18.3 C
Pontevedra
Mércores, 16 de Outubro de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaA mostra “Conquistadoras” xa pode visitarse na Alameda Castelao de Redondela

    A mostra “Conquistadoras” xa pode visitarse na Alameda Castelao de Redondela

    O goberno local lamenta que esta mostra fose obxecto de actos vandálicos. Máis de 30 paneis tiveron que ser retirados “porque estaban literalmente rachados e desfeitos”, explica Vilaboa. “É moi grave que a día de hoxe haxa quen esnaquice así a memoria de mulleres traballadoras e creativas que son un referente para todos e todas”, sinala Rivas.

    A dous días de celebrar o Día Internacional da Muller, a Alameda Castelao loce xa os cubos da exposición “Conquistadoras”. A exposición, que no mes de abril trasladarase ao paseo de Cardona, en Chapela, reflicte “o compromiso do Concello de Redondela con todas as mulleres que loitaron polos seus dereitos”, explica a alcaldesa Digna Rivas. Referentes históricas como Juana de Vega, María Vinyals ou María Pita comparten protagonismo con mulleres destacadas do panorama actual como a cantante Luz Casal, a xornalista Julia Otero ou a enxeñeira redondelá Xunqueira Ézara.

    O goberno local lamenta tamén que esta mostra dinámica, que cada ano se amplía coa incorporación de novas figuras femininas, fose obxecto de actos vandálicos. A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, lamenta que máis de 30 paneis tiveron que ser retirados “porque estaban literalmente rachados e desfeitos” mentres que outros puideron ser reparados. “É moi grave que a día de hoxe haxa quen esnaquice deste xeito a memoria de mulleres traballadoras e creativas que son un referente para todos e todas”, sinala Rivas.

    O acto central deste 8 de marzo celebrarase ás 12.00, na praza do Concello, coa participación de representantes de diferentes colectivos e entidades.

    Teatro e Música

    A programación do 8M continuará o sábado día 9 coa obra de teatro Revolta, da compañía Juanito e Filomena, cunha reinterpretación feminista da Historia en clave de humor a cargo das actrices Arantxa Treus e Rocío Romero. A cita é ás 20.00 horas no auditorio da Xunqueira, entrada 3 euros.

    O mesmo día, no Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela, concerto 8M a cargo da Banda de Música de Chapela. Ás 20.30 horas con entrada de balde.

    Concertos “Petiscos en Igualdade”

    Os domingos 10, 17 e 24 de marzo haberá concertos na praza da Constitución con diferentes artistas. O primeiro será o de Su Garrido, o do día 17 correrá a cargo do grupo Noite, e o último será o de Zousaxmas. Nos tres casos as actuacións serán ás 12.00 horas.

    Contacontos

    O xoves día 14 de marzo a Biblioteca Municipal Xela Arias, en Chapela, acollerá o contacotos “Vamos ao recreo”, de Trémola Teatro. Nesta historia, recomendada para público infantil e familiar, unha nena revoluciona o patio do cole onde rapazas e rapaces debían xogar separados. Ás 18.30 horas, entrada de balde.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.