O alcalde da Cañiza, Luis Piña, vén de anunciar a posta en marcha dunha acción formativa que correrá a cargo da Asociación e que está dirixida ás familias do municipio. A iniciativa desenvolverase o vindeiro 18 de marzo, ás 16.30 h no Centro de Primaria do CPI da Cañiza.
Trátase dunha charla dirixida ás familias sobre a necesidade de establecer normas e límites nos nenos e adolescentes para a prevención de condutas aditivas e é unha actividade enmarcada dentro do programa “MÁIS QUE UN TEITO” da Unidade de Prevención de drogodependencias e outras Condutas Aditivas no eido local, creada en xaneiro de 2023 e que prestan conxuntamente os Concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón, subvencionada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Esta nova iniciativa formativa vén a sumarse á charla impartida o pasado 4 de marzo no CPI, tamén para as familias, sobre o impacto das redes sociais e os videoxogos nos nenos e nenas.
O Servizo entrou en funcionamento para encarar un dos maiores problemas da sociedade no ámbito da saúde e no ámbito social: o consumo e abuso de drogas e outras adicións e está dirixido especialmente á poboación adolescente e ás súas familias e parte das actuacións estanse desenvolvendo nos centros educativos dos Concellos, principalmente entre o alumnado de primaria e secundaria.
As actividades do programa xiran entorno a campañas de sensibilización e información sobre os riscos asociados ao consumo de substancias e outras conductas adictivas