercambiando coñecementos, establecendo redes de colaboración e coñecendo proxectos de éxito no rural.

O encontro celebrarase o vindeiro 17 e 18 de abril en Cracovia (Polonia) e busca demostrar que a agricultura e as zonas rurais poden ser lugares atractivos para as mulleres, especialmente para desenvolver as súas ideas comerciais e aplicar os seus enfoques innovadores. Coa súa participación neste foro europeo de expertas, Eu Rural porá en valor o traballo das mulleres do territorio, así como de todas as mulleres rurais, empoderadas e emprendedoras, “as verdadeiras protagonistas do desenvolvemento do rural, que decidiron vivir e traballar en zonas rurais e que se dedican ás actividades máis variadas, ofrecendo exemplos de referencia e futuro”.

Redondela celebra o Día Internacional da Muller ‘Tecendo Redes’ pola Igualdade

0

O auditorio da Xunqueira acolleu este mediodía o acto institucional co gallo do 8M para conmemorar o Día Internacional da Muller “reivindicando os dereitos das mulleres, de todas as mulleres”, sinalaba a concelleira de Igualdade Iria Vilaboa. A edil salientou que o obxectivo prioritario do seu departamento é o de “sensibilizar e potenciar a igualdade real de xénero, sen esquecer que a violencia contra as mulleres é a expresión máis amarga das sociedades machistas” e avanzou que non darán “un paso atrás” nesta loita.

A lectura da Declaración Institucional correu a cargo dunha pequena representación dos colectivos, asociacións, centros escolares, centros de día e outras entidades que participaron na actividade “Tecendo Redes”. A Asociación Andaina, Asoc. Cultural A Miñoteira, Escola Educación Infantil A Marisma, Lenda e o Centro de Día Os Cortizos fixeron a lectura. A declaración do 8M do Concello de Redondela propón “promover a participación activa das mulleres na vida política e social local, co fomento do liderado feminino para acadar a paridade”, incorporar a perspectiva de xénero “en todas as nosas políticas e programas” e impulsar campañas “de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero, dando apoio integral ás mulleres vítimas”.

Homenaxe á primeira mariñeira de Redondela

No acto proxectouse un vídeo elaborado pola EEI a Marisma sobre Salud Táboas Barreiro, a primeira mariñeira de Redondela, que nos anos 50 se vestía de home para poder traballar no mar. Nesta homenaxe e con case 90 anos de idade, Salud deu hoxe unha lección de vitalidade e alegría, así como de contar con moi boa memoria ao relatar algunhas anécdotas da súa vida, como cando salvou de morrer afogadas a varias persoas que foran vítimas dun naufraxio.

A alcaldesa, Diga Rivas, destacou o papel de mulleres “bravas e pioneiras” coma ela que co seu traballo “tecían redes entre avoas, nais e fillas, amigas, veciñas e compañeiras que se axudaban para saír adiante”. A rexedora instou a toda a sociedade a seguir traballado “creado redes de apoio, de solidariedade e de igualdade para crear unha sociedade máis xusta”. Lamentou Rivas que aínda hai quen non entendeu “que somos iguais, cos mesmos dereitos” e unha mostra desa a ideoloxía reaccionaria é o ataque á mostra Conquistadoras. Lembrou que aínda queda moito camiño por diante ata a igualdade real, pero afirmou que “tecendo redes, entre todas e todas, habemos conseguilo”.

Desde o Concello agradeceron o traballo das 28 entidades que participaron na elaboración das redes ( Clube de Remo de Cesantes, Colexios de Quintela, Porto Cabeiro, Cedeira, Reboreda, Outeiro das Penas, Alexandre Bóveda, Igrexa, Sta Mariña, Ventosela,San Pedro de Cesantes e Escola Infantil A Marisma. Os Institutos Mendiño, Floriani e Chapela. Centros de Día Os Cortizos, Arelas, Maiores Activos de Chapela, e Centro de Cesantes. Asociacións Andaina, Asearpo, Da Man, Asoc. Esp. Contra o Cancro, Asociacións Culturais da Miñoteira, Cabeiro e Chapela, e Aldeas Infantís) e especialmente a Lenda, polo seu traballo atando as redes e a Severino Casal, da Confraría de Redondela e membro da asociación Amarturmar “por ensinarlles aos usuarios e usuarias de Lenda a arte de atar as redes”.

O acto rematou coa participación de todos os asistentes ao acto atando lazos violetas nunha rede para seguir “tecendo redes pola igualdade”.

Ponteareas presenta o cartel do Corpus Christi 2024 deseñado polo veciño Sergio de Arcos

O Concello presentou o cartel que anuncia a celebración do Corpus Christi para este ano 2024. Trátase dun deseño do ponteareán Sergio de Arcos no que pon en valor o traballo de debullar a flor así como a unión da veciñanza para confeccionar as famosas alfombras da vila. A proposta é a gañadora do concurso que celebrou a administración local.

No evento no que se presentou o cartel participaron a alcaldesa, Nava Castro; o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González e o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera. Ademais, acudiron ao acto alfombristas da vila que durante a noite do sábado 1 de xuño confeccionarán os tapices florais que engalanan as rúas do municipio.

O tenente da alcaldesa, Juan Carlos González, apuntou que “do cartel destacamos a temática e a relación coa vila. Apreciamos como distintas xeracións únense para confeccionar os tapices florais. Ademais, no centro do cartel sitúase o labor fundamental que é o de debullar as flores” e sinalou que o deseño “fala do noso, da nosa festividade. Un cartel que representa a unión de todos os veciños e de todas as veciñas para seguir tecendo a nosa tradición”.

Pola súa banda, a rexedora, Nava Castro, indicou que “un dos maiores orgullos que sinto como alcaldesa é comprobar que a vila continúa sendo sinónimo de talento na música, literatura e, por suposto, a arte. É o caso de Sergio de Arcos que coa súa creatividade comunica o que significa o Corpus Christi, isto é, unión, solidariedade, esforzo e compromiso”.

O goberno municipal lembrou que coa presentación do cartel que anuncia a celebración do Corpus Christi comeza a conta atrás para que a festividade declarada de Festa de interese Turístico Internacional e que ten o expediente incoado de Ben de Interese Cultural chegue á vila durante o sábado 1 e domingo 2 de xuño.

A información sobre a saúde feminina, protagonista das actividades polo 8M en Redondela

0

As mulleres representan máis da metade da poboación mundial e, sen embargo, a ciencia ten aínda no s. XXI unha gran débeda pendente coa saúde feminina. Procesos fisiolóxicos como a menstruación ou a menopausa foron estigmatizados ao longo da historia e son os eternos esquecidos das investigacións.

A concellería de Igualdade ten como obxectivo verter luz sobre diferentes aspectos da saúde das mulleres, tanto física como mental, a través do ciclo “Saúde Feminina”, con charlas e obradoiros impartidos por médicas, nutricionistas, educadoras, fisioterapeutas, enfermeiras, etc. Estas xornadas celebraranse desde o 9 de marzo e ata o 13 de abril na oficina de Turismo, na Rúa Isidoro Queimaliños, no marco da programación do Día Internacional da Muller.

As profesionais que impartirán as charlas e os obradoiros, especialistas en diferentes ámbitos, falarán sobre o corpo desde unha perspectiva de xénero e abordarán cuestións como a menstruación e a menopausa, a alimentación, a sexualidade, o autocoñecemento e o coidado emocional. Nos diferentes coloquios abordaranse temas como a “desigualdade que sofren as mulleres no ámbito da saúde mental”, segundo apunta Débora González, educadora social que impartirá a sesión sobre “Mulleres e saúde mental: mitos e realidades en torno á saúde mental”. A concelleira, Iria Vilaboa, sinala tamén a “escasa investigación que hai sobre o corpo feminino e as enfermidades relacionadas, como pode ser a endometriose”, e do que se falará nestas xornadas.

O primeiro dos obradoiros será o sábado, día 9, ás 10.00 horas sobre “Autoaceptación Corporal dende unha Perspectiva de Xénero”. Estará impartido por Lucía Pereda, educadora social especialista en igualdade. Está dirixido a nenas a partir dos 10 anos e mulleres de calquera idade. A seguinte cita será co obradoiro “Como te moves?” cunha sesión o 11 de marzo e outra o 3 de abril, a cargo da fisioterapeuta Noa Siñuela. Traballarase unha parte teórica e outra práctica sobre as “posturas ideais” e consellos sobre a actividade física. Está dirixida a mulleres maiores de 16 anos.

Son e total unha ducia de sesións sobre saúde feminina que ao longo dos meses de marzo e abril abordarán tamén outras cuestións como “Alimentación e ciclo menstrual”, “Descubrindo o solo pélvico”, “Sexualidade e saúde sexual” ou “Que acontece no noso corpo na menopausa”, entre outras.

Todas as actividades son de balde. Para participar é necesario inscribirse previamente desde unha semana antes de cada obradoiro no teléfono 986 40 28 65 ou no enderezo electrónico [email protected].

Nigrán estrea este sábado unha feira para dar a coñecer aos seus artistas e emprendedores emerxentes

0

O Concello de Nigrán continúa a presumir da súa natureza e talento nun mes de marzo adicado case por completo ao seu patrimonio natural e inmaterial. Este sábado estreará a súa primeira Feira da Natureza no Auditorio Municipal para que dez emprendedores e artistas poidan mostrar a toda a veciñanza o seu traballo. Comezará ás 11.00 horas no Auditorio Municipal e, ademais dos postos, haberá unha charla de MycoGalicia Plantae, unha mesa redonda e obradoiros para pequenos e maiores.

Esta feira está organizada dentro do Mes da Natureza, un proxecto que idearon Teatro do Ar e a Cooperativa Somos Terra xunto ao Concello para imaxinar como será Nigrán no futuro e potenciar a difusión dos grandes segredos do municipio. Dende a organización explican que con esta nova actividade “queremos acercar aos nosos veciños e veciñas a uns artistas e emprendedores que soñan e traballan cada día para sacar a súa ilusión adiante”. Apuntáronse nun formulario aberto que se compartiu por redes sociais e a través da web e participar non ten ningún custo para eles e elas.

Os actos comezarán ás 11.00 horas e a feira está aberta ao público de maneira totalmente gratuíta. Ás 11.30 h será a charla de Mycogalicia sobre como afrontar o desenvolvemento dunha actividade innovadora nun mercado tradicional e, ao mesmo tempo, implicarse co medioambiente e o desenvolvemento rural, ás 12.40 haberá unha pequena mesa redonda para falar sobre emprender dende o Val Miñor e ao final os artistas e emprendedores que participen poderán facer obradoiros ou actuaciós entre o público.

O GDR Condado Paradanta salienta o papel das mulleres como motor económico e social

O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional das Mulleres, que foi adoptado pola Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas o 16 de decembro de 1977, co obxectivo de eliminar toda forma de discriminación hacia as mulleres, promover o seu empoderamento e conseguir a súa plena participación na sociedade. Consciente da necesidade de reinvindicar o importante papel que sempre desempeñou a muller no mundo rural o GDR Condado Paradanta contempla na súa estratexia de desenvolvemento “Reverdecendo Condado Paradanta” o apoio de iniciativas que visibilicen ás mulleres e dos proxectos que promovan a súa participación e inserción laboral.

Jana, Lorena, Loli e Inma son empoderamento, acción e aposta polo rural. Estas catro mulleres son o exemplo de outras moitas que, día tras día, viven no rural; crian aos fillos nas aldeas e deseñan o seu ámbito laboral nalgunha parroquia do Condado Paradanta.

Elas decidiron que o ODS 5: “acadar a igualdade de xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas” saíra do papel e se materializara nunha aposta firme polo autoemprego e polo territorio. Todas elas atopan no Condado Paradanta inspiración e os principios dunha filosofía que queren vivir: tranquilidade e calidade de vida cadrando coa estratexia do GDR na importancia de conservar e coñecer os recursos naturais para activalos dun xeito sostible e en harmonía co medio ambiente.

Jana Kadlecova chegou de Eslovaquia hai quince anos e agora lidera unha axencia de viaxes, Bodega Travel; un punto de atención turístico, Visit Condado;o coworking ApartOffice e xestiona un apartamento turístico no centro de Ponteareas. Lorena Durán, da Cantaruxa Maruxa en Vilasobroso, deixou o seu traballo vencellado ao mundo da bioloxía para converter a casa dos seus avós nun aloxamento de turismo rural. Dolores Rodríguez rexenta, xunto ao seu fillo, o Hostal O Cendal en As Neves e Inma Comesaña muda de vida para deixar a cidade polo rural de Crecente e pór en marcha as cabañas na Devesa.

Todas elas teñen en común as ganas de emprender, a confianza no territorio do Condado Paradanta e a aposta pola calidade. Da man do GDR conseguiron o certificado de calidade SICTED porque “é indispensable amosar ao mundo que aquí hai calidade. Eu cada ano vou sumando un servizo máis, analizo o que precisan as persoas cando se aloxan no meu apartamento e procuro facer todo o posible para que cando volvan o teñan. Non se pode baixar o listón porque non só prexudica ao noso sector tamén ao resto dos servizos”, explica Jana Kadlecova. Ao igual que as outras tres está convencida que a materia prima, os recursos do Condado Paradanta, son moitos pero aínda descoñecidos ou infravalorados. Lorena Durán engade que distinguirse a través da calidade tamén axuda na fidelización da clientela e Loli de O Cendal ten seguro que ofrecer calidade é xerar riqueza para a comarca.

Pero a pesar do romanticismo que as levou de volta á aldea, como emprendedoras e empresarias non deixan de facer o seu análise DAFO e poñen o foco no que queda por facer. Salientan a necesidade de ofrecer máis actividades para o tempo libre e paquetes pechados nos que a clientela atope un plan xa organizado, tamén consideran que se debería incrementar as tarefas de mantemento de elementos patrimoniais e ter maior consciencia da beleza e riqueza do noso rural. Insisten na necesidade de sumar esforzos e coinciden co GDR en animar ao resto a facer unidade, a traballar en equipo e establecer alianzas para ser máis competitivos, a apostar pola innovación nos servizos e a ofrecer un rural coa esencia dos tempos de antes pero coas comodidades dos tempos actuais.

“As mulleres sempre foron un motor no mundo rural e por iso o GDR ten sempre abertas vías de colaboración para ofrecer formación, asesoramento, apoio con fondos como o LEADER e axuda na tramitación e xestións coas administracións, ademais de acompañamento para que sigan a ser unha parte fundamental da vida no rural”, sinala Paco González, xerente do GDR.

Dende As Neves, Crecente, Vilasobroso e Ponteareas, Loli, Inma, Lorena e Jana atopan no Condado Paradanta o autoemprego como fórmula para unha conciliación familiar e laboral máis doada; convértense, á vez, en empresarias e dinamizadoras económicas e sociais e dan unha nova vida a espazos que agardaban volver ser produtivos.

A mostra “Conquistadoras” xa pode visitarse na Alameda Castelao de Redondela

0

A dous días de celebrar o Día Internacional da Muller, a Alameda Castelao loce xa os cubos da exposición “Conquistadoras”. A exposición, que no mes de abril trasladarase ao paseo de Cardona, en Chapela, reflicte “o compromiso do Concello de Redondela con todas as mulleres que loitaron polos seus dereitos”, explica a alcaldesa Digna Rivas. Referentes históricas como Juana de Vega, María Vinyals ou María Pita comparten protagonismo con mulleres destacadas do panorama actual como a cantante Luz Casal, a xornalista Julia Otero ou a enxeñeira redondelá Xunqueira Ézara.

O goberno local lamenta tamén que esta mostra dinámica, que cada ano se amplía coa incorporación de novas figuras femininas, fose obxecto de actos vandálicos. A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, lamenta que máis de 30 paneis tiveron que ser retirados “porque estaban literalmente rachados e desfeitos” mentres que outros puideron ser reparados. “É moi grave que a día de hoxe haxa quen esnaquice deste xeito a memoria de mulleres traballadoras e creativas que son un referente para todos e todas”, sinala Rivas.

[su_image_carousel source=”media: 82069,82070,82066″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O acto central deste 8 de marzo celebrarase ás 12.00, na praza do Concello, coa participación de representantes de diferentes colectivos e entidades.

Teatro e Música

A programación do 8M continuará o sábado día 9 coa obra de teatro Revolta, da compañía Juanito e Filomena, cunha reinterpretación feminista da Historia en clave de humor a cargo das actrices Arantxa Treus e Rocío Romero. A cita é ás 20.00 horas no auditorio da Xunqueira, entrada 3 euros.

O mesmo día, no Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela, concerto 8M a cargo da Banda de Música de Chapela. Ás 20.30 horas con entrada de balde.

Concertos “Petiscos en Igualdade”

Os domingos 10, 17 e 24 de marzo haberá concertos na praza da Constitución con diferentes artistas. O primeiro será o de Su Garrido, o do día 17 correrá a cargo do grupo Noite, e o último será o de Zousaxmas. Nos tres casos as actuacións serán ás 12.00 horas.

Contacontos

O xoves día 14 de marzo a Biblioteca Municipal Xela Arias, en Chapela, acollerá o contacotos “Vamos ao recreo”, de Trémola Teatro. Nesta historia, recomendada para público infantil e familiar, unha nena revoluciona o patio do cole onde rapazas e rapaces debían xogar separados. Ás 18.30 horas, entrada de balde.

A Cañiza acolle o 9 de marzo o I Concurso de Mondioring Écan, considerado como o deporte canino máis esixente

0

O alcalde da Cañiza, Luis Piña e o presidente da Asociación Deportiva Canina ÉCAN, David Conde, acompañados pola tesoreira da Asociación, Olaya Guerrera, presentaron non día de onte o primeiro campionato de Mondioring que se disputará o sábado 9 de marzo nas instalacións do campo de fútbol municipal no COUTO en horario de mañá, de 9 h a 14 h.

A especialidade «mondioring» está considerada como o deporte canino máis esixente de todos os que pertencen á  Federación Cinológica Internacional e a proba da Cañiza está enmarcada no calendario da Real Sociedad Canina de España como una proba clasificatoria para a Copa de España de mondioring  RSCE 2024.

Nesta 1ª competición están inscritos 8 binomios (guía + can) que veñen doutras zonas de Galicia, de Madrid e do País Vasco, os cales serán xulgados polo xuíz internacional Dominique Blanchard (Portugal).

Ademáis a proba contará como asistentes cos profesionais:

  • Jatsu Guaresti (País Vasco), Home Asistente categoría internacional e pertencente ao grupo de traballo Vinaroz.
  • David Ramos procedente de Madrid e Home Asistente categoría internacional, pertencente ao grupo de traballo Lupus Shadow.
  • e David Conde, Instructor- formador do grupo de traballo Écan e Home Asistente categoría club.

Todos eles terán o encargo de testar as habilidades dos cans nos exercicios de mordida. 

¿Qué é o mondioring?

O mondioring está considerado o deporte canino máis esixente dos que pertencen a FCI (Federación Cinológica Internacional). 

Nesta especialidade o can ten que afrontar una serie de exercicios de obediencia, saltos e mordida. O mondioring abrangue 3 graos de dificultade sendo o grao 1 o grao máis baixo e o grao 3 o máis elevado.

O máis chamativo deste deporte é que os cans teñen que traballar en ambientes totalmente descoñecidos (cada proba ten unha temática diferente) e  nesta competición a temática elexida xira sobre a película “UP” de Disney- Pixar.

Salceda presenta o seu programa máis reivindicativo polo 8M

O Concello de Salceda de Caselas a través da Concellaría de Igualdade que dirixe Selene González, ven de facer público un amplo programa de actividades co gaio do 8M, Día internacional da Muller. Os actos estenderanse ata o mes de xuño con actividades diversas, varias delas realizadas en colaboración coa Asociación Treze Catorze. Trátase do máis amplo programa posto en marcha ata o de agora dende o Concello.

Selene González: A programación, explica a concelleira de Igualdade, Selene González “reafirma o noso compromiso coa igualdade de xénero, tendo como obxectivo principal a erradicación das violencias e discriminacións machistas”. “A cultura foi a elexida como elemento transmisor da loita e reivindicacións feministas que apoiamos”, conclúe.

O acto central da programación terá lugar o propio venres 8 ás 12:00 na Praza do Concello coa lectura dun manifesto por parte de diferentes mulleres da corporación municipal e do tecido asociativo da vila, e que contará tamén coa asistencia de alumnado do CEP Altamira.

Así a fachada do Concello permanecerá iluminada en cor violeta, ao tempo que a Praza do Concello acolle a exposición das imaxes dos concursos de fotografía celebrados nos últimos anos no 25N. Estas accións compleméntase cunha innovadora iniciativa que transformará os cadros das acometidas eléctricas repartidos polo casco urbano en espazos decorados coas imaxes do libro “galegas na ciencia” que o Concello financiou. Estas imaxes formarán parte dun xogo no que as persoas que identifiquen as científicas representadas entrarán no sorteo de diferentes agasallos. Con este proxecto preténdese establecer referentes femeninos en ámbitos como os científico-tecnolóxicos. Para isto ven de poñerse en marcha unha nova edición do programa “Donas de sí”, que nesta ocasión reúne a tres mulleres salcedenses que triunfan en diferentes ámbitos e que servirán de exemplo ao alumnado do IES Pedras Rubias para visibilizar as fendas de xénero no mercado laboral.

A aposta pola igualdade tamén no eido da cultura, ten o seu reflexo nesta programación con actividades como os diferentes espectáculos teatrais, musicais e cinematográficos. A colaboración con colectivos resulta fundamental, e neste caso é a ACDE Treze Catorze a encargada de botar a andar outra iniciativa innovadora como é o “I Ralli Rurais e Creativas”, unha aposta pola diversidade cultural do noso Concello en espazos de representación non convencionais que se celebrará o 25 de maio.

Para a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, a programación do 8M é a “aposta máis ambiciosa na área de igualdade, que pretende chegar a tódolos colectivos e idades”. A rexedora local reafírmase na aposta do seu Goberno “pola igualdade é clara e firme durante os 365 días do ano e non imos permitir que ninguén a poña en dúbida. Salceda cree na igualdade e así o ten demostrado”.

A XI Eurocidade BTT celebrarase o 17 de marzo agardando reunir a 1200 participantes

0

A XI Eurocidade BTT, que se celebrará o domingo 17 deste mes, aspira a reunir a 1.200 participantes nunha proba única de carácter transfronteirizo. Este evento, que forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença, foi presentado este mediodía polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, os concelleiros de Deportes de Tui e Valença, Rafael Estévez e Arlindo Sousa, o seleccionador da Federación Galega de Ciclismo, Óscar Sánchez, o presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas organizadores da BTT, Eduardo Fernández, así como o ciclista local Manuel Bugallo. Contará con dúas distancias, 45 kms e 80 kms, e por vez primeira os particiantes de ambas distancias subirán ao monte Faro en Valença.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, destacou na súa intervención que a Eurocidade BTT “reúne todos os ingredientes para converterse nunha proba única”. Aludía así ao seu carácter transfronteirizo, á participación que acada, e ao entorno natural polo que transcorre. Reafirmou o rexedor tudense o compromiso da Eurocidade co deporte e con esta proba. Aproveitou amais para recoñecer á Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas o seu traballo agradecéndolle a organización dun evento destas características.

No mesmo senso pronunciouse o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, agradecendo o traballo que hai xa meses comezou a Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas para preparar todas as pistas por onde pasará o percorrido. Referíase a esat coma unha proba “raíña” na Eurocidade. Ao tempo aludiu tamén á organización dunha andaina, que guiará o club Andatui, dirixida aos acompañantes dos ciclistas. Agarda Rafael Estévez chegar aos 1.200 inscritos, lembrando que o prazo remata este domingo.

O seu homólogo de Valença, Arlindo Sousa, puxo o énfase en que a Eurocidade BTT é unha proba en pleno contacto coa natureza, que permite aos participantes coñecer os dous municipios e “os nosos montes”. Amosou a súa satisfacción polo feito de que por primeira vez os dous percorridos suban ao Monte Faro.

O seleccionador da Federación Galega de Ciclismo, Óscar Sánchez, amosou a súa satisfacción polo feito de que a Eurocidade BTT forme parte tamén do calendario deportivo da federación galega, e destacou que de todas as probas que celebran ao longo do ano, nas distintas modalidades, esta é a máis numerosa en canto a participación. Salientou tamén o lugar por onde transcorre o percorrido.

O presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Eduardo Fernandez, explicou de forma detallada o percorrido da proba nas dúas distancias 45 kms e 80 kms. Sairá ás 9 h do entorno da piscina municipal de Valença para facer os cinco primeiro quilómetros neutralizados polas rúas de Valença e Tui. Comezará a ascensión polas ladeiras do Monte Aloia e volverá a Valença pola vella Ponte Internacional até a Fortaleza, no quilómetro 20, para continuar pola freguesía de Gandra e subir ao Monte Faro. Na baixada haberá dúas opcións, unha con trialeiras e outra alternativa por pistas, até volver á Ponte Internacional onde ás 12.30 h se marcará o punto de corte para os que afronten o percorrido longo de 80 quilómetros. Os participantes continuarán por Areas, Pexegueiro, o sendeiro do Furnia, Malvas, o Aloia, baixando por Frinxo, Rebordáns, até a zona da Veiga do Louro onde cruzarán pola ponte peonil da desembocadura do río Louro, e volverán a Valença onde no interior da fortaleza estará situada a liña de meta.

Animaba Eduardo Fernández a participar, lembrando que o prazo de inscrición remata este domingo a través da web biciosos.gal.

Por último o corredor local, Manuel Bugallo, salientaba que esta é proba “espectacular e única en Galicia” animando a participar na mesma.

Covelo celebra o Día Internacional da Muller

0

O Concello de Covelo, a través da concellería da Muller que dirixe Fanny Rey, celebra o Día Internacional da Muller coa comunidade educativa e coa veciñanza en distintos actos que perseguen a visibilización do importante papel da muller na economía, na sociedade e na cultura.

Para as 12 horas do venres día 8 programan unha saída reivindicativa co alumnado do CEIP Antonio Blanco Rodríguez dende o centro escolar ata o auditorio. Ás 12:15 horas presentarase “Contos Violetas” de Olga Cuervo para nenas e nenos de todas as cores co obxectivo de sensibilizar a comunidade educativa e a veciñanza da importancia de educar en igualdade e para a igualdade efectiva de oportunidades entre mulleres e homes.

Ademais, a praza de Barcia de Mera acollerá a exposición itinerante “Eu podo. Historias de Mulleres” nas que 8 mulleres covelenses desvelan as súas inquedanzas, afeccións e profesións rompendo calquera estereotipo de xénero e amosando que a vocación non debe coñecer fronteiras nin restricións de xénero.

A concelleira de Igualdade, María Valiñas, salienta a importancia de seguir traballando a diario para unha sociedade en igualdade sendo, no caso do rural, a muller un auténtico motor dinamizador social, familiar e económico. En liña co Pacto das Alcaldías e comprometidos co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 5 “Igualdade de Xénero e Empoderamento da Muller” o Concello de Covelo tamén vén de implantar os módulos de Igualdade nos seus cursos de formación para o emprego.

O Círculo do Porriño volve a abrir rúas a mulleres destacadas da Louriña nas súas instalacións

O Círculo Recreativo Cultural do Porriño (CRC) celebra un ano máis o Día Internacional da Muller coa iniciativa ‘Mulleres nas rúas’. Cinco mulleres vinculadas ao Porriño e ao propio CRC terán unha rúa co seu nome dentro das propias instalacións da entidade. O próximo xoves, ás 19:00 h, inauguraráse o novo rueiro nun acto aberto a toda a sociedade porriñesa.

Logo do éxito que acadou o ano pasado esta iniciativa, o Círculo volve a reinvidicar o papel na sociedade de mulleres pioneiras, reinvindicativas, loitadoras, traballadoras, boas profesionais que merecen ser recoñecidas.

Este ano, o Círculo abriralle unha rúa a Blanca Emérita Rodríguez Pampillón “Merucha”, a primeira muller en ocupar un cargo nunha xunta directiva do Círculo logo de traballar arreo xunto a outras mulleres para conseguir o voto feminino nas asembleas; Encarna Otero, matrona e enfermeira de ampla traxectoria que atendeu a moitas xeracións de porriñes@s con grande profesionalidade e agarimo. Sempre que alguén do Porriño entraba no hospital, aí estaba Encarna e a súa empatía. Ademais, foi membro do Grupo Micolóxico do CRC.

Click para ampliar

Tamén Uxía terá a súa propia rúa. É unha das artistas galegas máis internacionais e posúe un importante vínculo co Círculo, xa que foi o seu escenario un dos primeiros nos que a cantante galega deu os primeiros pasos da súa carreira.

Tamén haberá outra rúa para Janet Novás, bailarina, actriz e creadora con moitos éxitos ás costas que levou os seus espectáculos a escenarios de medio mundo. Vén de gañar o Premio Goya á Mellor Actriz Revelación polo seu papel no filme “O Corno”.

Por último, renderáselle homenaxe tamén ás Panadeiras porriñesas. Chinchina, Troca, Asunción, Erundina, Josefa, Emma,… todas esas mulleres traballadoras do pan que mantiveron e manteñen en pé o seu negocio con esforzo. Ademais, a meirande parte das panaderías do Porriño levaron sempre nome de muller o que é algo moi significativo.

Durante un mes, poderá realizarse o percorrido polas instalacións do Círculo para descubrir a estas cinco mulleres, “primeiras de moitas ás que se homenaxeará en anos próximos”, e coñecer de maneira divulgativa as súas traxectorias.

Desde o CRC animan tamén aos centros educativos do pobo a participar desta iniciativa didáctica organizando visitas co alumnado.

Luis López anima a traballar pola igualdade “os 365 días do ano” na inauguración dunha mostra sobre o traballo das mulleres do mar

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este martes no colexio plurilingüe Antonio Palacios do Porriño na inauguración da exposición “Achegas das mulleres á Sustentabilidade do Mar”, enmarcada no programa de conmemoración do Día Internacional da Muller deste centro de Educación Primaria. Durante o acto, o mandatario provincial puxo en valor o labor das mulleres que traballaron e traballan no eido do mar, desde o marisqueo ata as investigadoras; e salientou, diante dos escolares de sexto curso, que calquera delas sería xusta merecedora do Premio Boas Prácticas en Igualdade que acaba de crear o organismo provincial. “Eu tamén vexo aquí futuros gañadores deste premio”, confesoulle Luis López aos estudantes sobre un galardón que recoñece o traballo pola igualdade no social, cultural, deportivo ou educativo.

[su_image_carousel source=”media: 82036,82034,82035″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Acompañado pola deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos; o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; a profesora e investigadora, Tamara Amorín; e integrantes da comunidade educativa; o presidente da Deputación fixo fincapé na necesidade de traballar ao longo de todo ano para acadar a meta dunha igualdade real entre mulleres e homes. “Hai un día moi importante esta semana, o 8M, no que se celebra o Día da Muller. Pero eu pídovos que non sexa só un día, que sexa os 365 días do ano. É o que pretendemos desde a Deputación, con moitas actividades ao longo do ano”, encargoulle o dirixente provincial ao conxunto dos estudantes dos centros educativos do Porriño que se deron cita este martes no Antonio Palacios.

Aproveitando o contido desta exposición, sobre a que os escolares deste centro traballarán ao longo dos vindeiros días en obradoiros relacionados coa igualdade e a sustentabilidade do medio mariño, Luis López reivindicou o papel de todas mulleres que traballan neste sector. Así, interesouse por se os escolares tiñan algún familiar que se dedicara ao mar e convidounos a recoñecer o esforzo de todos estes traballadores e a “darlle visibilidade ás mulleres que fan actividades relacionadas co mar”.

Pola súa banda, o rexedor Alejandro Lorenzo sumouse á petición do presidente provincial de traballar pola igualdade ao longo de todo o ano e animou aos estudantes a aproveitar as ensinanzas desta exposición. “O Porriño non ten mar, pero moitos temos familiares relacionados co mar e hoxe poñemos en valor a esas mulleres”, concluíu o rexedor, quen acompañou ao presidente da Deputación nun percorrido por esta exposición sobre as mulleres do mar e a súa aportación á sustentabilidade destes ecosistemas.

Valentina Muíños Valdés, nova centenaria do Concello de Covelo

0

Alegre, incansable, valente e xenerosa, así describe a Valentina Muíños Valdés o seu neto e concelleiro do Concello de Covelo, Félix Álvarez. Este sábado Valentina cumpríu 100 anos e fíxoo rodeada dos seus, daqueles e daquelas polos que tanto loitou e aos que tanto quere. Naceu un dous de marzo de 1924 na parroquia de Barcia de Mera, Covelo, e como tantos galegos e galegas de aqueles tempos herdou o alcume da familia pasando a ser a “Valentina do Romualdo”, herdanza de seu pai Francisco.

O alcalde, Pablo Castillo, e as concelleiras, Lourdes Enes e María Valiñas, quixeron achegarse a felicitala e darlle un agasallo comprobando, unha vez máis, que as súas ganas de sorrir e saír adiante seguen a ser as mesmas.

Foi a menor de cinco irmáns e só deixou a súa terra natal e o traballo no campo para marchar a Calatayud co seu irmán que era sarxento do exército. Tal e a súa paixón polo agro que aínda hoxe segue a traballalo. Logo dese breve paso por outras terras volveu a Barcia de Mera para traballar sen horarios na sega, na recollida de leite antes de saír para traballar para a forestal e en todos os traballos do campo.

Quedou viúva aos 50 anos, sacou adiante aos seus cinco fillos e coidou de seus pais que finaron con 88 anos. Para os seus netos e bisnetos é un referente, así o sinalan asegurando que a día de hoxe non lle falta nin ganas de seguir traballando nin ilusión para seguir sumando primaveras.

O Concello celebra a implicación de toda Redondela a prol do galego

0

O domingo, día 3 de marzo, rematou en Redondela a campaña ‘Semaniña enteira’ coa que o alumnado dos institutos Chapela, Floriani e Mendiño se propuxeron falar galego. O seu reto era falalo durante 7 días as 24 h. Para este propósito o Concello de Redondela mobilizou a distintos sectores sociais para contribuír ao uso do galego e animar á poboación a empregar a nosa lingua.

O Concello quixo transmitir a todos e cada un dos axentes a súa implicación e a boa recepción ás chapas e carteis realizados para a ocasión. No eido comercial chegouse a implicar a arredor de 80 negocios, que se decidiron a falar sempre en galego durante esta semana. Pero o Concello quere animalos a que, unha vez feita a proba, continúen no seu uso e convertan o galego na súa lingua de uso cotiá.

No deporte máis dunha ducia de clubs de todo tipo (fútbol, patinaxe, atletismo, remo…) sumáronse tamén a esta campaña, dándolle unha nova dimensión ao galego en espazos deportivos onde non é frecuente. O conservatorio e a Escola de Música de Chapela, o cadro de persoal do Concello de Redondela e outras tantas persoas que se foron sumando lograron que esta iniciativa fose un éxito que abre novas portas e novos retos.

Dende o Servizo de Normalización Lingüística, e a petición de varias escolas, proponse
celebrar o reto “Semaniña enteira” nos colexios públicos. Xa son varios os que amosaron o seu interese en facelo e que probablemente o poñan en marcha no mes de maio. O SNL valora positivamente a campaña tanto polo propio uso do galego en todos os ámbitos e por parte da mocidade, verdadeiro futuro do galego, senón por trasladar o debate sobre o uso, transmisión e saúde do idioma nun municipio coma Redondela “tan vencellado ao proceso de normalización lingüística”.

A Alcaldesa Digna Rivas, responsable da área de Normalización Lingüística, confía en que retos como este sirvan “para normalizar o uso do galego en todos os ámbitos da sociedade” e reafirma o compromiso do seu goberno “para seguir colaborando nas iniciativas que se poñan e marcha a prol da lingua”.

A primavera trae ao Rosal unha intensa programación cultural

0

A primavera chega con forza ao Rosal e cunha morea de actividades baixo o brazo. Durante os meses de marzo e abril, rosaleiros e rosaleiras poderán desfrutar dunha intensa programación cultural e unha axenda de lecer na que probas deportivas, concertos, actividades reivindicativas, formación e literatura serán as grandes protagonistas.

“Seguimos apostando por encher o noso concello cunha oferta cultural diversa e para todos os gustos, cun abano amplo e variado de opcións coas que continuar poñendo en valor os espazos de lecer cos que contamos no Rosal”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Tras o éxito da última edición do Trail Adventure Muíños do Folón, que o pasado domingo reuniu a máis de 600 deportistas que desfrutaron da actividade física e da natureza nun percorrido de gran valor patrimonial, a programación cultural continúa esta semana cos actos do 8M, Día Internacional da Muller. Durante a xornada celebrarase ás 12.00 horas unha concentración na Praza do Calvario que contará coa lectura do manifesto a cargo do alumnado de 4º da ESO do CEIP Manuel Suárez Marquier. Ese mesmo día inaugurarase no salón de exposicións do Concello a mostra ‘Non sexas cómplice’.

Xa a vindeira semana, o sábado 16 de marzo teremos dobrete. Pola mañá, ás 10.30 horas, a Asociación Anabam organiza un interesante obradoiro de balde e para todos os públicos de construción de hotel de insectos na Aula de Natureza do Muíños das Aceñas. Pola tarde será a quenda da música co concerto solidario a favor da Asociación Galega de Fibrose Quística ás 19.30 horas no auditorio do Rosal.

Para quentar motores de cara a Semana Santa, o sábado 23 de marzo o Valinox Novás organiza en colaboración co Concello o ‘Orballo Fest’, unha xornada con entrada libre de música en directo con DJs, gastronomía e moitas sorpresas na Praza do Calvario.

Abril converterase un ano máis no mes do libro con varias actividades centradas na literatura. Así, o domingo 7, Biophila organiza en colaboración co Concello ‘A lingua das aves’, un roteiro pola natureza con saída ás 10.00 horas no Parque do Tamuxe. As persoas interesadas poden xa inscribirse ata cubrir prazas no 693 56 26 74.

O domingo 21 de abril a Praza do Calvario converterase no escenario ideal para acoller a Feira do Libro de Segunda Man, que estará aberta ao público de 11.00 a 20.00 horas. A programación de primavera rematará o mércores 24 de abril coa presentación do libro ‘Entre viñas e viños no val do Rosal’ do ilustrador rosaleiro Xosé Tomás ás 20.00 horas no auditorio municipal.

A Guarda ultima ‘Semana Santa Concilia’, a proposta para axudar a conciliar a vida familiar e laboral no período non lectivo

0

Semana Santa Concilia é a proposta do Concello da Guarda para esta Semana Santa 2024. Estes obradoiros de ocio e tempo de lecer para crianzas son de carácter gratuíto e teñen como obxectivo principal facilitar a conciliación da vida persoal e laboral no período non lectivo.

Os obradoiros desenvolveranse os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril en horario de 9 h a 14 horas. No caso de necesidade, as familias poderán acollerse a un horario de 8:30 h a 14:30 (terá que especificarse na solicitud

Nesta iniciativa participarán30 crianzas con idades comprendidas entre os 3 anos (terán que estar escolarizadas en 4º de educación infantil) e os 10 anos, empadroadas no concello da Guarda se ben, como explica o propio concello, no caso de quedar vacantes poderán participar crianzas doutros concellos.

No caso de conseguir praza e ter unha discapacidade ou patoloxía, presentarase informe do EVO e/ou informes complementarios da necesidade de apoio necesaria.

As inscricións poderán facerse presencialmente no Rexistro do Concello da Guarda ou na sede electrónica (https://aguarda.sedelectronica.gal) desde o 11 e ata o 18 de marzo. No caso de presentación electrónica será preciso cubrir unha instancia xeral e achegar cuberta a ficha de inscrición que se pode atopar na web www.aguarda.es ou descargala nesta ligazón.

Se as inscricións superan o límite de prazas, realizarase un sorteo público o día 20 de marzo ás 10:00 h no Concello da Guarda.

O listaxe de persoas admitidas será publicado na web do Concello e aparecerá codificado co número de rexistro da solicitude, polo que resulta importante conservar o comprobante da presentación da mesma.

Esta actividade está financiada con cargo aos créditos da Consellería de Promoción de Emprego e igualdade e polo Ministerio de Igualdade.

Máis información en [email protected] na OMIX ou no CIM do Concello da Guarda