8.7 C
Pontevedra
Domingo, 28 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela aposta pola mellora da mobilidade programando a reparación de camiños en...

    Redondela aposta pola mellora da mobilidade programando a reparación de camiños en todas as parroquias

    A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, acometerá a próxima semana os traballos de asfaltado na estrada do Cruceiro, en Cedeira, se a situación meteorolóxica o permite. O edil explica que a reparación desta vía atrasouse polas chuvias das últimas semanas e as emerxencias causadas polo temporal.

    A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, acometerá a próxima semana os traballos de asfaltado na estrada do Cruceiro, en Cedeira, se a situación meteorolóxica o permite. Villar explica que “as chuvias das últimas semanas atrasaron estes traballos pendentes”, que están programados desde o pasado 14 de febreiro. Por outra banda, as incidencias causadas polo último temporal, como caídas de muros, taludes e asolagamentos “tiñan que ser resoltas de maneira urxente, polo que o persoal municipal centrouse nestes problemas e os traballos de asfaltado tiveron que agardar”.

    O edil explica que as obras nesta estrada de Cedeira prolongaranse durante dúas semanas, xa que se actuará en seis tramos onde se rexistran fochancas. As reparacións faranse con asfaltado en quente “polo que é preciso que teñamos varios días sen chover, xa que a auga e o piche non se levan ben”, afirma Roberto Villar.

    En canto a outras obras programadas para este primeiro semestre do ano, a concellería licitará a reparación de varios camiños en Cesantes, a Portela e Reboreda. Estes traballos contarán cun orzamento de preto de 150.000 euros con cargo aos fondos municipais. Por outra banda, a estrada do Outeiro en Reboreda financiaranse con fondos do plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, e está previsto que o camiño das Ánimas en Chapela se realice tamén cunha subvención do ente provincial.

    O concelleiro adianta que xa no segundo semestre do ao realizaranse actuacións de mellora en camiños das 13 parroquias do municipio e tamén no caso urbano. Nestes casos son reparacións en diferentes tramos de camiños que se atopan en mal estado de conservación, conclúe Villar. Todas estas obras, que se realizarán ao longo deste ano, son proxectos nos que o Concello xa vén traballando desde o mandato anterior.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.