O alcalde da Cañiza, Luis Piña e o presidente da Asociación Deportiva Canina ÉCAN, David Conde, acompañados pola tesoreira da Asociación, Olaya Guerrera, presentaron non día de onte o primeiro campionato de Mondioring que se disputará o sábado 9 de marzo nas instalacións do campo de fútbol municipal no COUTO en horario de mañá, de 9 h a 14 h.
A especialidade «mondioring» está considerada como o deporte canino máis esixente de todos os que pertencen á Federación Cinológica Internacional e a proba da Cañiza está enmarcada no calendario da Real Sociedad Canina de España como una proba clasificatoria para a Copa de España de mondioring RSCE 2024.
Nesta 1ª competición están inscritos 8 binomios (guía + can) que veñen doutras zonas de Galicia, de Madrid e do País Vasco, os cales serán xulgados polo xuíz internacional Dominique Blanchard (Portugal).
Ademáis a proba contará como asistentes cos profesionais:
- Jatsu Guaresti (País Vasco), Home Asistente categoría internacional e pertencente ao grupo de traballo Vinaroz.
- David Ramos procedente de Madrid e Home Asistente categoría internacional, pertencente ao grupo de traballo Lupus Shadow.
- e David Conde, Instructor- formador do grupo de traballo Écan e Home Asistente categoría club.
Todos eles terán o encargo de testar as habilidades dos cans nos exercicios de mordida.
¿Qué é o mondioring?
O mondioring está considerado o deporte canino máis esixente dos que pertencen a FCI (Federación Cinológica Internacional).
Nesta especialidade o can ten que afrontar una serie de exercicios de obediencia, saltos e mordida. O mondioring abrangue 3 graos de dificultade sendo o grao 1 o grao máis baixo e o grao 3 o máis elevado.
O máis chamativo deste deporte é que os cans teñen que traballar en ambientes totalmente descoñecidos (cada proba ten unha temática diferente) e nesta competición a temática elexida xira sobre a película “UP” de Disney- Pixar.